Xornal21 nº 55

Page 15

Novembro 2012 Xornal 21

Salceda de Caselas

15

Rodríguez Davila “O goberno A Deputación local tarda en pagar poñendo e investirá preto perigo a recepción de Axudas” O Partido Popular de Salceda de Caselas lamenta unha vez máis “a deixadez e falta de responsabilidade do Bipartito local”, subliña Santiago Rodríguez Davila, presidente e voceiro do PP local. A Deputación de Pontevedra vén de conceder os plans de investimentos 2012 aos diferentes concellos, que no caso de Salceda de Caselas a cantidade achegada ascende a 228.000 euros. “Uns cartos que a piques estivemos de non recibilos ante a incompetencias dos nosos gobernantes municipais, pois o Concello debíalle ao ente provincial un total de 158.000 euros en concepto de diferentes convenios de colaboración”, explica Rodríguez Davila. “Unha cantidade esta que o Concello se comprometera con ela á hora de realizar diferentes actuacións entre as que destaca o proxecto do campo de fútbol de Penedo Redondo, unha situación máis que vergoñenta ao pasaren xa 2 anos dende entón, e ata o día de hoxe -20 outubro- non ingresou o que supuxo unha situación límite e

de suspense”. Dende o PP sinalan que “estamos novamente ante unha situación de irresponsabilidade do Bipartito fronte ao compro-

Reforma do auditorio

O CDL de Torrón acolle cinco novos cursos

O Concello vai levar a cabo obras de reforma no Auditorio Municipal. Fundamentalmente trátase de adaptar o edificio ás normas de seguridade. Para iso abrirase unha nova porta de emerxencia dende o salón de actos que dará directamente ao exterior do edificio, sen pasar polos corredores, posibilitando así unha máis rápida evacuación en caso de incendio ou de calquera outro incidente. Ademais vaise proceder ao cambio de tódalas “barandillas” existentes tanto no “hall” como na rampla de acceso ao edificio, pois estas tampouco cumpren a normativa de seguridade ao ser “escalables”, supoñendo así un perigo fundamentalmente para os cativos que se divirten subíndose a elas.

miso doutras administracións públicas como é a Deputación que si cumpre co acordado, destinando para Salceda e para beneficio de todos os seus veci-

A concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda de Caselas ven de facer público un comunicado no que informa dos novos curoso que terán lugar próximamente no CDL de O Torrón. Este vivieiro de empresas e centro de formación, ven de rematar a preparación das aulas do centro, entre elas a instalación da aula de novas tecnoloxías. Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable da área afrima que “queremos darlle continuidade ao Plan de Formación que comenzamos

ños 228.000 euros que serán investidos en diferentes proxectos”. Neste sentido, os populares apuntan que presentarán unha proposta coas accións

máis necesarias e prioritarias a executar coa cantidade recibida como poden ser traballos en materia de saneamento e mellora de viarios nas parroquias.

en xaneiro e que polas reformas das instalacións estaba momentáneamente parado. Pódese decir que este é un novo comenzo, temos a intencionalidade de que as aulas de formación estean en contínuo funcionamento”. Este primeiro ciclo trata de incluír aqueles cursos de maior demanda: Curso de manipulador de alimentos; Informática básica; Búsqueda de emprego por internet; Manexo de carretilla elevadora e Preparación das probas para a obtención do graduado en ESO.

de 230.000 euros en Salceda

O Concello de Salceda de Caselas, ven de recibir unha subvención da Deputación Provincial de Pontevedra, dentro do “Plan de Investimento da Deputación de Pontevedra”, onde figura o “Plan de investimentos da Provincia de Pontevedra” para o ano 2012. A contía que recibirá o Concello ascenderá a unha totalidade de 228.485,32 € e serán destinados para obras dentro do Termo Municipal. Gracias a esta axuda acometeranse varios proxectos como son a “Construcción de Pistas Polideportivas na Área Deportiva de Altamira. Salceda de Caselas” e a “Recuperación Ambiental e Senda Peonil no Río Caselas: tramo Palomar de Antero-Regadas”. O orzamento de ambos proxectos ascende a 228.485,24 €. O proxecto de construcción das Pistas Polideportivas ven de atender á demanda das mesmas, por parte dos veciños e veciñas e dos grupos escolares de Salceda de Caselas, que pasarán a dispor dunha nova ubicación para o seu desenvolvemento deportivo. As dúas pistas vanse a asentar na continua-

ción do complexo deportivo integrado na actualidade polo Pavillón Polideportivo dos deportes xunto coa área escolar CEP Altamira-CRA Raíña Aragonta. Por outra parte a “Recuperación Ambiental e Senda Peonil do Río Caselas: Palomar de Antero-Regadas” vai a continuar coa senda xa existente do Río Caselas. Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde, asegura nun comunicado de prensa que “o aumento da poboación infantil e xuvenil en Salceda crea a necesidade de proporcionarlle instalacións para crear uns hábitos de vida saudable. Ademáis obras deste tipo manteñen postos de traballo, a inversión crea emprego que é a maior inquedanza dos veciños e veciñas”. Pola súa banda o nacionalista Marcos Besada, Alcalde de Salceda incide na “importancia de continuar coa posta en valor das áreas de ocio e lecer no noso pobo, sobre todo se tamén atende á recuperación do río, dende un punto de vista paisaxístico e de conservación do medio e por outro lado atendendo.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.