Xornal21 nº 52

Page 16

16

Xornal 21 Xullo 2012

Tui A CONSELLEIRA DE BENESTAR E O ALCALDE VISITARON A PARCELA ONDE SE CONSTRÚE

Comezaron as obras da Escola Infantil pública en Tui Redacción Tui

Actualmente o municipio de Tui conta con 605 nenos e nenas de 0 a 3 anos, e as dúas escolas infantís privadas que existen na cidade ofertan en conxunto 66 prazas para quenda de mañá – na que non hai vacantes - e outras tantas para a de tarde. Este número de prazas verase incrementando en pouco máis de seis meses coa nova Escola Infantil pública que comezou a construírse a carón do Centro Sociocomunitario na rúa Colón. Ofrecerá este novo servizo público un total de 82 prazas para nenos de 0 a 3 anos distribuídas en seis unidades.O pasado venres, 13 de xullo, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou os terreos onde comezaron as obras da Escola Infantil que pertencerá a rede da Galiña Azul. Estivo acompañada polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez Martínez, entre outros. As autoridades coincidiron en sinalar a súa ledicia polo comezo das obras deste servizo que permitirá conciliar a vida

A Escola Infantil construirase nunha soa planta. /R.

laboral e familiar. A execución do proxecto realizado polo arquitecto, Óscar Sánchez, suporá o investimento de 650.325,04€ para construír, nunha parecela de 2.323,35 m2, un edificio dunha soa planta con dúas zonas diferenciadas. Na sur ubicaranse as aulas e per-

mitirá o acceso á zona exterior de xogos. Na norte sitúase o acceso principal, as cociñas, salas de profesorado, almacéns e vestiarios, así coma unha sala de usos múltiples similar ás aulas e cun acceso á zona verde. Un vestíbulo conectará ás dúas zonas e servirá amais coma zona

de xogo interior, onde os nenos poderán colgar os seus debuxos e fotos con imáns grazas á pintura magnética que se empregará neste espazo. O exterior contará cunha zona de pavimento branco de caucho en diferentes cores, haberá un espazo cuberto, a parede pintara-

O 11 DE AGOSTO CELÉBRASE A II FESTA DO MIÑO

O descenso internacional e o popular, así coma o concerto de Dover forman parte do programa Deporte, ocio, gastronomía, música, ... son sen lugar a dúbidas ingredientes perfectos para unha boa festa. O ano pasado a primeira edición foi todo un éxito e os organizadores agardan repetir esa participación masiva na segunda edición que se celebrará o próximo sábado 11 de agosto. Falamos da Festa do Miño, un evento pensado en 2011 para devolverlle ao Descenso Internacional todo o auxe que tivera fai anos, e logrouse o obxectivo con creces. Este ano de novo a unión entre o Club Kaiak Tudense, o Concello de Tui e a empresa privada fai presaxiar que Festa do Miño será novamente multitudinaria. Como novidade este ano o programa comezará ao mediodía na Ribeira de Caldelas cunha romaría popular na que haberá xantar campestre e música tanto folclórica coma con dj’s. Dende este lugar partirá ás catro e media da tarde o II Descenso Popular do Miño cuxo prazo de inscrición está aberto ata o día anterior. Os participantes nesta proba non

se con pintura de pizarra para que os nenos poidan con xiz e así decorar o seu espazo. Na zona arborada haberá xogos infantís, un areeiro e un horto. O prazo de execución é de seis meses polo que os cálculos son que a Escola Infantil podería estar lista para a próxima primavera.

Breves

Tui acolle o Campionato de España de Maratón O sábado 18 e o domingo 19 de agosto Tui vai ser a sede do Campionato de España de Maratón. Todo está preparado na cidade para acoller esta importante cita deportiva na

que se participarán os mellores padeeiros nacionais, entre eles estarán os do Club Kaiak Tudense que buscarán nesta regata praza para o Campionato do Mundo de Roma.

Festival de Bandas de Música o venres 27 de xullo A praza de San Fernando acolle o venres, 27 de xullo, a partir das 22.30h o Festival de Bandas de Música organizado pola Concellería

Cine ao aire libre Os máis pequenos poden disfrutar este verán de proxeccións de películas de animación na praza de San Fernando. O 3 de agosto

de Cultura dentro da súa programación cultural. Correrá a cargo da Agrupación Musical da Guarda e a Banda de Música Popular de Tui.

o filme programado é “Rango” e o día 17 poderase ver “Kung Fu Panda 2”. Comezarán ás 22.30h e están recomendadas para todos os públicos.

Aval de 400 mil euros para Nor Rubber S.A.L.

competitiva completarán 7 quilómetros de percorrido ata a vella Ponte Internacional. Logo será a quenda dos padeeiros profesionais que a partir das seis e media tarde competirán na 41ª edición do Descenso Internacional do Miño. Nese caso percorrerán 14 quilómetros na busca da vitoria nunha proba clásica do piragüismo. A partir das oito será a quenda do II Festival Gastronómico no Paseo da Corredoira onde habe-

rá 24 postos de comida tradicional, amenizando a tarde eventos lúdicos e exhibicións. Para por o broche dourado á xornada a partir das doce da noite o Paseo Fluvial de Tui acolle o II Festimiño que este ano presenta ao grupo DOVER en concerto, dando a coñecer o seu novo disco, e aos dj’s Fonsi Nieto, Sexation, Trillo e Óscar. Toda a información pode consultarse en www.festadomiño.com así coma en Facebook e Twitter.

A empresa tudense Nor Rubber S.A.L. conta cun aval de 400 mil por parte do IGAPE co que facer fronte á adquisición da materia prima para os pedidos que teñen en carteira e que superan os catro millóns de euros. eñen de pechar un contrato para facer as defensas

de transbordadores para Panamá, a través dunha empresa española farán revestimentos para Irán, e banda transportadora para a minería cubana, entre outros. Grazas á internacionalización teñen carga de traballo e manteñen un centenar de postos de traballo.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.