NORMAS ORTOGRÁFICAS E MORFOLÓXICAS DO IDIOMA GALEGO

Page 61

normas_galego 2012_normas_galego05 12/03/12 10:02 Página 60

Rematan en -ao: arao, cacao, callao, grao, nicolao, pardao, peirao, pronao, tao, vao. Rematan en -au: bacallau e pau.

9.9. -EA O feminino correspondente ás palabras que acaban en -eo, tónico ou átono, é -ea: allea, chea, fea; aérea, arbórea, arxéntea; atea, europea, hebrea, rea. Esta mesma terminación figura en substantivos femininos, de orixe popular ou culta: aldea, avea, azotea, balea, cadea, candea, cea, correa, diarrea, idea, lamprea, manchea, melopea, morea, panacea, prea, rea, serea, tea, urea, vea, verborrea. Tamén nos galicismos cheminea, librea, marea, platea, polea, ralea. O galego adapta regularmente en -a o -e mudo final dos substantivos femininos franceses: malla, vianda, dama, franxa, carabina. A acomodación da terminación francesa -ée (cheminée) en -ea (cheminea) é, por tanto, a normal.

9.10. -OA O galego coñece unha terminación -oa, pronunciada ['oa] ou ['Oa] segundo a súa procedencia (boa, lagoa; avoa, filloa). Mentres que no caso de boa, lagoa se manteñen sempre as dúas vogais en todo o territorio galego, en avoa, filloa etc. prodúcese redución a ["O] en zonas da Galicia suroccidental (avó, filló etc.). Mesmo nestes casos debe ser escollida a solución tradicional e absolutamente maioritaria -oa (avoa, filloa, moa, soa -e soamente-, teiroa etc.).

9.11. -US, -UM, -O Hai algunhas palabras que escapan á regra xeral de acomodación de cultismos e manteñen as terminacións latinas -US, -UM: campus, corpus, humus, ómnibus, Venus, virus; álbum, factótum; médium, presídium, parabéllum, súmmum, contínuum, cinefórum, quórum, desiderátum. En

60


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.