idea13

Page 1

E

Idea.

Presentación

Intercambio De Experiencias de Aula Ano 13. nº 13. 2007.

Conversa con Emilio Calatayud.

Ánxela Loureiro Fernández, CFR de Ferrol.

Os nosos centros:

Centro de Educación Especial ASPANAES.

Ángeles Abalo de Dios, Emma Cuesta

Rodríguez, Dolores Suárez Villar. CEE. ASPANAES.

Experiencias de aula:

1. Concertogusto. Óscar M. Martínez, Rita Carballo, Feli Fresco, César Pita. 2. As exposicións escolares no IES As Telleiras, de Narón. Mª Jesús Barreiro Seoane, Josefa Rosalía Feal Regueiro, Teresa Maceira Lamas, Mercedes

Créditos

Sumario

Colaboracións:

Edita e distribúe: Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria Centro de Formación e Recursos de Ferrol. Rúa O Galego Soto, s/n. 15403 Ferrol Teléfono: 981-370541 Fax: 981-370540 Correo-e: cfr.ferrol@edu.xunta.es

Sección de Ortigueira: Rúa Pedro de Castiñeiras s/n 15330 Ortigueira

Rodríguez Calvo, Mª José Saavedra Ricoy, Enrique Francisco Sosa Franco. S.P. IES As Telleiras.

Teléfono: 981-401058

3. O horto escolar.

Fax: 981-402540

Mª Amparo López Romalde, César Pita Carretero. CEIP San Xoán de

Filgueira. Ferrol.

Correo-e: cfr.ortigueira@edu.xunta.es

4. Un almorzo saudábel. Claustro do CEIP A Solaina. Narón. 5. Un proxecto de futuro para a biblioteca. Lucía Carracedo Fraga, José Ramón

Coordinación:

Carreira López, Mª Feliciana Fresco Cobelo, Cristina González Rodríguez, Ana Lobeiras

Antón Cortizas Amado.

Fernández, Mª Carmen López Vilar, Mª Carmen Martínez López, Ana Martínez Rey, Isabel Piñeiro Rodríguez, Pilar Taboada Jorge, Lucía Ruiz Casal, Ana Trastoy Cuba e Rosana Rodiles

Consello de asesores:

Lamas. S.P. CEIP de Pazos. Ferrol.

Xoanca Albarellos Codesido, Gemma Argüelles Botana,

6. Frida Kahlo, 1907-1954.Elena Pérez, María Pérez . CEIP de Valón. Ferrol.

Antonio Bello Giz, Francisco Castillo Rodríguez, Justo Freire López, Ánxela Loureiro Fernández, Xosé Ramos

Áreas:

Rodríguez, José Antonio Sordo López, Eva Soto Filgueiras,

1. A biblioteca escolar transmisora de valores.

Loly Lago, Conchi Cartelle, Inma

María Josefa Souto Lorenzo.

Rodríguez, Xoán M. Vázquez. IES de Fene.

2. Itinerario xeolóxico pola Capelada.

Lois Anxo Rodríguez Calvo, IES Punta Candieira,

Cedeira. María del Carmen Leira Ambrós, IES de Canido, Ferrol

3. A musicoterapia, instrumento comunicativo e rehabilitador.

Ilustración da capa: María José Leira Ambrós

Gemma

Argüelles Botana. CFR de Ferrol.

Deseño e maquetación: IES Leixa. Departamento de Artes Gráficas.

Europa en nós: 1. ¿Como os vemos? Como son. ¿Como nos ven? Como somos.

Coordinación: José Antonio López Suárez e María Salas Aguilera

Elena de la Iglesia Barreras. IES Ortigueira.

2. Abrindo portas: facendo o descoñecido e estraño, coñecido e familiar. Proxecto Europeo Grundtvig 2.

Impresión:

Imprenta Ortegal

Ana Isabel Fernández Suárez, Marta Ferreiro Veiga. Escola Oficial de Idiomas de Ferrol.

3. Aulas bilingües. Nieves Freire Piñón. CEIP Unión Mugardesa. Mugardos. 4. ¿Por que Limerick? José Facundo Pereira Ameneiro. IES Saturnino Montojo. Ferrol.

ISSN:

1135-1543

Depósito legal:

C-981-95

A escola revelada: 1. Represión franquista sobre o profesorado nas comarcas en Ferrolterra, Eume e Ortegal. 1936-1939. Bernardo Máiz Vázquez. IES Concepción Arenal. Ferrol.

Os textos dos artigos son da exclusiva responsabilidade dos autores e autoras.

1 IDEA 2007



Presentación

E

Idea ‘07

A ver, se a doce lle sumamos un dános outro número que vén sendo a raíz cadrada de 169, ou o número daqueles que se reuniron a cear por última vez, que poir iso olliño con sentarse ese número á mesa pois quen primeiro se levante disque morrerá -e os outros doce tamén, que aquí ninguén queda. Tamén é o número da triscadecafobia, ou o día que non debería ser nin martes nin venres, segundo o idioma que se fale. Tamén é o número que omite o código de Hammurabi. Nun ano de principios do século XX, que acaba nas dúas cifras en cuestión, disque naceu Richard Wagner, (cóntenselle as letras ao seu nome, e súmenselle tamén as cifras do seu ano de nacemento). O músico compuxo esa cantidade de óperas e deu en morrer nun día deses, que veño de mirar nun calendario perpetuo e resulta que foi martes. É o número que non debemos esquecer de irmos a un aquelarre ou de viaxe a Sevilla ou ao areal de Cangas onde a voz do vento tecía María Soliña, que alí nolo han de preguntar. Tamén son os anos nos que se todo foi ben se cambia de ciclo na ESO e só che faltan doce meses para sacar o carné de identidade. Pero nunca che darán ese número, porque ese número non se deu nunca no DNI. Algúns rañaceos saltan ese andar, o mesmo que certos hoteis que carecen de cuarto con tal numeración. Nos avións tampouco existe esa fila de asentos. Un coche de fórmula un, tampouco leva ese número. Quen si o leva, e ben grande, é a Rúa do Percebe, que non ten nada que ver co marisco, e a moita honra. E nós tamén si que o levamos, que diaño! Estamos no número trece, hamahirua, tretze, treze, treize, tredici, dreizhn, thirteen,... 13! Vivan os 13 anos que levamos tendo ideas! E que medren.

3 IDEA 2007





E

Entrevista con Emilio Calatayud

Unha oportunidade para a convivencia

O día 11 de xaneiro celebrouse a primeira sesión de Diálogos en Educación, organizada polo CFR de Ferrol. Encetábase o ano cunha actividade formativa de máxima actualidade para a sociedade en xeral, pero máis especialmente para o profesorado. O título era "Convivencia e conflito nas aulas" e o relator principal, Emilio Calatayud, Decano do Xulgado de Menores de Granada. Durante un día enteiro de convivencia con el puidemos comprobar o seu perfil de home aberto, franco, divertido, xeneroso e directo. Non teme dicir o que pensa en calquera tribuna e bríndase amablemente a contestar, sen amosar cansazo, a todas aquelas persoas que preguntan. Na tertulia, no coloquio, durante as comidas, no corredor ou nas entrevistas, non regatea palabras nin explicacións sempre a favor da convivencia e da prevención da delincuencia. As súas afirmacións rotundas, froito da súa seguridade, sorprenden, engaiolan, abraian, descolocan, gustan ou desgustan pero a ninguén deixan indiferente. Con el a reflexión está garantida. Emilio Calatayud saltou aos medio de comunicación cando no ano 1996 ditou unha sentencia educativa e condenou a un rapaz a aprender a ler e escribir. Non era a primeira vez que utilizaba esa metodoloxía, levaba facéndoo dende había algúns anos pero ao coñecerse publicamente a través dos xornais acendeu unha luz de esperanza que prendeu nas conciencias sociais

Ánxela Loureiro, Asesora de Educación en valores. CFR de Ferrol

da cidade de Granada, onde exerce a súa profesión de xuíz de menores dende 1988. Hoxe en día son case cincuenta persoas as que traballan ao seu carón coa mesma filosofía, mantendo contacto coas familias, asesorando nos centros educativos e conseguindo compromisos con numerosas entidades, ONG, asociacións ou empresas. A charamusca da reinserción e reeducación vaise espallando a tal velocidade que esta cidade xa despunta polo baixo índice de delincuencia de menores.

A xustiza Este xuíz non entende a xustiza como vinganza, non quere castigar aplicando o ollo por ollo e dente por dente. As sentencias dítaas con afán de solucionar problemas, quere convencer a quen comete o delito e ao seu entorno e recuperar menores dándolles un novo sentido ás súas vidas e converténdoos en boas persoas. Da súa boca saen fermosas frases onde amosa o seu interese pola reinserción "Faise xustiza cando se devolve o menor á sociedade", "Se a sociedade fai doado o camiño para que o rapaz cometa delitos, tamén terá que poñer esa facilidade para que se integre ou reintegre". Ás veces engade frases onde amosa o seu gran sentido o humor como esta que pronunciou ao ditar unha das súas sentencias educativas: "Non quixeches estudar polo civil, agora vas estudar polo criminal".

7 IDEA 2007


A reinserción A súa aposta pola reinserción está tendo moi bos resultados. Moitos dos adolescentes que cometeron delitos nalgunha ocasión están hoxe en día completamente reeducados e teñen unha vida honrada, integrados na sociedade. Emilio Calatayud dálles unha oportunidade ao tempo que aplica a lei. Estuda cada caso con detalle investigando os motivos que levaron á persoa a delinquir e as súas sentencias tentan ser xustas, equilibradas, instrutivas, eficientes e proporcionadas. Non busca o castigo como un xeito de amolar, nin tampouco quere ser condescendente "quen infrinxe a lei ten que redimir pero facendo un ben social" busca fórmulas imaxinativas e, ás veces, arriscadas, axeitadas a cada quen e con fins de beneficio á comunidade, por iso acada o consentimento das persoas implicadas e a implicación de diversos colectivos da cidade. A pesar dos seus éxitos persoais no campo da reinserción, este xuíz non é vaidoso; constantemente manifesta a importancia que ten o seu equipo e os grupos que colaboran "Isto é un traballo coordinado con transparencia e confianza entre servizos sociais, educación, xustiza e sanidade".

A educación na familia Sen dúbida esa forma de entender a xustiza ten moito que ver coa educación. O núcleo familiar é para el moi importante á hora de transmitir uns valores que lles axudarán na convivencia e na integración social. Considera aos adolescentes "boa xente que é moi moldeable, para o bo e para o malo" e por iso convén que a educación marque pautas de conduta. Recoñece a dificultade de ser nais e pais; el mesmo ponse de exemplo e dubida sobre o seu papel de pai pero ten claras algunhas premisas: "Hai que poñer uns límites", “ Non se traumatiza-

rán por dicirlles que non", "Nunca hai que renunciar a poder educar por difícil que pareza". Os seu consellos son moi razoables, recomenda chegar a un equilibrio falando moito cos fillos e fillas pero sabendo delimitar a posición de cada quen na familia. Repite constantemente que "non podemos pretender ser amigos e colegas dos fillos e esquecernos de ser pais", "hai que buscar o termo medio entre autoridade, flexibilidade e xenerosidade". Insiste constantemente na importancia dos límites e das responsabilidades. Os límites porque marcan o territorio por onde se poden mover e lles axudan a saber distinguir entre o que está ben e mal; as responsabilidades porque lles aprenden a entender o esforzo como un valor necesario na convivencia "curiosamente o que máis valoran é o agarimo e os límites", "en demasiadas ocasións se lles dan os dereitos pero non as responsabilidades e deberes". Este xuíz de menores ten moi claro que os pais e nais que consenten e proporcionan todo o que os fillos e fillas desexan, están cometendo un erro imperdoable que vai prexudicar a todos: "os fillos deben saber que teñen a obriga de colaborar coa familia", "cando non se lles dan responsabilidades e se lles concede todo pódense converter en pequenos tiranos", "Estamos creando uns menores que non admiten a frustración e que piden que todo se lles conceda de inmediato". Por este motivo non dubida en criticar ás familias ou ao profesorado cando son cómplices na mala educación "ás veces habería que condenar aos pais por non educar debidamente ou incluso aos profesores, titores, etc.". E isto non só queda nunha crítica, pois conta que houbo unha época, hai algúns anos antes da modificación do Código Penal, en que acusou a algunhas familias por seren as culpables de fomentar que os seus fillos ou fillas non fosen á escola: "os pais tiveron unha sentencia condenatoria de arresto".

A educación nos centros de ensinanza A súa función educativa ninguén a pon en cuestión. Educación con letras maiúsculas, porque as súas sentencias pretenden que a persoa que comete o delito reflexione sobre os seus actos, comprenda o dano causado e desexe contribuír coa sociedade en accións de reparación e axuda aos demais. "Como vou reeducar a un rapaz que nunca estivo educado?", pregúntase Calatayud; e él mesmo responde con convicción: " primeiro teño que educar".Por iso condena a aprender a ler, a sacar un título, a acompañar a persoas necesitadas, a limpar paredes, a recoller botellas… Porque todo iso é necesario

8 IDEA 2007


para que comprendan o mundo no que viven e se decaten do seu papel na sociedade. Sorpréndese de que a día de hoxe, aínda haxa adolescentes que non saben ler, e considera que "o sistema está fallando cando no século XXI aínda hai que ditar sentencias para que aprendan as catro regras". E cando se lle pregunta polos fallos que el ve, a súa resposta é moi rápida "hai que recuperar a autoridade do mestre e colaborar estreitamente coa familia, uns teñen que apoiarse nos outros", " os rapaces deben saber os seus dereitos pero tamén teñen que coñecer que o seu deber é asistir ás clases, estudar e aprender". Un pouco máis polémica é a súa opinión sobre a tarima, que el recuperaría aínda que fose de pequena altura, "como símbolo de autoridade", ou a súa idea de "recuperar a figura do aprendiz, porque non todos están preparados para estudar do mesmos xeito porque non teñen nin a preparación nin a capacidade", e matiza posteriormente para argumentar que iso non prexudicaría a ninguén porque "a condición sería que obtiveran a mesma titulación chegando a ela por outras vías, sen quedaren marxinados prematuramente no sistema educativo".

Este xuíz de menores non se cansa de repetir que "hai que reconsiderar todo un pouco, debemos coñecer mellor a xustiza e educación e traballarmos en coordinación”. En Granada él utiliza un sistema de prevención de conflitos moi instrutivo que consiste en convidar a grupos de rapaces e rapazas para que asistan aos xuízos de menores. Hai un acordo cos centros educativos e unha educadora encárgase da relación e apoio cos grupos. O que se pretende é que os adolescentes vexan que a xustiza intervén ante os delitos, e que as persoas que se consideran culpables teñen que cumprir as condenas. "Eu falo con eles e, ás veces, son máis duras as súas propostas de condenas cás miñas" . Emilio Calatayud está convencido de que esta actividade é moi educativa porque o alumnado adolescente pode percibir o dano que se causa cos delitos, o sufrimento das familias e ten que se decatar de que ninguén queda impune.

A convivencia nas aulas Sobre este tema ten moito que aportar. O primeiro que se apura a dicir é que non é tan mala a convivencia como nos intentan vender os medios de comunicación, e manifesta o seu desacordo con algunhas informacións que a cotío se len nos xornais ou se escoitan nas televisións: "Os medios de comunicación producen moita alarma á hora de difundir esas novas, deben dar boas informacións, non limitarse a comentar o que é máis escandaloso ou morboso". Está convencido de que ao non contalo todo e quedarse con só cunha parte dos problemas, non se reflicte a realidade. "Gustaríame que continuasen informando das historias cando xa están rehabilitados os menores"

De todos modos non nega que hai conflitos nas aulas e que hai que darlles solución. Emilio Calatayud ten algunha receita moi interesante para mellorar a convivencia nas escolas e institutos. Non é unha apócema máxica que se poida mercar, hai que elaborala en cada centro con ingredientes en forma de normas claras marcando os límites, de moita coordinación, de colaboración con familias e organismos relacionados e unha grande dose de "sentido común".

Respecto ás medidas correctivas que se poden impor nos centros educativos, fai un comentario para que as direccións a teñan en conta que "Cando se teñen catorce anos debemos distinguir as accións que son ilícito-penais das que son propias de rapaces . Se é o primeiro caso ten que resolvelo a xustiza pero é moi importante estarmos coordinados".

Ante as continuas preguntas sobre qué facer cando o alumnado incumpre reiteradamente as normas e non deixa ao profesorado continuar as clases co resto do alumnado, el establece un paralelismo entre as súas sentencias que "normalmente son consentidas" e as medidas

9 IDEA 2007


que se deben tomar nos centros, "no colexio debería ser igual". Suxire de seguido, a modo de idea, estudar que "podería haber unha especie de consentimento ante posibles sancións que asinarían os pais no momento de formularen a matrícula".

Cando se comenta que nos centros, ás veces, non se poden tomar certas medidas como as de limpar o patio, limpar mesas ou facer servizos á comunidade educativa porque as familias se opoñen, amósase rotundo: " Hai que explicarlles aos pais que algunhas das accións que cometen os seus fillos nos centros están tipificadas penalmente, e que a reparación dos materiais que se destrúen lles pode saír custoso". El está convencido de que ante a posibilidade dunha sanción penal, sen ningunha dúbida, as familias escollerían a medida correctiva do centro. De todos os xeitos insiste moito na importancia de ter, nas escolas e institutos, profesionais en educación que saiban buscar fórmulas de prevención, relación e de resolución de conflitos así como de manter unha constante coordinación entre Sanidade, Servizos Sociais e mais a Xustiza. Chámalle moito a atención a este xuíz que a expulsión se utilice con tanta frecuencia. El ironiza dicindo que iso é comparable a "sacar do cárcere a un preso cando ten mal comportamento". Non está de acordo con esa medida, as súas palabras sobre o tema son claras "a expulsión é o último", "Hai que buscar mecanismos fóra da aula pero non fóra do colexio". "Débense buscar alternativas á expulsión".

Rapaces e rapazas Cando Emilio Calatayud fala dos menores, utiliza o masculino sempre, por iso coméntaselle se iso se debe a que haxa máis rapaces ca rapazas que delinquen. A resposta podería ser sinxela e o tema quedar resolto cun monosílabo, sen embargo, o seu afán de meditar ante as pro-

blemáticas fai que o comentario sexa máis profundo. Segundo os datos que ofrece aproximativos, o 80% dos delitos cométenos os rapaces, fronte ao 20% dos que protagonizan as rapazas; sen embargo, cando se analizan os delitos de maltrato a pais e nais, case hai un equilibrio por sexos, que se establece arredor do 50%. Outros datos moi sorprendente son as porcentaxes de reinserción. Asegura este xuíz que as poucas rapazas que cometen delitos, curiosamente son moito máis difíciles de reinserir. Non hai estudos en profundidade, pero as razóns "quizais hai que buscalas en que as que se deciden por este camiño teñen maior convencemento por mor da súa madurez, xa que as rapazas desenvolven moito antes ca os rapaces". Insiste moito en que os Servizos Sociais deberían actuar de inmediato cando unha nena deixa de ir á escola para coidar aos irmáns menores ou porque xa a queren casar pois neses casos "estanse a violar os seus dereitos".

Sentencias Educativas Moitas das súas sentencias son consideradas educativas "procuro que sexan instrutivas, sinxelas, proporcionadas e eficientes porque os rapaces necesitan unha oportunidade". Enuméranse algunhas que foron moi comentadas nos medios. Por queimar papeleiras teñen que ir dúas fins de semana cos bombeiros; por circularen bébedos nunha moto deben visitar a xente que está parapléxica por mor de accidentes de tráfico; as paredes que se pintan téñenas que borrar; a un hácker sentenciouno a dar 150 horas de clase de informática. Na actualidade hai unha enorme listaxe con actividades a realizar e numerosas empresas e asociacións están dispostas a darlles unha nova oportunidade a rapazas e rapaces que nun momento da súa vida cometeron algún erro. Este xuíz de Granada fala con agarimo das persoas que condenou a estes servizos sociais e que hoxe son membros do exército, vixilantes de seguridade, gardas xurados... E engade con humor: "moitos viñeron ás vosas praias a limpar chapapote". Percíbese unha profunda tristura cando fala dos inmigrantes e asegura que é preferible que se deteñan no primeiro delito que cometan, pois "nos centros de internamento dáselles formación, educación e traballo" e deste xeito poden integrarse posteriormente á sociedade pero "primeiro teñen que aprender o idioma para así seren iguais cos demais", "Cando non son sorprendidos nos primeiros delitos e se fan maiores, despois xa é moi difícil".

10 IDEA 2007


Frases para meditar Para darlle máis énfase á súa filosofía, este xuíz ten por costume ler, ao remate das súas conferencias públicas, un decálogo que foi redactado pola policía de Washington tras realizar estudos baseados na experiencia da delincuencia xuvenil. O texto titúlase "Como formar delincuentes" e os dez puntos que lle seguen son: 1.- Comece dende a infancia dando ao seu fillo todo o que pida. Así medrará convencido de que o mundo enteiro lle pertence. 2.- Non lle dea ningunha educación espiritual, agarde a que alcance a maioría de idade para que poida decidir libremente. 3.- Cando diga palabrotas, ríallas. Isto animarao a facer máis cousas "paveras". 4.- Non lle rife nunca nin lle diga que está mal algo do que fai. Podería crearlle complexos de culpabilidade. 5.- Recolla todo o que el deixa tirado: libros, zapatos, roupa, xoguetes... Fágallo todo, así acostumarase a cargar as súas responsabilidades sobre os demais.

8.-Déalle todo o diñeiro que queira gastar, non vaia sospeitar que para dispoñer de cartos é preciso traballar. 9.-Satisfaga todos os seus desexos, apetitos, comodidades e praceres. O sacrificio e a austeridade podería producirlle frustracións. 10.- Póñase da súa parte en calquera conflito que teña cos seus profesores, veciños, etc. Pense que todos eles teñen prexuízos contra o seu fillo e que de verdade queren amolalo. Mais pon o punto final cunha frase da súa autoría que demostra o seu interese pola infancia e os menores: "Mentres os xuíces de menores sexan os menores dos xuíces, os pediatras sexan os menores dos médicos e os mestres os menores dos profesores, a cousa non pode ir ben". Os nosos parabéns a Emilio Calatayud polo labor tan importante que está a realizar en Granada, pola enerxía coa que defende o dereito a unha nova oportunidade dos menores e por agasallarnos coas súas reflexións e consellos tan apropiados para o ensino.

6 Déixelle ler todo o que caia nas súas mans. Coide de que os seus pratos, cubertos e vasos estean esterilizados, pero que a súa mente estea chea de lixo. 7.- Discuta e rife coa súa parella en presenza do neno, así non se sorprenderá nin lle doerá demasiado o día en que a familia quede estragada para sempre.

11 IDEA 2007





C

Centro de Educación Especial ASPANAES-Ferrol

1. Introducción No Centro de Educación Especial ASPANAES Ferrol están escolarizados nenos e nenas con Trastorno de Espectro Autista (TEA), de idades comprendidas entre os 3 e os 20 anos.

Ángeles Abalo de Dios Emma Cuesta Rodríguez Dolores Suárez Villar

sociais, presentando un interese limitado cara os demais. Algunhas persoas poden ser moi activas, pero a súa actividade preséntase de maneira estraña, unilateral e intrusiva; sen considerar plenamente as reaccións dos demais. Todos teñen en común unha capacidade limitada de empatía, pero son capaces, á súa maneira, de mostrar os seus afectos.

2. A comunicación verbal e non verbal.

¿Que son os Trastornos de Espectro Autista? Os TEA son unha perturbación grave e permanente de varias áreas do desenvolvemento. As persoas que presentan estes trastornos manifestan alteracións, en maior ou menor medida nas seguintes facultades:

1. O desenvolvemento da interacción social recíproca. Nalgunhas persoas obsérvase un illamento social significativo, outras son pasivas nas interaccións

Algunhas persoas non desenvolven ningún tipo de linguaxe e outras poden falar mostrando unha fluidez enganosa. Todas carecen das habilidades necesarias para manter unha conversación de forma recíproca e flexible. Tanto a forma coma o contido da linguaxe son peculiares e poden incluír ecolalia, inversión pronominal, invención de palabras, etc. As reaccións ós requirimentos verbais e non verbais dos demais son inadecuadas (evitación visual, incapacidade para entender as expresións faciais, as posturas corporais ou os xestos, a expresión e comprensión das emocións poden ser diferentes…)

3. Nos seus intereses e comportamentos. O repertorio dos seus intereses e comportamentos é restrinxido, debido principalmente a que a capacidade imaxinativa atópase afectada: a gran maioría falla no desenvolvemento do xogo; os patróns de conduta son, a miúdo ritualistas e repetitivos; poden apegarse a obxectos inusuais e estraños; os movementos repetitivos

15 IDEA 2007


e estereotipados son habituais e, a miúdo, dáse unha gran resistencia ó cambio e unha perseveranza na invariabilidade. Ademais, pódese dar unha sensibilidade inusual cara os estímulos sensoriais (táctiles, auditivos, etc.). Outros trazos comúns asociados, aínda que non específicos inclúen: ansiedade, trastornos do sono e da alimentación, trastornos gastrointestinais e problemas de conduta (que poden ir dende leves a severos, podendo incluír, nos casos máis graves condutas heteroxéneas e/ou autolesivas).

1 1 1 1

sala de ocio comedor sala de informática e xogos xardín interior

Ademais, o centro está situado na zona rural, e conta no exterior cunha zona de randeeiras e campo, unha zona de xardíns e aparcadoiro. Nos arredores próximos hai zonas de paseo (bosque, río, etc.).

Estas condutas poden variar moito dunha persoa a outra e tamén o mesmo individuo, dependendo da etapa do desenvolvemento na que se atope. Dentro dos TEA, inclúense os Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento (TXD), que son os seguintes: a.- Trastorno Autista b.- Síndrome de Rett c.- Síndrome de Asperger d.- Trastorno Desintegrativo Infantil e.- TXD non especificado (Autismo Atípico) En canto a prevalencia, os estudos converxen á hora de establecer que 4 ou 5 de cada 10.000 persoas presentan un cadro de "autismo clásico" e que, se tomamos en consideración todo o Espectro Autista, este afecta aproximadamente a 1 de cada 700 ou 1000 persoas.

Persoal do centro a) Persoal docente Os mestres, especialistas en pedagoxía terapéutica, atenden ós nosos nenos e nenas en aulas cunha ratio de 3 a 5 alumnos, nas que se realizan actividades e tarefas dirixidas a acadar os obxectivos das Adaptacións Curriculares Individuais.

b) Persoal complementario

2. O Centro

Entre o persoal complementario ao docente, contamos cos seguintes profesionais:

Infraestructuras O edificio consta de dúas plantas: na inferior está situada a zona escolar propiamente dita e na superior hai unha sala de usos múltiples para reunións, ben sexa do claustro, consello escolar ou de pais.

- Unha mestra especialista en audición e linguaxe encargada de traballar as funcións comunicativas, a linguaxe comprensiva e expresiva, a través da linguaxe verbal e os Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación (SAAC); terapia individual que se leva a cabo en sesións diarias de vinte minutos.

A planta baixa está dividida da seguinte maneira: 4 aulas de pedagoxía terapéutica 1 aula de audición e linguaxe 1 aula de hábitos de autonomía persoal 1 despacho de dirección 1 despacho de orientación psicopedagóx. 1 sala de psicomotricidade Servicios de alumnado Servicios profesorado

16 IDEA 2007


- Dúas auxiliares técnicos educativos que son as encargadas de aplicar os programas específicos das habilidades básicas relacionadas coa alimentación, o aseo, o vestido, control de esfínteres,…; terapia, tamén individual que se leva a cabo en sesións diarias de vinte minutos. - Unha psicopedagoga que é a responsable do seguimento da evolución dos alumnos e do asesoramento técnico a profesionais e familias. - Unha coordinadora psicopedagóxica para unificar criterios de actuación e intervención psicopedagóxica nos centros educativos de ASPANAES. - Un coordinador educativo que colabora xunto coas direccións dos centros e os claustros na elaboración e execución dos programas de innovación educativa, así como na elaboración de propostas para o mellor funcionamento dos centros, entre outras. Tanto o persoal docente como o complementario traballamos en estreita relación, coordinados e organizados de tal xeito que entre todos buscamos o desenrolo do máximo potencial no proceso de ensinanza -aprendizaxe dos nosos nenos e nenas.

c) Alumnado Na actualidade, temos escolarizados 16 alumnos de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos, dos cales 6 están en modalidade de escolarización total no noso centro e 10 manteñen un réxime de escolarización combinada cos seguintes centros ordinarios: IES Marqués de Suances, CPR Valle Inclán, CPR San Rosendo, CPR La Salle, CEIP Isaac Peral, CEIP Ibáñez Martín, CEIP Couceiro Freijomil, CEIP Eladia Mariño e CPI A Xunqueira.

3. Obxectivos A fin última que persegue a educación é que os nenos e mais as nenas, dentro das súas posibilidades, desenvolvan todas as súas facetas e potencialidades e se sintan parte activa do proceso educativo no que están inmersos. Ademais, dada a connotación específica do noso Centro, perséguese unha ensinanza individualizada, respectando o ritmo particular de cada alumno/a, tendo en conta a súa evolución en relación co patrón madurativo normal; e globalizadora, desenvolvendo as potencialidades das

persoas en todas as súas dimensións (socioafectivas, perceptivas, motrices, comunicativas...). Para acadar este fin propoñemos: a) Acadar aprendizaxes funcionais, espontáneas e xeneralizables, partindo dos intereses e desexos do propio alumnado como base para suscitar a aprendizaxe, facendo especial fincapé nas habilidades de comunicación e de autonomía persoal, xeneralizándose a outros ambientes (familia e comunidade) para lograrmos a maior normalización e integración posible. b) Fomentar o intercambio de información, favorecendo a comunicación entre as familias e os profesionais dos centros ordinarios ós que acoden os nosos alumnos, proporcionando apoio e orientación, e buscando a súa colaboración co fin de ser coherentes nos criterios de actuación. c) Promover unha relación fluída e de colaboración coa comunidade e institucións sociais, para favorecer a integración e o coñecemento das persoas con TXD. d) Posibilitar a formación permanente dos diferentes profesionais do Centro (grupos de traballo, seminarios, congresos...) para fomentar a mellora na labor educativa e enriquecer a dinámica do Centro. e) Partir dun marco xeral, dadas as necesidades específicas do noso alumnado, que é o seguinte: - Estimular a comunicación do alumno co seu entorno. Tendo en conta que se trata dun área prioritaria, o resto das actuacións xirarán en torno á mesma. - Desenvolver ó máximo a autonomía persoal do alumno, valorándose moi positivamente nos distintos ámbitos de traballo. - Normalizar e reducir as conductas desadaptadas. - Estimular ó máximo a relación positiva entre o neno e as persoas que o rodean. - Buscar un equilibrio entre as actividades de ensinanza dentro e fóra do centro; intentando, na medida do posible, a xeneralización das aprendizaxes.

17 IDEA 2007


4. Metodoloxía

5. Actividades Complementarias

A nosa metodoloxía xira arredor dos seguintes esteos pedagóxicos:

Podémolas clasificar en:

a) Actividades comúns. - Intervención personalizada, xa que existe unha gran variabilidade entre as persoas con TEA, obrigándonos a ter en conta as diferencias persoais á hora de organizar os grupos dos alumnos. - Globalización das aprendizaxes, xa que favoreceremos as aprendizaxes se os contidos se presentan relacionados entre si de forma sistemática, estruturada e explícita e sobre todo, vinculados ás experiencias previas das persoas.

Todos os nosos alumnos participan en pequenos grupos nos seguintes programas: -

Aprendendo coa Música Gozando e aprendendo co ordenador. Educación física. Proxecto Voz Natura

- Estruturación física e temporal, co fin de que á persoa con TEA non se lle presente un entorno caótico nin indescifrable. Para isto é fundamental a realización de axendas (escritas, con pictogramas, fotos ou obxectos reais) que lle permitan predicir o que van realizar e comprender distintas actividades da xornada escolar. - Aprendizaxe significativa, partindo do nivel de desenvolvemento da persoa á hora de establecer os obxectivos das adaptacións do currículo ordinario, e polo tanto, funcionais, buscando sempre a utilidade de aquilo que se traballa, comprendendo o por que e o para que. - Aprendizaxe sen erro, debido a que as persoa con TEA adoitan manifestar un baixo nivel de frustración; por iso, é necesario dividir as tarefas en pequenos pasos e ofrecer as axudas necesarias que se esvaecerán progresivamente. - Aprendizaxe explícita e estruturada de certos coñecementos, porque o que outros nenos poden aprender intuitivamente no curso das súas interaccións cotiás, os nenos con TEA non poden. - Intervención positiva, incidindo sobre as condutas dun xeito indirecto, empregando técnicas que suscitan unhas condutas desaxustadas por outras máis adaptadas, explicitando sempre a conduta que se espera e sen interpretar as condutas como desafiantes, senón como dificultades para xerar outro tipo de respostas. - Intervención proactiva, é dicir, actuando antes da aparición da conduta desaxustada.

b) Conmemoracións. As que celebramos son aquelas reflectidas no calendario escolar, destacando dun modo especial as seguintes: - No primeiro trimestre: O Magosto, Samaín e Nadal - No segundo trimestre: O Día da Paz, Entroido e Semana da prensa. - No terceiro trimestre: O Día do libro, Letras Galegas, Día do Medio Ambiente e Fin de curso.

c) Visitas culturais. Ó longo do curso realízanse, de forma programada, as seguintes visitas: -

Teatros, concertos, exposicións, museos… Emisora de radio Granxa-escola Centros comerciais Castelos Áreas recreativas Feiras Bombeiros Aeroportos, viaxes en tren, en barco e lancha…

18 IDEA 2007


As devanditas visitas prográmanse tendo en conta as características e capacidades de cada alumna e alumno. Todas elas teñen como finalidade traballar a interacción social tentando que o noso alumnado sexa partícipe do entorno que os rodea, debido a que é unha das áreas máis deficitarias da problemática dos TEA.

Ademais, tamén realizamos actividades de ocio, como os programas de: Deporte, música, piscina e saídas a comunidades (paseos, ir a cafeterías, etc.).

6. Vida Adulta a) Centro de día: Traballo. O noso Centro de Día está dirixido ás necesidades dos usuarios do Centro Residencial e doutras persoas adultas con TEA da comarca de Ferrol e ten por obxecto procurar, en réxime de media pensión (nun horario de 10:00 a 17:00 h.), os recursos para que os usuarios desenvolvan as habilidades necesarias para acadar un axuste persoal, social e ocupacional, en función do potencial individual de cada un. Dende o noso centro pretendemos que os mozos e mozas que asisten diariamente: - Desenvolvan un conxunto de habilidades dirixidas a conseguir unha maior autonomía persoal e social, posibilitando un mellor axuste persoal e unha maior integración, tanto no entorno ocupacional ou laboral como na súa comunidade. - Desenvolvan un conxunto de coñecementos, habilidades e actitudes relacionadas coa: - Capacitación e a integración sociolaboral. - Co aumento da súa competencia social e en consecuencia da súa autoestima. - Co seu desenvolvemento na comunidade - E coa resolución de problemas cotiás. Para isto, o noso centro dispón dunha serie de obradoiros, uns de marcado carácter prelaboral e outros de tipo terapéutico-rehabilitador, onde os rapaces, seguindo un programa individual, desenvolven actividades funcionais e prácticas, sempre en función das súas preferencias, necesidades e habilidades: Habilidades Básicas Vida do Fogar Comunicación Ocio e Psicomotricidade Cestería Artístico

Carpintería Encadernación Informática Cerámica Lavandería Agropecuario

19 IDEA 2007


Coa finalidade de promover un achegamento ó mundo laboral e, debido ás dificultades que presentan os nosos usuarios, creamos un espacio adaptado as súas necesidades en San Pedro de Leixa (Ferrol), onde no ano 2007, iniciaremos un Programa de aprendizaxe de tarefas relacionadas con 3 ámbitos laborais: - Helicicultura (granxa de caracois). - Mantemento e coidado dunha área recreativa, aberta a comunidade, e especialmente adaptada ás persoas con discapacidade (física, psíquica e sensorial). - Atención ó público nunha tenda de exposicións, onde se amosarán os traballos que o alumnado fai nos obradoiros de traballo.

b) Centro residencial: Vivenda. O Centro Residencial "ASPANAES-FERROL" pretende ser o segundo fogar das 29 persoas adultas con TEA, e con necesidade de axuda e apoio extenso e xeneralizado, que nel conviven. Un fogar especialmente adaptado ás súas necesidades onde se respectan as diferencias individuais. Os nosos usuarios son atendidos por un equipo de 23 profesionais especializados nestes trastornos, distribuídos en diferentes quendas de traballo. O noso centro vai dirixido a aquelas persoas con TEA, maiores de 16 anos, que por diferentes circunstancias, non poden ser atendidos no seu núcleo familiar, polo que segundo as súas necesidades e as da súa familia, poden gozar de diferentes modalidades de internado: - Internado con fin de semana. - Internado cunha saída o mes ó fogar familiar. - Internado con fin de semana alterna. - Internado sen fin de semana (luns a venres).

Ademais, dispoñemos dunha praza reservada para estancias temporais por situacións de emerxencia (defuncións, enfermidades, hospitalizacións…). O

obxectivo principal do noso Centro Residencial é que nosos usuarios gocen dunha vida de calidade; e, para isto, pretendemos axudarlles a desenvolver, sempre en función das súas capacidades individuais, una serie de habilidades para que exerzan con a máxima autonomía posible as actividades da vida diaria (AVD): - AVD Básicas: alimentación, hixiene e presencia, convivencia, coidado da saúde… - AVD Instrumentais: coidado das súas pertenzas persoais, colaboración na limpeza e organización do fogar, axuda na preparación de pratos de cociña sinxelos, ocio no fogar, interacción social, mobilidade e transportes, manexo dos cartos, compras, seguridade, ocio comunitario,…

7. Outros Servicios Tanto o noso Centro Educativo, como o Centro de Día e a Residencia pertencen á Asociación de Pais de Nenos e Nenas con Trastorno de Espectro autista da Provincia da Coruña: ASPANAES, que ademais ofrece outros servizos como: - Servizo de Valoración, diagnóstico e orientación. - Departamento de atención a familias: encargado do Programa de Respiro Familiar e Escola de Pais. - Cursos de Formación: para profesionais en activo e formación de novos profesionais. - Servicio de Administración da rede de Centros a Asesoramento legal ás familias. - Servicio de transporte. - Servicio de comedor.

20 IDEA 2007


8. Datos Do Centro Colexio Educación Especial ASPANAES San Pedro de Leixa s/n. 15045 Ferrol (A Coruña) Teléfono/Fax: 981320091 Correo electrónico: ceeaspanaesferrol@yahoo.es Centro de Día ASPANAES San Pedro de Leixa s/n. 15045 Ferrol (A Coruña) Teléfono/Fax: 981324535

9. Reflexión Final Para rematarmos, e como reflexión para todos aqueles profesionais que traballamos neste campo da educación especial, cómpre dicir que o educador de nenos con TEA, ou calquera

outro tipo de discapacidade, debe considerar que ten ante si un alumno ó que debe axudar, para aproveitar ó máximo posible as súas potencialidades de desenvolvemento co fin de vivir unha vida o máis independente e feliz posible. As necesidades especiais deste alumnado deben vivirse como un reto, máis que como un obstáculo; aproveitando todas as oportunidades de formación permanente e mellorar día a día as estratexias de interacción educativa utilizadas, e para reflexionar continuamente sobre a pertinencia dos obxectivos propostos e dos medios elixidos para alcanzalos. Porque, realmente, o feito de prestar a debida atención e respecto ás minorías, calquera que sexan as súas necesidades especias, redunda na construcción dun mundo máis adaptado e beneficioso para todas as persoas que o habitan. Non obstante, para iso, hai que ser conscientes de que aínda nos queda un longo camiño por percorrer a todos xuntos.

21 IDEA 2007





C

Concertogusto: o concerto ideal? Óscar M. Martínez, Rita Carballo, Feli Fresco, César Pita.

"Concertogusto" é moito máis que dous concertos didácticos meticulosamente preparados polos membros do Grupo de Traballo e por cinco docentes do Conservatorio. "Concertogusto" é un exemplo modélico de colaboración co Conservatorio de Música de Ferrol e coas súas dúas orquestras (corda e vento), no que se marcaron desde o primeiro momento tres grandes obxectivos: o gusto pola diversidade musical, o achegamento do alumnado ás salas de concertos e o establecemento de canles de unión entre a escola e o conservatorio, co gallo de mellorar a calidade do ensino. Para conseguiren estes obxectivos, o alumnado de 3º e 4º de E.P. dos colexios participantes tiveron unha fonda preparación previa aos concertos didácticos.

Antecedentes Este grupo nace por iniciativa do CFR de Ferrol a raíz da experiencia levada a cabo, ao remate do curso 2004-05, con varios centros da zona e co Conservatorio de Música de Ferrol "Xan Viaño".

A iniciativa consistiu en preparar ao alumnado que asistiu a un concerto ofrecido por un profesor de arpa nos contidos conceptuais, procedementais e actitudinais relativos á obra musical e ao instrumento (neste caso era a arpa, eixo do concerto).

A experiencia foi un éxito e, no inicio do curso 2005-06, María José Souto, asesora do CFR, convocou a mestres de música da bisbarra coa intención de continuar a iniciativa de maneira organizada e sistemática.

Obxectivos Dende o principio, as metas do Grupo de Traballo articuláronse en tres grandes obxectivos:

25 IDEA 2007


1. Conseguir que o alumnado integrase como parte da súa formación intelectual e persoal o gusto pola diversidade musical. 2. Achegar o alumnado ás salas de concertos cunha formación de hábitos e contidos que lles permitise aprender e gozar. 3.

grande parte dos magníficos resultados acadados en "Concertogusto". Por unha banda, aos mestres de primaria: Rita Carballo do CEIP Virxe do Mar, Feli Fresco do CEIP de Pazos, César Pita do CEIP San Xoán de Filgueira e a Óscar M. Martínez, do CEIP Juan de Lángara.

Establecer canles entre a escola e o Conservatorio, co fin de axudar á mellora da calidade do ensino.

Por outra parte, aos directores das dúas orquestras estables do Conservatorio: César Concheiro e Emma Urango.

A unión fai a forza "Concertogusto" supuxo, para todos nós, unha actividade moi interesante precisamente polo contexto no cal se desenvolveu.

En terceiro lugar, e de forma paralela, a varios mestres do Conservatorio, que impartiron quince horas de docencia ao redor de diferentes temas musicais. E por último, e o máis importante, ao alumnado. Por parte dos colexios asistiron aos dous concertos trescentos vinte alumnos de terceiro e cuarto de primaria. Por parte do Conservatorio participaron os setenta músicos que aproximadamente compoñen as dúas orquestras anteriormente citadas.

Se normalmente un grupo de traballo frutifica pola interacción de varios docentes e a supervisión do CFR, nesta ocasión engadíase un terceiro elemento: o Conservatorio de Música Xan Viaño de Ferrol. A súa colaboración foi total. A eles dámoslles a máxima nota, xa que desde o primeiro momento abriron as súas portas ao grupo e déronnos todas as facilidades que nós demandabamos. Todas as persoas do Conservatorio (equipo directivo, mestres que impartiron as docencias, directores dos concertos didácticos e os propios alumnos) actuaron de forma responsábel e decidida, e a todos eles debémoslles unha

A colaboración entre toda a xente implicada foi máxima, e dende a primeira reunión, estableceuse unha metodoloxía de continuo intercambio de información e planificouse a axenda de concertos, ensaios e horas de docencia.

A metodoloxía no combate dos prexuízos musicais Curiosamente, e pese a que a sociedade na que vivimos camiña cada vez máis cara á diversidade e nos aporta unhas posibilidades de coñecemento nunca vistas antes, por mor do monocultivo musical das radiofórmulas e da influencia dos mass-media, a diversidade musical dos estudantes de ensino primario e medio é nula, ou moi restrinxida a estilos musicais ligados ás músicas populares urbanas. De igual xeito reflíctese a situación no que atinxe á asistencia a audito-

26 IDEA 2007


rios, teatros e a outras actividades afastadas da súa esfera musical. É ben sabido que no alumnado de ensino medio existen uns claros prexuízos cando se enfrontan á mal chamada música seria ou culta. Precisamente quixemos mudar estas concepcións terminolóxicas, xa que nesta ocasión os alumnos e alumnas asistiron a dous concertos de música divertida, amena e moi agradable (que ao cabo seguirá sendo a música de Mozart, Haydn, Janacek ou Mancini). Dito doutra forma, quixemos conseguir que o seu campo musical medrase, que formara parte do seu mundo máis próximo. Para levar a bo termo o proxecto, debiamos optar por unha metodoloxía eminentemente activa, que xirara en torno ao alumnos e aos seus eixes de interese: xogos musicais, ostinatos rítmicos, percusións corporais, canto de sinxelas melodías, deseño de instrumentos... Unha vez integradas as actividades no seu proceso de formación previa ao concerto, estaríamos preparados para asistir ao primeiro gran día: "Música de cinema".

A formación de actitudes

Hai que destacar que as pezas foron meticulosamente escollidas. Talvez polos seus cambios rítmicos ou dinámicos, pola forza do vento metal, polo traballo da percusión ou pola beleza das liñas melódicas formaban parte de "Concertogusto". O programa foi o seguinte: "Mary Poppins" (percusión), "A bela e a besta" (clarinete), "Robin Hood" (oboe), "El Zorro" (frauta), "Braveheart" (fagot), "A pantera rosa" (saxofóns), "Moment for Morricone" (trompeta), "O rei Arturo" (trompa/trombón).

Tamén tiñamos unha tarefa pendente: aprenderlles as actitudes correctas para asistir a un espectáculo musical. Para iso, elaboramos un tríptico que traballamos na clase e no cal se recollían as normas e os comportamentos axeitados que debían de cumprir os días do concerto. Algúns dos interrogantes que intentamos resolver foron como entrar nun auditorio, cando e como debemos aplaudir, en que debemos fixarnos, etc.

Primeiro concerto: "Música de cine" (orquestra de vento) Segundo concerto: Por fin chegou o día. Uns minutos antes das 11:00 horas do 23 de febreiro de 2006, ían chegando os autobuses dos colexios participantes. Con absoluta corrección, e moitísima ilusión, os espectadores fóronse sentando no precioso Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol. A continuación, a profesionalidade da Orquestra de Vento baixo o seu director César Concheiro fixo o resto. Ao longo de 70 minutos, percorremos unha bela selección de fragmentos musicais de Bandas Sonoras moi coñecidas. Antes de cada obra, un membro da orquestra presentaba o seu instrumento dun xeito moi pedagóxico e ilustrando musicalmente a súa presentación.

"Música mestre" (orquestra de corda) O 26 de abril de 2006 celebrouse o segundo concerto. Nesta ocasión o reto era dobre. A forza endóxena dos instrumentos de vento e a actualidade dos filmes nos cales se baseaba a música, facilitou, en parte, o éxito. Pero na corda era diferente. O programa proposto incluía unha "Chaconna" de Lully, fragmentos sinfónicos, concertos para dous violíns, un minueto ou un dúo de violonchelo e arpa. Sen embargo, Emma Urango, a directora, preparou un concerto pedagóxico magnífico. Algunhas das actividades que fixo no concerto foron:

27 IDEA 2007


1. O papel do espectador nun concerto. A importancia do silencio. Dous nenos actuaron de "gardas vixías", e tiñan que dar un forte aviso coa bucina aos que non respectasen o silencio. 2. O director. O concertino. Uns espectadores dirixiron co bastón á orquestra igual que facía Lully. 3. A orixe en forma de baile do minueto. Os nenos tiveron que bailar un paso de danza do século XVIII. 4. O diálogo musical. Por grupos, tiñan que identificar os diferentes temas musicais no Concerto de dous violíns. A arpa, coa división por cores da súa tesitura, foi a auténtica estrela do concerto.

Avaliación Os nenos gozaron dos dous concertos didácticos e foi moi importante ver como os discentes escoitaban con interese e curiosidade as diferentes obras que se tocaron en ambos os dous concertos, e que abranguían xéneros musicais moi diversos (épocas barroca, clásica, romántica e música moderna). Foi o obxectivo acadado máis salientábel. Se a propia asistencia a un concerto musical xa era importante para nós, da forma que se levou a cabo aínda supuxo máis satisfacción para todos. Os nenos tiveron un comportamento exemplar, estiveron en silencio case absoluto e aprenderon o funcionamento das normas de convivencia e actuación nun concerto destas características. Deseñouse unha unidade didáctica dividida en dous temas (un para cada concerto) e cada tema programouse en catro sesións lectivas. Grazas a elas, os alumnos participantes no proxecto puideron aproximarse aos obxectivos marcados en cada concerto didáctico, e traballaron as obras musicais que logo escoitarían nos concertos.

As reunións cos mestres do conservatorio foron moi interesantes. Eles aprenderon a valorar a importancia da Educación Musical na Educación Primaria e nós coñecemos máis polo miúdo como se traballa nun Conservatorio de Música. O alumnado, por outro lado, coñeceu o Conservatorio e algúns deles sentíronse estimulados e atraídos pola ensinanza que alí se realiza. De feito, o Conservatorio proporcionounos moitos folletos que se distribuíron entre os alumnos e alumnas interesados co obxectivo de facilitarlles informacións sobre o plan de estudos, os períodos de inscrición e os instrumentos que se ofertan. Cando analizamos os concertos a posteriori coas fichas de avaliación que pasamos aos estudantes, constatamos que o agrado que experimentaron nos concertos foi moi elevado, que repetirían a experiencia outras veces e que volverían a un concerto de música clásica, tanto co colexio como cos seus proxenitores. Tamén conseguimos outros pequenos obxectivos, mediante as horas de docencia dos mestres do Conservatorio que se implicaron no proxecto: coñecemos a evolución da orquestra sinfónica dende o século XVII ata a actualidade (Emma Urango), aproximámonos á musicoterapia (María Jesús Navalpotro), afondamos nos instrumentos e danzas do Norte de Portugal (María Jesús Navalpotro e Xosé Crisanto Gándara), e practicamos a harmonización de pequenas obras instrumentais (Emilio Mesías).

Conclusións "Concertogusto" foi unha actividade moi gratificante para todas as persoas participantes. A preparación dos concertos mediante unidades didácticas é un paso moi importante para acadar resultados positivos nos alumnos. A sensibilidade musical e o gusto pola asistencia a concertos aumenta grazas á adecuación dos contidos dos mesmos e á súa idoneidade. "Concertogusto" facilitou ao alumnado un bo coñecemento das diferentes familias de instrumentos. A colaboración entre os diferentes axentes educativos (escola de primaria e mais o conservatorio de música) provocou unhas sinerxías moi satisfactorias.

28 IDEA 2007


A

As exposicións no IES As Telleiras de Narón Mª Jesús Barreiro Seoane, Josefa Rosalía Feal Regueiro, Teresa Maceira Lamas, Mercedes Rodríguez Calvo, Mª José Saavedra Ricoy, Enrique Francisco Sosa Franco. S.P.

Ideas xerais. O instituto "AS TELLEIRAS" de Narón é un centro relativamente novo, foi o primeiro instituto do Concello. Cando naceu non contaba con moitos medios (ningunha novidade) e os primeiros anos foron duros, centrándose o traballo en cubrir un mínimo "vital": ter aulas suficientes para o crecente número de alumnos, ter un número imprescindible de profesores, ter bedeis… Tralos primeiros anos de vivir baixo mínimos, salvados os atrancos fundamentais para poder desenvolver o labor educativo e contando con profesorado estable, así como Salón de Actos, Biblioteca, cafetería, proxectores, laboratorio, etc., comezaron a xurdir outras preocupacións. Unha, entre moitas outras, partindo de que desexabamos que o alumnado aprendera, foi a de reflexionar sobre cómo queriamos que aprendera dunha maneira máis significativa e participativa.

Unha das respostas a esta pregunta dende o ámbito das ciencias sociais (posteriormente participaron outros departamentos), foi a de realizar exposicións temporais. Sabido é que, polo xeral, o estudo do pasado non resulta atractivo. O alumnado é quen de memorizar datos pero poucas veces logramos que visualice o pasado, que se sitúe nunha posición retrospectiva.

A visión da historia reflectida nos programas e libros de texto oficiais, especialmente no que se refire á historia de España, céntrase moito nos aspectos políticos interpretados como a "obra dos políticos". Faise, si, unha análise das bases da economía e dos principais grupos sociais, pero o que maior espazo ocupa é a evolución política que se estuda moi polo miúdo. Poucas veces a vida cotiá aparece nestes libros e programas, e, se o fai, é para falar das clases altas: vivenda, vestido, afeccións...; pero poucas veces se ve reflectida a vida das clases populares, que constitúen a gran maioría e que son

29 IDEA 2007


protagonistas ocultas da historia.Destes grupos é de onde procede basicamente o noso alumnado, xa que no noso concello vive principalmente xente traballadora. Pensamos que as exposicións nos axudarían a lograr dous obxectivos fundamentais: 1- Transmitir ao alumnado que o pasado non é algo que está só nos libros, é algo moito máis achegado e presente que se pode recrear nun espazo e nun tempo. E os libros, moitas veces, non son máis que o final dunha longa viaxe, dun longo traballo de reflexión e sintetización. Os rapaces e rapazas buscarían obxectos, fotos, documentos e incluso recollerían narracións sobre algún tema proposto do pasado recente na súa casa, nas dos seus avós, veciños.... Nós organizaríamos eses materiais que se presentarían como un estudo dunha etapa, dunha actividade concreta (económica, social…). Ao cabo dun tempo a exposición sería desmontada e o material aportado devolto. Coa presentación en público destes materiais buscamos que o alumnado implicado outorgue outro sentido a algo que na súa casa non pasa de ser "vello" e sen gran valor, e que a través da análise contextualizada perciba que serve, que é valioso, que na súa casa ou entorno hai obxectos de importancia.

habituais nunha comunidade deste tipo, unha avoa e un traballador da administración, un profesor e unha señora da limpeza, un alumno e unha bedel. Para lograr isto se necesitaría o fornecemento de materiais por parte de todos. E aínda que as primeiras veces non o fixemos, decatámonos que era preciso atopármonos nun día. Así decidimos que había que facer unha inauguración e, se era posible, facer dese momento unha festa. Despois de nove cursos realizando exposicións e participando activamente nestes traballos coidamos que chegara o momento de pararnos a pensar un pouco e de analizarmos o traballo realizado ao longo destes anos. Así que decidimos solicitar ao CEFORE un seminario permanente para ter un marco de reflexión e así tamén contar coa axuda e asesoramento deste centro. Os seis compoñentes deste seminario participamos nos traballos que levaron a realización das exposicións, e somos todos entusiastas defensores deste sistema para conseguir os obxectivos propostos. Aínda que por suposto non somos os únicos, pois se algo caracteriza a actividade da que falamos é a necesidade dunha ampla colaboración, dunha gran participación. O seminario está formado por unha profesora de Pedagoxía Terapéutica, un profesor de Ciencias Naturais, unha profesora de Lingua Inglesa e tres profesoras de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, o que vén demostrar que estes traballos non son cousa exclusiva dun departamento, aínda que todas as exposicións teñen en común o estudo dalgún aspecto do pasado. O que segue é un breve resumo das exposicións realizadas ao longo do tempo. A partir de aquí o traballo do seminario centrarémolo na reflexión sobre como se organiza unha exposición exemplificándoa coa realizada o curso pasado 2005-2006: "A vida cotiá no tardofranquismo (1960-1975)". Por iso, este traballo aínda que breve, é un adianto do que, esperamos, teñamos rematado dentro duns meses.

Exposicións realizadas CUBA: 1889-1958 Curso: 97-98. Data: Abril 98 Organización. Dep. CC. SS. Xª e Historia

2- Ser un punto de encontro permitindo que diante dun expositor, dun panel ou dunha vitrina se atopen e comenten sobre un tema alleo aos

Partindo da idea de que neste curso os medios de comunicación dedicarían moito espazo a reflexionar sobre as relacións entre España e Cuba pola conmemoración do centenario da inde-

30 IDEA 2007


pendencia da illa, e tendo presente os fortes vencellos que houbo entre Cuba e Galiza, pensamos que en moitas casas quedarían obxectos, documentos traídos ou enviados polos emigrantes. E así foi: apareceron moitos documentos sobre nacementos, vodas, pasaportes, agasallos que os padriños e madriñas enviaban aos afillados, moedas, fotografías... Como curiosidade cómpre destacarmos un abrigo de pel de pelo longo que era usado na antiga colonia e a gravación sonora dos relatos dun avó que estivera alá como emigrado e que recolleu o neto, alumno do centro.

que reflectían un xeito de vida moi alleo ao actual do alumnado …. Apareceu material que nos lembraba un mundo rural xa desaparecido, como era por exemplo o traballo do liño. A nai dunha alumna que de nova vivira nunha aldea onde facía todo o proceso do liño, dende o cultivo ata o tecido, non só nos trouxo os instrumentos, senón se prestou a narrar en diversas ocasións como eran os duros e múltiples traballos que había que realizar dende a sementeira do liño ata ter o tecido rematado. Por suposto contamos con varias pezas de liño realizadas de xeito tradicional. Tamén apareceron obxectos da vida escolar (libros, lapis, lousas de escribir…) pero o que chamaba moito a atención eran os cadernos dos nenos de entón coa súa coidada caligrafía. Como elementos dun mundo máis sofisticado destacaban as primeiras radios que houbo nas casas, unha gramola coa súa espectacular forma e algúns vestidos de certa calidade.

Obxetos matemáticos na vida cotiá ó longo do tempo. Curso: 99-00. Data: Maio 2000. Organización: Dep de Matemáticas e CC. SS. Xª e Historia

A vida cotiá nos comezos do franquismo: 1939-1960 Curso:98-99. Data: Maio 99. Organización: Dep. CC.SS. Xª e Historia Para montar esta exposición recollemos obxectos, documentos que se conservaban nas casas e

Para conmemorarmos o Ano mundial das Matemáticas aceptamos un reto que en principio nos pareceu de gran dificultade: buscar obxectos da vida cotiá do pasado recente que tiveran algunha relación coas matemáticas. Co que contabamos, e do que máis apareceu foron obxectos de traballo escolar, pero para a nosa sorpresa, tamén da vida campesiña e gandeira, e que resultaban imprescindibles para pagar unha renda ou facer unha venda: ferrados, regras, caldeiretas do leite, garrafas,

31 IDEA 2007


pesas e balanzas. Unha colección moi sobranceira era dunha profesora, filla dun zapateiro e que aportou molde de calzado con distintos números.

que moitas moedas que nos traían estaban repetidas. Presentáronse moedas e billetes de curso legal e tamén outras que tiñan un carácter simbólico: xoias confeccionadas con moedas, arras, etc. Para o alumnado foi unha maneira de aprender das figuras dos reis e gobernantes, xa que a súa imaxe é o que máis se repite como motivo iconográfico. Especialmente interesante foi a reflexión sobre as diferenzas simbólicas entre os períodos monárquicos e republicanos.

E antes do euro...que? Curso: 01-02. Data: Maio 2002 Organización: Dep. CC.SS. Xª e Historia

8 marzo: imaxes da muller Coa chegada do euro e a desaparición da peseta buscamos moedas e billetes de calquera etapa da historia de España. Para unha mellor comprensión había unha pequena introdución histórica a cada período. Fíxose especial fincapé na implantación e evolución da peseta como moeda única en todo o estado, xa que estabamos a vivir a súa desaparición.

Curso: 2002-2003. Data: Marzo 03. Organización: Dep. de Orientación e a especial colaboración dos titores da E.S.O. Coa intención de transmitir ao alumnado a idea

Fíxose especial fincapé na implantación e evolución da peseta como moeda única en todo o estado, xa que estabamos a vivir a súa desaparición.

Cando iniciamos a recollida de material sentímonos desbordados, percibimos que en todas as casas o que non faltaba do pasado eran moedas e billetes. Un dos problemas que se nos presentou foi o de facer unha selección xa

central de que as mulleres de clase baixa sempre traballaron no fogar e fóra del, pedíuselles que recolleran testemuñas das mulleres maiores do seu entorno sobre os traballos que desenvolvían no pasado. Así descubriron que nas zonas de onde son orixinarias as avoas dos nosos rapaces todas traballaban: na terra, co gando, de

32 IDEA 2007


leiteiras; outras de criadas, de camareiras, nas fábricas de conservas… Os relatos ían acompañados das imaxes das mulleres e, a ser posible, realizando o seu traballo. Foi especialmente emotiva a presenza de avoas e nais o día da inauguración da mostra, lembrando as protagonistas a difícil vida na súa xuventude. Ademais dos paneis cos relatos, tamén se acompañaba dunhas vitrinas, unha con figuras de Sargadelos (que amablemente nos cedeu a galería de Ferrol para tal finalidade), esculturas de mulleres traballando: redeira, labrega, costureira …, e outras vitrinas nas que había libros de arte abertos por páxinas onde había obras que reflectían a mulleres realizando os máis diversos labores.

A Segúnda república. Curso: 04-05. Data: Abril 2005. Organización : Dep. CC.SS. Xeografía e Historia co material propiedade da FUNDACIÓN 10 DE MARZO. Especialmente pensada para o alumnado de 2º de Bacharelato, fíxose cadrar esta mostra co tratamento deste tema na aula na materia de Historia de España. O material de base foron paneis explicativos sobre da 2ª República elaborados pola citada fundación. O Departamento encargouse de preparar unhas vitrinas con obxectos deste período histórico que, como sempre, foron aportados pola comunidade escolar.

icona xuvenil dun nivel similar á imaxe do Che, e para outros un símbolo case ilegal. Así que tivemos que centrar o debate nun contexto histórico co fin de que percibiran este símbolo como un elemento máis do noso pasado ao que non podemos renunciar.

A vida cotiá no tardofranquismo (19601975) Curso: 2005-06. Data: 20 de Abril ó 4 de Maio. Organización: Dep. CC. SS. Xª e Historia e a colaboración de compañeiros Concibida como a continuación da exposición realizada nos primeiros tempos do franquismo, nesta ocasión recollemos material relacionado coa vida cotiá dos anos 60 e 70 ata a morte do ditador. As moitas fotografías recollidas foron escaneadas e devoltos os orixinais. O resto do material foi arquivado por apartados: ensino, xoguetes, ocio e moda, hábitos sociais… Os aspectos máis salientables foron: reconstrución dun cuarto de estar, materiais procedentes da cociña modernizada naqueles anos, vitrinas con prendas de roupa e complementos (zapatos, xoias, reloxos, gafas de sol…), libros e outros materiais escolares, revistas e chistes, discos, tocadiscos, cámaras de fotografar, unha vespa, unha bicicleta, etc. A estrela da exposición resultou unha Sinfonola na que, con pesos da época, púñanse discos dos anos 60 ata o 75, sendo "Eva María" de Fórmula V a canción máis repetida durante os quince días que estivo aberta a mostra.

Como anécdota: un manequín caracterizado como a rapaza que foi utilizada de símbolo da República: vestido de túnica, gorro frixio e cruzando o seu corpo coa bandeira tricolor e que foi "moi retratada" polo alumnado e parte do profesorado.

Como material complementario elaborouse: tarxeta de invitación, paneis explicativos dos diferentes apartados, mural con fotos dos profesores naqueles anos, sen levar identificación, proxección de fotos da época, fichas para traballar o alumnado.

A presenza da bandeira republicana foi motivo de gran expectación por parte dos rapaces e rapazas maiores xa que para uns resultaba unha

A prensa local recolleu ampla mostra deste acontecemento, que tivo numerosas visitas.

33 IDEA 2007


34 IDEA 2007


U

Un colexio, un xardín, unha fraga, cheos de vida, paz e futuro en igualdade

O Colexio de San Xoán de Filgueira é… o colexio con paredes, portas e ventás. Máis tamén é… un xardín, unha fraga, un horto, uns corredores ateigados de plantas… É un entorno privilexiado para o lecer das nenas e nenos, máis tamén para o desenvolvemento sistemático de actividades experi mentais relacionadas coa natureza, o medio ambiente e o desenvolvemento sustentable . É para educar ao alumnado nos valores de amor e coidado polo medio ambiente como un ben a gozar agora, mais tamén a coidar cara ao futuro. Todas as crianzas do noso Colexio han de participar nestes programas de educación medioambientais tendo en conta que estes non son máis que partes do grande proxecto de formación integral das nosas alumnas e alumnos e do que, consecuentemente, ninguén pode quedar excluído. O centro acolle un alumnado moi variado e pluricultural cunha porcentaxe elevada de nenos e nenas de etnia xitana e, en menor proporción, alumnado procedente do estranxeiro de diferentes razas e culturas aínda que non presentan problemas lingüísticos. O nivel socioeconómico e cultural dunha parte importante no noso alumnado é medio baixo. Esta envexable situación, de dispor dun espazo que podemos vivenciar como común, permítenos integrar a todo o alumnado e profesorado en tarefas de colaboración, coordinación e integración de todos os grupos sociais anteriormente citados. De aí o lema da Aula da Natureza "Un colexio, un xardín,

Mª Amparo López Romalde, César Pita Carretero. CEIP San Xoan de Filgueira.

u n h a f r a g a , c h e o s d e v i d a , p a z e f u t u r o e n i g ua l da de", para educar ás nosas nenas e nenos nos valores de igualdade e tolerancia a través do coidado polo medio ambiente como un ben a gozar agora, mais tamén a coidar cara ao futuro. E, por extensión, tentando de levar ás familias e ao barrio as inquedanzas xeradas desde o Colexio, véndoo como un centro referencial onde hai problemas e solucións particulares, pero tamén moitos outros de carácter universal (igualdade, tolerancia, paz, dereitos humanos, coidado medioambiental, etc.). Temos que apostar pola integración de toda a comunidade educativa na formación, consecución e logro destes valores. Doutro xeito sería unha tarefa eivada, xa que só tería repercusión na inmediatez temporal e física do ámbito escolar. Para isto temos que contar con todo o alumnado, todo o profesorado, toda a comunidade educativa (pais e nais, ANPA e persoal non docente), e tamén -como noutras ocasións- coas Asociacións de Veciños e entidades Culturais. Para a realización do proxecto prestaron xa o seu entusiasmo e colaboración a ANPA e mais as AA.VV. Neste mesmo senso son obxectivos do Departamento de Orientación e do Centro fomentar no alumnado o desenvolvemento de actitudes positivas e participativas no seu contorno sociocultural e nun contexto de diversidade multicultural e pluriétnica. Coa idea de participación de todas as nenas e nenos presentouse ao profesorado a proposta de traballo

35 IDEA 2007


que foi aprobada polo claustro co compromiso de levar adiante este proxecto non só por parte dos titores senón tamén dos especialistas. Como coordinador da Aula da Natureza actuará este ano o mestre de música que estará arroupado por un equipo de colaboradores para a redacción das propostas de traballo. Para poder levar adiante este labor quedará liberado dunhas horas de docencia.

Obxetivos Os obxectivos fundamentais propostos desde a “Aula da natureza”, responsable do proxecto, son: - Educar aos nosos nenos e nenas nos valores igualdade, tolerancia e convivencia, a través coidado polo medio ambiente como un ben que gozar agora, mais tamén a coidar cara futuro.

de do do ao

- Coordinar actividades experimentais, nas que participan os titores/as, cunha programación racional, metódica, progresiva e con carácter universal que reflicte todos os valores que o noso PEC recolle e que acotío moven a vida do colexio e a interculturalidade. - Desenvolver unha organización do noso centro favorable á integración de todos os seus membros, con responsabilidades igualitarias sen distincións de ningún tipo. As áreas de traballo, a través das que pretendemos acadar os nosos obxectivos, son as seguintes: 1- Horto escolar 2- Granxa escolar 3- Fraga escolar 4- Xardíns e patio de recreo 5- No interior do colexio. Plantas das aulas e corredores 6- Obradoiro de reciclaxe (aluminio, resto de papel das aulas, plásticos, restos orgánicos, envases...) 7- Charlas divulgativas 8- Contaminación acústica Atendendo a estas áreas formúlanse os seguintes obxectivos específicos: - Practicar todo o proceso produtivo en igualdade, dende a semente ata a mesa, valorando todos os traballos agrícolas necesarios, especialmente a compostaxe feita a partir cos restos orgánicos xerados no propio colexio.

- Comparar o noso proceso produtivo co que se sigue noutros países ou culturas. - Observar animais do noso entorno (as galiñas e pitos) e doutros hábitats. - Reflexionar sobre os diferentes animais domésticos nas distintas culturas. - Estudar o valor medioambiental económico e ornamental das árbores, así como os coidados necesarios para a súa conservación. Coñecer árbores doutros países. - Coñecer as árbores ou arbustos que se utilizan para realizar as artesanías de cesterías (tradicionalmente utilizadas pola etnia xitana) e o seu proceso. - Probar o valor alimenticio de mazás e castañas recollidos na nosa fraga e comparalos con outros froitos típicos dos países de procedencia dalgún dos nosos alumnos e alumnas. - Coidar zonas de lecer de cara a recoñecer o noso patio como un lugar cheo de vida vexetal e animal. - Realizar procesos de reciclaxe e relacionalo con sustentabilidade. - Relacionar as boas prácticas medioambientais coa vida actual e futura de animais e plantas do noso contorno escolar. - Fomentar o aforro enerxético na nosa escola e fogar informando aos nenos/as que en moitos países hai xente que non ten electricidade. - Coñecer plantas de interior e os coidados necesarios para un bo mantemento . - Verificar que todo é RRR (Reciclábel, Reutilizábel e Reducíbel) coa idea de futuro e sustentabilidade. - Dar a coñecer entre os membros da comunidade escolar a problemática medioambiental en comparativa con outros países (sustentabilidade ecolóxica, biodiversidade, cambio climático, residuos e contaminación…). - Dar a coñecer situacións de contaminación acústica e as consecuencias físicas e psíquicas derivadas da mesma. - Colaborar na preparación das visitas e saídas de sinalado valor medioambiental. - Continuar a práctica de visitas a museos da natureza, centros de enerxías alternativas, fábricas e industrias

36 IDEA 2007


senlleiras no tratamento de residuos, granxas e centros de elaboración e espazos naturais singulares, facilitando que todo o alumnado participe destas actividades.

amosan a asunción de valores democráticos, plurais e interculturais.

1. Horto escolar Arroz con chícharos, patacas novas….

Cómo traballamos? As actividades desenvólvense ao longo de todo o curso. Coa periodicidade que sexa precisa (normalmente será cada venres) os titores reciben as fichas de traballo necesarias para desenvolver as actividades propostas. Todos os traballos prácticos levan o estudo teórico de aula, xustificativo dos traballos prácticos a realizar ou a sistematización dos datos recollidos co traballo realizado. Cada proposta de traballo terá a súa ficha que fixará datas de realización, actividades e obxectivos. O método de traballo consiste na realización de propostas deseñadas dende a Aula de Natureza, mais tamén están incluídas as suxestións feitas polos mestres e mestras dende os ciclos e titorías que se consideren oportunas para un mellor desenvolvemento do proxecto ou o complemento das programacións de aula.

Realízanse dende principio de curso as seguintes actividades: - Limpeza do horto. Limpeza e pintado do alboio e carteis. Compra e arranxo das ferramentas. - Limpeza da parcela propia de cada nivel. Limpeza do invernadoiro de cada nivel. - Cavado e abonado. Compostaxe - Escolla de sementes apropiadas para cada estación - Plantación de inverno. Plantación de primavera. Ficha. - Sachado das plantacións. Outros labores. - Seguimento das plantación. Fichas - Colleita. Alimentámonos co que plantamos.

Unha vez recibidas as fichas en cada aula, cadanseu titor traballa as propostas organizando as saídas segundo o considere, tendo en conta que se fose conveniente a presenza do coordinador da Aula de Natureza tería que ser a 3ª ou 4ª hora do venres. Se fose un traballo, proposta ou saída colectiva, a coordinación será a conta da Aula da Natureza e Xefatura de Estudos que informarán coa suficiente anticipación. A Aula da Natureza contará con grupos de información, coidado e conservación das distintas áreas de traballo (horto escolar, patio de recreo, fraga...), formados por alumnas e alumnos voluntarias preferentemente do 3º ciclo, organizados en quendas. Que terán camisetas, deseños distintivos e un nome identificador do seu labor. As ferramentas de traballo e material agrícola están sempre no alboio do horto escolar e o taboleiro do 2º serve de expositor da Aula da Natureza.

Exemplos de traballos e experiencias Este proxecto naceu hai anos e levamos traballando nel de forma ininterrompida. A práctica lévanos a continuar traballando nel porque nos motiva o comprobar o coidado con que as nosas nenas e nenos mostran polo ecosistema e o xeito de traballar que

37 IDEA 2007


2. Granxa escola Teño unha galiña branca que… Actividades: - Limpeza do vello galiñeiro. - Construción dunha casiña nova para refuxio dos animais. - Visitas á granxa. Fichas. - Coidado de poliños. Visita. Ficha. - Colleita dos ovos. Ficha. - Alimentación saudábel. Estudo nutritivo dos ovos . - Coidado dos nosos animais. Alimentación e limpeza. - Reciclado dos restos orgánicos para abonado do noso horto escolar. Para as tarefas relacionadas coa granxa escolar contamos coa colaboración do oficial conserxe que ademais encárgase do coidado dos animais en ausencia dos responsábeis da Aula da Natureza.

- Celebración do día da mazá. Elaboración de zume coas nosas mazás. Alimentación saudábel coa froita da nosa horta. - Os Maios. Participación na alegría da Natureza. - Concursos de debuxo e fotografía con temática medioambiental a realizar no Magosto e Día da Árbore.

4. Xardíns e patio de recreo Paxariños que vides voando polas follas dos loureiros…

3. Fraga escolar Teño unha casiña branca na Mariña entre loureiros…

Actividades a realizar durante todo o curso: - Percorrido para coñecer as arbores e arbustos do noso colexio, tendo como guía o libro Árbores e arbustos do Colexio de San Xoán. - Asignación a cada nivel dunha árbore para o coidado estudo e observación dos cambios ao longo do curso. - Pórlle nome (ou restaurar se xa o tivese) á árbore que cada nivel ten asignada. - Estudo do castiñeiro. A castaña. Con motivo do Magosto realizarase un traballo monográfico sobre unha das árbores máis senlleiras do País. Nesta actividade participará todo o colexio colectivamente. - O lume. Unidade didáctica. - Realización de podas se fosen necesarias. - Plantacións con motivo do "Día da árbore". A nosa fraga medra.

Xa dende primeiros de curso realizáronse as seguintes campañas informativas: - O patio de recreo. Coidado de xardíns, árbores e arbustos. Animais. - A limpeza do patio de recreo. Campaña "Eu que son moi lista….son ecoloxista". - O uso dos contedores. Aluminio, plásticos, envases ou restos orgánicos teñen cadanseu seu contedor. - Reciclado ou reutilización de todo o que ben deixamos nos contedores. RRR agora ollando cara o futuro. - Cos restos orgánicos elaboración de compost para alimentar a nosa horta. - Cambio do aluminio recollido por peixes para o noso acuario. - Busca e observación de animais no noso patio: toupeiras, miñocas, insectos, paxaros... - Colocación de niños. No recreo actuaron como axentes informativos as brigadas medioambientais formadas por nenos e nenas do terceiro ciclo. Campaña "Eu que son moi lista, son ecoloxista". Ten como finalidade a participación de cada nivel na boa conservación do entorno do colexio, adicando un tempo á limpeza e á observación sistemática do patio e insistindo na correcta utilización dos contedores. Para realizar a limpeza disponse de luvas e caldeiros. As saídas realízanse por quendas os venres despois do recreo.

38 IDEA 2007


- Estudo das plantas de interior como seres vivos. - Os coidados das plantas de interior. Auga, luz, temperatura. - Coñecemos o nome das nosas plantas. Etiquetamos. - Situamos as nosas plantas en ambientes sen fume. Evitamos contaminantes ambientais. - Regamos con auga limpa e sen clorar. - Plantamos e abonamos con terras do noso horto.

5. O interior do colexio. Plantas das aulas e do corredor.

Para realizar estas actividades cada clase ten asignado un número de plantas dos corredores e escaleiras ademais das da propia aula.

Apaga a luz… apaga a luz que non se pode… Actividades : - Estudo das fontes de enerxía.Tipos. Enerxías renovábeis. - Uso cotián das enerxías. Estudo e debate. - A luz eléctrica. Estudo. - Aforro de enerxía eléctrica, apagando. Ficha. - Concurso sobre lema e debuxo da campaña.

6. Obradoiro de reciclaxe Ceos puros, limpos mares…

Lá vai uma , lá vão duas , três pinguinhas … Actividades: - Debate e estudo sobre o ciclo da auga. A auga como un ben esgotábel. - Observación das fontes de auga no noso colexio. O seu uso . - Debate sobre os usos cotiáns da auga. Ficha. - Aforro de auga pechando a billa do aseo. Ficha. - Concurso sobre lema e debuxo da campaña. Teño un xardín cheíño de flores, el medran a eito… Tanto no edificio de Primaria coma no de Infantil hai unha importante cantidade de plantas que ademais da función estética serven para que o alumnado realice ao longo do curso as seguintes actividades:

En colaboración coas entidades que teñan acordos co Concello (ADEGA, SGHN...) ou outras que queiran colaborar co Colexio, desenvólvense obradoiros que explican ao alumnado todo o proceso de reciclaxe, especialmente daqueles materiais que nós recollemos: papel (nos contedores de aula), aluminio, plásticos, envases, restos orgánicos (nos contedores do patio), Restos que se xeran na aula a cotío, como restos de afiados de lapis e pinturas, restos de gomas… Estes obradoiros realízanse como actividade extraescolar en colaboración coa ANPA.

39 IDEA 2007


7. Charlas divulgativas As nosa praias protexidas… Ao longo do curso realízanse charlas divulgativas para difundir entre os membros da comunidade escolar a problemática medioambiental (sustentabilidade ecolóxica, biodiversidade, cambio climático, residuos e contaminación…). Estas charlas que teñen carácter de actividades complementarias ou extraescolar e son impartidas por entidades ou persoas expertas no tema. A campaña remata co compromiso de nenos e nenas de reducir os ruídos innecesarios en todos os ámbitos, especialmente nas dependencias escolares cara a conseguir un agradábel ambiente de relacións persoais, lecer e traballo.

9. Saídas e excursións Se vides cando nós no autobús, veredes a ledicia de…

8. Contaminación acústica Aaaaaaaa ..., o último berro.

O obxectivo é colaborar na preparación das visitas e saídas de marcado valor medioambiental. Continuar a práctica de visitas a museos da natureza, centros de enerxías alternativas, fábricas e industrias senlleiras no tratamento de residuos, granxas e centros de elaboración, espazos naturais singulares… Esta actividade recóllese no P.X.A. e comeza cunha visita ás Fragas do Eume.

10. Bibliografía, audiovisuais, discografía, internet, divulgación e intercambios Polo correo do vento

Co título "O ruído contamina" desenvólvese dende principio de curso unha campaña informativa co obxectivo de dar a coñecer situacións de contaminación acústica e as consecuencias físicas e psíquicas derivadas desta contaminación. - Escoitamos o ruído da escola. - Escoitamos o ruído no barrio. - Debatemos sobre os ruídos escoitados, necesarios e innecesarios. - Lemos o Regulamento Municipal sobre contaminación acústica. Debatemos. - Facemos un grande cartel co lema "O ruído contamina". Asinamos. - Facemos concursos sobre debuxo da campaña.

Ademais dos contidos dos libros de texto, na bibliote ca temos unha colección de libros que tratan contidos medioambientais. Coa colaboración da profesora encargada da biblioteca fanse exposicións relativas ao tema que empezan xa na primeira quincena de Novembro arredor da temática relativa ao árbore. As audicións e mais a aprendizaxe de cancións relativas ao tema da natureza foron programadas dende a área de música salientando unha recollida de cancións entre nenos e familiares que escolmadas e traballadas serán recompiladas nun libriño cancioneiro para a nosa biblioteca. Nesta experiencia tan enriquecedora usamos, ademais, todo tipo de material audiovisual como complemento que reforza as nosas actividades así como

40 IDEA 2007


as tecnoloxías da información. Os vídeos, como o titulado "O bosque, a árbore, a vida" visiónanse nas aulas e utilízase a internet para a busca de informacións ou para o establecemento de contactos con asociacións ecoloxistas, medioambientais e de defensa da natureza (Verdegaia, S.G.H.N., A.D.E.G.A., Greenpeace…). Ao longo do curso expóñense os resumos das actividades na aula de informática, dirixidos polo profesorado encargado desta sección. Ao final de curso preténdese amosar o conxunto de actividades realizadas no decorrer do ano.

Con este proxecto queremos coidar o noso espazo e vivir respectando a natureza coa certeza de que canto maior sexa o agarimo que poñamos mellor vai ser a nosa convivencia diaria. Poñemos o empeño nun xardín que vai medrando día a día, tomando diferentes cores axeitadas á época do ano, producindo as súas variadas flores, dando os seus froitos de diferentes tamaños, distintos sabores e olores, presentado a súa fermosa diversidade capaz de entusiasmar a cada unha das crianzas do noso colexio e de suscitar sentimentos positivos de conservación, colaboración e pertenza a un colectivo.

O intercambio escolar de experiencias medioambientais, a participación en programas e concursos, a divulgación ou subscricións son tarefas a realizar ao longo do curso, dependendo das distintas ofertas que se reciban. Agora mesmo xa estamos a participar no programa da Radio Galega e recibimos a revista Plis-plas.

Igual ca diversidade do noso xardín é o noso alumnado e coa mesma naturalidade vai florecendo o mellor deles mesmos ao sentirse parte dun ecosistema educativo que se rega coas ideas da igualdade e xustiza para obter uns froitos chamados persoas que poidan habitar un futuro esperanzador en convivencia pacífica.

41 IDEA 2007


U

Un almorzo saudábel. Educación para a saúde e calidade de vida.

Os Comezos. Situémonos aló polo ano 2.000. Atopámonos que o CEIP da Solania é un centro en crecemento, con mestres e mestras con inquedanzas para traballar por un desenvolvemento integral do seu alumnado (característica, por certo, moi estendida no noso colectivo), con pais que confían no labor dos profesionais e ata aquí, quizais, nada salientábel; pero xorde unha proposta singular por parte dunha mestra do centro: "Introducir uns alimentos no recreo, que, en principio, os menores por diversas causas non toman de forma xeneralizada."

Non fomos quen de reparar na transcendencia que tería o que se estaba a propoñer: "comer un sinxelo anaco de pan e beber un vasiño de leite fresco". O certo é que sempre criticabamos informalmente en pequenas reunións o mal que comían os nenos, as larpeiradas que algúns traían para o recreo, ou que moitos viñan sen almorzar, e, tamén, que tomaban moitos produtos industrializados, con excesos de graxas saturadas.

Claustro do CEIP da Solaina. Narón.

Aquela proposta foi ben aceptada por parte do profesorado. Algúns coñecían esta experiencia traballada nas escolas rurais. Así, coñecedores dos bos resultados, animáronnos ao resto. Tiñamos que probar como resultaría levala a cabo nun colexio de tanto alumnado e de idades tan diversas. Comezámo-la andaina da campaña de alimentación: "Un almorzo saudable".

As primeiras propostas. Empezouse na Educación Infantil e no 1º Ciclo de Primaria, pois as mestras que impartían as clases nestes niveis eran máis sensibles á importancia dunha alimentación axeitada para o alumnado, e moi conscientes tamén de que a xornada continuada de cinco sesións propiciaba a necesidade de tomar alimentos a media mañá. Non se pode esquecer que canto máis pequenos son os nenos en nenas, máis fundamental é a adquisición de todo tipo de hábitos axeitados, de responsabilidades e autonomía á hora de comer. A organización e a introdución de novos alimentos foi evolucionando a partir das distintas visións que propuña o persoal docente de nova incorporación ao centro, así como dos diversos ensaios de organizacións e, sobre todo, da propia demanda por parte dos titores e titoras, e dos mesmo alumnado que valoraban os bos resultados da campaña, sempre apoiada por toda a comunidade educativa.

42 IDEA 2007


Nos seus inicios o alumnado tomaba pan e leite con certo reparo ao non estaren acostumados a consumir este tipo de alimento sen engadidos, xa que, por unha banda, no se poñía azucre no leite, e, por outra, o pan tomábase sen complementos, sen compango, pode que todo isto resultase pouco apetecible ó padal. Coa constancia no proxecto as nenas e mais os nenos fóronse concienciando das vantaxes destes alimentos, que moitas veces na casa non eran capaces de consumir.

Como se esta a intuír na descrición do funcionamento do proxecto, este non consiste só en comer, pois ademais de bos costumes alimenticios, adquírense uns hábitos moi significativos nestas etapas como concienciación de consumir o preciso e axeitado sen gastar innecesariamente, hábitos de hixiene, responsabilidade, autonomía, selección de lixo... Os motivos que moveron e moven esta campaña no Centro son fundamentalmente dous:

Progresivamente, incorporáronse a este programa as demais etapas ou niveis educativos, resultando máis complexo no 3º ciclo, pois xa o propio alumnado era quen de decidir se participaba ou non. Unha vez posta en funcionamento a acción titorial, estes inconvenientes fóronse emendando na meirande parte dos casos, pero aínda así houbo algún alumno que non foi capaz de participar con tódalas consecuencias nesta campaña.

Afianzamento e razóns da campaña

- A consecución de hábitos de alimentación correctos, consumindo os alimentos necesarios na súa etapa de crecemento, autonomía á hora de comer, evita-lo consumo de alimentos ricos en graxas saturadas e que tódolos nenos e nenas poidan tomar algún alimento a media mañá para poderen continuar coa xornada escolar de cinco sesións. Traballar actividades de comportamentos educativos ante o xantar. Esperar quenda, comer todos xuntos, non falar coa boca chea, ter respecto polos alimentos, non estragalos, ser responsables de comer un alimento completo ou unha porción. Aprender a facer uso adecuado dos utensilios (culleres, vasos, panos de mesa...). Hábitos de limpeza e recollida de alimentos, tanto nas aulas coma no patio interior e o patio cuberto (non hai desperdicios, nin lixo, nin envoltorios.)

Un proxecto de alimentación saudable no colexio para o alumnado resulta dunha proxección pedagóxica importante, isto podémolo verificar nos obxectivos da Campaña. Así, fomos incorporando alimentos sans e necesarios para o alumnado. A alimentación neste curso consiste en tomar a diario un boliño ou unha pequena ración de pan, un vasiño de leite fresco (luns e venres), froita: plátano, mazá ou mandarina (martes e xoves) e iogur (mércores). Deste xeito procuramos que teñan unha alimentación sa e equilibrada. Moitas nais e pais nolo teñen indicado: "non son capaz na casa de que o coma".

- Compensar as desigualdades sociais. Non é sempre así, pero o desenvolvemento da campaña garante que o alumnado mais desfavorecido teña un almorzo tódolos días.

43 IDEA 2007


Deseño curricular É preciso, ó falarmos de Educación, tomar como referente de calquera actividade a consecución duns obxectivos e contidos (conceptuais, procedementais e actitudinais ). Por tanto, temos presentes os seguintes.

Obxectivos

Contidos

Actividades tipo

Favorecer estilos de vida saudables.

Dieta equilibrada.

Coñecer distintos tipos de alimentos e engadir ó consumo diario novos alimentos.

Ofertar un marco de traballo que promova a saúde.

Concienciación por parte da comunidade ecolar (alumnado, pais e nais, profesorado) dunha filosofia de centro que aposte por unha alimentación saudable

Colaboración dos mestres, coidadores do centro e participación dos nenos e nenas. Organización espacial dentro das zonas comúns das cestas, cubos de reclicado, etc.

Responsabilidade.

Responsabilizarse de ir a busca-los alimentos, repartilos, distribuílos e recolocar as cestas no seu lugar correspondente. Traer os instrumentos necesarios para cada día (vaso, pano de mesa...).

Posibilitar o pleno desenvolvemento físico, psíquico e social.

Saúde integral.

Comer saudablemente facilita o rendemento académico, tanto intelectual coma físico. Tamén é un momento para propiciar as interaccións sociais.

Optimiza-las relacións entre iguais e adultos.

Socialización, convivencia, tolerancia. Colaboración dos repartidores de froita, pan, leite e iogures. Escola aberta ó exterior.

Todos participamos nesta tarefa de almorzos saudables.Uns dependemos dos outros, cómpre unha cadea humana para que todo funcione.

Hábitos de convivencia.

Normas de cortesía e bos modais.

Comemos todos xuntos, empregamos a culler, o vaso...

Concienciar ós nenos e nenas da importancia dunha dieta sa e equilibrada.

Pirámide dos alimentos:todos son necesarios.

Degustación e gusto por probar novos alimentos, non consumindo en exceso produtos prefabricados.

Adquirir hábitos de autonomía.

Autonomía física, intelectual e moral.

Servi-los alimentos, traballa-la motricidade fina, seleccionar os que corresponden a cada grupo, facer un bo uso da comida, non desperdiciala, concienciarse da fame no mundo.

Adquirir hábitos hixiénicos á hora de alimentarse.

Hixiene das mans e do entorno escolar.

Lava-las mans antes de comer. Ao acabar, recolle-la aula e depositar os desperdicios no contedor correspondente.

Acadar un consumo moderado e responsable.

Comida e bebida necesaria e precisa.

Non estraga-los alimentos e responsabilizarse da cantidade que se pide para inxerir.

Participar nas tarefas sen ten en conta a distinción do xénero.

Nenos e nenas colaboran e fan as mesmas funcións.

Todos e todas somos iguais, por iso na campaña de alimentación as tarefas repártense equitativamente tanto en nenos coma en nenas.

Coñecer hábitos de cortesía e bos modais diante da mesa.

Bos modais e normas de cortesía.

Comer sentados, non falar coa boca chea, utilizar axeitadamente os útiles de comer.

Recollida de desperdicios e clasificación de lixo selectivo.

Reciclaxe selectiva.

Cada desperdicio vai para un bidón: de plástico, de residuos orgánicos...

Interiorización dos tempos da xornada escolar.

Rutinas de traballo e de tempo de lecer.

O alumnado vai tomando conciencia temporal da xornada lectiva (actividades de almorzo, recreo, lectivas...)

Desenvolver o sentido da responsabilidade.

44 IDEA 2007


Contidos curriculares que aproveitamos para traballar: *Matemáticas. Problemas da vida diaria, canteo, produto cartesiano, conceptos básicos: enteirometade... *Coñecemento do medio: educación para a saúde, lixo selectivo, emprego do lixo para o invernadoiro... *Lingua galega e lingua castelá: vocabulario. *Informática: como material de apoio curricular ás outras materias e na que se está a traballar a elaboración de menús escolares equilibrados.

O aspecto que máis queremos incidir, pois, é o eixe da campaña, o propio alumnado. A súa participación non consiste só en consumir alimento san, senón no seguimento do seu traballo a partir da visión no desenvolvemento da campaña. A participación do alumnado comeza dende a casa. Cadaquén proporciona a diario aqueles útiles que precisa: vaso, panos, culleriña. Isto depende do alimento que corresponda cada día, pois na actualidade os alimentos adminístranse así, pan e leite, froita e iogur. Quíxose introducir iogur ecolóxico pero, feitas as xestión oportunas non resultaron viables, polo que está pendente de que a súa degustación sexa de xeito esporádico unha vez que o presuposto de gastos nolo permita. Cada clase ten asinada unha cesta para o pan, outra cesta para a froita, uns cubos para as bolsas de leite e unha caixa para os iogures, situadas nunha zona común do colexio. A xerra, o cepillo, o recolledor, o reposto de panos, os vasos e culleriñas, etc., permanecen nas clases por se alguén non se lembra de traelos ao colexio. Hai carteis informativos de cantos alimentos corresponden a cada clase. En moitas ocasións son os propios nenos os que cada día botan os alimentos correspondentes na cesta para transportalos, entendendo os cadros de dobre entrada e facendo os cálculos correspondentes.

Relación das actividades cós temas transversais -Educación para o consumidor. -Educación para a saúde e a calidade de vida. -Educación para a igualdade dos sexos. -Educación ambiental.

Outro aspecto a destacar é o reparto de alimentos polas aulas, realizado por parte dos encargados baixo a supervisión dos adultos. Isto axuda a espera-la quenda e a ser respectuoso co encargado ou encargada. Tamén son significativos os hábitos de hixiene como lava-las mans para comer, estar ben sentados, mastigar coa boca pechada. Unha vez rematado o consumo toca recoller. Cada neno garda o seu vaso e a súa culler, para lavalos na casa ou, ás veces, no mesmo colexio. Así aprender a responsabilizarse e asumiren hábitos de limpeza.

Xustificación É unha actividade global, interdisciplinaria e transversal, xa que abrangue moitos dos temas transversais que se reflicten no currículo de Educación Infantil e de Primaria, pero consideramos que a educación para a saúde en toda a súa extensión debería ser unha materia obrigatoria dentro da lexislación vixente.

Tamén é competencia do alumnado devolve-la cesta de alimentos ao seu lugar, baixar os sobrantes para a súa selección de lixo en restos orgánicos e plásticos, pois débeno botar en cadanseu bidón colocado na entrada para a selección do lixo. Vemos pois que o traballo por parte do alumnado é moi significativo e sobre todo positivo para a súa formación.

45 IDEA 2007


A participación dos titores é fundamental polo esforzo que supón concienciar aos nenos da importancia da mesma, organizar o tempo escolar para que poidan almorzar antes do recreo ou atendelos para que os hábitos sexan os correctos. Cómpre destacar que o número de alumnos é de 25, na maioría das aulas, polo que non podemos menos que felicitarnos todos e agradecer a aqueles mestres e mestras que pasaron polo centro e colaboraron neste labor xa que sen a súa participación non poderíamos continuar con esta actividade. Todo este proceso comeza dende a primeira hora da mañá na que os repartidores e provedores deixan os seus produtos no centro. Benefícianse as tres panaderías do barrio onde adquirimos o pan; a froita proporciónanola un almacén do Concello e o leite unha empresa da bisbarra. As cantidades do que se consumen están previamente estudadas, evitando así perdas de alimentos para axusta-lo máis posible o gasto diario dos mesmos. A coordinación deste traballo foi pasando por diversas mestras ao longo dos cursos.

Noutros cursos contribúen mensualmente cunha contía case simbólica que anteriormente recollían as titoras e titores. Neste curso 2006-2007 propuxemos o pagamento trimestral, quer en efectivo quer mediante ingreso bancario. Esta modalidade non interrompe apenas o labor educativo-administrativo das responsables da campaña e sempre se facilita o pagamento a aquelas familias que por diversos motivos non dispoñen da contía no momento que se demande dende o centro educativo.

Conclusión Podemos dicir que tódolos procesos que se desenvolven nesta campaña son laboriosos e requiren un esforzo diario, pero valorámolos positivamente polo que cómpre seguirmos na mesma dirección . Tamén hai que dispoñer e contar cun tempo, dentro do horario oficial, para desenvolver esta proposta. Despois de anos poñendo en práctica esta tarefa, podemos dicir que contamos coa participación case total do alumnado e a aprobación das familias, que así o certifican nunha autorización que asinan ó comezo do curso para que as súas fillas e fillos se beneficien destes almorzos saudables.

Previo ó consumo hai un proceso de xestións para axustar as cantidades a consumir (estamos a falar dun centro de 400 alumnos), que os prezos cadren cos ingresos e a colaboración económica dos pais, xestións cos panadeiros, cos froiteiros, co leiteiro..., que os alimentos perecedoiros non excedan dos necesarios para evita-la perda dos mesmos; a recollida dos alimentos sobrantes e posterior conservación ata que volva a corresponder ao seu consumo, axustar os pedidos a diario, chamadas a provedores, contabilidade económica, pago a repartidores, etc. As familias son as que subvencionan os alimentos.

Como comunidade escolar estamos moi contentos dos resultados acadados, xa que esta opción metodolóxica é un aspecto importantísimo da formación integral do noso alumnado, e moitas veces "perde-lo tempo a curto prazo" é gañalo ó longo dunha vida na que se van adquirindo e consolidando hábitos saudables, de convivencia, de hixiene e de autonomía. O profesorado deste centro queremos difundir esta experiencia e dar a coñecer as súas vantaxes e as súas desvantaxes, para que sirva de referencia; deste xeito pretendemos animar a outros centros e colectivos de docentes interesados nesta temática a poñérena en práctica.

46 IDEA 2007


U

Un proxecto de futuro para a biblioteca

Lucía Carracedo Fraga, José Ramón Carreira López, Mª Feliciana Fresco Cobelo, Cristina González Rodríguez, Ana Lobeiras Fernández, Mª Carmen López Vilar, Mª Carmen Martínez López, Ana Martínez Rey, Isabel Piñeiro Rodríguez, Pilar Taboada Jorge, Lucía Ruiz Casal (Coord. SP), Ana Trastoy Cuba (Coord. SP) e Rosana Rodiles Lamas (Coord. SP e responsable da Biblioteca)

"Contaxiar o desexo de ler é como contaxiar calquera outra convición profunda: só se pode conseguir, ou mellor intentar, sen imposicións, por simple contacto, imitación ou sedución". Emili Teixidor O pasado curso comezamos unha segunda etapa na vida da nosa biblioteca, dispostas e dispostos a continuar o esforzo dos anos anteriores pero coa clara idea da necesidade dun cambio que nos fixese adaptarnos a unha nova forma de entendermos a biblioteca como centro dinamizador de aprendizaxe, como impulsora de actividades relacionadas con todas as áreas e aglutinadora de todos os fondos documentais en soporte impreso, audiovisual e multimedia ou electrónico, capaz de cubrir as necesidades dos lectores e lectoras. A nosa Biblioteca debe ser un espazo de crecemento continuo. Dous Seminarios Permanentes: un de animación á lectura e outro de informatización e catalogación, realizados durante o pasado curso, coordinados polo CFR de Ferrol; máis un S.P. de elaboración de materiais e mais a inclusión no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, no presente ano académico, fixeron que ao longo destes dous anos concentrásemos na biblioteca todos os medios posibles, recursos humanos e materiais, esforzos e traballo. Pretendemos: -Cambiar a organización do espazo da biblioteca.

-Realizar un expurgo e renovar volumes. -Informatizar e catalogar os fondos documentais. -Achegar aos nenos/as e ás familias aos libros. -Motivar aos lectores e fomentar o gusto pola letura. -Fomentar a creatividade e a imaxinación.

Os comezos na animación "Aconteceu na nosa biblioteca o martes 18 de outubro de 2005. Estabamos o profesorado lendo uns interesantes libros cando de súpeto escoitamos!..." Partimos dun conto inventado por nós. A protagonista é unha meiga que se nos aparece aos mestres e mestras. Esquecida nun libro da nosa biblioteca, necesita saír e seguir lendo libros. Decide quedarse no noso colexio para colaborar connosco, pero viaxa continuamente e vai recollendo libros interesantes para enviárllelos nunha maleta viaxeira aos lectores do colexio. O conto foi lido en todas as aulas e propuxemos aos nenos e nenas que debuxasen á protagonista da historia e lle puxesen nome, imaxinando como podería ser. Houbo unha exposición con todos os traballos e a posterior elaboración dun libro con todo o material recollido. O debuxo que máis se pareceu á meiga que nós vimos enmarcouse, e está colgado na nosa biblioteca. Despois duns retoques naceu, definitivamente, a nosa Meiga Chispa.

47 IDEA 2007


vidade de reforzo, utilizando diversos materiais plásticos para ilustralo. Aproveitándoo, montamos a primeira exposición de libros, referida ás bruxas.

Chispa leva mensaxes e cartas ás aulas, recomendando todo tipo de lectura dependendo do momento; libros para as diferentes épocas do curso, ou os diferentes momentos ou festas a celebrar.

Na época do outono programamos as primeiras actividades: Unha sesión de contacontos, a castañeira, para Infantil e 1º Ciclo de Primaria. Contamos o conto e apoiámolo co personaxe elaborado en papel con soporte de madeira. Transformamos unha vella maleta; adornámola con pequenas portadas de libros e outros debuxos e convertémola na maleta viaxeira. Cada pouco soa unha música, cun "Chis, chis, plof, plof" (onomatopea que a identificaba no conto), que anuncia a chegada de Chispa con ela. Aínda que os nenos e nenas non a ven nunca, polo menos poden abrir a maleta e ver os libros que de cando en vez envía. Na espera de podermos construír unha marioneta da nosa mascota, preparamos unha Chispa moi grande en papel con soporte de madeira, que preside a biblioteca e, desde entón, está presente en todas as actividades que se levan a cabo na mesma. A meiga Chispa convidou a todos e todas a visitar a Biblioteca, a ler e a contar contos; e deu pé, en definitiva, ao resto de actividades que xurdiron e xorden dentro do programa de animación á lectura.

Utilizamos unha breve historia da castaña, elaborada pola mestra Mª Carmen Álvarez Gómez, para ilustrar e facer, á parte dun mural, uns pequenos libriños elaborados cunha folla din A4. Démoslle o título de "A castaña: a miña historia en 12 viñetas", e dirixímolo ao 2º e 3º ciclos.

Animación á letura

Xa no segundo trimestre, continuamos con dúas sesións máis de contacontos, "Dona Carme" e "El pájaro Federico" para os que elaboramos material para manipularen.

En Infantil e no 1º ciclo fixeron, coa silueta do gorro de Chispa, o resumo da súa historia, como acti-

No terceiro trimestre, durante o mes de abril traballamos nas aulas os Contos clásicos e populares.

48 IDEA 2007


de grandes e pequenos cos seus contos e personaxes.

Realizamos dúas actividades:

"Contamos contigo para contar". Preparamos un xogo no que os nenos e nenas deberían traballar un conto que máis tarde contarían aos compañeiros e compañeiras do seu ciclo.

Coa súa visita pretendemos iniciar unha serie de encontros anuais con diversas persoas relacionadas co mundo dos libros. No presente curso decidimos seguir na liña do pasado, e levamos ás costas, xa, tres sesións de contacontos.

Utilizamos pequenas marionetas para contar os contos cos nenos ou nenas que tiñan máis dificultades e tamén un apoio visual para un neno con seria deficiencia auditiva.

"Contamos contigo para ilustrar". Concurso de portadas de contos clásicos que ambientaron as sesións anteriores. Despois dunha breve explicación na biblioteca e como remate do día, os primeiros cursos viron o diaporama da Rata Linda de Compostela. Ao remate da xornada un marcapáxinas de Chispa estaba esperando para cada un dos nenos e nenas que participaron nesta gran sesión de "Contamos contigo para contar". Para a última sesión, o 18 de maio, chamamos a Finola, unha artesá que se adicada a facer monicreques. Contounos o proceso de elaboración e conseguiu arrincar un montón de sorrisos

Para o magosto aproveitando o conto de "A palla, a brasa e a castaña". Realizamos unhas ilustracións, a partir das cales xurdiron nove láminas en tamaño A3, plastificadas e co texto por atrás para ser contado, unhas ilustracións para montar un audiovisual con música, imaxes e letra; un libriño de apoio, para levar ás aulas, e unha pequena unidade didáctica para traballar o magosto a través do conto. Dous audiovisuais máis, pero cun tratamento máis sinxelo para celebrarmos outras datas sinaladas, como o Día da Paz con "O conto de Marce". Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria contáronllelo aos pequenos e pequenas de Infantil, 1º e 2º ciclos de Primaria. E para celebrar o Entroido: "O Entroido" (Infantil), que foi contado por unha das súas profesoras co apoio de imaxes e música. Nestas dúas actividades servímonos das propias ilustracións dos libros de referencia. Nós, por tanto, só elaboramos o audiovisual incorporando música e efectos ás ilustracións.

49 IDEA 2007


A

CASTAÑA QUE REVENTOU DE RISA

50 IDEA 2007


Facer da biblioteca un recuncho acolledor

estamos atopando unha certa estabilidade no traballo da catalogación.

Acompañando todo este proceso de animación, sentimos, tamén, a necesidade de darlle un cambio ao aspecto físico á Biblioteca. Empezamos o ano pasado co cambio da porta e coa colocación de cortiza na zona destinada á animación. Compuxemos as mesas e buscamos facer recunchos operativos á vez que agradables.

A primeira tarefa foi a de facer un expurgo considerable, para librar á biblioteca dos volumes vellos, deteriorados, obsoletos e/ou inadecuados. Este foi un labor difícil, xa que cómpre ter moi claro cales son os criterios a seguir. Unha vez establecidos, levamos a cabo un primeiro expurgo; con el movemos librerías e libros a un pequeno recuncho onde colocamos os libros vellos ou inadecuados pero non suficientemente deteriorados como para os descatalogar. O resto dos libros quedaron na biblioteca, pendentes de colocación.

Este ano demos un paso máis coa incorporación de Chispa (en forma de acetato) á porta de acceso á Biblioteca e a colocación de tarima no resto do chan; a chegada de mobiliario novo e do mobiliario e equipos informáticos, mercados grazas á dotación do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ) e o mobiliario vello reformado polo noso conserxe para facer expositores para publicacións periódicas.

Comezamos coa catalogación e colocación dos fondos documentais que quedaron e que imos adquirindo. Para isto recorremos ao Proxecto Meiga, que nos proporciona unha gran axuda á hora de axilizar as tarefas de xestión bibliográfica: catalogación, empréstito e devolucións… pero tamén comprendemos a necesidade permanente de formación do equipo de apoio á biblioteca, xa que nos xorden moitas dúbidas; ás veces do propio programa, outras veces de situación de certos volumes ou, mesmo, da clasificación do nivel lector. Solucionámolos pouco e pouco; cada vez que damos un paso é un triunfo e anímanos a continuar, sabedores de que, a medida que vaiamos adquirindo experiencia, chegará un momento en que os problemas serán mínimos.

Educación documental Tratamos de contemplar a Educación Documental para alumnos, alumnas e profesorado. A realización de actividades de formación permiten un uso correcto de todos os recursos. É imprescindible que o alumnado adquira habilidades de busca; que saiban que e como buscar axudaralles a utilizar as ferramentas adecuadas para completar a súa formación.

Este paso máis levou consigo un novo cambio de equipos informáticos, mobles e libros, un completo proceso de remodelación dos espazos. E neste proceso, que tamén vai parello á catalogación, estamos na actualidade.

Neste senso, as actividades promovidas pola biblioteca deberán ensinar aos alumnos e alumnas a utilizar as obras literarias e divulgativas e a como acceder aos documentos. Cómpre que adquiran as habilidades e destrezas abondas para recoñeceren cando a información é necesaria, como localizala, avaliala, usala e comunicala de forma efectiva no momento que se requira.

Catalogación Despois duns primeiros atrancos e indecisións, dúbidas e problemas durante o pasado curso,

Para a catalogación seguimos a CDU. Elaboramos a gran tamaño unha "roseta" coas diferentes seccións, coas cores e números

51 IDEA 2007


correspondentes, que colocamos na parede, nun sitio visible por todos e todas.

Pretendemos chegar aos fogares e intentar transmitir a importancia de que as familias traballen cos seus fillos e fillas neste ámbito, así como contaxiar a nosa ilusión polo proxecto.

Conclusión Para que os alumnos vaian memorizando este sistema de ordenación, preparamos un xogo no que as pezas, cores, números e texto, están separadas e teñen que recompoñer.

Intentamos resumir o noso traballo nestas páxinas, sabendo que, a nosa non é unha experiencia nova; hai moitos centros que contan cun proxecto de animación á lectura e cunha catalogación consolidados ao longo de moitos anos de traballo (tal como o noso tiña). Pero quixemos compartir estas experiencias cos mestres e mestras doutros centros que, se cadra, están a piques de embarcarse na mesma aventura da renovación. Para nós é un proxecto ilusionante que aínda está empezando.

Bibliografía

O alumnado do terceiro ciclo colabora na organización da biblioteca, axudando á colocación dos libros, unha vez catalogados.

Artigo: "La nueva alfabetización: un reto para la educación del siglo XXI". Antonio Carpallo Bautista. http://www.cesdonbosco.com

Para o profesorado elaboráronse dúas guías: unha para iniciárense na catalogación e outra para levaren a cabo os empréstitos e as devolucións dos seus alumnos e alumnas.

Artigo: "Estrategias del deseo o trucos para leer". Emili Teixidor

Ao longo do curso pasado repartíronse catro boletíns informativos para as familias con recomendacións de lectura e exposición de novidades. E no presente curso estamos coa elaboración do terceiro.

http://www.cnice.mec.es

http://www.fundaciongsr.es

http://www.cibersociedad.net/

52 IDEA 2007


F

Frida Kalho 1907- 1954

Esta experiencia artística está enmarcada nun laborioso traballo dun seminario permanente Arte e educación, educar pola arte, levado a cabo durante o curso 2005-2006 no CEIP A Laxe de Valón (Ferrol), froito dunha actividade iniciada anteriormente por unha mestra. Neste Seminario traballamos entre outros a Frida Khalo, na cal nos imos centrar. A iniciativa do proxecto parte da idea de facermos unha actividade con tódolos nenos e nenas do Colexio, consistente en que cada cativo e cativa fixesen o seu autorretrato cunha pequena descrición de si mesmos. Unha vez estudada a proposta, decidimos que poderíamos facer unha exposición. Xurdiu entón a necesidade de formación por parte dos mestres, para abordar este tema da pintura e os pintores nas aulas, e decidimos poñernos mans á obra. Comezamos solicitando, pois, este seminario ó CFR de Ferrol. A partir de aquí elaboramos o material que íamos necesitar para o contexto no que nos atopabamos. Nós traballamos no colexio de educación infantil e primaria A Laxe situado en Valón (Ferrol), e que conta con 7 unidades, 2 de Educación Infantil e 5 de Educación Primaria, ó que asisten 70 alumnos do entorno, e formamos parte deste 13 mestres.

Elena Pérez e María Pérez, CEIP de Valón

Tendo en conta estes aspectos, tiñamos que elixir aos pintores e pintoras que íamos traballar para empezar a desenvolver actividades nas aulas. A primeira que escollemos foi Frida. A nosa elección baseámola en tres razóns importantes: 1. Por ser muller: a maioría de pintores famosos son homes, e consideramos que Frida é un fermoso exemplo de como unha muller pode prosperar no mundo da arte dominado polos homes. 2. Porque na súa obra hai moitísimos autorretratos, e non podemos esquecer que o punto de partida deste traballo, o tema que mais nos interesaba, eran os retratos. 3. Interésanos destacar que a pintura pode ser moi importante para algunhas persoas. Así, por exemplo, para Frida a pintura foi a súa terapia, porque nela reflectiu os seus problemas, sendo unha sorte de amiga imaxinaria que a liberaba da tristura. Dende o punto de vista educativo, interesounos moito desenvolver este aspecto na aula, valorando as producións artísticas propias e alleas; e, mediante a pintura, nós tamén nos puxemos a reflectir o noso estado de ánimo, as nosas ilusións, os nosos problemas ou frustracións. A partir de aquí presentamos á pintora Frida Kahlo, partindo dun fermoso conto cheo de ilustracións marabillosas, coa fin de achegar aos

53 IDEA 2007


nenos e nenas á vida e á obra desta pintora Mexicana. Cada mestra titora narrou a historia de Frida na súa aula e foi así como empezamos a meternos no traballo de distintos aspectos que quedan recollidos na seguinte proposta.

- Características diferenciais dos individuos: sexo, cor da pel, do pelo, altura etc. - Producións plásticas. Vocabulario plástico. - As obras de arte. - Medios de comunicación: Os xornais e a internet.

Procedementos: - Recoñecemento das características persoais propias e alleas. - Identificación e control progresivo dos sentimentos e emocións. - Interpretación de imaxes: cadros. - Percepción das obras de arte de Frida Khalo. - Busca de información sobre a vida e a obra de Frida en diferentes fontes e medios de comunicación.

Actitudes, valores e normas: Portada do conto

- Gusto pola expresión de vivencias a través de creacións plásticas.

Proposta didáctica de Frida Kalho Obxectivos xerais: - Posuír unha actitude de respecto ás características e calidades doutras persoas, sen actitudes de discriminación por razóns de sexo, raza, cultura, etc. - Comprender e valora-las obras artísticas de contornos non próximos, achegándonos a outro mundo cultural.

- Valoracións das obras de arte propias, alleas e colectivas. - Actitude positiva cara ó traballo cooperativo. - A partir destes aspectos mínimos desenvolvemos dúas programacións paralelas, concretando diversos aspectos. Unha delas fíxose para a etapa de Educación Infantil e outra para a etapa de Educación Primaria.

Metodoloxía: - Coñecer parte da obra de Frida Kahlo. - Coñecer parte da vida da pintora. - Realizar producións artísticas de forma cooperativa. - Confiar nas elaboracións artísticas propias, gozar coa súa realización e aprecia-la súa contribución á autoestima e ó goce e benestar persoal.

Contidos, feitos e conceptos: - O corpo. - Segmentos corporais: a cara.

Partimos das motivacións e intereses que xorden despois da lectura do conto atopadas como punto inicial nas conversas posteriores. A partir de aquí empezamos primeiro coa labor da busca de información, tanto a que se pode facer dende a escola nos xornais ou en internet, como a que nos facilitaron as familias do alumnado. Nas aulas fixemos un recanto da pintora onde recollemos a información acadada, expuxemos as nosas obras e seguimos o proceso de traballo previsto. Cando xa tivemos a información necesaria, pasamos a facer unha selección de toda a información recollida, escollendo uns puntos claros a tratar, en función das idades dos

54 IDEA 2007


nenos e nenas. En canto á vida da pintora, escollemos a data de nacemento e a da morte, aspectos significativos da súa infancia, como o accidente que sufriu de nena, con quen casou, se tivo ou non fillos... Estes datos axudáronnos a comprender o que a pintora representaba nas súas obras. Para o seu estudo centrámonos na observación e análise de diferentes tipos de obras da autora, así como na realización das nosas propias obras de arte, para o que analizamos os cambios de cor, de luz, formas e tipos de retratos, dando importancia ó estudio minucioso das partes da cara: ollos (cor, pupila, pestanas, cellas, nariz, boca, meixelas, orellas, etc.), coñecendo o que Frida facía nas súas obras. En definitiva, todo o que conforma a linguaxe artística experimentando e manipulando principalmente, a través de técnicas activas e lúdicas.

A maior parte dos traballos foron individuais, aínda que ocasionalmente se fixeron traballos do proxecto de forma cooperativa.

Actividades: As diferentes actividades realizadas leváronse a cabo en diferentes sesións ó longo do primeiro trimestre. Entre elas destacamos as seguintes: Debuxos propios loo da análise da obra de Frida

Exposicións da súa obra e vida

Panel de información

Saída a Santiago de Compostela para visita-la exposición

Recanto do pintor

55 IDEA 2007


porque non lle queda sitio. Pinte, señor Miró, pinte, que xa vai por bo camiño. ¿Pintaches, Don Miró? Pintei, abofé. Dime, ¿o que pintaches? Pintei o amencer. Pintei o amencer. Pintei o amencer. ¿Pintaches, Don Miró? Pintei, abofé. Visita á exposición de Frida.

Representación no Nadal da súa obra por alumnos de Educación Primaria

No muro do meu colexio iremos pintar un cadro se nos deixan un sitiño aínda que sexa nun lado. Co noso pincel artista, imos todos a pintar porque os muros da escola. Dosier da sua vida e obra

Canción do Entroido na etapa de Educación Infantil acompañada do disfrace de pintores/as.

A saia de Frida Khalo ten un lagarto pintado; cando Frida Khalo baila o lagarto dálle ó rabo. ¿Bailaches, Frida Khalo? Bailei, si señor. ¿Dime con quen bailaches? Bailei co meu amor Bailei co meu amor Bailei co meu amor ¿Bailaches, Frida Khalo? Bailei, si señor. O Picasso é un tolo Que pinta todo ó revés; empeza pola cabeza e remata polos pés. ¿Pintaches, Don Picasso? Pintei co pincel. Dime, ¿con quen pintaches? Pintei co meu pincel. Pintei co meu pincel Pintei co meu pincel. ¿Pintaches, Don Picasso? Pintei co meu pincel O señor Miró non pinta

Mural de Frida

Pintamos fotografías de Frida.

Técnica de pintar unha fotografía

56 IDEA 2007


Para a realización de todo este traballo contamos co apoio e a colaboración de todo o profesorado do centro, que se involucrou no proxecto, e, por suposto, co traballo da totalidade do alumnado, dos 3 ós 12 anos de idade. Ben é sabido a importancia das interaccións coa comunidade escolar, polo que neste proxecto implicamos ás familias, tanto na axuda e colaboración de pequenas investigacións, buscando información sobre determinados puntos, visitando cos seus fillos exposicións de pinturas, museos..., como visitando as exposicións e obras do colexio. Isto potenciou o interese, a experimentación, a utilización de diferentes recursos

, favorecendo a autonomía e a creatividade entre outras cousas. Entendemos que este traballo foi moi completo dende o punto de partida, de recollida de información e da observación da súa vida e da súa obra. A posta en práctica foi tamén moi rica e o punto final foi a guinda da proposta didáctica, que completou moi positivamente o traballo, que resultou ser a saída a Santiago, para ver na realidade a obra que xa coñecíamos a través das reproducións. Polo tanto, podemos afirmar que a avaliación foi moi positiva, os nenos e nenas traballaron moi a gusto, gozaron da arte desta pintora e de todo o que aprenderon dela.

Anexos Selección de cadros que estudamos. Froitos da terra, 1938.

Autorretrato, 1947.

As dúas Fridas, 1939.

A columna rota.

Rosita Morillo, 1944.

Autorretrato, 1948.

Catro habitantes de México, 1938. Raíces, 1943.

Pensando na morte, 1943. Autorretrato con trenza, 1941

Materiais e fontes. Libros. Frida. Ed. Alfaguara Infantil.

A revista El pais semanal, número 1466.

Frida Kahlo. Ed. Blume.

Internet (varias páxinas).

Frida Kahlo. Rauda Jamis. Ed. Círculo de Lectores.

Fontes utilizadas: Axenda sobre Frida (da cal se sacaron varias obras dela e ampliáronse).

Material de elaboración propia. Dossier para os alumnos e as alumnas sobre a súa obra e vida. Sección da Revista escolar valón.com. Nº 2.

57 IDEA 2007





A

A biblioteca escolar transmisora de valores Loly Lago, Conchi Cartelle, Inma Rodríguez, Xoán M. Vázquez. IES de Fene.

Ó comezo do curso 97-98 xorde a inquedanza, por parte do profesorado encargado da Biblioteca do IES de Fene (daquela IFP de Fene) "Biblioteca o Segrel do Penedo", de facer desta un lugar onde non só se proporcione apoio ó programa de ensinoaprendizaxe e se habitúe ao alumnado á utilización das Bibliotecas con finalidades recreativas, informativas e de educación permanente, fomentando a súa autonomía no proceso de aprendizaxe e incitando a súa curiosidade polo coñecemento, senón tamén como lugar interdisciplinar no que se desenvolvan os valores sociais e se potencie o traballo en equipo, entendendo no caso das bibliotecas escolares, non só o traballo asignado polo profesor da aula, senón actividades organizadas dende a propia Biblioteca. Entre os nosos obxectivos, está o de favorecer o cumprimento de tódolos obxectivos xerais da educación, e non só os académicos, en especial os relativos á transversalidade, á corrección das desigualdades de orixe do alumnado e o acceso á cultura. Neste sentido, é fundamental que se faga chegar a todos, mediante distintas iniciativas, o que sucede no mundo. É importante fomentar opinións e facer pensar sobre o que acontece na nosa sociedade. Deste modo os temas transversais do currículo están destinados a espertar unha conciencia e a promover entre o alumnado un conxunto de actitudes positivas e comportamentos respectuosos que faciliten a súa integración como membros activos dunha sociedade coherente. Ditas actitudes e comportamentos terán o seu reflexo na vida cotiá de xeito que a biblioteca convértese nunha ventá

aberta ó exterior. Se mediante estas iniciativas, tanto a través da palabra como da imaxe, nos paramos un momento a mirar o que ocorre ó noso arredor e a preguntarnos se hai algo que poidamos facer, terá merecido a pena.

Biblioteca "O Segrel do Penedo"

Así, coñecedores de que a educación é un proceso permanente no que a escola non só ten que impartir coñecementos senón que tamén ten que transmitir valores, -segundo o filósofo e ensaísta José Antonio Marina, "unha materia ensínaa un profesor ou unha profesora, sen embargo, é o centro, como institución, o que educa"- e convencidos do papel que a biblioteca escolar ten como lugar interdisciplinar, vimos organizando dende hai anos unha serie de actividades de desenvolvemento de valores sociais e humanos coa finalidade de contribuír a potenciar e a sensibilizar a tódolos membros da

61 IDEA 2007


nosa comunidade educativa sobre o gran valor pedagóxico do fomento da solidariedade, a tolerancia, a cooperación, a xustiza, a igualdade, a xenerosidade, a amabilidade... A participación dun amplo sector do profesorado nas actuacións a favor da convivencia, así como do alumnado e dos pais e nais, favorece a consecución de bos resultados. Somos conscientes de que non se nace violento. A violencia apréndese, e esta interiorización influirás máis tarde no incremento dos fenómenos de violencia adulta, delincuencia, racismo, xenofobia, violencia de xénero… Pero o mesmo que se aprende a violencia, tamén se pode procurar a aprendizaxe de actitudes positivas de resolución de conflitos. Polo tanto, os centros educativos poden e deben desempeñar un papel activo de provocar cambios no alumnado que afecten ao seu comportamento. Entre as propostas desenvolvidas dende a nosa biblioteca como medio, entre outros, de favorecer a convivencia e facilitar a integración escolar, están a potenciación das actividades complementarias e extraescolares así como as campañas de sensibilización de todos os membros da nosa comunidade educativa, campañas levadas a cabo a través de exposicións organizadas con motivo dalgún feito ou dalgunha data sinalada, nalgún caso, e para fomentar unha maior implicación, acompañadas de recollida de sinaturas con gran éxito por parte de profesorado e alumnado.

- Adquirir e consolidar nas aulas, hábitos e actitudes na resolución de problemas dunha forma dialogante e creativa, involucrándonos nos valores da paz, a xustiza, a solidariedade, a cooperación e a tolerancia. O fío condutor das exposicións que se realizan no centro constitúeo sempre algún tema con maiúsculas, que poda proporcionar, tanto a alumnado como a profesorado, argumentos para tratar algúns dos principais problemas dos tempos que nos tocan vivir. Polo xeral o tema selecciónase a partir dalgunha data conmemorativa a nivel internacional (Día da Paz, Día dos Dereitos Humanos, etc.), polo seu significado e a súa validez universal; ademais son asuntos suficientemente amplos como para podermos extraer deles un sen número de temas específicos máis axustados á realidade da nosa comunidade educativa. Así, recentemente, abordouse o tema da violencia, ou mellor dito da necesidade da "non violencia" como mecanismo para canalizar as relaciones humanas.

O presentar os temas das exposicións en relación cunha temática próxima ás vivencias e intereses do noso alumnado, presta ocasións ideais para amosarlles diversas manifestacións prácticas das actitudes e valores que tratamos de fomentar, entre os que cómpre sinalar: Radio Barullo

- Promover unha educación baseada na tolerancia, no respecto a outras persoas, especialmente daquelas que pertencen a grupos sociais máis marxinados, dentro da sociedade actual. - Invitar á práctica da tolerancia, coa finalidade de manter a paz, a xustiza, e o respecto ós dereitos humanos. - Preparar ao alumnado para vivir nunha sociedade cambiante e multicultural, cunha actitude de tolerancia e de receptividade para as culturas diferentes, de loita contra os tratos inhumanos e degradantes, e cun respecto ás persoas, sen distinción de sexo, idade, raza, lingua, relixión, opinión política, ou orixe nacional ou social. - Denunciar a visión dogmática e simplificadora dos fundamentalismos e integrismos de toda clase e apostar por un espírito crítico, pola convivencia, e pola tolerancia como a maneira máis axeitada de entendemento entre as persoas e as poboacións.

Estas exposicións constan de distintos elementos como un conxunto de paneis onde se emprazan algunhas imaxes significativas do tema que se quere tratar, acompañadas polo xeral dalgunha lenda explicativa; unha selección de libros, maioritariamente novelas, escollidas de entre as que temos na biblioteca do centro así como de entre as novidades do mercado editorial, onde se aborde o asunto central, procurando que haxa unha oferta suficientemente plural en canto aos enfoques a considerar. O anterior compleméntase con material audiovisual, dende cancións alusivas ao asunto a tratar, das que se elabora unha relación e se fan sonar algunhas delas dende a radio escolar durante os recreos, ata proxeccións de imaxes mediante un canón de vídeo que se dispón estratexicamente e se pon en marcha igualmente durante o tempo de lecer, e que pretende chamar a atención do

62 IDEA 2007


alumnado e atraelo a un medio, o audiovisual, posiblemente máis afín ás súas inquedanzas e aos tempos que corren.

poder actuar en consecuencia". Esta exposición foi organizada por Xosé A. Martínez García, profesor encargado nese curso da biblioteca do Politécnico de A Coruña.

Como complemento dos elementos expostos con anterioridade, tamén se editan dípticos e trípticos informativos sobre a temática en cuestión, así como guías de lectura, música e cine; recomendacións ás que poden ter fácil acceso, pois moitas delas forman parte dos fondos da nosa biblioteca. Tamén se recollen sinaturas en apoio dos valores que se queren transmitir e mesmo se pon a disposición da comunidade educativa algún distintivo sinxelo (un lazo por exemplo) que dalgún xeito amose o compromiso do portador coa causa en cuestión. En definitiva, trátase de sensibilizar á comunidade educativa con relación aos grandes asuntos do noso tempo, procurando un apoio para o labor docente do profesorado e un reforzo en valores para o alumnado, ao tempo que procuramos achegar a este o valor dos libros como portadores de información e plataformas para a reflexión, invitándoos a visitar a biblioteca do centro en tanto que é o lugar onde poden enriquecer o seu coñecemento e percepción, a propósito dos temas clave do mundo contemporáneo e da sociedade actual. Entre as exposicións organizadas destacan aquelas que intentan espertar o corazón do noso alumnado ben pola forza e a crueza das súas testemuñas como pola temática tratada. Para a súa presentación utilizamos xunto con testemuñas gráficas, testemuñas reais sobre experiencias persoais e experiencias de defensas non violentas en diversas situacións históricas. Estas exposicións van sempre acompañadas dunha serie de actividades, que o profesorado implicado, especialmente o da ESO, utiliza para traballar co seu alumnado nas aulas xunto coas suxestións de lectura, cine e música. Ao longo dos últimos anos traballamos sobre distintos temas con exposicións como:

"Unha xanela ao terceiro mundo" Partindo do libro "Sahel - El fin del camino" do fotógrafo Sebastião Salgado e prologado por Rosa Montero, presentamos en imaxes da época de fame que sufriu o Sahel. Unha exposición que en palabras de Rosa Montero é "...unha ventá desapiadada ao que xa sabemos pero nos empeñamos en ignorar. [...] As fotos de Salgado non van dirixidas á emoción, senón ao coñecemento. Hai que coñecer a realidade, por dura que esta sexa, para

Organizáronse distintas actividades para traballar co alumnado: - Elixir tres das fotografías de entre as expostas e buscar información sobre elas. - Argumentar o motivo da exposición. - Debuxar un mapa do continente africano e situar o Sahel. - Buscar información sobre a situación política, social e económica dos países do Sahel.

"Gandhi" No cincuentenario da morte de Mahatma Gandhi, o gran defensor dos dereitos humanos, organizamos unha exposición fotográfica sobre a súa vida, e un cinefórum sobre a película "Gandhi", de Sir Richard Attenborough. A posibilidade de utilizar o cine para o desenvolvemento e a potenciación de determinados valores, valores moi positivos para a sociedade en xeral e o individuo en particular, valores, no caso desta película, como a solidariedade, a xustiza, o respecto aos demais, a tolerancia, a non violencia, a solución pacífica de conflitos... é moi útil para formar ao noso alumnado en diferentes condutas e situacións problemáticas, de forma que sirva para a reflexión e o debate. Neste sentido, e sempre que organizamos un cinefórum diferenciamos unha serie de

63 IDEA 2007


pasos como son a presentación da película, o seu visionado e posteriormente a realización dunha serie de actividades como poden ser:

Exposición fotográfica de Diego Rodríguez Piñón sobre valores e dereitos humanos, composta por 27 fotografías que en palabras do seu propio autor "intenta achegar un feixe de valores universais á mocidade, partindo dunha pegada visual que quere facer reflexionar ao espectador sobre algunhas imaxes da vida cotiá, propoñendo e guiando a contemplación de todo aquilo que aparece ao seu redor, na rúa, onde xorden os principais valores". As fotografías mostran momentos da vida que transcorren en distintas rúas de diferentes países (China, Italia, Holanda, Francia, Grecia, Galiza, Alemaña...).

"A tolerancia e os dereitos humanos" - Actividades centradas no análise da película proposta en canto ao seu argumento, ás escenas clave, ao marco histórico no que se sitúa a acción, etc. - Actividades para identificar os valores que se reflicten na película. - Análise deses valores, contravalores e actitudes. - Transferencia das situacións referidas aos valores presentados na película a situacións reais e achegadas.

"Crónicas de rúa"

Tratamos de dar a entender a universalidade dos Dereitos Humanos, baseada nunha aspiración non menos universal: "que todo o mundo sexa tratado e respetado como persoa", o que implica a interiorización da conciencia de que "somos iguais somo diferentes". Para resaltar esta premisa, esta exposición reflectía a intolerancia do sexismo, a marxinación en certos colectivos, os mitos da inmigración, a escravitude das mulleres, a explotación infantil, as minorías étnicas e as diferenzas relixiosas e culturais.

Entre as actividades ( experiencias recollidas na páxina web dun colexio de Ensino Primario de Canarias). coas que traballamos destacamos: - Enquisas. Pasamos ó alumnado enquisas sobre o grao de tolerancia e racismo en cada un de nós, que logo comentamos en gran grupo.

64 IDEA 2007


- Xogos. O "Globingo", unha actividade pensada coa fin de vivir e demostrar, a partir dunha experiencia local, o carácter planetario do noso mundo. - O Xornal: Dividimos os dereitos humanos en categorías e colocámolos na cabeceira duns paneis. Cada día recortabamos, de diferentes xornais, algunha noticia relacionada coa violación dalgún destes dereitos, e colocabámola no panel correspondente.

"Unha flor para as mulleres de Kabul" No ano 1998 o Parlamento Europeo fixo un chamamento á comunidade internacional en apoio ás mulleres afgás. En cada capital europea, centos de organizacións sociais de mulleres, movementos feministas e colectividades políticas, realizaron diversos actos que nós apoiamos cunha exposición onde amosabamos a situación das mulleres afgás antes e despois da chegada dos talibáns, situación que era referendada por testemuñas reais feitas en primeira persoa por algunhas mulleres.

"A violencia de xénero” Concienciados da terrible lacra que a nosa sociedade está a sufrir, (no ano 2006 morreron en España, a mans dos seus homes ou parellas, 67 mulleres) organizamos unha exposición co obxectivo principal de amosar o rexeitamento da nosa comunidade educativa.

"As mulleres de Kabul" simbolizan a loita de todas as mulleres do mundo polos seus dereitos, a súa dignidade e a súa liberdade de elección.

"A explotación infantil" A Marcha Mundial contra a Explotación Infantil pretendía axuntar esforzos en todo o mundo coa fin de protexer e promover os dereitos de todos os nenos e nenas, e dende a nosa biblioteca quixemos amosar o noso apoio a través dunha exposición fotográfica onde amosábamos a situación de escravitude que están a sufrir millóns de nenos e nenas en todo o mundo. Dende o traballo infantil nas minas do Brasil, nas tenerías de Fez, na fabricación de tixolos en Colombia, nos vertedoiros de lixo... ata a explotación sexual á que son sometidos centos de nenos e nenas. O noso obxectivo era concienciar ao noso alumnado do problema, facelo reaccionar e que amosase o seu rexeitamento a accións tan execrables. *

Partindo dunha afirmación: "O mundo do cine, da música, da literatura.... di non a violencia de xénero" facíamos unha pregunta "¿E TI, QUE DIS?" que acompañamos cunha recollida de sinaturas en contra da violencia de xénero e amosamos a nosa solidariedade coas vítimas cun lazo prendido no peito. Así mesmo quixemos dar unha visión intercultural da situación que as mulleres están a sufrir vítimas dos fundamentalismos, da marxinación, en definitiva dunha situación de inferioridade polo simple feito de ter nacido muller. A exposición consistía nunha serie de documentos gráficos, xunto cunhas guías de lectura, música e cine que colocamos xunto a exposición e que estaban a disposición de quen as quixese coller. Asemade, expuxéronse todos os libros que tiñamos nos fondos da biblioteca sobre a temática da violencia de xénero. Cando algún grupo baixaba co profesorado a visitar a exposición e durante os períodos de lecer proxectabamos a curtametraxe "El club de las mujeres muertas" de Victor Manuel e algunha presentación informática, de elaboración propia ou cedidas por algúns compañeiros de outros centros (*).

Agradecemos as facilitadas por Gracia Santorum do IES Pintor Colmeiro de Silleda e MarinaEnpoba do IES de Arzua

65 IDEA 2007


O alumnado de 3ºe 4º de ESO e o de ESPA visionou a película "Te doy mis ojos", e posteriormente realizou unha serie de actividades centradas na análise do filme,vease en (*). Ademais, convocamos un concurso de relatos curtos sobre o tema pois, en palabras de José Antonio Marina "para fomentar a lectura -un dos obxectivos principais da nosa biblioteca escolar- debemos fomentar a escritura".

"A explotación infantil e a violencia entre iguais”

Dende o luns 25 de xaneiro, facéndoa coincidir coa celebración do Día da Paz, e tras a exposición sobre a violencia de xénero, organizamos unha segunda exposición baixo o mesmo lema "NON Á VIOLENCIA", pero nesta ocasión centrándoa na violencia e na explotación infantil, os nenos e nenas da guerra e o maltrato entre iguais. A formulación era a mesma, unha exposición fotográfica para ilustrar a temática tratada, guías de lectura, música e cine; exposición dos libros que sobre o tema temos nos fondos da biblioteca, así como a proxección dos vídeos "No és un joc" (elaborado por CCOO de Cataluña (**), sobre a explotación e o traballo infantil; "Bullying", sobre a violencia entre iguais; e o vídeo clip de David Bisbal "Soldado de Papel" sobre os nenos da guerra.

Asemade organizamos, para o alumnado de 1º e 2º de ESO un cinefórum sobre a película "El Bola", e para o de 3º e 4º un club de lectura sobre o libro "Eskoria" de Alfredo Gómez Cerdá. A nosa intención é afondar no tema da violencia entre iguais, organizar debates onde os rapaces e rapazas reflexionen e interioricen o negativo da violencia, pois se, como xa expuxemos anteriormente, a violencia se aprende, os centros educativos debemos proporcionar ao noso alumnado tódolos elementos posibles para facilitarlles a aprendizaxe de actitudes positivas.

Nas distintas exposicións que programamos, o que pretendemos é dar unha visión dos aspectos menos coñecidos ou máis singulares do personaxe, da obra ou do tema a tratar, e aqueloutros que fagan ao noso alumnado pensar, cuestionarse actitudes, implicarse, comprometerse... En definitiva, concienciárense dos problemas que ten a nosa sociedade e de como poden e deben actuar para facer desta un lugar mellor. Outro dos nosos obxectivos é o de inculcar no noso alumnado a preocupación pola defensa do medio ambiente e a conservación da natureza motivo polo que sempre conmemoramos certas datas como o día do medio ambiente e o día da árbore.

* http://www.edualter.org/material/ cineiddssrr /ojostext.htm) ** http://www.conc.es/noesunjoc/galego/ portada_gaego.htm,)

66 IDEA 2007


Amor e Manuel María, que se proxectou durante a citada plantación.

"Xornada de recollida de lixo” No mes de marzo, e durante os dous últimos cursos, xunto co grupo de medio ambiente organizado no instituto "Natúrate", decidimos "invitar amablemente" tanto ao profesorado como ao alumnado, a facer unha limpeza de todo o exterior do noso centro.

"Día do medio ambiente” O curso pasado celebramos o Día do Medio Ambiente o venres 23 de xuño pois na data oficial, o día 5, era bastante complicado facelo xa que os exames finais estaban moi preto e preferimos dedicar o último día do curso á citada conmemoración. Organizouse unha actividade entre o alumnado e o profesorado consistente no intercambio de pegatinas coas fotos das árbores e arbustos do noso centro coas que posteriormente cada un dos participantes elaborou o seu libro de "As Nosas Árbores". As fotos foron feitas polo alumnado de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2º de Bacharelato como parte dunha actividade da materia.

"Día da árbore”

Foron bastantes os grupos de alumnos e alumnas que participaron, e no momento de explicarlles a nosa intención a súa actitude foi moi positiva. Pensamos repetir a experiencia sempre que sexa necesario, esperamos que non moi a miúdo, o que indicaría que o traballo deu os seus froitos e todos aprendemos a respectar o noso entorno e a mantelo limpo. Outra iniciativa que se desenvolveu neste ano académico 2006/07 dentro do programa de dinamización da biblioteca, e ao mesmo tempo en relación co asunto das exposicións, foi a elaboración e reparto entre os alumnos do noso centro educativo duns boletíns de cara as vacacións de Nadal onde se lles ofrecían unhas suxestións de lectura de libros dispoñibles na nosa biblioteca e que nos parecen que tratan de forma clara e amena os diferentes temas que pretendemos achegarlles coas nosas exposicións. Elaboráronse dous modelos, un destinado ao alumnado de ESO e outro para os de Bacharelato e ESPA, con lecturas axeitadas para canda idade.

Cada mes Abril, celebramos o "Día da Árbore". Esta celebración consistiu, no curso pasado, na plantación dunhas árbores acompañada da lectura dunha escolma de poemas da natureza en galego, castelán, latín e grego coa que se editou un libro de poemas. Ademais deseñouse unha presentación cos textos, versións musicadas e as voces de Blanco

Nestes intres de escasa participación en actos culturais, de non asistencia a reunións, de deterioro do asociacionismo veciñal, pensamos que podemos contribuír a unha certa mellora, aportando ideas e proxectos desde o motor dinamizador do noso IES, a biblioteca. Intentaremos espallar as exposicións,

67 IDEA 2007


os nosos fondos de literatura, cine e música, por todo o concello, especialmente polos centros culturais das parroquias. Fene é un concello vivo, dinámico, participativo e creativo e nós non debemos estar á marxe, ao contrario, temos que participar na vida cultural municipal aportando proxectos, colaborando coas asociacións culturais e deportivas. Honestamente, algo teremos que ofrecer a estas entidades. Consideremos as nosas posibilidades, os nosos recursos humanos: profesorado e alumnado. E consideremos os recursos materiais e humanos das asociacións: locais e público. Só nos queda conxuntar todos estes elementos e seguro que o produto resulta máis que satisfactorio.

Para comezar esta andaina, estamos a deseñar unha montaxe para a celebración das Letras Galegas, de tal maneira que combinando as lecturas de textos poéticos, a música e a proxección de imaxes, involucrando a alumnos e profesores, poidamos realizar un circuíto de actos polas asociacións culturais de Fene: Limodre, Maniños, Barallobre, Magalofes, Sillobre, Perlío, Fene e San Valentín. A experiencia, certamente, ha ser moi interesante para o alumnado e para o propio centro. Este proxecto ha servir para que o noso IES sexa valorado como unha entidade útil e achegada aos cidadáns de Fene, entidade cuxa biblioteca escolar constituirá o centro da súa vida cultural da que o alumnado, o profesorado e toda a comunidade escolar serán os seus protagonistas principais. Até aquí mostramos os nosos obxectivos e algúns dos procedementos utilizados para tentar acadalos, pero unha imaxe fiel á realidade esixe tamén amosar as nosas limitacións. Velaí van: No momento actual temos unha importante limitación para o desenvolvemento coa normalidade requirida destas exposicións, posto que o noso centro está en obras; precisamente o extenso

corredor que precede fisicamente á biblioteca está sendo obxecto dunha total remodelación para adaptarse ás esixencias impostas pola segregación do antigo IES Centro Integrado de Fene en dous centros educativos. Polo tanto, e a falta doutro emprazamento máis axeitado, os paneis e o resto dos elementos que integran as exposicións sitúanse nun espazo bastante angosto do "Edificio A", que ás veces se nos fai pequeno, aínda que por outra parte é ben transitado e consideramos que constitúe unha boa solución provisional ate que o avance das obras nos permita levar as exposicións ao pé da biblioteca. Xa para rematar, contaremos que no noso esforzo por mellorar os servizos prestados á comunidade educativa dende o ámbito da biblioteca, e procurando responder na medida do posible ás disposicións sobre o modelo de biblioteca escolar recollidas no DOG do martes 30 de maio de 2006, durante este curso tamén comezou a funcionar, como novidade, unha comisión específica da biblioteca dentro do Consello Escolar do Centro, onde están representadas todas as instancias da comunidade educativa: alumnos, profesores e pais. Ademais tamén contamos coa presenza da bibliotecaria e arquiveira municipal de Fene; todo isto parécenos interesante comentalo porque a propia existencia da comisión da biblioteca implica outorgarlle unha entidade propia a este elemento indispensable de todo centro educativo; permítenos tamén recoller as suxestións dos distintos compoñentes da comunidade educativa e coñecer de primeira man as súas opinións acerca de aspectos que resultan de vital importancia para un óptimo aproveitamento da biblioteca escolar. Ademais podemos cumprir o vello anhelo de integrar tamén no noso proxecto á biblioteca municipal con vistas a coordinar esforzos e a optimizar o uso dos fondos bibliográficos existentes en ambas institucións. Estamos convencidos de que se ofertamos unha boa biblioteca, unha biblioteca viva e dinamizada, un bo centro de documentación con información variada, equilibrada, actualizada e en múltiples soportes veremos como medra o uso e a necesidade das bibliotecas escolares. Pero non queremos rematar este artigo sen amosar o noso recoñecemento a todos eses compañeiros e compañeiras que, traballando ás veces de xeito illado, pola apatía dos claustros e/ou a incomprensión das direccións, pero sempre recibindo o recoñecemento do alumnado, seguen a manter a ilusión e as ganas de traballar, por seren todos eles os que manteñen o facho das bibliotecas escolares en Galicia.

68 IDEA 2007


R

Roteiro xeolóxico Ferrol-Ortegal. Proposta didáctica

unha ponte entre a teoría e a realidade xeolóxica

Antecedentes Un dos obxectivos xerais das ciencias é achegar ó alumnado a realidade que nos rodea. O percorrido que propoñemos axudará a concretar na práctica os contidos teóricos desenvoltos en distintas disciplinas da Educación Secundaria Obrigatoria como Bioloxía e Xeoloxía en 3º e 4º, ou a Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias da Terra e do Medio Ambiente no Bacharelato. Propoñémosvos pois un percorrido pola costa dende Ferrol ata Ortegal no que poderemos "viaxar" a través dunha gran variedade de materiais que forman a nosa codia e que configuran as formas básicas da nosa paisaxe. Ó mesmo tempo poderemos observar distintos tipos de formacións xeomorfolóxicas como praias, cantís, lagoas litorais, fallas e pregamentos. Ademais, a través das distintas canteiras que hai na zona poderemos poñer de manifesto o uso que o home fai dos materiais que forman a codia, e como este uso ocasiona uns impactos paisaxísticos. Poderemos tamén dar unhas pinceladas sobre o xeito no cal poderiamos "minimizar" estes impactos para tratar de acadar un desenvolvemento sustentable. A gran variedade xeolóxica desta costa permítenos observar dende rochas magmáticas da familia dos granitos e gabros, ata rochas meta-

Lois Anxo Rodríguez Calvo IES Punta Candieira, Cedeira María del Carmen Leira Ambrós IES de Canido, Ferrol

mórficas como os xistos, gneis, granulitas, ecloxitas e anfibolitas. E dicir, nun percorrido de apenas 40 km podemos observar "in situ" unha gran variedade dos principais tipos de rochas que conforman o noso territorio e tratar de interpretar os procesos que as levaron á conformación actual da paisaxe. Especial relevancia ten neste caso o complexo de Cabo Ortegal, obxecto de estudio por parte de distintas universidades ó longo de moitos anos, no que hai poucas datas "descubríronse" as rochas mais antigas da península (máis de 1300 millóns de anos) o que fai redefinir as teorías ata agora coñecidas sobre a idade do noso planeta.

A xeoloxía de Galicia Antes de "lanzármonos" á aventura de coñecer "in situ" as rochas que conforman este territorio, cómpre facer unha breve análise da xeoloxía de Galicia, e entender esta xeoloxía no contexto da Tectónica de Placas. Os materiais rochosos que forman actualmente Galicia, macizo Hespérico ou Ibérico, corresponden en gran parte a restos da Cadea Hercínica que atravesaba a Europa central e occidental e se prolongaba cara a Norteamérica antes da apertura do océano Atlántico. Segundo a hipótese máis aceptada na actualidade, a formación da cordilleira ou cadea

69 IDEA 2007


Hercínica explícase, baseándonos na teoría da Tectónica de Placas, como un oróxeno de tipo Himalaiano ou de colisión. Segundo esta teoría, a formación da cordilleira produciuse polo impacto de dúas placas continentais entre as que existía un mar aberto (cunca sedimentaria). Ó norte, unha placa reunía territorios que hoxe corresponden á Europa setentrional e América do Norte; ó sur unha placa que comprendería o que hoxe é África e o norte de Europa (para algúns autores tratábase en realidade dun arquipélago de pequenas placas chamado Armórica).

Ó tempo, durante os esforzos compresivos da oroxenia Hercínica, os antigos fragmentos oceánicos do mar Medio Europeo, xunto a láminas da codia continental, trasladáronse cara ó continente dando lugar ós complexos alóctonos de Cabo Ortegal, Ordes (constituído por xistos formados a partires de sedimentos mariños), e a unidade de Malpica-Tui. Aparecen deste xeito peridotitas, anfibolitas, ecloxítas, serpentinitas e granulitas actualmente na superficie destes complexos, despois de formarse a profundidades de máis de 100 km na codia oceánica.

O mar aberto que existía entre ámbalas dúas placas desaparece por completo e parte da súa codia oceánica e restos de sedimentos transfórmanse mediante procesos metamórficos en rochas que hoxe atopamos na superficie de Galicia. Segundo isto, o complexo de Cabo Ortegal enténdese como unha esquirla alóctona situada sobre unha codia continental máis nova que foi empuxada non menos de 100 km cara arriba dende a zona da súa formación na parte inferior da codia oceánica.

Cara ó final da oroxenia hercínica, coincidindo con un importante incremento térmico, prodúcese a intrusión de corpos graníticos procedentes da fusión de materiais máis profundos. A medida que os granitos se consolidan, tamén son deformados polas forzas desatadas durante o choque das placas, presentando orientación nos seus minerais (granitos de dúas micas orientados).

Os potentes acúmulos de sedimentos cubriron os fondos daquel mar primitivo, mentres, debido ós grandes esforzos ocasionados polo desprazamento das placas, apareceron fendas nas que se produciu un violento vulcanismo. Millóns de toneladas de escouras, cinzas e lavas, mesturáronse cos sedimentos; estas emisións foron especialmente importantes ó longo dun estreito suco que se estendía entre o que hoxe é O Barqueiro (norte da provincia da Coruña) ata Viana do Bolo ó suroeste de Ourense. Esta mestura de sedimentos e lavas foi transformado metamorficamente durante a oroxenia Hercínica para dar lugar ó que hoxe coñecemos como Gneis glandular "Ollo de Sapo".

Na última fase prodúcese o ascenso e consolidación de magmas profundos que encaixan nas vellas rochas metamórficas e os granitos da primeira fase. A diferenza dos primeiros, estes non presentarán deformacións xa que o seu arrefriamento prodúcese despois dos últimos pregamentos, chamándoselles por isto "granitos tardihercínicos". Estes materiais da cadea hercínica erosiónanse durante millóns de anos producíndose acúmulos de materiais Terciarios como os das cuncas sedimentarias de As Pontes e Meirama, e Cuaternarios, materializados en forma de depósitos aluviais nas desembocaduras de ríos e praias maiormente.

Unidades litolóxicas de Galicia

70 IDEA 2007


A actividade plantexada desenvolverase en tres fases: - Traballo previo ou "de gabinete". - Traballo de campo: roteiro xeolóxico. - Traballo "a posteriori" na aula para a fixación dos contidos tratados.

Traballo previo na aula (2-3 sesións). Esta fase varía un pouco dependendo do nivel do que esteamos a falar, pero en xeral comprenderá: - Información sobre a Xeoloxía de Galicia no contexto da Tectónica de Placas (pódese formular como unha busca guiada de información na rede ou exposición en formato de presentación informática, con gráficos explicativos e fotografías). - Manexo de Mapas xeolóxicos da zoa (recoñecemento dos distintos tipos de rochas representadas nos mapas e outras estruturas como fallas e pregamentos que despois se poidan observar "in situ"). - Información sobre os axentes que modelaron a paisaxe da zona e procesos de erosión-transporte-sedimentación. Pódese facer fincapé na importancia do material orixinal e das fallas na configuración actual da paisaxe.

pretación da xeoloxía e xeomorfoloxía da zona. O traballo pódese propor por grupos, a cada grupo asignaráselle unha zona (a distribución dependerá do número de alumnos co que se traballe). A posta en común con toda a clase axudará a sacar conclusións e fixar os contidos tratados.

O roteiro. Recomendamos ó profesorado a visita da zona antes de realizala cos alumnos, para valorar o tempo e contidos que se tratarán en cada parada. É fundamental o manexo do mapa topográfico e mapa de estradas para a identificación das paradas.

Parada 1: Monteventoso. En Doniños colleremos dirección ó porto exterior, á dereita desviámonos cara a Monteventoso, realizando o último treito da subida a pé. Dende arriba temos unha boa perspectiva da lagoa de Doniños e das praias de Doniños e San Xurxo. Podemos falar de como os distintos materiais condicionan o relevo (saíntes en granitosmáis resistentes, e entrantes, praias e vales en esquistos máis alterables).

Traballo de campo: Roteiro xeolóxico (1 día completo). A temporalización da actividade abrangue un día completo, para o cal sería conveniente elixir un día a comezos de outono ou primavera pola maior cantidade de horas de luz. Panorámica dende Monteventoso

Durante a realización do roteiro o alumnado deberá realizar unha serie de actividades: - Rexistro no caderno de campo e no mapa dos puntos visitados e o tipo de rochas e formacións xeomorfolóxicas observadas.

Parada 2: Praia de Lobadiz. Despois do aparcadoiro e do piñeiral da praia de Doniños en dirección a San Xurxo deixamos o autobús e camiñamos uns 10 minutos cara á praia de Lobariz por unha pista de terra.

- Toma de mostras das rochas de cada zona. - Fotografías das rochas e das estruturas xeomorfolóxicas.

De volta na aula: Conclusións e fixación de contidos (2-3 sesións). Coa información recollida propónselles ós alumnos e alumnas que realicen unha presentación da inter-

Á esquerda da praia observamos unha serie sedimentaria con distintos episodios de sedimentación. Na praia, formada sobre rochas graníticas, apreciamos a actual plataforma de abrasión e as diáclases nos granitos. Na rocha fixámonos nos minerais que a forman e no proceso de erosión diferencial no que as micas (mais brandas) son arrancadas da rocha onde o mar bate nela (meteorización física). Nesta zona observamos

71 IDEA 2007


na parte esquerda da praia un leito "colgado" debido a procesos de ascenso do bloque do que forman parte estes materiais, e a rasa (antiga plataforma de abrasión mariña) debida á acción do mar sobre os materiais en tempos pretéritos.

excelente panorámica do complexo praia-lagoa da Frouxeira. Podemos explicar o proceso de formación das lagoas litorais e como a presenza do pórfiro granítico de Punta Frouxeira (materiais "duros") intervén na formación deste saínte.

Parada 3: Praia da Fragata (Covas) Á dereita da abandonada caseta de socorrismo baixamos cara á praia. Aquí, viramos cara á dereita e a poucos metros observamos distintos pregamentos nos xistos de Ordes, apréciase tamén o diaclasado na rocha. Voltamos ó comezo da baixada e camiñamos uns 20 metros pegados ó cantil ata que atopemos unha falla na que apreciamos brechas de falla con materiais triturados e fusionados de novo. Ó final da praia da Fragata atopamos un contacto entre os xistos de Ordes e unha anfibolita (rocha metamórfica básica). Isto pode aproveitarse para propoñerlle ós alumnos a elaboración dunha hipótese que explique como rochas de orixe tan distinto poden aparecer xuntas.

Panorámica do complexo praia-lagoa da Frouxeira.

A praia e val de Valdoviño formáronse sobre materiais mais brandos (xistos de Ordes). É interesante sinalar neste punto a importancia da lagoa como espazo ecolóxico protexido polo convenio RAMSAR de protección de humidais.

Parada 4: Punta frouxeira (Valdoviño). Parada 7: Canteira de Pantín. Collemos a estrada Ferrol-Valdoviño por Meirás e despois da rotonda de Meirás collemos á dereita cara ó faro de Punta Frouxeira. Deixamos o autobús no faro e camiñamos cara á dereita onde apreciamos os xistos de Ordes sometidos a procesos de haloclastia. Observamos tamén filóns de cuarzo resultantes de exsudados dos materiais durante os procesos metamórficos.

Aproximadamente a un quilómetro da parada anterior atopamos á dereita unha canteira abandonada de gneis. Os seus usos (áridos para a construción) son distintos ós gabros da canteira anterior, xa que estes son máis duros e son maís resistentes ó desgaste polo cal non serven para a rodada pero si para fabricar formigón.

Parada 8: Pantín con vistas a Vilarube. Parada 5: Canteira de Valdoviño. Continuamos en dirección a Cedeira e despois de pasar a vila de Valdoviño atopamos á dereita unha canteira de gabros. Aproveitamos para falar da súa orixe e usos (en aglomerados asfálticos xa que ó ser relativamente brandos non producen desgaste dos pneumáticos), e tamén do seu impacto paisaxístico. Obsérvase que na superficie presentan óxidos de ferro debido a que os minerais que os forman son ricos neste elemento.

Parada 6: Mirador do Paraño Continuamos pola estrada e a uns 500 metros da canteira atopamos un desvío cara á esquerda que indica "miradoiro do Paraño". Deixamos o autobús na estrada e baixamos a pé uns 300 metros ata chegar a un punto onde temos unha

A seguinte parada proposta é o miradoiro de Pantín con vistas a Vilarrube, situado fronte a "Casa Caneiro". Dende o miradoiro observamos o complexo esteiro-barra litoral-lagoa colmatada, explicamos a formación desta complexa estrutura. Podemos comparala coas outras lagoas litorais observadas (nun menor grao de evolución).

Parada 9: Porto de Cedeira Xa na vila de Cedeira atravesamos a ponte vella en dirección ó porto. Entramos nunha vía lastrada e a uns 200 metros atopamos unha pena sobre a que está situada unha imaxe dunha virxe. Nesta pena de granulita observamos os pregamentos e podemos reflexionar sobre a súa orixe. No final do porto apreciamos as pedras que forman o espigón (anfibolitas de Purrido).

72 IDEA 2007


Como punto intermedio da viaxe podemos facer un descanso dunha hora para xantar nesta vila.

xe en "pan de boroa". Paramos preto do repetidor de telefonía á dereita. Temos neste punto unha panorámica perfecta da vila de Santo André de Teixido, asentado sobre depósitos glaciares ou periglaciares que facilitan o desenvolvemento da agricultura nesta zona. Falaremos aquí tamén do proceso de serpentinización das peridotitas.

Parada 12: Filón de cuarzo.

Pregamentos en granulitas no porto de Cedeira.

Continuando camiño en dirección a Cariño, despois do punto quilométrico 3 atopamos un filón de cuarzo, nos arredores do filón, no ribazo da estrada, podemos observar zoas hidromorfas nas que se esta a formar turba. A uns 20 ou 30 cm de profundidade no solo, tamén observaremos depósitos de cuarzo en forma de xeodas con cristais de tamaño apreciable, a súa xénese ten relación co filón próximo.

Parada 10: Canteira de Purrido. Parada 13: Garita de herbeira. Dende a vila de Cedeira collemos cara a Punta Candieira e a uns 5 km. atopamos a canteira de anfibolitas de Purrido, da cal se extraeron os materiais cos que se construíu o espigón de Cedeira. Continuando a pé, a uns 400 metros atopamos, selado, o antigo vertedoiro de residuos de Cedeira.

Parada 11: Mirador de Uzal

Xa no alto, á esquerda do camiño atopamos a garita de Herbeira, nela están, para algúns, os cantís máis altos de Europa formados por serpentinitas. A altitude dos cantís débese ó basculamento do bloque sobre o que se atopan en dirección á ría de Ortigueira.

Parada 14: Canteira de “Dunita” Atopamos esta canteira en dirección á vila de Cariño. Trátase dunha explotación abandonada de peridotitas que se comercializaban co nome de "dunita". Utilizábanse nos altos fornos de Biscaia para a obtención de aceiro, dado o seu alto contido en minerais de ferro.

Parada 15: Punta dos aguillóns. Cabo Ortegal.

Paisaxe serpentínica.

Volvemos sobre os nosos pasos cara á vila, na rotonda tomamos o camiño de San Andrés de Teixido, avanzamos polo val de Chímparra formado por gneis (mais brandos cas rochas que os rodean, o que facilitou a apertura do val), e collemos a subida en dirección a Santo André; a 4 ou 5 km da subida apreciamos un cambio na paisaxe, aparece o karst serpentínico ou paisa-

Rematamos o noso percorrido na punta dos Aguillóns, no Cabo Ortegal. Os aguillóns, formados por ecloxitas, son máis resistentes cas rochas que os rodean. Na rocha apreciamos os granates de distintos tamaños. Podemos achegarnos desde aquí ó porto de Cariño que ten un espigón construído con este tipo de rochas. Recomendamos facer o retorno cara a Ferrol pola estrada Cariño-Mera, e dende aquí dirección a Ferrol.

73 IDEA 2007


Bibliografía:

- IGME. Mapa geológico de España: Hojas de Cariño, Cedeira y San Salvador de Serantes. Servicio de publicaciones Ministerio de Industria. - LEIRA AMBRÓS, M.J. E OUTROS. Introducción al conocimiento de las rocas y sus formas de alteración en el municipio de Ferrol. Concepción Arenal. Ciencias y humanidades nº28, 30. Junio 1995. - MACÍAS VÁZQUEZ, F. E OUTROS. A Capelada,

una alternativa para el uso y conservación de sus recursos naturales. Publicacións da Deputación Provincial da Coruña. 1983 .- MARTÍNEZ GRAÑA, ANTONIO MIGUEL. Formación e dinámica das rías galegas. Consellería de Pesca, marisqueo e acuicultura. Xunta de Galicia. 1994. - VILAS, FEDERICO E OUTROS. Guía de la Naturaleza de Galicia, tomo 1: Los procesos geológicos. Faro de Vigo. 1992.

74 IDEA 2007


A

A Musicoterapia

Instrumento comunicativo e rehabilitador

Resume. Os elementos dos que se ocupa a musicoterapia (concepción do suxeito, percepción, arte, expresión, etc.) precisan dun método que teña en conta o xeito no que estes obxectos se articulan, alén dun conxunto de estratexias que se poñen en xogo no proceso musicoterapéutico. É fundamental sinalar que a súa implantación e desenvolvemento foi crecendo a medida que coñeceu a solidez e eficacia do traballo musicoterapeútico.

Introdución. A música enriquece a vida, e por iso é necesario que nos rodee un ambiente musical rico e controlado en estímulos, posto que esta experiencia sensorial é o que nos vai proporcionar un desenvolvemento emocional, psicofisiolóxico e social equilibrado. O son e a música xogaron un papel determinante nos diferentes ritos da humanidade. Así, dende o comezo da Historia, en todas as culturas e civilizacións estivo sempre presente a música. Na antigüidade ningún rito tiña eficacia se non ía acompañado de cantos e sons. Xa desde antes do Imperio Romano, os curandeiros utilizaban a música como recurso terapéutico, e a partir do Renacemento comezaron estudos que demostraban os beneficiosos efectos do son nos procesos curativos.

Gemma Argüelles Botana, CFR de Ferrol.

A fins do século XIX, nos Estados Unidos, iniciáronse experiencias interdisciplinares en hospitais, utilizando a música como ferramenta terapéutica aínda que até pasada a Segunda Guerra Mundial non se pode falar de musicoterapia propiamente dita. Así empezou un traballo de investigación que culminou converténdose nun programa de formación universitaria en Musicoterapia.

Descrición e principios. Podemos agora concretar o que se entende por Musicoterapia. Así, segundo Rolando O. Benenzon (1976), "A Musicoterapia é unha técnica de comunicación que utiliza o son, a música e mais o movemento como obxectos intermediarios; estes elementos pre-verbais e non verbais permiten retrotraer a comunicación a estados moi regresivos, o que nos facultan para reelaborar unha aprendizaxe do paciente". Juliette Alvin (1993) di, respecto diso, que "a Musicoterapia é o uso dosificado da música no tratamento, a rehabilitación, a educación, reeducación e o adestramento de adultos e nenos que padecen trastornos físicos, mentais e emocionais". Para a Federación Mundial de Musicoterapia, esta técnica busca descubrir potenciais e restituír funcións do individuo para que alcance unha mellor organización interpersoal, e conse-

75 IDEA 2007


cuentemente, unha mellor calidade de vida, a través da prevención e rehabilitación nun tratamento. En musicoterapia non só se utiliza a música, senón tamén sons diversos, cunha serie de actividades variadas relacionadas coa súa produción: discriminación, asociación, realización de xogos sonoros, descrición sonora de instrumentos, voces, natureza, corpo humano, representación gráfica a través da cor, instrumentos electrónicos, representación corporal, etc. O movemento tamén é un elemento imprescindible, posto que a música é ritmo. Sendo unha das artes dinámicas, é inevitable que o movemento sexa o protagonista. A necesidade que sente o individuo de expresarse, de moverse constantemente, pode e debe aproveitarse para abrir canles de comunicación que dean lugar a un proceso de adestramento e de recuperación, chegando así a un desenvolvemento físico, emocional e mental equilibrado e integrado. No proceso musicoterapeútico, o que se procura é que o individuo poida expresarse e sexa capaz de crear libremente, e non a técnica nin a estética sonora dun instrumento, da voz ou do corpo. Activaranse asociacións de recordos, feitos, realidades e fantasías.

1. O establecemento ou restablecemento das relacións interpersonais. Refírese á propiedade que posúe a música de establecer relacións interpersonais desexables a través de actividades grupais. 2. O logro da autoestima mediante a autorrealización. Entendemos por autoestima a confianza e satisfacción que se atopan nun mesmo; é o respecto e a boa opinión acerca dun mesmo. A autorrealización e autosatisfacción que sente unha persoa ao conseguir unha meta proposta como pode ser cantar, tocar un instrumento, realizar unha danza correctamente sen ter que comparar ou competir, é unha das metas que todo musicoterapeuta ou profesor de Educación Especial debe perseguir. 3. O emprego do poder singular do ritmo para dotar de enerxía e organizar. O ritmo é orde, xa que ordena os sons no tempo. Sen el non existe periodicidade. Vivido dun xeito espontáneo e mediante exercicios corporais, cancións rítmicas e manexo instrumental, podemos conseguir que ese mesma orde pase a formar parte da experiencia do individuo, mellorando as deficiencias que puidese presentar.

Xustificación e aplicación.

Con todo, para que poidamos falar de Musicoterapia é necesaria a presenza de tres elementos fundamentais: o musicoterapeuta, a ou as persoas que vén ou son obxecto de terapia e o obxecto corporo-sonoro-musical. Para expoñer os principios básicos da Musicoterapia, seguiremos as indicacións por dous autores: E. Thayer Gaston e Rolando O. Benenzon (1997). Thayer exponnos tres principios fundamentais para a práctica musicoterapéutica:

Unha vez definida a musicoterapia, podemos agora xustificar o seu uso como ferramenta terapéutica, e para iso centrarémonos nas calidades que a música posúe en si mesma, entre as que podemos destacar as seguintes: - É un modo de expresión universal. Facilita a expresión en persoas que non manexan o código verbal ou que teñen dificultades de comunicación. - Como fenómeno acústico que é, a música estimula os sentidos facilita respostas fisiolóxicas. Actúa sobre o sistema nervioso, os tecidos musculares, pode modificar a respiración, etc. - Facilita a toma de contacto coas emocións e co inconsciente.

76 IDEA 2007


Permite sortear barreiras: a través do código musical pódese establecer unha relación de ti a ti. Trabállase desde o potencial de cada persoa, no canto de facelo desde a patoloxía ou dificultade. - A expresión musical é a expresión do non verbal, do inconsciente. A relación terapéutica establécese contactando con espazos íntimos e profundos da persoa, o cal favorece a creación de vínculos fortes (fundamental no traballo terapéutico). A música inflúe na nosa mente e no noso organismo mediante a creación de emocións. Calquera peza musical pode influír nas nosas exaltacións, xa sexa de xeito positivo ou negativo, e así o mesmo pode provocar relaxación, alegría, equilibrio psíquico, ca depresión, angustia, estrés ou ansiedade.

motrices, vocalizacións, etc. Outro aspecto que tivemos que ter en conta, á hora de suscitar as sesións, foi o de decidir se a música se utilizaría "en" terapia ou "como" terapia; e, posto que desde un principio se intentou influír no comportamento do neno e nas súas consecuencias, a elección foi o enfoque da música como terapia.

As principais modalidades expresivas en Musicoterapia son: a música, a verbalización, o movemento, a danza, o drama, a poesía e a arte. Os medios que a música nos proporciona son:

A utilización da musicoterapia ten unha ampla variedade de aplicacións que vai desde a súa presenza en diversidade de institucións -hospitais psiquiátricos, institucións penitenciarias, centros de orientación, centros educativos, xeriátricos...- ata os diferentes obxectivos e tratamentos como poden ser educacionais, de rehabilitación, psicoterapéuticos, preventivos, etc. Así mesmo, os diferentes tipos de individuos cos que pode ser aplicada van desde persoas con necesidades educativas especiais, con déficit intelectual, con problemas de aprendizaxe, con desordes do desenvolvemento da personalidade, con problemas de axuste social ou comportamental, con problemas neurolóxicos, lesións físicas, dor, enfermidades, deprivación emocional, desvantaxes sociais, ata drogadicción e problemas relacionados coa vellez. Na nosa experiencia con nenos psicóticos, partimos dunha musicoterapia activa, é dicir, a modalidade na que o alumno participa activamente, improvisando, con movemento, xogos

- O son, que se intenta orientar de acordo ao que o paciente requira. - O movemento, que é o medio que emprega o esquema corporal. - O corpo, é unha parte do todo que é o paciente; a través do seu propio corpo en movemento empézase a traballar, por exemplo a respiración. - Os instrumentos, que son as ferramentas que nos serven para acompañar as cancións, a creación ou improvisación musical, para manter a atención ou establecer vínculos de unión. Isto é importante sinalalo porque en función do aspecto que enfaticemos máis (vocal, instrumental, son corporal, improvisación etc.) o tratamento de musicoterapia vai ter un enfoque ou outro.

Sesións en musicoterapia Non é necesario ter coñecementos musicais para acceder a un tratamento musicoterapéutico. Para levar a cabo unha sesión de musicoterapia, cómpre comezar cun contacto exploratorio, no que se empeza a coñecer ao paciente, obsérvanse as súas dificultades ou patoloxías, á vez que as súas habilidades; é necesario tamén un desenvolvemento integrador, para estable-

77 IDEA 2007


cer a relación, desenvolver a comunicación, traballar as potencialidades; e, alén diso, unha comunicación e actualización para traballar maiores niveis de comunicación e relación, elevar o nivel de consciencia e confianza e liberar de certas dificultades asociadas á súa patoloxía.

coa "Historia Sonora" da persoa, que temos que descubrir a través dunha entrevista individual que nos permita coñecer gustos propios, dos seus familiares, das persoas vinculadas ao paciente, etc. Esta entrevista afianza o vínculo co musicoterapeuta e define moitos dos aspectos transferenciais que se van pór en xogo durante o tratamento. O profesional debe estar sempre disposto a usar a linguaxe sonora do paciente. En relación á temporalización, realízanse unha ou dúas sesións semanais, cunha duración aproximada de 50 minutos. O terapeuta debe contar, ademais, con 10 minutos adicionais entre as sesións para anotar datos e reflexións e revisar o traballo. As sesións poden ser individuais ou en grupo, en función das características específicas dos pacientes, pero nunca superando cinco compoñentes.

O seguinte é estruturar as sesións con : 1. Canción de benvida. Estrutura fixa coa que se introduce aos nenos no encadre musicoterapéutico. Contén espazos de improvisación individual nos que cada neno se expresa tal e como chega á sesión. 2. Improvisacións libres e actividades estruturadas. Coas que se desenvolverán os contidos do traballo musicoterapéutico. 3. Canción de despedida. Estrutura fixa que facilita a saída do encadre musicoterapéutico. Contén espazos individuais de improvisación para que cada neno poida despedirse tamén persoalmente. A importancia da canción débese, entre outros factores, a que a correcta emisión e a adecuada calidade da voz, é a dificultade máis común dos nenos psicóticos.

Logros obtidos a través da musicoterapia: Mediante a aplicación da musicoterapia, puidemos constatar que moitos pacientes melloraron considerablemente a súa deficiencia. A acción beneficiosa que a música exerceu neles, poderiamos concretala do seguinte xeito: - A música como medio de expresión e de comunicación favoreceu o desenvolvemento emocional, mellorou dun modo considerable as percepcións e a motricidade dos nenos, así como a súa afectividade.

As sesións lévanse a cabo nunha sala acondicionada para ese fin. Os instrumentos musicais, han de ser de fácil manexo e na súa maioría de percusión. Para traballar en musicoterapia é necesario un equipamento musical cunha variada gama de instrumentos que aporten diferentes timbres e sonoridades. As actividades son aproveitadas para establecer unha comunicación positiva co neno. Débese contar cun equipo de gravación, un reprodutor e diversos instrumentos. A posibilidade de escoitar a produción que xorde durante a sesión é importante. A elección do material sonoro que se utiliza, proporcionado polo paciente ou o musicoterapeuta, ten que ver

- Favoreceu a manifestación de tensións, problemas, inquietudes, medos, bloqueos..., actuando como alivio e diminuíndolles a ansiedade. - Ao tratarse dunha linguaxe específica, levou a un goce e satisfacción tanto no ámbito individual como grupal.

78 IDEA 2007


- Conseguiuse maior equilibrio psicofísico e emocional, e logrouse establecer unha comunicación a través da arte, sendo mesmo máis inmediata e profunda ca palabra.

Do mesmo xeito, os nenos máis difíciles, por exemplo, os psicóticos, responden ao estímulo musical máis que a calquera outro estímulo. Tendo en conta estes resultados, parécenos apropiado resaltar a importancia desta disciplina que, basicamente, é unha combinación de dous eixes como son a música e a terapia. Podemos considerala como unha ciencia e un proceso interpersoal que require da integración de moitos elementos artísticos e accesibles.

- As respostas psicofisiolóxicas rexistráronse en diferentes parámetros: encefalograma, reflexo psicogalvánico, ritmo cardíaco, amplitude respiratoria. - Os estímulos rítmicos estimularon o rendemento corporal, deducíndose teoricamente que producen un aumento do rego sanguíneo cerebral.

Bibliografía. Patxi del Campo (1997): La Música como Proceso. Ed. Amarú.

sLazarus R, Folkman S.(1986): Estrés y procesos cognitivos. Barcelona: Ed. Martínez Roca.

Bruscia, K (1997): Definiendo Musicoterapia. Ed. Amarú.

Fernández de Juan T.(1994): Acerca Investigaciones Musicoterapéuticas. Habana: Ed. Academia.

VVAA (1997): Sonido, comunicación y terapia. Ed. Amarú. Fridman, Ruth (1997): La música del niño por nacer. Ed. Amarú. Bradley LA, Prokop CK.(1982): Research methods in contemporary medical psychology. New York: Ed. Wiley, Valdés M, Flores T. (1990): Estrés y sistema inmunitario. En: Valdés M, Flores T. eds. Psicobiología del estrés. Barcelona: Ed. Martínez Roca, 1990:98-123. Victoria García-Viniegras CR.(1996): Curso sobre estrés y salud. Hospital Psiquiátrico de La Habana.

de La

Alvin J.(1994): Musicoterapia. Barcelona: Ed. Paidós. Benenzon R.(1985): Manual de Musicoterapia. Barcelona: Ed. Paidós. Loroso A, del Campo P.(1987): Biomúsica, Manual de Musicoterapia. Cuaderno Nº 6. Revista Integral Maragal (Barcelona) Ingenieros J.(1987): El lenguaje musical. Buenos Aires: Ed. Rosse. De Gordon A.(1988): Indicaciones terapéuticas de la música. Establecimiento Tipográfico. La Habana.

79 IDEA 2007





C

Como os vemos? Como son. Como nos ven? Como somos.

Proxecto Sócrates-Comenius.

Todo comezou cando, hai xa algún tempo, no IES de Ortigueira propuxémonos participar nun proxecto europeo Sócrates-Comenius, sen saber aínda moi ben de que se trataba e sen podermos imaxinar que todo derivaría nun traballo moi intenso, pero moi gratificante, que duraría tres anos e que rematou agora. Comezamos utilizando as TIC na busca de profesores doutros países interesados en traballar connosco. Foron os primeiros pasos para formar o equipo, establecer unha axeitada comunicación a través do correo electrónico e poñérmonos de acordo na temática a desenvolver. Finalmente, o tema escolleito foi o dos estereotipos europeos, xa que constatábamos o feito de que aínda existen multitude de tópicos sobre o resto dos europeos, que están moi afastados da realidade. Con este proxecto intentamos coñecernos mellor para superar eses tópicos que se foron forxando a través dos anos. Tamén coñeceríamos como nos ven os demais para mostrarlles despois como somos en realidade. Durante o primeiro ano 2003-04, traballamos sobre os estereotipos que temos dos nosos veciños. Os alumnos prepararon e realizaron unha serie de enquisas para descubrir cales eran eses tópicos. Así mesmo, cada equipo de profesores e alumnos dos diferentes países prepararon un traballo similar cuxos resultados se intercambiaron e escolléronse os clixés máis recorrentes que no noso caso foron: os

Elena de la Iglesia Barreras, IES de Ortigueira

touros, o sol, a paella e o flamenco ¡non había dúbida! O francés é un señor con boina que come queixo e bebe champaña, que vive preto da Torre Eiffel e que pensa: "son o mellor" O inglés toma o té ás cinco en punto mentres berra "Deus salve á Raíña" O italiano é un macho que está todo o día pelexándo, comendo pasta e pizza, e paseando en góndola Os romaneses son xitanos moi pobres que chupan o sangue, róubannos e viven nun país comunista que ninguén sabe situar no mapa" Ante estes resultados dispuxémonos a facer un traballo na procura dos "contratópicos" coa fin de amosar a realidade do noso país. Como produto final elaboramos un folleto de "tópicos e contratópicos" O segundo ano 2004-05 tivo unha dimensión máis rexional e denominámolo "como somos", Traballamos sobre a realidade da nosa Comunidade coa fin de amosar ós nosos veciños europeos o noso patrimonio natural, histórico e cultural, posto que nos demostraron que tiñan de nosoutros unha imaxe que non se correspondía coa realidade.

83 IDEA 2007


Como producto final, elaboramos unha presentación en computador na que os personaxes de D. Quixote e Sancho Panza percorrían Galicia mostrando a diversidade natural e cultural (homenaxe co motivo do IV Centenario)

Paralelamente a este traballo individual, para as postas en común, cada ano tiveron lugar dúas

Nesta presentación, quixemos facer ver como a cultura galega está moi afastada dos clixés de "España y olé". O flamenco está aquí substituído pola gaita e a cultura celta, o sol existe agochado na chuvia e a paella é, moitas veces, reemprazada polo caldo, o marisco ou o polbo.

reunións de Proxecto e intercambio de alumnos nalgúns dos países. Estes encontros reforzaron os lazos entre os cinco centros educativos participantes e permitiron dar un sentido á aprendizaxe de linguas estranxeiras. Todo este traballo recompilouse este último ano nunha revista que sintetiza o labor feito.

Os romaneses descubríronnos a riqueza artística e cultural do seu país, así como o cambio político para a democracia.

O resultado deste proxecto parécenos moi satisfactorio, tanto para os docentes coma para os alumnos.

Os ingleses presentáronnos outros aspectos menos coñecidos do seu país no que sae o sol e no que a familia real non é o único tema de preocupación. Os italianos fixéronnos ver unha Sardeña afastada da mafia, cunha gastronomía variada. Os franceses mostráronos que a súa riqueza monumental é inmensa e vai moito máis aló da Torre Eiffel. O terceiro ano 2005-2006, baixo o lema "ser adolescente en Europa", centrámonos na vida dos nosos alumnos e alumnas para mostrar como viven, como pensan, que lles preocupa ... para demostrar que, a pesar das diferenzas, somos iguais. Para isto preparamos unha enquisa cunha multitude de preguntas sobre a súa vida. Como produto final, presentámo-los resultados das enquisas nas que vemos os modos de vida dos rapaces dos diferentes países, dato que foron intercambiados nunha última xuntanza.

Esta tarefa de colaboración entre varios países serviu como ponte para coñecérmonos mellor, realizar intercambios e beneficiar a algúns alumnos e alumnas que non tiveran, até ese momento, a posibilidade de coñecer dunha maneira tan estreita a compañeiros doutros países e compartir con eles multitude de experiencias que nunca esquecerán, xa que ademais de permitir o coñecemento doutros países e culturas, fomenta outros valores como é o respectopolo diferente ó mesmo tempo que nos permitiu dar a coñecer o noso contorno máis aló das nosas fronteiras.

84 IDEA 2007


A

Abrindo portas: Facendo o descoñecido e estrano, coñecido e familiar

Proxecto Europeo Grundtvig 2

Durante o curso académico 2006-07, a Escola Oficial de Idiomas de Ferrol participa nun proxecto Grundtvig 2. É a primeira vez que a escola se enrola nun programa europeo Sócrates deste tipo, xa que polas súas características como centro público de educación de adultos, baseado na aprendizaxe de idiomas, foi realmente difícil ata agora atopar outros centros semellantes en Europa cos que compartir as nosas experiencias. Cando por fin e, grazas á axuda do CFR de Ferrol, soubemos do Grundtvig 2, un programa no que as escolas si estamos reflectidas, levamos unha alegría. Foi entón cando nós, as autoras deste artigo, apoiadas por todo o centro, comezamos a nosa andaina como coordinadoras dun proxecto que chamariamos máis adiante Abrindo Portas...

Como empezou todo En liñas xerais, un programa Grundtvig 2 ten como obxectivo principal colaborar con centros doutros países europeos (os socios no proxecto teñen que ser un mínimo de tres) cos que traballar conxuntamente promocionando unha cidadanía activa e contribuíndo á educación de adultos baixo unha temática social. Unha vez que tivemos claro en que consistía, as tarefas máis importantes eran a busca de socios, e o deseño dun programa que puidera interesar a un bo número de institucións.

Ana Isabel Fernández Suárez, Marta Ferreiro Veiga. Escola Oficial de Idiomas de Ferrol

Co obxectivo de buscar socios que se unisen ao noso proxecto, asistimos a un seminario de contacto en Praga, en novembro do 2005. Alí, coñecemos representantes doutros centros europeos de características moi diversas: universidades, prisións, escolas privadas, escolas de educación de adultos, ONGs, museos, institucións sociais creadas sen ánimo de lucro, escolas de arte, etc. Aínda que este seminario resultou moi produtivo, vimos por primeira vez as dificultades que teriamos como EOI, xa que non existe en Europa ningún centro que se aproxime ao noso como escola pública de idiomas para adultos. Nun programa Grundtvig 2, porén, non é necesario formar unha asociación entre centros moi similares, senón que, polo contrario, canto máis dispares sexamos, moito máis enriquecedor será ver como unha temática social se traballa desde puntos de vista e centros completamente diferentes entre si e máis oportunidades teremos de ser aprobados pola Comisión Europea como asociación. O segundo problema co que nos atopamos foi o deseño dun programa. Xa que o noso obxectivo era optar pola coordinación do proxecto, queriamos levar a Praga unha idea moi clara do que queriamos facer, adaptada a centros de idiomas. Unha vez alí, e despois de expoñer a nosa idea, vimos que fora un erro pola nosa parte. É bo levar unha idea do que se quere facer durante dous ou tres anos con outros países, mais debe ser unha idea ben aberta e dispoñible a cambios, e non demasiado axustada

85 IDEA 2007


ás necesidades do propio centro. No noso caso, estivemos de acordo coa representante dun centro alemán, para adaptar o programa ás características de ambos os centros, e xuntas deseñamos Abrindo portas: facendo o descoñecido e estraño, coñecido e familiar. Con Abrindo Portas pretendemos levar a cabo un proxecto coa temática social da migración nun sentido moi amplo. Centrarémonos en refuxiados, emigrantes retornados, inmigrantes, emigrantes, cidadáns que viven nas nosas cidades sen documentación legal. Debe ser amplo para así reflectir a realidade dos países de todos os socios. Cremos que é moi interesante traballar neste tema, non só pola súa repercusión social, senón tamén cultural e lingüística.

Nacional. O único que pretendíamos era dalo a coñecer na EOI e tratar que os estudantes amosasen curiosidade sobre o que nós estabamos a facer. Algunhas destas actividades foron... Un concurso onde cada semana se daba unha cuestión sobre coñecemento de Europa. Os alumnos participaban voluntariamente e houbo un gañador ao final do ano académico. Creamos o Recanto de Europa, onde expoñiamos novas sobre Europa, e as últimas novas sobre o proxecto Invitamos a Irfan Guler, do Kurdistán turco, que nos falou, durante a semana cultural na EOI, da súa experiencia como emigrante en Galicia e da súa vida no Kurdistán.

Aínda que o Volkschoschule de Munich e a EOI de Ferrol fomos os que elaboramos o programa, necesitabamos buscar máis socios que se unisen a nós para ser o mínimo de tres que se require na solicitude dun Grundtvig 2. A EOI xa tiña feitos algúns contactos por Internet (www.partbase.programkontoret.se) con outro centro da Romanía e Turquía e, no mesmo seminario de Praga, tamén fixemos algún contacto, pois alí coñecemos xente de Chipre e Suecia que nos facilitaron direccións de centros dos seus respectivos países que estaban interesados na experiencia. Formando xa un grupo de seis socios, empezamos a traballar xuntos vía internet para elaborarmos a solicitude que tiñamos que presentar antes do 1 de marzo 2006. Esta tarefa resultou un pouco complicada porque non estabamos xuntos "presencialmente" e moitas veces nos atopabamos con puntos de discusión que non se puideron traballar como a nós nos gustaría. Non eran cuestións que fosen relevantes para a solicitude e, polo tanto, deixamos que eses temas fosen tratados nunha reunión, unha visita de proxecto en setembro en Ferrol, onde si estariamos todos xuntos por primeira vez.

Invitamos a unha bailarina de danza do ventre, xa que era unha actividade moi rechamante para os estudantes que os achegaría a unha cultura diferente, etc.

Logo de presentar a solicitude, e mentres non soubemos se eramos aceptados ou non, decidimos facer publicidade do proxecto na escola. Así, no caso de sermos admitidos como coordinadores, os estudantes xa saberían del e teríamos moito camiño andado. As actividades que propuxemos eran moi sinxelas e moi abertas, sen dar tampouco demasiada información sobre o proxecto, pois non queríamos adiantar algo que ao mellor era rexeitado pola Axencia

86 IDEA 2007


Por fin, e despois de estar esperando polas novas da nosa Axencia Nacional desde marzo, comunicáronnos en xullo que a EOI de Ferrol estaba admitida como coordinadora do proxecto. Pouco a pouco, os seis centros que formabamos o grupo, tivemos a contestación que estivéramos esperando durante cinco meses. Afortunadamente, Turquía, Suecia e a EOI de Ferrol fomos aceptados, mais Romanía, Chipre e Alemaña non tiveron tanta sorte.

A visita de proxecto O noso primeiro encontro como asociación de aprendizaxe Opening Doors celebrouse en Ferrol en setembro do 2006. Acollemos esta primeira visita por sermos os coordinadores do proxecto. Foi unha reunión que sabíamos que ía ser decisiva para o devir do proxecto. Unha das razóns da súa importancia era que supuña a primeira vez que os socios nos viamos cara a cara para podermos falar das nosas expectativas e ideas. Debido a que toda a comunicación que tivéramos se levara a cabo por medio de correo electrónico, había detalles importantes, como a temporalización exacta das actividades, entre outros, que conviña comentar na reunión. Por outra parte, o que primaba nesta primeira visita de proxecto era crear unha identidade de grupo. Opening Doors fora deseñado inicialmente como unha asociación de seis centros de moi diversas características (unha ONG, escola de arte, de formación profesional, etc.) e isto implicaba redefinir os obxectivos prioritarios, agora que eramos tres socios, e tendo en conta as características dos centros que conformaban a nosa nova asociación. Por outra parte, xunto coa reformulación dos obxectivos, queríamos crear un ambiente de traballo motivador e agradable para que xa dende o comezo se facilitase a comunicación e a cooperación en grupo.

Na visita, procuramos que se alternasen as sesións de traballo na EOI con actividades de lecer máis relaxadas, como unha excursión que programamos pola ría de Ferrol e na que participou unha boa parte do claustro da EOI. Estas actividades foron moi útiles posto que permitiron que puidésemos compartir e relacionarnos a un nivel máis persoal e achegado. Durante a visita de proxecto tamén se produciu a recepción no concello de Ferrol, na que o edil de educación, D. José Manuel Vilariño, deu a benvida ós nosos socios de Suecia e Turquía. Con esta recepción tivemos tamén a oportunidade de presentarmos o proxecto á comunidade local e dala a coñecer na prensa da cidade.

Nas sesións de traballo cubrimos os puntos que se estableceran nas ordes de día e a postas en común foron moi eficaces. Puidemos concretar entre outras cousas que papel ía xogar cada centro, e especificar as diferentes fases que tería o proxecto. Unha vez finalizada a visita, todos tiñamos clara a temporalización das actividades, e tiñamos ben definida a nosa forma de traballar durante a vida do proxecto Opening Doors. En conclusión, esta primeira visita cubriu as expectativas que tiñamos. Descubrimos que os tres socios tiñamos semellantes intereses, e houbo unha disposición moi positiva por parte de todos.

O proxecto na EOI Unha vez celebrada a visita de proxecto dispuxémonos a preparar a súa implementación na escola. Durante este primeiro ano queremos que os alumnos dos tres centros dean a coñecer, por unha banda, a súa localidade e centro de

87 IDEA 2007


ensino; e por outra, que sexan portadores de información sobre a migración nun sentido amplo e como se vive nas súas cidades. Para iso, celebraranse charlas e entrevistas nos centros, nas que se convidarán alumnos que experimentasen nalgún momento esta situación. Os alumnos das escolas serán os encargados de informar e ser testemuña destas historias que doutro xeito ó mellor non se coñecerían. Estas experiencias quedarán recollidas no Diario do Inmigrante.

cabo no segundo ano actividades cun fin máis práctico. Unha das nosas preocupacións principais era que fose un proxecto que se mantivese vivo dentro da escola, e polo tanto que chegase ó maior número de alumnos posible. Para garantir isto, procuramos que o proxecto estivese presente en tres ámbitos dentro da escola: " Nas aulas e en cada departamento de idiomas: visualización de documentos audiovisuais relacionados co tema, debates, cartas, redaccións, lectura de textos entregados polos nosos socios, etc. " Un grupo de voluntarios. " Actividades que implican a toda a escola: charlas e obradoiros sobre a temática do proxecto.

Así mesmo, os alumnos foron convidados a participar nun concurso de fotografía co que agardamos poder obter un banco de imaxes xenuíno que se recollerán nunha publicación a finais de curso. Todas estas actividades van encamiñadas a que se produza unha toma de contacto entre os centros socios, empregando material auténtico, e introducindo deste xeito unha temática social relevante no contexto da aprendizaxe de linguas.

Agardamos que o traballo resultante permita unha certa reflexión ao respecto da inmigración e como se vive en tres localidades ben diferentes e con realidades sociais tamén moi diversas. Supón un paso necesario para poder levar a

Hoxe, atopámonos nunha etapa inicial, na que aínda estamos comezando a confeccionar o material; o mesmo acontece en Suecia e en Turquía, mais agardamos que nunhas semanas xa se empecen a ver resultados visibles e materiais da nosa cooperación transnacional. Todo o que se elabore estará exposto no noso Club Social, que é o espazo físico de Opening Doors na EOI. Por outra banda, enviaremos as nosas experiencias -gravadas, escritas, etc.- ós nosos socios para compartilas. A pesar de ser moi cedo aínda, o feito de introducir o proxecto nas aulas está dando xa os seus froitos. Hai moito interese por parte do noso alumnado, que está tomando un papel bastante activo, achegando ideas e intentando pescudar qué pode facer. A estas alturas do proxecto temos a sorte de poder contar cun grupo de alumnos que está disposto a participar de forma voluntaria en actividades que son máis complexas para levar á aula como é a recollida de información, elaboración de enquisas, axuda na montaxe e preparación de actividades e achega de ideas. Tamén hai que subliñar que o proxecto se está enriquecendo moito coas ideas e iniciativas do profesorado da EOI. Con todo isto, estamos convencidos de que o noso labor docente e a escola no seu conxunto, se vai beneficiar deste achegamento a Europa e do vínculo que iniciamos cos nosos centros socios, e que esperamos que sexa duradeiro.

88 IDEA 2007


P

Proxecto para dúas aulas bilingües de primaria, no colexio Unión Mugardesa

Os comezos No CEIP Unión Mugardesa, no curso escolar 92-93, comezamos a impartir no Ciclo Medio unha hora semanal de francés como segunda lingua estranxeira. Esta innovación curricular foi en todo momento avalada pola comunidade educativa e mais a inspección, así como tamén lle foi comunicado á Subdirección Xeral de Innovación Educativa da Consellería de Educación.

Nieves Freire Piñón

meiro curso de educación infantil até sexto curso de primaria, cunha sesión semanal dunha hora en cada un deles. Así continuamos até o curso 2002-03 cando, seguindo o modelo das seccións bilingües de secundaria, optamos por impartir a plástica en francés, o que nos permitía, por unha banda, unha ampliación de horario e, pola outra, ofrecerlle ao alumnado un novo marco de aprendizaxe: a comunicación nunha lingua estranxeira a través dunha área non lingüística do seu currículo escolar. Finalmente, esta andaina tivo que rematar no curso 2003-2004 por mor da supresión dunha praza no colexio e terme que facer cargo eu dunha titoría ademais da dirección do centro. Tanto a APA, como o Consello Escolar e mais o Claustro de profesores fixeron unha petición formal á Delegación co fin de que se prestasen os apoios e as axudas necesarias para a súa continuidade mais ningunha destas demandas foi contestada.

A experiencia foise ampliando ao resto do alumnado até que no curso 98-99 tiven a posibilidade de implantalo en todos os ciclos e niveis, dende o pri-

Ó xurdir, por parte da administración educativa, unha convocatoria oficial a través da cal teríamos a oportunidade de retomar o proxecto non dubidamos en solicitala. Así que este curso contamos cunha aula bilingüe de plástica en francés, en 2º curso de primaria, da que participan 18 nenos e nenas; e outra en 3º de primaria con 14 nenos e nenas.

89 IDEA 2007


En qué consiste unha aula bilingue Unha aula bilingüe consiste en impartir unha área non lingüística do currículo escolar utilizando como instrumento de comunicación a lingua materna e unha lingua estranxeira . En definitiva, a finalidade dunha aula bilingüe é fomentar o plurilingüismo e mais a diversidade lingüística a través do uso instrumental dunha lingua estranxeira para a aprendizaxe doutra materia.

Metodoloxía O noso traballo de aula responde a un enfoque globalizador e construtivista das aprendizaxes, onde o alumnado participa activamente seleccionando, escollendo, dando razóns, tomando decisións, avaliando, etc.

- A lingua francesa como vehículo de comunicación para: establecer as rutinas diarias, dar ordes sinxelas, nomear os instrumentos de traballo, saudar e despedírmonos, explicar procedementos sinxelos e contidos concretos. - A lingua galega para dar e contrastar información complexa, para dar razóns e opinións e para avaliarnos, fundamentalmente. A comprensión oral e a interacción constitúen, polo tanto, o bloque de traballo máis relevante á hora de programar as tarefas, pasando a expresión escrita, no caso da lingua estranxeira, a ocupar un lugar secundario. A produción oral na lingua estranxeira, por parte do alumnado abrangue: - Accións: saudar, despedirse, facer peticións empregando frases feitas, nomear obxectos de uso cotián na aula. - Vocabulario, que provén das actividades plásticas levadas a cabo: roupas, calzado, partes do corpo e algúns elementos da paisaxe das obras impresionistas que se traballaron (flores, campo, carreiro…).

Partimos do traballo por tarefas, que ademais nos facilita unha mellor atención á diversidade e nos permite establecer distintos tipos de agrupamentos e niveis de adquisición de coñecementos. O traballo en valores forma tamén parte do noso "saber ser e estar", e está presente en todas as actividades que se xeran na aula: atención á discriminación en razón do xénero, fomento de actitudes de respecto ás persoas, así como tamén da obriga no cumprimento de deberes que como persoa e cidadán nos corresponden, etc. En canto ao papel que ocupan as linguas nesta, aparentemente complexa, mestura de áreas diremos que empregamos:

En canto á comprensión oral do alumnado : - Explicacións e informacións sinxelas e contextualizadas, que lles dou en francés con apoio xestual. Exemplo: explicación sobre unha técnica concreta; sobre a secuencia de traballo a seguir, etc.

90 IDEA 2007


- Valoracións do traballo que están a desenvolver. -Accións que compoñen as rutinas diarias dunha xornada: saúdos, despedidas, ordes sinxelas etc. Polo que respecta á área de plástica, os contidos (feitos e conceptos, procedementos e actitudes) prescritivos da área e do ciclo, constitúen o corpus que dá forma a esta maneira de aprender. Así que a partires destes construímos e planificamos as aprendizaxe: o saber, o saber facer e mais o saber ser e estar coa fin de que os alumnos e alumnas acaden os obxectivos da área. En definitiva, podemos dicir que son os tres tipos de contidos os que nos proporcionan o contexto que, xunto coas áreas lingüísticas, van permitir que o alumnado, inmerso nunha lingua estranxeira e co apoio da súa lingua materna "aprenda a facer cousas coa linguaxe".

Tamén a aula de informática e o profesor Xosé Antonio foron outra fonte de recursos; coa axuda deste navegamos pola rede e fixemos unha investigación sobre a historia do vestido para recreármonos finalmente vestindo a "A nena da regadeira" de Renoir, ao xeito do século XXI. As tarefas que fixemos non foron moitas, dado que levamos soamente un trimestre de traballo. A tarefa principal xirou arredor da descuberta do museo D´Orsay e do mundo impresionista francés, o que nos levou a tentar aprender e experimentar diversas técnicas pictóricas: - Fixemos o noso autorretrato e mais o retrato dos nosos compañeiros. - Recreamos un cadro puntillista con témperas. - Fixemos unha colaxe do cadro "A nena da regadeira", escaneando a súa cara e elaborando a paisaxe na que está inmersa, empregando a técnica da témpera. E, finalmente, vestímola con teas e diversos obxectos seguindo a moda actual.

Recursos e actividades Con respecto aos recursos, atopamos no Centro de Formación e Recursos do noso ámbito un traballo multimedia: "Visita ao Museo D´Orsay, coordinado pola profesora Elvira Bravo que nos serviu como punto de partida de todo o traballo levado a cabo até o momento. Con este material fixemos un percorrido virtual pola pintura impresionista francesa e mesmo fomos quen de convertérmonos en pintores (realizamos autorretratos, colaxes, reproducións de cadros impresionistas; e descubrimos a Toulouse Lautrec, Matisse e a Renoir, entre outros).

Conclusións Dada a relevancia do proxecto, sería desexábel que a Administración Educativa revisase os criterios de concesión de aulas bilingües, sobre todo no que fai referencia ao número mínimo de alumnado, en favor doutros criterios que favorezan que todos os alumnos e alumnas do centro teñan acceso a elas (sen esquecer en ningún momento que a optatividade de participar nunha aula bilingüe é potestade dos pais e nais),

91 IDEA 2007


así como dotar de recursos a aqueles centros que contan con profesorado cuxo perfil lle permite desempeñar este traballo. Finalmente, dicir que as experiencias de aulas bilingües son unha fonte de riqueza para apoiar unha aprendizaxe global, multidisciplinar e pluricultural e, dende este artigo, animo a todos aqueles compañeiros e compañeiras que posuíndo a competencia necesaria en idiomas estranxeiros non deixe pasar a oportunidade de crear no seu centro unha aula bilingüe.

92 IDEA 2007


P

Por que Limerick?

Hai uns anos tiven a oportunidade de viaxar a Limerick para realizar un curso de inglés na súa universidade. Por casualidade, nunha noite de aburrimento, ollando o Teletexto da TVG (www.crtvg.es), vin que a Xunta (www.edu.xunta.es) ofertaba prazas a profesores para realizar un curso durante o mes de Xullo. Apunteime e tiven a sorte de ser seleccionado para asistir.

Podo dicir que o meu traballo de profesor de inglés cambiou de moitos xeitos. Tiven a oportunidade de aprender máis e mellor o inglés e, ao mesmo tempo, puiden descubrir, axudado polos profesores do "UL Language Centre", un país moi parecido ao noso, cunha mentalidade similar, dúas linguas, o inglés e mais o irlandés -que, por certo, na actualidade está considerado como lingua oficial pola comunidade europea e non así o galego-, unha cultura que compartimos

José Facundo Pereira Ameneiro. IES Saturnino Montojo. Ferrol.

desde o tempo dos celtas, unha música moi semellante á música folk galega, e unha paisaxe fermosísima que dá marco a todo isto.

A miña fluidez na lingua inglesa mellorou moito. Irlanda é un país onde a xente se relaciona cos estranxeiros, ó menos é o que comprobei en Limerick; a xente saúda nas rúas e claro, a moitos parécenos estraño xa que non estamos feitos a esta norma de educación que creo lembrar era normal en Galicia cando eu era pequeno. Outro exemplo é o dos Pubs. Son o mellor lugar para relacionarse coa xente do lugar; nos momentos de ocio a xente e máis extravertida e danse lugar conversacións moi interesantes. Un profesor da Universidade de Limerick que traballa en México díxome que os que queremos aprender a lingua debemos "poñer a orella" e sermos algo "cotillas" tratando de descifrar a conversación que ten lugar ao lado xa sexa dun

93 IDEA 2007


pub, na rúa ou mentres se viaxa no bus. Teño experiencias de tomar uns cafés nunha terraza e pasarme toda a tarde falando cun home maior e a súa familia sobre temas relixiosos, políticos e do cara que está a vida en Irlanda, tema favorito de conversación dos irlandeses. A miña experiencia lévame a pensar que aos irlandeses lles gusta falar, son comunicativos e axudan cando o precisas. Cando estou en Limerick todo o que me rodea é moi útil para aprender inglés; os carteis que hai nas rúas, os xornais -que hai que recoñecer que teñen a súa dificultade sobre todo polo contido xa que non estamos afeitos aos problemas da cidade, pero logo obtemos unha gran satisfacción cando ao cabo duns días podemos entendelos perfectamente-. Tamén é importante mencionar a televisión. Ao meu parecer a RTE (www.rte.ie, canle pública da Televisión Irlandesa) é algo aburrida pero sen embargo podíamos ver o Channel4 (www.channel4.com do Reino Unido). Gustaríame mencionar o programa "Big Brother", que aínda que resulta basto e desagradable en moitas ocasións é un bon instrumento para aprender o inglés da rúa, por máis que sexa ás veces bastante vulgar -refírome con isto ao inglés que non vén nos libros de texto académicos- e que ás veces pode sernos dalgunha utilidade-. Para resumir este punto poderiamos dicir como a canción English is all around us, tan só temos que deixarnos levar e impregnarnos del. Limerick é unha cidade situada na costa oeste, na desembocadura do Río Shannon e equidistante de Galway e Cork. As paisaxes que hai cerca merecen ser visitadas; os acantilados de Moher, as illas de Aarán e seguindo a ruta cara ó noroeste atopamos unha cidade impregnada de xuventude e historia: Galway. Cara ó sur temos Cork e moi cerca o porto de Cobe, de onde saían os barcos ataúde cargados de xente cara a América. E a cidade de Killerny, que serve de entrada á península de Kerry coas súas fermosas paisaxes de montañas e vales. Outro lugar que deber ser visitado é a península de Dingle, e debemos achegarnos a Dunquin para visitar as Blasket Islands e ler algo da súa historia e dos seus habitantes.

A historia de Irlanda está chea de sufrimento. Non esquezamos a Grande Fame de 1845-1849 e as consecuencias tan negativas que tivo sobre a poboación naqueles anos, que fixo que os sobreviventes emigrasen en masa, a Estados Unidos principalmente. Neste punto tamén é de salientar que os galegos emigramos aproximadamente nestas datas cara a América e moito máis tarde cara a Europa. Estas penurias tamén fixeron que a música Irlandesa estea marcada polas miserias da poboación, lembremos The Fields of Athenry, canción na que se narran as penurias desta zona de Irlanda durante o devandito período histórico. Lembremos tamén a canción Molly Malone, na que se di que ela vendía berberechos e mexillóns fresquiños -Selling cockles and mussels alive, alive, oh-. Non nos lembra esta canción ás señoras que vendían peixe fresco, cos paxes nas súas cabezas ou empurrando un carro polas rúas e estradas das nosas vilas e aldeas?

Irlanda é un país de músicos, escritores e poetas. En cada pub podemos escoitar case sempre algo de música folk irlandesa que ten moita similitude coa galega. Como exemplo podemos poñer a Carlos Núñez e os Chieftains. Lémbrome dalgúns carteis anunciando a participación de Carlos Núñez para o verán pasado. Os poetas tamén aparecen por todos os sitios; os carteis que anuncian un restaurante teñen un texto que en forma poética nos contan a historia do seu nome. Estes poemas son graciosos. Tamén impresionoume moito o cartel que anuncia un barbeiro en pleno centro de Limerick na rúa O'Connell que di algo así como do mesmo xeito

94 IDEA 2007


que hai un Deus aí no ceo hai un barbeiro no primeiro andar desa casa. No cursiño na Universidade de Limerick (www.ul.ie) tivemos unha clase adicada á música Irlandesa. Cantáronnos cancións típicas e tamén ensináronnos os nomes dos instrumentos da música celta. Nas miñas clases, cando teño que falar do tema dos instrumentos musicais, explico os típicos que veñen nos libros e os da música celta. Adico a clase a traballar con música irlandesa tradicional, por exemplo coa letra de Molly Malone, que por certo lles gusta moito aos rapaces, e tamén con música instrumental e tratamos de distinguir os instrumentos que alí se empregan. Tamén comparamos a música galega de Milladoiro coa instrumental que poidan ter os Cramberries, Chieftains ou os mesmos Corrs. Deste xeito unimos as dúas culturas e tamén é unha forma de explicar Galicia desde a lingua Inglesa. O inlgés é a lingua de comunicación internacional. De modo tradicional e indiscutible asociase con Londres e co mundo das viaxes e negocios, pero, dende o meu punto de vista, tamén pode entenderse coma unha lingua próxima aos galegos xa que compartimos cos irlandeses unha cultura, un clima, a mesma relixión maioritaria (católica) -hai misa pola tarde adicada a un santo ou un defunto, mulleres que axudan na igrexa, as confesións e a primeira comuñón. Recomendaría a lectura de As Cinzas de Ánxela, de Frank McCourt, para ilustrar máis estas afirmacións-; temos unhas tradicións parecidas, compartimos parte da historia, xa que hai restos de naufraxios españois pola costa oeste de Irlanda e en especial na baía de Galway; tamén temos unha alimentación semellante baseada na pataca e na carne do porco. Gustaríame recordar aquí o interese da Xeración Nós por todo o que se refería a Irlanda e en especial as traducións do Ulysses de Joyce feitas ao galego. Gustaríame insistir que os libros de texto que empregamos nas nosas escolas deberían centrarse máis en Irlanda e nas conexións con Galicia e tratar de vincular a nosa cultura coa Irlandesa, xa que podería ser outro motivo para estimular aos rapaces na aprendizaxe do Inglés.

E... por qué Limerick? Limerick non é unha cidade moi fermosa, non ten unas praias fermosas, nin moito ambiente polas rúas agás na fin de semana, pero como comentei antes, a xente é moi amable e a cidade é pequena. Non nos sentimos perdidos nela. Antes de viaxar a Limerick sería interesante ler as andanzas de Frank McCourt nos anos 40 por esta cidade, para poder comprendela mellor; a súa desgraciada vida en Limerick, a visión da igrexa de aquel momento, e como tivo que emigrar para poder sobrevivir. Pola miña estadía en Limerick o meu traballo diario na clase de inglés mellorou, non só polas clases recibidas na Universidade senón que tamén adquirín moitos recursos para empregar nas aulas. Todas as situacións nas que me atopei son útiles para empregar na clase: coller un bus, ir ao caixeiro automático, facer a compra no supermercado, arrendar un coche, recargar o teléfono móbil, os saúdos que se empregan na rúa e que non veñen nos libros de texto. Tamén son importantes as descricións dos lugares que visitei, o clima, os folletos de propaganda, as postais, os envoltorios dos produtos do supermercado, os tíckets da compra. Todo isto é un material auténtico, vivo, actual, real e útil para o emprego na aula. Para a miña formación continua recorro a páxinas como a www.rte.ie/news/6news/ na que vexo o informativo das seis e un minuto "Six One News" -ás seis poñen o Ánxelus-, e www.95fm.ie que emite a radio local de Limerick que sintonizo e poño de fondo cando estou a traballar no ordenador. Todo o que recollín neste artigo foi aprendido por min en Irlanda, non foi o ano pasado a primeira vez que estiven neste marabilloso país e espero que sirva para reflectir a miña forma de vivir o inglés e gozar deste país, dos tesouros da Illa Esmeralda.

95 IDEA 2007





R

Represión franquista sobre o profesorado

nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (1936-1939)

Constitución de la IIª República, art. 48. El servicio de la cultura es atribución esencial del Estado, y lo prestará mediante instituciones educativas enlazadas por el sistema de la escuela unificada. La enseñanza primaria será gratuita y obligatoria. Los maestros, profesores y catedráticos de la enseñanza oficial son funcionarios públicos. La libertad de cátedra queda reconocida y garantizada. La República legislará en el sentido de facilitar a los españoles económicamente necesitados el acceso a todos los grados de la enseñanza, a fin de que no se halle condicionado más que por la aptitud y la vocación. La enseñanza será laica, y hará del trabajo el eje de su actividad metodológica y se inspirará en ideales de solidaridad humana. Se reconoce a las Iglesias el derecho, sujeto a inspección del Estado, de enseñar sus respectivas doctrinas en sus propios establecimientos. A Constitución republicana, aprobada o 9 de decembro do 1931 con 368 votos afirmativos, ningún en contra e a ausencia dos 89 deputados que representaban á dereita confesional, recollía dese xeito tan sinxelo o referido ao ensino, completado con engadidos dos artigos 49 (títulos académicos, plans de estudos) e 50

Bernardo Máiz Vázquez. IES "Concepción Arenal". Ferrol.

(bilingüismo, inspección educativa); mais, para esas datas e dende maio, o goberno provisional xa publicara normativas e decretos que garantían a laicidade do ensino e a coeducación. A pouco, avaliados polo mandato constitucional, a reforma e modernización escolar foi un dos obxectivos prioritarios dos gobernantes republicanos, participes moitos deles das ideas da Institución Libre de Enseñanza, e convencidos de que un pobo formado sería un dos puntais fundamentais da nova democracia. Nese contexto esperanzado foi importantísima a creación e dotación de miles de centros docentes (7.000 escolas nun ano), as modificacións dos plans de estudos, a regulamentación das titulacións esixidas para exercer a docencia, a ampliación do número de profesores, elevando as súas retribucións e incentivando a súa formación mediante conferencias, cursiños, congresos, intercambios... Polo anteriormente dito, e polo compromiso do profesorado co progreso, acáelle ben á IIª República a definición de "república dos mestres". Esa ilusión institucional, profesional e persoal polo anovamento, está reflectida na "Gaceta" oficial, na documentación do "Consejo de Instrucción Pública" reestruturado en Madrid, na do "Consejo Universitario de Primera Enseñanza" de Santiago, e máis especialmente en moitas das actas redactadas polas "Juntas Locales de Primera Enseñanza", reacti-

99 IDEA 2007


vadas por obra de mestras e mestres que teimaban por formarse, non só para transmitir coñecementos senón para formar mellores cidadáns, que non súbditos. Rapidamente (ás veces recollendo proxectos que naceran anteriormente, especialmente nas aulas das sociedades "laicas" de instrución creadas en Galiza polos emigrantes galegos de alén mar) nas escolas e institutos prosperaron laboratorios, hortas e bibliotecas escolares, clases nocturnas para adultos, aulas de "Orientación Marítima", "colonias" de verán, etc. Ao chamado do reitor compostelá Rodríguez Cadarso, o profesorado galego implicouse nos cursos 1932-33 e 1933-34 nas "Misiones Pedagógicas", artellou "Semanas Pedagógicas", galeguizou o ensino, actuou democraticamente en política e no sindicalismo profesional, como activistas locais nos eidos cultural e social. Precisamente eses compromiso e activismo colocou aos docentes no punto de mira preferente dos dereitistas insurrectos en xullo do 1936. Na compaña de sindicalistas, alcaldes, concelleiros, deputados, de tantos sinxelos cidadáns que só querían exercer libre e responsablemente os seus dereitos, os docentes formaron parte principal da infinda ringleira de vítimas da represión franquista.

A directa represión. Nesta ocasión, completando con achegas de Sabela Díaz, Andrés Santalla e Xosé Manuel Suárez, ofrecemos a nómina dos profesores desta terra asasinados polo franquismo. Non están todos, pois perdemos moitos e moitas outras ensinantes na sanguinolenta néboa de aquel tempo de terror fascista, entre outros: José Bernabé Martínez (do PCE, mestre no Esteiro de Cedeira, posiblemente fuxido por mar), Darío ¿Frena?, Manuel López González, Ricardo Núñez (profesor do Instituto de Ferrol), Joaquín Pérez Garre, Gervasio Pulido, Frutos Burgos Ramos, ¿Francísco? Vicente Sáez Ruíz, e un longo e triste etcétera. 1- Almazán Ramos, Pedro; PCE; 27 anos, mestre n'O Val (Narón). Paseado o 20 de agosto do 1936. 2- Alonso Teijeiro, Enrique; ¿26 anos?, mestre en Cedeira. Executado o 18 de decembro do 1936. 3- Ambrós Gordillo, José; IR, FETE; 34 anos, mestre en Vilarube (Valdoviño), concelleiro. Paseado o 22 de setembro do 1936.

4.- Barros Fernández, Manuel, mestre. Morto en Ferrol entre o 20 e o 24 de xullo do 1936 5- Fernández Barral, José Ramón; 37 anos; PSOE, FETE; mestre en Pontedeume. Paseado o 19 de agosto do 1936. 6.- Fernández Casas, Rafael; mestre en Ortigueira. Paseado en Cesures o 27de agosto do 1936 7- García Niebla, Juan; 60 anos; mestre n'A Graña (Ferrol). Paseado o 17 de xullo do 1936. 8- Iturralde Cabeza de Vaca, Francisco; 33 anos; CNT; funcionario de Correos e fundador dunha escola anarquista en Ferrol. Paseado o 10 de setembro do 1936. 9- Meizoso Núñez, Eugenio; 28 anos; mestre en Sedes (Narón). Paseado o 22 de agosto do 1936. 10- Martínez Novo, Leonardo; PG e "naturista"; 20-22 anos; mestre en Pontedeume. Paseado o 10 de agosto do 1936. 11- Martínez Teijeiro, Enrique; mestre en Cedeira. Executado o 18 de decembro do 1936. 12- Novás Soto, José; 29 anos; FETE; mestre n'O Barqueiro. Paseado o 28 de agosto do 1936. 13- Prieto Ramos, Vicencio, 24 anos; mestre. Morto o 17 de xuño do1937. 14- Redondo Senra, Rufino; IR, mestre en Cedeira. Executado o 18 de decembro do 1936. 15- Santeiro Boo, Manuel, director da escola pública de Ortigueira. Paseado n'A Coruña o 27de agosto do 1936. 16.- Sarria Delgado, Reinaldo; PG; mestre en Valdoviño. Morto dunha malleira por mans de falanxistas no ano 1941. 17.-Vázquez Suárez, María; PCE, FETE; mestra en Miño. Paseada na praia de Bañobre (Miño) o 19 de agosto do 1936. 18- Vilar Ínsua, Modesto; 26 anos; mestre en Viveiro, fuxido en Xullo do 1936. Paseado en Ortigueira rematando o ano 1939. A outra represión, a que Castelao definiu como "castigo menor", afectou tan duramente ao profesorado como ao conxunto da poboación democrática; dende o triunfo da sublevación militar-fascista en xullo do 1936 ducias de profesoras e profesores da comarca sufriron malleiras, cadea, torturas, aldraxes, desterro... Asemade, todo o profesorado foi suxeito indefenso das "Comisiones Provinciales de Depuración", creadas ao abeiro de decretos de novembro -decembro do 1936 e febreiro do 1937-; desas comisións provinciais a máis ríxida en Galiza foi a coruñesa, que tiña como

100 IDEA 2007


representante máis conspicuo na área de Ferrol a Enrique Montenegro, antigo militante e concelleiro da CEDA, catedrático de historia e director do instituto Concepción Arenal. Os cálculos permiten afirmar que máis do 25% do profesorado galego sufriu separación provisoria ou definitiva da docencia ou traslados forzosos.

Mais deles, de todos eles, quedounos unha ensinanza impagábel. Sirva de humilde agradecemento esta pequena lembranza daqueles que coa súa morte souberon ensinar que a liberdade e o pensamento humano e humanista nunca ninguén o poderá "pasear".

A loita continúa Os triunfadores en Galiza no 1936 depuraron bibliotecas escolares, prohibiron a coeducación, asasinaron, expulsaron do servicio ao profesorado demócrata, consideraron que "la misión de la Escuela (es) unificar la conciencia de los españoles en el servicio de la Patria, a la que se supedita la función docente", desterraron do ensino " ... el mimetismo extranjerizante, la rusofilia y el afeminamiento, ..., el fetichismo de la metáfora y el verbalismo sin contenido, los separatismos disolventes de la sacrosanta Unidad de España " ("Ley de Enseñanza Media" do 20 de setembro do 1938). Dese xeito se impuxo o fascismo, anulando a quen ousaban ter "la funesta manía de pensar".

(fragmentos da memoria)

(...) Dende a teoría e a práctica dunha revolución profunda que non practique métodos iguais aos que combate. pola esperanza, a loita continúa. (...) Dende a memoria dos fuxidos polos montes e polos mares e os agachados nos tobos clandestinos que se opuxeron á tiranía, e que caeron acosados, contra a opresión, a loita continúa. (...) Dende a memoria de cada acto de guerra e de posguerra, de tortura, de censura, de depuración, de exilio, de humillación e de esquecemento padecidos polos que sufriron, sufrimos e sufrirán aínda o mal de mil novecentos trinta e seis, a loita continúa. (...) Claudio Rodríguez Fer, en Memoria da memoria. (páx. 187 e 190.) http://centros.edu.xunta.es/ieschapela/podcast_poemas.htm

A derradeira lección do mestre

101 IDEA 2007



IES Leixa Artes Gráficas

E Fe de Erros No número 12 da revista Idea, omitiuse por erro o nome de Emilia María López González, que é coautora do artigo “O cinema como recurso educativo nas ensinanzas obrigatorias e postobrigatorias”.

IDEA 2007

Alulmnos

Parabéns

Ao alumnado do Ciclo Superior de Deseño e Produción Editorial do IES Leixa, de FerroL, pola súa colaboración, deseñando, maquetando e filmando esta revista. A todos eles, parabéns.

C.S. Deseño e Produción Editorial IES Leixa, Ferrol Primeiro Curso: María Abad Doce Andrés Ares Vilaboy Sonia Bardancas Vázquez Iratxe Bolado Foronda Daniel Díaz Prieto José Antonio Gómez Moreira Dulce María López Fernández Alejandro Merlán Casal Víctor Montero Cao Marta Purriños Rodríguez Fernándo Romero García Lucía Sierra Sueiras Miguel Ángel Viguera San Martín Segundo Curso: Sila Calvo Lama Marta Doce Blanco Rosa Escalante Castro José Manuel Espiñeira Amo Belia Lombardía Vivero Daniel Lorenzo Alonso Daniel Maceiras Pardo Iñigo Manuel Medín Suárez María Mera Piñón Isabel Peón González Mónica Piñón Insua Carlos Iván Romero Faraldo Ángela Romero Pereira Natalia Susavila Moares Eva Tembrás Caaveiro Patricia Gabriela Urción Serantes María Vázquez Arias



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.