Florilexio en honra de Rosalía e da Lingua Materna

Page 1


INTROITO (para celebrarmos o Día da Lingua Materna) • •

Fragmentos da mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Sra. Irina Bokova Discurso de Castelao nas Cortes Constituíntes da II República Española (1931) Maria Xose Queizán

2 3 4

FLORILEXIO POÉTICO (para lembrarmos o 175 aniversario do nacemento de Rosalía) • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Alfredo Brañas Fermín Bouza Brei Marica Campo Ricardo Carballo Calero Uxío Carré Aldao Álvaro Cunqueiro Manuel Curros Enríquez Filomena Dato Muruáis Francisco Domínguez Romero Xosé Luís Franco Grande Salvador García Bodaño Federico García Lorca Aquilino Iglesia Alvariño Luís Pimentel Luz Pozo Garza Eladio Rodríguez González Galo Salinas Rodríguez Francisco Tettamancy Xosé Vázquez Pintor

5 5 6 7 9 10 11 13 14 14-15 15-16 17 19 20 21-22 24 25 27 27

Recompilación feita polo GT “Biblioteca, transversalidade e lectura” para as celebracións:

21 de febreiro: Día da Lingua Materna 24 de febreiro: Día de Rosalía Tui, febreiro 2012

IES “San Paio”

1

Biblioteca


INTROITO (para celebrarmos o Día da Lingua Materna) Nelson Mandela dicía que "falarlle a alguén nun idioma que entende permite chegar ao seu cerebro, pero falarlle na súa lingua materna significa chegar ao seu corazón". A lingua do noso pensamento e das nosas emocións é o noso ben máis prezado. O plurilingüismo é o noso aliado para velar por unha educación de calidade para todos, fomentar a inclusión e loitar contra as discriminacións. A construción dun diálogo auténtico supón o respecto dos idiomas. Toda representación dunha vida mellor, toda aspiración ao desenvolvemento exprésase nunha lingua, con palabras precisas para darlle vida e comunicala. As linguas son o que somos; protexelas significa protexernos a nós mesmos. ... a diversidade lingüística acelera a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, en especial os obxectivos da Educación para Todos. O uso da lingua materna nas escolas representa unha poderosa ferramenta contra o analfabetismo. Pero trasladar esta verdade á realidade das aulas constitúe todo un desafío. As linguas maternas das poboacións excluídas, como os pobos indíxenas, quedan a miúdo ignoradas polos sistemas educativos. Permitíndolles aprender, dende a máis tenra idade, na súa lingua materna e logo noutros idiomas, nacionais, oficiais ou outros, promóvese a igualdade e a inclusión social (...) A diversidade lingüística é o noso patrimonio común. Trátase dun patrimonio fráxil. Dos máis de 6.000 idiomas que se falan en todo o mundo, case a metade pode desaparecer de aquí a finais de século. (...) A perda dun idioma constitúe un empobrecemento para a Humanidade, un retroceso na defensa do dereito de toda persoa a ser escoitada, a aprender e a comunicarse. Así mesmo, cada idioma entraña un patrimonio cultural que amplía a nosa diversidade creadora. Esta diversidade cultural é tan importante como a biodiversidade na natureza. Están intrinsecamente unidas. Algunhas linguas de pobos indíxenas entrañan coñecementos sobre a biodiversidade ou a xestión dos ecosistemas. Este potencial lingüístico é un motor de desenvolvemento sostible que merece ser compartido... A vitalidade das linguas depende de todos aqueles que as falan e se mobilizan para protexelas. (...) O plurilingüismo é un recurso vivo; deámoslle un uso que redunde en beneficio de todos. da mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Sra. Irina Bokova, con motivo do Día Internacional da Lingua Materna 2012. IES “San Paio”

2

Biblioteca


IES “San Paio”

2

Biblioteca


(...)Pero el idioma, más que un medio de expresión, es una fuente de arte, es el vehículo del alma original de un pueblo y, sobre todo, es en sí una gran obra de arte que nadie debe destruir. Y hay otros que se ríen de nosotros, porque sueñan todavía en el triunfo del idioma único. Esa es una bella ilusión que no se llegará a realizar nunca. Hace algunos años me encontraba yo una tarde allá en el Finisterre bretón pensando en mi tierra, y cantó el cuco y noté que aquel cuco cantaba como los nuestros y ladró un perro y noté que el perro ladraba como nuestros perros, y entonces surgió en mi imaginación esta gran verdad: los pobres animales aún están en el idioma universal." Cuando yo fui a la escuela no sabía aun hablar en castellano; porque yo tengo que deciros que soy hijo de una familia humildísima. Fui a la escuela muchas veces descalzo, con un pedazo de pan de maíz en el bolsillo. Por eso tiene para mí el gallego esa nostalgia deliciosa que me recuerda el tiempo feliz de la infancia, ese tiempo que es el más feliz en todos los hombres; pero que yo creo que en mí lo es aún más, porque soy aldeano y por serlo y por haber probado la miel de otros idiomas, es por lo que quiero dignificar el habla de mi pueblo, la lengua del único rey español que se llamó Sabio, el viejo idioma que supieron guardar como oro nuestros trabajadores del mar y de la tierra, de estos trabajadores gallegos que son de mi sangre y son de mi carne. Señores Diputados, sí aprobáis nuestra enmienda, u otra cualquiera que signifique respeto para nuestra Lengua, Galicia entera os lo agradecerá. do discurso de Castelao nas Cortes Constituíntes da II República Española (1931)

IES “San Paio”

3

Biblioteca


Único corpo que me pertence E o verbo fíxose carne o significante fíxose corpo significado. A amante rasgou o sudario voltou á vida das palabras. ¡Poderosa lingua!

Lingua amada meu señorío único territorio onde pisar. Fetichista da palabra gozo contigo e me abastardo. Perversidade rapto transporte. Inicio a cerimonia da profanación. Lingua con lingua corpo de signos corpo de meu. Lingua único corpo que me pertence. de Maria Xose Queizán, Despertar das amantes, A Coruña, 1993 , páx. 86.

IES “San Paio”

4

Biblioteca


FLORILEXIO POÉTICO (para lembrarmos o 175 aniversario do nacemento de Rosalía) Alfredo Brañas (1859-1900).Á BOA MEMORIA DE DOÑA ROSALÍA CASTRO DE MURGUÍA

Desde que ó pé dos ol ivos de Adina en terr ar che vin eu non sei por que me lembro da mi ña patria i nf eli s. .. Ti na cova, ela esquencida de t odos , ¡ t ri st e de mi n! ¡ c ant ándoc h e os t eus cant ar es choro por ela. .. e p o r t i...! L a p a t r i a g a l l e g a , S an t i a g o , 5 ( 3 0 . 5 . 1 8 9 1 )

Fermín Bouza Brei (1901-1973).A ROSALÍA Na visita da Da. Gala Murguía ao mausoleu da súa nai. Pra acariñar a mármore xeada, que quixo dar embrullo e acalento á vosa humanidá maartirizad, ouh, señora de Dor e o Esquecimento connosco vén, do tempo aluarada, prenda qu é vosa, frol do voso alento, verso de amor, estrofa de tormento no voso seo escrita e máis cantada. E... como vai quencendo a pedra agora co bico que isa filla deu, señora, remanecendo os bicos de algún día! Xa non enfriará, que a patria en roda no agarimo filial puso a alma toda e a Galiza é eviterna, Rosalía! IES “San Paio”

5

Biblioteca


Marica Campo (1948).-

O que vías no espello Daquelas que cantan as pombas e as flores... Rosalía Ouh rosa, Rosalía, ao outro lado, un nome orballando palabras na fervenza das horas para dicir o abraio do que vías no espello: Estadea de escravas, toda a noite no rostro, todo o mundo nas costas, collidas na arañeira de paixóns e velenos no amor que inventaron. Ouh rosa, Rosalía, a ser alén dos mortos por fin dona de ti, do lume das avoas e das nais e das fillas por séculos infindos. Por séculos e séculos de mulleres sen nome, e tamén sen palabra, que verteron carraxe no teu cuspe e un berro no teu berro acedísimo. Ouh rosa, Rosalía, que o lume das avoas e das nais e das fillas, o que xa está contigo, sexa sempre connosco, desbote a negra sombra, asombre a noite negra da xeira desigual, do pago desigual, da vontade cativa. E que voen as pombas e que murchen as flores: Somos donas de nós para sermos mulleres. Sombra do meu asombro

Monumento a Rosalía de Castro en Vigo, obra de Armando Rodríguez (1995)

IES “San Paio”

6

Biblioteca


Ricardo Carballo Calero (1910-1990).-

Madrigal a Rosalía (1935) A ti , sombra perdid a, esprito pervagante, que entre nébo as de alén and as errant e. A t i , c lar a voz mor ta, o ll os f eri dos , paz o esqu ecid o, ou ton o lo nj ano, chú via aceda de lecer , s ib il a c h or o s a; a t i, que tes o cora zón d e l ua tr as pas ado, nas mans tremor d e maina bris que ri , as f azulas a radas pola dor - oh es ta dea de b ágoas sen f i ne na f rente un f antasma aluarado: a ti, de mi n, aos p es, a f lor dun d un s il énci o aj oelh ado.

IES “San Paio”

7

Biblioteca


Estatua de Rosalía feita por Camilo Rodríguez Vidal, colocada en Rianxo en 1997

IES “San Paio”

8

Biblioteca


U x í o C a r r é A l d a o (1859-1932).-

Calou a musa celta, non resoa s ú a d o c e f a l a n os n a t i v o s e i d o s ; mais quedan resoando polo pobo, dos seus Cantares os laiosos ecos, das súas Fo llas os queixumes trist es que remendan do pobo o sufrimento. A s F o l l a s i os C a n t a re s , n os q u e a i a l m a chorando polo pobo, a un tempo mesmo as pr opias c oitas, dolorida chora d o s f e r o s q u e s e a ni ñ a n n o s e u p e i t o ; ¡ Q u e o poe t a , a o c a n ta r , e n m i l a n a c o s baleira a ialma nos ringlós dos versos! Calou a mu sa, e comp rindo o sino t or n ou o cor po ao sono de rr ade ir o, a o s C e o s r e mo n t o us e a i a l m a p u r a , i o seu nome quedou na historia aceso, c a l s í m b o l o d u n p ob o q u e r e x u r d e , c a l i m a x e d o s p ob o s i r r i d e n t o s . R e v i s t a G a l l e g a , A C o r u ñ a, 1 2 8 ( 2 2 . 8 . 1 8 9 7 )

IES “San Paio”

9

Biblioteca


Álvaro Cunqueiro (1911-1981).ROSALÍA DE CASTRO Agora que xa non es cal cousa deste mundo rosa fonte recendo ameixa ou vidro Agora que xa non es lémbraste deste bosque tan triste que amence sen ave ou de como tan cedo fuches unha húmida gaita asolagada na terra. Eu que xa non te vin ben quixera hoxe verte pálida escuma de sangue polo mundo. Cómo serás ti a ialma no outro áer Cómo serás de branco ou mais porfondal Cómo serás agora pola ribeira escura onde as pradeiras eternamente foxen diante dos ollos! Cómo serás alí sen regatos lixeiros sen Padrón, sen Adina sen Lestrove sen as viúvas doentes polos valados sen a verde enramada e sen a rula de verde sen cabezales no leito descampado! Cómo serás alí sen ese cravo que aquí tiñas no corazón cravado duramente! Agora que xa tes á morte velando os teus peitos tristes agora que xa tes á morte con ese teu xeito solouzando matina que delicada figura comporás no outro áer Agora que xa non tes sombra nin anelos nin vos e a herba medra nas túas botinas novas.

IES “San Paio”

10

Biblioteca


Manuel Curros Enríquez (1851-1908).N-A TUMBA DE ROSALÍA Collidas a pedir de porta en porta (Que eu non herdei xardíns nin hortas teño) ¡Sombra sin paz da nosa “Musa” morta! Aquí estas frores a traguerche veño. I ó esparexelas sobre a pedra fría Que un “Resurrexit” pra crebarse agarda, Sinto cuase o tremor que sentiría O ladrón que recea e se acobarda. Como el, ao che deixar a miña ofrenda A soledade en miña axuda chamo, Que si el ten medo que a xustiza o prenda, Temo eu que me marmuren os que amo. Tanto do noso tempo a xente esquiva As patrias grorias burla i escarnece: ¡Xeneración de mánceres cativa Que hastra o pai que a enxendrara desconece. Que hoxe é pecado relembrar fazañas Porque impotentes pra as facer nacemos E cecais que gabar grorias estrañas Nos console das propias que perdemos. O valor, o carácter, as ideas, Fala, costumes... son “lendas douradas” ¿De que cor serán ¡ai! as alleas Que nos fan ler a couces e pancadas? ........................................................... Mais dorme, Rosalía, mentres tanto Nas almas mingoa a fe i a duda medra ¡Quen sabe se deste recinto santo Non quedará mañá pedra con pedra! ¡Quen sabe si esta tumba, nese día, Chegará a ser, tras bélicas empresas, Taboleiro de iankee mercería Ou pesebre de bestas xaponesas! (reverso da postal distribuída con motivo do traslado dos restos mortais de Curros da Habana á Coruña en 1908)

IES “San Paio”

11

Biblioteca


Estatua de Rosalía en Ferrol obra de Manuel Ferreiro Badía (1992)

IES “San Paio”

12

Biblioteca


Filomena Dato Muruais (1856-1926).Non morreu Non fuche ingrata, non, Galicia hermosa, ô grand' amor d' a rola pelegrina; pois con amor inmenso lle pagaches o amor que ch' amostrou cando vivía. Mais non morreu, non chores, nai amante; n-o colo a tés, está soilo durmida e vivirá mentras o sol dé lume, mentres haxa relembros de Galicia. Que non puido morrer a que tecera de Follas novas a coröa rica, a que bordou de pelras e diamantes a coröa que fora antes d' espiñas. ¿Cómo había morrer a doce rola, qu' en torrentes de máxica armunía espallou os tesouros inmortaes de notas e canciós que son diviñas? Non, non morreu; os ecos d' as montanas, os murmuxos docísemos d' a brisa, as fontes y-os regatos mais pequenos c' os romores d' as augas cristalinas, os paxaros n-os- trinos armuniosos qu' entoan antr' os soutos ond' aniñan: todo repite o acent' anamorado con qu' ela te cantou, patrea querida. Non, non puido morrer xénio tan grande, nin apagars' os ecos de tal lira: mentres haxa un gallego sobr' a terra morrer non pode a insine Rosalía. Follatos

IES “San Paio”

13

Biblioteca


Francisco Domínguez Romero (1939-2005).ELA (Rosalía) Deus o puxo na noite, mais foi ela quen acolleu ó moucho no poema. ROSALÍA Ela, sentada ao sol na pedra. Ela, si, co seu metro... O perfume do nardo mesturado ao da herba. Ela, alí, sosegada, e das lágrimas perto. 24 poemas

Xosé Luís Franco Grande(1936).-

A ROSALÍA Muller: Eu calo cando penso en ti e nunca digo de alto os teus poemas: eu dígoos para min e vólvenseme entón un prego meu. Eu chego ó teu santuario e non pido outra cousa que silencio, estar ó pé de ti, calarme e non falr de cousa algunha. Véxome canso e non sei ben por que. Hai de arrredor rebumbio por demais e quero recollerme, centrarme no eido meu, volver a min.

IES “San Paio”

14

Biblioteca


Déboche moitas cousas, pero o silencio que aprendín de ti, fai tempo xa, alá en Tebra, un día que espertei e dei contigo, ben sei que para sempre me asinou e puiden ver mellor en cantan cousas se nos vai a vida que ó cabo nada importan. ¡Despois de tanto tempo e tantas voltas eu torno a ti de novo; procuro o teu achego, a paz fecunda do silencio teu...! Vigo, 16-III-66

Salvador García Bodaño (1935).Relendo a Rosalía nos confíns da noite.

De páxina en páxina procúrote, búscote nos teus poemas máis profundos, leo a túa voz muda en cada letra e case que te vexo e te percibo no aire alucinado do amencer. Chamo por ti na flor da madrugada cando te sinto próxima e perdida no ámbito ferido dos teus versos, no pasado sen vida da memoria. Dende as tebras da miña ansiedade, tento chegarme a ti atoutiñando nas portas invísíbeís do misterio, ir ata ese non ser que te desterra no silencio total que te posúe. Síntote, na penumbra do imposíbel, a esvaer na túa ausencia IES “San Paio”

15

Biblioteca


como un soño, un soño no que xa non te soñaras. A túa imaxe presa nos retratos dime apenas como eras (vagamente), como vestías, como che gustaban os calculados rizos sobre a fronte na adornada escureza do teu pelo. Como foi o teu rostro redondeado, de leve e melancólico sorrir, onde a dor puxo un xesto de tristura. Nos delirios da mente preséntasteme nunha imprecisa néboa atemporal que te trae silandeira a par de min. De ti coñezo como escribías, e coñezo tamén como pensabas, o teu sentir da vida e dos demais, mais de ti apenas sei fisícamente, do teu xeito de andar e de moverte, e fáiseme terríbel non ouvir o timbre nin o ton do teu falar. ¿Cal sería o vibrar da túa voz xa extinguida nos teus días pretéritos? ¿Era de acentos graves e intensos? ¿firme e clara quizais? ¿doce e contida?... Na soidade da noite que te acolle vagan perdidas as túas palabras. No Casal das Figueiras, 15 de maio de 2006 (Amencida de alucinación)

IES “San Paio”

16

Biblioteca


Federico García Lorca (1898-1936).-

¡Erguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día! ¡Erguete, miña amada, porque o vento muxe, como unha vaca! Os arados va e vên dende Santiago a Belén. Dende Belén a Santiago un anxo ven en un barco. Un barco de prata fina que trai a door de Galicia. Galicia deitada e queda transida de tristes herbas. Herbas que cobren téu leito e a negra fonte dos teus cabelos. Cabelos que van ao mar onde as nubens teñen seu nídio pombal. ¡Erguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día! ¡Erguete, miña amada, porque o vento muxe, como unha vaca!

IES “San Paio”

17

Biblioteca


Monumento a Rosalía en Montevideo (Uruguai)

IES “San Paio”

18

Biblioteca


Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961).ROSALÍA DE CASTRO Ai, a chuva longa! Sobor das pontes, herba de sono. -Penedos, penedos de noite e mouchos neniños. -Roula, branco e ledo, muíño branco, leda caneta. -A i-auga parada dos ollos, qué sonos moe? Ónde está a rula ruliña? Ai!, qué galliña de vento, cerdeira de aire frolida? -Daime un sol moi doce para un vello olivo que hai en Adina. -Xa cantan os galos nas airas. Érguete, nena! -Airiños, airiños aires, de negras penas quitadoriños! -E vacas marelas nos cómaros. Canta, neniña! Ai, aquela voz quebrada! En qué varanda de lúa, ai!, en qué verde varanda? -Ai, as barcas ledas, que leva o Ullla, teu forte río! -Meniñas alegres de Tállara, cántigas orfas! -Ai, as veigas verdes de milleirales e vento novo! -Pombiñas, pombiñas pálidas, frías de noite. Pombiña de vidro frío, na sombra da noite longa, sin galos de amor nin río. Agora o cuco de abril, en qué altos amieiros cucará abriles sin fin?

IES “San Paio”

19

Biblioteca


Luís Pimentel (1895-1958).OUTRA VEZ ROSALÍA Volveron as negras campás, as campás de ferro na noite, i as frías camelias, porque ella o quixo; porque quer andar errante polos fondos camiños; sentir a doce choiva sobor do seua cadaleito; levar o silencio do seu pelo morto, i o renxido de seu traxe de dura seda. E teremos que soportar iste peso de sombras antre a néboa debaixo dos altos álbores. Agardar á beira dos ríos que os mortos aman. Chegar hastra o amplio val onde o aire se apousa. Ou seguir por un profundo camiño que nos leva ó mar, onde hai ceos moribundos e negras botas de náufragos. Agardar que ela chame ós mortos, cando se faga ise gran silenzo de auga. ¿Hastra cándo durará iste gran enterro? ¡Negra sombra, negra sombra! Docemente chove sobor do teu cadaleito... I o silencio do teu pelo morto entre a néboa... IES “San Paio”

20

Biblioteca


Luz Pozo Garza (1922).-

FALANDO A ROSALÍA Á miña filla Luz

Coma a páxina aberta dalgún libro suspenso na memoria en forma de pregunta a verba limpa no adensar da vida ven poñer unha liña transcrita en lenzo escuro falando a Rosalía. Cando ignoramos a razón que traspasa os límites do tempo e a ausencia de certezas deixa nas mans contactos de door e de morte e non sabemos nada nada nada cando os ollos se pechan nun crepúsculo opaco fálolle a Rosalía: porque foras noutrora unha forma de nave navegando entre sombras onde unha vela moura inútil coma un pano anda a batir cos hálitos rachados da condición humana e chegas irradiando as tebras máis propicias a sílaba evidente a única tentativa de falar desde a nada desde a volta escondida dunha Fisterra en sombras no destino da raza nosa nosa. Unha tarde acadabas nun bosque de camelias a derradeira voce no vestixio dun soño -entraba o inverno-

IES “San Paio”

21

Biblioteca


era un laio perdido sobre da patria un río sen orelas, duro, inmisericorde, unha escura ameaza coma un arpa de cinza tristísima en penumbra onde permanecías. Sábese que pediras no corredor do pazo onde cercan as sombras que abriran as fiestras: ¡Ai mares imposibles reclinados na alma! E a palabra truncada que aínda non foi dita pero que pecha os labios ten resonancias límpidas falando a Rosalía. Hai tempo que fixeras a renuncia implacable do amor a pedra a chuvia campás de Bastabales -entraba a mortevai en longos silencios esvaíño esvaíño, a barca polo río sen recordar as formas para esquencer a vida. Para morrer abonda un cadaleito e unha saba branca... Vén do espacio que habitas na terra socavada onde a forza escura se fai propicia ó pranto. A luz decrece e fire nun destino sen craros: cómpre ollar unha patria na extensión certa aberta circundada pola fala inicial -entraba o nortececáis mover os labios ou silenciar as sílabas na páxina pechada dalgún libro en forma de pregunta falando a Rosalía. Coroa Poética para Rosalía de Castro; edición de Xesús Alonso Montero, Vigo, 1985

IES “San Paio”

22

Biblioteca


Monumento a Rosalía de Castro (Pontevedra)

IES “San Paio”

23

Biblioteca


E LA D I O R O D R Í G U E Z G O N Z Á L E Z (1864-1949).-

Cargada decote co calvario dos seus suf rimentos, sin dar unha queixa, sintiu como propios os doores alleos... As sa ntas lembranzas do chan que f oi sempre seu grato embeleso, despertaron seus puros amores, prestáronlle alentos i enchéronlle o nume de grandes ideas e nobres conceutos. ¡Tan soilo ela cantou como cantan os anxes do ceo...! Nas tenras estrof as dos seus doces e prácidos versos latexan as ansias i as coitas i as penas do pobo gallego… Ceibando do íntimo subrimes saudades e tenros acentos, serena e tranquila, seguiu o camiño que siguen os xeni os , i alá de nde o cume q u e á i n m o r t a l i d a d e l le s i r v e d e t e m p r o , pra argullo de propios i asombro de alleos, desaf ía o transcurso dos anos i a marcha dos tempos... 1896 Revi s t a Ga l l e ga , A Co r u ñ a, 1 2 8 ( 2 2 . 8 . 1 8 9 7 )

IES “San Paio”

24

Biblioteca


G A L O S A L I N A S R O D R Í G U E Z (1852-1904).-

¡ROSALÍA...! A Nat u re za xi me. O vento brúa. As ponlas dos arbres retórcense abat idas pol a forza do huracán. C a e a n e v e e n l o n g o s f a r ra p o s e q u e d a n p e n d o r a d o s n a s m a t a s d a s c a r b a l l e i r a s , n a s s i l v e ir a s d o s c ó m a r o s , n o s t e l l a d o s d a s c h o u z a s c u b r í n do o t o d o c o b r a n c o s ud a r i o d a m o r t e . ¿ C a l a c a u s a é d e ta n g r a n d e t r a s t o r n o ? ¡Ah! : é que morreu ela. Ela. A pomba sin fel. A alma da poesía. A Musa galiciana. T r e m a a t e r r a , t u m b a o t r e b ó n, o c e o á b r e s e , o r a i o c r u z a o espazo: reina a tempestade... ¿Por que? ¡Ah! porque morreu ela. El a, que era a nosa di os a. A Musa galiciana. A alma da poesía. A pomba sin fel. P o r e s o r e i n a a t e m pe s t a d e , e o r a i o c ru z a o s e s p a z o s , e ábrese o ceo, e a terra treme, e cae a neve, e crébanse as ponlas d o s a r b r e s , e b rú a o v e n t o , e x i m e a N a t u r e z a . . . Porque morreu ela. Por e so o sol do v ran foise e viu no seu canto a invernía. Porque xa non eisiste ela. Ela. ¡ R os al ía de Cas tr o...!

Revista Ga llega, A Coruña, 227 (16.7.1899)

IES “San Paio”

25

Biblioteca


Monumento a Rosalía en Rosario (Santa Fe, Arxentina)

IES “San Paio”

26

Biblioteca


F R A N C I S C O T E T TA M A N C Y (1854-1921).A ROSALÍA CASTRO D e n d e q u e n o s d ei x a s t e p r e t a m e n t e , n e s t a t e r r a q u e da r o n , R o s a l í a , lemb ranzas soamente que rexurden con má xica harmonía. O l i n d o r e i s e ñ o l, a s a v e s t o d a s tristemente gorxean, Rosalía; faltoulles o alento das túas odas, a n a i q u e l l e s b r i nd a b a c o n a l e g r í a . Harpa de ouro, de cordas diamantinas q u e p o r t i , R o s al í a , f o i p u l s a d a louvando a terra das augas cristalinas de verdes prados e froles matizada, calaches xa: as doces melodías n o n r e s p e t o u a P ar c a m a l f a d a d a , a o se g a r e o f í o dos t e u s d í a s , ¡ e i n d a c h o r a G a l ic i a e s c o n s o l a d a . . . ! R e v i s t a G a l l e g a , A C o r u ñ a, 2 2 7 ( 1 6 . 7 . 1 8 9 9 )

Xosé Vázquez Pintor (1946).Rosa en Iria Como nos vai na urdime das palabras por tanto aniversario que trasnoita e anda en soño sentido nas esperas? E véxote sempre vir de algar canda os fulgores do solsticio, noite en luz que nos amence e somos posuídos pola maxia das fontes e dos mares: versos brancos cabalados no alto coma pedras informes onde asubía o vento dos refachos que despois vai no auxilio de alguén que chama ao lonxe e grita: ven axiña, non pouses, sube ao colo da Terra e cadra aquí con nós un tempo de silencio encantenón acorda outra mornura e antes foxe o desamor, o esquenzo, a tolería de non ser senon aquela sombra que acompaña: ROSALÍA NA DANZA DA RISA E DA INTEMPERIE NUNCA ALTARES Cangas, marzo 2007 IES “San Paio”

27

Biblioteca


BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA: BOUZA BREI, Fermín, Nao senlleira, Seitura, La Voz de Galicia, Biblioteca 120 Galega, A Coruña, 2002. BRITO DE FREITAS, Consuelo, El discurso poético y las condiciones de su producción: una lectura comparada de la poesía de Rosalía de Castro y de Cora Coralina (tesis doctoral), Universidad Complutense de Madrid, 2004. CUNQUEIRO, Álvaro, Dona do corpo delgado, Herba aquí e acolá, Outros poemas, Poesía 19331981, Galaxia, Vigo, 2011. FRANCO GRANDE, Xosé Luís, Entre o si e o non, La Voz de Galicia, Biblioteca 120 Galega, A Coruña, 2002. IGLESIA ALVARIÑO, Aquilino, Cómaros verdes, La Voz de Galicia, Biblioteca 120 Galega, A Coruña, 2002. PIMENTEL, Luís, Sombra do aire na herba, La Voz de Galicia, Biblioteca 120 Galega, A Coruña, 2002. POZO GARZA, Luz, Códice Calixtino, La Voz de Galicia, Biblioteca 120 Galega, A Coruña, 2002. RODRÍGUEZ, Fátima e QUEIPO, Xavier, Poetes gallecs d´avuí (antología),Llibres del Segle, Barna, 2008 (1ª). Ocho siglos de poesía gallega, antología bilingüe (selección y prólogo de Carmen Martín Gaite y Andrés Ruiz Tarazona), Alianza Editorial, Madrid, 1972. http://books.google.es/books?id=42pCMJsxb0C&pg=PA44&lpg=PA44&dq=Collidas+a+pedir+de+porta+en+porta+curros+enríquez &source=bl&ots=r9l5uFoL2Y&sig=k8avxo9KSMlDdUgk_IbZw1QtZ0g&hl=es&sa=X&ei=o5pDT 6OTAtS0hAei952tAQ&ved=0CCQQ6AEwAA#v=onepage&q=Collidas%20a% http://bvg.udc.es/ http://castelaonarede.wordpress.com/discursos/discurso-proxecto-de-constitucion-18-02-1931/ http://commons.wikimedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro http://dspace.usc.es/bitstream/10347/1879/1/pg_193-205_bgl15-16.pdf http://eprints.ucm.es/tesis/fll/ucm-t27646.pdf http://www.un.org/es/events/motherlanguageday/messages.shtml http://www.realacademiagalega.org/Hemeroteca/ArtigosPorNumero.do? magazineId=revigall&identifier=revigall18970822&title=N.+128 http://www.realacademiagalega.org/Hemeroteca/ArtigosPorNumero.do? magazineId=revigall&identifier=revigall18990716&title=N.+227 http://users.fulladsl.be/spb1667/cultural/lorca/seis_poemas_galegos/canzon_de_cuna_pra_rosalia_c astro_morta.html

IES “San Paio”

28

Biblioteca


Día da Lingua Materna 2012 IES “San Paio”

29

Biblioteca


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.