Número 17
Verán 2009
I.E.S. “San Paio” — Tui
B
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
Vacacións lectoras Adeus clases, adeus exames, adeus instituto! Acaba de comezar o verán e con el as merecidas vacacións. É tempo de descanso, de lecer. A biblioteca tamén descansa mais as lecturas e os lectores non teñen vacacións, ao contrario: canto máis tempo libre teñamos mellor poderemos gozar, sen ataduras nin obrigas, das lecturas que temos apartadas, que en verdade desexamos... Agora xa non valen as escusas e se non tes claro o que podes ler aquí presentamos unha pequena mostra, hai libros axeitados para todas as idades e todos os gustos, busca o teu e déixate levar. Ánimo, Boas Vacacións (e se son lectoras aínda mellores)! MARIÑO ALFONSO, XURXO, Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas, ilustracións de Xosé Lois González (O Carrabouxo), Consello da Cultura Galega, 2005. Interesante colección de reflexións persoais, nas que teremos a ocasión de ver reflectidas moitas cuestións propias da vida común, tratadas dende unha óptica científica. Xurxo Mariño logra poñer os coñecementos ao alcance de cadaquén empregando palabras cotiás sen que por iso baixe o rigor científico. Os artigos son de lectura fácil, podendo elixir a orde de lectura que cada quen estime oportuno. MARIÑO ALFONSO, XURXO, Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro, ilustracións de Santy Gutiérrez e infografías de Manuela Mariño, Consello da Cultura Galega, 2007. “A maioría dos átomos do teu corpo créanse no corazón das supernovas, as explosións coas que rematan a súa vida moitas estrelas. De aí vimos todos: somos, literalmente po de estrelas” Outra nova entrega de artigos na que se demostra que a comprensión do mundo que nos rodea e a mellor maneira de loitar contra a credulidade e o fanatismo. So se necesita elixir por onde comezar a lectura dos artigos. SETTERFIELD, DIANE, El cuento número trece, Debolsillo, 2009. Un libro que entre mentiras, recordos e imaxinación tece a vida da señora Winter, unha famosa novelista, xa moi entrada en anos que pide axuda a Margaret para contar por fin a historia de seu misterioso pasado. Bastante ben escrita, aínda que quizais de desenvolvemento algo lento. SPENCER JOHNSON M.D., ¿Quién se ha llevado mi queso?, Empresa Activa, 2009 Comeza o autor explicando como as personaxes do conto representan unha parte da nosa personalidade. Nunha reunión de antigos amigos, todos contan os cambios sufridos na vida ata ese día. Un deles explícalles que a su vida comezou a funcionar mellor a partires dun conto que lle cambiou a vida, no que os protagonistas eran dous ratos e dous liliputienses que amosaban actitudes ben distintas fronte ao perigo e aos cambios. LEROUX, GASTON, O misterio do cuarto amarelo, Edicións Xerais de Galicia, 1986 Unha das máis importantes novelas de misterio clásicas. Hai que descubrir como un asasino abandona o lugar do seu crime... mais ao descubrir o delito o recinto está hermeticamente pechado. O argumento xira ao redor dos sucesivos descubrimentos de Rouletabille, o xornalista-detective que estudia o caso, e nel combínase a claridade expositiva, propia dunha reportaxe periodística, con certas pinceladas de afectividade e nostalxia.