Skip to main content

Biblioxornal 10

Page 1

Número 10

3º Trimestre 2008

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Letras, Libros, Lecturas Remata a primavera, tempo de letras, libros e lectura. A finais de marzo celebramos os Días Internacionais da Poesía e do Teatro. En abril as efemérides foron o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil (día 2), Día das Letras Clásicas (día 21) e Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor (día 23). Xa en maio o 17 foron as nosas letras, representadas pola egrexia figura do tudense Xosé María Álvarez Blázquez, as festexadas. Tamén a mediados de abril comezamos a posta en práctica dun tempo semanal específico de lectura nas aulas. Esta actuación completa outras que xa instauradas no centro (poesía do mes, libro do mes, lecturas programadas polos diversos Departamentos Didácticos...) forman parte do Proxecto Lector. Un pequeno grupo concluímos nestas datas as xuntanzas do club de lectura. Desde novembro compartimos e comentamos algunhas lecturas, esperamos incrementar o número de participantes e de lecturas para o curso que ven. Chega o verán. Dispor de máis tempo libre vainos permitir seguir gozando, sen obrigas, de máis libros e lecturas. Podes guiarte por algunhas das suxestións que aquí che ofertan algunhas compañeiras lectoras ou elixir ti con absoluta liberdade aquilo que, en verdade, te chame. A fin de contas, o importante é seguir en contacto coas letras, os libros e as lecturas... Antón RIVEIRO COELLO, A Esfinxe de Amaranto, Galaxia, Vigo, 2003. É un libro cunha trama moi fermosa, e escrito dunha maneira moi orixinal, que engancha dende as primeiras páxinas. Penso que o mellor deste libro é que o autor sabe reflectir moi ben o punto de vista das mulleres. Gustoume moito que estivese protagonizado sobre todo por personaxes femininas cunha forte personalidade, mulleres que amosan unha grande fortaleza ao verse obrigadas a convivir cunha rede de segredos sobre a historia dunha familia a través de distintas xeracións. As historias de amor, lembranzas e silencios vanse descubrindo ao longo do libro até chegar á abraiante revelación final. (Laura Riesco) Outros libros de Antón Riveiro Coello: A canción de Sávora, A Nosa Terra, 2003. Os ollos de K, Galaxia, 2007 Anxos SUMAI, Así nacen as baleas, Galaxia, Vigo, 2007. A novela trata dunha moza que vive en EEUU e regresa á casa para atoparse coa súa nai que está enferma. O encontro prodúcelles unha sensación rara... A protagonista comeza a lembrar a súa infancia, como o seu pai abandonou á familia e como souberon que tiña unha filla no Xapón. Fálanos do seu irmán, Ramón, que era deficiente, moi cariñoso con ela cando era pequena, aínda que algunhas persoas dicían que era agresivo. Un día o irmán morre na piscina dos seus tíos. No transcurso do libro a nai lle va ditando unha carta á súa filla, sen dicirlle a quen vai dirixida, ao final, sábese que é para Akiko, á filla de quen foi o seu home. Gustoume o libro, aínda que me parece triste a vida de Ramón, xa que non todo o mundo o trata ben, nin o comprende. Tamén me parece triste a vida da nai da protagonista... como se tivese unha vida bastante infeliz. (Icia Irlanda Castillo Carballa)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook