Issuu on Google+

FELIPE V . Os decretos de Nova Planta. Comentario de Paula Mourelo IES Francisco Aguiar. Betanzos. Curso 2011-2012


Considerando haber perdido los Reinos de Aragón y de Valencia, y todos sus habitadores por el rebelión que cometieron, faltando enteramente al juramento de fidelidad que me hicieron como a su legítimo Rey y Señor, todos sus fueros, privilegios, exenciones y libertades que gozaban y que con tan liberal mano se les habían concedido, así por mí como por los Señores Reyes mis predecesores, particularizándolos en esto de los demás Reinos de esta Corona; y tocándome el dominio absoluto de los referidos reinos de Aragón y de Valencia, pues a la circunstancia de ser comprendidos en los demás que tan legítimamente poseo en esta Monarquía, se añade ahora la del justo derecho de la conquista que de ellos han hecho últimamente mis Armas con el motivo de su rebelión; y considerando también, que uno de los principales atributos de la Soberanía es la imposición y derogación de leyes, las cuales con la variedad de los tiempos y mudanza de costumbres podría yo alterar, aun sin los graves y fundados motivos y circunstancias que hoy concurren para ello en lo tocante a los de Aragón y Valencia. He juzgado conveniente (así por esto como por mi deseo de reducir todos mis reinos de España a la uniformidad de unas mismas leyes, usos, costumbres y Tribunales, gobernándose igualmente todos por las leyes de Castilla tan loables y pausibles en todo el Universo) abolir y derogar enteramente, como desde luego doy por abolidos y derogados, todos los referidos fueros, privilegios, práctica y costumbre hasta aquí observadas en los referidos reinos de Aragón y Valencia; siendo mi voluntad, que éstos se reduzcan a las leyes de Castilla, y al uso, práctica y forma de gobierno que se tiene y ha tenido en ella y en sus Tribunales sin diferencia alguna en nada; pudiendo obtener por esta razón mis fidelísimos vasallos los Castellanos oficios y empleos en Aragón y Valencia, de la misma manera que los Aragoneses y Valencianos han de poder en adelante gozarlos en Castilla sin ninguna distinción(…) Decretos de Nueva Planta. Reinado de Felipe V, 1.707


A sucesión de Carlos II provocou un importante conflito dinástico en España entre o pretendente francés Filipe de Anjou, membro da casa dos Borbóns, a mesma que tamén gobernaba na veciña Francia, e o arquiduque Carlos, membro da dinastía dos Austrias.

Ademais dos conflitos internacionais ocasionados polos intereses das diferentes potencias europeas en relación coa coroa española, no noso país a loita sucesoria converteuse nunha guerra civil, na que a Coroa de Castela, Navarra e País Vasco optaron por manterse fieis a Filipe V, mentres que a Coroa de Aragón (Cataluña, Aragón Valencia e Mallorca) optou por apoiar aos Austrias. O conflito finalizou coa vitoria das forzas borbónicas, sucedéndose durante o século XVIII os reinados de Filipe V e os seus descendentes, que impuxeron unha monarquía absolutista e iniciaron reformas para fortalecer o Estado mediante a centralización política e a uniformidade lexislativa e institucional.

Un paso importante no afán de uniformización lexislativa foi a aplicación dos Decretos de Nova Planta para os territorios da Coroa de Aragón, primeiro en Aragón e Valencia (1707) e despois en Mallorca (1715) e Cataluña (1716), a través dos que se suprimiron os foros e as institucións dos reinos da Coroa de Aragón, que pasaron a ser gobernados polas leis castelás. Esta vontade de Filipe V exponse claramente no texto dos propios Decretos, ao sinalar que “He juzgado conveniente (...) abolir y derogar enteramente, como desde luego doy por abolidos y derogados, todos los referidos fueros, privilegios, práctica y costumbre hasta aquí observadas en los referidos Reinos de Aragón y de Valencia; siendo mi voluntad que estos se reduzcan a las leyes de Castilla, y al uso, práctica y forma de gobierno que se tiene en ella y en sus Tribunales sin diferencia en nada”.


Desta maneira, todo o territorio da monarquía española pasaba a ter un sistema de goberno uniforme, coa única excepción de Navarra e do País Vasco, que polo seu apoio a Filipe V puideron conservar os seus foros.

Nos propios Decretos de Nova Planta Filipe V xustificou a súa aplicación:

·

Os territorios da Coroa de Aragón romperon o pacto coa Coroa ao rebelarse contra Filipe V: “(...) por la rebelión que cometieron, faltando enteramente al juramento de fidelidad que me hicieron como a su legítimo Rey y Señor, (...)”.

·

O monarca ten o dereito absoluto para gobernar, pois foi nomeado herdeiro por Carlos II (dereito de herdanza), circunstancia á que hai que engadir a ocupación e conquista conseguida durante a guerra: “(...) y tocándome el dominio absoluto de los referidos reinos de Aragón y de Valencia, pues a la circunstancia de ser comprendidos en los demás que tan legítimamente poseo en esta Monarquía, se añade ahora la del justo derecho de la conquista que de ellos han hecho últimamente mis Armas con el motivo de su rebelión”.

·

Un dos atributos do Rei é a imposición e derrogación de leis: “(...) y considerando también que uno de los principales atributos de la Soberanía es la imposición y derogación de leyes”.

·

O desexo de implantar en todos os reinos de España unha uniformidade das leis: “(...) por mi deseo de reducir todos mis reinos de España a la uniformidad de unas mismas leyes, usos, costumbres y Tribunales”.


A centralización e a uniformidade manifestáronse tamén na administración dos territorios. Os Decretos de Nova Planta converteron os reinos da Coroa de Aragón en provincias, reforzándose a igualdade xerárquica de todos os territorios e a súa subordinación respecto ao estado central absolutista. Este sistema provincial xeneralizouse en toda España, pasando o goberno destes territorios aos intendentes (con funcións administrativas, xudiciais, fiscais e de estímulo económico) e aos capitáns xenerais (autoridade militar e con funcións tamén xudiciais). Os cambios administrativos introducidos durante o reinado de Filipe V tiveron unha enorme repercusión, xa que introduciron o sistema provincial, que perdura nos nosos días. Aínda que a actual división territorial é posterior ( de 1833) . Logo da promulgación da Cosntitución de 1978 e a creación do estado autonómico, introdúcese un modelo que, conservando as divisións provinciais, rexeita o centralismo e a uniformización de raíz borbónica para achegarse a un modelo máis descentralizado. Algunhas das Comunidades Autónomas actuais coinciden no ámbito xeográfico coas rexións militares instauradas na administración daquela época. Algunhas como Navarra conservan na denominación “foral” a testemuña de que foron premiadas por Filipe polo seu apoio co mantemento das súas peculiaridades forais. Noutras comunidades pervive o sentimento de agravio contra Filipe V


Felipe V e os Decretos de Nueva Planta