Servizos e actividades didácticas 13-14

Page 10

Obradoiros de educación ambiental Fauna Un achegamento aos animais da nosa contorna.

Coñecemento da fauna salvaxe máis relevante e as súas características co fin de aproximar aos animais salvaxes e eliminar falsos mitos e actitudes negativas. Público:

A partir de 6 anos

Grupos:

Máximo 15 nenos por monitor

Duración:

4 horas

Prezo:

8 € por persoa (grupos ata 15 persoas) 5 € por persoa (grupos ata 30 persoas)

Material:

Facilitado polos monitores (guías de identificación, escaiola, rastros, plumas...)

Obxectivos: - Proporcionar un coñecemento básico sobre a fauna salvaxe e a súa importancia. - Fomentar o interese polos animais e a súa protección e conservación. - Erradicar falsos mitos sobre os animais salvaxes. - Aprender a utilizar un caderno de campo. Contido: - Apartado teórico: Pequena introdución á fauna salvaxe nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións... - Apartado práctico: Saída práctica pola contorna do centro ou lugar próximo para a observación da fauna, rastrexos e realización de obradoiro de pegadas e dinámicas relacionadas coa temática. Realización dun caderno de campo.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.