Issuu on Google+

Gal

2013-2014

servizos e actividades

DIDテ,TICAS


Bilurico Medio Ambiente - Bilurico Bike

En Ourense

ponte romana bilurico medio ambiente 988 044 137 - 616 667 446

N

Xeitura: xestión integral do Patrimonio Cultural

En Allariz rúa de san lourenzo emi

lia p ard

o ba

rúa de castelao

ta l

xeitura patrimonio

ho s

pi

contacto@xeitura.com do

650 057 011 - 651 017 416 rú a

O

zán

PORT OVELL

río arnoia

rúa

a rú su r

N

Ó

praza do eir


Na actualidade, cando falamos de educación, non podemos pensar únicamente nun estadio de aprendizaxe dentro dos currícula oficiais. A educación ten que ser contemplada como o eixo central do desenvolvemento das persoas. O coñecemento, e a formación téñense que adaptar constantemente para optimizar ese proceso de aprendizaxe pero tamén para transmitir outros valores transversais que permitan as novas xeracións mirar con outros ollos os seus montes, cidades, vilas ou aldeas. De tal modo que sexan garantes do seu coñecemento no presente pero tamén da súa conservación no futuro. Con esta filosofía e concepción da educación xurde a proposta educativa das empresas ourensáns Xeitura: xestión integral do Patrimonio Cultural e Bilurico Medio AmbienteBilurico Bike, co obxectivo de ofertar recursos ao servizo da cidadanía fomentando o coñecemento do patrimonio máis próximo e menos valorado. O patrimonio que é de todos e que temos a responsabilidade de coñecer, pero tamén de conservar. Para conseguilo, combinando as técnicas da disciplina da interpretación patrimonial coas técnicas de aprendizaxe baseadas na educación formal e non formal, presentamos catro tipos de actividades: obradoiros de educación ambiental, talleres didácticos, visitas guiadas e itinerarios interpretativos. Actividades que se ben permiten reforzar o temario escolar oficial, permiten tamén estimular a curiosidade do alumnado pola súa contorna máis próxima e ao mesmo tempo a menos valorada.

...reforzar a formación intelectual, optimizar a aprendizaxe, o coñecemento e integración no medio e o desenvolvemento persoal

OBXECTIVOS: - “...ensinar todas as cousas a todas as persoas, con rapidez, alegría e eficacia” (Comenio, Didáctica Magna) - Ofrecer unha imaxe máis dinámica e atractiva de temáticas tradicionalmente percibidas polos máis novos como aburridas - Achegar o coñecemento da historia e a arqueoloxía a través dos elementos da cultura material presentes na contorna inmediata onde se realizan as actividades - Concienciar aos máis novos do valor do patrimonio natural e cultural que os rodea e do que son herdeiros. Logrando que o respecten e protexan - Completar a educación formal (recibida durante o ano académico nun contexto limitado en canto a horarios, currícula...) coa educación non formal e informal. Promovendo aptitudes sociais e persoais, facilitando a interacción cognitiva dos participantes co medio que os rodea, así como a adquisión dun sistema íntegro de valores - O tratamento rigoroso presentado nas actividades permite a avaliación dun nivel de aprendizaxe escolar


ACTIVIDADES Obradoiros de educación ambiental - Papel reciclado. Unha nova oportunidade para o papel.

Actividade para concienciar sobre a importancia da reciclaxe á que se fai un obradoiro de manualidades. - Ornitoloxía. Descubrindo o mundo das aves.

Un achegamento ao mundo das aves a través do seu estudo, observación e realización de obradoiros de móbiles, comedeiros e caixas-niño. - Fauna. Un achegamento aos animais da nosa contorna. Coñecemento da fauna salvaxe máis relevante e as súas características co fin de aproximar aos animais salvaxes e eliminar falsos mitos e actitudes negativas. - A vida no bosque. O bosque a través dos sentidos.

Permite adentrarse na vida do bosque, utilizando todos os sentidos e coñecendo os seus habitantes, tanto vexetais como animais. - Reciclaxe. Os materiais de refugallo como materia prima.

Actividade na que se realiza un obradoiro con materiais que rematarían no lixo. Ao tempo que se realizan manualidades descúbrese a importancia da reciclaxe e da reducción dos residuos.

Visitas guiadas - O val da morte.

Ruta guiada ao conxunto megalítico do Val do Salas. - Castros de Cualedro. Visita guiada aos castros de A Saceda e San Millao, no concello de Cualedro. - Conxunto arqueolóxico e natural de Santomé.

Visita guiada ao castro e vila romana de Santomé, no concello de Ourense. - As mansións da Via Nova.

Visitas interpretativas aos xacementos arqueolóxicos de Aquis Originis - Ogeresibus (Lobios) e Aquis Querquennis (Bande). - Torres e castelos.

Ruta guiada polas torres da Limia.


ACTIVIDADES Talleres - Arqueoloxía. Unha introdución á metodoloxía científica.

Permite adquirir unha grande comprensión do método científico aplicado en Arqueoloxía, reforzado pola súa posta en práctica e empregando obxectos (réplicas) que tradicionalmente só poden ser vistos a través dun crista l. - Que chegan os cavernícolas! Achegamento á Prehistoria.

Un achegamento dos máis cativos á evolución do tempo e ao modo de vida dos antepasados coa elaboración de diferentes manualidades. - Os segredos dos xeroglíficos. Introdución á cultura exipcia por medio da escrita, achegando os ritos, as crenzas e os modos de vida mediante a práctica da súa escrita. - tesela+tesela+tesela= mosaico.

Achegamento ao modo de construción romano, tomando como exemplos os restos conservados en Galicia, especialemente os mosaicos. - A luz do medievo.

Achegamento ás técnicas paleográficas para comprender a evolución da escritura ao longo do tempo, así como a existencia de diferentes tipoloxías. - As figuras... vermellas ou negras?

Introdución á evolución da produción cerámica e a súa importancia en arqueoloxía. Técnicas, tipoloxías e decoracións. - Arte medieval: do Románico ao Gótico.

Achegamento a través das técnicas constructivas de cada época. - ExpresARTE.

Permite achegar aos máis pequenos coñecementos sobre a Historia da Arte dende prácticas creativas, abordando contidos históricos relacionados co facer plástico. - Experimenta conCIENCIA.

Experimentos sinxelos seleccionados para que poder comprender a importancia dalgúns avances históricos realizados por científicos como Galileo Galilei, Newton, Einstein...

Itinerarios interpretativos - Parque Natural O Invernadoiro. - Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés - VIA NOVA. - Muíños do Arnoia - Reserva da Biosfera Área de Allariz. - Ruta ciclointerpretativa da Limia. - Torre Porqueira + Fervenza do Fírveda. - Roteiro Arqueolóxico por Armea (Santa Mariña Augas Santas, Allariz). - As orixes da cidade de Ourense.


Obradoiros de educación ambiental Papel reciclado Unha nova oportunidade para o papel!

Actividade para concienciar sobre a importancia da reciclaxe á que se fai un obradoiro de manualidades.

Público:

A partir de 6 anos

Grupos:

Máximo 15 nenos por monitor

Duración:

4 horas

Prezo:

8 € por persoa (grupos ata 15 persoas) 5 € por persoa (grupos ata 30 persoas)

Material:

Facilitado polos monitores e os participantes (xornais, revistas, follas de árbores, confeti, témpera, talla, bastidores)

Obxectivos: - Sensibilizar sobre o abuso do papel e a necesidade de reutilizalo, reciclalo e reducir o seu uso. - Presentar o concepto de reciclaxe. - Fomentar o interese sobre as manualidades. Contido: - Apartado teórico: Pequena introdución sobre a reciclaxe de papel cunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos... - Apartado práctico: Xogos con papeis de xornais antigos e realización do proceso de elaboración de papel reciclado: 1º Troceado do papel e elaboración da pasta 2º Realización de follas de papel reciclado con bastidores 3º Decoración do papel con diferentes elementos 4º Secado do papel e usos


Obradoiros de educación ambiental Ornitoloxía Descubrindo o mundo das aves.

Un achegamento ao mundo das aves a través do seu estudo, observación e realización de obradoiros de móbiles, comedeiros e caixas-niño.

Público:

A partir de 8 anos

Grupos:

Máximo 15 nenos por monitor

Duración:

10 horas (2 xornadas de 5 h.) - Posibilidade de obradoiro reducido

Prezo:

15 € por persoa (grupos ata 15 persoas) 11 € por persoa (grupos ata 30 persoas)

Material:

Facilitado polos monitores (escaiola)

Obxectivos: - Dar a coñecer a importancia ecolóxica das aves e as súas características. - Ensinar o uso de material óptico para a observación da avifauna. - Descubrir o funcionamento e a construción de caixas niño para aves. Contido: - Apartado teórico: Pequena introdución ao mundo das aves cunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos... - Apartado práctico: Saída práctica pola contorna do centro para a observación de avifauna in situ. Obradoiro de móbiles con debuxos de aves. Obradoiro de comedeiros e caixas-niño.


Obradoiros de educación ambiental Fauna Un achegamento aos animais da nosa contorna.

Coñecemento da fauna salvaxe máis relevante e as súas características co fin de aproximar aos animais salvaxes e eliminar falsos mitos e actitudes negativas. Público:

A partir de 6 anos

Grupos:

Máximo 15 nenos por monitor

Duración:

4 horas

Prezo:

8 € por persoa (grupos ata 15 persoas) 5 € por persoa (grupos ata 30 persoas)

Material:

Facilitado polos monitores (guías de identificación, escaiola, rastros, plumas...)

Obxectivos: - Proporcionar un coñecemento básico sobre a fauna salvaxe e a súa importancia. - Fomentar o interese polos animais e a súa protección e conservación. - Erradicar falsos mitos sobre os animais salvaxes. - Aprender a utilizar un caderno de campo. Contido: - Apartado teórico: Pequena introdución á fauna salvaxe nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións... - Apartado práctico: Saída práctica pola contorna do centro ou lugar próximo para a observación da fauna, rastrexos e realización de obradoiro de pegadas e dinámicas relacionadas coa temática. Realización dun caderno de campo.


Obradoiros de educación ambiental A vida no bosque O bosque a través dos sentidos.

Permite adentrarse na vida do bosque, utilizando todos os sentidos e coñecendo os seus habitantes, tanto vexetais como animais.

Público:

A partir de 6 anos

Grupos:

Máximo 15 nenos por monitor

Duración:

4 horas

Prezo:

8 € por persoa (grupos ata 15 persoas) 5 € por persoa (grupos ata 30 persoas)

Material:

Facilitado polos monitores (plancha para herbario, folios, ceras, documentación...)

Obxectivos: - Sensibilizar sobre a importancia dos nosos bosques e o papel ecolóxico que cumpren. - Fomentar o uso de sentidos nun entorno natural. - Concienciar sobre a necesidade de coñecer e protexer o medio. - Aprender a utilizar un caderno de campo. Contido: - Apartado teórico: Pequena introdución ao concepto de “bosque” nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións... - Apartado práctico: Realización de diferentes actividades nun bosque ou parque próximo. 1º Plantación dunha árbore 2º Debuxar as codias das árbores 3º Realización dun herbario con follas de árbores 4º Uso do caderno de campo 5º Dinámica “Os Sentidos” para coñecer mellor o bosque a través de todos os sentidos


Obradoiros de educación ambiental Reciclaxe Os materiais de refugallo como materia prima.

Actividade na que se realiza un obradoiro con materiais que rematarían no lixo. Ao tempo que se realizan manualidades descúbrese a importancia da reciclaxe e da reducción dos residuos. Público:

A partir de 4 anos

Grupos:

Máximo 15 nenos por monitor

Duración:

4 horas

Prezo:

8 € por persoa (grupos ata 15 persoas) 5 € por persoa (grupos ata 30 persoas)

Material:

Facilitado polos monitores e alumnos (briks, botellas de plástico, papel, cartón...)

Obxectivos: - Sensibilizar sobre o abuso de materiais e envoltorios de plásticos e a necesidade de reutilizalos, reciclalos e reducir o seu uso. - Fomentar o interese sobre as manualidades. - Introducir os conceptos de reciclaxe, reutilización e reducción. Contido: - Apartado teórico: Pequena introdución ao concepto de “reciclaxe” nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións... - Apartado práctico: Realización dunha dinámica práctica sobre reciclaxe e reutilización dunha manualidade utilizando materiais de refugallo. As manualidades poden variar en función das idades e a estación do ano: - Adornos de nadal - Xoguetes diversos: damas, bolos... - Cestos, caixas...


Visitas guiadas O val da morte Ruta guiada ao conxunto megalítico do Val do Salas.

Actividade na que se visita, acompañados de guías-interpretes, o complexo prehistórico do Val do Salas. A necrópole megalítica máis importante da provincia de Ourense. Público:

A partir de 12 anos

Grupos:

Máximo 15 nenos por guía

Duración:

1 hora 30 minutos

Prezo:

60 € x guía-interprete

Castros de Cualedro Visita guiada aos castros de A Saceda e San Millao (Cualedro).

Visita a cargo dun arqueólogo especialista na Idade do Ferro ao único castro declarado Ben de Interese Cultural da provincia de Ourense. Público:

A partir de 12 anos

Grupos:

Máximo 25 persoas

Duración:

2 horas

Prezo:

75 €

Castro de Santomé Visita guiada ao castro e vila romana de Santomé (Ourense).

Visita a cargo de historiadores e ambientólogos ao Conxunto Arqueolóxico e Natural de Santomé. Público:

A partir de 8 anos

Grupos:

Máximo 15 nenos por guía

Duración:

1 hora e 30 minutos

Prezo:

60 € x guía-interprete


Visitas guiadas As mansións da Via Nova Visita guiada ás mansións romanas escavadas na Baixa Limia.

Actividade na que se visitan, acompañados de guías-interpretes, os xacementos arqueolóxicos de Aquis Originis-Ogeresibus (Lobios) e Aquis Querquennis (Bande). [Posibilidade visita ao Centro de Interpretación da Via Nova]. Público:

A partir de 12 anos

Grupos:

Máximo 15 nenos por guía

Duración:

3 horas

Prezo:

95 € x guía-interprete

Torres e castelos Ruta guiada polas torres da Limia.

Visitas guiadas ás torres de Porqueira, A Pena e Sandiás acompañados de historiadores especialistas en interpretación patrimonial. Público:

A partir de 12 anos

Grupos:

Máximo 15 nenos por guía

Duración:

3 horas

Prezo:

95 € x guía-interprete


Talleres Arqueoloxía Unha introducción á metodoloxía científica.

Permite adquirir unha grande comprensión do método científico aplicado en Arqueoloxía, reforzado pola súa posta en práctica e empregando obxectos (réplicas) que tradicionalmente só poden ser vistos a través dun cristal. Público:

A partir de 9 anos

Grupos:

Máximo 20 nenos por monitor

Duración:

4 horas

Prezo:

180 € (grupos inferiores a 20 persoas) 9 € por persoa (grupos superiores a 30 persoas)

Material:

Facilitado polos monitores (caixas, area, ferramenta de escavación e rexistro, debuxo, documentación...)

Obxectivos: - Sensibilizar sobre o significado do concepto de patrimonio arqueolóxico, utilizando como exemplo o pasado romano da cidade de Ourense. - Proporcionar un coñecemento básico sobre o que é a Arqueoloxía como ciencia auxiliar. - Concienciar sobre a necesidade de coñecer, conservar e protexer o patrimonio arqueolóxico. Contido: - Apartado teórico: Introdución á Arqueoloxía nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións... - Apartado práctico: Recreación do proceso dunha escavación arqueolóxica para introducir conceptos como cultura material, estratigrafía, rexistro, debuxo. Terminando no análise dos datos obtidos e presentación de resultados á comunidade (presentación e visitas)


Talleres Que chegan os cavernícolas!! Achegamento á Prehistoria.

Un achegamento dos máis cativos á evolución do tempo e do modo de vida dos antepasados coa elaboración de diferentes manualidades. Público:

A partir de 6 anos

Grupos:

Máximo 20 nenos por monitor

Duración:

2 horas

Prezo: Material:

90 € (grupos inferiores a 20 persoas) 4.5 € por persoa (grupos superiores a 20 persoas) Facilitado polos monitores (atrezo e material funxible)

Obxectivos: - Fomentar o interese polo noso pasado. Adquisición de coñecementos sobre a vida e a arte na Prehistoria. - Coñecemento e aplicación das técnicas que os homes prehistóricos empregaban nas pinturas rupestres ou na elaboración de cerámica. Contido: - Apartado teórico: Introdución á Prehistoria nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións... - Apartado práctico: Realización dunha pintura rupestre e un vaso cerámico seguindo os modelos existentes na Península Ibérica.


Talleres Os segredos dos xeroglíficos Introducción á cultura exipcia por medio da escrita.

Achegamento e comprensión dos ritos, crenzas e modos de vida da cultura exipcia mediante a práctica da súa escrita. Público:

A partir de 6 anos

Grupos:

Máximo 20 nenos por monitor

Duración:

2 horas

Prezo: Material:

90 € (grupos inferiores a 20 persoas) 4.5 € por persoa (grupos superiores a 20 persoas) Facilitado polo alumnado e os monitores (rolos de papel hixiénico, material funxible)

Obxectivos: - Introdución ao concepto de comunicación e información mediante a aproximación á escrita e lectura de textos. - Comprensión da cosmovisión exipcia, a ultratumba, o mundo relixioso, ritos, amuletos... Contido: - Apartado teórico: Introdución á civilización exipcia nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións... - Apartado práctico: Práctica de lectura e escritura de textos e realización dun amuleto exipcio cun cartucho no seu reverso ou no brazalete de protección.


Talleres Tesela + tesela = mosaico A construción en época romana.

Achegamento ao modo de construción romano, tomando como exemplos os restos conservados en Galicia, especialemente os mosaicos. Público:

A partir de 6 anos

Grupos:

Máximo 20 nenos por monitor

Duración:

2 horas

Prezo:

100 € (grupos inferiores a 20 persoas) 5 € por persoa (grupos superiores a 20 persoas)

Material:

Facilitado polos monitores (material funxible)

Obxectivos: - Obradoiro de arqueoloxía experimental para comprender e valorar o traballo realizado polos artesáns de época romana. - Fomentar a creatividade aplicando as diferentes técnicas constructivas e recursos propios de época romana. Contido: - Apartado teórico: Introdución á civilización romana nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións... - Apartado práctico: Realización dunha pequeno mosaico con material funxible no cal poderán representar algún modelo conservado na provincia ou expresar a súa creatividade.


Talleres A luz do medievo Achegamento á Paleografía.

Achegamento ás técnicas paleográficas para comprender a evolución da escritura ao longo do tempo, así como a existencia de diferentes tipoloxías. Público:

A partir de 8 anos

Grupos:

Máximo grupos de 15 persoas (con acceso Arquivo Histórico)

Duración:

2 horas

Prezo: Material:

90 € (grupos inferiores a 20 persoas) 4.5 € por persoa (grupos superiores a 20 persoas) Facilitado polos monitores (material funxible)

Obxectivos: - Comprensión e coñecemento da escritura, a súa orixe e evolución, especialmente a labor dos monxes nos scriptorium. - Achegarse aos diferentes elementos empregados dende a creación do pergameo ata a iluminación dos libros. Contido: - Apartado teórico: Introdución á temática nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións... - Apartado práctico: Realización e iluminación dun documento medieval e práctica de diferentes tipos de letras.


Talleres As figuras... vermellas ou negras? A importancia da cerámica en arqueoloxía.

Introdución á evolución da produción cerámica e a súa importancia en arqueoloxía. Técnicas, tipoloxías e decoracións. Público:

A partir de 6 anos

Grupos:

Máximo 20 nenos por monitor

Duración:

2 horas

Prezo:

100 € (grupos inferiores a 20 persoas) 5 € por persoa (grupos superiores a 20 persoas)

Material:

Facilitado polos monitores (material funxible)

Obxectivos: - Coñecer os procesos e logros técnicos, a variedade de formas, técnicas e decoracións... para comprender os distintos contextos culturais. - Descubrir a importancia histórica da cerámica, a súa comercialización e uso nas diferentes sociedades dende época grega ata a actualidade. Contido: - Apartado teórico: Introdución á produción cerámica nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións... - Apartado práctico: Realización dunha pintura de figuras negras ou vermellas seguindo os modelos gregos.


Talleres Arte medieval Do Románico ao Gótico.

Achegamento á arte medieval a través das técnicas constructivas de cada época.

Público:

A partir de 8 anos

Grupos:

Máximo grupos de 15 persoas (con acceso Arquivo Histórico)

Duración:

2 horas

Prezo: Material:

80 € Facilitado polos monitores (material funxible)

Obxectivos: - Coñecemento das técnicas e ferramentas empregadas na construción dos templo, distinguindo estilos e épocas. - A arte como análise do contexto social.

Contido: - Apartado teórico: Introdución á temática nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións... - Apartado práctico: Realización dunha vidreira ou rosetón gótico.


Talleres ExpresARTE! A creatividade ao servizo da arte.

Permite achegar aos máis pequenos coñecementos sobre a Historia da Arte dende prácticas creativas, abordando contidos históricos relacionados co facer plástico. Público:

A partir de 6 anos

Grupos:

Máximo 20 nenos por monitor

Duración:

2 horas

Prezo:

90 € (grupos inferiores a 20 persoas) 4.5 € por persoa (grupos superiores a 20 persoas)

Material:

Facilitado polos monitores (material funxible)

Obxectivos: - Achegar a linguaxe artística aos máis novos co fin de espertar a creatividade e inquedanzas persoais relacionadas coas vangardas. - Descubrir os diferentes movementos artísticos procurando os nexos e principais figuras comprendendo a arte como ferramenta de expresión social. Contido: - Apartado teórico: Introdución á temática nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións... - Apartado práctico: Cada alumno toma un fragmento dunha obra orixinal para facer un novo cadro con pinturas e outros materiais diversos (papeis, material de refugallo...) para conseguir texturas suxerentes.


Talleres Experimenta conCIENCIA O mundo das ciencias.

Experimentos sinxelos seleccionados para que poder comprender a importancia dalgúns avances históricos realizados por científicos como Galileo Galilei, Newton, Einstein... Público:

A partir de 6 anos

Grupos:

Máximo grupos de 20 persoas

Duración:

2 horas

Prezo: Material:

90 € (grupos inferiores a 20 persoas) 4.5 € por persoa (grupos superiores a 20 persoas) Facilitado polos monitores (material funxible)

Obxectivos: - Comprender os efectos da presión atmosférica e as consecuencias das diferenzas de presións. - Experimentar os efectos da gravidade, o rozamento do aire...

Contido: - Apartado teórico: Introdución á temática nunha charla co apoio de abundante material gráfico: ppt, filmes, debuxos, reproducións... - Apartado práctico: Realización de diferentes experimentos de Física e Química que permitirán presentar as diferentes teorías e figuras relevantes da historia da ciencia.


Itinerarios interpretativos Parque Natural O Invernadoiro Un percorrido polo Macizo Central Ourensán.

Itinerario interpretativo a pé no interior do Parque Natural O Invernadoiro acompañados dun ambientólogo para descubrir os principais valores do lugar, especialmente a observación de fauna.

Público:

A partir de 12 anos

Grupos:

Máximo 20 nenos por guía

Duración:

3 horas (opción 6 horas)

Prezo:

100 € x guía-interprete (3 horas) 150 € x guía-interprete (6 horas)

P.N.B.L. Serra do Xurés - VIA NOVA Arqueoloxía, historia e natureza.

Ruta interpretativa a pé dende Portela de Home ata Os Baños para promover estilos de vida saudables ao tempo que da man dun arqueólogo e ambientólogo mellórase a integración cognitiva co medio natural e cultural da zona.

Público:

A partir de 12 anos

Grupos:

Mínimo 30 persoas

Duración:

3 horas

Prezo:

200 €


Itinerarios interpretativos Muíños Arnoia - Reserva Biosfera Un paseo interpretativo pola Reserva da Biosfera Área de Allariz.

Ruta a pé ao carón do Río Arnoia para descubrir o valor etnográfica asociado aos muíños e a importancia de conservar os hábitats naturais propios como garantes de preservación de fauna e flora. Acompañamento en ruta por ambientólogos e historiadores. Público:

A partir de 12 anos

Grupos:

Máximo 20 nenos por guía

Duración:

3 horas

Prezo:

100 € x guía-interprete

Ciclointerpretativa da Limia Lagoas, agricultura, aves e industria. (Inclúe bicicleta)

Ruta en bicicleta para grupos reducidos pola chaira limiá percorrendo zonas típicamente agrícolas, así como as areeiras de Sandiás, o Monumento Natural Carballa da Saínza... realizando paradas interpretativas a cargo dun ambientólogo que permite comprender a evolución da paisaxe limiá no último século. Público:

A partir de 12 anos

Grupos:

Máximo 14 persoas (limitado número de bicicletas)

Duración:

4 horas

Prezo:

160 €


Itinerarios interpretativos Torre Porqueira + Fervenza Fírbeda Camiñando entre auga e pedra.

Pequena ruta de sendeirismo ao carón do río Fírbeda e da súa fabulosa fervenza, rematando na Torre de Porqueira. Acompañamento en ruta de ambientólogos e historiadores cos que se fan diferentes paradas interpretativas.

Público:

A partir de 12 anos

Grupos:

Mínimo 30 persoas

Duración:

3 horas

Prezo:

200 €

Roteiro arqueolóxico por Armea Arqueoloxía, lendas e tradición.

Ruta interpretativa a pé por Santa Mariña de Augas Santas na que se combina a visita ao castro, o forno da santa e a basílica. Acompañamento en ruta de arqueólogos cos que descubrir a faciana mística e histórica do lugar.

Público:

A partir de 12 anos

Grupos:

Máximo 20 nenos por guía

Duración:

3 horas

Prezo:

100 € x guía-interprete

As orixes de Ourense Arqueoloxía e auga.

Ruta interpretativa a pé na que acompañados dun arqueólogo visítanse o castro de Santomé, Ponte Romana e As Burgas. De tal modo que sexa posible visualizar nunhas horas as pegadas do pasado prerromano e romano da cidade de Ourense ao tempo que foméntanse condutas de vida saudables. Público:

A partir de 12 anos

Grupos:

Máximo 20 nenos por guía

Duración:

4 horas

Prezo:

100 € x guía-interprete


Quen somos? Begoña Garrido Labrador

Raúl Fernández González

Martiño Xosé Vázquez Mato


Síntese ACTIVIDADE

ANOS

GRUPO

Papel reciclado

+6

15 x monitor

Ornitoloxía

+8

15 x monitor

Fauna

+6

15 x monitor

A vida no bosque

+6

15 x monitor

Reciclaxe

+4

15 x monitor

O val da morte

+ 12

15 x monitor

Castros de Cualedro

+ 12

Máximo 25

+8

15 x monitor

As mansións da Via Nova

+ 12

15 x monitor

Torres e castelos

+ 12

15 x monitor

Arqueoloxía

+9

20 x monitor

Que chegan os cavernícolas!!

+6

20 x monitor

Os segredos dos xeroglíficos

+6

20 x monitor

Tesela + tesela = mosaico

+6

20 x monitor

A luz do medievo

+8

20 x monitor

As figuras...vermellas ou negras?

+6

20 x monitor

Arte medieval

+8

Máximo 15

ExpresARTE!

+6

20 x monitor

Experimenta conCiENCIA

+6

20 x monitor

Parque Natural O Invernadoiro

+ 12

20 x monitor

P.N.B.L. Serra do Xurés - Via Nova

+ 12

Mínimo 30

Muíños Arnoia - Reserva Biosfera

+ 12

20 x monitor

Ciclointerpretativa da Limia

+ 12

Máximo 14

Torre Porqueira + Fervenza Fírbeda

+ 12

Mínimo 30

Roteiro arqueolóxico por Armea

+ 12

20 x monitor

As orixes de Ourense

+ 12

20 x monitor

Castro de Santomé


Condicións RESERVAS - É imprescindible facer reserva previa de día e hora de realización das actividades. - A persoa responsable e promotora da actividade deberá encher obrigatoriamente unha folla de inscrición coas autorizacións necesarias. - Os datos achegados serán tratados de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decemebro, de protección de datos de carácter persoal. - Unha vez formalizada a inscrición, soamente se devolverá o importe íntegro nos seguintes casos:

1. Por non asistencia se o aviso de anulación realízase antes das 48 horas do comezo da actividade. Pasado este período non se devolverá o importe agás causa xustificada. 2. No caso de que se suspenda a actividade por condicións meteorolóxicas adversas ou por non alcanzar o número mínimo de participantes. O feito de que a previsión do tempo sexa mala non será motivo de cancelación da actividade. Por experiencia, o tempo é moi variable e a chuvia tampouco ten por que ser un impedimento para actividades ao aire libre. En calquera caso, a cancelación da actividade por condicións meteorolóxicas adversas só corresponde á organización. - Coa formalización da inscrición acéptanse as condicións da actividade.

ORZAMENTO - O orzamento final contará cos seguintes apartados:

1. Recursos humanos: recóllese a preparación, montaxe, transporte e organización da actividade así como a execución da mesma. 2. Material: o necesario para a correcta realización das actividades que será especificado no caso de solicitalo - De aceptaren o orzamento final presentado da actividade escollida, débese comunicar por escrito (correo postal ou e-mail) no prazo de 30 días dende o momento da presentación do mesmo por parte da organización. Superado este prazo o orzamento podería variar. - O pago realizarase por transferencia bancaria á conta indicada na factura. - De solicitarse a elaboración de material didáctico para a preparación e posterior avaliación das actividades, este será orzamentado aparte e incluirá a realización do material e a impresión do mesmo. . - Calquera destes parámetros orzamentarios pode ser negociado. .

OUTRAS - A organización non se fai cargo dos desprazamentos ao punto de orixe das actividades ao aire libre. - Xeitura: xestión integral do Patrimonio Cultural e Bilurico Medio Ambiente - Bilurico Bike poderán utilizar todo o material gráfico (fotografías, vídeos...) derivado das actividades como recurso de promoción. - O local ou aula onde se realizarán os obradoiros corre por conta do promotor pero supeditado as seguintes condicións especificas: .

1. Que sexa o suficientemente amplo para albergar comodamente aos participantes. 2. Que posúa mesas e cadeiras. 3. Que teña toma de corrente eléctrica, para poder conectar os aparellos electrónicos (ordenador, proxector de imaxes…) necesarios para a parte teórica da actividade. - Xeitura: xestión integral do Patrimonio Cultural e Bilurico Medio Ambiente - Bilurico Bike dispoñen de Seguro de Responsabilidade Civil que cubren as actividades.


Folla de reserva Nome (persoal ou empresa):

Correo-e (vía comunicación preferente)

Enderezo postal (necesario para facturación)

NIF / CIF (necesario para facturación)

Teléfono (persoa de contacto)

Enderezo postal (se é diferente ao de facturación)

Actividade para a que solicita orzamento e reserva

Número de participantes

Idades dos participantes

Data que pretende reservar

Enviar por correo electrónico a: info@bilurico.com ou por correo postal a Bilurico Medio Ambiente, Ribeiriño 5 Baixo 32001 (OURENSE)


Gal

Ribeiri単o 5 Soto (Baixo Ponte Romana) 32001 - OURENSE

info@bilurico.com

988 04 41 37 / 616 66 74 46


Servizos e actividades didácticas 13-14