A Nosa Terra 970 / 18 de xaneiro de 2001

Page 1

Pepe Carreiro

PERIÓDICO GALEGO SEMANAL

O Intergrupo defende na sua reunión de Compostela a representación directa das Nacións sen Estado na UE ————————–—— 7 ———–—–—————— Intrusismo institucional en Internet –————————–—— 16 ———–—–——————– 18 DE XANEIRO

● 2001 ●

ANO XXIV

Nelly Maes explica como Flandes acadou a autodeterminación ––—–—— 9 ———–—–

IV XEIRA

Taleb Omar, número dous do Polisário, fala da situación do Sahara ———————–—— 20-21 ———–—–————— Cen anos de poesia galega através da família Álvarez ————————–—— 25 ———–—–——————

FUNDADO EN 1907

Nº 970

200 PTA

O PP cámbia de táctica ante os novos escándalos e decide celebrar a moción de censura canto antes

Os 21 erros da Xunta no mal das vacas tolas As vacas mortas permaneceron todo un fin de semana amoreadas ao ar libre na factoria de Sugasa, perto de Ourense, contaminando os regatos e enchendo de fedor á viciñanza.

Propón implantar un nacionalismo de Estado mudando o ensino da história, aminorando o emprego das línguas autóctonas e servíndose de intelectuais como Juaristi e Savater

Obras de Castelao Edición crítica das Obras de Castelao: oito tomos editados por un equipo de especialistas, coordinados

por Henrique Monteagudo. Un proxecto histórico, a disposición de todos. Unha publicación imprescindible.

Un documento do PP de 1997 detalla a ofensiva antinacionalista valéndose do terrorismo (Páx. 19)

Diz Guedes esbara Entrou o novo Conselleiro de Agricultura, Diz Guedes, frechado no seu cárrego coa idea de que o problema das vacas tolas era “de orde pública do sector”, tal é como o definira meses antes. Asi que decidiu facer un desprazamento das vacas cara ás incineradoras e anunciou que estaba disposto a sacrificar todas aquelas reses que o importunaran, quer dicer, as maiores de 30 meses. O novo conselleiro, lanzado como saltou ao campo agrícola aplausado por Fraga, non calculou cantas podian ser. Cando os colaboradores lle fixeron ver que non só eran máis de médio millón de cabezas, senón que deixaba a máis de 60.000 famílias sen sustento (a maioria da cabana galega pasa dos 30 meses), e que non só non existia diñeiro para facerlle fronte a tal situación, senón que o PP perdia as eleicións, mandou ao seu gabinete de prensa que rectificase. Xa se sabe, “aqui faise o que diga o conselleiro”, afirmou ao chegar ao cárrego todo cheo de razón. Seguramente o que ven é disposto a acabar co problema da cuota láctea.♦


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.