Pé das Burgas Nº 29. UD Ourense - Racing Club Vilalbés

Page 1

PÉ DAS BURGAS OURENSE Esta xornada no Couto

Nº 29 13 / 01 / 2019

U.D. OURENSE RACING CLUB VILALBÉS


elea

REFUERZO EDUCATIVO Apoyo para todas las etapas educativas

Avda. de Zamora, 147 Ourense Tlfs: 687 258 586 - 665 138 428 email: elea.edu@gmail.com

PABLO VIVERO Nesta ocasión traemos a lembranza dun xogador que non vai xogar no Couto. Xa que Pablo Vivero deixou o equipo no mes de outubro por cuestións laborais. Pero deixouno despois de 23 anos de traxectoria no seu único equipo da súa vida, e sendo o seu gran capitán. “One Club Man” denominan os ingleses a aqueles xogadores que estiveron toda a súa vida nun mesmo equipo. Debutou no primeiro equipo en Preferente con tan só 16 anos. Os dous últimos ascensos a terceira (1999 e 2009) e as dúas promocións a segunda B contaron con el no campo. «Nunca tuve dudas sobre mantenerme en el Racing. Tuve muchas ofertas, incluso de Segunda B y con gente que me conocía, con entrenadores que yo tuve y con los que sabía que iba a estar bien. Pero nunca dudé. Quizás el momento de más debilidad fue el año que descendimos de Tercera. Ese año sí que había acabado quemado pero al final me animé», explicaba o futbolista na Voz de Galicia hai uns anos.

2

RACING CLUB VILALBÉS

Alá polos últimos anos da década dos anos 20 do pasado século xa existía na localidade lucense de Vilalba un equipo de fútbol, chamábase “Sporting Villalbés”, fundado polos fillos dun enxeñeiro de fóra que viñera anos antes a traballar no pobo. Pero xa se sabe, a competencia e a rivalidade xurde en todas partes, e así no ano 29 un grupo de veciños deciden fundar un novo equipo que lle faga fronte, e así nace o Racing Club Villalbés, aínda que a súa creación oficial non se producirá ata o ano 1931. En agosto de 1948 inaugurase o campo do Castelo, pasando a chamarse dez anos máis tarde como o Estadio Roca, en homenaxe ao seu presidente, Francisco Roca. Este campo segue a ser utilizado polas categorías inferiores do equipo, que conta desde o 1992 cun novo estadio, o campo da Magdalena, onde xoga actualmente o primeiro equipo. No ano 1991/92 conseguen o seu primeiro ascenso a terceira división, onde resistirá tres anos seguidos. De novo no ano 99 consegue o ascenso a esta categoría, aguantando neste caso catro tempadas consecutivas. O terceiro e último ascenso acádano no ano 2009, sendo esta polo tanto a súa décima participación consecutiva, o que o converten no segundo equipo da categoría que máis anos leva de xeito continuado. Dentro da terceira os seus maiores logros foron xogar en dúas ocasións a promoción de ascenso á segunda B, na tempada 10/11, onde foron cuartos, e caeron na primeira rolda contra o Alhaurín de la Torre; e o ano pasado, na que acabaron terceiros, eliminando na quenda de penaltis na primeira fase ao Pulpileño, e caendo na segunda contra o Atlético Levante. Todo un logro, aínda que eses éxitos están facendo tan complicada dixerir esta tempada na que andan polos postos de abaixo. Tan só en tres ocasións compartiu CD Ourense categoría con Vilalbés, e foi nos tres últimos anos nosos nesta categoría. O primeiro partido de liga oficial foi o 25 de outubro de 2009 onde gañamos 2 a 0. A última visita foi o 6 de maio de 2012, e tamén gañamos 1 a 0. No medio queda unha vitoria no Couto do Vilalbés na 11/12. As nosas visitas a Vilalba contabilizan dous empates, e unha vitoria, na 11/12, a última visita a Magdalena.


XUVENIL A

3

Francisco de Moure,22 Baixo Ourense ) 988 10 20 75 ÍNDICE 1. Portada. 2. RC Vilalbés. 3. Xuvenil A. 4. A xornada.

O equipo Xuvenil A da UD Ourense milita no grupo 2º da Liga Galega Xuvenil onde despois de 17 xornadas ocupa a segunda posición con 39 puntos, a tan só 2 do líder, aínda que hai que ter en conta que o noso equipo disputou un partido menos. Nesta primeira xornada do 2019, xogará o sábado 12 contra o Barbadas, ás 19:30 horas no municipal de Oira. Levan gañados 12 partidos, empatados 3 e tan só perdido 1, con 44 goles a favor e 14 na contra. Entre os goleadores destacamos a Álvaro Andrade con 9 tantos, Hugo Rodríguez con 7, e Nico e Marcos Jesús con 5. Os outros xogadores son: Martín Carral, Borja Atanes, Manu Blanco, Miguel Seguín, Noé Alonso, Enrique Pérez, Brais Álvarez, Javier González, Benji, Jacobo Casares, Joel Fabello, Alberto Gómez, Marcos Cid, Óscar Soto, Manuel Lage, Alfonso Quinteiro, David Dacoba, Carlos Villar e Brais Outeiriño. Ao fronte do equipo o adestrador Agustín Ruiz, que segue a facer un traballo excepcional cos rapaces.

ANO 2 / Nº29 13-1-2019 Redacción: Vedette FONTES Webgrafía udourense.com arquero-arba.futbolme.net futgal.es Fotografías yedra seara

Publicidade Orixe Publicidade 988607075 www.vedetteourensanista.com arevistadoourense@gmail.com @vedetteourensanista


PRIMEIRA ALUSIÓN A XOGOS DE PELOTA NA CIDADE DE OURENSE S. XVII “y so la mesma no jueguen a la pelota en público...” “Cons tución quarta. Que los clerigos no se tomen del vino, ni entren en tabernas, ni hagan otras cosas de las aqui prohibidas. Otro si les encargamos que eviten hallarse con los legos en regozijos, como son Missas nuevas, bodas, cofradias, y cosas semejantes: mas si se hallaren, no cante cantares profanos, ni los tañan, baylen, ni

4

A XORNADA 17ª

U.D. OURENSE PORRIÑO INDUSTRIAL C.F. RACING CLUB FERROL C.D. BARCO C.D. BOIRO S.D. COMPOSTELA AROUSA S.C. U.D. PAIOSACO ALONDRAS SILVA

RACING CLUB VILALBES LARACHA C.F. C.D. RIBADUMIA C.D. ARENTEIRO C.D. CHOCO OURENSE C.F. U.D. SOMOZAS POLVORIN F.C. BERGANTIÑOS C.F. CELTIGA C.F.

dancen, ni se hagan juglares, disfracen, o pongan máscaras, so pena de dos ducados, y so la mesma no jueguen a la pelota en público...” Cons tuciones Sinodales del Obispado de Orense. Sínodo. (1619), publicado por Viuda de Alonso Mar n de Balboa, Madrid, 1622.

VINDEIROS PARTIDOS Ourense Somozas Ourense Polvorín

Ribadumia Ourense Ourense CF Ourense

20 de xaneiro 27 de xaneiro 3 de febreiro 10 de febreiro


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.