Page 1

Pร‰ DAS BURGAS OURENSE

Nยบ 34 16 / 03 / 2019

Esta xornada no Couto

U.D. OURENSE Sd compostela


elea

REFUERZO EDUCATIVO Apoyo para todas las etapas educativas

Avda. de Zamora, 147 Ourense Tlfs: 687 258 586 - 665 138 428 email: elea.edu@gmail.com

2

SD COMPOSTELA

O primeiro equipo da SD Compostela foi fundado no ano 1928. O club perviviu ata o estalido da Guerra Civil. Militaba en categoría rexional e xogaba os seus partidos no antigo campo da Choupana. A actual SD Compostela foi fundada o 26 de xuño de 1962. Ese mesmo ano a SD Compostela fusiónase co Club Arenal, que pasa a converterse en filial. Tamén se fixa o uniforme dos equipos: camiseta azul e branca. O equipo comeza a competir na tempada 62/63 na categoría Rexional, disputando os seus partidos no Campo da Residencia Universitaria. En 1963 a SD Compostela pasa a xogar os seus partidos no Estadio Municipal de Santa Isabel. Son anos nos que o club tenta sen éxito ascender á segunda división.

AYTHAMI Aythami Pereira García, dianteiro canario que na súa primeira tempada no Compostela é o máximo goleador do equipo, e o quinto da Terceira división ata o momento, con 13 goles. Procedente das categorías inferiores da UD As Palmas alternou o pasado ano o filial C na terceira división canaria co filial B na segunda B, onde xoguou 15 encontros e marcou 2 tantos. Nesta primeira aventura fóra da illa está sendo fundamental cara a porta contraria. O que mostra o nivel da nosa terceira división coa presenza de xogadores de outras partes de España.

Na década dos setenta e os oitenta o equipo alterna a súa presenza en Terceira División, en categoría Rexional e na nova Segunda B. Na tempada 90/91 o equipo acaba de terceiro e tras superar ao Badaxoz, Alcoyano e Alavés na promoción, logra por primeira vez na súa historia ascender á Segunda División. Na tempada 93/94 e con xogadores como Ohen, Abadía, Bellido, Lucas ou Tocornal, o Compostela logra ascender á Primeira División, despois de superar na Promoción de Ascenso ao Raio Vallecano. Este fito histórico coincide coa estrea en 1993 do Multiusos de San Lázaro. Fernando Castro Santos, o artífice que logrou levar ao equipo de Terceira á Primeira División, é convertido nun heroe. Na súa primeira campaña en Primeira, a 94/95, a SD Compostela acaba de décimo sexto. Catro tempadas durará na máxima categoría. Despois de varios cunha situación económica lamentable o equipo irá descendendo de categoría en categoría ata chegar á Rexional Preferente, e finalmente no 2006 a SD Compostela desaparece. No ano 2007, un novo club, a S.D. Campus Stellae, adquire todos os dereitos do equipo desparecido. No verán de 2011 o equipo pasa a chamarse novamente SD Compostela subindo á 2ªB na 12/13, descendendo na 15/16 novamente a Terceira, onde levan tres anos seguidos tentando un novo ascenso que se lles escapou a pasada edición pese a ser campións do grupo galego.


XABI COLMEIRO

3

o faro do ourensanismo Con sólo catro anos e medio de vida, na UD Ourense hai moitos nomes propios e situacións que quedarán marcados para sempre na memoria dos ourensanistas: as personas que fundaron ó club, os primeiros xogadores da historia, o primeiro partido do equipo (nos Carrís co Barbadás), o primeiro partido oficial (en copa co Santa Teresita nos Remedios), o primeiro desplazamento da historia (ó Marco de A Peroxa), os ascensos, as copas, o primeiro desplazamento fora de Ourense (pretemporada en Quiroga), e así moitos máis.

Francisco de Moure,22 Baixo Ourense ) 988 10 20 75

Xabi Colmeiro

En todas esas personas e momentos hai un nexo de unión, hai unha persona que desde o primeiro momento decidiu contalo á masa social da UD Ourense. Esa persona, ese faro que guiou ó ourensanismo chámase Francisco Xabier Fernández Colmeiro. Xabi Colmeiro viu desde o momento no que estaba a morrer CD Ourense e desde o momento que empezaba a asomar a cabeza á UD Ourense que o sentimento era o mesmo e que había que contarllo ós siareiros que desde o primeiro día arrouparon o corazón vermello do novo equipo. No corazón dos ourensanistas estivo, está e estará para sempre Xabi Colmeiro.

Xabi Colmeiro o día da presentación do libro “Ourense somos nós, o ano da Unión”

1. Portada. 2. SD Compostela. 3. Xabi Colmeiro. 4. A xornada. ANO 2 / Nº33 2-3-2019 Redacción: Vedette FONTES Webgrafía udourense.com arquero-arba.futbolme.net futgal.es Fotografías yedra seara

O partido co Alondras foi o penúltimo (seguro que queda algún máis) servicio de Xabi Colmeiro ós seguidores da Unión Deportiva Ourense. ¡Grazas Xabi!

Publicidade Orixe Publicidade 988607075 www.vedetteourensanista.com arevistadoourense@gmail.com @vedetteourensanista


Seg

ur

síguenos:

os

servizos ourense

ervizos urense

4

A XORNADA 28ª

www.servizosourense.es Regalo Publicitario, Imprenta, Ropa Laboral, Complementos y todo tipo de Seguros: Hogar Comunidades locales comerciales Autónomo y Pymes Agro seguro Animales y mascotas...

) 678 578 161 988 044 834 Avda. Universidad Laboral Nº8, Bajo E, Ourense servizosourense@gmail.com

Próxima xornada

Arousa Campo A Lomba Herba natural Na ida empatamos a uns con gol de Josu.

U.D. OURENSE PORRIÑO INDUSTRIAL C.F. RACING CLUB FERROL C.D. BARCO C.D. ARENTEIRO RACING CLUB VILALBES C.D. BOIRO C.D. CHOCO LARACHA C.F. C.D. RIBADUMIA

S.D. COMPOSTELA U.D. PAIOSACO AROUSA S.C. SILVA POLVORIN F.C. U.D. SOMOZAS ALONDRAS CELTIGA C.F. OURENSE C.F. BERGANTIÑOS C.F.

VINDEIROS PARTIDOS Arousa Ourense Bergan ños Porriño

Ourense Racing Ferrol Ourense Ourense

24 de marzo 31 de marzo 7 de abril 14 de abril

Profile for Vedette Peña Ourensanista

Pé das Burgas Nº 34. UD Ourense - SD Compostela  

Neste novo número de Pé das Burgas analizamos ó noso visitante, a SD Compostela, a un dos seus xogadores, Aythami, rendimos unha pequena hom...

Pé das Burgas Nº 34. UD Ourense - SD Compostela  

Neste novo número de Pé das Burgas analizamos ó noso visitante, a SD Compostela, a un dos seus xogadores, Aythami, rendimos unha pequena hom...

Advertisement