Pé das Burgas Nº 28. UD Ourense - CD Arenteiro

Page 1

Pร DAS BURGAS OURENSE Esta xornada no Couto

U.D. OURENSE C.D. ARENTEIRO

Nยบ 28 15 / 12 / 2018


elea

REFUERZO EDUCATIVO Apoyo para todas las etapas educativas

Avda. de Zamora, 147 Ourense Tlfs: 687 258 586 - 665 138 428 email: elea.edu@gmail.com

JAIME NOGUEROL Natural de Verín iníciase como futbolista no equipo local, chegando a debutar no primeiro equipo en 3ª división, antes de ser fichado polo Pabellón de División de Honor Xuvenil. Na 2004/05 ficha por CD Ourense que militaba en 2ªB onde pasará catro anos. Na 2008 recala no CD Lugo tamén en 2ªB. Na 10/11 volve ao Ourense na 3ª división, equipo co que ascenderá dous anos despois, e onde seguirá xogando ata a desaparición de CD Ourense. A partir de aí decide probar sorte fóra de Galicia, primeiro no Formentera da 3ª balear e despois un par de anos no Sta Coloma da 1ª división de Andorra, onde logra varios títulos de liga, chegando a xogar a previa da Champions e noutra ocasión da Europa League. Finalmente este ano decide retornar a casa e ficha polo Arenteiro.

2

c.d. arenteiro

Que ten que ver o noso rival de hoxe con equipos como o Arnoia ou o Caselas que se cruzaron con anterioridade no noso camiño... Pois que levan nome de río. Porque o noso querido Arenteiro toma o nome do río que pasa por Carballiño. Como anécdota contar que entre 1990 e o ano 2004 pasou a chamarse CD Carballiño. Este ano están de celebración xa que cumplen o seu 60 aniversario. Profundicemos un pouco na súa historia. Fundado no ano 1958 é herdeiro do Sporting Carballiño, equipo co que se cruzou o CD Ourense no seu primeiro ano de existencia, foi alá polo ano 52. Antes de empezar a liga cruzáronse nun campionato de Aficionados, que se disputaba entre equipos de Ourense e Pontevedra a eliminatorias de ida e volta. O 19 de outubro xogaban en Espiñedo o que era o segundo partido da historia do novo CD Ourense. Perdimos 1 a 0 en Carballiño e a semana seguinte empatamos 1-1 en Ourense polo que caemos eliminados. Tamén quixo o azar que o primeiro partido de liga de CD Ourense da súa historia, na serie A, o 14 de decembro de 1952 fose contra o Sporting Carballiño, gañando nesta ocasión o equipo vermello por 4 a 1 na súa casa. Pero volvamos co Arenteiro. Na 58/59 arrancan na serie A, xa que era aquí onde militaba o recén desaparecido Sporting Carballiño. No ano 64 logran o seu primeiro ascenso á Terceira división, onde militarían en 16 ocasións ao longo da súa historia. A esta división volveron o ano pasado despois de 23 anos de ausencia. Un ascenso histórico. O seu momento de maior gloria foi na tempadas 86/87 na que conseguiron o ascenso a segunda división B despois de quedar segundos e aproveitarse da ampliación desa categoría. Dous anos duraron nesta categoría, 87/88 e 88/89. Sempre existiu unha relación fraternal entre Ourense e Carballiño, como demostran a infinidade de xogadores compartidos ao longo dos anos, Arce, o último que viaxou nos dous sentidos, polo equipo carballiñés actualmente Xaime Noguerol, Portela, Adil, Adrián Padrón e Carlos de Dios e Iago con pasado no Couto, e nun pasado xa lonxano Sobrino, Quecho, Víctor Arias, e de adestrador lembraremos hoxe a figura de Antonio Teixidó que traballou nos dous banquillos. Como irmáns que somos tamén tivemos anos de enfrontamentos e duros derbis como lembraremos no “dato”. Recuperamos un antecedente entre Arenteiro e a nova UD Ourense, na 16/17, na Copa Deputación, nós militando en Primeira Autonómica e eles en Preferente, e aínda así fomos quen de eliminalos despois de gañarlles 1 a 0 no Couto, e empatar a 3 nun emocionantisimo partido en Espiñedo.


ANTONI TEIXIDÓ

3

Case dous meses antes da fundación de CD Ourense, alá polo ano 1952, nacía en Barcelona Antoni Teixidó Tizne, chamado a facer historia co equipo vermello unhas cantas décadas despois. Como futbolista formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, chegando a xogar no seu filial. Entre 1971 e 1973 xogaría cedido en segunda división no Mallorca. No ano 73 o FC Barcelona estaba interesado no xogador de CD Ourense Manolo Tomé, ao que finalmente ficharán por seis millóns en efectivo, a disputa dun partido do Barça no Couto, o que sería o primeiro partido que Johan Cruyff disputaría fóra de Barcelona, e a cesión dos xogadores Teixidó e Pousada. Ese ano Teixidó xogaría 11 partidos na segunda división co equipo vermello. Entre 1973 e 1983 Teixidó xogaría en 1ª división en distintos equipos: Burgos, Salamanca e Osasuna. Despediríase do fútbol profesional no Elche xogando en 2ª división. Como entrenador iniciaría a súa carreira en terras ourensás, acadando os seus primeiros éxito co CD Arenteiro, equipo ao adestraría entre o ano 89 e 93 na 3ª división, conseguindo xogar unha promoción a 2ªB na 91/92, e cando xa tiña ao equipo clasificado matematicamente para unha nova promoción na 92/93 foi cesado a falta duns partidos para rematar a liga. Na 93/94 ficha por CD Ourense formando tandem ese ano con Jesús Mª Gómez Fuertes acadando o ascenso a 2ª división en Jaén, despois de case vinte anos, desplegando un xogo espectacular. A pena foi que os malos resultados ao ano seguinte fixeron que acabasen sendo destituídos, pese a iso CD Ourense acabaría descendendo a 2ªB. Pero de novo volven a apostar por Teixidó, neste caso acompañado de Vilachá, para volver a intentar o ascenso o ano seguinte, e novamente volve conseguilo, esta vez, ascendendo en Granada. Pero a historia repítese unha vez máis a seguinte tempada: a falta dunha xornada para rematar a liga ao Ourense chégalle con empatar co Almería, que tamén se xoga o descenso, e así lograr a salvación na división de prata, pero os malos resultados dos últimos meses acaban condenando a Teixidó, a falta dun partido. Finalmente Rodríguez Vaz conseguirá a salvación ao gañar en Andalucía. Aínda retornará unha terceira vez aos bancos do Couto, na 01/02, en 2ªB, pero só duraría ata novembro, e novamente sería cesado. Un dos mellores entrenadores que tivemos no Couto e que sempre tivo que marchar pola porta de atrás. Unha mágoa. Múltiples foron os equipos nos que continuou a súa carreira, destacando un novo ascenso a 2ª división co Xaen, e moi sonadas foron as eliminacións copeiras do Barça, co Novelda no 2002; e dous anos antes eliminou ao Valencia co Guadix. Rapitenca, Amposta e Ulldecona no 2016, na terceira catalana, foron os seus últimos equipos.

Francisco de Moure,22 Baixo Ourense ) 988 10 20 75 ÍNDICE 1. Portada. 2. CD Arenteiro. 3. Teixido. 4. A xornada. ANO 2 / Nº28 15-12-2018 Redacción: Vedette FONTES Webgrafía cdarenteiro.es udourense.com arquero-arba.futbolme.net futgal.es Fotografías yedra seara cdarenteiro.es

Publicidade Orixe Publicidade 988607075 www.vedetteourensanista.com arevistadoourense@gmail.com @vedetteourensanista


o dato Par dos CD Ourense CD Arenteiro En liga: 18 enfrontamentos 10 victorias CD Ourense 7 empates 1 victoria Arenteiro (30/9/84) 3ª división 2-0 Espiñedo 32 goles CD Ourense 9 goles Arenteiro 7 tempadas en 3ª división 2 tempadas en 2ªB (87/88, 88/89) Saúdos aos redactores de “Bancada Verde”, a revista de CD Arenteiro que podedes descargar na súa páxina web

4

A XORNADA 17ª

U.D. OURENSE PORRIÑO INDUSTRIAL C.F. RACING CLUB FERROL C.D. BARCO S.D. COMPOSTELA AROUSA S.C. U.D. PAIOSACO ALONDRAS SILVA BERGANTIÑOS C.F.

C.D. ARENTEIRO C.D. CHOCO LARACHA C.F. C.D. BOIRO C.D. RIBADUMIA RACING CLUB VILALBES U.D. SOMOZAS POLVORIN F.C. OURENSE C.F. CELTIGA C.F.

VINDEIROS PARTIDOS Laracha Ourense Ourense Somozas

Ourense Vilalbés Ribadumia Ourense

23 de decembro 13 de xaneiro 20 de xaneiro 27 de xaneiro

pRÓXIMA XORNADA Laracha CF Campo Municipal Herba ar ficial Capacidade: 1.000 espectadores, 102 x 61


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.