Actividad 7

Page 1

Uxía Sanjurjo Araujo Beatriz Janeiro Cadahía Noelia Conde Míguez



INDICE:

Actividade 1 (“TURISMO MARIÑEIRO NA COSTA DA MORTE”) ---------- Pág. 5 Actividade 2 (ANALISE ANUNCIOS TURGALICIA) ---------------------------- Pág. 8 1º Anuncio ------------------------------------------------------------------ Pág. 9 2º Anuncio ----------------------------------------------------------------- Pág. 10



5


OTurismo Mariñeiro da Costa da Morte é un novidoso produto turístico que, baseándose na autenticidade e singularidade da cultura marítima galega, propón ao visitante experiencias únicas. Un novo modelo de turismo sostible en contacto coa natureza, o mar e os mariñeiros, que preserva os valores naturais e culturais, e que serve como instrumento de educación ambiental. A Costa da Morte ofréceche unha multitude de propostas de turismo mariñeiro. Embárcate cos pescadores, acompaña ás mariscadoras na súa faena diaria, asiste ao complicado labor das redeiras, visita unha lonxa, pasea polos nosos portos pesqueiros, achégate a faros situados en lugares incribles, respira o ambiente das ‘casas de pescadores’, descubre un antigo barco boniteiro transformado en museo ou cruza o mar nun moderno catamarán que te achegará ás bateas onde se cultiva o famoso mexillón de Galicia.

O seu perfil agreste e a forza do océano salpicando as suas costas con naugraxios e traxedias asi como co que, din, son os mellores percebes do mundo. Entre outras localidades destacamos Malpica, Muxia, Camariñas ou Fisterra onde, segundo os romanos, remataba o mundo coñecido.

Tendo en conta que se estan a crear proxectos socioculturais para a divulgación do mundo do mar, consideramos que este campo atópase entre a etapa de introdución e a de crecemento, posto que estase a introducir no mercado turítico por medio de proxectos e de visitas para os turístas da man dos propios especialistas de este sector.


6


7


8

Análisis Anuncios Turgalicia

1º Presume de Galicia.

É un spot televisivo de 30 segundos emitido na Televisión de Galicia (TVG) e nas televisións locais galegas no ano 2010 para mellorar a imaxe turística de Galicia. Activo durante 20 días nos principais medios de comunicación galegos, ponse en marcha no momento en que comeza a maior afluencia de visitantes polo Xacobeo 2010 e o inicio da temporada estival. Os seus obxetivos son: protexer a natureza, coidar o patrimonio, coidar os detalles, ser hospitalario e respetar o que é de todos. Unha boa maneira de mellorar simplemente con pequenos xestos. Son as actitudes que se deben manter hacia a actividade turísticas, como foran fundamental para manter a competitividade no sector, tendo en conta que un dos aspectos que máis valoran aqueles que nos visitan é a boa actitude dos galegos. Pero non so vemos iso, o anuncio quere darnos unha lección a todos para que disfrutemos pero á mesma vez coidemos o noso patrimonio.


9

2º Galicia. ¿Gárdasme o segredo?

É outra das compañas que lanza Turgalicia que esta vez, dirixida aos madrileños, xa que non so se emitirá en medios de comunicación galegos, senon tamen da comunidade madrileña. Galicia é un destino ainda por descubrir para moitos. Unha comunidade diferente, espiritual, non o suficientemente explorada, con un segredo por descubrir e que quere compartir os seus segredos cos visitantes. A mellor forma de descubrir ese segredo é visitandoa. No anuncio úsanse imáxes das visitas máis expectaculares de Galicia para así chamar a atención e resaltar os nosos campos verdes e os nosos ceos azuis con algunha nube. En canto á narración, é unha confesión que Galicia fai ao telespectados, unha conversa de ti a ti, buscando ainda máis complicidade. A protagonista expresa modais que amosan fraxilidade e delicadeza (cos seus choros ao final), sentimentarismo e expresividade afectiva e emocional (ao caerenlle as pingas de choiva) e alegría e sorpresa (no r estaurante cando lle serven a comida e está a disfrutar dela).


10



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.