XUSTIFICACIÓN
No mundo no que vivimos, aberto cara ao exterior, é cada vez máis necesario estar capacitado para a comunicación nunha ou varias linguas estranxeiras para acceder, con garantías ao mercado de traballo. Así o entende a Lei orgánica de Educación (LOE) que establece este obxectivo como un dos prioritarios do sistema educativo español ademais de ser asimesmo un dos obxectivos, en canto a educación, da Unión Europea nos últimos anos.
Tendo en conta isto, o CEIP Nº1 de Tui, non quere quedar atrás na carreira pola europeización dos centros educativos galegos e pretende ofrecer ao seu alumnado unha formación integral fomentando o plurilingüismo e estimulando a aprendizaxe do inglés, paulatinamente, ata conseguir que os alumnos e alumnas estén capacitados para comunicarse nesta lingua.
Por todo o anteriormente exposto, o CEIP Nº 1 de Tui solicita a súa participación no programa de centros plurilingües para o que acompaña a seguinte documentación: