Normas para as actividades complementarias e extraescolares

Page 1

Rúa o Galego Soto s/n 15403-FERROL (A Coruña) Tlf: 981 311 500 Fax 981 313 146 correo: ies.sofia.casanova@edu.xunta.es

NORMAS PARA AS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 1. alumnado debe seguir en todo momento as indicacións do profesorado acompañante da actividade. A negativa reiterada a seguir as indicacións do profesorado implicará o seu retorno, se é posible, con cargo aos pais ou titores legais, previa comunicación aos mesmos. 2. A impuntualidade do alumnado poderá ser considerada como unha falta de orde 3. alumnado non poderá portar, mercar ou consumir bebidas alcohólicas de ningún tipo. 4. A posesión, consumo ou incitación ao consumo de calquera substancia ilegal suporá o regreso do alumno ou alumna ao seu domicilio, sempre que sexa posible, sen que isto exima das medidas correctoras pertinentes. 5. Nas excursións e no caso de infracción grave das normas establecidas, o alumnado afectado non poderá continuar coa viaxe, sempre que sexa posible, previa comunicación á familia ou persoa titora legal. Esta farase cargo dos gastos extras, sen que en ningún caso teña dereito á devolución do importe aboado para a viaxe. 6. Para saídas de tempo libre durante as excursións, o alumnado deberá contar coa autorización do profesorado, respectando sempre as normas e os horarios que se establezan. 7. alumando observará en todo momento as normas de aseo e hixiene persoal e coidará do bo estado das instalacións que ocupe e dos medios de transporte que utilice, procurando sempre a colaboración entre si e ser respectuoso coas persoas. Será responsable dos danos que poida ocasionar, estando obrigado a restituír o seu valor e a colaborar no esclarecemento dos feitos e na identificación das persoas causantes dos mesmos. 8. alumnado ou, se é menor de idade, as familias ou persoas titoras legais, deberán indicar ao profesorado acompañante se toman algún medicamento ou se teñen algún problema de saúde a ter en consideración en canto á alimentación ou outro tipo de hábitos. Irán provistos de tarxeta sanitaria e das doses necesarias dos medicamentos que precisen. 9. alumnado seguirá as indicacións das persoas organizadoras e do profesorado acompañante respecto de todos aqueles elementos que poidan supoñer perigo para si mesmo e para os demais. Non poderá portar ningún tipo de arma ou obxecto contundente que poida ser utilizado para causar dano a terceiros. 10. alumnado farase cargo das súas pertenzas sen que as persoas organizadoras ou acompañantes respondan das perdas ou deterioro que se puidesen producir. 11. Nas saídas e excursións son de aplicación as normas e as medidas correctoras que regulan a convivencia no centro.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.