Modelo unidade didáctica

Page 1

Unidade didáctica

1. Ortografía

Actividade

1.1. Alfabeto

Tarefas

Tarefa 1: Nome e xénero das letras. Tarefa 2: As letras b e v. Tarefa 3: Utilización do h. Tarefa 4: Uso de nh, r e rr. Tarefa 5: Utilización de s ou x. Tarefa 6: Uso de l e ll.

Tarefa 1: Nome e xénero das letras

    

Esta tarefa dedícase ao nome e ao xénero das letras. Imos deletrear en voz alta e nomear as letras do alfabeto galego, así como as que aparecen en palabras doutros idiomas. Nas escolas americanas e inglesas é frecuente (sabémolo sobre todo polos filmes) que os alumnos deletreen as letras en voz alta. Ímolo facer tamén nós, mais por escrito. Coloque, por tanto, despois de cada palabra o soletreo das letras do alfabeto que a forman, así como o dos dígrafos que aparezan, como por exemplo, leite: ele, e, i, te, e. Exercicio 1

Achou que lle era enxeñoso aquel libro. Exercicio 2

Agora nomee empregando un artigo ou demostrativo as letras da primeira palabra da oración anterior. Exemplo: “sol” = o ese, este ese; o o, este o; o ele, este ele. Autoavaliación

O a, este a; o ce hache, este ce hache; o o, este o; o u, este u; etc Exercicio 3

Deseguido diga o nome dos signos que inician as seguintes palabras doutros idiomas: 

Joyce, Kant, Wagner.


Autoavaliación

j: iota, k: ka, w: uve dobre.

Tarefa 2. As letras b e v Nesta tarefa estúdase a utilización das letras b e v. Para isto, o alumno deberá completar palabras e escribir oracións nas que se distinguen parellas de palabras. Exercicio 1

Poña b ou v segundo corresponda:  Case non quedan aci__ros, __idueiras, so__reiras nin a__eleiras na nosa aldea, agás algunhas que aínda conser__amos na ri__eira.  Garda__a na ga__eta recordos mara__illosos, fotografías do a__ó e da a__oa nas __odas dos seus fillos e as __arandas da casa __ella.  O automó__il __irou e foi dar a unha ga__ia próxima da casa do __eciño.  O tro__ador entoou unha canción tan bela que todos re__entamos a chorar  O go__erno anunciou medidas para a__aratar os custos das chamadas a mó__iles.  O Cristo__o, cando era pequeno, __aleirou o armario, fixo un __urullo coa súa roupa e anunciou que xa medrara para saír da casa.  Naquela feira __éndense as __estas e ca__alos da __is__arra.  Ai __asoira! __asoira miña! Hai hoxe un ano que non __arres a cociña!  “Andas nas __erzas, co__arde!”, reproducía a gra__ación de __ídeo.  Fixo un no__elo coa la __ermella.  O frío, a sara__ia e a chu__ia aca__aron coa colleita deste ano.  O a__ogado esqueceuse de pór a gra__ata para asistir ao xuízo.  Es__arou na cociña ao pisar un gara__anzo.  Gra__ou coa súa cámara o __oo dos __oitres á tardiña.  As __illas da miña casa non __otan auga ningunha.  É un es__elto rapaz, o Este__o.  Os a__oengos son os nosos antepasados.  Os escara__ellos e as __ol__oretas son insectos.  Quedei inmó__il ao __er aquel __ulto no meu pé.  Rompeu toda a __aixela aínda que esta__a __en en__olta.  __en pola __eira da estrada, non polo medio. 

Autoavaliación

Case non quedan acivros, bidueiros, sobreiras nin abeleiras na nosa aldea, agás algunhas que aínda conservamos na ribeira. 


Gardaba na gabeta recordos marabillosos, fotografías do avó e da avoa nas vodas dos seus fillos e as varandas da casa vella.  O automóbil virou e foi dar a unha gabia próxima da casa do veciño.  O trobador entoou unha canción tan bela que todos rebentamos a chorar  O goberno anunciou medidas para abaratar os custos das chamadas a móbiles.  O Cristovo, cando era pequeno, baleirou o armario, fixo un vurullo coa súa roupa e anunciou que xa medrara para saír da casa.  Naquela feira véndense as bestas e cabalos da bisbarra.  Ai vasoira! Vasoira miña! Hai hoxe un ano que non varres a cociña!  “Andas nas verzas, covarde!”, reproducía a gravación de vídeo.  Fixo un nobelo coa la vermella.  O frío, a sarabia e a chuvia acabaron coa colleita deste ano.  O avogado esqueceuse de pór a gravata para asistir ao xuízo.  Esvarou na cociña ao pisar un garavanzo.  Gravou coa súa cámara o voo dos voitres á tardiña.  As billas da miña casa non botan auga ningunha.  É un esvelto rapaz, o Estevo.  Os avoengos son os nosos antepasados.  Os escaravellos e as bolboretas son insectos.  Quedei inmóbil ao ver aquel vulto no meu pé.  Rompeu toda a vaixela aínda que estaba ben envolta.  Ven pola beira da estrada, non polo medio. 

Exercicio 2        

Escriba unha oración con cada unha destas palabras homófonas: Botar / votar: Nabal / naval: Rabo / ravo: Ben / ven / vén: Rebelar / revelar: Abalar / avalar: Baga / vaga:

Autoavaliación

Botar / votar: Botou dez anos na Arxentina. / Votemos sempre nas eleccións.  Nabal / naval: O nabal estaba cheo de corvos. / O sector naval está en crise. 


Rabo / ravo : Foise co rabo entre as pernas. / O ravo é unha planta comestible.  Ben (adverbio) / ven (verbo ver ou vir) / vén (verbo vir): Fixeches ben os exercicios? / Ven pola miña casa cando queiras. / El vén sempre nas vacacións / Non se ven ben as casas desde aquí porque están moi lonxe.  Rebelar / revelar: Rebelouse contra o patrón / Levou o rolo fotográfico a revelar / Reveloume un segredo.  Abalar / avalar: O vento facía abalar as pólas dos castiñeiros / Avalouno seu pai cando comprou esa propiedade.  Baga / vaga: Ese loureiro ten moitas bagas / As vagas levaron todas as algas. 

Tarefa 3: Utilización do h

Nesta tarefa imos completar palabras que poden levar h en galego, formar palabras con prefixos e escribir oracións con “hai”, “ai” e “aí”. Exercicio 1

Escriba h onde sexa necesario:  __enrique estivo limpando a __orta __ata altas __oras da tarde.  Gardou na __ucha todos os __aforros, __aínda que llo pro__ibira seu pai.  __ola! Están teus __irmáns na casa?  Na illa de San Simón debeu __aber unha __ermida.  Quedou __orfo sendo moi pequeno.  Levaba un ad__esivo no __ombreiro.  __Achou un lugar totalmente __ermo para rodar a reportaxe.  Nalgun__a ocasión rompeu a súa co__erencia __abitual.  Tivo moi __inchada a perna pola rotura do __óso.  __oxe en día todos necesitamos algún ve__ículo.  Comprei __onte unha ducia de __ovos.  Non encontrou un __oco na axenda para __atenderme.  Debe __aber moita __armonía nesa casa.  A Ba__ía de Houston está nos Estados Unidos. 

Autoavaliación        

Henrique estivo limpando a horta ata altas horas da tarde. Gardou na hucha todos os aforros, aínda que llo prohibira seu pai. Ola! Están teus irmáns na casa? Na illa de San Simón debeu haber unha ermida. Quedou orfo sendo moi pequeno. Levaba un adhesivo no ombreiro. Achou un lugar totalmente ermo para rodar a reportaxe. Nalgunha ocasión rompeu a súa coherencia habitual.


     

Tivo moi inchada a perna pola rotura do óso. Hoxe en día todos necesitamos algún vehículo. Comprei onte unha ducia de ovos. Non encontrou un oco na axenda para atenderme. Debe haber moita harmonía nesa casa. A Baía de Houston está nos Estados Unidos.

Exercicio 2       

Forme dúas palabras cos prefixos seguintes: Hemi-: Hiper-: Hidr(o)-: Hect(o)-: Hendeca-: Hepta-:

Autoavaliación

Hemi- (“metade ou medio”): hemisferio, hemiciclo, hemiplexía, hemistiquio.  Hiper- (“moito, que supera, exceso”): hipermercado, hiperactivo, hipertensión, hipérbato, hipérbole, hiperenxebrismo, hipermetropía.  Hidr(o)- (“auga”): hidráulico, hidromasaxe, hidroavión, hidroeléctrico, hidrófilo, hidrófugo, hidroloxía.  Hect(o)- (“cen”): hectómetro, hectárea, hectogramo,hectolitro.  Hendeca- (“once”): hendecasílabo.  Hepta- (“sete”): heptaedro, heptágono, heptasílabo. 

Exercicio 3    

Escriba unha oración coas seguintes palabras: Hai: Ai: Aí:

Autoavaliación

Hai: Hai moitas mazás na maceira. Ai: Ai!, magoei unha man. Aí: Aí foi onde se celebrou a festa.

Tarefa 4: Uso de nh, r e rr

 

Nesta tarefa imos escribir oracións con palabras que se diferencian polo dígrafo nh ou polo tipo de erre.


Exercicio      

Escriba unha oración coas seguintes palabras: Duna / dunha: Una / unha: Caro / carro: Fero / ferro: Redor / arredor:

Autoavaliación

Duna / dunha: Visitou as dunas no coche dunha amiga.  Una / unha: Una vostede os bordes usando unha substancia adherente.  Caro / carro: Aquel carro resultou demasiado caro.  Fero / ferro: O can é tan fero que derrubou o ferro que sustentaba o valado.  Redor / arredor: Estivo nos arredores da casa. Andou por redor da casa. 

Tarefa 5: Utilización de s ou x

Nesta tarefa imos completar textos con s ou x, e mais escoller a solución correcta entre palabras escritas con estas letras. Exercicio 1 

Complete estas palabras escribindo s ou x:

E__caso, __acer, __ampú, bi__caíño, beli__co, e__cavadora, con__untura, corni__a, desengra__ar, me__quita, e__querda, e__cusa, e__tremeño, e__torbo, lapi__, poli__ón, e__tensivo, e__tremar, __asmín, e__cavar, e__cavación, e__polio, e__praiar, e__premer, e__tender, e__tensión, e__tenso, e__trañar, e__traño, e__trañeza, e__tranxeiro, E__tremadura, e__tremeña, e__tremar, e__trutura, ar__ila, __entinela, ca__emira, cerve__a, __uño, sen__ible, cli__é, cónxu__e, __oldo, __oidade, en__alzar, pe__orativo, __arampelo, pro__ectil, solfe__o, chanta__e, tan__er, cla__e, tin__ir, tra__ecto, verti__e, __arampón, __ema, __eo, __eso, en__esar, __alouco, a__inar, a__ignar, __ugular, __iringa, __an, __ordo, e__colma, e__plendor, e__traordinario. Autoavaliación

Escaso, xacer, xampú, biscaíño, belisco, escavadora, conxuntura, cornixa, desengraxar,mesquita, esquerda, escusa, estremeño, estorbo, lapis, polisón, extensivo, estremar, xasmín, escavar, escavación, espolio, espraiar, espremer, estender, extensión, extenso estrañar, estraño, estrañeza, estranxeiro, Estremadura, estremeña, estremar, estrutura, arxila, sentinela, caxemira, cervexa, xuño, sensible, clixé, cónxuxe, soldo, soidade, enxalzar, pexorativo, sarampelo, proxectil, solfexo, chantaxe, tanxer, clase, tinxir, traxecto, vertixe, xarampón, xema, xeo, xeso, enxesar, salouco, asinar, asignar, xugular, xiringa, san, xordo, escolma, esplendor, extraordinario.


Exercicio 2          

Escolla e sinale a solución correcta: Téles – télex. Diminuír – disminuír. diminución – disminución. sustancia – substancia. subtraer – substraer. substitución – subtitución. unisex – unisés. suscrición – subscrición. fas – fax.

Autoavaliación

Téles – télex. Diminuír – disminuír. diminución – disminución. sustancia – substancia. subtraer – substraer. substitución – subtitución. unisex – unisés. suscrición – subscrición. fas – fax.

Tarefa 6: Uso de l e ll

       

Nesta tarefa imos completar unha serie de palabras coa letra l ou co dígrafo ll segundo corresponda. Exercicio 1 

Complete estas palabras con l ou ll.

Ampo__a, agasa__ar, ape__ido, anto__o, argo__a, apare__o, atrope__ar, be__o (fermoso), be__ota, ca__o, came__o, baca__au, casu__a, mexi__ón, co__ar, criou__o, dego__ar, apare__ador, esta__eiro, este__a, estre__a, ore__a, fa__ecer, quere__a, ro__o, se__o, va__ado, vasa__o, avasa__ar. Autoavaliación

Ampola, agasallar, apelido, antollo, argola, aparello, atropelar, belo (fermoso), belota, calo, camelo, bacallau, casula, mexillón, colar, crioulo, degolar, aparellador, estaleiro, estela, estrela, orella, falecer, querela, rolo, selo, valado, vasalo, avasalar.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.