II Guía ... E para comer, Lugo 2009

Page 45

DE FESTA EN FESTA

...E...E PARA COMER,LUGO PARA COMER,LUGO

MONDOÑEDO

MONDOÑEDO

A cidade de Mondoñedo ten un calendario festivo moi intenso. O primeiro de maio celébrase a Feira das Quendas e Festa da Empanada. As Quendas remóntanse ao século XVI, cando o consistorio decidiu instituír tres días de feira franca. Destaca a abundante presenza de cabalos e unha animada festa da empanada.

La ciudad de Mondoñedo tiene un calendario festivo muy intenso. El 1 de mayo se celebra la Feria das Quendas e Festa de la Empanada. As Quendas se remonta al siglo XVI, cuando el consistorio decidió instituir tres días de feria franca. Destaca la abundante presencia de caballos y una animada fiesta de la empanada.

O último domingo de xuño ten lugar a Rapa das Bestas de Campo do Óso, a primeira do ano na provincia de Lugo. Esta tradición ancestral, que se remonta á Idade de Bronce, consiste en agrupar os cabalos que andan ceibos polos montes para marcalos e cortarlles as crinas, nun espectáculo de gran beleza plástica. Na rapa mindoniense tamén hai sorteo de potros, carreira e verbena.

El último domingo de junio tiene lugar la Rapa das Bestas de Campo do Óso, la primera del año en la provincia de Lugo. Esta tradición ancestral, que se remonta a la Edad de Bronce, consiste en agrupar los caballos que andan sueltos por los montes para marcarlos y cortarles las crines, en un espectáculo de gran belleza plástica. En la rapa mindoniense también hay sorteo de potros, carrera y verbena.

O segundo fin de semana de agosto, Mondoñedo retrocede no tempo grazas á Feira Medieval. Este evento enche a cidade de artesáns, malabaristas e zancudos vestidos de época. Hai exhibicións de cetrería, cea medieval, venda de produtos artesáns e, en xeral, unha grande animación toda a fin de semana. Trátase da feira medieval máis fermosa e xenuina da provincia, realzada polo aire antigo que a cidade soubo conservar.

El segundo fin de semana de agosto, Mondoñedo retrocede en el tiempo gracias a la Feira Medieval. Este evento llena la ciudad de artesanos, malabaristas y zancudos vestidos de época. Hay exhibiciones de cetrería, cena medieval, venta de productos artesanos y, en general, una gran animación todo el fin de semana. Se trata de la feria medieval más hermosa y genuina de la provincia, realzada por el aire antiguo que la ciudad ha sabido conservar.

45

Mercado de As San Lucas, en Mondoñedo

...E PARA COMER,LUGO


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.