AFRIGA 100

Page 10

10

FORMACIÓN

CURSO DE VERÁN SOBRE BOAS PRÁCTICAS NO USO DE LODOS DE DEPURADORA EN SOLOS AGRÍCOLAS O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, organiza un curso da Universidade de Verán 2012 centrado nas boas prácticas na utilización de lodos de depuradora en solos agrícolas, forestais e espazos degradados. Farase coa colaboración das empresas Agroamb Prodalt S.L.U. (AGROAMB) e Tratamientos Ecológicos del Noroeste (TEN) e terá lugar na sede do Ibader, no campus de Lugo, do 5 ao 7 de setembro. No programa teórico, estruturado nas áreas de lexislación, riscos e valorización agronómica, abrangueranse cuestións coma o estado actual da lexislación sobre o uso agrícola de lodos a nivel europeo, a normativa española e autonómica, os elementos potencialmente tóxicos, a corrección da contaminación de tipo microbiano, a mitigación do problema dos olores, a valorización de lodos en distintas clases de terreos, a compostaxe e os tecnosoles. Os asistentes a este curso tamén realizarán dúas visitas de carácter práctico: o día 6 irán á depuradora de Lugo e ás instalacións da empresa de valorización de residuos orgánicos AGROAMB, en Castro de Rei (Lugo), e o día 7 coñecerán como se elaboran e empregan os tecnosoles na mina de TEN, en Touro (A Coruña).

Seguros agrarios

Protexa a súa explotación agraria En ”la Caixa” ofrecémoslle unha extensa gama de seguros especificamente pensada para cubrir os riscos que poidan xurdir no día a día da súa explotación agraria. Así, poderá asegurar os ingresos da súa colleita e do seu gando, cubrirá os riscos do seu negocio e garantirá a súa protección, a da súa familia e mais a dos seus traballadores.

AgroCaixa

[Ti [ es a Estrela Información suxeita ás condicións xerais, particulares e especiais de cada póliza, así como ás condicións de subscrición. SegurCaixa Adeslas, S.A. de Seguros e Reaseguros. VidaCaixa, S.A. de Seguros e Reaseguros. Caixabank, S.A., operador de banca-seguros exclusivo de VidaCaixa, S.A., con CIF A-58333261, e autorizado de SegurCaixa Adeslas, S.A., con CIF A-28011864, inscrito no rexistro administrativo de mediadores da DXSFP co código C0611A08663619, e autorizado para a distribución de seguros CASER, en virtude do convenio de distribución entre VidaCaixa e CASER.

www.laCaixa.es/agrocaixa

AFRIGA ANO XVIII - Nº 100


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.