Compositores de obras de ballet clásico

Page 1

COMPOSITORES DE OBRAS DE BALLET CLÁSICO Algúns dos compositores máis coñecidos escribiron música para ballet. Entre todos eles, destacan dous rusos: Piotr Ilich TCHAIKOVSKI e IGOR STRAVINSKY.

Piotr Ilich TCHAIKOVSKI (Vótkinsk, 1840 – San Petersburgo, 1893)

Este importante compositor ruso do S. XIX, que pertence á época romántica da historia da música, é autor de tres ballets moi coñecidos: “O lago dos cisnes”, “A bela durmiñona” e “O Crebanoces”. “O lago dos cisnes” (1877) está baseado nun conto alemán e foi o primeiro dos ballets que compuxo Tchaikovski. A pesar de que hoxe é unha das súas pezas máis coñecidas e interpretadas, esta romántica e máxica historia de amor entre Sigfrido e Odette (princesa transformada en cisne), apenas tivo éxito cando se estreou.

Para o ballet “A bela durmiñona” (1890), Tchaikovski compuxo a partitura segundo as indicacións do coreógrafo francés Marius Petipa, polo que a música se adapta de marabilla á acción dramática. Neste conto de fadas destacan o vals do primeiro acto e as danzas do terceiro.

“O Crebanoces” (1892) é un máxico conto de Nadal baseado na historia “O crebanoces e o rei dos ratos”, de E. T. A. Hoffmann. As seis danzas características (Danza española, Danza árabe, Danza chinesa, Danza rusa, Danza dos mirlitóns e Nai xenxibre e os Pulchinelos) e o Vals das flores son os puntos culminantes deste ballet.

Pulchinelo: personaxe burlesca das farsas italianas

que

tiña

dobre xiba e nariz ganchudo, que levaba un

traxe branco frouxo e un gorro negro.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “BAILEMOS NA MUSITECA” C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ– CURSO 2016-17


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.