Page 1

1.2. Estratexias de comprensión lectora Isabel Solé (1992) establece unha clarificación entre os termos procedemento e estratexia. Así cita a Coll, 1987; p. 89 que define procedemento como un conxunto de accións ordenadas e finalizadas para conseguir unha meta. Ao procedemento tamén se lle chama técnica, método , destreza ou habilidade. Por outra parte, a estratexia permítenos conseguir unha meta dunha forma regulada, seleccionando as actividades más axeitadas para resolver o que pretendemos. Unha estratexia permítenos modificar as accións cando sexa necesario, en función de obter os resultados do xeito máis adecuado. Segundo isto, convén que ensinemos estratexias de lectura, que facilitemos ao alumnado a comprensión dos textos. As estratexias ensínanse e apréndense, non son simples receitas. Unha estratexia adquirida permite ser transferida a distintos ámbitos. Segundo Palincsar e Brown (1984), a comprensión do que lemos é resultado de tres condicións: 1.

Claridade e coherencia do contido dos textos.

2.

Dos coñecementos previos do lector.

3.

Das estratexias que o lector utilice para a comprensión e o recordo do que le.

Se queremos que o alumnado sexa autónomo na lectura e que se poida enfrontar a textos diversos, convén traballar con eles estratexias diversas de comprensión lectora. Os lectores autónomos son capaces de aprender a partir dos textos, de establecer relacións entre o que len e o que xa saben, de realizar xeralizacións transferindo o aprendido a outros contextos. Ao ensinar estratexias de comprensión lectora estamos contribuíndo ao desenvolvemento da competencia de aprender a aprender.

Como se poden ensinar estratexias? O importante é que o alumnado saiba utilizar as estratexias adecuadas na comprensión de todo tipo de textos. Seguindo aos autores Palincsar e Brown (1984) as actividades cognitivas que deben ser fomentadas mediante as estratexias son as que seguen: 1. Entender o propósito da lectura. Que teño que ler? Para que teño que lelo? 2. Activar os coñecementos previos en relación coa lectura. Qué sei eu en relación co contido do

texto? Que sei que me pode axudar? 3. Centrarse no fundamental, no relevante, obviando o que ten menos interese en función do

obxectivo que se persegue.


4. Valorar a consitencia interna do contido do texto. Ten sentido este texto? Discrepa do que eu

penso aínda que ten estrutura lóxica? Enténdese o que expresa? Que dificultades presenta? 5. Recapitular e ir comprobando continuamente. Que quería dicir este parágrafo? Cal é a idea

principal deste apartado? 6. Probar inferencias diversas como interpretacións, predicións, conclusións. Que suxeriría eu para solucionar este problema? Cal pose ser o final desta novela? Que lle pode ocorrer a este personaxe?

Isto lévanos a que as estratexias han de facilitar o camiño máis axeitado para resolver a situación se xorden problemas na comprensión. Desde a concepción constructivista da aprendizaxe escolar e da ensinanza (Coll, 1990) enténdese esta como unha axuda que se lle proporciona ao alumnado para que poida construír as súas aprendizaxes. No caso da lectura, é importante resaltar tres ideas fundamentais que emanan da concepción constructivista: 1.

A situación educativa hai que considerala como un proceso en construción conxunta (Edwards e Mercer, 1988) no que van ter papeis moi importantes alumnado e profesorado.

2.

Nese proceso de construción o profesorado exerce unha función de guía (Coll, 1990). Rogoff (1984) denomina este proceso participación guiada.

3.

Nesta terceira idea está o que Bruner e os seus colaboradores, 1976, denominan andamiaxe. Isto ven a ser como os apoios que se aportan ata que se afianzan as estratexias. Despois estes apoios vanse retirando na medida en que as estratexias se van interiorizando.

Distintas fases na ensinanza de estratexias de comprensión lectora Para contribuír á comprensión lectora, segundo diferentes autores hai que ensinar unha serie de estratexias No cadro que segue presentamos as propostas de distintos autores. Estas propostas para a ensinanza da comprensión lectora presentan diferentes secuencias en función do autor do que se trate.

Collins e Smith (1980)

Baumann (1990) divide Palincsar e Brawn

Distinguen 3 fases.

en 5 partes o método

(1984) ensinanza

de ensinanza directa da recíproca.


comprensión lectora

Pretende que se ensinen 4 estratexias de comprensión.

Fase de modelado:

Introdución:

Formular predicións.

O profesor le en voz alta, detense para verbalizar explícaselle ao e comenta os procesos que lle permiten

alumnado o que se vai

comprender o texto, dúbidas, mecanismos que

traballar

utiliza para resolver… Fase de participación do alumnado:

Exemplo: faise unha

Presentar preguntas

A través de preguntas dirixidas polo profesor

exemplificación cun

sobre o texto

trátase de facilitarlle ao alumnado a adquisición texto concreto. de estratexias para comprender o texto. Fase de lectura silenciosa:

Ensinanza directa:

Trátase de que o alumnado leve a cabo

O profesor explica a

persoalmente as fases que se fixeron

actividade concreta O

anteriormente co profesor

alumnado responde.

Clarificar dúbidas

Aplicación dirixida polo Resumir profesor: O alumnado practica a habilidade que antes aprenderon co profesor. Práctica individual: Utilizar esa habilidade con material novo. O método de Collins e Smith(1980) asume un modelo no que o alumnado vai aumentando as estratexias de comprensión e a intervención do profesor vai diminuíndo. O método de Bauman responde a unha concepción “proceso/produto”, non está tomado desde a liña constructivista, pero á súa vez alértanos da necesidade de sistematizar o proceso de comprensión lectora. Na proposta de Palincsar e Brawn o alumno debe tomar papel activo e o profesor mantén un papel esencial de cara a enfocar os problemas, centrar as discusións, supervisar, corrixir permitindo un


enfoque constructivista.

Para saber mĂĄis e profundar neste tema suxerĂ­mosche que visites este enderezo web. http://www.slideshare.net/felipezayas/la-competencia-lectora

estratexias lectoras  

terora do bloque 1.2

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you