Alterarte é unha iniciativa asociativa consolidada após varios anos que ten o obxectivo de promocionar e difundir a arte galega máis actual, en continuación da actividade desenvolvida antes da súa creación pola Asociación de artistas plásticos de Vigo.
Alterarte preséntase como un proxecto dinámico e aberto a propostas, cun concepto de arte ampla que abrangue todo tipo de tendencias e manifestacións artísticas.