Conclusións do I Congreso TADEGa 2008.

Page 1

` Conclusions 1 Congreso TADEGa 2008 ` especial Edicion ` en galego Version



` Conclusions 1 Congreso TADEGa 2008


Significado de acrónimos e abreviaturas no final deste documento.

` Edicion © Asociación TADEGa Rúa Cabaleiros, 25 - 5º Dta. 15009 - A Coruña Contactar@tadega.net ISSN: 1988 - 3137 Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega. Edición Especial de maio de 2008 con motivo da celebración do “Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008”. Santiago de Compostela, A Coruña.

1


Limiar TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) é unha asociación sen ánimo de lucro principalmente de profesionais da educación galega que se centran na “atención á diversidade” (é dicir: a discapacidade, a 3ª idade, o multicultural, rural, sobredotación, marxinalidade social, etc.) A irrupción das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) na sociedade xera unha “fenda dixital”: xa que nin todas e todos teñen acceso, nin parten coas mesmas oportunidades para aproveitalas e, na Educación Galega este crebacabezas adquire definición propia e específica que debe ser atendida e con urxencia. Dende esta asociación especial interese en abrir unha canle de comunicación entre profesorado, usuarias/os e as súas familias xa que, é nesa convivencia, onde xurde unha óptica axeitada para observar a panorámica da atención á diversidade e a inclusión e facer os deseños de intervención máis acordes co que se precisa. Situámonos así nunha encrucillada: a atención á diversidade en Galicia, o acceso e aproveitamento das TIC, e as opinións e prioridades que a comunidade educativa nos achega.

2

O Congreso Concibido para traballar sobre estas liñas e, para darlle unha forma operativa, inseriuse ademais un xeito de desenvolvelo particular e atípico: ü Un congreso máis centrado na análise da realidade cotiá de aulas e familias construíndo normalización na diversidade que en debates teóricos. ü Máis centrado nas estratexias de futuro que en dar simplemente moreas irracionais de recursos. ü Centrado tamén en vertebrar espazos de encontro na procura dunha realidade TIC educativa galega máis acorde co que se precisa para ser competentes. ü Dando protagonismo a familias e usuarias/os (que incluíu un panel de experiencias). ü Un programa cargado de intervencións procurando múltiples puntos de vista sobre cada unha das 4 mesas redondas cos correspondentes debates. ü A sinatura dun acordo de gran valor pedagóxico e técnico entre as asociacións DIVERTIC (Murcia) e TADEGa (Galicia) para a tradución ao galego do que ata hoxe é a mellor ferramenta tecnolóxica para a xeración de recursos didácticos na atención á diversidade: “Aumentativa.net” quedando así a disposición da comunidade educativa galega.


Galicia celebra de xeito conxunto o 17 de maio: o Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, e o Día das Letras Galegas. TADEGa súmase a esta celebración.

Como, cando, onde,... Días 23 e 24 de maio de 2008 nas instalacións do MUPEGA (Museo Pedagóxico Galego) de San Lázaro (Santiago de Compostela) encheu o seu aforo máximo (112 prazas) cunha divulgación sinxela e curta. INAUGURACIÓN ü Dona María José Pérez Mariño, Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. ü Dona Helena Veiguela Martínez, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellería de Innovación e Industria. ü D. Juan José Fernández García, Presidente da Asociación TADEGa. ü D. Fco. Javier Soto Pérez, Asesor técnico do Servizo de Atención á Diversidade da Consellería de Educación, Ciencia e Investigación da Rexión de Murcia. ü D. Manuel Gómez Villa, Presidente da Asociación DIVERTIC.

Camisetas experimentais accesibles, con tinta en relevo para todas e todos co noso agradecemento a ManísDixital

CLAUSURA ü Dona María Isabel Doval Ruíz, Subdirectora Xeral de Universidades da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. ü D. Juan José Fernández García, Presidente da Asociación TADEGa. ü D. Fco. Javier Soto Pérez, Asesor técnico do Servizo de Atención á Diversidade da Consellería de Educación, Ciencia e Investigación da Rexión de Murcia. 3


Inauguración

Programa VENRES 23 [16:00] Acreditación e entrega de documentación. [16:30] INAUGURACIÓN (Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Servizo de Atención á Diversidade da Rexión de Murcia, Asociación TADEGa, Asociación DIVERTIC). [17:00] Sinatura do acordo DIVERTIC.org e TADEGa.net. [17:15] MESA I. REFERENTES TIC NA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Coordinación: Mª Belén Junquera Méndez. Relatorio: Manuel Gómez Villa, Fco. Javier Soto Pérez e Juan J. Fernández García. SÁBADO 24 [10:00] MESA II. ACCESO COMPARTIDO A RECURSOS DIXITAIS Coordinación: Susana Marina Blanco Baluja. Relatorio: Antonio Ovidio Carreira Montes, Abraham Domínguez Cuña e Feliciano J. Couto Escanciano. [11:15] DESCANSO [11:45] MESA III. INTEGRANDO RECURSOS TIC NAS AULAS Coordinación: José Leonardo Fariña García. Relatorio: Manuel Gómez Villa, Mª Mercedes Varea Cascallar e Mercedes Pilar Fernández García. SÁBADO TARDE [16:00] MESA IV: COMUNIDADE USUARIA, FAMILIAS, USABILIDADE, ACCESIBILIDADE E FENDA DIXITAL Coordinación: Manuel Á Masaguer Rodríguez. Relatorio: Emilio Ivars Ferrer, Mª Emma Mayo Pais, Inés Casal Barreiro, Mª Luz López Díaz e Julián García Villalobos. [18:30] DESCANSO [19:00] CLAUSURA (Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, Servizo de Atención á Diversidade da Rexión de Murcia e Asociación TADEGa). [19:30] Recollida de enquisas de avaliación e entrega de diplomas. (Para máis información sobre relatores e contidos consulte a nosa web). 4


` Valoracions do congreso Definiuse este congreso como: Práctico, dinámico, vivo, representativo, acolledor, e solidario. Entregouse un formulario de valoracións para ser devolto de xeito anónimo e voluntario despois da clausura reiterando a importancia de que se plasmaran valoracións obxectivas. Das 55 recibidas, estes foron os resultados. PUNTUACIÓNS GLOBAIS. E. Liker (de 1 = Nada a 10 = Moito): ü Importancia dos contidos tratados no Congreso: 8,27 ü Claridade expositiva dos relatores: 8,49 ü Utilidade dos contidos expostos: 8,12 ü Interese dos contidos tratados: 8,44 ü Metodoloxía do Congreso: 7,98 ü Organización: 8,44 ü Ambiente creado: 8,49 ü Material aportado: 8,06 ü Dinámicas das mesas redondas: 8,34 ü Instalacións e localización: 8,44 ü Servizos de restauración e hospedaxe: 8,05 ü Media Xeral: 8,45 PROPOSTAS DE MELLORA para futuros Congresos: ü Celebralos en instalacións de maior aforo. ü Dar maior presenza a profesionais da Educación Galega. ü Contar con obradoiros prácticos de ferramentas TIC. ü As intervencións máis salientables darlles máis tempo. ü Mellor posta a punto dos aparellos tecnolóxicos. ü Diversificar máis os estudos de ANEAE.

COUSAS BEN FEITAS: ü O ambiente cálido e acolledor creado. ü A variedade e calidade dos relatores. ü A boa organización do congreso. ü Os contidos de actualidade e interese. ü O novo enfoque experiencial das TIC. ü Ter inserido testemuñas familiares.

ASPECTOS A MELLORAR: ü Máis tempo de intervención aos relatorios principais. ü Incidencias técnicas de audio, video e conexións. ü Algunhas reiteracións de contidos. ü Escasa divulgación previa. 5


` Conclusions I. Os referentes Que quen participou definira este congreso como: práctico, dinámico, vivo, representativo, acolledor, e solidario, agrada e moito, pero cómpre ir máis aló. É preciso sacar proveito para o futuro. Neste congreso podemos aglutinar as conclusións e propostas para unha liña de horizonte diferente no eido das TIC na atención á diversidade e na inclusión ao redor de 3 áreas fundamentais: ü Os referentes. ü Os acordos. ü Novos enfoques para vellos temas. OS REFERENTES: Con independencia do liderado das administracións educativas no aproveitamento e vertebración das TIC na Atención á Diversidade e na Inclusión, é urxente a formación de grupos educativos de referencia vertebradores capaces de pór en conexión as experiencias máis significativas, as equipas de traballo máis destacables, e as contornas colaborativas máis fecundas. Trátase simplemente de que as iniciativas de calidade non poden quedar recluídas nos recintos escolares porque, do contrario, estaríanse replicando esforzos inutilmente en distintos puntos da xeografía galega e, peor aínda, todos os anos partindo do mesmo punto cero porque a desconexión entre docentes e proxectos de referencia impediría medrar a partir de experiencias contrastadas anteriores. Quizabes esquecemos que falamos de nenas e nenos que dependen da nosa creatividade. TADEGa esfórzase en ocupar ese nicho como referente e non parece que atope moitos obstáculos, xa non tanto por méritos propios, que non é aquí o sitio de xulgar, canto máis ben, por atopar ante si un espazo virxe ávido de experiencias colaborativas de calidade. Nese esforzo vertebrador detéctase a ausencia dun perfil moi significado naquelas comunidades autónomas nas que desenvolve o seu labor dende fai tempo: A figura da “Asesoría de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade”. Tal é o caso da Rexión de Murcia, onde a súa presenza permanente é factor estratéxico para un pulo das boas prácticas na implementación das TIC na Atención á Diversidade que, ao longo desta década, propiciou unha bagaxe histórica digna de admiración que quebranta definitivamente o perpetuo partir de cero. Por outra banda, a Atención á Diversidade e a Inclusión non son campos que se poidan reducir a unhas poucas áreas temáticas abordables dende uns poucos proxectos de actuación. Todo o contrario. A súa amplitude e panorámica chea de contrastes dá lugar á necesaria diversificación de esforzos de cada quen en áreas moi dispares, o que xustifica, máis aínda se cabe, ese necesario punto de encontro común a todos que, pretendemos sexa esta asociación. O reto é inmenso, e case todo está por facer. A ilusión non é menor, e a calidade dos profesionais que se aglomeran ao seu redor dá razóns para o optimismo. 6


` Conclusions II. Os acordos ACORDO DIVERTIC (MURCIA) E TADEGA (GALICIA): Trátase da sinatura dun acordo de gran valor pedagóxico e técnico entre estas asociacións para a tradución ao galego do que ata hoxe é a mellor ferramenta tecnolóxica para a xeración de recursos didácticos na atención á diversidade: “Aumentativa.net” quedando así a disposición da comunidade educativa galega. Trátase dun espazo de recursos para a comunicación aumentativa que integra un dicionario pictográfico e fotográfico propio, materiais para descargar, base pictográfica e fotográfica, unidades didácticas multimedia, animacións, xeración automática de materiais multimedia on-line, xeración automática de materiais curriculares impresos, actualización semanal de pictogramas e imaxes, solicitude de pictogramas á carta, etc.: uns 4000 pictogramas e fotografías orixinais agrupadas en 40 categorías semánticas (accións, aparellos, baño e aseo, cociña, transportes, etc.). (EN PREPARACIÓN) ACORDOS ESTRATÉXICOS ONCE-TADEGA: Da Dirección de Educación da ONCE achegóusenos unha proposta de colaboración para investigar sobre a elaboración dun estándar de accesibilidade de recursos didácticos TIC na aula baseado máis na práctica docente que sobre as coñecidas normas W3C-WAI. A razón desta diverxencia céntrase en formular estándares complementarios centrados máis na comunidade usuaria real con diversidade funcional que nas normas de consenso (case sempre de mínimos exiguos e, neste caso, centrados case en exclusiva sobre contidos web). Adicionalmente nós engadimos a proposta de acordo entrambas entidades para formular a petición de reforma do documento coñecido como “ESTÁNDARES PARA COMPETENCIA EN TIC PARA DOCENTES” elaborado pola UNESCO. Entendemos que este documento contén unha omisión grave: ao abordar as competencias de alumnado, profesorado, e a formación do profesorado, obvia por completo, e de xeito totalmente inxustificable, a accesibilidade e o “deseño para todos” que, por outra vía, a propia ONU proclama de xeito indiscutible. Cómpre, polo tanto, pedir de xeito enérxico a modificación deste texto. 7


` Conclusions III. Novos enfoques a vellos temas Hai asuntos (e máis aínda na na Atención á Diversidade) que non deberían ser novidosos nin causar estrañeza. Pero a realidade é teimuda, tanto, que temos a obriga de voltar sobre eles e poñelos riba da mesa para insistir: ACCESIBILIDADE, USABILIDADE E DESEÑO PARA TODAS E TODOS: Edita vostede algunha páxina web? (Poñamos por exemplo un caderno de bitácora tan de moda nestes tempos). Coñece a obriga legal, moral e ética de que sexa accesible no canto de segregadora? Sabe como acadalo? Non debería ser o profesorado, as universidades, os centros, e as aulas os primeiros en dar exemplo? Non debería ter o seu alumnado unha idea concisa do que é a accesibilidade dos contidos dixitais? Preguntas como estas feitas de socato evidencian unha das realidades máis negativas no normalizar e naturalizar a diversidade: é imposible integrar e incluír se por preguiza, abandono ou iñorancia os deseños educativos dixitais son inaccesibles a quen queremos achegar a nós. Hoxe florecen a esgalla materiais e recursos dixitais de aula, pero moi pouco se sabe do que é un deseño accesible converténdonos en segregadores. Alarma a falta de competencias en TIC do profesorado (na formación inicial universitaria e na formación permanente) e, polo tanto, a non transmisión das mesmas ao alumnado deixa o aproveitamento das TIC na Atención á Diversidade e na Inclusión nun perpetuo ano cero: quen máis precisa dese aproveitamento (as persoas con diversidade funcional) atópanse excluídas pola propia Educación. A INCLUSIÓN E AS TIC: Lamentamos a persistencia dunha idea perversa na Atención á Diversidade que consistiría en illar ao alumnado diferente dentro da aula supostamente integrada con metodoloxías diferentes, comportamentos distintos, didácticas especiais no canto de procurar didáctica, estratexias e comportamentos comúns ao grupo de aula que faciliten un ensino igual para todos, con equidade e incluínte. Curiosamente esa intoxicación fai que moitas veces o uso das TIC na aula herde vicios e visións incorrectas no canto dunha boa vertebración do dixital nas aulas. Cando se contempla a inclusión como o que é, os cambios profundos cara a un ensino de calidade gañan terreo a pasos axigantados: A portavocía da comunidade usuaria e familias pasa a ser, como puidemos moi ben comprobar neste congreso, ditames de experiencia de alto valor e impagables; a problemática do cambio incesante de titor/titora cada ano con ANEAE desaparece para abordar a súa escolarización como un proxecto apaixoante a moito máis que un ano vista (imprescindible para a supervivencia escolar das persoas con diversidade funcional); e o uso dos medios e recursos dixitais son unha extensión máis de canto acontece na aula nun equilibrio tal que moitas veces é o propio alumnado quen nos amosa o camiño a percorrer dun xeito amable e enriquecedor para todas e todos. 8


Grazas por ser, e por estar!

ACRÓNIMOS USADOS NESTE DOCUMENTO: ANEAE: "Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo" (LOE, Título II: equidade na Educación, Artigos 71 a 82). DIVERTIC: "Asociación Nacional de Tecnoloxía Educativa para a Diversidade". ISSN: "International Standard Serial Number", é dicir: "Número de Serie Estándar" ou identificativo de serie asociado a revistas e publicacións periódicas. LOE: "Lei Orgánica de Educación". MUPEGA: "Museo Pedagóxico Galego". ONCE: "Organización Nacional de Cegos Españois". ONU: "Organización das Nacións Unidas". TADEGa: Asociación de "Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega". TIC: "Tecnoloxías da Información e da Comunicación". UNESCO: Organización da ONU: "Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura". WAI: "Web Accessibility Initiative", é dicir: "Iniciativa de Accesibilidade Web" Trátase dun grupo de traballo establecido pola W3C que estableceu as normas de accesibilidade web internacionais hoxe en vigor. W3C: "Word Wide Web Consortium", é dicir: Consorcio internacional da Rede. (Organismo regulador dos estándares de Internet). 9



TIC para todas e todos

Primeiro Congreso TADEGa 2008 Colaboran

Rexión de Murcia Consejería de Educación, Ciencia e Investigación Dirección General de Promoción Educativa e Innovación Servicio de Atención a la Diversidad

Estilo visual inspirado en VladStudio.com


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.