Page 1

GEr e ca´i aa ll d

IES de Ames IES de Melide IES Pontepedriña

Unha viaxe no tempo e no espacio do 23 ao 31 de marzo de 2011

Nome:______________________________


Grecia

Unha viaxe no tempo e no espacio

Un h a v i a x e no t e m p o e n o e s p a c i o 23 ao 31 de marzo a de 2011 I. E. S. de Ames I. E. S. de Melide I.E.S. "Pontepedriña" Margarita Olivar Susana Losada Carlos Sánchez Crestar (maquetación)

Santiago, Marzo 2011 1


Índice

´

Unha viaxe no tempo e no espacio

Programa

páxina

3

Participantes

páxina

4

I. Atenas

páxina

5

6

Índice I.1.

Acrópole

páxina

I.2.

Ágora

páxina 14

I.3.

Plaka

páxina 16

I.4. Os museos

I.4.1. Museo da Acrópole

páxina 17

I.4.2. Museo Arqueolóxico Nacional

páxina 25

II.

Colección

cicládica

páxina 26

Colección

micénica

páxina 26

Colección de esculturas

páxina 31

Colección de vasos

páxina 38

Tera

páxina 42

Santorini

páxina 44

III. A Argólida

páxina 47

III.1.

Corinto

páxina 47

III.2.

Micenas

páxina 49

III.3.

Epidauro

páxina 54

IV.

V.

2

páxina 17

Creta

páxina 57

IV.1.

Relevo e clima

páxina 58

IV.2.

Historia

páxina 59

IV.3.

Iraklio

páxina 63

IV.4.

Preveli

páxina 69

IV.5.

Pazo de Cnossós

páxina 70

Delfos

V I . Gastronomía, vocabulario, diario de viaxe

páxina 74 libretiña aparte


Programa

Mércores 23 de marzo: Santiago - Madrid -Atenas Encontro no aeroporto de Santiago as 5.30 h. Saída de Santiago ás 6.55, chegada a Madrid ás 8.00 h. Continuación da viaxe a Atenas, con saída ás 11.40h. Chegada a Atenas as 16.10 (hora grega) traslado ó hotel. Paseo polo tradicional barrio de Plaka e centro de Atenas.

Santiago Madrid Atenas

Unha viaxe no tempo e no espacio

Xoves 24 de marzo: Atenas Almorzo no hotel ás 8.00 h. Visita á Acrópole, centro da vida administrativa e relixiosa da antiga Atenas, onde veremos os edificios máis importantes (Partenón, Erecteion...). A continuación, visita da Ágora, centro político e económico na antigüidade. Xantar no barrio de Plaka –Monastiraki. Pola tarde, visita ao novo museo da Acrópole.

Acrópole Museo da Acrópole

Atenas Micenas

Santorini

Ágora Plaka

Venres 25 de marzo: Atenas-Santorini Saída ás 6.00 h. cara o porto do Pireo para embarcar rumbo a Santorini, a illa Cíclada máis meridional. No traxecto (6 h.) faremos escala nas illas de Siros, Paros, Naxos e Íos, escenario de famosos episodios históricos e mitolóxicos. Á chegada a Santorini ás 15. h., poderemos contemplar os seus estratos volcánicos e a súa rechamante estructura xeolóxica. Traslado dende o porto a Fira, a capital, acomodación no hotel. Paseo nocturno e cea por Fira, pobo típico cicládico con fermosas vistas dende os acantilados.

Pireo Santorini

Sábado 26 de marzo: Santorini Almorzo ás 7.45 h. Percorrido en bus pola illa. Visita ao lugar arqueolóxico de Akrotiri, cidade minoica sepultada polo volcán no 1.450 a. C. A continuación visitaremos a Praia Vermella, chamada así pola cor da súa area, e Perissa, praia de area negra, onde xantaremos. Proseguiremos o noso recorrido por Imerovigli, pobo de casas brancas colgado do acantilado, Ía coas súas fermosas igrexas bizantinas brancas con cúpulas azuis e outros lugares. Regreso a Fira, tempo libre para cea e aloxamento no hotel.

Akrotiri Praia Vermella Antiga Tera Ía

Domingo 27 de marzo: Santorini Almorzo ás 7.45 h. e saída cara o centro de Fira. Visita ao Museo Arqueolóxico Nacional de Fira. Baixada ata o porto antigo, onde colleremos un barquiño para visitar as illas veciñas, que formaban parte da illa de Santorini antes da violenta erupción no 1.450 a. C.: Nea Kaimeni, onde se atopa o cráter do volcán, Palea Kaimeni, fontes de auga quente e ferruxinosa, e illa de Thirasia, onde xantaremos na praia. Regreso a Fira a media tarde e tempo libre.

Fira Nea Kaimeni Palea Kaimeni

Luns 28 de marzo: Santorini-Atenas Almorzo ás 8.30 h. Paseo de Fira a Imerovigli para disfrutar das fermosas vistas da illa. As 14.00 h. traslado ao porto novo onde colleremos o barco de regreso a Atenas. Viaxe de regreso, igual que a ida, pasando por diversas illas Cícladas. Chegada a Atenas a ás 24.00 h.m, traslado e acomodación no hotel.

Atenas

3


´ Martes 29 de marzo: Atenas

Unha viaxe no tempo e no espacio

Almorzo ás 9.00 h.Visita ó Museo Arqueolóxico Nacional, onde veremos as obras de arte máis representativas da Antiga Grecia. Pola tarde paseo polo centro de Atenas: Igrexas bizantinas, antiga e nova catedral, praza Sintagma, sede do Parlamento Grego, onde veremos o cambio de garda.

Atenas

Mércores 30 de abril: Argólida Almorzo Ás 7.15 h. no hotel. Saída ás en bus cara á Argólida. Breve parada no canal de Corinto. Visita do palacio de Agamenón, Museo Arqueolóxico e Tesouro de Atreo en Micenas, teatro e santuario de Asclepio en Epidauro e á cidade de Nauplio, primeira capital do novo estado grego.

Atenas Micenas

Santorini

Micenas Epidauro Nauplio

Xoves 31 de abril: Atenas – Madrid – Santiago Almorzo ás 9.00 h e recollida da equipaxe. Visita ao Cerámico, antiga necrópole próxima ao hotel. Tempo libre. Traslado ao aeroporto ás 14.00 h. para coller o voo con destino a Madrid ás 16.50. Chegada a Madrid para tomar o voo con destino a Santiago de Compostela, con chegada ás 23.55 h.

Atenas Madrid Santiago A casiña

Teléfonos dos hoteis (cos prefixos para chamar dende España) Atenas: noites do 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de marzo. HOTEL CAROLINA Odos Kolokotroni 55, 10560, Atenas Tel: +30 210 32.43.551, +30 210 32.43.552 |http:// www.hotelcarolina.gr Santorini: noites do 25, 26 e 27 de marzo. Hotel Albatros, Karterados 84700 Tel.: +30 22860 23435, -23434, -23432 http://www.hotel-albatros.gr/

Participantes

IES DE AMES Cid Fernández Rial, Jaime Clavero Fernández, Carmen Codesido Lestón, Alberto García Vidal, Javier Mato Iglesias, Ana Núñez Sabucedo, Carlos Rei Lodeiro, Iago Segade Valdés, Lía Vilariño Bercero, Martina Olivar Roldán, Margarita

4

IES PONTEPEDRIÑA Carbajo, María Carbajo, Laura Carracedo, Paula Duarte, Alba Martínez, Alba Redondo, Laura Regueira, Iris Serén, Laura Vázquez, Ana Rodríguez Leal, Gloria

IES DE MELIDE Agra Varela, Blas Ares Turrado, Elisa Cabo Salgado, Ángel Cagide Tarrío, Raquel Carril García, Adrián Edreira Varela, Alba Fernández Carril, Irune Ferreiro Pazo, Martín Filgueira Vázquez, Andrea Freire Rodríguez, Alexandre Gallego Peña,Paula Laya Pereiro, Pablo Laya Sánchez, Xácome López Sánchez, Cristian Martínez Monterroso, Alba Núñez Penas, Gutier Penas Tabaoda, Denis Penín Miguélez, Ariadna Pérez Castro, Antón Varela Iglesias, Isabel Gayoso Díaz, Isabel Losada Soto, Susana


I. Atenas

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas

Atenas

5


´

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.1. A Acrópole

Atenas

I.1. A Acrópole Entre as cidades gregas, Atenas e a súa acrópole constitúen o emblema da Grecia clásica. Acrópole significa a parte máis alta da cidade (a[ k ra «alta», elevada e povliς cidade»). Cada polis tiña a súa acrópole nunha colina rodeada de murallas e era empregada en caso de emerxencia como último refuxio dos habitantes do lugar. Alí estaban as residencias do arconte ou soberano. Co paso do tempo, as acrópole e en concreto a Acrópole por antonomasia, a de Atenas, pasan de ser un centro político e estratéxico a un lugar de culto relixioso exclusivamente. A época de maior apoxeo da Acrópole ateniense iníciase trala sorprendente victoria que obtiveron os atenienses fronte ós persas na batalla de Maratón (490 a. n. E.). A democracia ateniense con Pericles á cabeza tomou a decisión de construír ó lado do antigo templo da Atenea Polias un novo templo adicado a Palas Atenea e cunha entrada monumental: os Propileos. Pericles, mente instigadora do proxecto, contou coa colaboración de dous grandes artistas: o arquitecto Ictinos e o escultor Fidias. Concíbese a «nova Acrópole» como un espacio aberto

6

Erecteión

Propileos

Templo de Atenea Niké

no que se erguen as masas do Erecteion ó norte, do Partenón ó sur e ó oeste os Propileos. Era difícil alcanzar unha vista xeral, posto que unha grande muralla encerraba a meirande parte do recinto. Cada monumento aparece aillado e coa súa propia personalidade.

A Acrópole 1. Monumento de Lisícrates 2. Odeón de Pericles 3-6. Santuario de Dionisio Eleutereo: 3. Templo antigo 4. Templo novo 5. Altar 6. Pórtico do santuario 7. Escenario do teatro de Dionisio Eleutereo 8. Orquestra do teatro de Dionisio Eleutereo 9. Monumento coréxico de Trásilo 10. Colunas coréxicas sobre o monumento de Trásilo 11. Monumento coréxico de Nicias 12-17. Santuario de Asclepio:

12. Templo 13. Altar 14. Pórtico 15. Habitación 16. Pórtico sur 17. Pórtico iónico 18. Fonte de Alcipa 19. Templo de Temis 20. Hipoliteion 21. Pórtico de Eumenes 22. Odeón de Herodes Ático 23. Santuario das ninfas 24. Edificio romano 25. Santuarios 26. Clépsidra 27. Santuario de Apolo 28. Santuario de Zeus Olímpico 29. Santuario de Pan 30. Santuario de Afrodita e Eros 31. O Aglaureion 32. O Anaceion 33. A porta Beulé 34. Altar de Apolo Agieo 35. Santuario de Atenea Pilátida 36. Pedestal de Eumenes e cuadriga de Agripa 37. Propileos de Mnesicles 38. Pinacoteca 39. Edificio con duas habitacións 40. Templo de Atenea Niké

A Acrópole , c. 480 a.n.E. A Acrópole , c. 200 a.n.E.


Partenón Odeón de Herodes Ático Pórtico de Eumenes Teatro e Santuario de Dionisio

Unha viaxe no tempo e no espacio

A Acrópole hoxe

41. Santuario de Artemisa Brauronia 42. Calcoteca 43. O Partenón 44. Templo de Roma e de Augusto 45. Santuario de Pandión 46. Santuario de Zeus Políeo 47. Santuario de Gea Carpofora (a Terra Fructífera) 48. Altar de Atenea 49. «Templo antigo» de Atenea 50. O Erecteion 51. O Pandroseion 52. O Areforio 53. Atenea Promaco

7


´

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.1. A Acrópole I.1.1. O Partenón

I.1.1. O Partenón Pouco despois da batalla de Maratón, os atenienses deciden conmemora-la súa victoria sobre os persas construíndo un importante templo a Atenea no lado sur da Acrópole. Proxéctase enteiramente en mármore xa que se empezaran a utiliza-las canteiras do monte Pentélico, moi cercanas a Atenas (16 km.). Anteriormente o mármore importábase da illa de Paros, o seu transporte era extremadamente custoso polo que só se utilizaba para esculturas e adornos arquitectónicos. Sen as canteiras do Pentélico, os atenienses non poderían pensar nun proxecto tan caro como construír todo un templo nese material. Antes de iniciarse as obras

do templo tiveron que nivelarse algunhas partes da Acrópole, e incluso ampliar algunhas zonas, sobre todo na parte inclinada do lado sur. Ergueuse unha subestructura grande e sólida composta de bloques regulares de pedra caliza. Trátase dun edificio dórico períptero (rodeado de columnas polos catro lados), con 8 columnas nos lados curtos e 17 nos longos. As dimensións do Partenón foron elixidas con coidado segundo sutís relacións entre as partes do templo: - A lonxitude do templo é bastante máis có dobre da anchura, gardan unha relación de 9 : 4 - A relación da distancia entre as columnas con cada

diámetro volve a ser de 9 : 4. - A parte frontal do Partenón (sen frontón nen escalóns) é un rectángulo do cal a relación da altura coa anchura é outra vez exactamente de 9 : 4. Todo o edificio, anque construído dun modo simple a partir de pezas simples, ten unha coherencia e harmonía que teñen as súas raíces nas matemáticas. Pero a exquisitez na proxección e execución do templo non reside unicamente no equilibrio matemático das súas proporcións. Para corrixir as desviacións da percepción visual humana (ilusións ópticas) introdú-cense os chamados «refina-mentos arquitectónicos» para construír un templo perfecto: 1- Tódalas superficies

Oeste 4 4

9

Norte

9

Cámara posterior Estatua

Naos

8


horizontais do edificio experimentan unha lixeira curvatura cara arriba en dirección ó centro. 2- As columnas non menguan seguindo unha liña recta, senón que experimentan un lixeiro abombamento a 2/ 3 da súa altura. 3- As columnas están lixeiramente inclinadas cara dentro e as dos ángulos son lixeiramente máis grosas. 4- A anchura das metopas diminúe progresiva e imperceptiblemente a partir do centro, de xeito que se evita o cambio brusco de dimensións máis anchas só nas dúas últimas metopas de cada lado. O resultado obtido permite considerar o Partenón como unha obra mestra. O interior está dividido en dúas salas sen comunicación entre sí, cada unha das cales ábrese a unha das fachadas.. A sala occidental, máis pequena, presentaba catro columnas xónicas ata o teito, nela depositábase o tesouro da deusa e do Estado. Na sala maior atopábase a estatua de Atenea, en pé e cos seus atuendos guerreiros. Esta estatua era a parte máis importante de todo o proxecto. Fidias, o seu creador, era un gran innovador en asuntos de interpretación, tamaño e técnica. As súas imaxes dos deuses, recubertas de ricos materiais, eran máis grandes e inspiraban un grande respecto. A Atenea do Partenón tiña uns 10 m. de altura; o rostro, brazos e pés estaban recubertos de marfil a roupa tiña grosas chapas de ouro e nos ollos estaban inscrustadas pedras preciosas. Estas estatuas denominábanse crisoelefantinas (de ouro e marfil). A única luz que entraba na naos procedía da porta, e o visitante pasaba da brillante luz de Grecia a un salón escurecido. Na parte posterior erguíase a enorme estatua de Atenea. O ouro, o marfil e as xemas brillaban. Había unha

Friso

Metopas

Frontón

Unha viaxe no tempo e no espacio

pequena piscina diante da estatua (para man-te-la humidade e impedir que o marfil se agretase), a súa auga captaba a luz e reflectía a estatua. A estatua foi un regalo a Atenea, unha especie de inmensa xoia; o Partenón construíuse para darlle abrigo. É difícil facerse unha idea do aspecto real que debía ter, só se conservan algunhas copias de moi mala calidade. O Partenón foi tamén un edificio único pola riqueza da súa decoración decoración:

As metopas As esculturas que adornaban o Partenón eran algo máis que simple decoración. Todas tiñan un significado. As metopas representaban batallas míticas: Conflicto dos lapitas centauros: os lapitas, cos centauros pobo de Tesalia, acaudillados por Teseo e Pirítoo loitaron contra os centauros (seres monstruosos, metade home e metade cabalo). Pirítoo invitara ós centauros, que eran parentes seus a unha voda. Estes non estaban afeitos a beber e emborracháronse. Un deles tratou de violentar a Hipodamía, a prometida de Pirítoo, e comezou unha pelexa

9


´

Unha viaxe no tempo e no espacio que foi gañada polos lapitas,

I. Atenas que expulsaron de Tesalia ós I.1. A Acrópole centauros. A victoria dos lapitas paI.1.1. O Partenón recía un paralelismo mitolóxico da recente victoria dos gregos sobre os persas (os centauros cos seus costumes salvaxes e bárbaros comportáronse de xeito parecido ós persas que os invadiron). As outras historias ilustradas nas metopas: as Amazonas atacando os Atenienses, os deuses combatendo contra os xigantes e a guerra de Troia, tamén podían verse como alegorías das guerras médicas. Do total das 92 metopas só nos chegaron 19, algunhas continúan no templo e as restantes, levadas polos ingleses, atópanse no British Museum. A meirande parte foron destruídas a martelazos cando o templo foi convertido en igrexa cristiá.

O friso O deseño do friso foi un grande desafío: era unha fita de grande lonxitude, apenas 1 m. de altura por 160 m. de longo. O tema elixido foi unha procesión. A dirección da procesión calculouse coidadosamente, tendo en conta como un visitante se achegaría realmente ó Partenón: este vería primeiro o Partenón pola esquina noroeste (b), entón podería ver todo o lado occidental dunha soa ollada (a-b). Normalmente camiñaría polo lado norte ata a parte frontal do templo (b-c), acomodando o seu paso ó das esculturas da procesión. A procesión incluía un grande nº de xinetes, nalgúns casos históricos; mozos levando bandexas e tinallas de auga ou conducindo animais ó sacrificio e rapazas coas cuncas das ofrendas que converxían sobre unha asemblea de deuses e heroes.

No centro mesmo, un funcionario e o seu axudante sosteñen un grande pano plegado: o peplo para a estatua de Atenea. Esta procesión debía recordarlles ós atenienses a gran procesión en honor de Atenea que se realizaba regularmente na cidade. Unha hipótese comunmente aceptada é que representa a última celebración da gran panathenaia na que participaron os persoaxes históricos que morreron despois en Maratón: aparecen representados 192 homes, o número dos caídos en Maratón. Os deuses reúnense para recibi-los mortos heroicos. A solemnidade da procesión e os honores únicos concedidos ós heroes de Maratón apoian esta hipótese.

Friso norte C

B >>> carros >>>

viandantes >>> músicos > porteadores de bandexas >> sacrificios de

Friso sur

10

Friso este

>> xinetes >>> carros >>> animais >>

viandantes > porteadores dos cántaros > e bandexas > sacrificios de animais

doncelas>cidadáns>deuses<cidadáns<doncelas

<<<<< xinetes preparándose <<<<<<

Friso oeste

A

>> xinetes >>


Unha viaxe no tempo e no espacio

Os frontóns O frontón do oeste é o primeiro que se ve ó achegarse ó Partenón. Amosa o enfrontamento de Atenea e Posidón polo padroado de Atenas. Segundo a tradición, os dous deuses disputáron a soberanía de Atenas e o Ática, e cada quen tratou de ofrecerlle ó país o mellor regalo para acrecenta-los seus méritos. Posidón, cun golpe do seu tridente, fixo brotar un lago salgado na Acrópole. Atenea fixo que brotase alí unha oliveira e despois inventaría o aceite de oliva. Os deuses, elixidos como árbritos, concedéronlle a Atenea a soberanía da cidade, que tomou dela o seu nome. O frontón do leste amosa o sorprendente nacemento de Atenea, ó que tódolos deuses acudiron como testemuñas. Atenea era filla de Zeus e Metis. Cando esta ía dala luz, Zeus tragouna por medo a que os fillos seguintes dela o destronasen. Cando chegou o momento do parto, Zeus pediulle a Hefesto que lle partise a cabeza cun machado. Da cabeza de Zeus naceu unha moza completamente armada: Atenea, deusa da guerra e da intelixencia. As figuras son moi grandes, dado que debían ser contempladas dende abaixo. Os corpos están vestidos con panos soltos de moitas curvaturas que captarían a luz e lle darían claridade ás formas, incluso para un espectador que estivese debaixo de pé.

Historia do Partenón O primeiro cambio importante que sufriu o Partenón foi a súa transformación en igrexa cristiá dedicada á Virxe María no s.VII. No s. XV Atenas foi conquistada polos Turcos e o Partenón converteuse en mesquita; o campanario cristián que se erguera ó lado pasou a se-lo minarete. No s. XVII os venecianos asedian a acrópole e os turcos utilizan o Partenón como polvorín. Nun bombardeo veneciano un proxectil caeu sobre el, provocando unha tremenda explosión na que o centro do Partenón saltou polos aires. Os venecianos, afeitos a leva-las obras de arte das cidades conquistadas para decora-las súas, quixeron levalos cabalos de mármore do frontón occidental. Cando os estaban baixando, rompeu a guía e as esculturas romperon.

O Partenón, igrexa cristiá (VIXVII)

No s. XIX algúns anacos de esculturas que estaban polo chan foron utilizados como material de construcción, outros foron queimados para conseguir cal e outros foron levados como recordo polos viaxeiros. Lord Elgin, o embaixador británico a principios de século, intenta rescatar o que queda e obtén permiso do sul-

O Partenón, 26 de setembro de 1687

11


´

Unha viaxe no tempo e no espacio

tán de turno para excavar e levar o que queira. Para levar as metopas, tivo que levantar unha parte da cornixa, quedando así unha parte da arquitectura destruída. Elgin levou tamén as esculturas do Partenón a Inglaterra, que xunto coas metopas poden contemplarse hoxe no British Museum.

I. Atenas I.1. A Acrópole I.1.2. Propileos I.1.3. Atenea Niké

A mediados do s. XIX, Grecia consegue a súa independencia dos turcos. O Servicio Arqueolóxico Grego encargouse da Acrópole e realizou excavacións e reconstruccións. Recuperáronse anacos de esculturas que caeran do Partenón que se conservan agora no Museo da Acrópole. Aprobouse unha lei pola que

se prohibiu sacar anti-güidades do país. En 1977 a UNESCO ini-ciou unha campaña internacional para recupera-los monumentos históricos ameazados polo gran número de turistas e a contaminación.

A

B

C Campaña de conservación dos monumentos da Acrópole Control das fisuras nas colunas do Opisthonaos do Partenón durante o desmantelamento do friso oeste. (A) Posición das fitas medidoras (SG) (B) Medidas tomadas cada hora desde o 23/6/93 ó 26/6/93 (C) Medidas tomadas cada catro horas desde o 22/7/93 ó 27/10/93

I. 1. 2. Os Propileos Construíronse para dotar á Acrópole de un acceso monumental e impresionar ó visitante que subía. Combínanse as fachadas dóricas coa columnata xónica do corredor de tránsito. Igual có Partenón, están totalmente construídos en mármore pentélico branco. Compoñense dun edificio central con dúas ás orientadas cara occidente.

I. 1. 3. O templo de Atenea Niké

Propileos

12

Atenea Niké

Trátase dun pequeno templo adicado a Atenea como deusa da victoria. É un edificio en miniatura, eminentemente decorativo, de orde xónica entre imponentes edificios de orde dórica. O edifico actual é unha reconstrucción feita neste século, tras ser demolido dúas veces nos s. XVII e XIX.


Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.1. A Acrópole I.1.4. Erecteión

I. 1. 4. O Erecteion O Erecteion é un templo xonio construído sen axialidade nen simetría para solucionar as graves difultades impostas pola topografía (os distinto niveis). A súa planta é pouco corrente, un complexo arquitectónico integrado por varios corpos en distintos niveis:

de paso á cella adicada a Posidón- Erecteo. - Ó sur, o pórtico das cariátides, columnas en forma de figuras femininas, pecha parcialmente o espacio no que se atopa a tumba de Cécrope, mítico deus-serpe unido á fundación de Atenas, ó igual que Erecteo.

Algúns destes restos quixeron interpretarse como a cisterna de sal mariño, creada por Posidón na disputa polo padroado de Atenas e os sinais que este deus deixou ó golpeala terra co seu tridente.

- Cella adicada a Atenea Polias con un pórtico de seis columnas xonias no lado este. - Outro pórtico con catro columnas frontais e dous de cada lado, orientadas ó norte,

13


´

I.2. A ágora de Atenas

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.2. A Ágora A ágora era o centro político, social e económico da polis. Na actualidade equivalería ás prazas das vilas onde se atopan o mercado, a igrexa, o concello, a policía, os bancos... Os restos da ágora son un testemuño da vida dun cidadán ateniense na época clásica. Cada edificio da ágora desempeñaba unha función concreta que é importante coñecer.

I.2.1. Actividade política e xudicial Stoa real Tamén chamada Stoa Basileia, era o lugar de traballo do arconte rei ou basileus (a)/rxwn basileu/j), o máis alto mandatario da polis.

Bouleuterion Sede da boulé ou consello (boulhv), óragno formado por 500 membros encargados de redactar as proposicións das leis, executa os acordos da asemblea ou eklesía (ejkklhsiva), controla a política exterior e interior, controlar a Facenda Pública e a actuación dos maxistrados.

Edificación de tipo circular cun tellado en forma de cono. Era a sé dos prítanes (prutavnei"). Estes eran 50 delegados elixidos anualmente por cada unha das 10 tribus atenienses para formar parte do consello ou boulé. Os 5 prítanes representantes de cada tribu presidían o consello por turnos de 35 días.

Estratexeo Lugar de reunión dos estrategos (strathgoiv) ou comandantes militares, elixidos polo pobo.

Areópago

Acrópole que deu nome a un tribunal de xustiza, integrado por aristócratas, que xulgaban delitos de sangue.

Heliea Sé do tribunal de xustiza dos Heliastas. Era un tribunal popular formado por 6.000 membros elixidos por sorteo entre os cidadáns maiores de 30 anos.

Pnix Outeiro próximo á Acrópole na que se reunía periodicamente a asemblea ou eklesía, á que podían acudir tódolos cidadáns de pleno

Outeiro rochoso (literalmente #Areio" Pavgo", «monte de Ares») cercano á

Tholos dereito.

I.2.2. Actividade relixiosa Altar dos heroes epónimos

14

Aquí estaban as estatuas dos dez heroes chamados epónimos porque os seus nomes lle serviron ó lexislador Clístenes para denominar ás

dez tribus atenienses: Aiax, Erecteo, Cécrópe..., nas que organizou ós seus habitantes..


<<

Po rt a

<< sa cr a

Afrodita

Po rt a

de

Stoa dos Hermes

Dí pi lo n

Stoa Poikile

Unha viaxe no tempo e no espacio

Stoa real Leocoreo Doce deuses Stoa de Zeus Rua s nea ate Pan

Buleuterio

das

Apolo Patroos

Hefesteo

Metroo Heroes epónimos

Stoa de Atalo

Tribuna

Tholos

Stoa central

Estrategeo ?

le ópo Acr

Praza sur

Fonte do S.O.

Stoa Sur Fonte do S.E.

>>>

Heliea

Ceca

Bouleuterion

Metroon Edificio que constaba de catro dependencias cun pórtico común. As dúas primeiras foron utilizadas para gardar os arquivos do Estado. A estancia maior utilizouse como residencia pública, alí atopábase probablemente o santuario da nai dos deuses, que lle dá nome a todo o edificio (mhtrw/on < mhvthr).

Tholos

Metroon

15


´

Unha viaxe no tempo e no espacio

Templos

Theseion

Había unha serie de templos: - Templo de Ares - Templo de Apolo Patroos, cunha monumental estatua - Templo de Afrodita Urania

Tamén chamado Hefesteion, é un templo dórico moi ben conservado, cun friso que narra as fazañas de Heracles, as de Teseo e a loita entre lapitas e centauros.

I.2.3. Actividades culturais e recreativas

I. Atenas I.2. A Ágora I.3. Plaka

Stoas Son galerías porticadas de un ou dous pisos. Nelas os atenienses podían refuxiarse do sol ou da chuvia. Estes edificios tiñan varios usos:

alugábanse espacios para a instalación de tendas e oficinas, instalábanse capelas de deusas e heroes. Na ágora atópase a Stoa de Atalo Atalo, que hoxe se

emprega como museo.

Odeón / Ximnasio Era un lugar para practica-lo deporte, ocio e tertulia.

1. 3. Plaka O barrio de Plaka atópase ó pé da Acrópole e foi o núcleo orixinario da actual Atenas. Coa expansión urbanística que seguiu á Independencia grega. Plaka desenvol-veuse de forma concéntrica para gañar os límites do barrio de Síntagma, sede da xove monarquía e actualmente do parlamento grego. O barrio logrou escapar ó urbanismo dos anos 60 e 70, polo que conserva o sabor da vella Atenas: un dédalo de vellas rúas e calexas escalonadas na falda da Acrópole. Actualmente, anque invadido por comercios e turistas, está sendo restaurado polas autoridades. Paseando polas súas rúas podemos descubrir os seguintes monumentos:

16

daba exposto na avenida que conduce ó teatro de Dioniso. Este monumento era o soporte do trípode (que non se conserva) Consta dun podium cúbico; enriba ten templete circular de mármore con columnas corintias adosadas.É a primeira vez que se utilizan columnas deste orde no exterior dos edificios, e anuncian á nova época helenística. A decoración dos frisos fai alusión ó mito de Dioniso, deus da traxedia e da comedia.

Torre dos ventos

Indo de Plaka a Monastiraki atopámonos co barrio dos Aéridas, que recibe o seu nome polos ventos representados nos paneis da torre dos Lanterna de Lisícrates Ventos. Construída no s. I a. C. e Atópase na praza de situada ó leste do Mercado Lisícrates. Foi erixida para Romano. Facía as veces de veconmemora-la victoria do coro leta, reloxo solar, e reloxo hide Lisícrates (o seu corego ou dráulico. No alto un tritón (ser patrocinador) nas Grandes metade home e metade peixe) Dionisias do 335 a. C. O de bronce facía de veleta. Incidadán que patrocinaba o formaba ós cidadáns dos coro vencedor luciría como ventos que sopraban ás horas premio un trípode, que que- do día, dos solsticios e dos equinocios.

Cada un dos baixo relevos do friso representa unha figura alada personificando a un vento: - Boreas, o vento do norte represéntase como un home barbudo soplando unha caracola. - Euro, o vento do sueste, por un ancián envolto nun manto. - Noto, vento do sur, por un mozo que baleira unha furna. - Céfiro, o vento do oeste, anuncia a primavera derramando as flores que leva na súa túnica.


I.4. Os museos de Atenas

I.4.1 Museo da Acrópole

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.1. Museo da Acrópole

Sala do Partenón

Restaurante. Terraza

Sala de Esculturas da Época Arcaica Propileos, Atenea Niké e Erecteion

Pomos de fusos, ofrendados polas mulleres no templo das ninfas, s. VI-V a. C.

Sala das ladeiras da Acrópole

Sala das ladeiras da Acrópole Atópanse os achados de todas as épocas históricas procedentes dos santuarios e asentamento das ladeiras da Acrópole. Esta era unha zona de tránsito entre a cidade e o famoso santuario oficial. Lado Esquerdo Esquerdo: achados dos grandes templos da rocha da Acróple Lado Dereito Dereito: achados dos pequenos santuarios e asentamento das ladeiras da Acrópole.

Placa votiva de arxila do santuario das ninfas, representado a unha cerva coas súas crías. S. VI a. C.

17


´

Unha viaxe no tempo e no espacio

Sala das esculturas Nesta sala atópanse obras dende s. VII a. c. ata o s. V d. C ÉPOCA ARCAICA comprende os s. VIII ao VI a . C. Neste momento hai unha grande actividade constructiva na acrópole, constrúense grandes e pequenos templos dedicados a Atenea Poliás, protectora da cidade, e a deuses e heroes locais. Na decoración dos dous frontóns reflíctese influencia oriental: escenas en relevo de animais e monstruos fantásticos, anque o mito pouco a pouco irá predominando. O estilo é sinxelo, pero pouco vigoroso.

I. Atenas I.4. Museos I.4.1. Museo da Acrópole

Cabeza de Gorgona Só se conserva a cabeza. Era parte dunha acrótera (estatuas que se colocaban no alto do templo, nos vértices do frontón)

Leoa matando a un tenreiro Tema oriental cun significado «apotropaico», para repele-lo mal. Aquí desaparece o convencionalismo da arte oriental deixando paso a un estilo moito máis naturista. A forza agresiva da leoa contrasta coa indensión do tenreiro, literalmente aplastado.

Frontón dun templo antigo de Atenea S

II.35. Frontón antigo dun templo de

Loita de Heracles con Tritón É a parte esquerda do frontón. Tritón era un demo mariño: metade home, metade peixe.

Demo alado de tres corpos con rabo de serpe É a parte do frontón representada na ilustración. Cada un dos demos sostén na man un símbolo: auga, lume e un paxaro como símbolo do aire. A expresión das súas caras non ten nada de diabólica, son monstros de apariencia xovial e simpática, moi humanos, algo totalmente descoñecido en Oriente. Consérvase a policromía. Os volumes son máis rotundos que na etapa anterior. As figuras con colas de serpes ou de peixes resultan moi adecuadas para soluciona-lo problema que presenta a representación escultórica nos ángulos do frontón.

Serpes

18

As serpes sorprenden pola viveza e sensación de balanceo, parecen a punto de saltar sobre a súa víctima.


Moscóforo Un dos máis importantes exvotos (ofrendas que se facían á deusa) do santuario. Representa a un home que avanza ledo para ofrecer o seu tenreiro á deusa. Amosa a compacidade maciza (home e animal integrados nunha mesma unidade), rotundidade dos volumes, sorriso, penteado e barba propios da escultura arcaica. A obra posúe unha intimidade e encanto especial conqueridos pola expresión do home e o animal.

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.1. Museo da Acrópole

Esfinxe de mármore As esfinxes eran monstros femininos ós que se lle atribuían cara de muller, peito, patas e cola de león, e estaban provistos de ás coma un ave de rapina. Ten o mesmo sorriso arcaico xa observado no demo de tres corpos e no Moscóforo, que non abandoará á estatuaria grega arcaica.

Dous leóns desgarrando a un touro Magnífica composición de gran realismo. Ocupaban o centro do frontón de Heracles e Tritón, que é de época máis recente. Isto reflíctese no maior realismo conquerido e no movemento máis rápido e cruel. Chama a atención como se cravan as garras no corpo do touro e a expresión de dor neste.

Durante a maoir parte do século VI a. C. Atenas estivo gobernada por tiranos que se interesaron moito polas artes. Atenas chegou a selo primeiro centro artístico do mundo heleno.

Xinete Rampin A disposición do pelo, o sorriso e a barba son arcaicas. A rixidez arcaica combínase co cabelo finamene cincelado. A afabilidade da súa expresión é típica.

19


Kores / kovrai

´

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.1. Museo da Acrópole

Por esta época aparecen as chamadas kores, que son exvotos, ofrendas de estatuas das mozas doncelas á deusa. Todas elas están vestidas. En contra do que se pensa, o nu feminino en Grecia é tardío e só cando a ocasión o xustifica. O ideal feminino co vestido é o atavío digno. Están vestidas á moda xónica: levan o xitón (citwvn) fino pegado ó corpo que revela as pernas case como se estivesen núas. Sobre o xitón levan un pesado manto, o himation (iJmavtion), do que os seus pesados pregos verticais cobren gran parte do corpo e caen libremente. Isto permite crear un xogo de panos a través dos cales se adiviñan as formas anatómicas. Xeralmente caracterízanse por te-los pés asentados no chan, postura frontal, formas compactas, e pesadez nos volumes que se irán perdendo co tempo. Por suposto tamén posúen o mesmo sorriso propio do período arcaico. Moitas veces conservan resto de policromía.

Kore do peplo

É unha auténtica obra mestra pola súa sinxeleza e elegancia. Presenta orixinalidade respecto á forma de vestir: en vez de vestir á moda xónica, usa o peplo dórico por encima do xitón. O grosor do pano determina a verticalide e a sobriedade da figura. Acádase un maior grao de espontaneidade pola forma máis suave e natual dos seus ollos e boca. Atribúeselle ó mesmo autor do Xinete Rampin e o Can de Caza, excepcional pola súa viveza e expresión do rostro e a mestría do autor para conquerir transmitirnos a axilidade e a velocidade do animal.

Kore 675 Data de fins do s. VI a. C. É unha das mellor conservadas e das máis atractivas polas súas reducidas dimensións, a súa policromía, o seu atuendo elegantísimo e o seu doce sorriso.

Kore do Peplo

20

Kore 675

Aquí están as figuras de mármore de enorme tamaño pertencentes á un antigo templo. Datan do 525 a. C. Represéntase a Xigantomaquia. Atenea ocupaba unha posición central, representada como unha kore en acción, inmensa, lanzándose contra o seu inimigo, mentras ondea a éxida coas serpes. Dous xigantes axeonllados na extremidade do frontón acumulan forzas da súa nai Terra (Gea) para lanzarse eles tamén ó combate.


Atenea, no frontón da xigantomaquia, representada coma unha kore en movemento.

Unha viaxe no tempo e no espacio

Kore de Antenor As súas dimensións colosais e a incrustación de materiais preciosos nos ollos, hoxe perdidos, afirman o carácter custoso da obra e confírenlle especial maxestuosidade.

I. Atenas I.4. Museos I.4.1. Museo da Acrópole

A finais da época arcaica, s. VI-V a. C., e comenzos da clásica a escultura grega acadou un pleno coñecemento da complexa estructura da figura humana e era capaz de representala como un todo coordinado. O paso seguinte será empregar este novo coñecemento na representación da acción e do sentimento, no tratamento dos panos e a composición.

Kore de Antenor Efebo de Kritios Dátase no 480 a. C. Abandónase a a rixidez arcaica: o corpo xa non está apoiado sobre ambos pés, a perna dereita queda libre, co que o corpo xira lixeiramente cara ó mesmo lugar e a liña da cadeira xa non é horizontal. Tampouco a cabeza mira á fronte, está lixeiramente inclinada. O escultor abre todo un mundo novo de equilibrio entre membros rectos e flexionados, entre músculos tensos e distendidos. Con esta obra pódese afirmar que abandonamos o período arcaico.

Cabeza do Efebo loiro. 480 a. C.

Aínda conserva no seu cabelo trazos dun color loiro-dourado, de aí o seu nome. Presenta unha expresión melancólica, case aflixida coas pálpebras tan grosas. O xiro da cabeza é suficiente para determinar que que pertencía a unha estatua similar ó Efebo de Kritios.

21


´ Atenea pensativa

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.1. Museo da Acrópole

460 a.n.E. Trátase dun dos mellores e máis suxerentes relevos áticos da época. Atenea reflexiona distraída ante unha estela. A forma na que os longos pregos seguen a inclinación do corpo en vez de caer verticalmente, é un toque de primitivo que se contrarrestra coa encantadora observación do borde da saia pegado ó talón erguido.

Kore de Euthydicos 480 a.n.E. Derradeira das kores arcaicas. Presenta características do estilo clásico na seriedade das súas faccións e modelado do seu rostro en superficies amplas e planas. Probablemente sexa do mesmo autor que o Efebo Loiro: obsérvase un parecido entre ambos rostros e o mesmo tratamento voluminoso das pálpebras.

O templo de Atenea Niké Parapeto do templo de Atenea Niké A súa calidade é extraordinaria. Representa á Victoria ou Niké desatando unha sandalia. É unha marabillosa mostra da técnica dos panos mollados: xa non só reflicten o corpo, senón que o acentúan.

O Erecteion Friso do Erecteion Cabeza de Hermes dos Propileos en mármore pentélico, do s. II d. C.

Os movementos das figuras son máis pesados e a caída ou fluxo da roupa ten menos dinamismo cás do friso do Partenón.

Cariátides

Lucerna de bronce con forma de barco de guerra, atopada no Erecteion. S. V. a. C.

22

O agravamento das cariátides polo aumento da xofre na atmósfera ateniense obrigou a conserva-las nesta sala dentro dunha cámara de aire acondicionado a unha temperatura fixa, e substituílas do monumento por copias. Cada unha mide 2’37 m. de altura. Servían de columnas no Erecteion. A súa espesa cabeleira cae sobre a espalda e forma trenzas sobre os ombros, co cal se incrementa a solidez do colo, e a cabeza ofrece un amplo asento para o capitel. Non son idénticas. Ofrecen un aspecto ríxido e macizo de acordo coa función que desempeñaban.


Sala do Partenón Atenas na época de Pericles gozou dun auxe intectual e espiritual, grego en tódolos aspectos, que reuniu os máis grandes artistas da arte grega, baixo a dirección de Fidias, o máis xenial de todos eles. Na decoración do Partenón vemos plenamente logrado o ámbito da representación do movemento, do sentimento, no tratamento dos panos e da composición.

Unha viaxe no tempo e no espacio

Fragmentos dos frontóns do Partenón

I. Atenas I.4. Museos I.4.1. Museo da Acrópole

Frontón occidental A historia representada neste frontón procede dunha lenda local: a disputa polo patronato de Atenas entre Atenea e Posidón. Posidón resultou perdedor e a súa furia fixo que o mar avanzara sobre a terra, tendo que intervir Zeus para detelo. Crese que isto último é o representado no frontón, porque estamos ante un momento de confrontación violenta. Os deuses saltaron dos carros e atópanse un fronte ó outro. A intervención de Zeus ponse de manifesto a través dos seus mensaxeiros, Hermes e Iris, que chegaron ata os carros precipitadamente.

Reconstrucción do frontón oeste:

Reconstrucción do frontón leste:

A-Heroi "Ilisso", B-F-Cécrops, as súas fillas e fillo (?), G-Niké, H-Hermes, I-K-Tritón e cabalos, L-Atenea, M-Poseidón, N-Iris, O-Anfitrite, P-Q-RMuller con dous nenos. Oreitia (?), S-W- Outros personaxes da realeza ou heroes.

A-C-Helio e o carro, C-Dioniso, E-F-Démeter e koré, G-Artemisa, a-c, i-k-supostos grupos de carros (Ares e Iris, Hermes e Anfitrite (?)), dHefesto, e-Hera, f-Zeus, G-Atenea, H-Poseidón, KL-M-Hestia, Dione, Afrodita (?), N-O-Selene ou Nix.

Cabeza de Alexandre Magno atopada cerca do Erecteion. Obra de Leocares ou Lisipo, arredor do 336 a. C.

Frontón oriental O tema é o nacemento de Atenea. Nos extremos do frontón aparecen o carro de Helios (o día) nun, e noutro os cabalos de Selene (a noite). Seguen dous tríos de figuras a un lado e ó outro enmarcando as figuras centrais. A simetría é perfecta.

23


´ Características de estilo

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.1. Museo da Acrópole

Conséguese unha gran intensidade dramática. O modelado dos corpos é admirable e a complexidade acadada no tratamento dos panos acentúa as poderosas formas esculturais que hai neles. Chégase a unha sorprendente libertade para reflectir o movemento (Iris). O dinamismo da escultura dá a entender que ela é a mensaxeira dos deuses. A velocidade e a intrepidez do movemento determina que o vestido se pegue ó corpo e se transparenten as formas anatómicas. Temos aquí unha das manifestacións máis logradas da chamada técnica dos «panos mollados». As figuras están talladas en vulto redondo, como se non fosen relevos e fosen esculturas exentas.

Metopas Case todas, ó igual que as figuras dos frontóns, están no Museo Británico. Están talladas en Alto Relevo (as figuras sobresaen moito). Representan a Centauromaquia. Son maxistrais na súa composición. Ver páx. 9.

Nesta sala atópanse expostas moitas seccións de tres dos frisos que decoraban os grandes edificios da Acrópole. Están tallados en Baixo relevo (as figuras sobresaen pouco). Ver páx. 10

Friso do Partenón

24

Destaca pola súa marabillosa plasticidade e destreza do modelado que dan unha apariencia real da anatomía, panos airosos e naturais. Nesta longa composición das figuras non hai monotonía xa que as actitudes animadas e sereas están combinadas con gran efectividade. Serve como exemplo do dito anteriormente a placa cos tres deuses, Apolo, Posidón e Artemis. Chama a atención o seu aspecto natural e relaxado, como se estivesen sentados sen ceremonias, o variado que son os pregos das súas roupas. Tdo parece simple e sinxelo, pero estaba meticulosamente calculado. A actitude de cada figura distínguese coidadosamente da do seu veciño: o primeiro senta lateralmente, case de perfil, co brazo dereito caído e a cabeza de lado. O segundo xira a cabeza e tres cuartos do seu corpo e o seu brazo dereito está levantado ata a metade. A terceira figura está sentada co torso de frente e cun brazo erguido, como fotogramas do seu movemento continuo. Ver páx. 10


I.4. Os museos de Atenas I.4.2 Museo Arqueolóxico Nacional Sala 48: Tera

Unha viaxe no tempo e no espacio

Salas 49-56: Colección vasos

Sala 32: Xoias Sala 6: Colección cicládica Salas 4-5: Colección micénica Salas 7-31: Colección escultura

Salas 36-40: Colección bronces Salas 41-43: Escultura romana

25


´

Sala 6: Colección cicládica Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.2. Museo Arqueolóxico

As illas xa foron denominadas xa polos antigos gregos como «Cícladas», debido a súa forma circular.O nome de Kuklavde» provén de kuvklo» «círculo», polo círculo que formaban arredor da sagrada illa de Delos. Estas illas, separadas da Grecia continental polo mar desenrolan na época prehistórica unha civilización propia denominada Civilización Cicládica, contemporánea á civilización minoica e micénicas (3.000-1.100). O mármore destas illas, de calidade insuperable polo seu gran fino e compacto foi empregado para unha escultura xeralmente de reducido tamaño (non soen superar os 30 cm.), cun fin eminentemente funerario. As formas artísticas, de perfís redondeados e sen detalles marcados revelan un importante proceso de abstracción e esquematización.

Ídolo cicládico nº 6.174 Estes ídolos eran na súa maioría mulleres núas de anchos ombros e cadeiras estreitas cos brazos cruzados sobre o seu estómago. O artista pon especial interés en marcar o triángulo púbico e os senos, polo que cecais representasen deusas da fertilidade.

Colección dos músicos: nº 3.910 tanxedor da dobre frauta

nº 3.908 tanxedor de lira Delicado proceso de abstracción onde músico e instrumento parecen formar un todo continuo; o instrumento musical prolóngase como se fose un membro máis do corpo humano.

Salas 4 e 5: Colección micénica Esta sala concentra os descubrimentos máis importantes das excavacións levadas a cabo en distintos centros da Grecia micénica, especialmente os marabillosos descubrimentos das tumbas reais de Micenas.

Vidreira nº 18

26

Descubrimentos da tumba IV de Micenas, unha das máis ricas en axuar funerario.


Unha viaxe no tempo e no espacio

Nº 384. Cabeza de touro de prata

Trátase dun ritón: vasilla ceremonial cun burato na parte baixa polo que verquían libacións. Os cornos, roseta da frente e o fouciño de ouro reflectan probablemente este uso do ouro nos touros que ían sacrificar.

I. Atenas I.4. Museus I.4.2. Museu Arqueolóxico

Sobre base. Nº 1.426 A máis famosa vasilla de cerámica da época micénica: «vaso dos guerreiros». Representa a partida dun grupo de guerreiros despedidos por unha muller.

Vidreira nº 10 Nº 1.758 / 1.759. Vasos de Vafio. Dúas tazas de ouro que representan con excepcional naturalidade e gran calidade de execución esceas con touros. A 1.758 representa unha caza de touros salvaxes: un touro caeu nunha rede e trata de liberarse, outro conseguiu fuxir e un terceiro ataca a un dos cazadores. A 1.759, polo contrario representa unha escea tranquila: un grupo de touros atópase no campo e un deles está amarrado por un home que tira con vigor da corda. As dúas tazas son evidentemente obras dun mesmo artesán e forman parella. Reflexan as mellores características da arte micénica: libertade e impetuosidade dos movementos, corpos esbeltos, flexible e musculosos, riqueza na composición das esceas e gusto por representar e observa-la natureza e os animais en xeral

27


´ Vidreira nº 30 Restos dun casco cuberto con cairos de xabarín

Unha viaxe no tempo e no espacio

Este tipo de casco considérase unha invención micénica. Homero danos unha descripción en Ilíada canto X 260-265: E Meríones deu a Ulises un arco, espada e alxaba, e na súa cabeza puxo un casco feito de coiro, con moitas correas por dentro fortemente tensado, cuberto por fóra con relocentes cairos dun xabarín de brancos dentes, , en gran número, por aquí e por alá sabiamente dispostos, no centro levaba un forro de lá.

Restos dunha lira Lira de marfil procedente da tumba de Medini (Ática). É un descubrimento único no seu xénero. Data do século XIII a. C.

Nº 8.557. Bota de arxila Bota de arxila pintada, oca por dentro, rematada nunha punta alzada. Á altura do nocelo están pintadas unhas ás. Atopouse nunha tumba e cecais fora colocado como obxecto útil para a viaxe do morto ó outro mundo.

Nº 957. Copa de ouro.

Elegante copa de ouro con pé cilíndrico, corpo cónico e dúas asas que rematan en cabeza de can mordendo a beira do recipiente. Outro exemplo da elevada arte e orixinalidade dos ourives micénicos.

Vidreira nº 21 Nº 2.665. Fresco Fragmento de fresco en miniatura procedente de Micenas. Representa a tres démones con cabeza de burro que avanzan en procesión cunha pértega sobre os ombros da que colgarían presas que ofrendarían a algunha divinidade.

28


Frescos

Unha viaxe no tempo e no espacio

Os pazos e santuarios micénicos decorábanse, seguindo a liña dos minoicos, con pinturas. A técnica pictórica é a mesma que en Creta: Frescos con cores intensas (branca amarela, azul, bermella e negra, fuxindo das tonalidades súaves e grisáceas). Nos frescos micénicos apréciase unha maior dureza á hora de marca-los perfís das figuras e as cores aparecen conxuntadas dun modo máis burdo. Os repertorios dos temas están claramente influídos pola arte minoica: procesións de oferentes, xogos con touros, frisos de animais, prantas, frores... A estos temas engádense outros propiamente micénicos: esceas bélicas e de caza, desfiles de carros etc.

I. Atenas I.4. Museos I.4.2. Museo Arqueolóxico

Escena de caza Sobre o fondo azul represéntase unha viva escena de caza: un xabarín cunha lanza cravada na cabeza intenta fuxir duns cans.

A micenea Fragmento dunha muller pintada con vivas cores sobre fondo azul. É característica a representación do corpo e ollo de frente e a cabeza de perfil.

Vidreira nº 9 Taboiñas de arxila de Pilos: Taboiñas de arxila con escritura en lineal B. Trátase escritura silábica adaptada do lineal A minoico. Nestas taboíñas están mencionados nomes de deuses, homes, profesións, animais... e listas de xarras, trípodes, bañeiras... A taboiña nº 641 é importante porque confirmou que o desciframento da escrita Lineal B feita por Ventris e Chadwick era correcta e que, efectivamente, esta escrita refrexaba unha forma arcaica da lingua grega, polo que son os textos gregos máis antigos coñecidos.

Un exemplo

f z h n Z to-sa pa-ka-na PUG 50 tossa fasgana PUG 50 tantas dagas DAGAS 50

Esta é a taboiña de Cnosos KN Ra 1540 (hoxe no Ashmolean Museum de Oxford). Móstrase unha foto, un debuxo facsímil, transcripcións normalizadas en Lineal B, en alfabeto latino, en grego micénico e unha traducción. É, como a maioria das taboiñas en Lineal B, un texto de contabilidade

Taboiña de Pilos An1: lista de remeiros que irán a Pleurón

Taboa de Pilos Tn 996: listado de bañeiras e xarras de ouro e bronce; as barriñas verticais indican as unidades

29


´ Vidreira nº 3

Unha viaxe no tempo e no espacio

Nas tumbas IV e V de Micenas atopáronse cinco máscaras de ouro sobre os cráneos de cinco homes.

Nº 240. Anel de ouro. As representacións en miniatura sobre selos de pedra ou metálicos son importantes fontes de información sobre a vida cotiana, relixión e costumes micénicos. É de destacar a habilidade do artista para representar nunha superficie tan limitada esceas tan detalladas. Este selo representa unha escea de caza. Dentro da pequena superficie do anel o artista consegue representar os cabalos, dous cazadores, o cervo, e a paisaxe, todo isto nunha escea de gran movemento.

Nº 624. Máscara de Agamenón. É a máis famosa porque Schliemann cosiderouna erroneamente como a máscara do caudillo Agamenón.

Nº 394. Daga de bronce. Os micénicos levaron a rica ornamentación das empuñaduras ás follas de espadas e puñais. Nas tumbas de pozo de Micenas apareceron moitísimas espadas revestidas cunha folla de ouro con adornos gravados e repuxados. A culminación desta técnica é a chamada «pintura con metal». Un dos máis fermosos exemplos desta técnica é este puñal coa escea da caza do león.

30


Salas 7-30: Colección de esculturas Sala 7 A idade escura (1.100-800 a. C.) supuso unha case total desaparición da escultura salvo algunhas figuriñas modeladas en terracota. Reaparece a partir do s. VIII, comezo da época arcaica, con pequenas esculturas como:

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.2. Museo Arqueolóxico

Nº 776. Dama de Dípilon, 750 a. C. O corpo tanto de animais como de seres humanos redúcese ó imprescindible: o artista concentra a súa atención en sinalar as articulacións e a forza de pernas, torso e músculos, prescindindo de detalles inútiles. Deste xeito as figuras posúen un extraordinario vigor e unha enorme dose de abstracción. A figura humana convírtese nun conxunto de membros tratados xeometricamente: pernas longas e cilíndricas, torso triangular, brazos robustos e pegados ó corpo e cabeza pequena.

Sala 8 A gran escultura en pedra non se produce en Grecia ata mediados do s. VII (por o contacto con Exipto), con estatuas masculinas de xoves atletas nus (kuros) e estatuas femininas ataviadas con longas túnicas (kores). O seu aspecto xeral fai evidente a súa influencia exipcia: postura hierática e frontal, pés solidamente asentados no chan (pé esquerdo adiantado), brazos caídos ó longo do corpo e puños pechados, cabeza cúbica adornada por unha melena longa e maciza. A figura non deixa de evocar o que foi antes de ser tallada: un bloque de mármore. Pero rapidamente os gregos seguiron derroteiros propios; ademais o kuros grego representábase totalmente nu, o que conleva un interés cada vez maior pola anatomía. Un gran triunfo dos mestres do arcaismo será acadar a organicidade do corpo humán.

Nº 2.720. Kuros de Sounion (fins do s. VII) Vese as características procedentes de Exipto citadas máis arriba, pero a nudez total obriga a facer uns primeiros estudios anatómicos: mediante estrias e abultamentos márcanse os músculos e articulacións (ventre e xeonllos). A figura humana séguese concebindo como unha estructura compacta e sólida, pero así iniciase o camiño que nos levará á estatua do atleta clásico.

31


´

Sala 10 Unha viaxe no tempo e no espacio

Nº 1.906. Kuros de Volomandra (550 a. C.) Obsérvase unha evolución no tratamento anatómico. Anque todavía é evidente a súa procedencia dun bloque de mármore, as súas formas son máis redondeadas e as distintas partes do corpo están máis relacionadas entre sí. Xanon se marcan os músculos do ventre perante liñas, agora modélanse.

Sala 11 Estela funeraria de Aristión (510 a. C.) Aristión está vestido e armado como os hoplitas atenienses: coraza curta cubríndolle o torso , protectores das canelas dende os xeonllos ata o nocelo e unha lanza. É de resaltar a exquisitez con que se elaboraron os pregos da vestimenta sobre as coxas e brazos. A forma de representar a barba e o pelo, coma si estivesen bordados, é tipicamente arcaica. Tamén é arcaica a presentación do ollo de frente nun rostro visto de perfil. A estela estaba pintada con vivas cores: bermello o fondo, pelo, barba e beizos, azul para o casco e a coraza. Debaixo aparece unha inscripción co nome do artista: «e[rgon !Aristovkleoª».

Sala 13

Nº 3.938. Kuros de Aristodicos. (510-500 a. C.)

Estamos xa a finais da época aracaica: as actitudes vóltanse menos ríxidas e compréndese mellor a anatomía da figura humana. Os brazos e as mans atópanse agora separados do torso. Modélanse mellor os músculos do corpo. Os rasgos da cara son agora máis naturais e o pelo é curto. Obsérvase un gran avance anque a escultura segue a mante-los pés firmente asentados no chan.

32


Nº 3.476. Basamento dunha estatua de Kuros Está decorada con representacións da vida dos xoves nos ximnasios da antiga Atenas. Parte frontal: efebos realizando diversos exercicios. Parte esquerda: seis xoves entrenándose. Parte dereita: os xoves divírtense incitando unha rifa entre un can e un gato. Avance na forma de representación: xa non aparecen tódalas figuras co torso de frente e cabeza e pernas de perfil.

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.2. Museo Arqueolóxico

Sala 15 A partir do 575 a. C. podemos considerar que estamos xa na época clásica. O escultor grego acadou un pleno coñecemento da complexa estructura do corpo humano é capaz de representalo com un todo coordinado. Unha vez conquerido isto, empézase a experimentar coa aplicación deste logro á representación do movemento e sentimento.

Nº 1.516. Estatua de Posidón (460 a. C.) Uns pescadores atoparon preto da illa de Eubea en 1.926 o brazo esquerdo desta magnífica estatua. Dous anos máis tarde atopouse o resto. Sen dúbida esta estatua formaba parte da carga dun barco que naufragou. Represéntase ó deus no momento de lanza-lo seu tridente. O modelado da figura e dos músculos reflecta de modo convincente a acción violenta. O rostro é magnífico. Constitúe un notable exemplo da «figura en marcha». Algúns consideran que se trata de Zeus lanzando o raio. O bronce empeza a utilizarse con profusión para as figuras de atletas e divinidades.

33


´ Nº 126. Relevo do santuario de Deméter (440-430 a C)

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.2. Museo Arqueolóxico

Represéntase a Deméter, deusa da agricultura, á súa filla Perséfone e no centro a Triptólemo. O relevo describe a Deméter no momento en que entrega a Triptólemo as espigas (probablemente serían de ouro) para o cultivo do trigo. Deméter está vestida cunha túnica que cae en pregos densos e rectos, un vestido máis pesado e serio co da súa filla, que leva posto un xitón xónico máis lixeiro con gran variedade de pregos.

Nº 45. Apolo do ómfalos (460-450) Nesta época xa se abandoou a ríxida postura frontal. Libérase de peso unha perna co que se produce unha inclinación na liña da cadeira ( ) e dos ombros ( ), introducíndose unha simetría no corpo humán. Ó mesmo tempo xíranse lixeiramente tronco e cabeza. Créase un novo xogo de equilibrios e movementos que abren ó artista grego todo un novo mundo de formas.

Sala 16: Monumentos funerarios áticos O costume dos antigos de marca-las tumbas con estelas funerarias atopou a máis perfecta expresión na Ática do s. V a. C,

Nº 4.485. Lekytos funerario Ademais das estelas (principal adorno das tumbas) tamén se erixían monumentos en forma de vasillas de mármore como este lekytos (vasilla funeraria dun asa) cunha representación en relevo: a muller morta (MURRI-NA) é conducida ó Hades (reino dos mortos) polo deus Hermes (ás nos seus nocelos).

34


Nº 715. Estela funeraria de Salamina (430-420 a. C.) Un adolescente (o morto) sostén unha gaiola baixo a cal está unha gata. Ante a estela está un pequeno escravo aflixido que comunica ó espectador a súa tristura mirándoo de frente.

Unha viaxe no tempo e no espacio

Salas 19 e 20

I. Atenas I.4. Museos I.4.2. Museo Arqueolóxico

Nestas dúas salas están expostos relevos e estatuas dos séculos V e IV a C. ou copias feitas de obras famosas desta época.

Nº 129. Atenea Pártenos

Copia romana da estatua crisoelefantina (de ouro e marfil) obra de Fidias para ser erixida dentro do Partenón. Esta copia reducida a 1/12, só nos da idea da forma externa do orixinal, non da arte da obra mestra de Fidias. Represéntase a Atenea de pé vestida cunha túnica ata os pés. O seu casco está decorado cunha esfinxe no centro e dous grifóns (monstros con corpo de león, cabeza de aguia e ás) ós lados. No peito represéntase a Medusa. Sostén a unha Niké nunha man e na outra unha lanza. Ós seus pés está o escudo e unha serpe que debe ser Erictonio (mítico rei de Atenas emparentado con Atenea).

Sala 18 Nº 3.624. Estela de Hexeso (410 a. C.) O simple relevo do s. V rodeouse con elementos estructurais como pilastras e frontóns e a estela aparece gorecida cun pequeno templiño. Unha xoven (Hexeso) sostén entre os seus dedos unha cadea sacada dunha caixa que lle abre unha escrava de pé ante ela. É de destacar o equilibrio da composición, a naturalidade das

posturas e a elegancia conferida a un tema tan trivial. Dende o punto de vista do estilo hai que nota-la soltura do modelado e a destreza técnica manifestas no xogo de volumes e tratamento dos panos e detalles mínimos do mobiliario. Trátase dunha auténtica obra mestra.

35


´

Sala 21 Nº 1.826. Copia do «Diadúmeno» de Policleto (430-420 a. C.)

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.2. Museo Arqueolóxico

Fidias e Policleto foron os dous grandes escultores do s. V. Policleto estableceu as proporcións ideais que dan ó corpo humán a súa perfección: a altura total do corpo é a suma de sete cabezas. O kuros non só libera unha perna, senón que introdúcese un novo movemento ó botar un pé atrás. A escultura aparece centrada na acción de cinguirse unha fita na cabeza. Esta figura constitúe o momento culminante da prolongada loita do artista grego por acadar as formas naturalistas. As obras de Policleto exerceron unha influencia profunda e ininterrumpida na estatuaria grecorromana.

Nº 15.177. Estatua de cabalo de bronce con xinete (150 a. C.) Obra de época helenística. A nave naufragada que transportaba a estatua de Posidón tamén levaba a este cabalo galopando e ó pequeno xinete que aparece enriba. Tanto o cabalo como o neno están a facer un gran esforzo pola impetuosa carreira, o que reflexa magnificamente a tensión muscular de cada parte do corpo.

Sala 23 A arte de principios do s.IV é continuación do de finais do do s. V: os rostros teñen a mesma expresión serea, as posturas manteñen o seu equilibrio relaxado, o tratamento da vestimenta que compaxína as transparencias con pregos máis pesados e axitados, tamén é equilibrado. Pero pouco a pouco obsérvase a aparición dun cambio gradual: interés máis acusado polo individual que se reflectirá nunha arte máis humanizado. As actitudes vólvense máis emocionais e a serenidade clásica acabará cedendo paso a un humanismo desgarrado.

Nº 870. Estela da despedida (finais do s. V)

36

Unha muller sentada cunha expresión de sufrimento extende a súa man cara outra muller que está de pé e que lle agarra o brazo e lle acaricia a cara. Obserbáse unha crara emoción como non se observara ata agora.


Nº 869. Estela do Ilissos (principios do s. IV) Un pai lamenta a morte do seu fillo. Represéntase maxistralmente a emoción contida no rostro do pai. O fillo ten unha expresión ausente, e un pequeno escravo dorme totalmente alleo á situación. Amósanse as novas proporcións (corpos máis estilizados e altos e cabezas máis pequenas) que chegarán a porse de moda.

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.2. Museo Arqueolóxico

Sala 28 Nº 13.396. Efebo de Antikytera Procede dun antigo barco naufragado. A súa forma actual é resultado dun longo e penoso traballo de restauración de arqueólogos e artistas especializados. Non se sabe a quen representa. Quizáis a Paris coa mazá.

Sala 29 Nº 215-217. Lousas de mármore de Mantinea Trátase de tres relevos de mármore do pedestal, con estatuas de Praxíteles. Son de finais do século IV. Nunha delas repre-séntase a composi-ción musical entre Apolo e Marsias e no medio un escra-vo sostén un coite-lo co que vai esfolar a Marsias. Fai referencia ó mito do desafío de Marsias a Apolo, por ver quen tocaba con máis habilidade a frauta. Marsias perdeu e foi esfolado pola súa osadía ó retar a un deus. Apreciase o violento movemento de Marsias que anticipa xa o helenismo do s. III a.C. Nas outras dúas lousas aparecen seis das Musas en distintas posturas. Sensualidade, refinamento e voluptuosidade conqueríronse mediante as actitudes blandas e os pesados e enrolados panos.

Sala 30 As conquistas de Filipo de Macedonia e Alexandro Magno extenderon as fronteiras do mundo grego e deron comenzo ó periodo helenístico (330-100 a C.). Acéntuase o realismo no modelado, movementos, expresións... O profundo interese realista faise evidente tamén na elección dos temas: a vellez, a infancia, a desesperación,a embriaguez... Estos temas xustificaban a deformidade, a esaxeración , os movementos violentos tan de gusto nesta época.

Nº13.400. Cabeza de filósofo Reflecta o espíritu helenístico coa súa intencionada fealdade, o seu pelo alborotado, a súa barba e denso bigote. Desborda enerxía e vitalidade.

37


´

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.2. Museo Arqueolóxico

Nº 235. Posidón de Melos (200 a.C.) As distintas direccións tomadas polas diversas partes do corpo e os marcados contrastes dos pregos confiren movimento á estatua. Na súa mán dereita suxetaría o tridente.

Nº 3.335. Grupo de Afrodita, Eros e Pan (100 a. C.) Pan, o deus con patas de macho cabrún, ten case abrazada a Afrodita mentras esta amenezao coa súa sandalia. Eros axúdaa empurrando a Pan.

Salas 49-56: Colección de vasos Sala 50 Ó chegar ós séculos X e IX a. C., as representacións de flora e fauna marinas populares entre minoicos e micénicos deixan paso ós deseños xeométricos en franxas de distinto tamaño. Por este motivo fálase de época xeométrica: 1.100- 700 a. C. No s. VIII a. C. entramos no xeométrico pleno que supón a introducción da figura humana e animais. As figuras represéntase esquematicamente: siluetas dotadas de longas pernas, torso triangular e cabeza rducida a un punto cun trazo apuntado para sinala-lo queixo. Vistas de frente ou perfil, sen perspectiva, as figuras son plenamente bidimensionais. As decoracións efectuábanse nun barniz marrón moi escuro ou negro sobre a superficie clara da arxila. As vasillas xeométricas máis importantes son as de tamaño colosal que servían de monumentos nas tumbas. Un tema habitual polo tanto era a exposición dos mortos: aparece o falecido xacente, rodeado por choronas, mentras guerreiros e carros forman procesións funerarias.

cuberto con decoración liñal, xeométrica e anchas bandas de cor marrón moi escura. Pódese apreciar o horror vacui que sinte o artista, que non deixa o máis mínimo oco sen motivo de recheo.

Base nº 990

38

Gran crátera con representación dun enterro: o morto está sobre a carroza e arredor laméntanse mulleres núas e homes armados con espadas. Nunha zona máis baixa represéntase unha carreira de carros. O resto da vasilla está


A fins do s.VIII a. C., por contacto coas antigas civilizacións orientais de Exipto, Mesopotamia e Fenicia, a arte xeométrica esquemática foise transformando gradualmente. A influencia oriental fíxose evidente coa adopción de motivos florais orientais (loto e palmeta), así como monstros e bestas (esfinxes, panteras, leóns etc.). Ponse gran énfase en osados ornamentos curvilíneos e impresionantes composicións de animais salvaxes e figuras humanas.

Base nº 313 Tátase dunha hydria (vasilla para a auga) do 700 a. C. A parte alta do corpo aparece decorada con leós en vivo movemento, aves e plantas. No colo homes e mulleres bailan agarrados ó son dunha lira.

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.2. Museo Arqueolóxico

Sala 51 Base nº 911. Ánfora de Milos (640 a. C.) Sobre unha carroza da cal tiran cabalos alados aparece Apolo cunha lira mentras a súa irmá Artemisa está diante co seu arco e frechas suxetando polos cornos a un cervo.

Base nº 1.002. Ánfora de Nesos (610 a. C.) No colo aparece Heracles matando ó centauro Neso. No corpo Perseo matou á Medusa e as súas duas irmás de horrible aspecto perségueno. O artista pintounas correndo sobre o mar, utilza unha liña de golfiños baixo os seus pés que van en senso contrario para notar máis vivamente a velocidade das Gorgonas. A forma de dobrar as súas pernas é a convencional na época arcaica para reflectir a acción de correr: un xeonllo dobrado e case apoiado no chan e o outro semiflexionado cara arriba.

39


´

Sala 53: Figuras negras áticas (s.VI a C) Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.2. Museo Arqueolóxico

Antes de finais do s. VII os pintores cerámicos áticos adoptaran xa a técnica de «figuras negras». As figuras son negras e os seus trazos, detalles anatómicos e vestimenta efectúanse por medio de incisións. Úsanse ás veces as cores branca ou púrpura para anotar algunhas partes. Os motivos ornamentais quedan relegados a áreas determinadas: para acentuar as partes estructurais (boca, colo e asa) ou para enmarcar as esceas figuradas.

Vidreira nº 51 Nº 19.159 Aparece representado Hermes (sandalias aladas) con esfinxes.

Vidreira nº 61 Nº 15.166 Fragmento de vasilla que amosa a Aquiles diante dos seus cabalos. É do 560 a. C.

Sala 54 Vidreira nº 65 Nº 1.133. Lekytos de figuras negras Representa á feiticeira Circe cos compañeiros de Ulises ós que transforma en porcos.

Base nº 737 Crátera con representación de Teseo matando ó Minotauro. Detrás del aparecen Ariadna e Minos.

Figuras bermellas (530-320 a C) O estilo é exactamente contrario ó das figuras negras. O fondo do vaso cúbrese con pintura negra e as figuras son dibuxadas con finas liñas negras sobre a superficie do vaso que se deixa sen tintar. Esta nova técnica non elimina a anterior, pero relégaa a un segundo plano.

Vidreira nº 77 Nº 1.628 Aparece representado un guerreiro nu axeonllado. O seu escudo está decorado cun polbo cos tentáculos extendidos. O pintor aproveitou con gran habilidade a forma circular da superficie para a composición.

Nº 1.357

40

Un home deitado sobre coxíns canta, coa man derita toca cascabeis e coa esquerda acaricia un coello. É do 500 a. C.


Salas 55 e 56 de lekytos brancos Os lekytos de fondo branco utilizáronse con fins funerarios. Nestas vasillas gardábanse aceites esenciais. A vasilla cúbrese cunha capa de pintura branca. sobre este fondo píntanse os contornos das figuras con pintura negra e faise uso doutras moitas cores que sorprenden pola súa variación e viveza. Os lekytos brancos acadaron a súa plena madurez a mediados do s. V a. C., despois parou a súa producción.

Vidreira nº 84 Nº 1.935

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.2. Museo Arqueolóxico

No medio está representada a tumba coa súa estela sobre seis escalóns decorados con coroas e pequenas vasillas funerarias. Á esquerda aparece o xoven morto sostendo a súa lanza e ó outro lado unha parente ven á tumba con ofrendas nun cesto. É do ano 440 a. C.

Vidreira nº 99 Nº 1.816 O morto, un xoven guerreiro, está sentado nos escalóns da base da súa propia tumba suxetando as súas lanzas con expresión meditabunda. Unha xoven muller suxeta o seu casco e o seu escudo.

41


´

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.2. Museo Arqueolóxico

Santorini/Tera, á espera da próxima erupción

Sala 48 de Tera A cidade de Akrotiri, destruída no 1.500 a. C. pola terrible erupción do volcán da illa, conservou admirablemente baixo a capa de lava solidificada casas con pinturas murais, utensilios...etc. Obsérvase claramente a influencia minoica tanto en cerámica como nos frescos: motivos naturalistas (flores, animais...), viveza na representación e cores vivas.

Vidreiras Conteñen vasillas atopadas na cidade.

Cada capa, unha erupción

Salseira de arxila con representación de aves acuáticas no momento no que se van pousar. Na vidreira nº 2 hai marabillosas vasillas en forma de barca con decoración variada: lirios, golfiños, anduriñas...

Pinturas murais As cores son vivas e dunha gama reducida. A natureza é a principal fonte de inspiración:

Fresco dos antílopes

42

Sobre o fondo claro están pintados só os contornos e detalles principais dos animais. Só nas cabezas empregouse cor bermella nalgúns detalles

Akrotiri: a Praza Triangular


Pintura mural en miniatura que representa unha paisaxe tropical. A ambas beiras dun río hai árbores, palmeiras, aves e feras salvaxes. Todo está impregnado de movemento e viveza.

Fresco da primavera A paisaxe volcánica e agreste cubría as tres paredes dunha habitación pequena habitación. Das rochas sobresaen lirios floridos e enriba revoan un grupo de anduriñas dando movemento ó conxunto. Abundan tamén as representacións de escenas da vida cotiana. Os corpos, de contextura atlética e moi áxiles, parecen non ter esqueleto:

Unha viaxe no tempo e no espacio I. Atenas I.4. Museos I.4.2. Museo Arqueolóxico

Recadadora do azafrán A pintura fai gala dun alto grao de naturalismo. A xoven, de excepcional beleza, está adornada con toda clase de xoias e viste o típico corpiño minoico que deixaba o peito ó descuberto. Probablemente o azafrán era unha pranta con significado relixioso.

Xoven pescador Sostén duas sartas de peixes. Resulta chamativa a falta de esqueleto na figura elegante e elástica.

Fresco dos nenos boxeadores Chama a atención a a falta de violencia da pelexa, máis ben semella unha danza. Casa Occidental Habitación 5: O pescador Praza Triangular Edificio Beta Habitación 1: Os boxeadores, Os antílopes

Xeste 3 Habitación 3a: As colleitadoras

Edificio Delta Habitación 2: A primavera

43


´

II. Santorini

Unha viaxe no tempo e no espacio Oia II. Santorini

Naxos

Imerovigli Thirasia Fira

Santorini

Nea Kaimeni Palea Kaimeni

Kamari Antiga Tera

Akrotiri

Emporio

Perissa

Praia vermella

II.1. Xeografía A 100 km. ó norte de Creta, formando parte das illas Cícladas, atópase a illa volcánica de Santorini de 75 Km² cunha poboación de 9.000 habitantes. O conxunto está formado por tres illas: Tera (a principal), Terasia e a deserta Aspronisi, e outras dúas máis pequenas chamadas Palia Kaimeni e Nea Kaimeni (Kaimeni en grego significa «queimado»). Nesta última a actividade volcánica segue a despedir emanacións de gases a 80º de temperatura.

44

II.2. Historia Esta illa, coñecida entre os antigos como Estronxili (Strogguvlh) pola súa forma circular, foi habitada por primeira vez a mediados do 3.000 a.n.E. Houbo asentamentos ata o 1.550 a. n.E., no que unha terrible erupción volcánica, que deixou sentir os seus efectos incluso en Exipto, a destruíu. Os seus habitantes tiveron tempo de fuxir antes da catástrofe. Esta erupción foi a que deu lugar ás tres illas e permite relacionar esta illa coa mítica Atlántida.


O mito da Atlántida coñecémolo por Platón e outros escritores. Platón fala dun mítico e próspero continente, situado ó oeste do estreito de Xibraltar, destruído por un cataclismo según relataban os sacerdotes exipcios 9.000 anos antes. Tamén Diodoro Sículo fala deste mítico continente, pero sitúao próximo a Libia (situación de Santorini). A cronoloxía en principio non coincide coa destrucción da illa, pero si se considera que houbo un erro de interpreta-

ción e en vez de falar de 9.000 anos antes falamos de 900 temos unha coincidencia de data entre a destrucción de Santorini e a destrucción da Atlántida: 1.500 a.n.E. A controversia segue sen se resolver. A illa estivo deshabitada varios séculos ata que os fenicios no s. IX comenzaron a recalar alí, e pouco despois foi novamente habitada por colonos procedentes de Esparta, que fundaron a antiga cidade

de Tera. Na época helenística converteuse en base naval de Exipto baixo os Ptolomeos e constituíu unha provincia máis do Imperio Romano. Os primeiros cristiáns chegaron no s. IV d.n.E. e a principios do s. XIII asentáronse alí os venecianos ata a súa conquista polos turcos no s. XVI. Foi turca ata que foi liberada a principios do s. XIX.

Unha viaxe no tempo e no espacio II. Santorini

Naxos

II.3. Cidades e vilas

Santorini

Fira É a capital. Suspendida na cima do que era o cráter sorprende pola beleza das súas casas brancas escalonadas colgando sobre o mar. É unha localidade de calexóns pintorescos cortados por arcos e de escaleiras que ás veces desembocan abruptamente no mar. As vistas son excepcionais.

Emporio Vila impresionante de estreitas rúas que ascenden sobre a pendente da colina chamada Mesa-Bunó. Sobre esta colina atópanse as ruínas da antiga Tera.

Kamari Centro turístico moderno cunha gran praia de cantos rodados negros.

Desde Imerovigli

Perissa Estensa praia de area negra volcánica. Dende ela pódese subir á Antiga Tera e ó mosteiro do Profitis Elias.

Oia (Ía) A súa beleza é inquietante. En 1.956 un grave terremoto sepultou a cidade en parte; a xente tivo que excavar para chegar ás súas casas. É agradable perderse neste labirinto de rúas aferradas á rocha para descubrir casas de formas asombrosas, capelas soberbias ou magníficas vivendas abandoadas.

Ía, aló arriba.

45


´

II.4. Lugares arqueolóxicos Unha viaxe no tempo e no espacio II. Santorini

Naxos

Santorini

Akrotiri A erupción volcánica do 1.550 a.n.E. sepultou baixo unha capa de lava (o que permitiu a súa excelente conservación) a cidade de Akrotiri. Os seus Casa Occidental habitantes tiveron tempo de fuxir, xa Cuarto 5: que non se atoparon corpos humanos O pescador nen obxectos de valor. Praza Triangular Edificio Delta Conservouse unha auténtica Cuarto 2: cidade de rúas estreitas e tortuosas e nuEdificio Beta A primavera merosas praciñas. Cuarto 1: As casas eran de dúas ou tres Os boxeadores, Os antílopes plantas. Os muros e dinteis de portas e ventás estaban reforzados con vigas de olivo para contrarrestar os frecuentes movementos sísmicos. Na planta baixa das vivendas estaban os talleres e almacéns, e alí conserváronse os pythoi , grandes vasillas nas que se almacenaba cebada, aceite e viño, principais productos da illa. Escaleiras de pedra ou madeira ascendían a pisos superiores. As casas estaban dotadas de tódalas comodidades. A planta baixa e superior de tódalas vivendas posuía serXeste 3 vicios hixiénicos con auga corrente e Cuarto 3a: un sistema de desaugues. Redes de tuAs colleitadoras bos de arxila empotradas nos muros ían dar ás cañerías xerais, baixo o pavimento das rúas. As habitacións nobles das casas estaban decoradas con frescos que representan paisaxes e figuras humanas de gran calidade e nun excelente estado de conservación. Estas representacións dannos idea das actividades ás que se adicaban os seus habitantes: pesca, agricultura, pastoreo, comercio e navegación. Despréndese de tódolos restos conservados que alcanzaran un elevado grao de benestar, destruído de pronto, no 1.500 a.n.E. pola terrible erupción volcánica que asolagou a illa, deulle a súa morfoloxía actual e xogou un importante papel na caída da civilización minoica.

Antiga Tera Fundada no s. IX a.n.E. por colonos espartanos. Está enclavada na colina Mesa-Bunó, a unha altura de 369 m. sobre o nivel do mar, dende a cal podían controlar toda a illa e unha extensión considerable do mar Exeo. Os restos actuais correspóndense con diferentes épocas: Témenos de Artemidoro de Perga Artemidoro foi un almirante exipcio. O témenos está consagrado a varios deuses. Consérvanse gravados nas pedras a aguia de Zeus, o león de Apolo, e o golfiño de Posidón.

46

Ágora ou praza central Era o centro da vida ecónomica, social e

cultural. Pórtico real do s.II a.n.E. Era o edificio centro da vida pública na época de Augusto. Dez columnas dóricas sostiñan o teito. Restos do cuartel e ximnasio da guarnición romana Restos de cisternas para a recollida da auga As cisternas paliaban os graves problemas de seca que sempre tivo esta illa. Teatro do s. III a.n.E.


III. A Argólida Unha viaxe no tempo e no espacio Atenas Corinto

III. Argólida III.1. Corinto

Micenas Epidauro Nauplio

Corinto

Micenas Epidauro

III.1. Corinto III.1.1. Historia Dende época antiga Corinto vese axitada polos pobos que baixaban ó Peloponeso polo Itsmo. Co asentamento dos dorios no s. IX a. C. abre o camiño da súa historia. Convértese nunha gran potencia naval e potencia a trirreme (nave con tres filas de remos). Os corintios foron os primeiros que tiveron a idea de abri-lo Itsmo, obra que non puido ser levada a cabo ata 1.882. Corinto progresou nas artes, principalmente na cerámica. No s. V a.n.E. tivo o seu maior esplendor, pero coa aparición hexemonía ateniense tambaléase e declina. No ano 146 a.n.E. foi totalmente destruída polos romanos. No 44 a.n.E. Xulio César fundou unha colonia romana. Na época cristiá foi famosa polas predicacións do apóstolo San Paulo, que recriminaba a riqueza dos seus habitantes. A cidade sofre un novo declive coas invasións bárbaras, para rexurdir na época bizantina. No ano 521 d.E. é destruída por un terremoto e voltarase a erguer no s. XI. No s. XIV pasa ós francos e pouco despois ós bizantinos que a venden ós cabaleiros de Roma

47


´ no s. XV. En 1.458 cae en poder turco, é reconqistada polos venecianos no 1.687 para volver caer baixo os turcos pouco despois. A súa liberación definitiva foi no 1.822. Na actualidade é unha das cidades gregas máis importantes e punto estratéxico para as comunicacións.

Unha viaxe no tempo e no espacio III. Argólida III.1. Corinto

Corinto

III.1.2. A canle Xa os antigos intentaron abrir unha canle no Itsmo. No ano 67 d.n.E. Nerón intentou a apertura, pero o seu proxecto foi abandonado. A inauguración non foi posible ata 1.882. Atópase a 2 km. ó este da cidade nova. Mide 6 km. de longo e 28 m. de alto. Esta obra permitiu unir o Golfo de Corinto co Golfo Sarónico.

III.1.3. Antiga Corinto

Micenas Epidauro

Esténdese ós pés do Acrocorinto. Os restos conservados son na súa maioría romanos, e uns poucos son gregos. Distínguense as «Murallas Longas», que comenzan na cima do Acrocorinto e baixaban ata Lexeo, o porto artificial do Golfo. En Lexeo comenzaba unha vía, rodeada de edificios, que finalizaba na antiga ágora. No recinto da ágora había importantes edificios relixiosos e comerciais. Ó norte da ágora sobresae o templo de Apolo, dórico períptero do s. VI a. C., con restauracións do s. I d.n.E. Ó noroeste da ágora distínguense a ruínas dun teatro do s. IV a.n.E. e o Odeón romano.

III.1.4. Acrocorinto Trátase dunha fortaleza bizantina edificada na cima dun monte de 575 m..Constituía a acrópolis de Corinto nas épocas antiga e medieval. Na cima da colina había numerosos templos, destacando o templo de Afrodita. Máis abaixo deste templo atopábase a fonte Pirene (Pirene era unha muller que se transformou en fonte polas bágoas verquidas polo seu fillo morto por Artemis)

48


III.2. Micenas III.2.1. Historia Coa chegada dos pobos indoeupeos a Grecia e Asia Menor en torno ó 2.000 a.n.E. prodúcese un cambio xeneralizado nestas áreas. Os invasores, os aqueos, aportaron a doma do cabalo, o carro de guerra, as espadas longas de bronce e unha cerámica peculiar. Arredor de 1.500 a.n.E. demostran a súa capacidade organizadora e comezan a perfilarse os que serán os reinos aqueos descritos na Ilíada: Micenas, Tirinte, Argos, Pilos... O apoxeo desta civilización, denominada «micénica» por ser Micenas a máis importante cidade aquea, dáse entre os anos 1.400-1.100 a.n.E.

Unha viaxe no tempo e no espacio III. Argólida III.2. Micenas

III.2.2. Acrópolis de Micenas Corinto

Sobre unha colina de 278 m. sobre o nivel do mar, a acrópolis de Micenas ten unha forma triangular cunha extensión de 900 m². Parte das construccións de palacio e un tramo de murallas corresponden aproximadamente ó 1.400, pero a maior parte dos restos hoxe visibles dátanse arredor de 1.250 a.n.E. (pouco antes da guerra de Troia).

15. Alxibe

Micenas

14. Porta norte

Epidauro

13. Casa das Columnas/Obradoiros 12. O pazo Mégaron Patio

Rodeada de murallas, éntrase pola chamada «Porta dos Leóns». Unha vez traspasada a porta, a un lado queda o corpo de garda, o círculo das tumbas e toda unha variada construcción de casas e talleres. Por unha ampla escaleira e un camiño serpeante chégase ó alto da Acrópolis, onde un patio nun lado daba entrada a unha habitación de culto e ó mégaron no lado oposto, hoxe bastante arruinado. No ángulo noroeste da cidade hai unha ampliación das murallas que abrigaba un grupo de casas e a entrada á fonte Perseia, pasadizo construído en parte na falsa bóveda e en parte excavado na rocha, seguindo un percorrido de104 escalóns; finaliza nun estanque pequeno á que chega a auga por cañerías de terracota dende fóra das murallas.

Propilon do Pazo

(Ó final, un túnel)

7. Porta dos leóns 9. Círculo A 10. Casas 11. Casa das figuriñas

49


´ A arquitectura micénica

Unha viaxe no tempo e no espacio III. Argólida III.2. Micenas

Corinto

Micenas Epidauro

Aquí pódense obsevar as primeiras características da arquitectura micénica: - O habitat disponse sempre sobre un outeiro de fácil defensa. - A parte máis alta do outeiro está ocupado pola residencia real: o pazo, centro administrativo e relixioso ó mesmo tempo. - A fácil defensa do outeiro apóiase nunhas potentes murallas, construídas con enormes bloques de pedras; é o denominado «aparello ciclópeo», debido a que os gregos clásicos atribuíron a súa construcción ós Cíclopes, ó pensar que estas obras excedían as capacidades e necesidades humanas. - O acceso en empinadas rampas era controlado por entradas monumentais, - Ademáis da porta principal é común a existencia doutras entradas, xeralmente máis reducidas (poternas) e protexidas por torres. - A parte máis alta, onde se ubica o pazo micénico, conta co seu propio sistema de defensa, mediante outros recintos amurallados interiores. O camiño de entrada cara ela ascende a través de rampas e escaleiras.

Murallas O que primeiro chama a atención son as formidables murallas ciclópeas, que nalgúns lugares chegan a medir 13 m. de alto e 8 m. de ancho. Presentan dúas etapas constructoras: - Aparello de pedras grandes, moi irregularmente dispostas e talladas (s. XIV a.n.E.). - Aparello de grandes bloques rectangulares, regularmente dispostos. É o que se articula arredor da Porta dos Leóns. Dúas portas principais permiten acceder ó interior: Porta dos Leóns e Porta Norte; mentras que algunhas aberturas secundarias permiten atravesa-la muralla sen máis. Para completa-las fortificacións deste tamaño deberon necesitarse moitos anos e só puideron conseguirse cunha numerosa forza de traballo dirixido por unha poderosa autoridade centralizada.

Porta dos Leóns

50

Tanto os muros que a rodeaban como a porta, coas súas dúas enormes xambas e o poderoso dintel, forman parte dunha das fachadas máis impresionantes e monumentais da arquitectura grega. Aprovéitase con fins decorativos o triángulo de descarga, que ten unha función arquitectónica concreta: evita-la sobrecarga que supoñería para o dintel soportar eses enormes bloques de pedra. A placa decorada que se colocou dá o nome á porta: dous leóns enfrontados (animal emblemático micénico) e unha columna no medio.


Reflicte a influencia da escultura de Asia Menor e Exipto, onde era común a iconografía da Árbore da Vida do xardín do Edén e dous carneiros enfrontados, representando o Ben e o Mal.

Tumbas Na cidade de Micenas e arredores atopáronse enterramentos de reis de extraordinaria grandeza. A riqueza das armas e alfaias atopadas nas tumbas reflicten o enriquecemento considerable que experimentou a cidade. Son os círculos de tumbas A e B e as tumbas de tholoi.

Os Círculos de tumbas Son tumbas de ffo oxa ou po zo. pozo. Círculo A: atópase dentro da acrópolis, as tumbas están separadas do cemiterio común por unha parede circular. As foxas estaban sinaladas mediante estelas gravadas fincadas no chan. Círculo B: é o máis antigo e alonxado da acrópolis. Os primeiros datan dos séculos XVII e XVI a.n.E. A técnica constructiva era

a seguinte: Escavábase na rocha un pozo rectángular de ata 5 m. de profundidade. Cubríanse as paredes con muros de pedras pequenas ou ladrillos ata unha altura de 1 ou 1’5 m. Sobre o chan cuberto de croios depositábase o cadáver, cuberto materialmente polo seu enxoval: ofrendas de alimentos, xoias, armas, cerámica...etc.

Unha viaxe no tempo e no espacio

A tumba pechábase por medio de vigas apoiadas nos muretes e unha cuberta de ramaxe e lama. Por último, enchíase a fosa con terra ata formar un pequeno montículo sobre ela, no que se cravaba a estela de pedra.

6

7 5 4

15

14

8 9

12

3

13 10 11

2

1 1 2 3 4 5

Tesouro de Atreo Casas dos mercaderes Círculo de Tumbas B Tholos de Clitemnestra Tholos de Existo

6 7 8 9 10

Tholos dos leóns Porta dos leóns Graneiro Círculo de Tumbas A Bairro dos mercaderes

11 12 13 14 15

Casa das figuriñas Pazo Casa das columnas Porta norte Cisterna e túnel

51


´

Unha viaxe no tempo e no espacio III. Argólida III.2. Micenas

Sor pr ende enor memente a Sorpr prende enormemente he gar on a acuriqueza que cche heg aron mular os príncipes de Micenas Micenas. Unha das máis ricas ricas,, a tumba IV do Cír culo A, Círculo contiña máis de 400 obx ectos: obxectos: máscaras de our o, x oias ouro xoias oias,, obx ectos de marfil e alabasobxectos tr o, ar mas ...Na tumba V tro armas mas...Na atopouse a famosa máscara de Atr eo. Deste x eito xustifícase Atreo. xeito o epíteto homérico de Micenas «a rica en our o». ouro».

Tumbas de cámara (Tholoi) Corinto

Micenas Epidauro

que pouco a pouco estreitan o seu diámetro interior ata pecharse no alto formando unha falsa cúpula. Ás cámaras chégase por un corredor, dromos, a ceo aberto e de trazado horizontal que finaliza nun muro no que se abre a entrada a modo dunha porta monumental de muralla co característico triángulo de descarga sobre o lintel. Pa-

Tratábase dun edificio pechado, a diferencia dos pazos minoicos, anque a súa base segue sendo o patio e o mégaron, salón central con catro columnas que sostiñan o piso superior. Está centrado en torno a un fogar cunha abertura de saí-

Ó lon go do ss.. XV a.n.E. as long oxa ffor or on dando oron tumbas de ffo paso ós enter ramentos dentr o enterramentos dentro dunha cámara. A cámara sepulcral, escavada na rocha, ten muros recubertos por fiadas de pedra r a evitalo seu derrumbe escavábase na rocha na parte inferior da cámara, mentres que a súa zona superior se cubría cun montículo artificial.

Debuxo do interior do tesouro de Atreo a comezos do s. XIX

52

O pazo micénico

O máis completo e impor.O tante é o tesouro de Atreo.O dr omos é eextr xtr emadamente dromos xtremadamente lon go (36 m). No punto de enlong contr o do dr omos coa fac hacontro dromos fachada, os mur os acadaban 14 m. muros de altura. O vvan an enor me da enorme por ta dá acceso a un cor porta corrredor interior interior.. A cámara acada 14 m. de altura, a mesma dimensión que o seu diámetro. Nun lado da cámara ábrese unha portela que dá a unha habitación escavada na rocha, a cámara sepulcral propiamente dita. A decoración da cúpula consistía nunha serie de rosetas de bronce das que só quedan os gonzos. A maneira de empotra-lo lintel (120 toneladas), a cimentación antisísmica e a altura da cúpula son indubidables logros de enxeñería, xa admirados polos antigos.

da d e fumes, convertida á vez en pozo de luz. Comunícase ó exterior por medio dun pórtico de columnas. Este salón central era o salón do trono, centro do poder político e cultural, pois na persoa do rei coexistían unha categoría profana e outra sagrada. O pazo posuía un complexo sistema de estancias con distintas funcións: vivenda do monarca, áreas económicas que comprendían a producción, almacenaxe, cartos para o servicio, arquivo central... A área oriental do pazo pertencía á casa das columnas, un estudio-taller. A columna está tomada do modelo minoico: seu grosor ascende de abaixo a arriba e a súa basa é un disco de pedra. Os chans eran de terra batida e seu acabado incluía pintura de motivos xeométricos e algún que outro animal estilizado (polbos, golfiños). As paredes recubríanse de estuco e eran decoradas con pinturas ó fresco. A comodidade dos habi-


tantes de palacio completábase cun baño ben equipado. Corredores e pisos superiores remataban o conxunto. A acrópolis micénica non parece ser concebida para ser únicamente unha residencia real, tamén alí vivían algúns cortesáns. Consérvanse xunto do Círculo A un conxunto de talleres e de vivendas micénicas. Son casas tradicionais con habitáculos alongados que combinaban despensas e habitacións destinadas á vida cotiá.

murais e unha ggrande rande lar eira. lareira. Foi inter pr etado como o interpr pretado «tesour o» do centr o cultual. Ó «tesouro» centro lado hai un altar rredondo edondo cun po zo que contiña cinzas pozo cinzas,, osos de animais e numer osas numerosas fi guriñas de ter racota, na súa figuriñas terracota, maioría ffemininas emininas emininas.. Desta constr ucción pr ocedía o fra gconstrucción procedía fragmento do fr esco cos «démones fresco con cabe za de asno» que lecabeza van no lombo unha pér te ga de pérte teg

Dende o pazo accedíase ó mesmo por unha escaleira e unha vía procesional que, segundo parece, podía pecharse cando se consideraba oportuno. As diferentes partes do conxunto recibiron os nomes de:

3 6

1 5

Descendendo a este santuario, outra escaleira conduce ó seguinte edificio:

Casa de Tsountas Este edificio ten pinturas

12

9 14 7 7. Tholos 8. Mégaron 9. Fogar

Santuario gamma Consta de dúas habitato. Na araberto. cións cun patio aber quitectura sagrada as prazas abertas desempeñaban un papel esencial porque alí celebrábanse os actos relixiosos, tendo acceso á culminación final do acontecemento no interior un número limitado de persoas elixidas. No patio hai un altar de lama en forma de ferradura. En fronte atopouse un altar de fase anterior e ó seu lado uns pozos cheos de cinzas e restos de sacrificios animais.

13 10

8

2

4

Unha viaxe no tempo e no espacio

Inmediatamente contigua está a «Casa do Sumo Sacerdote», edificio con fermosas pinturas murais de contido relixioso.

11

O centro cultual Non lonxe do Círculo de tumbas A, exhumouse un conxunto de edificios ó que os escavadores denominaron «centro cultual».

madeira. Estancia dos ídolos:: aquí atopár onse estatuiñas de teatopáronse rracota pouco fr ecuentes polo frecuentes seu tamaño e eex x celente calidade calidade..

1. Porta de entrada 2. Patio exterior 3. Aloxamentos de ser-

vos e invitados

10. Mégaron das mulleres

4. Cortes

11. Víveres

5. Altar de Zeus

12. Arsenal e tesouro

Herkeios 6. Pórtico

13. Cámara nupcial 14. Baño dos hóspedes

O pazo micénico según Homero Unha boa descrición do que podía ser un pazo micénico é a que nos fai Homero na Odisea, no canto IV v.37 e ss. cando describe a chegada de Telémaco ó pazo de Menelao en Esparta: ... Estes (Telémaco e Pisístrato, o fillo de Néstor), o observalo, admirábanse do pazo do rei, vástago de Zeus; que había un resplandor como o do sol ou o da lúa no pazo de elevado teito do glorioso Menalao. Logo que se saciaron de velo cos seus ollos, marcharon a unhas bañeiras ben pulidas e bañáronse. Despois de que as escravas os unxiran con aceites, puxéronlles roupas de lá e mantos e foron sentar nas cadeiras xunto ó Atrida Menelao. Unha escrava verqueu auga de lavamáns que traía nun fermoso xarro de ouro sobre unha fonte de prata e colocou ó lado unha pulida mesa. A venerable ama de chaves trouxo pan e serviu a mesa colocando abundantes alimentos, favorecéndoos entre os que estaban presentes [...] Botaron man dos alimentos que estaban diante, e despois que botaron fóra a fame e sede, Telémaco faloulle así ó fillo de Néstor achegando a súa cabeza para que os demais non se desen conta: «Observa, Nestórida grato ó meu corazón, o resplandor de bronce no resoante pazo, e o ouro, o electro, a prata e o marfil. Seguro que é así por dentro o pazo de Zeus ¡cantas cousas indescriptibles!, o asombro atenázame ó velas»

53


III.3. Epidauro

´

Unha viaxe no tempo e no espacio III. Argólida III.3. Epidauro

A cidade de Epidauro atópase na Argólida a 30 km de Nauplio, primeira capital do estado grego no s. XIX. Epidauro foi un coñecido centro curativo na Antigüidade, dedicado a Asclepio, fillo de Apolo e semideus da medicina. Era un recinto sagrado, polo que estaba prohibido da-la luz ou morrer no bosque sagrado e o seu recinto estaba delimitado. O seu monumento máis importante é sen dúbida o seu Teatro, que enterrado durante séculos hoxe consérvase en perfecto estado.

III.3.1. O teatro Corinto

Micenas Epidauro

54

Trátase dun dos teatros mellor conservados, erixido arredor do 300 a. C., época na que o teatro acadara proporcións monumentais. Os seus arquitectos, Policleto o Novo entre eles, basearon os seus cálculos na sección áurica establecendo unha serie de proporcioóns exactas entre as filas de gradas de arriba e as de abaixo. Presenta unha orquestra circular duns 25 m. de diá-

metro (normalmente son semicirculares). Alí danzaba o coro e había no centro un altar de Dioniso, pois as danzas corais estaban asociadas ó culto deste deus. . Detrás da orquestra alzábase o auditorio dividido en dous pisos horizontais, divididos á súa vez en seccións triangulares por escaleiras radiais. As gradas inscríbense nunha esfera. Os asentos eran de pedra; os de preferencia tiñan respaldo e brazos decorados con relevos. Os demais carecían de respaldo e a súa parte frontal era oca, para que os seus ocupantes puidesen bota-los pés para atrás cando outros espectadores pasaban por diante deles. O asento tiña unha lixeira depresión na parte posterior, calculáranse tódolos detalles para acomodar ó maior número posible de espectadores coa máxima comodidade. Poden acomodarse 24.000 persoas. Da escena só quedan os cementos. Os dous corredores a cada lado dan acceso á orquestra polo exterior.


A celebración das festas Asklepias daba lugar a representacións dramáticas no teatro con concurso de rapsodias ou cantos de poemas épicos, especialmente de Homero. Tamén se representaron traxedias de Sófocles, quen escribiu un himno dedicado a Asclepio, e Eurípides. Os espectadores asistían pero non participaban

nas procesións nin nos Misterios. Seguían as representacións teatrais e gracias á excepcional calidade da acústica do teatro podían escoitar perfectamente dende a última grada o murmurio do público ou o o esvarar dunha folla no centro da orquestra. O santuario e o teatro de Epidauro foron frecuentados ata o s.IV d. C. No reinado de

Teodosio o Grande (378-395) aboliuse o culto a Asclepio, xa que estorbaba á expansión do cristianismo. Dende 1.955 nos meses de verán ten lugar no teatro o Festival de Epidauro, que tivo un grade éxito e nel participaron e participan figuras do teatro e a ópera de renome mundial.

Unha viaxe no tempo e no espacio III. Argólida III.3. Epidauro

III.3.2. O santuario de Asclepio A 500 m. do teatro está o santuario onde os antigos rendían culto ó semideus Asclepio. O templo de Asclepio foi construído no recinto do santuario no s. IV a. C. É un templo períptero dórico O culto a Asclepio, Esculapio para os romanos, estaba establecido principalmente en Epidauro. Según unha tradición a súa nai, seducida por Apolo, pariuno en secreto nestas terras. Segundo a mitoloxía, Asclepio foi confiado polo seu pai, Apolo, ó centauro Quirón, quen lle apren-

deu a arte da Medicina. Moi pronto o mozo adquiriu grande habilidade neste oficio, chegando incluso ata resucita-los mortos. Zeus, considerando que interfería nas súas funcións divinas, fulminouno co seu raio e converteuno na constelación de Serpentario ou Ofiuco. Asclepio ten como emblemas unha serpe enroscada arredor dun báculo, un loureiro, un can e as piñas En Epidauro desenvolveuse unha auténtica escola de medicina. As súas prácticas

eran máxicas: primeiro degolábanse animais para ofrecerllos ós deuses. Os enfermos adormecían no dormitorio sagrado; os seus sonos, considerados como voces dos deuses, eran interpretados por sacerdotes que prescribían o tratamento. Estas prácticas máxicas prepararon o advenimento dunha medicina máis científica. Esta arte era practicada polos Asclepíadas, ou descendentes de Aclepio. O máis célebre foi Hipócrates, do que se afirmaba que a súa familia

Corinto

Micenas Epidauro

55


´ pertencía ó deus.

A fonte sagrada

Unha viaxe no tempo e no espacio III. Argólida III.3. Epidauro

Tras seguir a vía Sacra, os peregrinos entraban polos propileos e ofrecían sacrificios en especies e en diñeiro. Purificábanse na fonte sagrada e logo sometíanse a réximes, baños e prácticas máxicas. Os escasos utensilios médicos que se conservan no museo, demostran que alí se deberon practicar algunhas operacións, quizais en época romana.

Corinto

A Tholos Micenas Epidauro

56

A tholos ou templo redondo edificouse detrás do templo. Posuía 26 columnas dóricas exteriores e 14 columnas corintias interiores e un teito de artesóns adornado por flores estilizadas e pinturas murais, obra de Policleto o Novo. Non se sabe si se practicaban sacrificios ou era un terrario para serpes. O chan, en rombos de mármore negro e branco, está adornado no centro cunha serpe enroscada. Pausianas narra que o templo conservaba serpes amarelas domesticadas e outras de gran tamaño, de Libia. (Cómpre recordar que a tradición clásica, ó igual que a bíblica, concedíalles ás serpes un gran poder curativo)

O ximnasio e a palestra O igual que noutros lugares de Grecia (Olimpia, Delfos, Corinto...), en Epidauro celebrábanse xogos panhelénicos, os Asklepia. Dispuñan dun ximnasio e dunha palestra e a partir do s. IV d.n.E. dun estadio onde aínda se aprecian as liñas de saída, os corredores de 180 m. de longo e algunhas filas de gradas talladas en rocha. Despois de asistir a competicións deportivas, a carreiras de cabalos ou a concursos de poesía tráxica, os peregrinos acudían ó teatro.

III.3.3. O Museo Nas vitrinas deste museo podemos contemplar instrumentos cirúrxicos antigos e o famoso «caduceo», atributo do deus. A este caduceo, regalo de Apolo, enrolábanse serpes e tamén piñas, coroas de loureiro, e ás veces unha cabuxa ou un can. O bastón coas serpes enroscadas pasou a se-lo emblema da Medicina. Tamén hai inscricións, obxectos de louza e elementos dos propileos. As pezas máis fermosas atopadas nas escavacións están no museo nacional de Atenas: acróteras ou esculturas con decoración frontal do templo, nereidas a cabalo, unha estatua da deusa da saúde Hixia , filla de Asclepio, a propia estatua de Asclepio e a de Pentesilea, raíña das Amazonas que morreu a mans de Aquiles na Guerra de Troia. Nunha das súas salas podemos ver unha reconstrucción parcial da tholos e un dos capiteis corintios orixinarios, que nos permiten entender mellor esta construcción. A ilustración de embaixo desta páxina mostra unha reconstrucción do aspecto orixinal da tholos, feita por A Defrasse en 1893.


Unha viaxe no tempo e no espacio

IV. Creta

57


´

Unha viaxe no tempo e no espacio

IV. Creta Creta é a illa de maior tamaño de Grecia e a quinta do Mediterráneo despois de Sicilia, Cerdeña, Chipre e Córcega. Ten unha superficie de 8621 km². A súa forma é alargada : 260 km de longo por 60 no seu punto máis ancho; nalgúns puntos a súa anchura é só de 12 km. Situada ó SE do Mediterráneo, a súa posición xeográfica excepcional entre Europa, Asia e África, determinou a súa historia tanto na antigüidade como na época moderna. Dende o punto de vista administrativo, a illa está dividida en catro provincias: Janiá, Rethimno, Iraklio, Lasithi

IV. 1. Relevo e clima Creta é principalmente montañosa con tres grandes serras: - As Montañas Brancas (Leuvka Orh) con alturas de 2452 m. - Idi ou Psiloritis (Idh - Yhloreivthª) con alturas de 2456 m. - A Serra Dictis (Divkti) con alturas de 2148 m.

58

Dado a estreiteza da illa estas alturas, xa de por si elevadas, vistas desde a costa resultan impresionantes. Estas cadeas montañosas encóntranse atravesadas por numerosas gorxas que atravesan a illa perpendicularmente e chegan ata o mar. Estas gorxas son unha das características máis rechamantes da natureza cretense e constitúen importantes reservas de flora e fauna.. A máis coñecida pola súa beleza e extensión é a Gorxa de Samariá nas Montañas Brancas. Ten 18 km. de longo e no seu punto máis estreito 150 m de ancho. É a gorxa máis profunda de Europa (chega nalgúns puntos a 600 m de profundidade) e constitúe un parque natural dos máis importantes de Europa. A illa ten poucas planicies, pero si moitas mesetas. A máis coñecida é a de Lasithi, de forma circular, cerrada por montañas, cunha importante actividade agrícola e famosa polos seus 10.000 muíños de vento que extraían a auga do subsolo.


lima é moderado, marítimo e mediterráneo. O inverno é suave con neve só nos puntos O cclima máis altos, chuvia nas chairas e moitas horas de sol. O verán é cálido e seco. Hipócrates, o pai da medicina, recomendábao ós enfermos.

IV. 2. Historia A posición xeográfica de Creta determinou un papel fundamental na súa historia. Situada entre tres continentes ( Europa, África e Asia ) atopouse nun punto de influencia entre as máis grandes civilizacións. Sobre o seu solo desenvolvéronse civilizacións que marcaron a historia da humanidade, mais tamén ,debido a súa posición estratéxica, invasións e ocupacións sucesivas foron destruíndo as civilizacións anteriores Pódese testemuñar a presencia do home en Creta desde o 6000 a C.

Unha viaxe no tempo e no espacio IV. Creta IV.1. Relevo IV.2. Historia

Época Minoica ( 2600-1500 a C ) A civilización minoica remóntase ó 2600 pero a súa época de apoxeo foi no 2000. A illa de Creta pola súa posición privilexiada no Exeo, enfronte de Exipto e Oriente,é fácil receptora de influencias de todo tipo que contribuíron ó desenvolvemento desta florecente e brillantísima cultura. Esta civilización recibe o seu nome do seu primeiro e lendario rei : Minos. A illa estaba rexida por distintos complexos palaciais dos que estaba á fronte unha monarquía centralizada e burocrática. Os pazos eran edificios que funcionaban á vez como centros administrativos, relixiosos e económicos. Empregaban para a administración un sistema de escritura que aínda está sen descifrar, o Lineal A. Actualmente coñécense catro pazos: Cnossós, Festós, Maliá e Zacros, aínda que se sabe que houbo máis. O máis importante foi o de Cnossós.

Atenas

Creta

A base da economía era a agricultura pero rapidamente alcanzaron un gran desenvolvemento as actividades mercantís. Crearon unha potente flota e mantiveron estreitas relacións comerciais cos grandes imperios de Oriente Medio y sobre todo con Exipto. A súa influencia cultural e técnica estendeuse por todo o Exeo, especialmente nas costas da Grecia peninsular, onde estableceron fructíferas relacións cós nacentes reinos aqueos o «micénicos». Tamén había un elevado número de artesáns. As clases dirixentes da sociedade cretense acadaron un alto nivel de benestar material. Non hai representacións bélicas nin se atoparon armas, o que quere dicir que carecían de problemas bélicos co exterior ou de orden interno. A esfera relixiosa só nos é coñecida a través das imaxes. Consérvanse representacións de deidades femininas que probablemente representen a deusa nai da fecundidade. Os principais obxectos relixiosos son o dobre machado, os cornos da consagración (representacións da cornamenta do touro). Os animais sagrados son o touro e a serpe. Na arte compre falar da súa preciosa cerámica, amplamente representada no Museo de Iraklio, dos seus marabillosos frescos que causaron a admiración no mundo enteiro cando saíron á luz e os seus traballos en ourivería cunhas xoias de gran exquisitez e beleza. Esta sorprendente civilización entrou nun rápido declive debido a catástrofes naturais. No 1500 a C. a explosión do volcán da illa de Santorini formou unha xigantesca onda que asolou a illa de Creta. Ademais polo mesmo motivo producíronse varios terremotos. Actualmente fálase de tres etapas na civilización minoica :

59


´ Etapa PALEO-PALACIAL (2000- 1700 a C.): Constrúense os primeiros palacios que se destrúen violentamente por causas naturais.

Unha viaxe no tempo e no espacio IV. Creta IV.2. Historia

Etapa NEO- PALACIAL (1700- 1450 a C.): A de maior esplendor. Reconstrúense os pazos ata unha nova destrucción pola explosión do volcán de Santorini. Etapa POST- PALACIAL: Aínda que se volven reconstruír, os micénicos aproveitan a conxuntura e apodéranse da illa.

Época Micénica ( 1500 - 1100 a C ) Despois da destrucción dos pazos minoicos pola explosión do volcán de Santorini, os aqueos ou micénicos aproveitan a situación e fanse co control da illa. É un período menos brillante co anterior anque seguen a vivir nos pazos, cun sistema político e administrativo semellante .

Atenas

Época Protoxeométrica (1100 - 900 a C) Creta

e Xeométrica (900 - 650 a C) Entre o 1100 e o 900 a C chegan a Creta oleadas de inmigrantes procedentes da Grecia peninsular, son os dorios que coñecen e utilizan o ferro. No 900 a C. estamos xa na época xeométrica e orientalizante. Xorden as primeiras cidadesestados, formadas polo centro urbano e polo territorio circundante. O réxime político da Creta dórica era moi semellante ó de Esparta. A educación dos cidadáns estaba organizada militarmente como en Esparta. Aprendían o arte da guerra, exercitábanse na carreira e na danza, aprendían tamén música A arte reflicte unha gran influencia oriental.

Época Arcaica ( 650 - 500 a C ) Creta no século VII a C era unha das rexións mais florecentes do mundo grego. Así o testemuñan as súas magníficas e abundantes produccións artísticas. Escultores e arquitectos cretenses desprázanse ó Peloponeso e á Xonia para ensinar a súa arte. Pero no século VI a C Creta está en plena decadencia. Ralentízase a actividade comercial Ademais as súas cidades-estado estaban en continuas guerras unhas contra outras e Creta sofre invasións estranxeiras

Época Clásica ( 500 - 330 a C ) Creta sepárase do resto de Grecia. Non participa nas Guerras Médicas e permanece neutral na Guerra do Peloponeso. Pero recrudécense as guerras internas entre as distintas poleis. En Creta central están en competencia as cidades de Cnossós, Gortina e Festós.

Época Helenística (330 - 69 a C) Seguen as guerras internas internas. Esta situación favoreceu que os piratas que devastaban o Mediterráneo oriental utilizasen a costa de Creta como refuxio e deu pé a Roma a intervir nos asuntos da illa, conquistándoa no 69 a. C.

Época Greco - Romana (69 - 330 d. C)

60

Creta é agora unha provincia romana con Gortina como capital. Esta etapa foi boa para a illa. As cidades de Creta florecen de novo.


Época Bizantina (330 - 824 ) Coa división do Imperio Romano en Imperio Romano de Occidente con Roma como capital e Imperio Romano do Oriente con capital en Constantinopla, Creta converteuse nunha provincia da parte oriental. O cristianismo estendeuse moi pronto aquí e durante séculos leva unha existencia pacífica. Pero desde mediados do século VII a illa comeza a sufrir os ataques dos árabes.

Conquista Árabe (824 - 961 ) Perante o século IX árabes sarracenos desde España en busca de novas terras lanzaron unha expedición contra Creta. Gran número de habitantes refúxiase nas montañas. A capital dos árabes construíuse en Iraklio, rodeada de murallas e profundas fosas. Polas súas fosas e sistemas defensivos recibiu o nome árabe de «Chandakas» que conservou ata o século XIX cando os venecianos llelo cambiaron polo de CANDIA. As igrexas foron destruídas e transformadas en mesquitas. Os cretenses foron obrigados a cambiar de relixión. Baixo a dominación árabe Creta volveu a se-la base das operacións dos piratas do Mediterráneo oriental. Candia era célebre polo seu mercado de escravos, o principal de Oriente. Os bizantinos tentaron sen éxito recupera-la illa e no ano 961 conségueno.

Segundo Período Bizantino (961 - 1209/10)

Unha viaxe no tempo e no espacio IV. Creta IV.2. Historia

Atenas

Creta

Envíanse colonos a Creta e concédeselles grandes territorios e autoridade política. Converteranse na nova aristocracia cretense que desempeñará despois o primeiro posto nas loitas contra os venecianos.

Conquista Veneciana (1212 - 1669 ) O Imperio Bizantino foi en gran parte conquistado polos Cruzados e os seus territorios foron repartidos entre os seus xefes. Creta foi dada a Bonifacio de Monferrat e este vendeulla ós venecianos. A capital segue sendo «Chandakas» pero agora cambia o seu nome polo de CANDIA. Tras varios intentos de rebelión, conquistados e conquistadores atoparon a maneira de entenderse e finalmente únense todos para levar a cabo unha revolución contra a mesma metrópole, Venecia. Creta proclámase autónoma. De novo comezan as loitas e traen a ruína a illa pois Venecia manda o seu exército que extermina ós revolucionarios e queima bosques e sementados. Pero despois da conquista de Constantinopla polos turcos (1453 ), os cretenses vendo o perigo que se lles viña enriba volveron a reconciliarse con Venecia e a manter boas relacións. Comeza unha etapa de gran esplendor cultural e artístico. Unha das maiores influencias dos venecianos en Creta e da que quedan pegadas en toda a illa foron as obras de fortificación e portos que se levaron a cabo, por exemplo: - A impoñente "fortezza" de Rethimno, destinada a protexer dentro dela a cidade enteira. - Os preciosos portos de Rethimno e Janiá - As bonitas fontes monumentais como a "fontana Rimondi" en Rethimno - Os edificios públicos como as "loggias" de Rethimno e Iraklio.

A Turcocracia (1669 - 1898) Durante os dous últimos séculos da Dominación Veneciana, Creta atopouse continuamente ameazada polos Turcos. Despois dun asedio de 21 anos conquistan Candia. Os cretenses sofren torturas, asasinatos e islamización obrigatoria. anizada contra o novo conquistador. Non tardou en empezar de novo a resistencia org organizada A revolución do resto de Grecia contra os turcos no ano 1821 atopou a Creta preparada para loitar pola súa liberdade. Firmouse un tratado en Londres que concede a Grecia a súa independencia dos turcos mais deixan fora do tratado a Creta. Os cretenses seguen loitando esperando agora a axuda

61


´ do estado grego e das grandes potencias europeas.

Unha viaxe no tempo e no espacio IV. Creta IV.2. Historia

Unha nova sublevación no ano 1895 acompañada dunha matanza de cristiáns provoca a intervención do Estado grego e a declaración da Guerra entre Grecia e Turquía no ano 1897 1897. As potencias europeas vense obrigadas a intervir e obrigan ó goberno turco a retirar de Creta ata o último soldado.

Época Moderna En 1898 créase un estado cretense independente que non responde as aspiracións do pobo que o que querían era formar parte do Estado Grego. enizelos no ano 1905 De novo o conseguen mediante unha revolución: a revolta de V Venizelos 1905. Moitas veces proclámase a unión de Creta a Grecia pero as potencias europeas néganse. E. Venizelos, gran político cretense que chega a ser o Primeiro Ministro de Grecia, consegue que Creta forme parte do Estado Grego en 1912 Tamén os turcos deixaron pegadas que chegaron ata os noso días: - Calexas estreitas e casaa con patios pechados - Restos de minaretes e mesquitas - Inscricións árabes nas rúas e edificios - Fontes con inscricións do Corán

Atenas

Creta

Pero os problemas non acabaron para esta atormentada illa. A súa importancia estratéxica pola súa situación no Mediterráneo fíxoa un lugar desexable para os nazis alemáns e italianos na Segunda Guerra mundial. mundial Os nazis efectúan un ataque aéreo en maio de 1941 1941. Incapaces de desenvolverse nun medio tan agreste como as montañas cretenses. conseguiron a victoria despois de moito esforzo. Como represalia causaron auténticas matanzas, asasinando para que servise de exemplo a pobos enteiros sen reparar en se eran vellos, mulleres ou nenos. A ocupación alemana de Creta durou catro anos e os cretenses volveron a organizar unha resistencia armada con bases nas montañas que esixiu terribles sacrificios ó pobo pobo. Aínda poden verse nas prazas de moitos pobos estelas que recordan ós heroes que morreron a más dos alemáns . Por fin, co fin da Guerra comeza un largo período de paz, pero a dura historia dos cretenses deixou unha marca indeleble neste pobo, infatigable defensor da súa relixión, da súa lingua, en definitiva, da súa liberdade.

62


IV. 3. Iraklio /

HRAKLEIO

Capital de Creta dende o ano 1971 ten unha poboación de 125.000 habitantes, é a quinta cidade de Grecia e a que conta coa maior renda per cápita. Os puntos mais interesantes de Iraklio , ademais do importante Museo Arqueolóxico e as ruínas minoicas de Cnossós, son de época veneciana. As Murallas da cidade, do século XV, no seu día as máis soberbias do mundo mediterráneo, teñen unha lonxitude de catro Km. e hai zonas onde o grosor é de 29 m. Por iso permitiron ós venecianos resistir o asedio dos turcos durante 21 anos no século XVII.

Unha viaxe no tempo e no espacio IV. Creta IV.3. Iraklio

Na Rúa 1886 1886, atópase o mercado de froitas, aberto só polas mañás, e con multitude de baratas tabernas moi frecuentadas por turistas e gregos. Ó final desta nutritiva rúa chegamos a toma-la sobremesa (unha deliciosa «bugatsa», pastel recheo de crema ) e o café a Praza de Venizelos osini enizelos, coa bonita Fonte Mor Morosini osini, do século XVII cos seus leóns de mármore. Nun lado da praza atópase a fermosa «Loggia» veneciana, tamén do século XVII.

Museo Arqueolóxico Alberga os achados dos principais lugares arqueolóxicos de Creta, como Cnossós, Festós, Malia, Gortina, Agia Triada, Zacros, de numerosas tumbas e das covas de Kamarés, Ida e Dikti. En ningún outro lugar está tan ben representada a arte minoica. Esto o fai único no seu xénero e coñecido en todo o mundo.

Sala IV. Civilización Minoica Paleopalacial 1900-1700 aC Vitrina 23. Cerámica de Kamarés Decorada con figuras xeométricas en vermello e blanco sobre fondo negro. O seu nome procede do pobo de Kamarés, onde está a cova foron descubertas. Algunhas pezas teñen unhas paredes tan finas (uns poucos milímetros de grosor), que esta cerámica é tamén coñecida co nome de « cáscara de ovo».

Vitrina 25 O "Mosaico da cidade" Constituído por plaquetas de louza que probablemente formaban parte da decoración dun cofre de madeira. Representan fachadas de casa de dous ou tres pisos con vidros nas ventás e tellado plano. Móstranse tamén taboíñas de terracota en Lineal A.

Vitrina 29 Cerámica de Kamarés.

63


´

Sala III.Civilización Minoica Paleopalacial. Festós (1900-1700 aC) Unha viaxe no tempo e no espacio IV. Creta IV.3. Iraklio

Vitrina 34 Vasos dos mais fermosos pola súa forma, deseño e colorido.

Vitrina 41. Disco de Festós De terracota. Ten 45 carácteres xeroglíficos gravados nas dúas caras en disposición espiral desde fora cara ó centro. O contido do texto descoñécese aínda.

Vitrina 43 Admirables vasos, sen dúbida para a mesa do rei.

Sala IV. Civilización Minoica Neopalacial Cnossós, Festós, Maliá (1700-1450) Vitrina 50. Deusa das serpes Sostén unha serpe en cada man e viste o traxe ritual minoico que deixaba os peitos ó descuberto.

Vitrina 51. Ritón É unha vasilla ritual para facer libacións nas cerimonias relixiosas. É de esteatita en forma de cabeza de touro. O ollo é de cristal de rocha e xaspe e a mucosa do fouciño de nácara. Os cornos debían ser de madeira dourada e probablemente reflectisen ó ritual de forrar de ouro ós cornos dos touros nas cerimonias relixiosas. Está oco no seu interior cun orificio no colo por onde introducían o líquido (tal vez o sangue do touro sacrificado) que se vertía no momento de facer a libación por outro buraco que hai no fouciño.

Vitrina 57. Xadrez

64

Feito con materiais nobres (marfil, cristal, mineral, louza e lapislázuli) procedente do palacio de Cnossós.


Sala V. Etapa avanzada e final dos Novos Palacios . Cnossós (1450-1380 aC) Palacios. Vitrina 67. Ánfora de tres asas Do chamado «estilo palacial»: decoración naturalista, especialmente animais mariños: polbos, estrelas de mar, ourizos... Tamén paxaros e flores.

Vitrina 69. Lineal A

Unha viaxe no tempo e no espacio IV. Creta IV.3. Iraklio

Taboíñas e outros obxectos con inscricións en Lineal A A. O Lineal A evoluciona na fase micénica dos palacios a Lineal B, o sistema de escritura dos agora si falantes de lingua grega, os gregos micénicos. O Lineal B consiste nun sistema de escritura formado por un silabario. Ó outro lado da vitrina hai taboíñas en Lineal B con catálogo de persoas, animais, produccións agrícolas, armas e outros obxectos de palacio.

Vitrina 70. Reproducción en terracota dunha casa minoica Exemplar único polos seus detalles da arquitectura minoica: ventás, entrada coa columna, a bufarda, sala sostida por columnas, balcón, escaleira e pérgola do tellado.

Sala Novos e

VI. Civilización dos Palacios Post- Palaciales (1380-1200 aC)

Vitrina 78. Casco con dentes de xabaríl Os dentes están cosidos sobre pel. Casco micénico tal como os que describe Homero.

Vitrina 88. Xoias Fermosas xoias de distintos cemiterios. Anel real en ouro con escena de deusa que descende do ceo mentres a invocan sacerdotisas cos brazos en alto.

Sala VII. Civilización Minoica: vilas e covas (1700-1450 aC) Vitrina 94. Ritón dos segadores En esteatita negra. A súa decoración en relevo presenta a unha comitiva de homes que volven da sega coas súas ferramentas no ombro.

65


´ Vitrina 101. Obxectos e xoias de ouro

Unha viaxe no tempo e no espacio

Pendente con dúas abellas que liban mel nun panal. Machados dobres votivas en ouro.

IV. Creta IV.3. Iraklio

Sala VIII. Civilización minoica do Palacio de Zakros (1600-1450 aC) Vitrina 109. Vaso de cristal natural Precioso vaso de cristal mineral mineral. En torno ó colo ten un anel formado por fragmentos de cristal mineral unidos por láminas de marfil recubertas de ouro. Ó asa componse de contas de cristal engarzadas en arame de bronce recuberto de ouro. Actualmente verdoso pola oxidación.

Sala IX. Civilización minoica dos Novos palacios de Creta oriental (1700-1450 aC) Vitrina 128. Selos Admirables exemplos de selos con escenas de animais, animais flores, divindades... Feitos na súa maioría de pedras preciosas.

Sala XIII. Sarcófagos minoicos Colocábanse ós mortos no seu interior coas pernas dobradas. Os hai de dous tipos: en forma de cofre ou caixa con catro patas e tapa ou en forma de bañeira. Os motivos ornamentais pintados na súa superficie son o ben pertencentes a natureza (flores, polbos, peixes) ou ben teñen un carácter ritual (dobre machado, cornos sagrados etc.)

Sala XIV. Frescos (1600-1380 aC) As paredes dos pazos decorábanse con frescos. Son de cores intensas: branco, amarelo, azul, vermello e negro, fuxindo de tons suaves e grisáceos. A súa fonte de inspiración é a natureza aínda que tamén se representan figuras humanas. Nestas obsérvase a influencia da arte exipcia porque se combinan as perspectivas: corpo, ollo de fronte, cabeza, pernas e pés de perfil.

66


Lado Norte da sala, de esquerda a dereita Fresco da «procesión»

Unha viaxe no tempo e no espacio

Procede de Cnossós. Componse de 360 figuras (moi poucas salváronse). Mozos que sosteñen xerras nas más avanzan dende direccións opostas hacia o centro, onde se atopa unha raíña, princesa ou sacerdotisa.

IV. Creta IV.3. Iraklio

Grifo entre flores de papiro Decoraba a Sala do trono do palacio.

Fresco do gato Un gato montés avanza sixilosamente entre unha tupida vexetación para atrapar un paxaro pousado nunha rocha.

Lado Sur da sala de dereita a esquerda Grandes escudos en forma de oito. Facíanse de peles de touro cosidas

Príncipe dos lirios. Leva unha coroa de lirios e plumas de pavo real. Tradicionalmente, dicíase que era unha representación do mítico rei Minos. Atopábase ó final do Corredor da Procesión do pazo.

Fresco das «mulleres en azul»

As cabezas puideron recompoñerse baseándose noutros frescos e partindo de fragmentos moi pequenos.

67


´ Fresco das perdices

Unha viaxe no tempo e no espacio

Procede do "Albergue de camiñantes" ou sala para viaxeiros. Entre as perdices representouse tamén unha bubela.

IV. Creta IV.3. Iraklio

A «Tauromaquia» Representa unha proba atlética na que participaban tanto homes (cor vermella) coma mulleres (cor branco). O fresco representa as diferentes fases da proba: os atletas collen o touro polos cornos, saltan sobre o seu lombo e caen de pé en terra por detrás do animal.

Vitrina 177. Sarcófago en pedra de Agia Triada Nun dos lados represéntase un sacrificio dun touro en honor do rei morto.O touro está atado encima da mesa. Un músico toca a frauta e dirixe unha procesión de mulleres. No lado oposto unha sacerdotisa ou raíña con coroa, quizais a viúva, leva cántaros cheos do sangue do sacrificio para darllos a outra sacerdotisa ante ela que os baleira entre dous machados dobres. As acompaña un músico cunha lira.

Sala XV. Frescos (1600-1380 aC) Fresco da «parisina» É un dos mais famosos. Foi chamado así polos obreiros que a descubriron polo seu parecido coa moda de certas damiselas do París do momento. Considerada como a mellor representación da feminidade minoica, os simples trazos da súa silueta (un enorme ollo frontal, o nariz afiado, os beizos pintados) produciron un dos rostros máis atractivos da pintura primitiva.

Sala XVI. Frescos (1600-1380 aC) Na parede Oeste destaca a «recadadora de azafrán» Na parede Este tres grupos procedentes da «casa dos frescos» en Cnossós:

O «paxaro azul» nunha paisaxe rochosa

68

O «mono azul» nunha paisaxe similar. papiros. Monos entre azafranes e papiros


IV .4. Preveli IV.4.1. Mosteiro de Preveli Na costa Sur, situado nun alto e cunhas impoñentes vistas sobre o mar atópase o Mosteiro de Preveli. Actualmente só viven alí dous monxes. Pola súa situación estratéxica foi refuxio e centro dos movementos revolucionarios. Alí refuxiáronse ós soldados aliados cando Creta foi invadida polos alemáns. Os monxes agacharon ós soldados no Mosteiro mentres chegaban os submarinos á praia que hai debaixo do Mosteiro para recollelos. Na Igrexa consérvanse fermosos iconos bizantinos. No seu Museo ten un anaco da Cruz.

Unha viaxe no tempo e no espacio IV. Creta IV.4. Preveli

Moni Preveli

Kato Preveli

IV.4.2. Praia de Preveli Dende o Mosteiro un abrupto sendeiro chega ata a fermosísima praia de Preveli. O esforzo merece realmente a pena. É unha praia soberbia formada na desembocadura dun río que baixa dunha gorxa e forma un brazo de area entre o mar e o río. A garganta chea de palmeiras merece o esforzo de meterse uns metros entre as montañas.

69


´

Unha viaxe no tempo e no espacio

IV. 5. Pazo de Cnossós Salón do trono Habitacións reais

IV. Creta IV.5. Knossós

Escaleira do andar superior

Corredor da procesión

Grande escaleira

Cnossós no 1700 antes da nosa era

Labyrinthus hic habitat minotaurus

70

No ano 1893 o inglés Arthur Evans viaxou a Grecia e atopou nuns anticuarios de Atenas unhas pedras antigas gravadas con signos xeroglíficos procedentes de Creta. É a primeira revelación da escritura minoica. Evans decidiu escavar en Cnossós. Pagou do seu peto os terreos e descubriu o extraordinario pazo do Rei Minos. Dende o primeiro momento presentouse a necesidade da conservación e reparación dos monumentos que se descubrían. Determinados lugares do pazo foron restaurados e naqueles traballos utilizouse o formigón armado. Tamén en determinados puntos colocáronse copias dos frescos que se atoparan. Este modo de restaurar foi moi criticado e algunhas das conclusións ás que chegou o investigador inglés rebatéronse. Mais Evans debe ser admirado pola súa intuición e a el debémoslle basicamente o descubrimento do marabilloso mundo minoico. O pazo está construído sobre un cerro. Este lugar xa estivera ocupado na época neolítica (6000 a C.). O

primeiro pazo data do 2.000 a C. e foi destruído no 1700 a C. É a época chamada paleo-palacial ou a dos pazos antigos. Sobre as ruínas deste construíuse un segundo pazo máis grande co precedente. Estamos na época neo palacial. Os minoicos convértense en señores do mar e a civilización minoica alcanza o seu maior desenvolvemento . Esta época durou ata o 1450 a C., momento no que tivo lugar unha nova destrucción, probablemente provocada pola explosión do volcán da illa de Santorini. O pazo foi novamente reconstruído, pero os gregos micénicos aproveitaron para apropiarse da illa e utilizaron o pazo ata a súa destrucción final. É a época chamada postpalacial. Antes de iniciar o seu percorrido temos que ter en conta as características principais destes pazos. Non eran unicamente a residencia real, senón auténticos complexos que rexían a vida económica, relixiosa e administrativa da zona sobre a que estendían a súa influencia. Polo tanto non estaba a residencia real, tamén

contaban con alma-céns e talleres, santuarios, vivendas dos funcionarios que traballaban alí, arquivos... A súa planta era labiríntica. A partir dun patio central que estructura o conxunto, enga-díanse dependencias conforme aumentaban as necesidades sen seguir ningún plan preconcibido. Na época de maior apoxeo chegou a alcanzar unha extensión de uns 22.000 m² , con unhas 1500 habitacións, alturas de a veces ata sete pisos (dos pisos superiores non se conserva practicamente nada, pois estaban construídos en materiais lixeiros para soportar os frecuentes terremotos) e a súa poboación alcanzou cerca dos 100.000 habitantes. Constituía un extraordinario conxunto de edificios separados por terrazas, escaleiras e patios. É fácil comprender a lenda do labirinto mandado construír a Dédalo polo rei Minos para encerrar o Minotauro. O pazo non está rodeado por murallas nin presenta ningún tipo de sistema defensiva, sinal de que non o necesitaban. Buscábase a habitabilidade unida ó luxo. As


neste patio. Seguimos polo Corredor da Procesión (4) (4), que toma o seu nome polo gran fresco atopado aquí e que representa a mozos de ambos sexos, case de tamaño natural, levando regalos a unha figura feminina. Dende este corredor vaise ós Propileos Sur (9) (9), no primeiro piso, restaurado por Evans. Aquí atopamos os cornos sagrados. Os muros estaban decorados con fresco que probablemente eran a continuación do fresco da procesión.

O pazo de Cnossós desde o oeste

habitacións eran amplas e luminosas en íntimo contacto coa natureza. Estaban decoradas con frescos e daban a corredores e patios internos que proporcionaban ventilación e luz natural. Algunhas insonorizábanse cunha dobre parede. Posuían auga corrente cun complexo sistema de canalizacións cun conducto para o abastecemento de auga potable que viña do monte, outro para a recollida de auga de chuvia e un terceiro para a evacuación das augas residuais. As canalizacións eran de arxila con xuntas de cerámica. Nunca utilizaban as liñas curvas e o arco. O elemento arquitectónico máis característico é a típica columna cretense cun fuste de madeira de ciprés mais ancho arriba que embaixo e capitel e basa en pedra. Eran bico-lores ( roxo e negro ) Entremos agora no pazo. O patio central divide o complexo en dous alas : ALA OCCIDENTAL : santuarios e estancias oficiais estatais . ALA ORIENTAL : vivendas e talleres.

Ala occidental

A

Entramos polo ala Oeste e atopamos o Patio Occidental (1) (1). Está enlousado. Ten dous Altares e tres enormes cavidades de forma cirzos (3) onde cular. eran os Po Pozos

Unha viaxe no tempo e no espacio IV.IV. Creta Creta IV.5. IV.5. Knossós Knossós

Unha Gran Escaleira (10) aberta conduce ó primeiro piso onde se atopan as estancias oficiais do Santuario cunhas magníficas vistas da rexión. Desde aquí poden verse os chamados Almacéns Occidentais (22) (22). As grandes vasillas, pithoi, que vemos empregábanse para a almace-

Labyrinthus hic habitat minotaurus

se rompían os vasos empregados nas cerimonias e que contiñan as ofrendas. Continuamos cara ó palacio polo Propileo Oeste (3) (3), espacio con columnas no centro. O muro estaba adornado cunha grande escena tauromáquica. Na parte sur atópanse duas habitacións. A pequena utilizábase como portería e a segunda, de maior tamaño quizais para que o rei asistise dende alí as cerimonias que se celebraban

naxe de aceite e viño. Algunhas tiñan tamén restos de cereais. Tamén había depósitos subterráneos, revestidos de láminas de bronce, que se utilizaban como caixa forte ou depósito de tesouros e tamén como depósito de líquidos. As habitacións (19 parte superior) foron restauradas tendo coma guía básica os muros do piso baixo. Aquí foron colocadas copias dos fresco que se atoparon en distintas partes do pazo : fres-

71


´ cos da «Tauromaquia «, das «Damas azuis»...

Unha viaxe no tempo e no espacio

Por unha escaleira descendemos ó piso baixo, á Antecámara (18) do Salón do Trono (19) aberta ó Patio central (12) (12). No centro da habitación hai un cunco que se utilizaba, segundo Evans, para purificarse. A esquerda e dereita hai bancos de pedra, e no lado norte, no espacio baleiro existente entre eles atopáronse restos calcinados dun asento de madeira. Por esta razón colocouse aquí un trono de madeira copia do da habitación contigua. O Presidente do tribunal Internacional da Haya séntase nun asento copia deste trono, xa que Minos foi o primeiro xuíz Ala occidental A do mundo. A antecámara leva (19). que ó Salón do Trono (19) tomou o seu nome do pequeno trono de mármore conservado íntegro e no mesmo lugar onde o vemos hoxe.Moi probablemente o rei sentábase neste trono e os sacerdotes ou altos funcionarios ó seu redor nos bancos. As paredes do salón do trono estaban decoradas con grifos entre plantas, animal mitolóxico que reflicten o poder real: - Cabeza de aguia: poder aéreo - Corpo de león: poder terreal - Cola de serpe: poder subterráneo. Saímos ó Patio Central (12) (12), principal característica do pazo minoico. Ó seu redor levántanse as distintas partes do pazo. Probablemente aquí realizábanse cerimonias e festas. Estaba enlousado aínda que a penas quedan restos do pavimento. Nun canto do Patio poden verse restos do sistema de desaugue. Canles de pedra conducen a auga de chuvia a un canle central.

72

A esquerda da Gran (17), da que só Escalinata (17)

se conservaron catro chanzos, está a fachada do chamado Santuario Tripartirto (1316) 16). Ó sur, algúns chanzos conducen a unha antesala cun banco de pedra onde se ven claramente as pegadas do incendio da catástrofe final. A primeira habitación que se atopa a dereita da antesala é coñecida coma Habitación da gran xerra (15) (15). Aquí atópase unha fermosa vasilla intacta e tal como apareceu.O

res mellor conservados do pazo. Esta escaleira constituía ó acceso oficial ás dependencias reais. Os muros dos miradoiros da escaleira estaban cubertos con frescos. Na parede vemos unha copia do «Fresco dos Escudos». Por unha porta no lado Sur do miradoiro chegamos a unha sala con baño. Dende aquí pode verse parte do sistema de aprovisionamento de auga e un sumidoiro con canles de

lado, a esquerda, están os os Sa grados (16) Tesouros Sag (16). En Tesour dúas cavidades construídas baixo o solo atopáronse as « deusas das serpes «.

barro. Na parte norte encima dun parapeto ainda álzanse dous pares de cornos sagrados e o seu lado estatuíñas de barro de unha deusa cos brazos levantados e adoradores.

Nas Criptas con piares occidentais (14) está gravado frecuentemente o machado dobre.O redor de cada piar había cuncos de pedra octogonais para ofrendas ou sacrificios de animais. O lado da Casa de Rea ou do Templo grego (11) está a estancia da bañeira de barro, dentro da cal atopáronse taboíñas con escritura en Lineal B. No lado sur do Patio estaba o final do Corredor da procesión. Por aquí atopáronse os restos do fresco do Príncipe dos Lirios (8)

Ala leste B Tiña catro pisos ademais do baixo que se comunicaban entre si pola Gran Escaleira (31) (31), un dos luga-

Dende o balcón dos escudos a escaleira baixa ó piso baixo. Agora podemos ver a pequena stoa (galería con columnas) que rodea ó sistema de iluminación e ventilación central que dende arriba ilumina todo os pisos e proporciona luz indirecta e aire a todos os pisos. Seguimos polo corredor e entramos na Sala dos dobres machados (32) e o Mégaron do Rei (33) (33). As dúas bufardas a ambos lados da sala están baseados nun sistema de ventilación natural vertical que asegura a circulación do aire entre eles. Nas lousas, todas do mesmo tamaño, da bufarda occidental aparece esculpida en moitos lugares o dobre machado. Este é un dos lugares mais maxestosos do pazo coa triple


porta múltiple que a cerra polos lados e o seu pórtico columnado exterior. Por unha pequena porta e atravesando un corredor con ángulo chegamos ó Mégaron da Raíña (34) (34). Algunhas partes do solo levantáronse para que apareza ó enlousado antigo, que se construíu en diferentes períodos cronolóxicos. O de nivel mais baixo é de pedra non

estaba o retrete. Na parede hai unha incisión onde estaba instalado ó asento de madeira do que quedaron resto calcinados.Por suposto na parte interior do muro había unha cisterna.. Na pequena estancia ó comezo do corredor, con porta de madeira, atopáronse restos de obxectos precioso, é a Sala do Tesouro Tesouro.Continuando polo corredor chegamos de

(49) (49), as maiores de cantas se atoparon ata agora. Baixamos pola escaleira chegando ó Bastión do Leste (44) (44). Aquí podemos ver a outra parte do sistema de desaguadoiro. A auga de chuvia chegaba por unha forte pendente dende os niveis superiores ata ó piso baixo . Ó chegar aquí viría con moita forza e sairíase nas curvas. Para evitar isto, ó lado dos chanzos da escaleira o canle continúa realizando curvas parabólicas de forma que chega ós ángulos con moita menos forza.

Unha viaxe no tempo e no espacio IV. Creta IV.5. Knossós

Volvemos fronte o almacén das xerras e continuando o ascenso pola esca-leira chegamos ó Corredor do Xadrez (50) (50), que recibe ó seu nome polo xogo atopado aquí.

traballada, o do medio, é de placas irregulares, e finalmente o superior é de lousas tetragonais talladas de alabastrita. Na parede oriental hai un fresco con golfiños, peixes e ourizos de mar. Noutro fresco, en unha pilastra do muro, unha moza baila e conforme xira o seu cabelo flota no aire. Ó Oeste está o Baño da Raíña (34) (34). A bañeira foi montada unindo todas as pezas e é coma todas pequena e de asento.Os muros do pequeno corredor e a parte inferior das paredes estaban forradas con grandes placas de alabastrita.O pequeno fresco que aparece aquí é o orixinal pero non se conservaron moi ben as cores. A columna está restaurada e recorda ós patróns exipcios, con capiteis que imitan as tallos de loto. Ó Oeste está o Tocador (35) (35). O banco que hai na parede sur se empregaba para depositar obxectos de tocador. Na pequena habitación ó leste

novo ó piso baixo da Gran Escaleira, e tomando o corredor situado fronte ao Santuario dos Machados dobres (38) chegaremos ós obradoiros. As pegadas do incendio son evidentes neste lugar. Un pouco mais alá está o Obradoiro dos Canteiros (46) (46). Alí traballábase o basalto, unha pedra verdosa ou avermellado con cristais amarelos que se importaba do Peloponeso. Nalgunhas pedras pódese comprobar o traballo a medio rematar pola repentina catástrofe. Inmediatamente despois temos unha reducida estancia coñecida có nome de Taller do Ceramista (o alfar) (47) e máis adiante chegamos ó Patio con entrada de Pedra (48) dende o cal un largo canle de pedra conducía a auga de chuvia a un pozo cego, cuberto na actualidade cunha reixa de ferro. De fronte está o Almacén das xerras xigantes

Continuamos cara a Entrada Norte D. Dos dous bastións que franqueaban a entrada foi restaurado o Bastión Occidental (25) (25), onde se colocou a copia do fresco que representa a captura do touro salvaxe. Ó lado do animal, cansado e arquexante pola persecución, existe unha oliveira en baixorrelevo. Descendemos pola Rampla . Ós lados, sobre o pavimento hai esculpidos símbolos de tridentes. Ó corredor remata nunha gran sala chamada por Evans a Aduana (taSala mén chamada hipóstila hipóstila) (27) con dous columnas e oito piares de alabastrita. Á es-querda e nun nivel mais alto atópase a Entrada Noroeste (25) (25)do palacio bordeada dun estanque expurgatorio.. Seguindo cara o Oeste chegamos ó Teatro (26) (26). Duas travesías enlousadas van para mais abaixo ó Camiño Real , a vía mais antiga de Europa. O pavimento consérvase bastante ben, así como os reguei-ros para a auga de chuvia a ambos lados.

73


´

Unha viaxe no tempo e no espacio V. Delfos V.1. Recintos arqueolóxicos

V. Delfos

Ó pe do monte Parnaso, onde segundo a mitoloxía reuníanse Apolo e as musas, dominando o val do Pleistos atópase Delfos, capital relixiosa da antiga Grecia. Segundo a mitoloxía Apolo chegou a Delfos dende a illa de Delos. Nada máis chegar, matou a serpe Pitón que custodiaba un oráculo dedicado a Xea (Gh’ «Terra») e ocupou o seu posto. Delfos convertese así nun importante santuario panhelénico. Os gregos, profundamente relixiosos, consideraban que Delfos era «o embigo do mundo». A súa fama debíase a que nel atopábase o famoso oráculo de Apolo, deus da adiviñación e das artes. O templo estaba atendido por unha sacerdotisa de Apolo: a Pitia ou Pitonisa. Cando o deus era consultado era púñase en transo e era a «médium» pola que falaba o deus. A influencia do oráculo foi importantísima na antigüidade, non se tomaba ningunha decisión política de importancia sen consultar antes á Pitonisa. A linguaxe dos oráculos era enigmática e de difícil interpretación. O historiador Heródoto recolle algúns oráculos famosos como estes: - Cando Creso, o ambicioso rei de Lidia, consultoulle ó deus sobre as súas posibilidades de eso uzar o río Halis uirá un ggran ran imperio. Cr eso invadir Persia a resposta foi: Cr Creso eso,, tras cr cruzar Halis,, destr destruirá Creso inter pr etou o oráculo de ffor or ma er rónea e atacou Per sia temerariamente; o facelo non destr uíu o interpr pretou orma errónea Persia destruíu Imperio Per sa, senón o seu pr opio imperio de Lidia. Persa, propio - Cando Filipo de Macedonia, pai de Alexandre magno, consultou acerca de como vencer ós seus adversarios a resposta foi: Loita con lanzas de prata e conquistarás tódalas cousas. Filipo interpretou correctamente o oráculo e en vez de atacar coas armas dominou ós seus adversarios co suborno.

V.1. Recintos arqueolóxicos V.1.1. Zona do santuario Antes de entrar ó santuario os peregrinos purificábanse na fonte de Castalia. A subida ó santuario era pola vía Sacra, e as súas beiras atopábanse os distintos tesouros dedicados Apolo polas polis. Os máis importantes son:

O tesouro dos atenienses

74

É un dos edificios mellor conservados, reconstruído a principios deste século. De estilo dórico, con dúas columnas na fachada principal, está construído en mármore de Paros. As súas metopas representaban os traballos de Heracles e Teseo. Era conmemorativo da victoria de Maratón sobre os persas. Nos seus muros consérvanse inscricións en honor dos vencedores e himnos a Apolo.


Unha viaxe no tempo e no espacio

Santuario de Apolo 1a. Ágora romana 1. Touro de Córcira 2. Ofrenda dos arcadios 3. Base da estatua de Philopoimeno 4. Base helenística 5. Ofrenda dos lacedemonios 6. Cabalo dórico 6a. Posible emprazamento da ofrenda lacedemonia 7. Ofrenda ateniense 8. Ofrenda de Argos 9. Hemiciclo ofrenda de Argos 10. Nicho 11, 12, 13. Nichos 14. Exvoto de Tarento 15. Tesouro de Syción

16. Tesouro de Sifnos 17. Tesouro de Megara 18. Tesouro de Siracusa 19. Tesouro de Cnido 20. "Tesouro eólico" 21. Exvoto etolio 22. Tesouro de Tebas 23. Tesouro de Beocia 24. Tesouro de Potidea 25. Tesouro dos atenienses 26. Bouleterio 27. Tesouro arcaico 28. Pedra da Sibila 29. Pedra de Letó 30. Esfinxe de Naxos 31. Stoa dos atenienses 32. Tesouro de Corinto 33. Tesouro de Cirene

34. Pritaneo de Delfos 35. Tesouro de Brasidas 36. Trípode de Platea 37. Ofrenda de Rodas 38. Altar de Quios 39. Estatua de Paulo-Emilio 40. Estatua de Aplo Sitalcas 41. Trípode dos Deinoménidos 42. Tesouro arcaico 43. Estatua de Eumenes II 44. Estatua de Atalo I 45. Stoa de Atalo II 46. Columna das bailarinas 47. Ofrenda de Daocos II 48. Leské de Cnido 49. Templo de Apolo 50. Ofrenda de Crátero 51. Teatro 52 Stoa dos etolios

75


´

Unha viaxe no tempo e no espacio V. Delfos V.1. Recintos arqueolóxicos

O tesouro dos sifnios Era unha das xoias do santuario construído cara ó 525 a.C. Nun dos seus frontóns presentábase a disputa de Heracles e Apolo polo trípode sagrado, accesorio do oráculo da Pitia. Nos seus frisos representábanse a procesión dos carros, o xuízo de Paris, a xigantomaquia, un consello dos deuses e un dó entre heroes. No último tramo da vía Sacra hai outro tipo de edificacións: - O Bouleterion: Onde se reunían os responsables da administración e goberno do santuario - Roca da Sibila ou Pitia: Onde se consultaban os oráculos da primitiva Sibila - Esfinxe dos habitantes da illa de Naxos, que se atopa no museo. - Stoa dos atenienses. - Muro poligonal que servía de arquivo de documentos públicos e privados. - Trípode de ouro de Platea, ofrenda dos gregos que venceron nesta batalla contra os persas. - Altar de Apolo, que servía de entrada ó templo.

O Gran Templo de Apolo De orde dórico, pasou por diferentes fases de destruccións e reconstruccións. Nos seus muros exteriores, atopábanse inscricións coma «Sé sensato», equivalente ó «Coñécete a ti mesmo» de Sócrates. O interior do templo constaba de un áditon que era a parte máis intima e consistía nunha cámara subterránea onde os peregrinos consultaban o oráculo. Este áditon constaba de un oikos e un antron, onde só podía entrar a pitia.

O teatro Estaba dedicado a Dioniso, divindade contraposta a Apolo. Nel representábanse obras dramáticas e líricas. A escena non se conserva pero quizais estivo decorada na época romana cun friso que representaba as fazañas de Heracles. As gradas e a orquestra son helenísticas e romanas.

O estadio

76

Está construído no século IV a. C., pero as gradas foron modificadas máis tarde por Herodes Ático como ofrenda. A pista mide 178 metros. Consérvanse as saídas para as carreiras de cuadrigas.


V.1.2. Zona inferior Templo de Atenea Pronaia Edificio de orde dórico consagrado a Atenea no século VI a. C. Ó lado deste templo atópanse diversos altares dedicados a Atenea e Zeus, segundo amosan unhas inscricións do século V a. C.

Unha viaxe no tempo e no espacio

Tholos É da segunda metade do século V, pero xa se ven nel as características propias do helenismo, coma a súa planta circular e a súa gran esvelteza conseguida pola altura das columnas. O exterior estaba rodeado por unha columnata dórica e no interior tiña unha segunda columnata en orde corintio.

O ximnasio Estaba ligado ó culto, xa que alí se preparaban os participantes dos Xogos Píticos, que se celebraban en Delfos cada dous anos.

A palestra Estaba na terraza inferior e inicialmente destinábase ó adestramento na loita. Máis lonxe atopábase o lutron ou baño. Na terraza superior había unha pista cuberta para adestrar cando facía mal tempo. Na parede do fondo había inscricións pintadas que que designaban as prazas destinadas ós atletas.

Santuario de Atenea Pronaia 1-2 Edificios rectangulares 2a. Altar 2b-c. Altares 3. Temprlo de Atenea Pronaia 4. Tesouro dórico 5. Tesouro de Marsella

6. Tholos 7. Templo novo de Atenea Pronaia 8. "Habitacións dos sacerdotes"

77


´

V.2. Museo de Delfos

Unha viaxe no tempo e no espacio V. Delfos V.2. Museo

Sala 1 Ómfalos 8194 Trípode 9467 Placas 2544

Sala 2 Soporte 5733 Escudo 7226 Escudo 7227

Sala 3 Esfinxe de Naxos 380 Cariátide Sifnos 9929 Frontón Sifnos Friso Sifnos

Sala 4 Cleobis e Bitón 1524 467 Metopas 1210-1322

Sala 5 Touro Apolo 10913

Sala 6 Himnos Metopas do Tesouro

Sala 7-8 Frontón do templo de Apolo

Sala 9 Estela 2161

Sala 10 Friso do Tholos

Sala 11 Estatuas de Daoco Bailarinas

Sala 12 Auriga Kylix 8140

78

Sala 13 Antínoo


Sala 1 Ómfalos de mármore Atopouse diante do templo de Apolo. É a copia fiel dun primitivo que estaba no interior do templo a carón do trípode e o loureiro sagrado. Está recuberto dunha rede la gorda que no ómfalos primitivo levaba pedras preciosas nos ocos. No burato da parte superior había un burato que sostiña o soporte onde se atopaban dúas aguias de ouro: o ómfalos marcaba o punto central do universo onde se atopaban as dúas aguias de Zeus.

Trípode nº 9467

Unha viaxe no tempo e no espacio V. Delfos V.2. Museo

Os seus pes de bronce tiñan pezuños de touro. Enriba ten un caldeiro de bronce. É do s. VII a. C. e constitúe a ofrenda máis común do santuario nos s. VIII e VII. Recorda o trípode co cal oficiaba a Pitia.

Placas de mármore nº 2544 Representan os traballos de Heracles: os paxaros de Estinfalo, o cabalo de Diomedes, Xerión, unha amazona, Antea, a Hidra de Lerna e un Centauro.

Sala 2 (Sala dos escudos) Soporte en mármore nº 5733 Constituído por tres kores o redor dunha columna. Servía para o lavado ritual de mans no santuario.

Escudo nº 7226 Decorado con círculos concéntricos en relevo interrompidos por dous ángulos agudos en forma de V. Atopáronse escudos semellantes en Chipre, Rodas, Creta e mesmo na Península Ibérica e Irlanda. É do s. VII a. C.

Escudo nº 7227 Aparece un león no centro rodeado de representacións de animais: leóns, cervos, cordeiros...Estes escudos son de orixe asiria.

Sala 4. Os kouroi Cleobis e Bitón O historiador Heródoto cóntanos a historia destes irmáns: Os xemelos Cleobis e Bitón ofrecéronse para xunguirse eles mesmos ó carro da súa nai, sacerdotisa de Hera, e levala ata o santuario de Hera en Argos, que distaba a uns oito km. da súa casa. A súa nai, emocionada polo xesto, rogou ós deuses que os recompensaran. Os dous irmáns, esgotados, durmíronse no santuario e non volveron a espertar. Tal foi a recompensa da deusa: “A quen os deuses aman, morre novo”. Son do s. VI a. C. e reflicten as características dos kouroi arcaicos: frontalidade, puños pechados, pé adiantado, riscos anatómicos moi marcados e cabelo tratado xeometricamente.

Metopas do tesouro de Sición (VI a. C.) Todas están mutiladas, pero quedan restos con policromía orixinal.

79


´

Unha viaxe no tempo e no espacio V. Delfos V.2. Museo

- As nº 1120, 1323, 1381 fan referencia a expedición dos Argonautas. Na primeira distínguese a proa da nave Argos co escudos ó exterior para protexerse das frechas inimigas. No barco Orfeo e Linos tocan a cítara para calmar ó mar. - A nº 1321 representa o rapto de Europa por Zeus, que adoptou forma de touro. - A nº 1322 representa ó Dioscuros, Cástor e Pólux, volvendo de Arcadia de rouba-los bois ós seus curmáns Idas e Linceo. Cada un leva dúas lanzas na súa man esquerda e unha na dereita, e cada un vai acompañado de tres bois. No seu conxunto a composición ten carácter de desfile militar. - A caza do xabaril de Calidón: o xabaril está representado con moito realismo. As patas dianteiras inclinadas e a cabeza agachada déixannos ver que está a punto de atacar. Nesta cacería tomaron parte os heroes da expedición dos Argonautas, polo que o tema das metopa ten unidade.

Sala 5

É a sala dos obxectos de ouro e marfil e do touro

Touro Figura de tamaño natural, feita con placas de prata ensambladas sobre unha armadura de madeira. Data da segunda metade do s. VI. a. C..O modelado da cabeza e das patas revela a mestría do escultor. Os cornos, as orellas, o pelo da fronte e Os pezuños eran douradas. Estaba situada ó comezo da vía Sacra, sen dúbida era abráiante ver refulxi-lo sol sobre o metal.

Vitrina nº5 Cabeza masculina en marfil que probablemente representa a Apolo. Os cabelos están formados por unha folla de prata dourada. É un fragmento dunha estatua criselefantina (de ouro e marfil), ofrecida por unha cidade xonia. Ó vestido desta estatua pertencen as dúas placas rectangulares de ouro decoradas con frisos de animais.

Sala 3. Escultura xonia arcaica Esfinxe dos naxianos Ofrenda ofrecida pola illa de Naxos a Delfos no 560 a. C..Consistía nunha alta columna de mármore de 2’10 m. que sostiña unha esfinxe de 2’32 m. O rostro é semellante ó das kores desta época. As as e o peito son de paxaro e o corpo e patas son de león

Esculturas do Tesouro dos Sifnios : Cariátide

80

Columna con forma de muller, que estaba na fachada occidental do tesouro. O seu rostro presenta o típico sorriso das kores xonias. Os buratos que se ven sobre o floco son os puntos onde estaba unha diadema de pedras preciosas. Sobre a cabeza están representados Silenos e Ménades.


Esculturas do frontón este

Representaba a disputa entre Heracles e Apolo polo trípode Délfico. Heracles anoxado porque a Pitia se nega a darlle un oráculo co pretexto de que non se purificara pola morte de Ífitos, intenta levar o trípode coa intención de fundar o seu propio oráculo. No centro da escena Zeus intenta separar a Heracles (á dereita) e Apolo (á esquerda) que tiran cada un polo extremo do bípode.

Unha viaxe no tempo e no espacio

Friso este do tesouro

Loita entre gregos e troianos arredor dun corpo dun heroe morto. Aparecen primeiro os deuses asistindo a unha batalla da guerra de Troia; algúns parecen estar discutindo; vese a Ares, Afrodita, Artemisa, Apolo e Zeus. A escena seguinte é a da batalla: Eneas e Héctor pelexan contra Menelao e Aiax enriba do cadáver dun guerreiro. Friso Norte

Represéntase a Xigantomaquia: combate entre deuses e xigantes. Está Cibeles loitando no seu carro arrastrado

por dous leóns que tamén participan na batalla. Apolo e Artemisa disparan os seus arcos sobre os xigantes. Os xigantes están representados todos armados como hoplitas. Friso Oeste

Representa o xuízo de Paris. Pódese ver (de esquerda á dereita) a Hermes diante a cuadriga de cabalos alados de Atenea que está sobre o carro. Tras ela Posidón ou Hefesto e a cuadriga de Afrodita que descende do seu carro. O friso continúa con Helena.

Sala 6

É a sala onde se conservan as metopas e os himnos a Apolo do tesouro dos atenienses

Metopas Consérvanse 24 metopas do tesouro decoradas con relevos. Distínguense dúas tendencias no estilo das metopas: unha arcaica e outra innovadora que amosa a transición ó estilo clásico. As 6 metopas da fachada representan escenas de amazonomaquia; as do oeste e do norte os traballos de Heracles e nas do sur (a parte que mais se vía dende a Vía Sacra)

81


´

Unha viaxe no tempo e no espacio V. Delfos V.2. Museo

aparece Teseo, o heroe nacional de Atenas. As esculturas das metopas dan cunha idea da escultura ática a finais do arcaísmo. As figuras están ben proporcionadas, as actitudes cheas de gracia e os contornos flexibles.

Himnos a Apolo Sobre os muros do tesouro dos Atenienses graváronse (como era costume na antigüidade) diversas inscricións; sobre todo decretos honoríficos para os atenienses. En dous bloques do muro do lado Sur hai tamén dous himnos a Apolo, compostos co motivo da Pitaida, procesión que Atenas enviaba a Delfos. Executadas durante o sacrificio diante do altar, inscribíronse no muro no ano 58 a. C. Os executantes do primeiro himno foron un coro de 51 nenos e 3 corifeos; e do segundo un coro de 39 cantantes e un corifeo e acompañamento de cítara e frauta. O compositor foi un tal Limenios, membro dunha asociación de artistas da época. Presentan unha forma musical chamada “Lei pítica” que describe a loita de Apolo contra a serpe Pitón; constaba de 5 ou 6 partes e a final titulábase “Siringas” posto que os instrumentos e a melodía evocaban os sons da serpe Pitón moribunda. Os signos musicais empregados para a música vocal son letras do alfabeto xonio, e para a música instrumental son letras ou outros signos dados a volta e oblicuos, que indicaban a maneira de tocar as cordas da lira e da cítara. Escoitade vos, a quen o Helicón de bosques profundos tocouvos en sorte, fillas de Zeus resoante, de fermosos brazos. Acudide para alegrar coas vosas palabras o voso irmán Febo, o do cabelo de ouro, quen na dobre cima desta rocha do Parnaso, escoltado polas ilustres delfias, encamíñase cara ás límpidas ondas de Castalia, examinando sobre o promontorio de Delfos o feito profético.

Salas 7 e 8. Templo de Apolo No ano 548 a.C. un incendio destruíu o templo de toba de Apolo. Iniciouse a construcción dun máis grande gracias as contribucións panhelénicas, ás doazóns dos reis estranxeiros (como Amasis de Exipto) e de ricos particulares. O novo templo terminouse ó redor do 505 a.C. Era un edificio impresionante, digno dun lugar como Delfos.

Esculturas do frontón este No centro do frontón descríbesenos a chegada de Apolo a Delfos acompañado da súa nai Leto e da súa irmá Artemisa nun carro tirado por catro cabalos. Ós lados as figuras están representadas simetricamente, á dereita 3 masculinas e a esquerda 3 femininas. Nos ángulos do frontón hai dous grupos de animais: un león atacando a un cervo, e outro león atacando a un touro. Consérvanse restos do cromatismo orixinario nas crinas do león e no borde do himation das kores.

Sala 9. As estelas funerarias

Estela funeraria en mármore nº 2.161 Do século V a.C. Un atleta estase rascando cun raspador o po que cubría o seu corpo despois dunha competición de loita. Á súa dereita un esclavo novo sostén un recipiente de aceite. Entre as personaxes distínguese a cabeza dun galgo, animal favorito do atleta defunto.

Sala 10. Tholos de Atenea Pronaia Atópanse aquí fragmentos arquitectónicos e escultóricos do tolos cunha decoración refinada. Tiña dous frisos con metopas esculpidas en mármore de Paros: - O friso exterior representa unha amazonomaquia e unha centauromaquia. - O friso interior ten metopas máis pequenas que o friso exterior e representan os traballos de Heracles, as fazañas de Teseo, unha asemblea de deuses, ... Todos estes fragmentos son obra de artistas de unha grande habilidade no mármore expertos en reflectir o movemento do corpo en plena acción.

82


Sala 11. O exvoto de Daoco Estatuas Nesta Sala consérvanse os restos dun grupo de mármore ofrecido como exvoto por Daoco II, tetrarca tesalio e membro da Anfictionía de Delfos. Trátase dunha base na que había nove estatuas: a primeira de elas é Apolo sentado sobre o ómfalos tocando a lira e as demais eran antepasados de Daocp e outros atletas. O artista intentou evitar a monotonía variando as actitudes, a postura dos corpos, o movemento dos brazos e a posición dos pes.

Unha viaxe no tempo e no espacio V. Delfos V.2. Museo

Columna das bailarinas Do 332 a.C. 3 rapazas de máis de 2 metros de altura cunha túnica curta, transparente e finamente plisada. Cos seu brazo dereito sostiñan un caldeiro de bronce que non se conservou, acadando así a columna unha altura duns 11 metros.

Sala 12 O auriga Obra mestra da escultura en bronce. Formaba parte dun grupo escultórico de grandes dimensións ofrecido por Polizalo para conmemorala súa victoria na carreira de carros dos Xogos Pitios do 478/4 a. C. O auriga leva a cinta do vencedor na cabeza, viste a roupa tradicional dos conductores de carros: unha longa túnica de cintura alta suxeita por dúas cintas cruzadas nas costas. A partir da cintura a túnica cae en pregos rectos, o que lle dá o corpo un carácter columnario, sen embargo no torso o drapeado non é tan ríxido. A .lonxitude das pernas é desmesurada porque no grupo orixinario estaban tapadas polo carro, e o artista quixo que se vesen os pes (por unha rañura que tiña o carro abaixo) e o torso. O realmente abráiante é o rostro, cos ollos de mirada perdida, o seu marcado queixo, labios carnosos...que nos dá a imaxe dun vencedor. Semella arte arcaica porque pretende recupera-la solemnidade que se estaba a perder.

Copa de fondo branco nº 8140 No seu interior aparece Apolo coroado con follas de mirto, sentado nun tallo con patas de león. Leva un peplo branco e un himation roxo. Na súa man esquerda suxeita unha lira e na dereita fai unha libación de viño cunha copa.

83


´

Unha viaxe no tempo e no espacio V. Delfos V.2. Museo

84

O paxaro negro que o acompaña pode ser unha choia que recorda o mito dos seus amores coa fermosa Corónide, filla do rei dos lapitas Flexias, coa que tivo o seu fillo Asclepio, semideus da medicina


Sala 13 Antínoo Aquí está a estatua de Antínoo, favorito do emperador Adriano debido á súa beleza. Afogou no Nilo na plenitude da súa vida. Adriano fixo que se lle concedese nos santuarios os honores dados ós heroes civilizados. Está representado aquí cunha noz case divina e a brancura do seu corpo traballado en mármore de Paros, resalta na base de mármore escuro. Esta estatua reflexa unha corrente romántica na arte e a relixión do século II d.C., que intenta dun modo artificial achegarse ós modelos gregos clásicos.

Unha viaxe no tempo e no espacio V. Delfos V.2. Museo

85


´ Apuntamentos

Unha viaxe no tempo e no espacio

86


Cnossós 1. Patio oeste 2. Kouloures (foxos) 3. Entrada e propileo oeste 4. Corredor da procesión 5. Habitacións 6. Corredor sur 7. Entrada sur 8. Corredor do fresco dos lirios 9. Propileo sur 10. Escaleira ao primeiro andar 11. Emprazamento do templo grego 12. Patio central 13. Vestíbulo das criptas con co-

29. Vestíbulo noeste 30. Almacén dos pithoi con medallóns 31. Escaleira principal 32. Sala dos machados dobres 33. Mégaron do rei 34. Mégaron e baño da raíña 35. Tocador da raíña 36. Letrinas 37. Baño de terracota 38. Santuario dos machados dobres 39. Baño lustral 40. Casa do santuario 41. Casa do sureste 42. Casa das pedras caídas 43. Sala dos piares monolíticos 44. Bastións do leste

lumnas 14. Sala con piares 15. Cámara do pithos principal 16. Cámara do tesouro do santuario tripartito 17. Escaleira 18. Antecámara 19. Salón do trono 20. Vestíbulo principal

21. Salón principal 22. Almacéns do oeste 23. Fresco da colleita do azafrán 24. Baño lustral 25. Entrada noreste e Bastión occidental 26. Área teatral 27. Sala hipóstila 28. Almacéns do noreste

45. Sala da columnata central 46. Obradoiro dos canteiros 47. Alfar 48. Patio da entrada de pedra

49. Almacén dos pithoi xigantes 50. Corredor do xadrez

Unha viaxe no tempo e no espacio

87

Grecia. Guía de viaxe  
Grecia. Guía de viaxe  

Guía de viaxe aos principais lugares arqueolóxicos de Grecia: Atenas, museos de Atenas, Delfos, Micenas, Epidauro, Creta, Santorini

Advertisement