PLAN ANUAL DE LECTURA 2018-19

Page 1

PLAN ANUAL DE

LECTURA

CURSO 2018-19

CEIP MALLÓN


ÍNDICE: 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9.

OBXECTIVOS……………………………………3 ORGANIZACIÓN……………………………..3 LIÑAS PRIORITARIAS…………….…..5 SECCIÓNS…………………………………………8 RUTINAS DE LECTURA………………….9 RECURSOS HUMANOS………………...10 ACTIVIDADES………………………………..12 LER EN FAMILIA……………………………15 AVALIACIÓN………………………………….16

2


1. OBXECTIVOS.

Levar a cabo actividades que permitan desenvolver a competencia lectora dos alumn@s.

Programar actividades que contribúan ao fomento da lectura.

Propoñer iniciativas que formen ao alumnado cara unha visión crítica da sociedade.

Poñer en marcha actividades coas que se traballen as diferentes competencias básicas.

Contribuír a espertar no alumnado o pracer pola lectura.

Facer que a biblioteca teña un papel fundamental á hora de dinamizar a vida do centro.

Realizar os cambios necesarios e deseñar actividades que vaian cara un modelo de biblioteca inclusiva.

2. ORGANIZACIÓN

Con respecto á organización, referida ás actividades de lectura, podemos diferenciar: 

ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS:

Os espazos a empregar para a lectura serán variados dependendo da actividade que se realice en cada momento. Tendo isto en conta, podemos dicir que os lugares máis relevantes para este fin serán:

3


A biblioteca: Neste espazo realízanse lecturas na hora semanal de biblioteca, tanto individuais como compartidas. Tamén se traballa cos cartafoles de formación de usuarios e educación documental. Ademais, na hora semanal de biblioteca que ten asignada cada curso, traballarase nun Proxecto (Exploradores espaciais), no que as actividades a realizar serán: busca de información en soporte dixital e impreso, actividades de tratamento da información recollida, posta en común en pequeno e gran grupo, elaboración de materiais coa información obtida, elaboración de materiais audiovisuais, etc.

As aulas: Ademais das actividades propias dunha aula que implican lectura, tamén hai que destacar que se levará a cabo (de xeito innegociable) o tempo diario de lectura na aula. Este tipo de lecturas realizarase co mestre que corresponda en cada momento, todos os días durante os 30 minutos posteriores ao recreo.

No recuncho para as familias: Neste espazo terán lugar lecturas voluntarias nos tempos de espera (entrada e saída), xa sexa por parte das familias ou dos alumn@s. As familias tamén poderán levar libros emprestados relacionados coa temática do proxecto “Exploradores espaciais” para utilizalos na casa co seus fill@s.

No patio: Este ano poñeremos en marcha unha nova iniciativa para o fomento da lectura. Trátase de “Bibliopatio”e consiste nun carriño cheo de

4


libros que se baixa ao patio os días que vai bo tempo, para quen o estime oportuno poida facer uso deles durante o tempo de lecer. 

Noutros lugares: Coa celebración de diferentes conmemoracións como: Nadal, Día do Libro, Letras Galegas, etc., as actividades de lectura pódense levar a cabo en espazos como: salón de usos múltiples, recibidor, patio de recreo, ximnasio, etc.

ORGANIZACIÓN DE TEMPOS:

Agás a media hora diaria de lectura, o resto de tempos dedicados á lectura serán flexibles e variarán dependendo da actividade que se teña que realizar en cada momento.

3.

LIÑAS PRIORITARIAS

En relación coa organización e xestión. As accións que se van desenvolver en relación a este punto no presente curso 2018-19 xirarán arredor de: catalogar os novos fondos que se vaian adquirindo, realizar expurgas, facer os carnés dos nov@s lectores e dos novos membros da Brigada de biblioteca, elaborar listados de libros e material audiovisual de interese para a biblioteca, elaborar listados de libros para o recuncho de pais/nais, e outras que podan xurdir ao longo do curso. En canto a acadar o obxectivo de configurar a biblioteca como un laboratorio creativo de aprendizaxes podemos destacar: a elaboración de traballos de busca de información e preparación de materiais diversos coa 5


información obtida, traballos libres nos recreos, traballos relacionados co Proxecto Documental Integrado a través de proxectos audiovisuais, concursos, etc. En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado. Durante este curso continuaremos a: organizar e colaborar nas diferentes actividades de tipo cultural que se leven a cabo no colexio, traballar un proxecto a

nivel de

centro, elaborar diferentes materiais

para as diferentes

conmemoracións ao longo do ano, elaborar materiais relacionados co tema do proxecto, levar a cabo actividades de animación á lectura (conta contos, teatro, monicreques, traballo con Ipads, tratamento de texto, etc.), continuar coa actualización periódica do blogue da biblioteca, seguir a ofrecerlles ás familias que participen nas actividades da biblioteca, incorporar novos fondos ao recuncho das familias, realización de expurgas cos fondos que non se utilizan ou que non están adaptados ao alumnado, etc. En relación coa formación de usuarios e a adquisición da competencia informacional (competencia para o tratamento da información e competencia dixital). - Formación de usuarios: A Brigada de apoio á biblioteca seguirá a funcionar nos recreos cos alumn@s de 5º e 6º. Ademais realizaranse sesións formativas unha vez por trimestre.

6


Tamén se realizarán ao longo do curso diferentes actividades; tanto de investigación como de produción de materiais para a revista escolar. Realizaranse visitas á biblioteca con cada grupo ao inicio de curso para lembrarlles as normas da biblioteca. - Adquisición da competencia informacional: As actividades relativas a este punto serán as mesmas que ata o momento: pequenos traballos de investigación na rede, busca de información para elaborar temas da clase e tamén en relación co proxecto que levaremos a cabo (O universo), elaboración de presentacións Power Point sobre o Proxecto (en 5º e 6º de Primaria), paneis sobre informativos sobre o proxecto e murais sobre diferentes temáticas (Infantil e 1º e 2º de Primaria). Ademais, para o vindeiro curso continuaremos a empregar tabletas para traballar con diferentes apps a temática do proxecto: Aurasma, Tinytap, Bookcreator, Toontastic, Solar Wlk Lite, etc.

En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do proxecto lector de centro. Para este fin empregaremos recursos como: continuar co servizo de empréstito de libros tanto en Infantil e Primaria, obradoiros de lectura e estimulación da linguaxe coa mestra de AL (en Infantil e 1º de Primaria), conta contos, Hora de ler, preparación de contos, cancións baseadas en contos,

7


poemas ou pequenas pezas teatrais, lecturas compartidas, visitas de familiares á biblioteca, obradoiros con escritores, ilustradores, etc. En relación cos avances cara unha biblioteca inclusiva. Continuaremos coa adaptación dos fondos ao modelo de CDU adaptada con pictogramas. Seguiranse a adquirir fondos adaptados ao alumnado con NEAE. Tamén se elaboraran materiais adaptados ás diferentes características deste tipo de alumnado. Outras actuacións. Ademais das actuacións anteriormente mencionadas, tamén participaremos en actividades puntuais que xurdan ao longo do curso, como por exemplo: exposicións, concursos, visitas de artistas locais, actividades propostas polo Concello en relación á lectura, Letras Galegas, etc.

4.

SECCIÓNS

Con respecto a este punto cabe destacar que os fondos existentes no colexio están centralizados na biblioteca, onde se rexistran todos e realízase o empréstito aos diferentes alumn@s, aulas e departamentos. No caso das aulas de Infantil e Primaria, hai que dicir que dende hai dous cursos están a funcionar as bibliotecas de aula. Os titores levan emprestados diferentes lotes de libros para as aulas durante todo o curso e deixan rexistro por escrito nunha folla de empréstito na biblioteca. 8


No caso dalgúns departamentos como o de Inglés ou Relixión, os fondos existentes están nas respectivas aulas e rexistrados no programa MEIGA. Por último, tamén hai un usuario en MEIGA no que figuran os fondos existentes no recuncho para as familias.

5.

RUTINAS DE LECTURA

No tocante ás rutinas de lectura hai que destacar dous tipos principais: 

Hora de Ler: Na media hora diaria de lectura que se realiza nas aulas teñen cabida diferentes maneiras de proceder, quedando a elección dos titores ou mestres que estean nese momento con cada grupo de alumn@s. Así pois, dentro desta rutina danse diferentes modalidades de lectura, dependendo do curso e do momento: lectura individual, por parellas, en gran grupo, en voz alta, etc. Tamén convén destacar que ao inicio do 2º trimestre o alumnado le na clase os libros asignados no itinerario lector, para despois realizar actividades relacionadas coa lectura de cada libro. A media hora de lectura diaria seguirá a ser despois do recreo.

Lectura na hora semanal de biblioteca: Aínda que, como é obvio, a meirande parte das actividades que se realizan na biblioteca durante o ano levan implícitas a lectura, a modo de: busca de información, revisión dos materiais producidos, preparación de contacontos e dramatización de 9


historias, etc., tamén teñen cabida momentos para a lectura libre, sexa individual ou en grupo e libre ou asignada polo mestre.

6.

RECURSOS HUMANOS

No que respecta ás persoas que interveñen nas actividades para o fomento da lectura podemos destacar tres grupos fundamentais: 

O Equipo de Biblioteca: A labor do Equipo de Biblioteca é fundamental á hora de fomentar os hábitos lectores no alumnado. Así pois, as diferentes iniciativas que se deciden levar a cabo dende este equipo teñen esta labor como premisa. Realmente todo o que se fai dende a biblioteca persigue, entre outras cousas, o fin de espertar o pracer pola lectura nos cativ@s. As actividades deseñadas para esta finalidade recóllense detalladamente no punto 7 deste Plan Anual de Lectura.

Os titores e mestres: Os titores e mestres tamén teñen un papel primordial neste sentido. Dende a biblioteca soamente se solicita que se respecte a media hora diaria de lectura e son eles os que teñen a liberdade e responsabilidade de levar a cabo as accións que vexan adecuadas para cada grupo de alumnos ao longo do curso. Aínda así, cabe destacar tamén que dende o Equipo de Biblioteca se lle proporcionará asesoramento de ser necesario. 10


As familias: Independentemente das características de cada fogar e da relevancia que se lle dá á lectura en cada un deles, hai que destacar que nos dous últimos cursos dende o Equipo de biblioteca estase a traballar para involucralos na tarefa de conseguir fomentar a lectura entre os seus fill@s. Entre as accións que se levan a cabo dende a biblioteca no presente curso serán:

“As familias tamén contan”: Onde lle daremos a opción, aos familiares que o desexen, de visitar ao grupo dos seus fillos na hora semanal de biblioteca para levar a cabo diferentes actividades como: contar un conto ou historia, facer algún obradoiro, actividades relacionadas co proxecto, etc.

O recuncho para as familias: No que este ano no que atoparán libros de interese para eles e os seus fillos, ademais dunha selección de fondos sobre a temática a traballar no proxecto.

11


7.

ACTIVIDADES

Na seguinte táboa detállase a temporalización das actividades que se levarán a cabo neste curso: 1º TRIMESTRE   

SETEMBRO 

    

OUTUBRO

 

NOVEMBRO

Elaboración do Plan Anual de Lectura. Elaboración dos carnés dos novos usuarios. Realización de visitas á biblioteca cos diferentes cursos. Organización da Brigada de biblioteca (5º e 6º) Organización e planificación do proxecto: Exploradores espaciais. Realización de expurgas. Comezo do préstamo. Apertura da biblioteca nos recreos. Apertura da biblioteca polas tardes. Posta en marcha do Recuncho para as familias. Sesións de formación para os axudantes da biblioteca. Elaboración de materiais para o Samaín e o Magosto. Organización e preparación de actividades para o festival de Samaín. Fase de presentación do PDI deste ano aos diferentes cursos. Busca de información sobre o PDI. Organización e xestión das visitas dos familiares á biblioteca. Comezo das actividades relacionadas co proxecto cos diferentes cursos. Comezo da formación do alumnado, dende 2º en diante, para realizar o empréstito. 12


DECEMBRO

Organización e preparación de actividades e materiais para o Nadal. Continuar cos traballos sobre o Proxecto. Reunión de seguimento do equipo. 2º TRIMESTRE

Elaboración de materiais diversos sobre o proxecto.

Sesións de formación para os axudantes da biblioteca.

Organización do festival arredor do proxecto.

Organización e planificación das actividades a realizar na semana do Día do Libro. Posta en común dos materias elaborados en relación ao proxecto. Elaboración de materiais e preparación de actividades para o Día do Libro. Reunión de seguimento do equipo.

XANEIRO

FEBREIRO

MARZO

do

Entroido

3º TRIMESTRE 

ABRIL 

Sesións de formación para os axudantes da biblioteca. Elaboración de materiais e preparación de actividades para o Día do Libro. Organización das actividades e do festival do Día do Libro. Elaboración de materiais e preparación de actividades para o Día das Letras Galegas.

13


MAIO

 

XUÑO

  

Elaboración das enquisas para as familias, alumnado e profesorado. Elaboración da Memoria do PLAMBE. Reunión de seguimento do equipo.

Confección de gráficas estatísticas cos datos obtidos nas enquisas. Elaboración da Memoria do PLAMBE. Envío da Memoria do PLAMBE. Colaboración co EDL na confección da revista escolar.

*As seguintes actividades lévanse a cabo ao longo de todo o curso.        

Recatalogación dos fondos empregando unha CDU adaptada. Empréstito na hora semanal de bilioteca e nos recreos. Apertura da biblioteca nos recreos. Elaboración de materiais para a Revista escolar. Actualización periódica do blogue da biblioteca. Catalogación de novos fondos adquiridos. Mantemento do recuncho para as familias. Visitas dos familiares á biblioteca.

As actividades a realizar poderán modificarse ao longo do curso e nalgúns casos suprimilas ou cambialas por outras que nos parezan máis apropiadas atendendo ao transcorrer do curso. 14


8.

LER EN FAMILIA

Con respecto ás actividades deseñadas polo Equipo de Biblioteca para a implicación das familias podemos destacar dúas iniciativas fundamentais: 

As familias tamén contan: Dende a biblioteca brindamos a oportunidade ás familias de que veñan visitarnos na hora semanal de biblioteca. Os familiares que deciden vir de xeito voluntario preparan diferentes sesións para o alumnado, como poden ser: contacontos, falar dunha profesión, diferentes obradoiros, iniciativas relacionados co proxecto, etc.

O recuncho para as familias: No colexio está a funcionar este recuncho, no que os familiares poden levar emprestados os libros que nel se atopan. Neste recuncho hai fondos para traballar diferentes aspectos cos cativos, por exemplo: modais, educación emocional, potenciar a creatividade, etc. Neste espazo unha selección de libros relacionados co proxecto que imos a traballar, para que as familias podan reforzar e ampliar cos seus fillos as aprendizaxes que se realizan na escola.

15


9.

AVALIACIÓN

Para a avaliación da consecución dos obxectivos propostos no Plan Anual de Lectura e do Proxecto Lector de Centro, empregaremos as seguintes ferramentas: 

Enquisas de avaliación: O Equipo de Biblioteca elaborará enquisas para as familias, os mestres e o alumnado, na que se recollerán diferentes aspectos que nos sexan útiles para a nosa práctica diaria, como por exemplo: aceptación por parte da comunidade educativa das actividades que parten da biblioteca, hábitos lectores, preferencias dos alumnos, etc.

Reunións trimestrais de seguimento: O Equipo de biblioteca, ademais das reunións semanais, reunirase unha vez por trimestre para ver o resultado das actividades levadas a cabo durante ese trimestre e facer as modificacións oportunas de ser o caso.

Datos do programa MEIGA: Tamén se recollerán datos estatísticos en MEIGA como: libros máis emprestados, preferencias dos lectores, movementos de fondos nas bibliotecas de aula, etc.

16


A propia experiencia do día a día: Esta é, sen dubida, a ferramenta que máis información nos permite recoller. Xa que na maioría das veces, o que se planifica sobre o papel, non funciona na práctica ou, simplemente, non encaixa nos tempos que se previran. Así pois, a observación, as experiencias e as sensacións obtidas de cada iniciativa ou actividade nos permitirán facer os cambios oportunos para intentar sacarlle o maior proveito á nosa actividade diaria na biblioteca.

17


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.