Issuu on Google+

Curso 2013-2014 | 1º Trimestre

BOLETÍN TRIMESTRAL IES CURTIS CONTIDOS

ENCONTRO LITERARIO CON NEIRA VILAS

PÁXINA 1 Encontro literario con Neira Vilas Visitamos o Museo da Minería del Entrego en Uvieo PÁXINA 2 Tres actividades para pechar o ano de Roberto Vidal Bolaño Día da ciencia en galego Outras actividades realizadas A nosa bibloteca PÁXINA 3 Festa do Outono Festival de Nadal Exposición eu son... Axenda escolar

O cincuenta e dous aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego serviu de desculpa para que D. Xosé Neira Vilas visitara o noso centro. Tardaremos en esquecer as leccións de vida e de dignidade que nos deixou. Podedes ver a entrevista que lle fixeron Noelia Castro e Noelia Fontecoba en: sondenoso.blogspot.com.es

PÁXINA 4 O departamento de filosofía convoca o I Certame de ensaio do IES de Curtis O IES de Curtis contra a violencia de xénero Gráfica de resultados da primeira avaliación Palabras de Juan Fandiño, director do centro

ÍNDICE DE APROBADOS NA SELECTIVIDADE Xuño: 100% Setembro: 67%

VISITAMOS O MUSEO DA MINERÍA DEL ENTREGO EN UVIEO Os alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 3.º ESO C, 4.º ESO A e 1.º, 2º bacharelato visitamos en outubro o museo da minería del Entrego. Nel puidemos ver a aplicación práctica de moitos dos coñecementos adquiridos previamente na aula. Pola tarde, un tren mineiro levounos ao interior dunha antiga galería nas proximidades do Nalón.


TRES ACTIVIDADES PARA PECHAR O ANO DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Unha exposición de carteis das obras de Roberto Vidal Bolaño cedida polo IES de Brión, a asistencia do alumnado de 1º ESO á representación teatral da obra Touporroutou da lúa e do sol e unha conferencia- coloquio para o alumnado de 3º ESO, impartida polo especialista Xosé Manuel Fernández Castro, foron as actividades coas que o Seminario de Lingua e Literatura Galega e o ENDL pecharon un ano dedicado a un dos nosos máis grandes dramaturgos.

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Celebrando o Día da Ciencia en Galego

OUTRAS ACTIVIDADES REALIZADAS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ? Charla: “Te puede pasar a ti”. Imparte Asociación Española

de Lesionados Medulares. Alumnado: Ciclos Formativos e PCPI. ? Charla: “ A lei do menor. K- torce-18”. Imparte ARELA. Alumnado: 3.º e 4.º ESO. ? Xornadas Cooperativas, coorganizado co Departamento de Orientación Laboral do Concello de Curtis. Alumnado: Ciclos Formativos. ? Obradoiro: “Prevención de condutas violentas”. Imparte Cruz Vermella de Betanzos. Alumnado: 3.º ESO. ? Obradoiro: “Coeducación e relacións entre iguais”. Imparte Cruz Vermella de Betanzos. Alumnado: 1.º ESO. ? Charla: “Prevención anorexia e bulimia”. Imparte Asociación para a Prevención da Anorexia e a Bulimia”. Alumnado: 2.º ESO. ? Obradoiro: “Primeiros auxilios”. Imparte Cruz Vermella de Betanzos. Alumnado: Ciclos Formativos. DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN MUSICAL ? Concerto didáctico “El legado de los Griots de Senegal”,

A NOSA BIBLIOTECA

Como en cursos pasados, o Equipo da Biblioteca Sarmiento segue a traballar día a día para que neste lugar profesorado e alumnado atopen un espazo de estudo, de investigación e de lectura. De xeito paralelo, os nosos esforzos van tamén destinados ó deseño de actividades puntuais, relacionadas coa transversalidade e pensadas para reforzar a competencia lectora e a autonomía dos nosos rapaces. Aínda que o tempo de dedicación ó traballo neste espazo é ben inferior ó que quixeramos, cómpre dicir que o esforzo segue vivo. Velaquí un resumo do noso traballo neste primeiro trimestre : - Continuidade das tarefas de xestión (rexistro en Meiga, expurgos, servizo de préstamo e devolución con alumnado colaborador, propostas de adquisición de fondos dirixidas a cada departamento... ) - Mantemento dos blogs relacionados co labor da biblioteca (todos enlazados en sarmientobiblioteca@blogspot.com), con participacións do equipo da biblioteca, do alumnado e do resto do profesorado. - Sesións iniciais (mes de outubro) de formación de usuarios. - Difusión de materiais sobre Samaín, Hallowen e Defuntos: carteis divulgativos no panel do corredor da biblioteca, ambientación do espazo de traballo e proxección durante varios días dunha presentación na zona de entrada sobre libros de terror, feita polo equipo da biblioteca. - Exposición de libros e materiais científicos no corredor da entrada, en colaboración cos departamentos de Ciencias para conmemorar o Día da ciencia en galego. - Posta en marcha, un ano máis, a comezos de novembro, da Hora de Ler, en 1º e 2º de ESO e do Club de Lectura Fendetestas, con alumnado de ESO e Bacharelato. - Elaboración de materiais para traballar con textos de literatura popular de diferentes culturas nas aulas ( Semana dedicada á literatura popular e tradicional, do 4 ao 8 de novembro) - Recomendacións de materiais variados (cine, música e literatura) para loitar contra a violencia de xénero. - Colaboración na visita ao noso IES do escritor X. Neira Vilas. - Adquisición de fondos (novidades e clásicos) a través das suxestións da comunidade educativa. - Elaboración dun boletín de lecturas, que acompañará ó de cualificacións do primeiro trimestre, con títulos de libros para as diferentes idades que conviven no IES.

polo grupo Teranga. Asistiu o alumnado de 2.º e 4.º ESO. DEPARTAMENTOS DE FÍSICA E QUÍMICA E CIENCIAS NATURAIS Visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento co alumnado de 1.º bacharelato.

E unha vez máis, retomamos as palabras do gran A. Fernández Paz sobre eses marabillosos espazos que son as bibliotecas: ABRE AS PORTAS... E ENTRA


FESTA DO OUTONO

EXPOSICIÓN EU SON...

Asado de castañas, degustación de cogomelos, charla sobre os cogomelos da contorna impartida pola nosa especialista local, Pepa; concursos de cestas de cogomelos, de colares de zonchos, exposición de cabazas… O outono no IES volveu ser unha festa.

Exposición realizada polo alumnado de 3º ESO, 1º e 2º bacharelato co obxectivo de render unha homenaxe a Memorias dun neno labrego e de ofrecer un tributo aos nenos e nenas labregos con tantas historias anónimas por contar. Verónica Martínez Miraz de 1.º ESO, Alejandro Penas Barreiro e Andrea Juncal Mosquera de 2.º ESO A foron os gañadores dos concursos de outono.

AXENDA ESCOLAR

Laura Lagares de 2.º ESO A, Rubén Sanjurjo, Antía Prado, Francisco Sánchez e Manuel Iglesias de 1.º ESO recolleron os premios do II Concurso de cabazas.

FESTIVAL DE NADAL O alumnado de música pecha o primeiro trimestre cun festival de panxoliñas e agradece o traballo e a paciencia da súa profesora.

Os nosos agradecementos ao Concello de Curtis e ao Concello de Mesía que, un ano máis, fixeron posible a impresión da axenda escolar.


O DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA CONVOCA O I CERTAME DE ENSAIO DO IES DE CURTIS

O

S

O

S

to

t.

a

E

lo

ic

E

lo

ic

la

e

r

a

h

m

r

o

F

IE

C

º

1

C

c

a

º

XEFA DE ESTUDOS Yolanda Suárez Martínez

l.

2

VICEDIRECTORA Paula Ugarte Fernández

ic

B

DIRECTOR Juan Carlos Fandiño da Torre

P

C

Un ano máis loitamos dende as aulas coa palabra e a educación contra a violencia de xénero. Nesta ocasión Vicedirección e Orientación Educativa organizaron unha xornada na que se repartiron lazos, proxectáronse curtametraxes relacionadas co tema e impartíronse obradoiros dirixidos pola psicóloga e a avogada do CIM do Concello de Curtis. Pola tarde, o alumnado de Ciclos Formativos asistiu a unha charla de Fernando Villar, especialista do equipo de educación “Plan director” da Garda Civil.

C

P

%%%%%

O IES DE CURTIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

0

0

1

0

9

0

8

0

7

0

6

0

5

0

4

0

3

0

2

0

01

Envía os teus traballos antes do 28 de febreiro a través do enderezo concursodeensaioiesdecurtis@gmail.com . O ensaio seleccionado en 1º lugar recibirá un e-book precargado. Os clasificados en 2º e 3º lugar senllos lotes de libros. Consulta as bases completas en sarmientobiblioteca.blogspot.com.es ou sondenoso.blogspot.com.es

0

0

1

0

9

0

8

0

7

0

6

0

5

0

4

0

3

0

2

0

01

RESULTADOS PRIMEIRA AVALIACIÓN

Abordamos coa mesma ilusión de sempre un novo ano académico e con el a edición deste boletín no que iremos dando conta dos proxectos desenvolvidos polo alumnado e o profesorado do IES de Curtis ao longo do 2013- 2014. O noso boletín é unha canle de comunicación necesaria para achegarvos a vós, pais e nais, a realidade educativa do centro e facervos partícipes dun proceso educativo no que sodes un piar fundamental. O equipo directivo, o conxunto do profesorado e o persoal non docente deste centro quere felicitarvos as festas e desexa que o novo ano nos traia a todos ilusión e azos para afrontar con éxito os retos vindeiros. Juan Carlos Fandiño Director do IES de Curtis

IES DE CURTIS SECRETARIO José Antonio Paz López ORIENTADORA Josefina López Santos

Rúa Xermán de Castro s/n 15310 Curtis (A Coruña) Tlf/Fax 981786100/981786298 www.edu.xunta.es/centros/ies curtis


Boletín de información trimestral do IES de Curtis