Normalización lingúística historia e socioloxía da educación
Tema 2:
Lingua, sociedade e cultura
1/ A natureza social da fala: a lingua como necesidade e instrumento social A lingua ten, en primeiro lugar, un aspecto puramente utilitario: é o principal instrumento do que os humanos nos servimos para comunicarnos, co que transmitimos información e grazas ao cal constituímos organizacións as cales constitúen, á súa vez, a base da nosa estrutura socio-económica. “A linguaxe é o instrumento decisivo de comunicación e de interacción humana. Toda reunión de individuos precisou até hoxe dunha linguaxe para convivir, traballar e manter relacións sólidas. Calquera actividade en común impón ou presupón unha unidade de linguaxe. O que significa que todos os grupos humanos posúen, en degraus diversos, unha individualidade lingüística.” (Rafael L. Ninyoles, Idioma e poder social, Laiovento, p. 21, 2005)
Ademais, a lingua ten natureza simbólica e referencial. Como produto social é un froito da cosmovisión dos seus propios falantes, que transmite e contén os valores, a idiosincrasia, e, en suma, a cultura da comunidade lingüística. É por isto, logo, que a lingua remata convertíndose en símbolo desta comunidade da que falamos, tanto para ela propia como para os foráneos, e polo que, tamén, funciona como referente, neste caso máis vista desde o exterior. <<as linguas non teñen como función única ou máis importante transmitir conceptos que estarían na mente dos falantes representando cousas do mundo exterior (o que poderiamos denominar “comunicación referencial”),
Tema 2
2
Aula Virtual da CIG-Ensino