Issuu on Google+


PINOCHO Luis Pinocho Fernández, coñecido por Pinocho, vivía en Chaián. Era un neno que amaba a xustiza, cousa que non facían os seus compañeiros. Eles sempre querían guerra: ou rompían algo da clase ou lles collían algo ás rapazas. E Pinocho sempre llo dicía á mestra. Por iso, Pinocho era o preferido das rapazas, pero os seus compañeiros envidiábano moito. Un día que Pinocho estaba a xogar coa Nintendo Ds no parque, viñeron os seus compañeiros e lanzáronlla ao chan. Pinocho avisounos de que llo ía contar á mestra, pero os seus compañeiros advertíronlle que se llo contaba á mestra ían á súa cabana e queimábanlle todos os libros. A Pinocho iso non lle gostou nada porque sabía que podían entrar fácilmente na cabana e el era un amante da lectura. Unha semana despois, Pinocho non aguantaba con esa ameaza inxusta e non podelos castigar. Por iso llo contou á mestra. Logo de que os seus compañeiros estiveran un mes sen recreo, Pinocho tivo problemas. Foron á súa cabana dispostos a prenderlle lume aos seus libros, pero Pinocho, co medo, defendeuse cunha patada de kárate que lle serviu para que non fixeran máis trasnadas e para que non se meteran nunca máis con el.

BELÉN GARCÍA


Samuel e Lucía nun futuro lonxano Alicia xa tiña 27 anos, estaba casada e tiña dous fillos chamados Samuel e Lucía. Un día Alicia marchou da casa e deixou aos irmáns sós. Samuel e Lucía saíron a xogar ao fútbol, pero o balón caeu no buraco dunha árbore e cando se dispuxeron a collelo caeron polo buraco abaixo. Mentres caían desmaiáronse co susto. Cando abriron os ollos viron coches voando, casas flotando e robots parlantes traballando nas empresa. Déronse de conta de que estaban no FU TURO. Andaron e anda ron ata que se viron a si mesmos altos, musculoso, Samuel, e gapisíma, Lucía; pero estaban tristes xa que non tiñan amigos con quen falar . Estaban sós no xardín e Samuel e Lucía, pequenos, foron falar con eles mesmos, de maiores. O Samuel e a Lucía do futuro explicáronlles que eles tamén viaxaran ao futuro e, cando volveran, contáranlles todo aos seus pais e estes creon que tolearan; por iso leváranos a un manicomnio e deixáronos alí, sós e tristes. Dez anos despois saíran do manicomnio coa idea clara das cousas que son unha tontería e as cousas que non o son. Agora estaban aburridos porque ninguén xogaba con eles xa que pensaban que eran malas persoas e que estaban mal da cabeza. Cando os irmáns do futuro remataron de contar a historia, aconselléronlles que cando volveran a casa non contaran nada disto a ninguén. O Samuel e a Lucía do futuro déronlles unha labazada tan forte ao Samuel e á Lucía do presente que estes desmaiáronse. Cando espertaron estaban na súa casa e prometéronse que nunca, nunca, lle contarían a ninguén nada do sucedido.

ADRIÁN RÍOS


Brancaneves Silvia era una nena moi guapa e coqueta e ademais chamábanlle Brancaneves, pois encantáballe a neve. Vivía en Trazo e sempre quería ser a mellor arreglada e a mellor vestida da clase, pois quería chulearse diante das súas amigas. Un día, no autobús escolar cara o colexio Viaño Pequeno, quedou durmida, pois a noite anterior estivera vendo ata moi tarde a súa serie favorita, Hannah Montana. De repente sentiu algo na súa boca… Era Xabier, un meno da escola que estaba por ela e que aproveitara o momento para bicala. Brancaneves, ao sabelo, enfadouse de tal modo que ata lle deu un sopapo en toda a cara. Pouco despois chegaron ao colexio e como a mestra viu que Xabier chegara chorando por culpa de Brancneves berroulle moito a ela, pero non lle importou. Todas as rapazas da clase envexaran sempre a roupa coa que vestía Brancaneves e o seus peiteados, ata que un día chegou unha rapaza nova, chamada María. María era moi boa nena, moi humilde, todo o contrario que Brancaneves. Por iso desde aquela as rapazas empezaron a deixar a Brancaneves de lado e empezaron a estar con María. Daquela Brancaneves empezou a terlle moitos ciumes, tanto que un día deulle a María unha crema perxudicial para a pel, dicíndolle que era moi boa e que lle faría ter unha pel sen grans e moito máis suave. María, como era moi confiada, aceptouna e inmediatamente boutona na cara. Cando se deu conta tiña a pel chea e grans e de manchas. Brancaneves, ao ver que o engano lle funcionara, foille preguntar ás rapazas da súa clase se aínda querían seguir sendo amigas de María. Elas respondéronlle que si, porque non lles importaba como fose María por fóra, senón que lles importaba como era por dentro e aí era mellor ca ela.

CRISTINA DEUS


Xosé Chispas, o lebre, e Adrián Matas, o tartaruga Xosé Chispas era un adolescente moi presumido que sempre se burlaba de Adrián Matas dicíndolle que el corría máis e mellor porque era coma unha lebre. Adrián Matas calaba e soportaba as burlas do Chispas porque el sabía que correndo parecíase máis á tartaruga do conto que á lebre. Un día, un amigo seu díxolle que botasen unha carreira, na que tiñan que dar cinco voltas ao patio do colexio. Ao día seguinte, no recreo da mañá, botaron a carreira. Xosé xa dera tres voltas cando Adrián non acabara a segunda. Cando Xosé ía acabar a quinta volta, entráronlle as ganas de ir ao baño e, sentíndose xa o gañador, saíu correndo cara aos aseos, porque el pensaba que a Adrián non lle ía dar tempo a chegar á meta antes que el. No tempo que Xosé foi ao baño, Adrián comezou a correr coma un tolo para acabar a última volta. Cando o Chispas volveu do baño, o recreo xa acabara e Adrián gañara a carreira. Xosé choraba, choraba e choraba porque quedara en evidencia diante de todo o colexio. En cambio, Adrián case coraba coa emoción porque lle gañara ao adolescente máis veloz de todo o colexio. Pola tarde, Xosé pediulle desculpas a Adrián por se burlar del todo aquel tempo. Adrián perdoouno. Dende aquel día Xosé foi o adolescente máis solidario de todo o instituto.

DAMIÁN MUÍÑO


A CINCENTA BORRACHA Camila Cincenta Casas tiña moitísimas ganas de ir a LP, a discoteca de Ordes. Ela quería ir para coñecer xente nova, emborracharse, bailar etc… A nai de Camila Cincenta Casas díxolle que podería ir, pero que non se acercara aos descoñecidos e que non tomara bebidas alcohólicas. Pero Camila Cincenta Casas nunca lle facía caso á súa nai. Ás 00:30 as súas amigas fórona buscar no seu Ferrari. A nai, coma todas as nais, díxolles que andaran con tino e que non fixeran ningunha trastada. Cando chegaron á discoteca LP, Camila Cincenta empezou a saltar da emoción porque era a primaira vez que ía a unha discoteca. Un home maior, duns 29 anos, pediulle que bailara con el, pero Camila Cincenta Casas díxolle que non, para bailar con ela tiña que ser máis cachas. Logo unha das súas amigas invitouna a unha cervexa. Pero Camila Cincenta Casas quería máis. Púxose coma unha toupa cando cae na trampa. Empezou a falar con descoñecidos cos que se puxo a bailar coma se estivesen no concurso de Fama. O home maior volveulle a preguntar se quería bailar con el e ela, como estaba borracha, díxolle que si. O home namorouse dela, pero xusto cando lleí pedir matrimonio, ofrecéndolle un zapato de cristal, ela vomitoulle enriba do seu zapato. El marchou da discoteca. Máis tarde, outro home maior interesouse tamén por ela e fíxolle a mesma oferta: un zapato de cristal en sinal de matrimonio. Camila Cincenta díxolle que si porque era rico. Casaron aquela mesma noite, aínda que ela non se decatou de nada. Ao día seguinte ergueuse cunha resaca terrible. Cando viu o zapatiño de cristal, empezou a berrar. Marchou desa casa coma un raio. Mais tivo que levar consigo o zapato de cristal, porque non o daba sacado do pé. Atopou a súa nai, pero esta non dixo nada porque aínda non se decatara do que ocorrera. Camila Cincenta Casas contoulle unha mentira. A nai mandouna ir durmir, pero tivo que facelo co zapato porque non había demo que llo quitara. A nai preguntoulle porque tiña os zapatos postos, pero ela facíase a durmida. Ao día seguinte pola tarde, a nai foille comprar unhas botas de cor branca, que sabía que lle ían encantar. Cando Camila Cincenta Casas volveu do colexio, a nai díxolle que probara as botas, ela púxose moi palida e logo contoullo todo. O único que Camila Cincenta Casas debería ter feito desde o principio era contarllo todo, porque das mentiras nacen novas mentiras.

DANIEL GONZÁLEZ


CARRAPUCHIÑA VERMELLA Tres cazadores paseaban polo monte tranquilamente cando de súpeto atoparon unha casa que parecía estar abandonada. Veulles a idea de entrar a roubar. Abriron a porta con facilidade, pero encontráronse coa avoa de Carapuchiña comendo tranquilamente na mesa e co lume da lareira encendido. A avoa pronto se decatou de que eses homes non viñan de visita e colleu a vasoira que tiña ao lado da lareira para facerlles fronte a eses tres maleducados. Cando os tres cazadores saían correndo pola porta polos paus que a avoa lles daba coa vasoira, encontráronse con Carapuchiña Vermella. Á nena o apodo víñalle de ir sempre vestida de vermello e porque tiña pouca estatura. Carapuchiña xa tiña unha trampa preparada desde había algún tempo por se lle podía facer faltaaxuda á súa avoa. Os tres cazadores caeron na trampa e, mentres Carapuchiña vixiaba para que non escaparan, a avoa chamou aos gardas que chegaron de seguida e leváronos presos.

ESTEBAN BECERRA


CARAPUCHIÑA Ana era unha nena que vivía nuha aldea chamada Castelo. A Ana chamábana Carrapuchiña porque ía sempre vestida de vermello. Carrapuchiña era unha nena intelixente, fermosa e moi áxil. Un día, Carrapuchiña tiña que ir a casa da súa avoa, que vivía no outro lado da aldea, para levarlle unha rosca e tamén levaba uns conguitos para ela. A súa avoa tiña un lobo como animal de compañía, xa que o criara desde que era pequeno, Carrapuchiña chamáballe Jack. Jack era un lobo magnífico, protexíaas de todo e de todos. Cando Carrapuchiña ía camiñando polo bosque, apareceu un cazador. Cando Carrapuchiña viu ao cazador, botou a correr, pero o cazador colleuna e atouna a unha árbore. Carrapuchiña berrou e berou todo canto puido porque ela sabía que estaba ao lado da casa de súa avoa. Jack escoitou a voz de Carrapuchiña e correu para buscala, porque o lobo sentía que estaba en perigo. Cando Carrapuchiña viu a Jack alegrouse tanto que perdeu o medo e díxolle que a liberase. Jack mordeu as cordas e liberou a Carrapuchiña. A nena e lobo correron e correron para salvar a avoa que agora estaba en perigo. Cando Carrapuchiña e Jack chegaron á casa, o cazador xa estaba alí. Carrapuchiña e Jack non daban entrado na casa, porque o cazador a fechara; así que Carrapuchiña mirou a ver se había algún sitio polo que entrar na casa. A nena encontrou unha ventá que estaba aberta así que lle dixo a Jack que saltara dentro e que salvara a avoa. Jack fixo o que lle mandarou, entrou pola ventá e alí, dentro da casa, estaba o cazador pegándolle a avoa de Carrapuchiña; así que Jack mordeu ao cazador de tal xeito que o cazador púxose de xeonllos suplicando clemencia e prometendo que non volvería a pegar, nin a roubar, nin nada de nada, que sería un home bo e que partiría de cero na súa nova vida. A avoa e Carrapuchiña perdoárono e deixárono ir. Ao final todo saíra ben: Carrapuchiña, o lobo e a avoa comeron e divertíronse moito.

LAURA MOAR


Patricia Cincenta Gómez Patricia Cinsenta Gómez era unha rapaza fea, peliroxa e egoísta. Non lle gustaba prestar nada, nin tan sequera unha bufanda das máis baratas. Patricia Cinsenta tiña unha gran rival, a súa irmanastra Almudena. Almudena era guapa, lista, amable, cariñosa… Esa noite os pais de Patricia e de Almudena daban unha festa, unha desas das que fan os ricos nas que hai que ir ben vestidos, ben peiteados, etc. Patricia e Almudena aforraran para comprar un vestido dos que lle gustaban a elas, curtos, escotados, dunha cor chamativa… Pero Cinsenta non quería que a súa irmá fora máis atractiva ca ela e rouboulle os cartos. Uns días antes da festa, cando Almudena foi coller os cartos, viu que non tiña nin un só céntimo. A súa nai berroulle porque pensaba que os gastara, polo que Almudena tivo que conformarse cun vestido dos que xa tiña no armario. Patricia Cinsenta foi ao baile moi guapa, cun vestido morado moi curto, con escote de palabra de honor, cuns taconazos brancos que daban vertixe… Almudena levou un vestido azul que estaba xa moi gastado e no que xa case nin cabía porque engordara un pouco; pero Almudena non se preocupou, porque se só a ían querer pola roupa era que en verdade non a querían. Pasadas xa as tres da mañá, todos foron a unha discoteca a Ordes. Almudena fixo unha nova amiga, que resultou ser bruxa, e dicir, botaba meigallos e chamábase Lola. Lola decatouse de que Almudena estaba triste, pero non porque os rapaces non se lle acercaran, todo o contrario, ían moitos pedirlle para bailar; pero o rapaz que a ela lle gustaba só tiña olliños para Patricia Cinsenta. Lola botoulle un meigallo a Patricia. Cando deran as 5:30 da mañá, Patricia vería a todos os rapaces moi feos. Así pasou, ás 5:30 da mañá Patricia viu a todos os rapaces moi feos e marchou asustada para a casa. Almudena tiña, por fin, para ela, o rapaz que lle gustaba, que se chamaba Marcos. El viuna e díxolle se quería bailar, ela aceptou. E bailaron, e bailaron, e bailaron. Ao día seguinte quedaron para ir ao cine e alí, cerca dunha preciosa fonte, Almudena pediulle para saír a Marcos. El aceptou e, desde ese día, son a parella máis feliz do mundo. Patricia Cinsenta, pola contra, ten moitísima envexa deles dous.

MARTA OTERO


PINOCHO ADOLESCENTE Cando a fada converteu a Pinocho nun neno, Pinocho empezou a poñerse piercings. A Geppeto parecíalle moi mal, pero Pinocho non lle facía caso. Pinocho era moi ruín e, ás veces, escapaba da casa para ir onda unha conpañeira moi guapa .Ela tamén tiña moitos piercings. O nove de abril, Pinocho volveu escapar e foi ver a Lili, que así se chamaba a compañeira de Pinocho. Era unha noite escura. Polo camiño non había ningunha farola. Andando, Pinocho tropezou e afuciñou, batendo coa cabeza nunha pedra. Debido ao batacazo, perdeu o coñecemento. Pinocho caeu nun soño moi profundo. Soñaba que caía nun foxo. Unha vez que chegou abaixo, recompúxose e comezou a ollar ao seu redor. Viu casas que ou ben eran moi pequenas ou ben moi grandes. Viu despois unha enorme tartaruga e unha lebre que ía uns cen metros por diante dela. Pinocho estaba moi desconcertado, estaba a ver algunhas cousas que a el lle parecían coñecidas. Catro horas despois, espertou. Pero pensaba que todo o que lle pasara e vira fora real. Volveu para a casa, mais a Geppeto non lle contou nada, porque desa maneira decataríase da súa escapadiña. A fada volveu aparecer e por mentireiro e volveuno a converter nun monicreque de madeira.

MARTÍN ROUCO


CARR CARRAPUCHIÑA VERMELLA María Carrapuchiña Vermella vivía nunha aldea chamada Chaian . O día do seu cumpreanos, a súa avoa, que se chamaba Mercedes , regaloulle unha caperuza vermella. A ela non lle fixo moita ilusión xa que quería que lle regalara a nintendo dsi. Ao día seguinte, a súa nai mandoulle que lle levara unha rosca á súa avoa, pero polo camiño entroulle a fame, pois ao mediodía non comera nada, xa que había menestra de verduras e a Carrapuchiña non lle gustaban nada as verduras. Entón comeu a rosca da avoa e, cando acabou, empezou a poñerse nerviosa. Cando estaba pensando nunha escusa para dicirlle á súa nai, chegou o lobo por alí. Entón achegouse ao lobo, que se chamaba Luís, e díxolle que lle pagaría se dicía que fora el quen comera a rosca; pero o lobo negouse. Entón Carrapuchiña púxose a facer agarimos e o lobo díxolle que o faría. Cando o lobo Luís se dispoñía a ir á casa da avoa Mercedes, un cazador que chegara novo á aldea tentou dispararlle . O cazador púxose diante para salvala, pero o que o cazador non sabía era que o lobo Luís era amigo de Carrapuchiña, pois a nena non dixo nada porque lle facía graza como saltaba o lobo cando o cazador disparaba. Os tiros espertaron a avoa , que saltou na defensa do lobo Luís; pero o cazador, cego polos prexuízos e a confusión, díxolle que se apartara, que o lobo a podería morder. De pronto sooulle o móbil ao lobo Luís. Eran os seus amigos que querían ir de festa. Entón, o cazador, que xa botara varias horas na taberna, decidiu ver máis alá das apariencias e uniuse ao lobo Luís e foi con el de festa.

RAQUEL SANDE


MARTINA CARRAPUCHIÑA Martina Carrapuchiña, que a chamaban así por vestir case sempre de vermello como a nena do conto, era unha nena que vivía na cidade de Santiago de Compostela e á que lle gustaban moito os animais. Cando era pequena, facendo sendeirismo, encontrou unha cría de lobo. Levouno para a súa casa, que era un apartamento moi grande no que se permitían animais e coidouno ela mesma. Chamoulle Rufo. Uns anos despois, coverteuse no seu fiel compañeiro. Protexíaa de todo e de todos. Un día, cando ían para a casa da avoa de Martina Carrapuchiña, que vivía na outra punta da cidade, a levarlle o seu chocolate favorito, apareceulles un ladrón coa súa pistola na man. Quería roubarlle a carteira á nena, pero Rufo atacou ao home e logrou quitarlle a arma da man e, para rematar, Martina Carrapuchiña deulle unha patada de kárate. Martina Carrapuchiña e o seu compañeiro decidiron marchar de contado polo camiño curto, pero cando xa estaban chegando, non puideron seguir, xa que estaban construíndo unha área recreativa e o paso estaba cortado, así que non lles quedou máis remedio que dar a volta e ir polo camiño longo. Despois dun anaco andando, tiveron que esperar a que o semáforo se puxera en verde para os peóns, pero por fin chegaron á casa da avoa. Cando entraron, viron ao mesmo ladrón que os atacara antes intentando roubarlle os cartos tamén á avoa, que estaba no chán morta de medo. Martina Carrapuchiña e Rufo pelexaron co ladrón. A avoa, ao ver a súa neta pelexando, armouse de valor, levantouse e deulle ó home co bastón na cabeza e deixouno inconsciente. Despois veu a policía e levouno. Para festexalo, comeron o chocolate todos xuntos mentres que Rufo lambía o que caía da mesa. A el tamén lle gustaba o chocolate.

MIRIAM CASTRO


CAPERUCHIÑA VERMELLA María Caperuchiña Domínguez vivía nunha pequena casiña no medio do prado. Era boa e simpática. Cando era pequena ía con Ana, a súa nai, a casa de Xosefa, a súa avoa. Nunha desas viaxes atoparon no camiño un cadeliño, ao que chamaron Rex, que desde ese momento as protexe de todos os perigos. Un día, Ana díxolle a María Caperuchiña que lle levara unha cesta cun anaco de torta e unha botella de viño a Xosefa, que non se atopaba moi ben e vivía ao outro lado do bosque. Ana díxolle á súa filla que non se entretivese collendo flores para Xosefa. Cando María Caperuchiña chegou a casa de Xosefa, petou na porta e pasou sen agardar resposta. Díxolle que lle traía unha cesta con lambetadas para que se animase. Xosefa estaba na cama deitada. De pronto un cazador abriu violentamente a porta. Parecía que as quería matar. Pero Rex lanzouse sobre el, mordeulle unha perna e deixouno tirado no chan. Para celebrar o final feliz, comeron entre os tres a torta e beberon, viño a avoa e leite María Caperuchiña. Ademais, como premio, a avoa fixo para Rex un colar vermello.

ALBA PUMAR


POLGARIÑO Daniel González Polgariño vivía na cidade e os seus pais estaban sempre discutindo. Por iso, Polgariño, un día, decidiu marchar da casa. Pero esta vez non ía deixar ningunha nota. Andou e andou e chegou a unha pequena aldea, que estaba lonxe da cidade. O lugar chamábase Preguiza. Polgariño non sabía onde estaba. Entón viu unha anciá e deulle, por detrás, cun pau. A anciá enfadouse e arrastrouno ata o soto da súa casa. Os pais de Polgariño decatáronse de que non pasara a noite na casa e de que non deixara ningunha nota, como fixera as outras veces que marchara. O pai pensou que o secuestraran e chamou á policía, á garda civil e aos bombeiros. Mentres, Polgariño, no soto, tentaba romper os ferros dunha ventá do soto. O rapaz berraba e berraba, pero parecía que ninguén o oíse. Finalmente, apareceu a policía, porque un vello , que si o oíra berrar, avisouna e , ao chegar, díxolles que saín berros daquela casa. Cando a anciá abriu a porta á policía, Polgariño fixo un último esforzo para berrar máis forte e a policía oíuno. Entraron no soto e sacaron ao rapaz de alí. A Polgariño levárono cos seus pais e á anciá levárona presa. Desde ese día, os pais de Polgariño deixaron de discutir e o rapaz vive feliz.

MARTÍN MESÍAS


Contos sen perdices