Skip to main content

Xanela 2007

Page 1

XANELA

editorial D

e novo, cos nosos Atoparedes de novo os recunmellores desexos e intencións, chos dos que gozastes en anos presentámosvos esta pequena anteriores, como a galería de xanela – e xa van catro – coa que cine e libros, os enredos, artigos ollar cara á nosa cultura e, en de opinión…Destacamos este ano especial, cara á nosa lingua. a homenaxe a María Mariño, a Cómpre amosar unha maior prequen se adica o Día das Letras, e ocupación polo futuro do noso do cal nos congratulamos, por ser idioma, que está nas nosas mans. muller, polo seu especial venceDende aquí, animamos a todos e llamento á nosa vila e, en espea todas a facelo máis grande co cial, porque por fin se vai recoñevoso apoio, a plantar unha semencer e espallar a súa grande valía te que medre vizosa en nós e así como poeta. Tamén queremos demostrarlles aos políticos que salientar outra figura especialnecesitamos un novo status para a mente importante para Boiro, de nosa lingua, que a equipare en quen se celebra o centenario nesdereitos e deberes co castelán. En te ano e que será obxecto de difemoitas ocasións, a vida dos pobos vai por diante rentes homenaxes: Ramón Martínez López. No das leis, e nós somos o espello a través do cal nos apartado da entrevista, seguindo na liña de darvos ven. Todos e todas, como galegos “ bos e xenero- a coñecer persoeiros destacados polo seu férreo sos”, debéramos comezar pola obriga de defender compromiso coa nosa cultura e co idioma, achegáo sinal que máis nos identifica como tales: o idio- monos até Isaac Díaz Pardo, coñecido amplama. E para isto somos necesarios mente por, entre outras cousas, todos, os rapaces e rapazas máis po- Tiven medo de vogar, fundar Sargadelos. No espello pulares e os menos aclamados, os tiven medo da auga crara. das verbas, contamos este ano que acadan bos resultados académi- Anque fora cuns bos remos coa colaboración de figuras cos e os que non, os concienciados anque fora na mar calma, destacadas na nosa literatura, lingüisticamente e os que pulan por non vogaba!, non vogaba! como David Pérez Iglesias, abandonarnos…xa que todos habitaOlga Novo, Agustín Agra e mos neste pequeno recuncho occi- O medo xa non sei del. Olalla Cociña. Queremos tamén dental que posúe unha cultura dife- Xa secou aquel mar longo. aquí agradecer a todos os Derenciada. Así, con este chamado á E sin saber donde veu, partamentos que colaboran con loita polo que é máis noso, nace esta si é doutro ou é meu, nós, aportándonos traballos de pequena mostra do que un grupo de navego nun mar fondo. grande interese que enriquecen mentes galegas pode chegar a facer, o valor desta pequena xanela. con moita ilusión e esforzo. María Mariño 1


XANELA ● Editorial ...................................................... 1 ● María Mariño Carou .................................. 3 ● Entrevista a Isaac Díaz Pardo ................... 6 ● Cadro de honra .......................................... 12 ● As nosas letras ........................................... 15 ● Homenaxe: Jesús Lorenzo Cespón ........... 28 ● Xentes do Barbanza ................................... 29 ● Exposición de monicreques ....................... 30 ● A biblioteca ................................................. 31 ● Centenario de Ramón Martínez López ...... 33 ● As nosas fotos ............................................ 39 ● O espello das verbas.................................. 41 ● A arte románica .......................................... 47 ● Recuncho científico .................................... 49 ● Opinión ....................................................... 52 ● Novas ......................................................... 56 ● Excursión de 4º ESO .................................. 60 ● Galería de cine e libros .............................. 62 ● Sabías que ................................................ 64 ● Foto Flash .................................................. 66 ● Enredos ...................................................... 67

Consello de Redacción Beatriz Quintela, Manuel Román, Mariano Muñiz, Cristian Rodríguez, Noemí Amigo, Tania Mato, Sonia Paz, Nuria Figueira, Araceli Rial, Ismael Calvo, Ana Dacosta, Lorena Rivero, Laura Segade, Nuria Tubío, Antía Pimentel.

Maquetación Manuel Román Ramos

Colaboradores Agustín Agra, David Pérez, Olga Novo, Olalla Cociña, Mercedes López, Xoán F. Castelao, Damián Martínez, Lorena Rivero, Ana I. Dacosta, Leticia Silva, Lorena Resúa, Nuria Figueira, Manuel Figueira, Óscar Davila, Miriam García, Fátima Núñez, Noemí Amigo, Aitana Piñeiro, Anxo Martínez, Óscar R. Fernández, Alba Triñanes, Ramón Torrado, Beatriz Bugallo, Departamento de Galego, Departamento de Ciencias Naturais, Departamento de Plástica e Visual e Departamento de Ciencias Sociais.

EDITA: Equipo de Normalización Lingüística do IES A Cachada — Boiro 2


XANELA

María Mariño Carou “María Mariño vivirá para sempre nos seus poemas, aqueles que tecera baixo o acougo dos castiñeiros e o asedio dunha sombra intransixente”. X. AgraFoxo versos e que influíu, de maneira decisiva, na decisión de María Mariño de comezar a escribir. De feito, foi el quen a puxo en contacto con outros escritores do seu tempo, como Manuel María, Domingo García Sabell, Victoria Armesto, Ramón Piñeiro… e quen promoveu a publicación do seu primeiro libro: Palabra no Tempo. Xa enferma, comeza a escribir os poemas que conformarán a súa obra póstuma, Verba que comenza, libro que remata aproximadamente dous meses antes de morrer. No ano 1967, en Parada, morre María Mariño a causa dunha leucemia. Os seus restos mortais repousan no cemiterio de Seoane do Courel.

VIDA

E

n corenta e catro edicións desta homenaxe ás nosas letras, a poeta María Mariño é a terceira muller á que se lle adica o Día das Letras Galegas, despois de que comezasen con Rosalía de Castro no 1963 e llo dedicaran a Francisca Herrera Garrido no 1987. María Mariño Carou – a quen todo o mundo chamaba “Maruja” – nace en Noia no ano 1907. Filla de Xosé María Mariño e Filomena Carou, era a cuarta de cinco irmáns. A súa infancia e xuventude están marcadas polas dificultades económicas da familia, o que provocou que moi pronto tivera que deixar os estudos e poñerse a traballar como costureira polas casas. Uns anos despois trasladouse a Escarabote (Boiro), onde unha tía súa traballaba de cociñeira no Pazo de Goiáns e en cuxa biblioteca accede ás súas primeiras lecturas. Foi precisamente aquí, en Boiro, o lugar no que coñeceu ao que será o seu futuro marido, o mestre Roberto Posse Carballido, con quen casa no ano 1939. Despois dun breve período de tempo no País Vasco, morre o seu único fillo ao mes e medio de nacer – feito que lle provoca unha forte depresión á autora, xunto ao da morte da súa nai, que aconteceu un pouco máis tarde – instálanse no Courel e alí residirá o resto da súa vida, fóra dalgún período en Noia, Monforte ou A Coruña. En 1953 coñece, en Parada do Courel, ao escritor Uxío Novoneira, que lle recitaba os seus

En Parada do Courel (1960) María Mariño Carou, á esquerda, collida á columna; Saleta Goi e Manuel María, no medio; Roberto Posse Carballido, home de María , á dereita; e Novoneyra detrás.

3


XANELA

Xa no ano 1 994 , ed ició ns Xerais publica a Obra completa, reeditada de novo no pasado ano 2006. Incidindo nese misterio que rodea parte da vida e da obra da poeta, estaría a noticia de que é autora tamén de dous libros en castelán (o primeiro deles, Los años pobres,.Memoria de guerra y Posguerra, nace como resposta ao forte impacto que lle provocaron certos acontecementos vividos no País Vasco na época da Guerra Civil española; o segundo levaría o título de Más allá del tiempo), pero o certo é que nunca chegaron a ser editados.

OBRA

A

súa obra non é moi extensa: tan só dous libros publicados, pero que foron saudados no seu momento cun grande interese polos estudosos da nosa literatura, que apreciaron na escrita de María Mariño unha grande orixinalidade que a facían única no seu tempo. A primeira desas obras – Palabra no Tempo – foi publicada en vida da autora, grazas ao interese que amosou Uxío Novoneyra en promover a súa edición, e aparece no ano 1963 na colección “ Tesos Cumes” da editorial Celta. No prólogo, o escritor Ramón Otero Pedrayo aprecia na escrita desta nova autora “ a revelación dunha intimidade impresionante do ego da escritora coas cousas, dun desvelamento e senso tráxico do ser do tempo na serra”. Haberá que agardar 27 anos para que se dese a coñecer o seu segundo libro, Verba que comenza, nunha edición promovida de novo por Uxío e mais polo poeta noiés Avilés de Taramancos, publicada polo concello de Noia. Neste volume recóllense poemas escritos no último ano da súa vida, xa enferma, e amosa neles un intimismo radical e unha linguaxe absolutamente rupturista.

4

Enterro de María Mariño


XANELA

No silencio está o mundo que o peito sinte del. As cousas todas calan, escuitando del o certo mudo que a nós nos vén. Elas teñen, elas gardan, elas din que de nós son. E nós temos algo delas, sin saber si é o noso ou non. Palabra no tempo

Eu non sei si xa pasou ou se inda ten que pasar, ou si aquelo que eu sentín non foi sentir, foi soñar. Vivo no preto quedo dun lonxano latexar. O silencio das cousas, hoxe, aboia, aboia en min. Remos navegan terra ó lonxe, volvendo as augas cara min.

Está caendo a folla i en min nace a primaveira. Quen entenderá este mar vello? Como digo onte sendo hoxe? Como farto a miña verba do nacer que xa pasou! Como reino nas migallas onde medrei un bon día! Como piso forte sendo branda? Como digo si si o non está escoitando? Quen entenderá este mar vello? Medro, medro e non sei onde parar. Presa xa e ceguiña no cume lévame, lévame ó chan a verba. Queda hoxe o chan soio muxindo a pegada do tempo. Mesturadas terras peneiran, peneiran fariña, fariña que non fai masa. Rebélanse as ondas ós mares, os ríos afogan a pradeira seca, os camiños non se atopan. Quen entenderá este mar vello? É outono i en min nace primavera. Quen o entenderá? Verba que comenza

5

Palabra no tempo


XANELA

ENTREVISTA Se no número anterior de XANELA tivemos o honor de contar cunha entrevista a Fernández del Riego, hoxe temos o privilexio de traer a estas páxinas a outra figura irrepetible non só no eido cultural, senón tamén no mundo empresarial galego: Isaac Díaz Pardo. Isaac nace no ano 1920 en Santiago de Compostela, fillo do escenógrafo, pintor e cartelista Camilo Díaz Baliño. Dende moi neno frecuentou as reunións que se celebraban no taller de seu pai, nas que participaban figuras sobranceiInvestido Doctor Honoris Causa pola Universidade da ras como Ánxel Casal, alcalde de Santiago, ou Castelao. Ao estalar a guerra civil seu pai é asasinado, e el Coruña mesmo, sendo aínda un adolescente de 16 anos, terá que esconderse na casa dun tío seu da Coruña para salvar a vida. Rematada a guerra, Isaac ingresou na Escola de Belas Artes de San Fernando e unha vez rematados os estudos, en 1942, consegue unha beca que lle permite realizar unha viaxe de estudos e mostrar o seu talento artístico en Roma, Florencia e Siena. Pouco despois cobre una praza de profesor auxiliar de debuxo na Escola Superior de Belas Artes de San Jordi de Barcelona e realiza diversas exposicións en Madrid, Barcelona, Londres, Vigo, Bos Aires… No 1948 abandonou a dedicación ás artes plásticas e comezou a súa obra de ceramista montando unha planta no Castro de Samoedo, preto de Sada, na que, ensaiando materias primas utilizadas no antigo Sargadelos, produciu unha porcelana de moi boa calidade. No ano 1955 viaxou por primeira vez a Arxentina, onde iniciou outra experiencia industrial de cerámica, a da Magdalena, a 108 kms. de Bos Aires. Alí, xunto con Luís Seoane e o apoio dos intelectuais galegos exiliados, crea o Laboratorio de Formas de Galicia e constitúe unha serie de empresas recuperadoras da memoria histórica de Galicia: Sargadelos, Museo Carlos Maside, Edicións do Castro, Seminario de Estudos Galegos, Laboratorio de Industria e Comunicación, Instituto Galego de Información… Díaz Pardo tamén cultivou o ensaio e a crítica, produción entre a que se pode subliñar: Xente do meu Rueiro; Midas. O ángulo de pedra; A Nave Espacial, cartel de cego; El Marqués de Sargadelos, cartel de cego; Galicia hoy y el resto del mundo…, ademais de diversos traballos xornalísticos. Por tal dilatada traxectoria recibiu distincións e recoñecementos, entre os que destacan: o Pedrón de Ouro (1976), a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), o Premio Otero Pedrayo das Deputacións Provinciais (1990), Doctor Honoris Causa pola Universidade de Santiago (1992), Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1993), a Vieira de Prata do Padroado da Cultura Galega de Montevideo (1995), o Premio Jiménez de Asúa de Derechos y Libertades (1999), o XLI Premio Fernández Latorre (1999), o Premio Arquitecto Honorífico polo Colexio de Arquitectos de Galicia (2001), o Premio Ramón Piñeiro de Láncara (2002), o Premio das Letras e das Artes de Galicia (2003) ou o máis recente Doctor Honoris Causa pola Universidade da Coruña (2007). A cultura galega coñece e sabe moi ben da xenerosidade deste home miúdo de corpo e grande de corazón. Sen el o noso tempo sería máis pobre e teriamos menos motivos para a esperanza. 6


XANELA

na imprenta de Casal. Logo, para poder repartilos, había que levalos a selar ao Concello; como os nosos eran moi exaltados, protestando por todo e dicindo moitas animaladas, molestábanos que nos coartasen e por iso algunha vez tiñamos saltado esa obriga legal. Casal sabíao e en certa ocasión na que estaban el, meu pai e Castelao, chamoume a atención. Contesteille que aquilo era unha inxustiza e díxome que era alcalde porque o nomearan os concelleiros, entre os que había comunistas e socialistas. Castelao e meu pai apoiárono e entón eu soltei: claro, vostedes veno así porque son uns reaccionarios! Castelao riu e dixo algo así como: Coño co rapaz! Casal, con cara de enfado, soltou un : Vaia por Deus! E quedou rosmando algo máis, pero as súas palabras perdéronse no medio dos insultos de meu pai, que me obrigou a irme de contado de alí. Vaia lección me deron pouco tempo despois!: Casal e meu pai foron asasinados, e Castelao tivo que morrer no exilio. E eu, chamándolles reaccionarios! P : ¿Por que se define agora como conservador e libertario?

PREGUNTA : Para comezar díganos algo sobre lembranzas da súa infancia. RESPOSTA : Eu nacín en Santiago, na Casa da Tumbona, no nº 37 da rúa das Hortas. Nesta casa é onde están os primeiros recordos que teño. Alí coñecín os amigos de meu pai, entre os que estaba Castelao, e alí estivemos ata o ano 1928, que foi cando un coengo que se chamaba don Calixto mercou a casa. P : Daqueles galeguistas republicanos que frecuentaban a casa de seu pai, sendo vostede neno e adolescente ¿Quen o impresionou máis? R : Cando meu pai veu para Santiago xa pertencía, como membro fundador, ás Irmandades da Fala, e traía o encargo de ser o coordinador entre os galeguistas do norde e os de sur, que eran, entre outros, Paz Andrade, Castelao e Otero Pedrayo. Todos ían pola casa da Tumbona. Eu disto teño un recordo vago, porque era moi neno. A quen lembro mellor é ao arquitecto Constantino Candeira, que foi o restaurador da praza da Quintana e viña con moita frecuencia pola nosa casa porque el era o arquitecto municipal e meu pai, o delineante. Tamén recordo a Luís Seoane, Rafael Dieste e Blanco Amor. P : Vostede, de adolescente, debía ter as ideas moi claras e firmes, porque mire que chamarlles reaccionarios a Castelao, Ánxel Casal e a seu pai. Cóntenos esa anécdota. R : Eu sempre me recordo axudando a meu pai no seu taller, ata tal punto que a maior parte dos carteis do plebiscito do Estatuto de Autonomía fíxenos eu, cos meus dezaseis anos, aínda que meu pai só me deixou asinar un dos comunistas. Mesmo Castelao trataba directamente comigo, e realicei carteis a partir dos seus bosquexos. Era esa unha época de moito movemento político que se divulgaba a través de pasquíns que nós, os rapaces das xuventudes comunistas, imprimiamos

Labregos, óleo de Díaz Pardo (1954)

“ Dicir en Galiza ‘Isaac’, así sen máis, lévanos de inmediato á figura e á personalidade dun dos galegos máis sobranceiros que deu o século XX e a un dos artistas e homes de acción pública, tamén como empresario, máis importante do noso tempo no plano internacional” Fernán Vello

7


XANELA

R : Que complicado é contestar a iso. Conservador son porque hai cousas que hai que conservar, porque se falla a memoria, o futuro non é nada. Libertario porque libertario é o máximo que pode haber de liberdade individual. Ben entendido que esta definición é puramente literaria.

poñerme en contacto con toda esa xente do exilio. P : ¿Que transcendencia ten o seu encontro na Arxentina con Luís Seoane no nacemento do Laboratorio de Formas de Galicia? R : Aínda que o Laboratorio de Formas o constituímos Luís Seoane e eu, e logo aquí en Galicia se incorporou o arquitecto Fernández-Albalat, as raíces do Laboratorio de Formas están nunha presa de amigos exiliados, entre os que se encontraban Antonio Baltar, Núñez Búa, Rafael Dieste, Blanco Amor, Vilanova, Arturo Cuadrado… que empezaron a preguntarse que se podería facer se algún día voltaban a Galicia. Pensaron nunha institución que recuperase a memoria histórica de Galicia. Esta idea foi a que nós recollemos; por tanto, o Laboratorio de Formas é unha entidade teórica que se proxectou noutras institucións, nunha serie de empresas que se fixeron. Así foron nacendo Sargadelos, a primeira empresa industrial que houbo en Galicia, Edicións do Castro, o Museo Carlos Maside...

P : ¿Que recordos ten vostede de xullo do 36? R : Foi un desastre. Eu salveime porque me escondín. Acababamos de destruírlle a pedradas a farmacia ao xefe da Falanxe de Santiago, Víctor Muñoz, porque os falanxistas lle pegaran unha puñalada a un compañeiro noso chamado Hernani. Cando tivo lugar a sublevación militar, eu fun á Coruña cos mineiros de Lousame porque Ánxel Casal, alcalde de Santiago, dende o balcón do Concello dixera que viña da Coruña e que alí estaban loitando os nosos irmáns. Puxeron uns autobuses e eu alá fun cos mineiros, que viñan cargados de dinamita. Cando chegamos á Coruña xa nada había que facer. As ametralladoras xa estaban varrendo todo o que se poñía por diante. O mesmo día que mataron a meu pai, un amigo da familia, o cirurxián Puente Castro, avisou a meus tíos que me viñeran axiña a buscar, que corría serio perigo. Rapidamente e medio disfrazados fomos para a Coruña, onde estiven medio ano pechado nun piso de meu tío, sen poder saír á rúa.

P : Alguén dixo que o Laboratorio de Formas de Galicia fora a realización cultural de maior peso específico no noso país dende había moitos anos. ¿É certo iso, que opina Vde.? R : O Laborario de Formas foi levado dunha maneira empresarial. Non recibiu subvención de ninguén. Fóronse facendo as cousas por autofinanciación. A min atribúenseme moitos méritos porque son o que estou vivo, pero a idea fundamental procede desas raíces que dixen antes e sobre todo de Luís Seoane, que foi un personaxe excepcional, non só como pintor, senón sobre todo polo seu compromiso con Galicia. Era un personaxe que tiña unha información extraordinaria sobre as vangardas históricas e acompañábano dous tipos excepcionais: Lorenzo Varela e Rafael Dieste.

P : ¿Por que en 1955 decide emigrar á Arxentina? R : Cerámicas de O Castro, que se fixera en 1950, desenvolvérase ben e facilmente; e, como había unha certa comunicación entre os galegos de América e os que quedaran aquí, axiña Núñez Búa ofreceunos a posiblidade de desenvolver a experiencia na Arxentina, é dicir, facer unha reprodución de O Castro alá. Así nace a fábrica de porcelanas de A Magdalena. Eu xa estaba colaborando coa revista Galicia Emigrante de Seoane a través de Paco del Riego, e fíxome moita ilusión

“ É imposible escribir a historia recente do país sen seguir a traxectoria deste home miúdo de corpo e grande de corazón. Tras cada iniciativa posta en marcha por este home, ‘alenta’ un inquebrantable espírito emprendedor. Galicia necesita moitos Díaz Pardos, non só no eido cultural”.

José María Barja

8


XANELA

que este entrase no capital de Sargadelos, o Laboratorio de Formas puxo unhas condicións. Daquela faltou moi pouco para que Sargadelos se fixese independentemente do Castro, porque os seus socios alí eran capitalistas, pero en Sargadelos ninguén puxo un real excepto nós: a todos os que están agora á fronte das cerámicas regaláronselles as participacións que teñen. As condicións que se lles puxo foi que ou aceptaban a proposta do Laboratorio de Formas ou eles quedábanse co Castro e nós faciamos Sargadelos de forma independente. Aceptaron a condición e firmouse un convenio no ano 65, no que quedaba todo supeditado ao Laboratorio de Formas, e iso cumpriuse escrupulosamente durante 44 anos. Pero como nós non podiamos levar todo houbo que delegar, e o tema administrativo levouno o avogado Santiago Sineiro, que é moi hábil e sabe moitas leis para facer trampas. El xa viña mostrando un gran interese aos cartos e ás cousas materiais, pero eu fun medio parvo e non tomei as medidas ao seu tempo. Hai unha sociedade en Sargadelos, que se chama Grupo Técnico e Organizativo de Cerámicas de Sargadelos, formada por un conxunto de técnicos agrupados nunha sociedade para servir a Sargadelos, cuxos socios teñen que estar na plantilla da empresa e non vivir a máis de 25 km de alí. Pero Sineiro foi metendo outras sociedades no seu interior e foi calculando as cousas ata que lles dixo aos do Castro (que tiñan o 37% do capital de Sargadelos) que se podían facer donos da empresa se deixaban de cumprir ese compromiso firmado había 44 anos. Entón nunha xunta os do Castro apareceron votando contra o Laboratorio de Formas. Aínda así non era bastante para vencer ao Laboratorio de Formas, que representaba eu, pero o Santiago Sineiro xa tiña preparado iso de ter metido unha sociedade mercantil dentro de Grupo Técnico e Organizativo de cerámicas de Sargadelos e entón tiveron maioría.

P : ¿Como se produce a decisión de adicarse ao mundo da empresa e deixar a pintura de maneira profesional? R : Non me parecía demasiado importante iso de andar pintando cadros co único fin de vendelos. Eu tiña un compromiso e non me parecía ben ter que vivir de retratar a xente que se enriquecera no franquismo, ¿que función social estaba eu a cumprir? Por isto, en pleno franquismo, no ano 19471948, deixei a pintura para facer outra cousa e non me arrepinto diso. P : ¿O novo Sargadelos mantivo en canto a formas, color, etc., o deseño antigo ou creou algo novo? R : Verdadeiramente o único que se mantivo foi o espírito de revalorizar unhas terras. A idea do Laboratorio de Formas era que, en canto a deseñística, había que ir ás raíces das cousas, ir ao principio das palabras. Porque as formas son unha linguaxe e falan como tal. E como todas as linguaxes, teñen un étimo, un principio. A estética de Sargadelos está en buscar ese étimo das formas, non en ir a outros campos estilísticos. P : ¿Que se pretendía coa creación de Edicións do Castro? R : Fundamentalmente recuperar a memoria histórica de Galicia con testemuños. Por iso se creou unha sección, que é a serie Documentos. P : Para vostede, cerámicas de Sargadelos e o Castro representaron un esforzo moi grande: primeiro, a restauración e a posta en marcha; logo, os distintos acosos, como as inspeccións dos anos 70; e agora, ao final, van e apártano da súa dirección. ¿Que opina sobre todo isto? R : Aquí estamos diante dun conflito xeracional, conflito de intereses e conflito mercantil. Sargadelos constitúese da man do Laboratorio de Formas no ano 1964. Como coñeciamos, máis ou menos, como pensaban os socios do Castro, para

“Exemplo vivo do amor a Galicia, é protagonista activo da súa vida cultural, social, política e industrial ó longo dos derradeiros oitenta anos. Cabe destacar o seu labor a prol das libertades democráticas e nacionais”. Asociación cultural “Fuco Buxán”

9


XANELA

Hoxe Santiago Sineiro e José Luís Vázquez Freire teñen dúas querelas criminais cada un deles, que nada teñen que ver co aspecto mecantil, senón pola trampa que fixeron, que é un delito societario.

R : Hoxe a palabra cultura está verdadeiramente corrompida. Todo é cultura. Demasiada cultura. Iso de chamarlle Cidade da Cultura á do monte de Gaiás, parece que quere dicir que Santiago, a catedral, os arquivos, as universidades, as bibliotecas, é incultura. É un contrasentido.

P : De toda a súa obra: empresarial, artística, literaria. ¿De cal se sente máis satisfeito? R : De ningunha. Eu sempre me dediquei a templar gaitas e a limpar porquería nas empresas, esa foi a función que eu cumprín e que me deu moito traballo.

P : ¿Cre que o actual goberno galego está actuando correctamente no referente á lingua galega? R : Eu neste terreo son moi radical. En canto á lingua penso que as institucións que se dedican a iso o que están facendo é entregar a nosa fala, o noso medio de comunicación, ao castelán, cando o lóxico sería que se acercaran a Portugal, que é onde quedaron e están as nosas raíces. Porque se poñemos unha tapia a Portugal e deixamos abertas as portas ao castelán, o galego desaparece e vai quedar nunha lingua litúrxica para estudar nas universidades, coma o latín. Por estas circunstancias a xuventude se está indo ao castelán, segundo se ve nas estatísticas. Son moi nobles os esforzos que fai a Xunta de querer meter o galego nas escolas e noutros sitios, pero estruturalmente as institucións responsables da lingua estano facendo ao revés, xa que están cerrando as portas a onde quedaron as nosas raíces e abríndollas ao castelán. Eu son moi radical, porque por isto que estou dicindo, noutros tempos queimaban a xente.

P : O seu labor extraordinario no mundo cultural e empresarial galego hoxe é recoñecido practicamente pola totalidade do pobo galego, ¿Por que entón ese pesimismo, ese escepticismo? R : O recoñecemento é porque estou vivo e represento unha idea creada por moita xente. Non sería honesto que eu me atribuíra os méritos. En todo caso se en algo me sinto satisfeito e do que non me sinto arrepentido é do feito de ser leal a esa xente. P : ¿Que sentimento producen en vostede a cantidade de premios, distincións, homenaxes que continuamente se lle están a facer? R : Creo que o que hai é unha reacción contra o que pasou en Sargadelos. A xente sabe que Sargadelos é unha creación do Laboratorio de Formas. Entón o feito que fixeron creou alarma social. A prensa empezou a moverse, a contar cousas, a atribuírme méritos e foi cando a xente, por desagravio, púxose ao meu lado. Non ao meu lado, senón ao lado das ideas que alí hai e que eu dalgunha forma represento; e como sigo vivo son o que recibo premios, distincións, homenaxes. Pero non creo que iso sexa por min. En todo caso o meu mérito é o de ser leal a esas xentes do exilio que forman as raíces do Laboratorio de Formas. Persoas coma Seoane, dunha xenerosidade extraordinaria que o deron todo por unha idea construtiva pola súa terra, sen pedir nada. De ser consecuente con todo isto é do que realmente estou contento.

O neno Isaac Díaz Pardo con seu pai, o recoñecido pintor Camilo Díaz Baliño.

P : ¿Vde como atopa hoxe a cultura galega? 10


XANELA

P : ¿Para vostede pode existir un pobo cunhas características diferenciadas sen idioma e cultura propia? R : O que caracteriza unha nación é que teña unha historia, uns costumes e unha lingua determinadas. É dicir, cando un grupo étnico ten unha fala distinta á súa contorna, unha cultura propia... é unha nación. A Península Ibérica está formada por grupos que tomaron características distintas e que despois foron dominados por Castela por unha serie de circunstancias. Os Reis Católicos, Felipe II… o poder central das Españas (daquela é como se chamaba) ignoraron sistematicamente a Galicia. Esta é a realidade deste pobo, da mala sorte deste pobo illado. P : ¿Que lle parece a celebración do día das Letras Galegas? R : Creo que está ben. Foi unha idea de Paco del Riego e dentro do que había no ano 1963, en pleno franquismo, recuperar figuras como Rosalía, Castelao… estaba moi ben. Claro que houbo que meter a outra xente que igual non tiña interese, pero había que transixir porque hai que darse de conta que a Academia estaba dominada por franquistas. Logo, Otero Pedrayo e outros coma el foron metendo a xente boa e pouco a pouco foise limpando aquilo.

ao Estatuto de Autonomía. Despois da guerra, a través de Paco del Riego, que era uña e carne con Luís Seoane, empecei a colaborar na revista Galicia Emigrante. P : Por último, vostede, que coñeceu ao boirense Martínez López, fálenos algo del, este ano que se cumpre o centenario do seu nacemento. R : Martínez López foi un dos nove membros que crearon no 1923 o Seminario de Estudos Galegos. Xa moito máis tarde, cando morre Franco e pensamos en restauralo, dos fundadores só estaban vivos Martínez López, Filgueira Valverde e Lois Tobío. Fixéronse asembleas, pero as autoridades non fixeron nada, nin os de dereitas nin os das esquerdas, e a nova xeira do Seminario de Estudos Galegos foi quedando nas nosas mans. Entón nomeouse como primeiro Presidente do novo SEG a Martínez López. Ramón Martínez López foi un deses homes que deron exemplo ao mundo polo seu respecto á tradición e polo seu compromiso coas causas xustas, e paréceme moi ben que o concello de Boiro realice actos na súa memoria. Por certo, en Edicións do Castro editamos un libro na súa homenaxe escrito por unha profesora norteamericana.

P : Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas a María Mariño ¿coñeceuna vostede? R : En realidade coñezo pouco a María Mariño. Pero cando a propuxeron e a apoiaron, será que está ben. P : ¿A quen cre que se lle deberá adicar o próximo ano? R : Agora mesmo non se me ocorre… Podía ser a Carballo Calero, Celestino Fernández de la Vega… P : Da súa época, galeguistas históricos quedan tres: vostede, Paco del Riego e Avelino Pousa Antelo. ¿Que os une? R : Únenos que os tres estivemos loitando pola Autonomía no ano 36. Con Avelino, servindo de tribuna a camioneta do lixo do Concello de Santiago, recorremos as aldeas circundantes da cidade ata a Ría de Arousa facendo propaganda en apoio 11

Díaz Pardo con Beatriz Quintela nun momento desta entrevista.


XANELA

CADRO DE HONRA O xurado do concurso de Relato Curto Letras Galegas 2007, convocado no IES A Cachada, acordou fallar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “Ían e o lobo da auga” de Damián Martínez Lojo. 2º Premio : “Eran outros tempos” de Antía Pimentel Iglesias. 3º Premio : “A capital do mar” de Marcos Ramallo Martínez.

2º Ciclo 1º Premio : “Identidade” de Lorena Rivero Rodríguez. Ex-aequo “Vento, néboa, salitre” de Ana Isabel Dacosta Urbieta. 2º Premio : “ Uxía ” de Thais Rivas Pérez. 3º Premio : “Verémonos no outro inferno” de Miriam García García.

12


XANELA

O xurado do concurso de Cartel e lema Letras Galegas 2007, convocado no IES A Cachada, acordou fallar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “Que non che quiten o teu, é o máis valioso” de Antía Pimentel Iglesias. 2º Premio : ”Pon en forma a túa lingua” de Leticia Silva Dieste. 3º Premio : ”O galego é o mellor, fálao” de Lorena Resúa Sánchez.

2º Ciclo 1º Premio : “O galego río de linguas” de Nuria Figueira Dieste. 2º Premio : ”O galego é coma un río” de Manuel Figueira Alcalde. 3º Premio : ”Tronco, fala galego, mola mazo” de Óscar Davila Yáñez. Ex-aequo “Ponte as pilas co galego” de Miriam García García.

13


XANELA

O xurado do concurso de Poesía Letras Galegas 2007, convocado no IES A Cachada, acordou fallar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “Quero un mundo” de Fátima Núñez Pérez. 2º Premio : “Morriña por unha amiga” de Vanesa Alonso Rey. 3º Premio : Deserto.

2º Ciclo 1º Premio : “Sons que leva o sangue” de Noemí Amigo Calo. 2º Premio : “Luscofusco” de Aitana Piñeiro Fungueiriño. 3º Premio : Deserto.

14


XANELA

VENTO, NÉBOA E SALITRE Ana Isabel Dacosta Urbieta

A

canto dun sirín chamou a súa atención sen preocuparse máis polo que vira. Agora a comitiva pasaba xunto a unha casa de cor verde. Polas ventás a xente asomábase para mirar en silencio aquela multitude. Ás portas dos comercios amontoábase a xente. Algúns baixaban a mirada, outros levantaban a cabeza cunha expresión de enfado, de rabia. As campás da igrexa tocaban moi lentamente e sen ganas. Ao lado da casa do ferreiro había varias cerdeiras plantadas. Daban unhas cereixas de cor branca moi doces e todos devecían por elas. Alí o atopara unha vez, tratando de alcanzar as pólas máis altas para coller algunhas das cereixas que aínda quedaban. Tamén ela subira e entre os dous inda puideran facerse cunhas cantas. O sol quentaba bastante e cando volvían polo camiño das Coutadas foran xogar ao río. Colleran algunhas culleriñas e a el pegáraselle unha sambesuga no brazo. Nos bares, a xente non falaba doutra cousa. Xa non discutían de fútbol nin da política da vila. Aquel suceso conmocionáraos e agora acaparaba todas as conversas. Algúns pensaban no que debían facer para que isto non volvese a suceder e outros pensaban na dor da familia. Ao final as conversas acababan coas típicas frases que se din nestes casos e a xente quedaba bebendo o viño en silencio. Acabaron por volverse moi amigos, ámbolos dous paseaban xuntos por aqueles camiños

quela mañá o aire estaba tan frío que cortaba a respiración. As uces e as carqueixas, que acababan de florecer, movíanse co vento e un manto de orballo cubría o chan, facéndoo relucir. Non se oía ningún son, salvo o zoar do vento entre os piñeiros. Ela estaba sentada nunha pedra, observando a paisaxe que se estendía ante os seus ollos. Alá, embaixo, estaba a súa vila. Podía ver dende alí a súa casa, pequena pero cunha horta grande e chea de froiteiras onde xogara de nena. No peirao, os barcos mexíanse lentamente coas ondas e, coma sempre, había moita xente en movemento. Máis arriba estaba o concello, un edificio de pedra enfronte do cal se facían as feiras. Ao lonxe estaba o faro envolto na néboa, o que lle daba un aire fantasmal. Foi entón cando se decatou de que un grupo de xente avanzaba pola Rúa Maior. Non, non podía velo. Precisamente subira ata aquí para esquecerse de todo aquilo que tanto a turbaba. A primeira vez que o viu, non tería máis de seis anos. Ía polo camiño das Coutadas comendo amoras e algún que outro merote. O vento movía o trigo de tal xeito que a ela lle daba a impresión de estar navegando por un mar dourado. Entón reparou nun rapaz que estaba ao lado do río, mirando a auga dende unhas rochas da beira. Estivo durante un momento a mirar para el, pero logo o 15


XANELA

interminables que discorrían entre as leiras. Case sempre ían falando, pero ás veces camiñaban en silencio, mirándose entre eles ou á paisaxe. Paraban moitas veces no recuncho do río en que o vira a primeira vez. Sentaban naquelas pedras deixando que os raios do sol acariñasen a súa pel, e arrolados polo murmurio da auga e o son do vento nas follas. ¡Cantas tardes desas lembraba e como lle doía ese recordo! As ventás da casa verde que estaba enfronte do peirao estaban todas pechadas. Ao seu redor parecía haber un halo de negrura, de tristeza, de quietude, que contrastaba enormemente coa axitación do porto. Dentro había unha cociña pequena. Enriba da mesa durmía un gato e unha chaqueta penduraba dunha das cadeiras. Subindo polas escaleiras chegábase ata un longo corredor que remataba nunha portiña verde. Renxía ao abrila. Tras ela, atopábase un pequeno cuarto. Pegada á parede había unha cama e aos pés desta un andel cuns poucos libros de follas amareladas. A través da pequena ventá, dende a que se vían unhas maceiras en flor, chegaba unha raiola de sol. Na habitación reinaba unha estraña calma, unha paz inusual que acababa por volverse inquietante. Era un

cuarto baleiro que provocaba que o resto da casa estivese invadida pola desesperanza. Aquel día de San Xoán fora o mellor das súas vidas. Durante o día estiveran collendo as herbas. Subiran ata o monte para coller o tromentelo, achegáronse ata as lagoas onde sabían que estaban os poexos. No campo colleran a verbena e a herba fedorenta e das súas hortas sacaran os ouregos, o romeu, a santamaría, a ruda, a herba que cheira ben e a herba de sapo. Un pouco antes do solpor conseguiran a cicimbra que sempre lles fora a máis difícil de atopar. Estaba debaixo dun canastro e custáralles bastante entrar para facerse con ela. Pola noite estiveran nas fogueiras que había ao lado da praia e viran xuntos os fogos de artificio tombados na area. Eran os dous tan felices estando xuntos. Pese ao balbordo que había eles só oían o seu latexar acompasado coas ondas. A ela todo aquilo lle parecía un mal soño: espertaría e todo volvería a ser coma antes. Volverían estar xuntos, a pasear, a falar, a rir... Era imposible que xamais volvese a oír a súa voz. Apertou fortemente os dentes para non chorar e fitou outra vez para a vila, onde o cortexo do enterro xa chegara á porta da igrexa e se dispoñía a entrar. 16


XANELA

Xamais foran ata o faro. Quedaba moi lonxe e, coma todos os faros, tiña un aspecto inquietante e solitario. Exercía o mesmo tipo de encanto que unha casa abandonada ou un cemiterio. O camiño estaba inzado de silvas, pois dende que se construíra un faro eléctrico case ninguén ía ata el. Estaba sobre un cantil moi alto e debaixo del sobresaían unhas pedras como puñais. Baixando por unhas rochas chegábase ata unha cala que sempre estaba cuberta por algas que a marea traía. Aquela tarde o ceo estaba totalmente cuberto por unhas nubes cincentas. O vento sopraba moi forte e o mar estaba embravecido. Foran collidos da man todo o camiño. Tiñan bastante frío e iso facía que fosen calados. Primeiro estiveran subindo polas rochas e logo sentáronse a ver as ondas. Ela tivo a idea de entrar no faro. A porta non estaba pechada e os chanzos da escaleira aínda non cederan por mor da humidade. Había unha especie de balcón na punta do faro e achegáronse a el. Non puido aturar o sermón do cura. ¡Que podía dicir el!. ¿Acaso a coñecera? ¿Acaso a amara tanto coma el? ¿Pasara noites en vela pensando nela? Saíu da igrexa correndo e atravesou toda a vila ata chegar á praia. Xa non puidera conter máis o pranto e as bágoas escorríanlle pola cara. Agarrou un seixo e lanzouno ao mar e logo colleu outro, e outro e aínda outro máis. Guindounos ó mar mentres saloucaba, mentres choraba de rabia pola felicidade que lle arrebataran. Baixaran do faro ás carreiras e estivéranse perseguindo o un ao outro pola beira do cantil. O vento

enxordecía as súas risas. Nun descoido esvarara e precipitárase polo cantil, caendo entre as pedras. Notou que a corrente a arrastraba ata o fondo e os pulmóns se lle enchían de auga. O seu corazón parou e o seu corpo tocou contra o fondo mariño. Seguía tendo unha especie de conciencia e pareceulle que parte dela ascendía e volvía á superficie. Viu como o seu amigo corría cara á vila chorando e como atoparon o seu corpo na cala. Percorrera a vila sen que ninguén puidese percibila. Entrara no seu cuarto para aloumiñar por última vez as súas cousas. Logo subira ao monte e vira o seu enterro e ó seu amigo na praia. Non quería facerlle unha última visita. Non podería soportar que, involuntariamente, a ignorase. Que non puidese oír as súas palabras nin ver o seu xesto de adeus. Deu a volta e foi desaparecendo pouco a pouco, como unha vela que se apaga, como cando se esvaece a néboa. Había xa tempo que se puxera o sol pero el seguía na praia. Todos os seus pensamentos xiraban en torno a ela. Vía os seus brillantes ollos. Escoitaba a súa risa. O latexar do seu corazón. A calor das súas mans. Agora xa non choraba, só suspiraba de vez en cando. Esqueceraste dela, dixéronlle, e atoparás outra xente que ocupe o seu lugar. El non quería. Non quería deixar de amala, non quería esquecerse do seu rostro nin de todo o que xuntos fixeran. Non quería que o seu recordo se borrase como o mar borraba as súas pisadas na area.

17


XANELA

IDENTIDADE Lorena Rivero Rodríguez

C

omo cada mañá, Lois érguese, abre a persiana, dá dous pasos cara á esquerda e mira a través da ventá que durante horas, días e mesmo semanas, o aparta do mundo e da sociedade que vive ao seu arredor co fin de protexer o que nun primeiro momento debería ser a súa propia identidade pero que, certamente, non consegue ser nada. Despois de mirarse no espello para comprobar que a súa cara segue estando no mesmo lugar que a noite pasada, baixa á cociña do seu dúplex onde moi amablemente o recibe Uxía. Esta, co mesmo ton de amabilidade forzada de todas as mañás, coa mesma incerteza de non saber con que persoa se atopará, sérvelle o café con leite e as galletas con forma de cara que Lois toma dende anos atrás. —Non, Uxía, hoxe non, erguinme co estómago ardendo; non me entra nada... —Pero Lois, sabes que tes que comer algo... —Xa está, por favor. Con pasividade e unha estraña aparencia de benestar, sae do cuarto e diríxese á súa prezada biblioteca, ao único lugar que é capaz de sacalo da súa propia loucura, dos días en que, por moi alta que poña a música, é o único son dos seus pensamentos o que lle bate na cabeza. Encerrado entre a súa interminable colección de libros e cds, somérxese no seu propio mundo dándolle voltas, unha e outra vez, ao mesmo pensamento. As ideas cambian, retroceden e difuminan sen solución a trastornada visión que durante o último ano Lois intenta ter da realidade. Aterrado polo desenlace final da súa propia historia, perde os seus últimos momentos de lucidez nas paredes que durante demasiado tempo atrás o viron destruírse ata o punto de perder

por completo a noción do tempo, do mundo e da súa propia existencia. Unha hora tras outra Lois escribe no seu diario, ese que, dende que se coñeceu a súa enfermidade, os médicos lle obrigan a redactar. Como único confidente dos seus tormentos, as páxinas encadernadas en tapas verdes e negras gardan os segredos máis profundos que Lois endexamais quixo contar, aqueles pensamentos que, nos seus momentos de máis profunda loucura, lle pasaron pola cabeza, pensamentos que non foi quen de reprimir e que se viu obrigado a plasmar nas páxinas da súa propia vida. 1 de febreiro 06: Hoxe, ás oito da mañá, como cada día, erguinme do meu leito , abrín a persiana e mirei a través da ventá. Todo semellaba ser normal, pero no meu interior eu sabía que algo non marchaba ben. Non me considero supersticioso, de feito non o son, pero hei de recoñecer que hoxe foi unha noite, cando menos, diferente. A pesar de todos os meus problemas, nunca teño dificultades para durmir, pero hoxe... Un mal agoiro apoderouse de min dende que me deitei e por iso tanto esforzo me custou conciliar o sono. Inda así conseguino, pero ben certo é que houbera dado a vida por non facelo, xa que un pesadelo tan vivo como a miña man escribindo este diario veu amargarme o único momento do día onde non importa quen sexas nin como o fagas: a prezada noite. Así, entre berros, libros, lume e unha profunda sensación de desacougo viaxaban os meus pensamentos, construíndo a perfecta imaxe dunha das mortes máis anunciadas e endexamais relatadas, a miña propia morte. 18


XANELA

—Lois, perdón que che moleste — interrompe Uxía— pero levas aquí todo o día encerrado, é hora de cear. —Ah! Agora vou, grazas. —Non tardes, tes que tomar os medicamentos. —Uxía, sabes que xa non hai remedio ningún, de nada me van servir. —Lois, non te podes render, xa sabes que os médicos din moitas cousas, cada persoa... Sen folgos para seguir discutindo, Lois contesta con pasividade: —Vou de contado, non te apures.

pre estaba facéndose irremediablemente solitario e insociable; e por outra banda, ese que sempre apresara a Lois, ese co que xamais se identificara, era moito máis agresivo e irracional en cada un dos novos trastornos. Con moita paciencia e un medo cada vez maior polas posibles reaccións que esa nova e descoñecida persoa poida chegar a ter, Uxía dille: — Lois, son eu, Uxía, a túa asistenta— toma aire e folgos para seguir convencendo a ese rapaz de ollos desorbitados que xamais coñecera ninguén — Sei que agora estás desorientado, que non sabes nin quen es, pero debes crerme, eu coidarei de ti. Pensativo, Lois fica no seu sitio sen intención de facer ningún movemento. Pasan un. Dous. Tres minutos. Lois fala: — A túa cara fáiseme coñecida, así que debería confiar na túa palabra. Uxía emite un suspiro de tranquilidade, tranquilidade que rompe por completo cando Lois pronuncia a seguinte frase: — Debería confiar, pero non o vou facer, así que lisca da miña casa, e non volvas por aquí! — Pero, Lois, por favor — intenta convencer a rapaza — non... —Fóra!!

Pechando dun golpe o caderno e gardando os libros que había ciscados polo chan, sae da biblioteca con intención de cear; pero os seus intentos por chegar á cociña non son suficientes, xa que a cabeza comeza a removérselle de novo e antes de que se poida decatar, atópase tirado no chan, convulsionando, cambiando unha vez máis os pensamentos, sensacións e sentimentos dos que xa non se sente posuidor. Xa non lle queda orientación ningunha, as horas de reflexión na biblioteca de nada serviron, unha nova crise de identidade ataca ao pobre rapaz que, abatido no chan, se sente perdido, só e sen camiño. O seu profundo berro invade a casa, facendo a temida chamada de dolor que Uxía tanto prevía dende a mañá cedo. No corredor, tirado, a xove asistenta axuda a Lois a levantarse, pero este, cun profundo ton de agresividade, dille: —Apártate de min! Nin se che ocorra tocarme! Que fas na miña casa? Como entraches? Quen es? Esta última pregunta deixaba claro que a enfermidade de Lois avanzaba cada vez máis á présa que, como ben dixeran os médicos, o cerebro do pobre rapaz non soportaría moito tempo máis a sobrecarga de información que supón ter dúas personalidades alleas e totalmente diferentes dentro dunha mesma cabeza. Deste xeito, dúas persoas sen a penas relación vivían dentro do mesmo corpo, co problema de que, o que máis se parecía ao rapaz de sem-

O berro foi tan claro e convincente que Uxía, desesperada e atemorizada por deixar só a alguén tan indefenso e desorientado, colle o seu bolso e as chaves do dúplex con intención de volver, unhas horas despois, para comprobar a situación. Só, nese corredor que parece non ter saída, Lois intenta entender que é e onde se atopa 19


XANELA

pero de nada serve, xa que a cabeza xa non responde. Nunha busca desesperada por atopar respostas, percorre a casa na procura de algo que lle refresque a memoria, algún dato, fotografía ou documento que lle diga quen pode ser. A ira invádelle o corpo a cada instante ao non saber que facer. Corre, dá voltas, volve atrás... E, de súpeto, atópase na biblioteca. Certo ton familiar faille acougar un instante. Quedo, inmóbil, no medio do cuarto, comeza a pensar. Logo de varios minutos, nun arrebato de incomprensión e desesperación, corre cara ao andel que está en fronte del e comeza a tirar sen control todo o que atopa ao seu paso. Libros, revistas, cds, caixóns... un desfile de obxectos circula polo aire batendo contra paredes, mobles e mesmo contra o seu propio corpo, de maneira que, esgotado polo esforzo e ferido pola súa propia rabia, vese, de súpeto, diante dun caixón invadido de cadernos verdes e negros. Nun mínimo intre de lucidez recoñece a letra coa que están escritos como a súa propia e impulsado por unha voz imaxinaria da súa propia conciencia comeza, con profunda dedicación, a ler os incitantes cadernos.

A espera rematou. Estou confuso. Miña nai di que tiven un deses “ocos” na memoria, que confundín a miña personalidade con outra. Non recordo nada diso, é moi estraño. 4 de abril de 05: Xa levo máis de cinco trastornos nun mes. Sei que soa raro, pero estou empezando a vivir con isto. 17 de xuño de 05: Hoxe saín a facer a compra con Uxía. Non está tan mal isto de que meus pais me deixaran ao seu coidado, á fin de contas teño máis liberdade e a rapaza non está nada mal... 20 de novembro de 05: Levo tres semanas sen poder saír da casa, os médicos din que me pode confundir inda máis, sobre todo agora que as crises suceden todas as semanas. Inda así esta situación agóbiame demasiado, estouno pasando moi mal.

1 de xaneiro de 05: Hoxe foi o meu primeiro día de terapia. Paréceme unha parvada isto dos diarios, certamente non os necesito, recordo perfectamente o que fixen onte, antonte e o mes pasado sen necesidade de ningún caderniño estúpido. Teño 19, non son un vello con demencia senil...

Foron moitos máis os cadernos e datas que Lois leu naquelas páxinas, pero o que realmente lle fixo volver en si foi o do 1 de febreiro de 06: Así, entre berros, libros, lume e unha profunda sensación de desacougo viaxaban os meus pensamentos construíndo a perfecta imaxe dunha das mortes máis anunciadas e endexamais relatadas, a miña propia morte.

6 de febreiro de 05: Definitivamente, isto é unha parvada. Comezo a dubidar ata da miña enfermidade. Estou totalmente ben, non sufrín ningunha desas crises das que os médicos falaban.

Ao ler estas frases Lois experimenta como unha volta ao pasado, unha viaxe instantánea que o devolve á lucidez, ao que sería o seu último momento de verdadeira existencia. Trastornado pola rapidez dos acontecementos, mira ao seu arredor. Un profundo sentimento de angustia e terror lle percorre o corpo.

20 de febreiro de 05: Aquí segue sen pasar nada. 3 de marzo de 05: 20


XANELA

poucos os momentos de calma e cordura comparados coas incesantes crises e trastornos que todos os días se apoderan do meu debilitado corpo. A penas me sinto identificado con ningunha das miñas identidades, o que quere dicir que o eu negativo (por chamalo dalgún xeito) anula cada vez máis ao positivo. Está claro que a batalla está perdida. E é agora, cando un se ve na súa fin, cando somos conscientes de que xa non hai saída, o momento en que realmente botamos a vista cara atrás e analizamos con detalle todos e cada un dos acontecementos que sucederon ao longo da nosa existencia. Ese momento chegou, pero para min xa non significa nada, porque hai moito tempo que non son eu o que decido que facer. Así, por moito que me lamente pola miña triste existencia, teño o falso consolo de que non fun eu o culpable dos feitos.

A súa memoria non recorda nada do acontecido, pero sabe perfectamente quen é o autor de tan profundo desastre.

Sen forzas para recoller nin ganas de chamar a Uxía para informala do acontecido, Lois marcha á cama, onde lle esperan a escuridade, a ventá que o aparta do exterior e os pensamentos mesturados da súa cabeza, as realidades confusas das súas indefinibles personalidades e o recordo dunha vida mellor da que xa non lle queda constancia ningunha. Enredado entre as sabas e incapaz de concibir o sono, pasa horas e horas ata chegar a un estado de inconsciencia que non lle permite durmir nin tampouco reflexionar. Na realidade fiticia dun profundo soño, unha nova identidade, se cabe máis violenta e desubicada que ningunha das outras, érguese da cama amparada pola visión difusa de calquera soño ou pensamento. Cunha indescritible expresión de maldade, odio e vinganza cara á vida, diríxese cara á biblioteca co fin de acabar con todos aqueles cadernos, libros e en definitiva recordos dos que Lois se sentía protagonista, coas únicas historias que sabía que eran del e de ninguén máis. Así, pasando pola cociña, colleu un misto e dirixiuse á biblioteca camiñando con decisión, molesto coa vida, co destino e coa sorte de cada quen, invadido por unha profunda e incontrolable ira, cargado de dolor e inestibilidade, perdido, só.

1 de febreiro de 06: O mal agoiro da pasada noite cobrou xa, se non todo, parte do seu sentido. Non comprendo ben a relación directa do soño co acontecido, pero sei que algo teñen que ver. É ben certo que nestes últimos meses aprendín a convivir coa enfermidade, pero o feito de que os médicos me dixeran que as esperanzas de vida se me reducían cada vez máis, fíxome cavilar na idea de por que seguir sufrindo ou loitando por ser eu mesmo se, á fin de contas, vou acabar soterrado do mesmo xeito baixo o nome de Lois Piñeiro. Foi por isto polo que nas últimas semanas perdín ansia algunha de seguir loitando, polo que pasei horas e horas esgotando o tempo na miña querida biblioteca. Sabía que no momento que me rendera todo acabaría, por iso me esforcei por vivir con indiferenza estes últimos días, meses, ou quen sabe se anos. De todos os xeitos, o soño da pasada noite e a furia do meu outro eu, rebeláronme a insistencia que a morte impuña sobre min. O rival vaise facendo cada vez máis forte, de maneira que son 21


XANELA

O soño non parece rematar, de feito parece non ter fin. A identidade entra no museo da vida de Lois, na esencia da súa existencia. Alí, ao lado do caixón onde repousan con inquedanza os cadernos verdes e negros, préndese unha chama de amargura e rendición que pouco a pouco vai devorando todos e cada un dos recordos e esperanzas de Lois, que vai apoderándose dunha vida xa pasada, unha vida sen futuro da que xa ninguén ten constancia. De súpeto, o soño remata, Lois esperta bruscamente agoniado pola calor que lle invade os pés e desesperado pola situación que acababa de ver. Sen dubidar, abre os ollos con intención de saír á rúa por última vez, de ver o que é a esencia da vida, o que el xamais puido coñecer. Pero as súas intencións vense totalmente anuladas cando, desesperado, mira ao seu arredor e ve como as chamas dun intenso incendio invaden e acaban coa súa biblioteca, con todo aquilo que durante meses lle ofreceu unha saída, un momento de salvación, de paz. Comprendendo a innegable relación do seu soño coa realidade, Lois observa abatido como as tapas verdes e negras dos seus cadernos loitan desesperadamente por preservar os recordos dunha vida chea de inseguridade, dúbidas e soños endexamais cumpridos. Cando a calor da amarga infelicidade remata coa última das frases do 1 de febreiro de 06, Lois é vítima, por última vez, dunha das peores traizóns que se poden chegar a sufrir, a vinganza da túa propia vida, e o que é peor, a amargura de saber que fuches ti o único culpable da túa morte, fuches ti quen non atopou outra saída ao sufrimento, quen se traizoou a si mesmo a través da súa propia e agoniante identidade.

QUERO UN MUNDO Quero un mundo solidario, onde non exista o medo, onde só vexa un ceo: o meu ceo imaxinario. Quero un mundo sen bombas, sen masacres, sen misiles, quero ver brancas pombas sobrevoando por miles… Quero un mundo en igualdade, onde non quero que exista: fame, sida, marxinalidade nin a palabra tercermundista. Quero un mundo mesturado: con razas, falas e sons, quero amigos ó meu lado, boa xente ó meu carón. Quero un mundo de ledicia, sen caciques, sen corrupción, quero que funcione a xustiza, e á guerra berro: ¡Non! Quero un mundo de posibilidades, que ninguén sexa explotado, que os ilegais sexan legais, que non haxa deportados. Quero un mundo de consenso, de diálogo e de unión, poder dicir o que penso alto e claro; sen temor. Quero un mundo verdadeiro, non unha promesa falaz dun político mentireiro ¡Quero de verdade A PAZ! Fátima Núñez

22


XANELA

SONS QUE

Nuria Figueira Dieste

GUE

N LEVA O SA

miñas veas fortemente as e rr co er p e O sangu iña vida. oso rexe a m forte e valer o carraxe o meu mund Del sáeme a que fan xirar a ir a e ra le a có mo un fol que berran co rxa para fóra a go dende a miñ corpo vivo. te es d para fóra as saian as verb undo: Querer que m ravecido polo dun fol emb retas a existenza. lbo berran as bo Os sons… al; coitados é m non seren es ar it er esco mal non sab bolboretas, as d as verbas os camiños dos falares d ? quizais non ou, por que is. n moitos lap co o x to es dun

Lorena Resúa Sánchez

os min os record Dixéranme a son fermosos. res que os canta eu o id d n Tiña ente te. a apaixonan er n ó x ai ela: que a p an eira dunha x Escoitara á b értame o nó do sapato. Lauriña, ap E río eu Días” dos “Buenos rona. ad m iña da miña co a é unha men ll fi a iñ y” Que a m ab rá ningún “b e non é nin se o Calo Noemí Amig

Miriam García García

23


XANELA

Manuel Figueira Alcalde Antía Pimentel Iglesias

LUSCOFUS CO Como un co rpo preso da gravidade, cacho de estr ela perdido, Como unha mar embrav pinta na es ecido. derradeira id curidade, ea , fi n it Como un cr istal crebado o pensar. vítima do ch amor rasgad an, o, cariño co Como un ce losal. o guiado po lo diaño, raiba inmen sa, profunda Como un lad dolor. rón con v delito sen pen alioso dote, a, pérdida p lena. Así, así e só así… me fix ec un día co m undo e o outr hes sentir, o sen ti. Un momento do meu cam iño, no que o sorriso sob o sorriso… re un mar de bágoas se atopa ao lado da alou miñada soed traizoada po ade, la amizade. Aitana Piñei ro

Fungueiriño

Óscar Davila Yáñez

Leticia Silva Dieste

24


XANELA

Ían e o lobo da auga Damián Martínez Lojo ron a marcha por un estreito carreiro que desfilaba ao longo dun muro. Despois dunha fermosa camiñata chegaron ao alto dun desfiladeiro, onde podían verse dúas aguias, cal pequenas cometas xogando no aire. ¡Era incrible! ¡Estaban na punta dun gran pedrusco que parecía sosterse no aire, observando aquelas belas aves que ao mesmo tempo parecían observalos a eles! Era como flotar nunha nube prateada. Pero ademais había moitas outras cousas fermosas, e Ían decidiu explorar pola súa conta, tras ser avisado por Pedro de que non se alonxara, xa que a xente da zona avistara lobos por alí. Colleu un carreiro que parecía ir monte abaixo, pois a súa idea era chegar ata o río. O camiño estaba cheo de toxos e pedras que esvaraban ao mínimo roce, tanto, que nun intre viuse baixando por un tobogán que lle ía deixando magullado o lombo e as mans. ¡Quen lle diría que ía ter unha chegada tan impresionante! Chegou ao fin da baixada e quedou enredado nuns espiños. ¿Que máis lle po-

Í an sentía unha rara emoción fantaseando

co entorno que vía a través do cristal, nin sequera o ruído estrondoso dos camións cheos de pizarra que viaxaban como foguetes costa abaixo podían evitalo. Aquelas profundas fendeduras que parecían non ter fin, polas que se adiviñaba arrastrarse un río como se fose unha aureola chispeante, rezumando escuma polos poros. Aquelas montañas impoñentes, que parecían vestidas con mantos de cores. Non había dúbida: estaba chegando ao Courel. Tras baixar un camiño estreito e embarrado, seu irmán aparcou o coche debaixo dun gran carballo. El e mais os seus amigos ían pasar unha semana nunha cabana que o seu avó tiña na fraga, para estudar as aguias reais. Como un deles collera a gripe, Ían pediulle a seu irmán que o levara. Pedro, ademais de seu irmán, era coma un pai para el, xa que quedaran orfos cando Ían tiña dous anos, pois seus pais desapareceran nas augas dun río: quizais por iso a avoa non estaba moi de acordo coa viaxe. A pesar do descoidada que parecía a cabana, por dentro era moi acolledora: tiña unha gran cheminea e dúas pequenas camas, que ás veces facían de sofás; ao lado, unhas butacas altas e esponxosas; tras elas, unha mesa longa. Estaban famentos, pero tiñan que limpar o po da cabana antes de baleirar o maleteiro do coche. O seu tataravó fora o que construíra a cabana ó lado dun regato. Ademais o alpendre estaba cheo de leña ¿que máis se podía pedir?... Ían estaba esgotado, pero merecía a pena, ¿Que importa un pouco de traballo se tiña toda a tarde para explorar a zona? Estaba tan nervioso que apenas podía tragar o bocadillo que tiña para xantar. Tras media hora de lecer, todos emprende25


XANELA

día pasar? Desenmarañouse dos espiños e intentou agatuñar monte arriba, estaba rabuñado e dorido, e sentíase perdido. Agarrouse a uns ramallos e intentou subir ata un tronco caído, pero a sorte non estaba con el, romperon as pólas, bateu cunha pedra na cabeza e caeu ao río. Sentía frío, pero só estaba quente e mallado e sobre a súa cabeza sentía un fociño humedecido, quería levantarse e ver de onde procedían os gruñidos, e viu uns ollos verdes que o miraban desafiantes ¡Non podía crelo, estaba cun lobo! Pero Orfeo non era un lobo calquera, era o “Lobo da Auga”, e estaba protexido polas xaras, que vivían nas ribeiras do río Lor. Segundo a lenda, unha destas xaras namorouse dun rapaz que cantaba como os anxos, e cando ía ao río a pescar, encantaba coa súa voz ás criaturas do lugar. Pero cando Auro (o culebrón) se enteirou dos amoríos de “Nuberi” (a xana que custodiaba) con Orfeo, secuestrouna e levouna ás galerías do túnel de Montefurado, mentras que ao rapaz lle fíxo un meigallo para que vagase o resto dos seus día coma “un lobo con ouveos de lamento”. Para desfacer o maleficio débese dar morte ao culebrón a noite de San Xoán cun puñal dourado que se encontra no fondo duns remuíños que fai o río na baixada dunha fervenza. Orfeo intentara moitas veces somerxerse, pero era demasiado profundo para el, ademais tiña que ser collida por mans humanas. Ían estaba aturdido, non sabía canto tempo pasara dende a súa caída, tampouco sabía como chegara alí. Acórdase de seu irmán (seguro que o anda a buscar) e de seus avós…, estarían desfeitos. As bágoas correron polas súas meixelas, demasiada emoción, e aquel lobo… ¿Por que non o atacou? Baixa ata un regato que había ao lado da cova e alí encontra unha xana que lle relata como Orfeo o rescatou do río e o levou ata a súa cova e alí o coida, tamén lle relata a historia de Orfeo. Ían sabía que tiña que volver, pero o seu corazón tamén lle dicía que tiña que axudar a Orfeo e xa non dubidou máis cando Lúa (a xana) lle dixo que faltaban dous días para San Xoán. Ao día seguinte, coa axuda de Lúa, foi ata a fervenza; tras varios descensos fallidos, encontrou a entrada dun

túnel, pero era demasiado profundo para el. Axiña escoitou un asubío e subiu a coller aire, entón algo parecido a un golfiño colleuno e levouno ata o fondo dun pozo, e alí estaba un cacho de pedra dourada; sen pensalo, colleuno e, sen case darse de conta, xa estaba na fervenza. Abriu a man e viu unha rocha de pedra que brillaba como una mica dourada coa luz do sol. Tras uns ramos apareceu unha loba branca cun pelo suave cal armiño. Lúa díxolle que montara naquela loba e se agarrase ben á súa pelaxe xa que o ía levar a Montefurado. Andaron toda a noite, no túnel había moitos tobos que eran as entradas das galerías nas que se alternaba o culebrón para durmir. Será toda unha odisea encontralo. ¿Terá Ían o valor de vencelo?, pensa mirando ao ceo. Loura (a xana do túnel) entrégalle un furón prateado para que lle axude na búsqueda de Auro, mentras lle ensina unha pedra basáltica para deixar o seu puñal, e así os raios do sol bañarano coa suficiente enerxía para furar a pel de Auro. O día de San Xoán, as xanas son libres de facerlles trasnadas ás mozas do lugar, e por iso Auro dorme todo o día e toda a noite durante a festividade. O furón entra por un dos tobos e Ían ségueo, evita pensar, non quere que nada o distraia; aos poucos metros, a entrada medra e ve unha gran cova con varias galerías que, inexplicablemente, reciben luz natural como se o teito fose un gran coador. Ollou ao seu redor na procura dalgún indicio que o orientase dentro daquela desconcertante marabilla, escoitou o chillido do furón, e foi ao seu carón. O becho atopábase nunha galería con paredes impregnadas de mica e gravas de cor dourada; ao fondo sentíase un asubío rouco e apoucado. Ían colleu aire e pouco a pouco foise achegando. Cando viu a Auro, quedou paralizado, diante del, como un neno agochado entre mantas douradas que facían ondas arredor da súa cabeza. O medo percorreulle o corpo, nin sequera se imaxinara como podía chegar a ser Auro, pero agora que o tiña diante, non tiña palabras para describilo, era “grandioso”… Non se podía explicar como aquela gran mol de pelexo podía irradiar tanta tenrura e espanto ao mesmo tempo. Pero xa non tivo tempo para máis pensamentos, Auro acababa de abrir os ollos e o seu co26


XANELA

saír do peito. O culebrón alzou a cabeza, e con voz bisbante contoulle ao rapaz que o estaba agardando e que sabía por que o buscaba. A Ían tremíanlle as pernas... Un puñal sen fío cravouse no corazón de Ían cando Auro lle contou algo que acontecera hai uns anos: dous humanos adentráranse nas galerías da cova abrumados pola súa beleza, coa mala sorte de encontrarse con Auro; este, pensando que querían roubarlle o seu tesouro, deixounos sen sentido baténdoos contra as paredes e logo levounos ao fondo do río... Mentres escoitaba, na cabeza de Ían asomaban os rostros de seus pais, apenas recordaba o sucedido ( xa que a súa familia non falaba diso diante del), pero o seu corazón dicíalle, dende a súa chegada ao Courel, que alí estaba parte da súa vida. O culebrón acercábase cada vez máis, empurrándoo contra unha parede sen saída; o rapaz estaba confuso e petrificado. Auro levantouno no aire dun golpe co rabo, e cando se despoñía a batelo de novo, sentiu uns dentes cravarse no seu gran pescozo. A pesar da dura pel de Auro, Orfeo conseguiu atravesala, arrincándolle un bo cacho de carne, facendo que o sangue saíra como unha mangueira pisoteada; ao mesmo tempo, unha “pedra dourada” metíase naquel burato coma unha frecha envelenada. O sangue bañaba a roupa de Ían e mais a fermosa pelaxe do lobo, que cravaba os seus dentes unha e outra vez, ata que aquela masa se derrubou coma unha cometa en pleno vo; aínda así, Auro esbozou un maligno sorriso. O rapaz contemplou a aquel ser desprezable que matara a seus pais, e cheo de rabia comezou a darlle patadas ata caer esgotado. Orfeo deitouse ao seu carón aloumiñándoo como cando unha nai arrola a un neno no seu colo. Ían ergueuse e saíu do tobo. Un pequeno regato pasaba por debaixo dos seus pés: estaba de volta na ribeira onde coñecera a Orfeo. Estaba magullado e canso, Lúa traíalle unha ramas de uces, e detrás dela, Nuberi ofrecíalle unha especie de té doce. Ao lonxe Orfeo repousaba nunha canle ao sol. O rapaz estaba espantado. Lúa, anticipándose aos seus pensamentos, explicoulle que, ao ser salpicado co sangue do culebrón, Orfeo nunca recuperaría a súa forma orixinal, pero aínda así, o amor que se tiñan Nuberi e Orfeo podía con todo. No alto do penedo, Nu-

beri acariciáballe a cabeza a Orfeo, como un anxo flotando nunha nube esponxosa e peluda; aquilo recompensaba todo o esforzo: ademais de ser un dos capítulos máis grandes e importantes da súa vida, Orfeo salváralle a vida. Unhas voces murmurantes xurdían ao seu carón, nunha cadeira cercana á súa cabeceira dormitaba Pedro, e aos pés de cama os avós deixaban escapar as bágoas pola emoción. ¡Estaba na casa! Ao querer falar, un calafrío percorreu o seu corpo, todo parecía tan estraño... O avó alegrábase por ser un “supervivente”, mentras que a avoa case o asfixiaba de tan forte que o apertaba; Pedro aínda estaba a despertarse. Pasaran nove días dende a súa desaparición, levaba durmindo dous días, así que cando lle contou a todos o sucedido, pensaron que sufrira un shock polo golpe na cabeza, aínda que a Ían xurdíalle unha pregunta: ¿Como podía saber que seus pais desapareceran naquel río, sendo el tan pequeno? Seguro que de oídas... Pedro asombrábase de tan poderosa imaxinación ¿Sería todo un soño? Meses máis tarde, Ían volveu á cabana con seu irmán e seus avós, para que Pedro completara o seu traballo sobre as aguias. Era verán e polas noites o ceo sempre estaba estrelado, así que Pedro e Ían soían deitarse nun claro a contar estrelas, pero unha noite sentiuse un ouveo que percorría os soutos como un choro esquecido. Ían ergueuse buscando coa mirada algún indicio sobre o dono daquel son, mentres que detrás dun carballo asomaba a cabeza un lobo que levaba sobre o lombo unha muller miúda. ¡Eran os seus amigos! Orfeo e Nuberi que viñeran a velo, e tras baixar a cabeza como un saúdo, marcharon ladeira abaixo. ¡Non fora un soño! E sempre que sentira un ouveo na serra do Courel, el sabería que os seus amigos seguían alí.

27


XANELA

JESÚS LORENZO CESPÓN A todos e todas, no percurso das nosas vidas, nos espera un momento agardado con ilusión, mais tamén con certa inquedanza: a xubilación. Ao final do presente curso, o mestre, compañeiro e amigo Jesús Lorenzo Cespón inicia esa nova viaxe, na que deixa atrás o traballo docente diario, o día a día marcado por horarios fixos e a adicación aos alumnos. Jesús, aínda mozo polo seu espírito alegre, xovial e dinámico, tomou esta decisión despois de toda unha vida (máis de 35 anos) adicada ao duro labor do ensino no que foi mestre non só para os centos e centos de rapaces que acolleu nas súas mans, senón tamén para moitos compañeiros aos que amosou decote o seu saber, amizade e camaradería. Seguro, a partir de agora, lembrará cunha faísca de saudade aqueles anos, xa lonxanos, nos que principiou a súa andaina profesional no xa desaparecido Martín Gómez, logo en Escarabote e no Stª Baia, lugares nos que exerceu cargos de responsabilidade como de secretario e director, tomando decisións con pulso firme e decidido. Tamén lembrará, con certeza, o seu periplo aquí, no IES A Cachada, onde o seguiremos agardando para disfrutar dun café ao seu carón e compartir conversa, consello e todo o saber que a súa experiencia nos pode ofrecer. Parabéns, Jesús. Desexámosche que este novo camiño que emprendes estea beireado de ilusións, esperenzas e novos proxectos. Seguimos contando contigo.

no 600 Jesús vir e u q a ir : “M alumnos Dicían os udi na casa.” A e deixar o

28


XANELA

Xentes do Barbanza Luís Avilés

Gravación de exteriores da curtametraxe “A subela” O director, Luís Avilés, dá instrucións aos intérpretes María Bouzas e Xabier Fornos.

Luis Avilés traballa na produción de anuncios audiovisuais e vídeos musicais, así como en diferentes campos da produción de series e programas para televisión. Cofundou o Colectivo Audiovisual Punto de Xiro, co que realizou a súa primeira curtametraxe, “Frores”. No ano 2001 colaborou na creación da produtora Proavis. Con este selo levou a cabo a súa primeira curta en formato cine 35 mm, “A subela”, que foi seleccionada para o programa Curtas 03 de promoción externa do audiovisual galego, sendo proxectada en festivais de todo o mundo. Na actualidade está no equipo de realización do programa Criaturas da TVG, e prepara a súa primeira longametraxe “Retornos”.

Ficha Técnica Ficha Artística Dirección: Luís Avilés Baquero Dirección fotográfica Pablo Vallejo Guionista Luís Avilés Baquero Intérpretes María Bouzas Xosé M. Olveira “Pico” Xose Mª Esperante Xabier Fornos Música Rodrigo Romaní

Título A subela Tipo

O zapateiro protagonista desta historia leva unha vida rutinaria e monótona. A súa tentación vive ao lado, unha prostituta coa que está fascinado. Cando á muller se lle poñen feas as cousas, ¿poderá el facer algo por ela? Atípica historia de amor arredor dun triángulo dramático e dun microuniverso cotián, que conta cun final sorprendente.

Curtametraxe Xénero Suspense Duración 22 minutos Orixe Galicia Ano 2002 Idioma Galego e castelán Subtitulado Inglés

Premios e recoñecementos Mellor música nos festivais de Elche e de Girona. Mellor dirección artística no Festival de Girona. 29


XANELA

C

oincidindo coas festas do Entroido, organizouse unha exposición de traballos realizados polos alumn@s de 4º ESO que estaban baseados na construción de distintos tipos de monicreques móbiles, como marionetas ou guiñois. Os traballos, que foron realizados e avaliados para a materia de Educación Plástica e Visual, estaban construídos con diversos materiais, entre os que destacan o papel maché, teas, madeira, pintura, cordeis, etc. A exposición dos traballos, coordinada e dirixida pola profesora de Plástica María Constantino, foi distribuída ao longo do corredor que conduce á Sala de Profesores e á Biblioteca, e contou coa colaboración de distintos profesores e dos propios alumn@s, que cederon temporalmente as súas creacións . A iniciativa levouse a cabo ao considerar que os traballos eran de gran calidade e orixinalidade temática, polo que foron expostos publicamente para poder ser vistos e disfrutados polo resto dos alumn@s, profesor@s e persoal do centro, aproveitando tamén a celebración do Entroido, que tan relacionado está cos disfraces, os monicreques e a fantasía en xeral.

30


XANELA

Dende o pasado curso un grupo de profesores e profesoras está levando a cabo un interesante traballo na biblioteca do noso Centro. O obxectivo non é outro que, despois de inventariar e clasificar todos os fondos que alí existen, dinamizar o seu uso para que este interesante recurso se convirta en algo útil e imprescindible dentro da comunidade educativa: que a biblioteca non sexa un sitio onde se gardan e acumulan libros, senón que sexa algo vivo; un instrumento útil ao que a comunidade educativa lle poida sacar partido; un lugar onde, ademais de ler, se poidan facer audicións, visionados, exposicións, conferencias, concursos, xogos… , onde se poida utilizar Internet e onde se xeren un serie de actividades destinadas a fomentar a lectura. Joaquín, Mariano, José Manuel, Paula e Xoán están facendo todo este labor e para isto contan coa axuda dunha enquisa que eles lles fixeron aos alumnos para saber os seus gustos, preferencias etc, de tal forma que, cando se vaian adquirindo novos fondos, terase en conta. O acceso á biblioteca é libre para todos os alumnos e alumnas do centro, así como para os seus pais, nais ou titores, o persoal docente e o non docente. Cada usuario terá un número de lector e un carné. Este é un documento de identificación, persoal e instransferible, de obrigada presentación á hora de participar dalgúns servizos e actividades da biblioteca (préstamos, concursos…) A biblioteca é un centro de información e documentación que conta con libros, revistas, xornais, mapas, enciclopedias, dicionarios, cederróns… Pero, ademais diso, na biblioteca podes atopar libros de aventuras, novelas, teatro, xogos, banda deseñada, discos de música, deuvedés… ORGANIZACIÓN DOS FONDOS Os libros son de libre acceso e están situados en estantes ordenados seguindo a CDU (Clasificación Decimal Universal) adaptada. Cada exemplar leva no lombo unha etiqueta coa signatura topográfica que indica o seu lugar exacto. A información da etiqueta é a que segue e vén disposta da seguinte maneira: CDU AUT tit

Número correspondente da CDU Tres primeiras letras do autor (ou encabezamento principal) Tres primeiras letras do título (sen artigos nin preposicións)

Nos andeis, cada volume está colocado dentro da sección temática da CDU correspondente, por orde alfabética de autores e, no caso de varias obras da mesma autoría, por orde alfabética de títulos. Se a obra é anónima ou ten varios autores, estará colocada ao final da sección, por orde alfabética de títulos. 31

* Lectura, audición e visionado en sala. * Préstamo (excepto materiais de referencia). * Información bibliográfica. * Acceso a Internet (previa cita). En pá xina

web-

* Información sobre o funcionamento da biblioteca. * Consulta do catálogo de fondos. * Vinculados a webs e descarga de documentos. * Caixa de suxestións.


XANELA

EXEMPLO: O principiño, de Antoine de Saint-Exupèry, ten a seguinte etiqueta: 82N-G SAI pri

CDU adaptada (82:literatura; N: narrativa; G: galego) Tres primeiras letras do autor (Saint-Exupèry, Antoine de) Tres primeiras letras do título (principiño, O)

O préstamo é un servizo no que están incluídos todos os libros e outros materiais, agás os dicionarios, encliclopedias, atlas … O número máximo de exemplares a emprestar simultaneamente é de 3. A duración normal do préstamo é de 14 días para os libros e de 7 días para calquera outro material non librario. Unha vez rematado o período de préstamo poderase renovar sempre e cando o exemplar en cuestión non estea solicitado por outra persoa. As sancións por retraso, deterioro ou perda do material van dende a retirada do carné durante 20 días, ata a reposición do material ou, no seu defecto, do aboamento equivalente para a súa reposición.

Actividades de formación de usuarios. Campaña de fomento da lectura. Celebracións puntuais relacionadas coa literatura e a cultura. Concursos e xogos. Exposicións e conferencias.

32

Durante a permanencia na biblioteca todos os usuari@s deberán gardar SILENCIO. Non está permitido levar comida nin bebida á biblioteca. Tampouco ter os móbiles acesos. O material débese coidar con todo o esmero posible para a súa conservación. Todos os materiais consultados deberán ser colocados de novo no seu lugar ou entregados ao profesor ou profesora de garda na biblioteca. As cadeiras tamén deben recollerse baixo a mesa ao abandonar a biblioteca.


XANELA

A

biografía deste destacado lingüista e historiador da Literatura nacido en Boiro, o 4 de abril de 1907, está marcada pola súa dedicación ao ensino, á investigación e pola súa inequívoca traxectoria galeguista, que o obrigou ao exilio tras a guerra civil española. Antes da súa saída forzosa do seu país natal, Martínez López licenciose en Dereito e en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, en 1927 e 1929, respectivamente, e doutourouse en Dereito pola de Madrid no 1936; desempeñou a cátedra de Lengua e Literatura Española no Instituto de Ensino Medio de Lugo, entre 1930 e 1933, e opositou ante a Xunta de Relacións Culturais do Ministerio de Estado á catedra de Lengua e Literatura Española no Instituto de España en Lisboa, que rexentou entre 1933 e 1936; neste mesmo trienio foi encargado do curso de Literatura Comparada Hispano-Portuguesa na Universidade de Lisboa e secretario xeral da Exposición do Libro Español en Lisboa; en 1936 e 1937 foi agregado cultural das embaixadas de España en Lisboa e París e conferenciante na cátedra de Marcel Bataillon na Universidade de Alxer. Mentres tanto, cultivou amizade con Valle-Inclán, Unamuno, Américo Castro e Sánchez Albornoz. Ao mesmo tempo, entregouse á organización do movemento galeguista, pois tomou parte na fundación do Seminario de Estudos Galegos (1923) e na do Partido Galeguista (1931), causas ás que se entregou ardorosamente.

Ramón aos dezaoito anos , en Boiro, na plena actividade estudiantil e investigadora da súa mocidade.

discorre e Ramón A nenez d vo, mariñeiro e cati amanun Boiro o ao que ch ceg re b la én tam con nos demais ban daquela rra do te “a banza llos do Bar sacho”.

A súa casa natal está á beira da estrada xeral de Santiago, no cruce de Abanqueiro, no barrio de Cimadevila. No baixo da vivenda familiar estaba o forno de Angelito, o panadeiro; a un lado os de Ferreño, parentes da nai; e en fronte a casa-taberna-baile dos Chonos, familia de sete irmáns con dúas monxas e tres ferreiros que, ademais de tocar o acordeón, implantarán o socialismo no Concello de Boiro, nos albores da II República. 33


XANELA

Despois de participar na guerra civil co bando republicano como tenente de carabineiros, inicia a súa andaina polo exilio en Francia, trasladándose a Arxentina en 1939; tras as lóxicas dificultades iniciais faise cargo da Biblioteca Municipal de Pergamino e é aceptado como investigador no Instituto de Filoloxía da Universidade de Buenos Aires. A partir de 1940 desenrola toda a súa actividade docente e investigadora nos Estados Unidos como catedrático de Filoloxía Española na Universidade de Texas (1940 -71), profesor visitante e membro do Seminario de Estudos Medievais na Universidade de Wisconsin (1941-42), profesor visitante de Lengua e Literatura Española e Portuguesa nos cursos de verán das universidades de New México, Puerto Rico, Denver, Middlebury Collage (Vermont). Tamén foi membro do Centro de Estudos Filológicos de Lisboa, da Medieval Academy of América, do Instituto Internacional de Literatura Ibero-Americana, da Modern Language Association, a American Association of Teachers of Spanish an Portuguese, director do Departamento de linguas Románicas da Universidade de Austin, etc. Ao seu regreso do exilio americano, en 1971, incorporouse de novo á vida política e intelectual galega e ostenta os cargos de membro do Padroado da Fundación Otero Pedrayo, de presidente da Comisión Xestora do Novo Seminario de Estudos Galegos, de membro do Padroado da Universidade de Santiago, de Presidente, en 1978, e Presidente de honra, en 1980, do Partido Galeguista, de membro asesor do Consello Descubrimento da placa na inauguración da Casa de Cultura Galega da Xunta de Galicia, secretario do Instituda Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro. to de Estudios Galegos “Padre Sarmiento”, durante o período 1 de xullo de 1988. 1977-78, etc. En 1976 pronunciou o discurso de entrada na Real Academia Galega desenrolando o tema Contribucións norteamericanas ao estudo da cultura medieval galega. É esta unha época na que recibe numerosos premios, distincións e homenaxes: en 1981, o Premio Pedrón de Ouro; en 1987 concédeselle o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo; en 1988, inaugúrase en Boiro a Casa da Cultura, que leva o nome deste insigne boirense :Ramón Martínez López; e o 4 de abril do presente ano foi nomeado Fillo Predilecto de Boiro. O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS Un grupo de estudantes da Universidade de Santiago, nunha visita á terra de Amaía, nas que Rosalía pasara os seus primeiros anos de nena, concebiron a idea de fundar un organismo para o estudo da realidade galega. O 23 de outubro de 1923 na casa de Armando Cotarelo Valledor asinan a acta fundacional: Fermín Bouza Brey, Xosé Filgueira Valverde, Ramón Martínez López, Manuel Magariños Negreira, Xosé Pena e Pena, Wenceslao Requejo Bouet, Francisco Romero Lema, Luís Tobio Fernández e Alberte Vidán Freiría. Nace así o SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, que ten como obxectivo o estudo de todas as manifestacións da cultura galega, tendendo á formación de investigadores e á divulgación dos resultados dos traballos realizados. Tras a guerra civil os fondos do SEG foron barbaramente espoliados na súa maior parte. 34


XANELA

En canto á súa ampla bibliografía, resultado case toda ela das súas investigacións sobre a lingüística galega, hai que destacar a edición, introdución lingüística, notas e vocabulario da General Estoria. Versión gallega del s. XIV. Ms. O. I. i. del Escorial, publicada pola Universidade de Oviedo. Ademais deste importante traballo sinalaremos: Alfonso Álvares de Villasandino, poeta gallego del Cancionero de Baena, en “Galicia”, Buenos Aires, 1940; artigos sobre Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Joaquim Teixeira de Pascoaes, Eduardo Pondal… no Columbia Dictionary of Modern European Literatura, New York, 1947; Adiciones y rectificaciones al Diccionario crítico-etimólogico de Corominas, en “Boletín de Filología”, Universidade de Chile, de 1959; Criticism and Linguistics, New York, 1961; A Portrait of Valle Inclán, en “Valle Inclán Centenal Studies”, Universidade de Texas, 1968; Nova ollada aos Cancioneiros, en Grial, 34, Vigo, 1971; Tense dito de cotío, en “ Cincuentenario de NÓS (1920-1970), A Coruña 1970, etc. Finou en Pontevedra o día 13 de setembro de 1989, aos 82 anos de idade.

Cando a Jorge Luis Borges lle preguntaron polas amizades que máis lle influíron, citou o nome de Ramón Martínez López, quen iniciara ao xenial arxentino no mundo das sagas nórdicas e da literatura saxona.

Martínez López con Borges

“ Toda a miña vida, con maior ou menor intensidade, traballei en centros de estudos adicados a Galicia, desde o antergo Seminario de Estudos Galegos, estupidamente clausurado, o Instituto Padre Sarmiento, a Real Academia Galega e agora a Fundación Castelao. Non coñezo outro medio de traballar pola Nosa Terra. Porque estes centros son, cáseque sempre, focos moi sensibles a todo o que acontece ou debe acontecer en Galicia. Non só o economista ou o político están en directo contacto coa realidade da súa patria; a adicación a calquera aspecto da cultura – galega neste caso– trae consigo fatalmente unha intensa preocupación pola entidade mesma que se estuda. Porque hai moitas outras maneiras de aproximarse á realidade dun pobo que solicitando votos ou administrando un concello, funcións que, por outra parte, en nada son incompatibles cos labores dun historiador ou dun filólogo”. Ramón Martínez López

35


XANELA

DEFENSOR DA LINGUA GALEGA

Gustaba de citar esta frase de Karl Vossler nos comezos dalgúns dos seus escritos: “ Cando ó sentimento nacional lle teñen sido tiradas todas as súas defensas, a lingua convérsese na fortaleza espiritual desde a que un día, cando os tempos lle sexan doados, sairá a reconquistar o seu posto”.

“A normalización da nosa lingua é unha clave para a liberdade de Galicia. Con respecto a tempos pasados, temos avanzado moito. Hai unha tradición centralista que non permite a normalización da nosa lingua; agora estase a loitar co mesmo problema, e aínda con algúns sectores da sociedade nosa, dende a propia Galicia”.

ANIMADOR DA MOCIDADE

“A universalidade non é somentes a concesión graciosa dunha descentralización administrativa; non, Universalidade significa moito máis: O ser un Pobo, o ter una personalidade, o ter uns cantantes, o ter uns heroes, o ter unha lingua, o ter unhas árbores (…) Cada vez que eu falaba na miña cátedra de Universidade de Texas, ou ditaba cursos de verán ou conferencias na Universidades de Wisconsin, Puerto Rico, Alburquerque, Middlebury e outras, e vía iluminarse aquelas caras cando lles lía poemas de Manuel Antonio, de Rosalía, de Curros ou de Celso Emilio, eu sentía por debaixo de min aquelas palabras: “Galicia, Célula de Universalidade”.

36

ACTIVISTA POLÍTICO

Os primeiros pasos na actividade política dáos nas filas das Irmandades da Fala, nas que ingresa moi novo. No 1930 afíliase á Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), fundada por Villar Ponte, Lugrís Freire, Ánxel Casal e outros galeguistas comprometidos na loita a prol da instauración da República.

Desde que en 1931 se funda o Partido Galeguista en Pontevedra, toda a súa vida hai que situala na órbita do PG. A el se entregou tanto nos anos da República (1931-36) como na recente transición política post-franquista. Soñou e pelexou decote polos ideais galeguistas. Arelaba un PG forte e ben implantado no país, gobernando a autonomía de Galicia.


XANELA

Foron poucas as incursións no campo da creación literaria que nos deixou o escritor boirense. Aos dezanove anos publicou A rosa de amor, un xuvenil conto de fadas no xornal El Compostelano (18-061926) A ROSA DO AMOR A fidalguiña chamábase como a Nosa Dona a Virxe. Acougaba nun castelo afincado no curuto dun monte ispido e isolado. Era tan fermosiña que os homes do val coidaban que no seu nascemento houbera algo de meiguería. Tiña dezaseis anos e unhas arelas moi grandes dun galán que lle dixese ao ouvido, verbas de amor. Preto do castelo vivía nunha casoupa cativa e misteriosa unha vella que tiña sona de meiga e adiviña e que por mal nome chamábanlle a “Ursa”. Unha vez en que o pai da fidalguiña saíra pra loitar cos mouros foi chamada a “Ursa” ao castelo. E a fidalguiña faloulle deste xeito: — Miña vella serva: ti que tantas cousas sabes para sandar as doenzas do corpo, non saberás dalgunha pra me sandar desta doenza de amor? E a “Ursa” contestoulle así: — Teño pra min que o que a miña dona precisa é a rosa das sesenta follas para namorar aos homes. Mais denantes de doarlla ten de saber como se emprega para que non lle vaia mal pois pódelle pasar moita disgracia; endeporiso direille que se debe ter en auga colleita cando as doce son soadas no día de San Xohán e pra que o galán pique namorado ten que arresendela dempois que vostede mesma lla doe. — Prégoche que me traias esa rosa –díxolle a fidalguiña-, e conta con que encherei as maus de ouro e prata. * * * O castelo está de festa. O pai da fidalguiña voltou de loitar cos mouros e de paso pra as súas terras veñen moitos cabaleiros principais. Entre eles vén un fidalgo, aínda mozo de loiros cabelos e barba loira cun aquel de valentía que namora á fidalguiña. Esta sobe ao seu caván, e pon a rosa das sesenta follas no seu corpiño broslado en prata e ouro e baixa onda seu pai, que está falando cos cabaleiros da pasada loita e louvando ao mozo fidalgo pola súa lanzalía. Este é o primeiro que a sente entrar e ollando con admiración a fermosa frol adiántase e pídelle pra arresendela. As fazulas da fidalguiña fermosa como as da Virxe teñen un dondo cor vermello… Dende aquel intre ficou namorada do fidalgo dos louros cabelos e das barbas loiras. * *

*

Entramentres que os noivos entran na capela pra xunguirse ante Deus, a “Ursa” morre toda mordiscada por uns lubicáns. É que as meigas morren cando fan algo bo neste mundo. 37


XANELA

1923 tono de u o o n ue e logo apaces q de Dereito e qu mir e d to e fa rsos o S paratorio Daquel os o pre úns doutros cu , bulideiro m a b ta e alg enc ledo mos con aquel , o máis formaria studos Galegos amón. Tiña un E R u e g staba is o nario d era cica ra moi falador e xestos o d a n o e apaix cioso, e verbas e seu. tas con i lto e gra desenvo chistes e anécdo rne irónico mo noo x o r , ta n s n u o o r se lib de c xpresivo r todo, xente e e p re a e m s e s to r abe ndaba ade po a id e s , io a r z u a súa Sentía c o, arte e nature para acalmar ll s e v io e med vo e o motivos ío procurar ndición. Lois Tob co inqueda

Foi un dos galegos beneméritos que tanto fixeron pola recuperación da nosa fala, da nosa cultura e da nosa personalidade histórica como pobo diferenciado. Membro da Xeración Nós, un daqueles rapaces iluminados que crearon aquela institución modélica que foi o Seminario de Estudos Galegos. Fundador, membro activo e candidato do Partido Galeguista, que abriu a esperanza dunha política galega con ética, dignidade e realismo cara á solución dos graves e crónicos problema da nosa Terra. Avelino Pousa Antelo

Da súa eficiencia como colleitor quedou boa proba nas páxinas de “Nós”, onde publicou cantigas, refendas, romances, alcumes, xogos, costumes do nacemento, topónimos e ditados tópicos. Filgueira Valverde

Ramó n un sí Martínez mbol Lópe o der G z alicia vivinte du aceptous e com e oga ó trav n xei l t a mane lá o poida eso da cul o de ente nt ira de u s r e a g , uir a que f mesm const oi se a r los sí s raíces. uír país d r, a mello , Os ho mbol e r n de os fic an co mes morr as súas en, m F. Dí nnosco. aia z- F i erros Vique ira.

emplo no s que tiñan dado ex Era un deses elixido minada ilu n ció a unha xenera mundo, pertencente lle coe qu n ció di specto á tra polo saber, polo re as causas seu compromiso co rrespondía e polo intermihome, esa ringleira xustas e co futuro do anzada av e representaban a nable dos homes qu a vida sú a , que sacrificaron intelectual da España ta que us inx tumuño da sorte no exilio para dar tes padecía a patria. Isaac Díaz Pardo 38


XANELA

Ai, ai!... Hai amores que matan! E este é o xurado? Ufff…!

Vai a,

vaia c

oa r apas a

ta ai sol ata” h r i p “ Canta

!

Quen dixo que xa non había trogloditas!

39


XANELA

C

é elas al d

i Pip

a zasl C al

? rgas

Bye, bye 4º A

Viv a

Mé xico

lind oe

bon ito!

Au revoir 4º B

d futuro está o í u q A Chao, chao 4º C

40

as o Serg


XANELA

O ESPELLO DAS VERBAS

41


XANELA

IDA E VOLTA SEN RESPIRAR Agustín Agra No nome de Deus, o compasivo, o misericordioso…, iniciou a súa ladaíña unha outra vez salmodiando a azora primeira coa ollada envisa nas tebras, cegadas pola escuridade e o proído do salitre… gabado sexa Deus, señor do universo, o compasivo, o misericordioso. Dono do día do xuízo, só a ti adoramos e só a ti imploramos axuda. Condúcenos polo recto camiño… É, sen dúbida, un tipo con sorte, certamente afortunado. Deu sobrevivido ao paso do estreito vai xa por dúas veces, impulsado pola desesperación da fame e da miseria irredenta, fuxindo á humillación de ter superado os límites da dignidade e chegar a cavar nos formigueiros, afondando na terra para roubarlles os grans que atesouraban os insectos. Inch Allah, foi o único que disque lle entenderon do que repetía con teimosía nun idioma inintelixíbel para os que, na súa primeira tentativa, o rescataron do seu agocho no fondo da gamela, irto e enlatado, apenas a unha milla das praias de Tarifa. Sorriulle aínda máis o destino na seguinte, aínda que non fora máis que unha ida e volta sen tempo a respirar. Traballaba tan felizmente nun taller clandestino de Alacante, cosendo nuns zapatos as solas de goma cunha Singer ferruxenta das que gastaban nos sesenta. Substituíra a agulla feita co óso de non sei que becho que empregaba no trópico polo trebello automático. Marabillábase aínda do extraordinaria que é a tecnoloxía do home branco 42

e do descomunal que para el era a súa miserenta paga para dezaseis horas de traballo, xornal sen seguro nin contrato que centuplicaba a renda per cápita da súa patria, o paraíso negro do que proviña, cando os Civís apareceron de súpeto no galpón do obradoiro e o devolveron sen miramento ao seu outro universo sen ter tempo sequera a inspirar con acougo. Rainke Idede!, retumbaba unha e outra vez nas súas tempas a despedida do pai na lingua hausa da súa tribo. Longa vida!, si, pensou, antes de volver a implorar con devoción ao Todopoderoso. No nome de Allah, o clemente, o misericordioso… salmodiaba axeonllado cara ao leste cando enxergou por terceira vez entre a escuridade das tebras o paraíso frío que andaba a procurar e que remataría acadando se Deus, na súa infinita misericordia, así o quixer, Inch Alláh.


XANELA

A

A CHOUS

e cantan ran a terra os grilos fu nlle cóxegas ao aire s fa as véspora n ao lonxe ra d la s n usa os ca ndo da cho egar ao fo o h c a ic e d suspir á présa ti camiñas rreiro do medio nun a c pasas polo on che afecte veces en eiras intentas qu a que probaches mil esmedido das maciñ d d ín a to n e u pero q rte do pra as desface non poderí s s pregunta as lágrima así n e ñ e v e u aq ro é por que pe ntre as pólas non sabes se o ll o eo mil choran arr o morre uido láianse seg á máis tarde que alg aro abaixo dir óm alguén che dunha mazá polo c s o c se o íd es te deita no ru ndo mentr sa n e p s a d e as qu n as lágrim a que veñe samente ceremonio a nca é azul dramátic ceo que nu undo m se e o d d r l o e b p sobre a máis o sa r unha vez para proba ada frauta moll colía n la pan de me

43

Olalla Co

ciña


XANELA

ENTENDES? David Pérez Iglesias

P

arounos a pañoca ao dereito. O carro era do mozo dunha chavala de 4ºA que flipa moito. Non sei que lle ve. É un caganas, o sábado meteulle unhas llollas un tipiño que andaba a pasar farlopa. Os lavabos da discoteca parecían o mostrador dunha panadería. Din que me van botar, tamén din que non saben que me pasa. O que pasa é que non se empanan da movida, nin queren. Eu non coñecía o chaval nin estaba por el, é un paspán. A entrada do insti está cheo deles nos recreos, pero doume o punto de irte ver a Ribeira ao porto cando baixases e el estaba alí. Por min ía máis lonxe, á praia do Vilar, ou a Corrubedo, ao faro, pero non ía por min, en realidade, nunca fixen nada por min, entendes? Senteime atrás e púxenme a facer unha coleta e pinteime un pouco, el puxo unhas malotadas a toda hostia no cd, dixo se quería fumar un flai, e niso parounos a pañoca: cando o tipiño se puxera a fardar de mala vida e deixou unha gomiña onde eu a vise ben a ver se me deixaba. Cos periquitos non cagou por si porque nin merda ten. Tiven que dar eu a cara. Sabes? Moitos homes sodes así. Por iso bebedes. Mamá dicía que tiñades medo. Que era por iso. A Garda Civil non foi atravesada, déronme uns consellos e deixáronme no insti. Mandáronme para a clase. O xefe de estudos doume lástima pero que se foda: qué sabe el.. Non se cosca de nada. Todo é: como volvas a, como me chegue outra queixa, como isto e como o outro. Debe estar farto. Estaban en galego; eu sento atrás, nunha mesa apartada, de superrepetidora oficial. Chovía. Mirei

para o mar e había dúas gamelas alando os aparellos e vía os traxes de augas amarelos dos homes. Antes de irte ao Gran Sol ti eras un deses e pasaba o tempo a mirarte, tamén estaba a lancha vermella da Costeira e detrás as nubes, o mar, e coa chuvia non se vía onde rematan as cousas. O de galego dicía que un pardau se matara contra o seu coche ao vir dar clase. Eu pensei que por dicir iso non lle debían pagar, a ti non che pagan por contar un conto nin por queixarte diante da xente. O chaíñas sentíase mal por ter matado o paxaro, mirou pola xanela e quedamos calados un cacho todos, a culpa é unha merda, e sentíase o mar a bater e os ruídos das tizas nos encerados e das sillas de arrastro e as voces altas dos mestres e unha porta bateu moi lonxe. É como estar dentro das tripas dun becho. Erguín a man e pedín para ir ao baño. El preguntoume se trouxera toalla. Xa hai tempo que non lle rimos o chiste pero el ségueo facendo. Patético. Eu non teño culpa do que vos pasou a ti e mamá, entendes? Non teño culpa de ter chegado tarde ese día. Cheguei tarde como puiden chegar cedo. Iso é todo. No baño subínme enriba do váter para que non me visen os pés por debaixo da porta e fumei un chester. Abriron e pecharon dúas veces, despois petou a orientadora na porta e díxome que saíse, que qué facía aí. Houben de darlle unha mala contestación. Tamén me dixo que me botaban tres días para a casa e mirou a ficha e compadeceuse de min, e así. A verdade é que tal como ela o contaba daba pena. Despois preguntoume qué facía no baño. Ralloume moito esa pena de barato e díxenlle que fora meterme os dedos na boca, a ver que cara poñía. Quedou calada, anotou algo na ficha e deume uns folletos sobre anorexia, bulimia e non sei que máis merdas desas. De camiño á clase tirei con eles. Antes de entrar andei a escubichar, subordinadas, frautas, polinomios, how are you very well thank you and you not bad and you, había dous malotiños expulsados que axexaban aos compañeiros polas xanelas do corredor;

44


XANELA

esmendrellándose de risa. Na clase facían un exercicio de palabras con h e palabras sen h. A veces parece cousa de tolos todo iso. O de galego ollaba pola xanela a pensar no seu pardal. Supoño que dixo pardal por dicir algo. Podía ser un neviñeiro ou un carrizo. Os paxaros mortos dan máis pena que os peixes mortos. Despois veu o conserxe e chamoume e estabas alí na entrada medio cortado, aínda sen mudar a roupa do mar. Onte limpei a casa toda e deixei un cocido preparado. Non vou

volver, entendes. Dentro de tres días cumpro os anos. Dixéronme que me collían na conserveira. Miña nai tamén traballou na conserveira e ti non a querías menos por iso, e non? Non é un fracaso, entendes . Non quero acabar coma o paxaro ese e que alguén quede pensando a culpa foi miña ou foi do gato. Entendes? Eu non. Entendes? Por que non deixas de mirar pola ventá e miras para min dunha puta vez? Ela non vai volver.

abre. que me o Astral. g e r a. endo o a maxi agán. oi fend b e p d o s c cánti os ollo us son reño. ismo. e os te ue emp arecer no ab ue a bates q o n a p eir nq esa uma co da fogu ro r co de d o lume iarte ten o ris incipio na esc ovemento fu r m c pronun a ten o seu p asemelle ao ch se toda ro ada hai que ión rotunda, n e r u o v ac p o rq ano, de as augas, é c o u e tú orte do t tal das cas ante a m o t o n a i eb océ coa qu ovo a fouce Olga N

45


XANELA

David Pérez Iglesias naceu no concello de Ames no ano 1962. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, exerce como profesor en Porto de Son. Colaborou en diversas publicacións, como Coordenadas, Dorna e Grial. Ademais da elaboración de material didáctico, como o volume colectivo Galego 5, colaborou en Tecendo panos e Paisaxes con palabras. É autor da novela xuvenil O pergameo de Elir, do libro de relatos Estación término ( premio Cidade de Lugo) e da novela curta Cando veña a noite (premio Avilés de Taramancos 2005)

Olalla Cociña Lozano naceu en Viveiro no ano 1979. Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Compostela, actualmente vive e traballa nese concello. É autora dos poemarios As cervicais da memoria (premio de poesía Avelina Valladares 2005) e aquí (intemperies), publicado no ano 2006. No 2000 obtivo o premio de poesía “O Facho” e no 2004 acadou o segundo premio na XVIII edición do certame literario da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona). Participou ademais na antoloxía Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia.

Olga Novo nace en 1975 na aldea lucense de Vilarmao (Pobra do Brollón). Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, exerce a docencia no ensino medio. Colaborou en numerosas publicacións literarias como Unión Libre, Anuario de estudios galegos, Boletín Galego de Literatura. Como poeta, dáse a coñecer a través de revistas como Ólisbos ou Dorna. En 1996 publica o seu primeiro poemario, A teta sobre o sol. Co seu segundo libro, Nós nus, é galardoada co premio Losada Diéguez de Creación. A súa última obra poética é A cousa vermella (Espiral Maior, 2004). Ademais ten obra recollida en numerosas antoloxías, e como estudosa da literatura publicou Por un vocabulrio galego do sexo ou Uxío Novoneyra. Lingua loaira, entre outros.

Agustín Agra Barreiro (Noia, 1966) é licenciado en Bioloxía, profesor no IES Cotarelo Valledor de Vilaxoán. Comenzou a escribir nas revistas Alameda do Liceo de Noia e Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia, e colabora asimesmo coa Asociación Cultural Barbantia. No 2004 gañou o primeiro premio do concurso de narracións curtas Modesto Figueiredo do Pedrón de Ouro con Os límites do inimaxinable, e obtén, na seguinte edición do 2005, o primeiro accésit con Na Caeira. A súa última obra é O tesouro da Lagoa de Reid`Is (Xerais 2006), premio Merlín de Literatura Infantil 2006.

46


XANELA

O

martes 27 de febreiro os alumnos de segundo fixemos unha visita guiada á Catedral de Santiago de Compostela. Esta visita enmárcase dentro da programación de Ciencias Sociais, en particular da arte románica. Desde as cubertas da catedral que ¡ollo! non teñen tellas, son de granito escalonado, apreciamos unha magnífica vista da cidade en particular das prazas que rodean a Catedral. Cando estivemos nas cubertas observando as torres onde están as campás, contáronnos unha anécdota moi curiosa: O campaneiro vivía no campanario, e nel tiña un porco e galiñas. Cando quería matar o porco facía soar as campás e matábao, evitando así que a xente escoitase os seus berros. Cando baixamos das cubertas entramos á Catedral pola porta do Obradoiro, visitando en primeiro lugar o fermosísimo Pórtico da Gloria, que era a porta orixinal da Catedral dende fins do S. XII ata que a finais do S. XVIII se construíu a fachada do Obradoiro no estilo artístico do momento, o Barroco. O Pórtico da Gloria, obra do mestre Mateo, é o conxunto escultórico máis destacado do Románico en Galicia; nel aparecen representados, coma se dun libro de pedra se tratase, diversos episodios bíblicos. Quizais unha das representacións máis famosas do Pórtico sexan os vinte e catro anciáns da Apocalipse afinando os seus instrumentos musicais. A Catedral, que se empezou a construír no ano 1035 sendo bispo de Santiago Diego Peláez, tivo un gran impulso baixo as ordes de Diego Xelmírez. É de arte románica na súa estrutura, aínda que logo, ao longo dos séculos, fóronse engadindo elementos e partes noutros estilos artísticos, coma a fermosa fachada barroca do Obradoiro. O estilo románico pódese apreciar nos seus capiteis, na planta de cruz latina, bóveda de canón, arcos de medio punto... 47


XANELA

Tamén no noso Concello atopamos mostras deste estilo artístico. Así por exemplo: Igrexa de Santa Baia de Boiro: Este templo, posiblemente do S. XII, ten estrutura románica, e restos deste estilo son os capiteis, que perduraron, aínda que bastante esvaecidos. Foi o bispo Xelmírez (o mesmo que rematou as obras da Catedral de Santiago) quen a restaurou e consagrou, xa que estaba en completa ruína, asolada talvez polos piratas normandos. Máis tarde sufriría varias restauracións e modificacións que nos levan á arquitectura de hoxe. Igrexa de San Vicente de Cespón: Data do S. XII . Da súa estrutura románica orixinal conserva a bóveda, columnas, capiteis e arcos de medio punto. No seu exterior amosa cinco canzorros románicos nos muros da ábsida. A fachada principal conserva tamén testemuños do románico orixinal en columnas, capiteis e arquivoltas. Outros elementos románicos do templo quedaron ocultos ou desapareceron tras as obras de reforma e ampliación levadas a cabo ao longo do S. XVIII, e que dan ao templo actual regusto barroco.

Igrexa de San Cristovo de Abanqueiro: A súa construción data dos últimos anos do S. XII e principios do S. XIII, aínda que tamén sufriría posteriores reformas. No exterior do templo destacan os primitivos contrafortes neorrománicos que permiten o peso da bóveda de pedra; pero especialmente relevantes son os 28 canzorros dispostos entre un e outro beiril.

48


XANELA

As chamadas especies exóticas ou invasoras supoñen unha grave ameaza para as autóctonas. Primeiro adáptanse ao entorno, logo invaden o territorio e ao final acaban por aniquilar as especies propias de Galiza. O VISÓN AMERICANO É unha especie introducida no noso país accidentalmente polas granxas peleteiras en 1920. Ten feito moitos danos nos ríos galegos. É un auténtico depredador: caza moi ben, moito mellor que o visón nativo. Aguanta todo: xente, contaminación… En 1994 en Madrid, no río Manzanares, deixánbase ver a pleno día. Todos os anos hai soltas de visóns, a maioría por atentados “ecoloxistas” que os liberan, facendo máis dano á nosa natureza do que intentan evitar. A AZOLLA FILICULOIDES É unha planta acuática que se converteu nunha especie invasora no río Miño. Procede de América do Norte e estendeuse pola Península Ibérica formando densos tapices na auga. A retirada desta especie é necesaria para evitar o desprazamento competitivo de plantas acuáticas ademais de diminuír a cantidade de osíxeno na auga. Aínda que no río Miño fose erradicada, quedan moitos tramos na Península Ibérica nos que se foi estendendo.

ACACIA DEALBATA (MIMOSA) Árbore procedente de Australia. Foi introducida como planta ornamental pero na actualidade está moi estendida en Galiza xa que se comporta como unha especie moi invasora que despraza á vexetación natural, sobre todo despois dos incendios forestais.

49


XANELA

A RA TOURO A ra touro é un anfibio procedente de Norteamérica que se espallou por boa parte do mundo debido a que o seu gran tamaño (22 cm) fai que as súas ancas sexan moi apreciadas. En América do Sur, tras fuxir das granxas onde se criaba, ameaza os ecosistemas locais. A súa gran voracidade (aliméntase de invertebrados, serpes, paxaros, morcegos e mesmo doutras ras touro) acabou con certas especies e privou de alimento a outras. Como medida de control trátase de fomentar o seu consumo entre as poboacións locais. Por sorte, aínda que hai granxas en España dende 1990, aínda non se atoparon poboacións que se reproduzan en liberdade. Non obstante, debido ao pouco coñecemento que existe no noso país do perigo que supón introducir unha especie foránea, tal vez dentro de pouco a ra touro se sume á lista de especies invasoras.

CORTADRÍA SELLOANA (PLUMEIRO) Planta herbácea orixinaria de Arxentina, Uruguai e da zona meridional do Brasil, onde lle chaman “herba da Pampa”. En Europa foi introducida no século XIX, ben para evitar corrementos de terras nos taludes das estradas ou como planta ornamental. En pouco tempo convertiuse nunha praga e xa se ven nos terreos agrícolas desprazando as especies propias dos nosos ecosistemas, degradando a paisaxe e diminuíndo o valor agrario das nosas terras.

SARGASUM MUTICUM (SARGAZO XAPONÉS) Alga parda orixinaria das costas xaponesas que foi introducida en Europa xunto coa importación da ostra xaponesa co obxectivo de repoboar o noso litoral. Mentres que no Xapón esta alga non sobrepasa o metro de lonxitude en Galicia pode alcanzar os 8 metros. Ten unha grande capacidade invasora desprazando as especies locais, impedindo que a luz penetre máis alá da superficie da auga, e os fragmentos que van á deriva poden deteriorar as hélices das pequenas embarcacións. 50


XANELA

DREISSENA POLYMORPHA (MEXILLÓN CEBRA) Molusco bivalvo de auga doce que tamén resiste a auga salgada. En España apareceu por primeira vez no río Ebro no ano 2001, grazas á solta de auga, con larvas deste mexillón, trasportada por embarcacións procedentes da súa zona de orixe: Mar Negro e Mar Caspio. É moi agresivo, xa que causa un gran desequilibrio ecolóxico.

O EUCALIPTO Coñecido cientificamente co nome de Eucaliptos globulus, é unha árbore de rápido crecemento e que posúe follas con efectos medicinais así como de agradable olor. Esta árbore é orixinaria de Australia e Tasmania. Chegou á Península, segundo afirman, introducida por Frei Rosendo Salvado, que no s. XIX enviou sementes desta árbore a Galicia. Actualmente o eucalipto apropiouse dunha gran parte da extensión xeográfica da nosa comunidade, a causa do favorable clima para a súa rápida reprodución. A consecuencia negativa desta rápida invasión é que esta especie é moi eficaz cando compite con outras especies vexetais, requerindo ademais unha grande cantidade de auga para a súa supervivencia. Outro problema que xenera esta árbore á a presenza de Gonipterus scutellatus, un insecto orixinario de Australia que se alimenta das follas do eucalipto, constituíndo unha auténtica praga para o eucalipto en Galicia.

CARPOBROTUS EDULIS (UÑA DE GATO) Planta rastreira que forma tupidas alfombras. Procede de Sudáfrica e foi introducida no noso país como planta ornamental e hoxe en día invade sobre todo o litoral desprazando a vexetación autóctona. TRABALLO FEITO POR: Tania Mato, 3ºD Ana, Santiago, Óscar, Francisco, Patricia, Borja, 4ºA Sandra, Tania, Guillermo, 4ºB Cristian, Tamara, Jorge, Iván, 4ºC 51


XANELA

O PINIÓN P I N I Ó N OPINIÓN

Quero deixar clara a última cousa, e é que como di o meu profesor de baile (ex-compoñente do Ballet Folclórico Rei de Viana) “para vestir un santo non hai que espir outro”. Con isto quere dicir que non se tiña que desfacer o Ballet Folclórico Rei de Viana para ser substituído por Vacuo, xa que son cousas moi distintas dentro da nosa cultura. Eu, dende aquí, propoño un novo eslogan: A DANZA VOLVE X NÓS PORQUE QUIXERON QUE SE FORA.

A DANZA VOLVE X NÓS Con este eslogan saíu á luz o 6 de xaneiro un novo grupo de ballet galego chamado VACUO, con música de Berrogüeto e coreografía de Maruxa Salas. Eu, dende aquí, quería dar as miñas felicitacións a toda a xente que fixo posible que este pequeno grupo de dez persoas saíse á luz e que, grazas ao seu corpo, nos transmitise os sentimentos da música galega. Tamén quería dar as “grazas” a todos os que conseguiron desfacer o Ballet Folclórico Rei de Viana para que Vacuo puidese presentarse en sociedade. Quería deixar claras unhas cousas. A primeira é que o Ballet Folclórico Rei de Viana encargábase de que as nosas tradicións chegasen vivas ata nós e, no pasado, non só aos galegos, senón a parte do mundo enteiro. Vacuo non consegue isto xa que para empezar non se visten co traxe propio da cultura galega, non conservan os bailes antigos… Quizais estas tradicións morran dentro duns anos, aínda que sempre nos quedarán os libros para saber a cultura que os nosos antepasados nos deixaron.

N.F.D. QUE ESTAMOS A FACER? O centro na nosa vila é unha estraña amalgama formada por edificios que non seguen ningún tipo de criterio. Cada fachada é diferente das demais. Pódese ver un vello, dos anos sesenta xunto a unha recente edificación de pedra ou un edificio recuberto de azulexo xunto a outro coa pintura cuarteada. As nosas beirarrúas presentan unha antiestética cor gris e non teñen dúas baldosas iguais nin á mesma distancia da calzada; á parte, cando se está a construír un edificio, quedan invadidas obrigando aos peóns a dar un rodeo meténdose pola estrada. Gozamos de moi poucas zonas verdes, as “isletas” de Rúa Ancha, unhas arboriñas en certas rúas e o parque da Cachada. Neste último construíuse unha fonte cun chafariz de dezaseis metros que o afea completamente. Na fonte, que agora xa nin funciona, investiuse un monte de cartos que poderían ter servido para mellorar as instalacións deportivas de 52


XANELA

todo o concello. Tampouco a nosa casa do concello é algo digno de ver. O antigo edificio de pedra polo menos tiña encanto e merecía un substituto mellor. Ao que temos agora a xente chámalle, moi acertadamente, “O Corte Inglés”. Carecemos mesmo dun lugar para a feira ou para instalar as atraccións das festas. Para acabar de empeorar as cousas, o único intento que se fixo para embelecer a vila, peonalizar as rúas do centro, estivo paralizado polas esixencias dunha comerciante que é incapaz de entender que unha rúa peonil podería darlle un empuxón ao seu negocio. Francamente, eu non sabería indicarlle a un turista un lugar para que visite, xa que nin sequera conservamos o núcleo histórico. Se tivésemos tido un pouco máis de coidado e de sentido da estética, hoxe teriamos unha fermosa vila da que todos nos sentiriamos orgullosos.

Se a metade de cancros xa se curan, cabe preguntarse que falta para tratar a outra metade. Os mellores expertos coinciden en sinalar tres camiños: 1. A investigación biomédica. 2. A mellora dos hábitos de vida. 3. A detección precoz. O camiño que hai que seguir preséntase longo e sen atallos, por exemplo, no primeiro caso, a sociedade e os poderes públicos deberían financiala. No segundo caso, tratar un cancro de pulmón ou de colon non é sinxelo, pero a maioría destes cancros poderían evitarse fuxindo do tabaco e das dietas insensatas. Sobre o terceiro, creo que moita xente se salva do cancro que padece, grazas a unha detección precoz que ás veces é casual cando se fai unha revisión. Por iso se a xente se fixera revisións regulares, descubriríanse cancros máis precozmente e salvaríanse vidas. ANXO MARTÍNEZ ORDÓÑEZ

ANA ISABEL DACOSTA URBIETA

A AXENDA DO ESTUDANTE Só quedan unhas horas para ter que entregarlle á de Galego o exercicio semiobrigatorio ( palabra da cal aínda non teño moi claro o seu significado). Menos mal que atopei un curruncho da miña apertada axenda hoxe a medianoite. Esta é boa hora, xa que o fresquiño que vai axuda a contrarrestar os ardores de estómago que veñen cando pensa un en quen sería o cabrón que inventaría os comentarios de texto e cousas polo estilo. Aínda así, preguntarédesvos por que non fixen isto outro día, xa que a profesora nos deu tempo dabondo. A resposta é simple, onte estiven ocupado... e antonte, e antes de antonte e antes de antes de antonte.

O CANCRO O cancro é, paradoxicamente, unha consecuencia do grande éxito da medicina moderna, porque a esperanza de vida nos países occidentais é cada vez maior. A finais do século XIX non tanta xente chegaba, como agora, a vivir máis de 40 anos, que é a idade na que comezan a aparecer as primeiras mutacións. As mortes por cancro diminuíron no 2005 por primeira vez en Galicia e en España, o que significa un gran progreso da oncoloxía fronte a esta enfermidade tan complexa. Na actualidade non temos cura contra o cancro, nin os expertos confían en que chegue a habela. Se un de cada dous cancros xa se cura (o 55% dos pacientes sobrevive máis de 5 anos, e cada vez cunha maior calidade de vida) é grazas a ducias de innovacións médicas imperfectas, cada unha aplicable a certo tipo de tumores e de pacientes. 53


XANELA

Si, estiven ocupado: os estudantes temos unha vida real tras desas caras de apampados con olleira que mostramos na clase unha hora tras doutra, un día tras doutro, unha semana tras doutra... Si, temos moitas máis cousas que facer á parte deses exercicios deprimentes, ben impresos ou ben ditados, aos que pouca xente lles fai demasiado caso. Si, gran parte de nós temos as nosas ocupacións ás que lles temos que adicar o seu tempo, tanto se son clases de Inglés ou de Música, como se a alguén se lle ocorre facer un curso de punto de cruz por fascículos ou ensinarlle xaponés a un portugués: dá igual o que sexa. Claro, todo o mundo dá por sabido iso de que servimos para algo máis que para mirar o voo das moscas da clase e facer debuxiños no caderno (á parte de atender na clase, por suposto), pero poucos o demostran. Para mañá teño que levar feitos unha chea de exercicios de Física (di a profesora que son pouquiños... non podo dicir que non estea en desacordo con ela). Creo que farei o típico de : “¡Ups, quedóuseme o caderno na clase”. Pero se isto non chega para unha materia, como para pensar nas máis de dez (xa nin as quero contar) que temos. Se só houbese un/unha profesor/a así.... Un día só ten 24 horas, seis delas xa as pasamos recluídos nesta especie de prisión da que nin sequera nos deixan manter contacto co exterior, e deberiamos durmir, como mínimo, outras oito... Sen contar que os martes hai clase tamén pola tarde. Facede contas, que eu agora estou canso e necesito durmir aínda que sexan só seis horas e media. O pero disto é que nin sequera cobramos polo noso traballo; logo a xente sae a manifestarse en contra da escravitude infantil nas minas de Perú e cousas polo estilo. Profesores, agora xa me dá igual que cambiedes, estamos case a finais de curso e eu conto con marchar desta mazmorra para que me martiricen noutra, que ao final acaba aburrindo catro anos seguidos na mesma, que necesito un cambio de aires... Seguide así co voso traballo, que aprendan os de primero o que lles queda por diante.

UNHA LACRA QUE NON DESAPARECE

Xa vai facer un ano que meu pai faleceu a consecuencia dun accidente de tráfico. Moitas son as persoas que coma el perderon a vida na estrada por mor dun condutor despistado, bébedo, con sono... e non facemos nada para evitalo. É certo que o número de persoas que perderon a vida nas estradas nos últimos meses descendeu con respecto a anos anteriores, debido á implantación do carné por puntos; pero tamén é certo que día tras día seguen falecendo persoas. Meu pai tiña 40 anos, pero tamén os hai de 20, 33, 29 ... de todas as idades. Esta é unha lacra que afecta, sobre todo, á xuventude: os que debemos pensar que andar cun coche por unha estrada é como andar por unha pista de coches de choque... e non é así. Agora empezaron as obras para facer o desdobre da vía de alta capacidade do Barbanza, con motivo do gran número de accidentes ocorridos nela dende a súa apertura. Eu penso que esa non é a solución definitiva para que deixen de ocorrer os accidentes, senón que a solución témola nós: deberiamos saber actuar correctamente cando conducimos e se vemos que non podemos ou que nos sentimos mal, non coller o coche, e así non ocorrerían a metade dos accidentes que ocorren. O bo é que isto se pode levar a cabo pero que non se cumpre porque sempre haberá un que queira chegar antes a un lugar, un que non durmiu o suficiente, outro que afoga as súas penas no alcohol... E que pode traer como consecuencia a perda da súa vida e tamén, o que é peor, a doutras persoas. ALBA TRIÑANES VILASOA

ÓSCAR R. FERNÁNDEZ SÁNCHEZ

54


XANELA

UNHA POBOACIÓN SEXISTA

Cada vez somos máis as persoas que pensamos que unha boneca non só é un xoguete de nena, e quen di unha simple boneca di tamén un posto de traballo como albanel, mecánico ou condutor ou calquera outra cousa que só “poden facer” os homes ou as mulleres. ¿É que hai cousas só para homes ou para mulleres? ¿Por que un neno non pode xogar cunha boneca igual que cun coche ou un tractor? ¿Ou unha nena xogar por igual cun coche que cunha Barbie? Eu, cando era unha cativa e xogaba cos tractores, as escavadoras e os coches do meu curmán, el tachábame de “marimacho” ¿É un motivo convincente o pensar que por xogar cun tractor ou un coche unha nena é un “marimacho”? Eu non creo que sexa así, pero… ¿Que pensa a poboación? Que un neno que xoga cunha Barbie non é un neno, é “marica”; e unha nena que se divirte cun xoguete dun neno é un “marimacho” ¿Que nos leva a ver as cousas de tal xeito? A publicidade, por exemplo. Nun anuncio de coches teledirixidos nunca vai saír unha nena. ¿Por que? Porque pensamos que iso é un xoguete de neno. Poño como exemplo os xoguetes, pero o mesmo sucede cun posto de traballo ou con outras moitas cousas. Os homes e as mulleres somos iguais, de diferentes sexos, pero iguais.

portugueses, entre os séculos XII e XIV, faise tan remoto que semella que non eran nosos. Si que o eran. Eran poetas cultos e refinados que engrandecían a cultura ibérica. O seu cancioneiro é un cofre de tesouros pouco coñecido e valorado na vella Europa. Foron precursores dos Precursores, dignos piares que sosteñen o cumio da literatura en lingua galega, que é a padronense Rosalía de Castro, muller dun home de titánico talento, o arteixán Manuel Antonio Martínez Murguía, homónimo dun atrevido e solitario trobador do mar, o rianxeiro Manuel Antonio. A poesía sempre foi e sempre será un dos nosos puntos fortes, un legado para o mundo, para o mundo dende aquí, dende xente que saca o mellor de si cando se enfronta ás tormentas e ós lóstregos do tempo e da vida. Unha longametraxe axeitada ou unha edición coidada, con ilustracións e con explicacións de símbolos e referencias —os cervos sedentos, as aves sabias , as fontes— podería ser determinante para que floreceran como deben estas sementes poéticas, dando vida a flores duras de escarnios e a flores tenras de amores. En humilde ofrenda aos míticos trobadores de Galiza e do irmán Portugal , aí vai unha grilanda de achegamento ao seu engaiolante estilo:

TANIA MATO A SEDE DOS CERVOS Hai tantas preguntas…Como eran estes poetas? Había algunha muller? Quen tiña acceso a estas fermosas obras de arte? O tempo dos trobadores galaico55

Minha adorada señor Amante das mimosas E das cousas mais fremosas, Lume destes ollos Cuytados por amorosos. Diante do vosso esplendor, Quérovos un saúdo dar No vosso aniversario: De vos,meu coraçon,que érades Erma velida Dous donosos infantes nasçeronPara dar Leticia ó ar, Para enfeitizar ós que os tiñeron, Para mi e para vos, amiga, Que xuntos un día nos atopamos na vida. RAMÓN TORRADO ROMERO


XANELA

NOVAS FOLGA NO ENSINO O pasado 8 de novembro, baixo o lema: “PARAMOS OS INSTITUTOS PARA QUE O GALEGO EXISTA”, a Mocidade pola Normalización Lingüística convocou unha folga estudiantil en toda Galiza. As Mocidades pola Normalización están englobadas dentro de A Mesa pola Normalización Lingüística que naceu en abril de 1986 e trátase dunha plataforma independente e plural que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social. O seu papel principal é sensibilizar a poboación a través de distintas iniciativas e, por outra banda, abrir novas vías de uso do idioma galego. Denunciar, igualmente, calquera agresión ou discriminación que poida sufrir o noso idioma. No campo de ensino desenvolve un intenso traballo pola importancia que ten o galego na formación da futura sociedade galega. Vendo que non se cumpren as leis que rexen o uso do galego no ensino (Decreto 247/95, Carta Europea das Linguas, Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega), a maioría do alumnado deste centro secundamos esta folga.

O seguimento en Galiza tamén moi masivo. EXCURSIÓN DE RELIXIÓN O día 27 de novembro o alumnado de relixión de 2º da ESO fixemos una visita cultural aos mosteiros de Armenteira e Poio, así como á cidade de Pontevedra. No mosteiro de Armenteira, sor Ana explicounos as cousas que realizan as monxas, que alí viven a cotío. As nosas mestras explicáronnos as distintas partes do mosteiro. Posteriormente, no mosteiro de Poio, fixemos unha visita guiada polas distintas dependencias. Cabe destacar un enorme mosaico que rodeaba o claustro, feito con mármore, así como tamén unha exposición de libros de pequeno tamaño. Trasladámonos a continuación á cidade de Pontevedra. Un guía do concello levounos polo casco antigo, explicándonos a orixe dos nomes das distintas rúas, prazas, igrexas e cruceiros. Tras o xantar en Pontevedra, voltamos a Boiro. Foi unha excursión moi educativa, pero ao mesmo tempo moi divertida.

56

ENTROIDO

O venres 16 de febreiro levouse a cabo no noso centro un festival de disfraces. Este celebrouse dende o segundo recreo ata a hora da saída. No espectáculo participaron todas as aulas do Instituto. Deste modo puidemos observar dende uns roqueiros ata uns trogloditas, pasando por escolares, mecánicos ou enfermeiros. Ao final do festexo tocou o grupo de música local “SMASHING” . Despois entregáronse os distintos premios outorgados por un xurado formado por profesor@s e alumn@s. DESFILE EN TONOS O venres, día 24 de novembro ás 10 da noite, os alumn@s de 4º de ESO deleitáronnos cun sensacional desfile na discoteca Tonos cun único obxectivo : recadar diñeiro para poder ir


XANELA

de excursión a Barcelona o vindeiro día 24 de marzo. Por esta luxosa pasarela luciron o seu bo tipo as rapazas e rapaces de 4º ESO. CONTACONTOS BILINGÜE

O 16 de novembro os alumn@s de 1º e 2º da ESO asistimos á Casa da Cultura de A Cachada para presenciar unha sesión de contacontos a cargo de Timothy Bowley. Durante a sesión contounos catro pequenas historias en inglés. Simultaneamente, unha tradutora contábanolo en galego. A primeira historia trataba de tres irmás ás que Barba Azul lles prohibira entrar nunha habitación da casa. Elas entraron e aí comezaron os problemas. Estes rematarían coa morte de Barba Azul a mans dos tres valentes irmáns das doncelas. Na segunda contounos o fatal desenlace que tivo un rei tras bater coa cabeza nun arco de trunfo. Puxo un pleito a distintas persoas polo accidente que tivera no arco. O rei foi declarado culpable e decapitado. O terceiro conto trata dun rapaz, Jack, que para evitar a morte da súa nai, encerra á

Morte nun frasco. Debido a este feito ninguén podía morrer, nin os animais, nin as plantas. Isto supuxo a fame en todo o planeta, polo que Jack tivo que soltar á Morte. E entón a nai de Jack morreu cun gran sorriso na boca, sabendo que o seu fillo fixera o correcto. A cuarta historia lévanos aos tempos do rei Artur, a quen un home lle facía unha pregunta que tiña que contestar correctamente se quería seguir vivindo. A resposta deulla unha vella a cambio de casar con el. Despois de dicirlle a resposta, a vella converteuse nunha fermosa rapaza. Esta actividade axudounos a comprobar o noso nivel de inglés. CALENDARIO

O Equipo de Normalización Lingüística de IES A Cachada, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Boiro, editaron un precioso calendario para o ano 2007, que foi distribuído entre todos os escolares do municipio. MÁSCARAS Dentro da programación na área de Ed. Plástica e Visual, e para conmemorar as festas do 57

entroido, os alumn@s de 1º ESO, dirixidos polos seus profesores Joaquín Morales e María Constantino fixeron unhas preciosas caretas coa técnica de papel maché e pintura. UNHA LECTURA RÁPIDA EN INGLÉS

Na semana do 20 de decembro do pasado ano tivo lugar unha serie de préstamos de libros en inglés. Como agasallo aos alumn@s que colleron un libro, a profesora Mª Xosé mercou uns ovos de chocolate que, para ser francos, estaban ben bos. Tamén cabe destacar que 114 alumn@s colleron un libro, pero non só foron 114 os alumn@s que colleron ovos, senón que tamén houbo algúns que pasaban por alí e botaban “o guante”, polo que máis dunha vez houbo que repoñelos. A fin de contas, o obxectivo de todo isto era fomentar a lectura de libros en inglés e que os alumn@s se divertisen lendo nas vacacións. Temos que darlle tamén as grazas a Mariano, xa que a idea inicial de todo isto foi del.


XANELA

DEPORTES Dende o principio de curso estanse celebrando no noso Instituto uns campionatos organizados polo Departamento de Educación Física. Esta actividade deportiva consta de dúas partes: Campionato interno: Celebrouse nos recreos. No primeiro trimestre fíxose para 3º e 4º , xogándose os partidos de fútbol sala a dous tempos, un en cada recreo. A final tivo que xogarse á volta das vacacións de Nadal por terse atrasado partidos por mor da chuvia. No segundo trimestre xogouse un campionato, tamén de fútbol sala, entre os alumnos de 1º e 2º. No terceiro trimestre está previsto xogar un campionato de baloncesto 3 x 3. Campionato intercentros: O noso IES está a participar nun Campionato organizado polo Concello de Boiro. Estamos anotados en fútbol sala masculino e feminino e voleibol feminino. Os centros participantes son os IES de Boiro, Ribeira e Rianxo. GOING TO THE THEATRE

O día 14 de marzo o Departamento de Inglés organizou unha saída a Santiago cos alumn@s de 1º e 2º de ESO para ver no Teatro Principal a obra de teatro en inglés Where’s the parthy?

SAÍDA CULTURAL

O día 23 de novembro os Departamentos de Física e Química, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais organizaron una saída a Santiago cos alumn@s de 3º. Durante unha apertada xornada fixeron un recorrido urbano polo núcleo vello da cidade guiados por persoal do Concello, visitaron a Facultade de Química, onde puideron facer unha serie de prácticas de laboratorio, logo desprazáronse ao Museo Pedagóxico Galego onde ademais de ver unha exposición de xoguetes puideron contemplar como eran as escolas antigas e o material didáctico daquela utilizado; finalmente visitaron o Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago. LETRAS GALEGAS O Equipo de Normalización Lingüística do Instituto, en colaboración cos Departamentos de Música e Galego, teñen previsto organizar uns actos, para conmemorar o Día das Letras Galegas, que se celebrarán o día 11 de maio na Casa da Cultura de A Cachada, e que constará do seguinte programa: - Entrega dos premios dos con58

cursos de Poesía, Relato e Cartel e lema. - Recitación poética a cargo de alumn@s do Centro. - Recital musical de alumn@s do Instituto dirixido polos profesores de música Aurora, Olalla e Tubío. - Representación dunha obra de teatro. - Contacontos, con Celso Sanmartín. ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR EN SANTIAGO O pasado día 27 de febreiro os departamentos de Galego e Sociais organizaron unha saída para o alumnado de 2º de ESO. Pola mañá visitamos o Museo do Pobo Galego e mais o Museo de Arte Contemporánea. Pola tarde fixemos unha visita á Catedral e ás súas cubertas. No Museo do Pobo Galego puidemos observar ferramentas de oficios xa esquecidos. No Museo de Arte Contemporánea sorprendeunos ver a creatividade dos novos artistas. A visita aos tellados da Catedral proporcionounos unha visión de Santiago inesquecible. Foi unha visita divertida e chea de emocións. TEATRO Os alumn@s Noemí Amigo, Cristian Rodríguez, Nuria Santamaría e Noelia Taibo están ensaiando unha obra de teatro titulada O rei aborrecido de Xesús Pisón. Teñen pensado representar esta peza teatral na Casa da Cultura de A Cachada no mes de


XANELA

FRANCÉS O Departamento de Francés organizou unha saída para os alumn@s de 3º e 4º (aproximadamente uns 30) a Santiago, o día 17 de xaneiro para ver unha obra de teatro en francés: Le Tour du Monde en Farces. A obra, en clave de humor, foi representada pola compañía La Bohème Téâtre, que o ano pasado xa representara Le Malade Imaginaire de Molière con gran éxito. A obra que vimos estaba composta por oito pequenos “sketch”, que facían un percorrido por varios períodos históricos e literarios de Francia. Aos alumnos en xeral gustoulles moito, primeiro porque os actores fixéronno xenial e segundo porque o nivel de dificultade era adaptado á súa idade. Repetiremos o próximo ano! CHARLA COLOQUIO

O xoves, día 29 de marzo, o escritor Agustín Agra ofreceulles aos alumn@s de 1º unha charla sobre o seu libro O tesouro da lagoa de Reid ‘Is. Durante a mesma foi explicándolles diversos aspectos de como escribira este libro: búsqueda do tema, personaxes, lugares, tempo que lle levou escribilo… Ao final houbo un animado coloquio. Mágoa que o tempo non dera para máis.

VIAXE A LUGO

Os alumn@s de 1º teñen previsto viaxar a Lugo o próximo día 23 de maio. Irán acompañados polos profesor@s de Sociais e Galego, organizadores desta actividade. Visitarán o Museo Provincial, onde farán unhas rotas literarias baseadas no libro Contos de medo no Museo; ademais verán todo o que este museo expón sobre a romanización. Tamén darán un percorrido pola muralla e logo visitarán o famoso castro de Viladonga. CONFERENCIA Dentro do ciclo de conferencias de divulgación sanitaria “Unha medicina ó servicio da sociedade”, a Directora da UMAD de Santiago de Compostela Dª Pilar Bermejo González deu unha conferencia na biblioteca do IES A Cachada o día 27 de abril. Dita conferencia versou sobre o tema: Como evitar as drogadicións. CHARLA DE ESCRITOR O día 27 de marzo, na biblioteca do Centro, os alumn@s de 2º asistimos a unha charla sobre o libro de lectura desta avaliación “Manual de instruccións para querer a Irene”. O seu autor Car59

los Mosteiro falounos sobre a súa obra en xeral e en particular sobre a iniciación no amor e na dor dunha rapaza de catorce anos, tema constante ao longo de todo o libro. UN SAÚDO A ROCÍO Dende Xanela queremos lembrar con agarimo unha compañeira que, neste curso, tivo que despedirse de todos nós: Rocío. Sabemos que non sempre é fácil atender a profesores, alumnos, pais… e ela en todo momento soubo demostrar o seu saber facer e o seu saber estar. Dende aquí un saúdo para esta moza ben espelida, cumpridora, activa, disposta…e tamén franca, cordial e aberta. Alguén dá máis?

ACTIVIDADE DEPORTIVA Na semana do 16 ao 1 de abril os alumnos de 3º e 4º iniciaron un circuíto de actividades no Polideportivo A Cachada, que consta de tres modalidades: Batuka, Body Combat e Aqua Gim.


XANELA

con vistas dignas de admirar; foi toda unha mágoa que o vento propio desa altitude impedira almorzar alí. Decidimos tomar o picnic (ou para algúns: boAs 7 da mañá diante do IES A Cachada. cadillo, pizza, etc) na zona do Maremagnum, aproNoite pechada e frío propio da madrugada de mar- veitando a súa cercanía ao Aquarium, que sería zo. Caras de sono e de nervios á vez. Comezaba así unha das visitas programadas para a tarde. O día a nosa viaxe a Barcelona. rematou cun paseo polas Ramblas, e a volta cara ao hotel. Día 1: 25 de Marzo de 2007. Un día adicado case enteiramente ao autobús. Chegar 3 horas despois Día 3: 27 de Marzo de 2007. Despois de que o do esperado supuxo, ademais de quedarnos sen cea particular Sito lle pasara o relevo á estrita pero quente, vivir un traxecto propio dunha auténtica eficiente condutora Silvia, adicamos a mañá do aventura, acentuada pola falta de decisión dun con- martes a coñecer Tarragona: a catedral, o auditorio, dutor moi peculiar. Despois de establecernos nas a muralla, e o magnífico contraste da parte vella e habitacións do hotel, e coa emoción corresponden- nova da cidade. Cando notamos que o cansanzo (e te do momento, quedábannos aproximadamente 3 as queixas) empezaron a manifestarse nos rapaces/ horas (ou menos na maioría dos casos) para empe- as, optamos por facer unha parada para comer, e zar o día seguinte. dirixirnos a Salou. Lonxe do clásico aspecto turístico que acostuma a presentar, quizás porque o temDía 2: 26 de Marzo de 2007. A primeira visita foi po non acompañaba como esperabamos, puidemos á cidade de Barcelona, para o cal contamos cunha disfrutar da cidade sen saturación de xente que guía estupenda que nos amosou a espectacularida- escolle Salou como destino de vacacións. Pola noide da Sagrada Familia de Gaudí, e todos os encan- te, regresamos a Barcelona, xa que tiñamos unha tos que encerra o parque Güell. De volta, bordea- cita co musical Grease, que non decepcionou as mos co autobús a casa Batlló e a casa Milá, para nosas expectativas. acabar facendo unha parada en Montjuit, un lugar

DIARIO DUNHA VIAXE

60


XANELA

Día 4: 28 de Marzo de 2007. Sen entrar en detalles, foi un día que probablemente quedará gravado na mente de todos/as. Tras unha reorganización do planing, decantámonos por pasar a tarde en Barcelona, e visitar xa de noite o Observatorio Astronómico, localizado no Tibidabo. Esta foi unha das actividades preferidas dos alumnos/as, pois ademais das vistas da cidade anoitecida que puidemos contemplar, os rapaces/as aprenderon multitude de aspectos sobre os achados do observatorio e a astronomía.

célula á complexa biodiversidade actual), pasando pola xeoloxía, o estudo da Terra, dos planetas en xeral e do Universo. O cosmocaixa consegue unha perfecta relación entre as citadas disciplinas, constituíndo unha ventá á vida, de indescritible fermosura para todos os que teñen a sorte de visitalo. A modo de despedida, concluímos a excursión celebrando cunha torta enorme dous aniversarios que coincidiron esa semana. Día 7: 31 de Marzo de 2007. A volta á casa. De novo nos esperaba unha longa viaxe no autobús, confesando agora que foi incluso máis duradeira do esperado, por repetirse a situación da ida (o desvío do camiño debido a un despiste...a pesar do GPS!). Aproximadamente ás 3.30 da madrugada do sábado, acadamos Boiro.

Día 5: 29 de Marzo de 2007. Port Aventura (Tarragona) supuxo unha necesaria inxección de ánimo e diversión para todos/as. O Dragon Khan en China e o Furacán Kondor na zona Mediterránea foron sen dúbida as atraccións escollidas polos máis atrevidos. As emocións fortes e a liberación de adrenalina donimaron a visita. Xa de volta, to- Para eles/elas: cou algunha charla antes de durmir. As noites marcadas pola “farándula farándula” da discoteca (e das habitacións) do hotel, Día 6: 30 de Marzo de 2007. Comezamos o día repercutían nas caras de todos/as no almorzo, o ben cediño, posto que nos esperaba unha mañá que trouxo algunha que outra bronca polas poucas intensa. En primeiro lugar fomos ao Cine Imax (ao ganas que poñían ás veces nas actividades diurnas, lado do Maremagnum), para ver a película “As e polos retrasos á hora de saír pola mañá. forzas da Natureza”, que conseguiu introducirnos á Non é probable que recordemos Pineda maioría de nós (a outros permitiulles rematar a súa del Mar polo seu ambiente, pero lembraremos o xornada de sono) nun tremendo remuíño de sensa- hotel e todas as nosas vivenzas durante a estancia cións sobre a magnitude de poder do noso planeta. nel: o cal na auga, os incidentes co persoal de hosAproveitamos o momento da saída para facer a telería (unha chaqueta rota, meter un dedo no xeafoto de grupo que acompaña a este relato. O resto do, etc), a charla protocolaria do garda, os italiada mañá visitamos o Zoo de Barcelona, onde pui- nos, as partidas de billar, as “gardas nocturnas”, os demos observar, a moi pouca distancia ás veces, balcóns, etc unha gran cantidade de especies animais. Tivemos Das viaxes no autobús permanecerán na a oportunidade ademais de asistir ao espectáculo de nosa memoria innumerables situacións (perdidos delfíns dentro do pavillón pechado do Zoo, onde por Cataluña, chegando a Francia …), chistes e estes simpáticos animais amosaron todas as súas comentarios desde o imprescindible micrófono habilidades. Pola tarde tocou outro destino moi (¿alguén bota en falta a alguén?), confidencias, e esperado polos alumnos: o Camp Nou. A nosa últi- “ojiiiitoo”, “lado escuro”, “a destroyer”, “dime que ma visita fíxonos volver ao Tibidabo, esta vez para no”, “o Dover” , “a teniente O’Neil”, percorrer o Museo de Ciencia (Cosmocaixa). Reci- “aniquilámolo”, “Xeeeesús”, e todo un vocabulario bidos/as na entrada por un moi conseguido Einstein paralelo ao noso que probablemente nunca chegade cera, puidemos afirmar que non houbo tempo remos a comprender. suficiente para disfrutar de todas as posibilidades que ofrece este museo, adicado por completo a Un pracer acompañarvos nesta viaxe. ensinarnos todas as marabillas que agocha a palabra Ciencia, dende a física, a química e as matemáOs profesores/as, Xabier, Pilar e Ana. ticas, ata a xenética e a evolución (da primeira 61


XANELA

● TÍTULO :

XENTE DE AQUÍ E DE ACOLÁ.

● AUTOR : Álvaro Cunqueiro. ● EDITORIAL: Galaxia. ● COMENTARIO: Son unha colección de retratos reais e imaxinarios de personaxes un tanto peculiares, xa que hai corvos que falan, paraugas que foron homes, rapaces aos que lles medra máis unha orella cá outra, raposos que calzan zocos. En todos eles a fantasía e o humor do escritor mestúranse e mostran moitos aspectos psicolóxicos do home galego e da súa mitoloxía popular.

● TÍTULO :

POETÍZATE.

● AUTOR : Fran Alonso. ● EDITORIAL : Xerais. ● COMENTARIO: A poesía non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes : poetízate.

● TÍTULO:

O TESOURO DA LAGOA DE REID`IS

● AUTOR: Agustín Agra. ● EDITORIAL : Xerais. ● COMENTARIO: Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna, onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de Reid’ Is. Aquela montaña de cofres repletos de ouro, diamantes e outras alfaias, de valor incalculable, ficara agochada no grandioso pazo do rei e custodiada polos feroces urcos sedentos de sangue e por unha fermosa rapaza de cabeleira vermella, a princesa do lago.

62


XANELA

TÍTULO: BABEL DIRECTOR: González Iñárritu. NACIONALIDADE : USA XÉNERO : Drama. SINOPSE: Armados cun Winchester, dous rapaces marroquís saen en busca do rabaño de cabras familiar. Nun intre, as vidas de catro grupos de estraños en tres continentes colisionan. Unha parella de turistas estadounidenses, unha adolescente xaponesa xorda e rebelde co seu pai, e unha ama mexicana que leva sen permiso dous nenos estadounidenses ao outro lado da fronteira, vense atrapados na crecente onda dun accidente cuxas proporcións medran sen que ninguén poida controlalas.

TÍTULO : DE PROFUNDIS DIRECTOR: Miguelanxo Prado. NACIONALIDADE : Galicia. XÉNERO : Natureza. SINOPSE : Unha casa no medio do mar está ateigada de obxectos relacionados co mar e a navegación, e planos e deseños dun barco soñado por un pintor. A muller que o ama toca o violoncello na terraza fronte ao mar. No entanto, o pintor vai de mariñeiro nun pesqueiro. Cando se desencadea unha treboada e unha onda xigantesca afunde a embarcación, a muller, na soidade da casa, intúe e presaxia a traxedia… Primeira longametraxe de animación dirixida por Miguelanxo Prado.

TÍTULO : VOLVER. DIRECTOR : Pedro Almodóvar. NACIONALIDADE: España. XÉNERO : Drama. SIPNOSE : Tres xeracións de mulleres sobreviven ao vento soán, ao lume, á tolemia, á superstición e mesmo á morte a base de bondade, mentiras e unha vitalidade sen límites . Elas son Raimunda, a súa irmá Sole e a nai de ámbalas dúas, que morrera nun incendio xunto ao seu home. Esta personaxe aparécese primeiro á súa irmá e despois a Sole, aínda que con quen deixou importantes asuntos pendentes foi con Raimunda e coa súa veciña do pobo, Agustina .

63


XANELA

Durante a guerra de Secesión americana, cando regresaban as tropas aos seus cuarteis sen ter ningunha baixa, poñían nun grande encerado `0 Killed´ (cero mortos). De aí provén a expresión `OK´ para dicir que todo está ben.

Durante a Revolución Francesa, entre outras medidas tomadas pola República, figuran como principais: a supresión do credo católico a prol do culto á deusa Razón; a adopción da Marsellesa como himno nacional; e o establecemento do calendario republicano, coa súa división nos grupos de meses: Vendimario, Brumario e Frimario, correspondentes ao outono; Nivoso, Pluvioso e Ventoso, do inverno; Xerminal, Floreal e Pradial, da primavera; e Mesidor, Termidor e Frutidor, os do verán. Este dividíase en 30 días con 5 festivos. Da época da Revolución tamén procede o famoso lema Liberté, Égalité, Fraternité, que son os tres principios que sintetizan as ideas da Revolución; e asimesmo a primeira Declaración de Dereitos Humanos.

O río máis longo do mundo é o Nilo, cunha lonxitude de 6.695 km, que se encontra en África. O río máis longo de América do Sur é o Amazonas, con 6.439 km. O máis longo de Asia chámase Changjiang (Yangtsé), con 6.379 km. O de Europa é o Volga, con 3.532 km, e o de América do Norte é o Mackenzie, con 4.270 km.

O fado é unha canción popular portuguesa caracterizada pola súa melancolía unida ao sentir máis profundo de Portugal. Acompáñase dunha guitarra e dunha faborda. Amalia Rodrigues foi a súa mellor representante, e actualmente son moitas as voces femininas que reinterpretan e actualizan o vello fado: Dulce Pontes, Madredeus, Mariza, Cesária Évora...

64


XANELA

Os Grammy son, probablemente, os premios máis prestixiosos da industria musical. Son entregados anualmente pola Academia Nacional de Artes e Ciencias de Gravación, creada en 1957. Toman o seu nome dun fonógrafo antigo, o gramófono, cuxa figura representa o trofeo de ouro. Entréganselles a artistas distinguidos polo seu labor no mundo musical. Eric Clapton acaparou seis premios Grammy en 1994.

O 10 de xuño de 1898 morreu o último falante do dálmata, Antonio Udina Burbur. Esta lingua románica falábase en Dalmacia (no que é hoxe Croacia). O lingüista italiano Matteo Giulio Bartola, que visitara a Burbur en 1897, anotou varios miles de palabras, anécdotas, cancións, frases etc., e en 1906 publicou un libro con todo o material recollido.

Os habitantes de Praga sentíanse tan orgullosos do reloxo da municipalidade que se di que os concelleiros deixaron cego o mestre reloxeiro Hanus, para que non puidese repetir esta obra mestra noutro lugar. O propósito do reloxo non era dar a hora exacta, senón reproducir as supostas órbitas do Sol e da Lúa arredor da Terra. Malia que foi construído en 1490, aínda funciona.

María Soliña foi unha das máis famosas meigas de Cangas (Pontevedra). Tiña dereitos de posesión en Moaña e fora encarcerada pola Inquisición en 1621. Esta quería demostrar que esta muller gozaba de poderes demoníacos, capaces de provocar males. Foi condenada, entre outras penas, coa confiscación dos seus bens que era o que a Inquisición anhelaba. Esta muller está presente en cantares populares galegos como este: Ai que soíña quedaches, María, María Soliña.

65


XANELA

FOTO-FLASH FOTO-FLASH FOTO-FLASH NOME: Beatriz Bugallo IDADE: 17 anos ESTUDOS: ESO (facendo 2º de Bach). UN ACTOR: Luís Tosar. UNHA ACTRIZ: Lisa Kudrow. UN LIBRO: David Copperfield de Charles Dickens. UN CANTANTE: Sabina. UN DÍA: Calquera, caloroso e soleado. UNHA MATERIA: Historia da Arte ou Filosofía. UNHA PRENDA : Gosto moito dos chapeus. UN IDIOMA: O Galego ou o portugués. UN CD : Un de cancións varias (Sabina, Dylan, Os Chieftings…) UNHA CIDADE:

Costeira, Combarro. Interior, Allariz. UNHA VIAXE: A que teño pendente a Lisboa cun bo amigo. UNHA COR: A azul UN LUGAR PARA VIVIR SEMPRE: Galiza. UN LUGAR CON SIGNIFICADO ESPECIAL: Portugal. UNHA PELÍCULA: Case todas as de Tim Burton. UNHA FRASE: “Cando a tía Ádega pecha unha fiestra, a casa chisca un ollo”. ESCRITOR/A: Galego, Castelao. Fóra de Galiza, Saramago. 66

UNHA PALABRA GALEGA: Meiga, agarimo, vagalume, badalada... TRAZO QUE DESTACAS DO TEU CARÁCTER: Extroversión. Vergonza, pouca. QUE MÁIS APREZAS DUN/ HA AMIGO/A : A sinceridade. QUE CHE GUSTARÍA SER DE MAIOR : Alguén con sentido común. UNHA COMIDA : Empanada de bacallau ou grelos con patacas. UNHA AFECCIÓN : A música e a lectura son as miñas paixóns. UN DEPORTE O sendeirismo.


XANELA

ILUSIÓN ÓPTICA

¿Que distancia é maior, a AB ou a AC?

PENSA Ocupa os dez círculos cos seguintes números: 1, 1, 3, 4, 4, 4, 5, 5, 5, 6. Condición: O produto dos vértices en cada triángulo debe dar por resultado o número contido no interior.

Esta igualdade é incorrecta, pero ao cambiar un escarvadentes convértese nunha operación correcta.

Un caracol decidiu subir a unha árbore de 15 m de altura. Cada día tiña tempo de subir 5 m; pero mentres durmía pola noite baixaba 4 m. ¿Ao cabo de cantos días chegará ao cume da árbore?

ADIVIÑAS A miña amiga e mais eu, andamos a un compás, coas pernas pra diante e os ollos pra atrás. ________ Alto me vexo no meu capelexo; por unha risada perdín a miña anada. _________

PROBLEMA DE ENXEÑO A filla dun mago moi famoso tiña antonte 8 anos e o próximo ano cumprirá 11. ¿Como é posible?

Unha árbore con doce canas, cada cana catro follas, cada folla sete fillos, cada quen ten o seu nome; adiviña ti, se es home.

67


XANELA

ENCRUCILLADO 1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

1 2 3 4 5 6

HORIZONTAIS 1. Instrumento para escribir. Persoa que está entre a infancia e a xuventude. 2. Froito da vide. Pono a pita. Cada un dos aros dunha cadea. 3. Pronome persoal. Conxunto das persoas máis notables dunha comunidade. Romanos, noventa e nove. 4. Vogal. Parte dura do esquelete. Une con cordas. Vogal. 5. Ao revés, conxunción. Cólera, furia. 6. Artigo. Posesivo. Burato, abertura. Consoante. 7. Nota musical. Imaxe religiosa característica da igrexa ortodoxa. Río. 8. Feminino, plantígrado. Ao revés, cidade de Pontevedra. Certo imposto. 9. Orballo, rosada. Non acertar, fallar.

7 VERTICAIS 1. Materia ardendo. Sensación producida no olfato. 2. Animal ovíparo.Vogal. Cociñe ao lume. 3. Parte longa e plana do remo. Ao revés, transpiro. Carta da baralla. 4. Vogal. Certo deporte.Vogal. 5. Parte superficial da codia da Terra. Conxunto de uvas xuntas e presas a un talo. 6. Romanos, seis. Matrícula provincial. 7. Camiño na neve. O día anterior a hoxe. 8. Vogal. Ciencia que trata dos costumes e da moral. Consoante. 9. Extremo da perna. Peza circular. Dirixirse. 10. Aló. Vogal. A primeira muller. 11. Galocha, madroña. Triturar cun muíño.

8 9

CHISTES A nai dun alumno dun pobo rural quéixase ao mestre: —Xosé non quere levar os porcos a pastar. —¿E que teño que ver eu con iso? — di o mestre. —Vostede ensinoulle ao rapaz o proverbio : “Dime con quen andas e direiche quen es” =============

—Noraboa, señora, o seu home xa está ben e mañá poderá ir traballar. —Que bo é vostede, doutor, ademais de curar ao meu home, encóntralle traballo.

Dous nenos saen do colexio e un deles dille ao outro: —¿Que tal o exame? —¡Ah, moi mal! Deixeino todo en branco. —¡Anda! Eu tamén. A ver se van pensar que copiamos.

68


XANELA

SOPA DE LETRAS Pistas anos 1963 1964 1967 1976 1981 1988 1991 1995 1997 2000 2006 2007

Localiza nesta sopa de letras o nome de 12 escritores homenaxeados o Día das Letras Galegas. O C

A

B A N

I

L

L

A S

P Ñ

I

T

O T

A B

A

C R

O R

I

E

U Q

N U

C

O C

A E

H

R F G

T

S

U

T A

CRUZADA VISUAL

I

N

T

O A A

R

O

R

N S

U D

A

S

C

C

R

E T

G N

A

A E T

A S

O

I

Sitúa na cuadrícula que corresponden obxectos de cociña. darche xa están algunhas letras.

R F

O

L

A I

E

S

M L

U H

G

I

V L

D R

R

R A

M T

O

A O F

I

B

A O

R E

S

F

G R

I

S M

E M

L U

I X

E

REFRÁNS Antes de San Martiño, pan e viño. Despois de San Martiño, fame e frío. De neno rei, de mozo capitán, de casado burro e de vello can. 69

os nomes a estes Para axucolocadas


XANELA

XEROGLÍFICO

ESCALEIRA Baixa a escaleira sabendo que en cada novo chanzo só cambia unha letra

¿Como te chamas?

SOLUCIÓNS

70


XANELA

Os meus compañeiros …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… ………………....................................................................................................................... ........................ ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... ....................................................................................................................................................................... .......................................................................................................................................................................

71


XANELA

dedicatorias

72


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Xanela 2007 by garcia souto - Issuu