Revista Dameuntoke 2

Page 1

REVISTA NÚMERO 2 Concellería de Mocidade Servizo sociocomunitario

Xuventude e música 8º Encontro local de Mocidade Normas de comportamiento na internet Obradoiros de prevención en drogodependencia e sexualidade O descodificador Sabías que...?


Se desexas máis información ou queres indicarnos as túas suxestións contacta coa Concellería de Mocidade do Concello de Narón que dirixe Natalia Hermida Rico. O noso horario de atención ao público é os martes de 11:00 a 13:00 horas na terceira planta do Concello de Narón. Estamos á túa disposición.

Servizo Sociocomunitario Fondo de materiais e recursos didácticos Elaboración de textos e deseño: – Solucions Dixitais S.L. Colaboración técnica: Mercedes Sanchez Romero Impreso En Galicia Edita: Servizo Sociocomunitario Concello de Naron Naron 2010

Serie: Información e Divulgación Título: Revista Dameuntoke Depósito legal: C-566-2100

Promove:

Concello de Narón Concellería de Mocidade


Sumario 04 Xuventude e Musica: Escola de Musica Moderna de Naron Hai combinados que sempre dan bos resultados. Conversamos con Alejandro Masafret, coordinador de docentes na Escola de Música Moderna de Narón.

08 8 Encontro Local de Mocidade

O pasado 5 de xuño celebrouse o Encontro Local de Mocidade 2010, un espazo para o debate e a colaboración entre a xuventude de Narón.

14 Normas de comportamento na Internet A Internet, como ferramenta de interacción entre persoas, require dunha serie de regras de comportamento que garantan a comunicación e o respecto dos usuarios.

18 Obradoiros de prevencion en drogodependencia e sexualidade O Servizo Sociocomunitario (A concellería de Mocidade) do Concello de Narón ofréceche a posibilidade de participar en seminarios formativos sobre drogodependencias e sexualidade. Ponte ao día, esta información non ten prezo.

21 O descodificador Un descodificador ten a función de emitir sinais intelixibles. Con este nome aparece unha nova sección na revista Dameuntoke para adentrarnos noutros mundos, ambientes, propostas… bótalle un ollo, seguro que te sorprendemos.

24 Sab as que...? En Narón existen moitas posibilidades. Sabías que contamos…


Un combinado moi especial Na Escola de Musica Moderna do concello de Naron existe a posibilidade de aprender musica moderna, practicala en grupo e presentala en publico.

A Escola de Música Moderna do Concello colleu un novo pulo durante o curso 2009 – 2010 da man dun equipo docente formado por Fernando Couce, Miguel Sixto e Alejandro Masafret. Durante este ano mellorouse a equipación coa compra de novos materiais para o desenvolvemento das actividades e incorporouse unha nova disciplina coa que a Escola non contaba, o baixo eléctrico. Ao mesmo tempo mantivéronse os obxectivos de ensinanza cunha educación cercana pero sen perder de vista a calidade nos contidos; a posta a disposición dos alumnos e alumnas dunha aula-local de ensaio con asesoramento técnico-musical durante a semana e a proxección dos grupos de música implicados mediante a participación en obradoiros, actuacións musicais e actividades ao aire libre. 1. Alejandro, poderías explicarnos en qué consiste este proxecto?

3. Con que idade mínima podemos comezar a participar?

Impártense dúas horas semanais de clases de formación musical aos grupos de guitarra, baixo eléctrico e batería. Os locais de ensaio funcionan durante toda a semana. Os prezos, tanto das clases como dos locais de ensaio son de 7,6 euros mensuais.

4. Que foi o que máis te sorprendeu durante este curso?

A Escola de Música Moderna do Concello de Narón xorde como un modo de dar cabida a todos aqueles mozos e mozas de Narón con inquedanzas musicais, interesados en aprender a tocar un instrumento, ou a perfeccionarse nel, escapándose do formato clásico e academicista dun conservatorio. Aplicamos unha aprendizaxe en grupos nos que utilizamos métodos prácticos e moi próximos aos alumnos e alumnas. Outra das características da nosa Escola é estar centrada na ensinanza dos instrumentos básicos da música actual.

2. De qué instrumentos impartides clases?

Horarios, Duracion dos cursos e prezos

Fernando Couce é o responsable da clase de Batería, Miguel Sixto imparte as de guitarra e eu son o responsable das de baixo eléctrico.

A partir dos 12 anos.

4 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

5. Por certo, xurdiron novos grupos de música?

O bo ambiente de traballo. Normalmente soe ser así, xa que ninguén participa obrigado neste tipo de actividades. Ao mesmo tempo tamén me sorprende que en moitas ocasións sucede que os alumnos e alumnas achéganse á Escola, comezan a tocar un instrumento con dúbidas e cando se decatan están completamente involucrados e rara vez abandonan. Neste sentido o bo ambiente de traballo deste ano non é unha sorpresa pero resulta moi agradable ver como xorden boas relacións entre as persoas que comparten algunha experiencia musical e están a aprender algo xuntos. Si, varios! e este é un dos aspectos máis positivos desta Escola. Neste proxecto a formación musical está complementada co funcionamento dos locais de ensaio, que comparten emprazamento. Pola Escola pasan todas as semanas ducias de persoas tanto para ensaiar como para asistir ás clases. Deste bo ambiente, da relación que establecen entre eles xurdiron novos grupos musicais. Algúns deles están formados por alumnos e alumnas das clases, tamén veñen grupos que perderon algún membro e aquí atopan un substituto, a verdade é que se dan moitas casuísticas. Ao meu modo de velo a Escola é un bo caldo de cultivo para que nazan novas formacións e así foi este ano.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 5


Contacto para inscribirse Os interesados poden inscribirse polas mañás no Concello de Narón, acudindo á Oficina de Información Xuvenil do Servizo Sociocomunitario, situada na primeira planta. A Escola de Música Moderna sitúase no local da Casa da Mocidade (rúa Colmeote, s/n. A Gándara. Narón).

6. Un dos problemas cos que se atopan os novos grupos son as oportunidades para actuar en directo

Si… é coma en moitos traballos. Non che dan unha primeira oportunidade por non ter experiencia, pero non adquires experiencia se non che dan esa oportunidade… Case sen excepción, cando hai un concerto, espérase recibir un beneficio económico, ben sexa un bar ou sala que esperan vender máis consumicións ou un promotor que organiza un festival. En calquera caso todos eles esperan unha boa asistencia de público, que un novo grupo non pode garantir ou non pode demostrar. Neste sentido quería destacar que o Concello de Narón, a través da concellería de mocidade, está apostando por dar esa primeira oportunidade, por organizar experiencias reais para que os novos grupos poidan actuar e coñezan todo o mundo que rodea un concerto. Ao fin e ao cabo, é a parte máis divertida do mundo da música, poder mostrar o teu traballo e valía á xente.

7. Que lle dirías á mocidade de Narón para que se anime a participar na Escola de Música Moderna

Pois que a qué están esperando! Creo que é raro coñecer a alguén a quen non lle guste a música, e eu penso que ese é o primeiro paso para probar a tocar un instrumento. Calquera que de ese paso darase conta de que é moi sinxelo e natural. Coñezo a persoas que aínda que lles atrae aprender non o fan por temor a non estar capacitado para ser un virtuoso ou que lles da vergoña actuar en público. Eu penso que a música non é iso, non se trata de ser o mellor, nin tan sequera ser bo ou tocar diante da xente. O importante é gozar, simplemente gozar, pasalo ben cada un do xeito que máis lle guste tocando para un público grande ou para un mesmo na súa habitación.

Este ano os grupos musicais tiveron a ocasión de participar no Festival da Mocidade de Narón e no Festival de Fojeteiros, ambos ao aire libre nun contexto válido e profesional.

6 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 7


kedada de graffiti Concertos lanzadeira de grupos de ensaio

Coa organización dos Encontros Locais de Mocidade búscase crear espazos e lugares-soporte para o debate e a comunicación entre a mocidade que permitan xerar estruturas organizativas: ben de novas asociacións ou de grupos organizados por intereses comúns. Tamén se utilizan como instrumento de coñecemento das iniciativas e intereses da xente nova.

Oitavo Encontro Local de Mocidade

– O pasado 5 de xuno, celebrouse o oitavo Encontro Local de Mocidade, unha iniciativa da concelleria de mocidade de Naron. Se algo teriamos que destacar foi o bo clima que se estableceu entre os distintos grupos de participantes. Fotos: Iris Produccións

8

NESTA OCASIÓN o Oitavo Encontro Local de Mocidade serviu como lanzadeira de grupos musicais novos que queren darse a coñecer entre a xente máis nova e ter un espazo de expresión público. Cada unha das accións que se levaron a cabo no encontro, caracterizáronse por ser actividades nas que os mozos/as foron os protagonistas indiscutibles xa que eles/as actuaron como “ensinantes” de outros mozos/as que quixeran intercambiar experiencias, participar nas distintas actividades e probar novas formas de ocio alternativo ao puramente convencional.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 9


Obradoiro de tatuaxes e te saharaui

Xogo on line e consolas Wii

Torneo de Warhammer O encontro articulouse en torno a accions de: Kedada de Grafiti: exhibición de grafiti que contou con 16 grafiteiros chegados de distintos puntos de Galicia. A temática do mural foi o oeste. Pintáronse dúas paredes exteriores do pavillón da Casa da mocidade. A maiores da exhibición, a organización puxo a disposición dos participantes taboleiros coa finalidade de que os interesados/as puidesen probar a pintar utilizando sprays. Concertos lanzadeira de grupos de ensaio: actuaron dous grupos das aulas de ensaio da casa da mocidade. O grupo “Gathering Leopard” e o grupo “Wall of death”, todos eles compostos por xente nova e de estilo rock e heavy.

10 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

A maiores dos grupos musicais, o sábado durante a mañá dous DJ’s: DJ Robert e DJ Anxo Martínez, pincharon música tecno. Obradoiros de camisetas: levouse a cabo coa colaboración dunha monitora da Asociación de Minusválidos de Narón. Cada participante confeccionou a súa camiseta en función dos seus gustos persoais utilizando para acadalo: plantillas, pinturas de tela, etc. Obradoiro de tatuaxes e té saharaui: a Asociación de Axuda ao pobo saharaui colaborou no encontro a través de dúas rapazas saharahuis que estiveron explicando aos participantes en qué consistía a cerimonia do té, cómo se fai e a importancia que ten na súa cultura. Tamén fixeron un obradoiro participativo de tatuaxes utilizando henna e deron a probar o té.

Obradoiro de tenis de mesa: a maiores da exhibición que levaron a cabo os integrantes do clube Narón tenis de mesa. Durante toda a xornada estivo funcionando un obradoiro de tenis de mesa para que a xente nova puidese xogar unhas partidas e aprender os trucos e regras deste deporte. Obradoiro de técnicas de ligue: educadoras da empresa Xeneme, levaron a cabo este obradoiro de educación afectivo-sexual no que os participantes, dunha maneira lúdica, podían ir pasando diferentes probas de habilidades, preguntas e coñecementos para saber que coñecementos posúen a nivel afectivo-sexual. Xogo on line e consolas Wii: durante toda a xornada houbo a disposición dos participantes 3 consolas Wii co xogo Wii Sport no que se podía practicar a xogar ao tenis, ao golf, etc. Obradoiro de tiro con arco: exhibición a cargo do Grupo Arco Narón e obradoiro de iniciación ao tiro con arco. Exhibición e xogos de patinaxe: grupos espontáneos e mozos pertencentes á asociación Okupas do Monopatín, estiveron durante toda a xornada facendo diferentes xogos de patinaxe e probas de habilidade. Esta actividade realizouse no skatepark de Narón sito nas inmediacións da Casa da Mocidade.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 11


baile moderno

“Esperamos que todos os participantes desfrutaran deste encontro e animamos aos lectores de Dameuntoke Narón a que se sumen a esta iniciativa nos próximos encontros”

Natalia Hermida Rico Concelleira de Mocidade, Participación Cidadá e Deportes

Obradoiro de xogos populares: integrantes da ONG Lena levaron a cabo durante o serán xogos de tiro de corda e salto de corda para dar a coñecer os xogos populares entre a poboación máis nova. A maiores do xogos, a ONG montou un stand informativo e de venta de produtos solidarios. Actuación do grupo de baile moderno “Brio”: este grupo composto por mozas de distintos puntos de Narón, preparou unha coreografía de baile moderno para os encontros.

Exhibicion de patinaxe

12 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Torneo de Warhammer: un total de 20 persoas participaron neste torneo durante toda a xornada.

Stand informativo do Centro Quérote: un educador do centro Quérote de Ferrol montou un stand informativo con materiais das diversas campañas da Xunta sobre educación afectivo-sexual para mozos/as.

Un total de 120 mozos/as participaron directamente no Encontro “ensinando” algunha actividade aos outros. O numero de participantes totais ascendeu ata 300 sumando participantes activos e espectadores.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 13


Normas de comportamento na Internet Internet, como canle de comunicacion que e, esta suxeito a unha serie de regras e normas de correccion que nos permiten o intercambio de ideas e informacion co resto de usuarios.

A Netiqueta no correo electronico As mensaxes de correo electrónico teñen unhas regras de etiqueta propias que debemos ter en conta ao utilizar esta ferramenta. As principais normas de comportamento na comunicación por e-mail son:

Neste apartado aprenderemos cales son os criterios máis importantes e os comportamentos que debemos evitar na nosa interacción pola Rede.

Regras basicas da Netiqueta Na Internet, ademais das regras de comportamento que se usan na vida real, contamos cunha serie de normas específicas que nos facilitan a comunicación e garanten o respecto entre as partes. Estas regras de comportamento coñécense como “Netiquette” ou “Netiqueta”

Corrección ortográfica. As nosas mensaxes deben ser claras e estar correctamente escritas para garantir a súa lexibilidade por parte dos receptores. Agás erro, debemos procurar unha boa redacción e unha correcta ortografía nos nosos escritos. Ademais, debemos absternos de utilizar cores e fontes tipográficas que poidan dificultar a lectura.

Uso correcto de maiúsculas. Na Rede, ao ca-

Respeto polos interlocutores. Aínda que ás veces se nos poida esquecer, ao outro lado temos persoas coma nós que nos len, polo que hai que tratalas como tales, brindándolles respecto e poñéndonos no seu lugar para tratar de entender as súas opinións.

Linguaxe SMS. Internet non é un móbil e non implica unha restrición de carácteres nas nosas mensaxes, polo que evitaremos o uso da linguaxe SMS sempre.

Adecuación ao contexto. A Internet é moi grande e nela podemos atopar multitude de temas e opinións. Debemos coñecer e adaptarnos aos temas que se tratan nunha comunicación determinada antes de publicar a nosa opinión, de xeito que esta sexa acorde aos asuntos que se estean a tratar e non rompan co diálogo. Non é de boa educación que se os usuarios están a falar dun tema concreto nós publiquemos a nosa opinión sobre outro que nada ten que ver.

Aínda que trataremos polo miúdo as diferentes normas segundo a ferramenta a empregar, suliñaremos agora os principais factores a ter en conta: recer de comunicación non verbal, o uso de escritura en maiúsculas interprétase coma un berro, de xeito que debemos evitar a publicación de textos con esa característica e procuraremos utilizar estas de forma correcta e cando correspondan.

14 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Mensaxes procedentes. Parece obvio, pero non está de máis recordar que debemos evitar remitir correos electrónicos a quen non nolos solicita. Feito de xeito masivo e con contido publicitario, o envío de correo non desexado coñécese polo termo inglés de SPAM. Arquivos adxuntos. Igual que no punto anterior, debemos evitar o envío de arquivos adxuntos que non se nos teñan solicitado, xa que saturan os buzóns de correo, ralentizan a descarga do mesmo e, o máis importante, rouban tempo á persoa á quen llos remitimos.

Correos masivos. Na liña dos anteriores, debemos evitar o envío de correos circulares. No caso de precisar o envío dunha comunicación a unha lista de correo, procuraremos que as direccións vaian no apartado de Copia Oculta (CCO) e poñer no Para a nosa propia dirección. Pode haber xente que queira que nós teñamos a súa dirección pero non que a teñan outras persoas. Información sensible. A excepción de que se use algún tipo de encriptación, hai que asumir que os

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 15


SPAM social Debemos evitar o envío masivo, a través das Redes Sociais, de invitacións de amizade a persoas que non coñecemos. O coleccionismo de amigos non está ben visto e, ademais, non nos aporta ningún beneficio a longo prazo. Se estamos a buscar novos amigos, na invitación de amizade debemos incluír un breve correo explicándoo, de xeito que a outra persoa poida valorar a nosa solicitude.

Don’t feed the Troll

correos non son seguros, de xeito que debemos evitar incluír información sensible neles (deberiamos pensar no correo electrónico como nunha postal, na que todo está á vista).

Confirmación de correo. Se non é totalmente imprescindible, non solicites confirmación de correo nos e-mail que remitas. Estas obrigando ao receptor a dar unha resposta que ao mellor non quere, polo que se considera de moi mala educación.

A Netiqueta nas Redes Sociais Ademais das regras anteriores, que se poden aplicar en distintas canles, as Redes Sociais contan cunhas particularidades que nos obrigan a ter en conta unhas normas específicas.

Público vs. Privado. Unha información que só lle interesa a un dos contactos da nosa Rede conta cun mecanismo específico para ser transmitido: a

16 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Hai unha regra básica tanto en comunicación en tempo real como na Internet en xeral: non alimentar aos Trolls. É dicir, que aqueles usuarios que se limita a incorporar ruído nas conversas ou a tratar de crear malestar nos usuarios deben ser ignorados, xa que calquera outro comportamento para con eles dálles pulos para continuar molestando. Un Troll non razoa, non se suxeita a regras e non atende a razóns, polo que debe ser expulsado mediante a táctica de ignoralo.

mensaxe privada. Publicar información privada no muro dun dos nosos contactos non está ben visto e, ademais, pode chegar a perxudicalo, polo que o evitaremos na medida do posible.

Fotografías. Debemos ter coidado á hora de publicar imaxes nas que aparezan terceiros e procurar ter permiso para facelo. Ademais, non debemos etiquetar a ningún contacto nas fotos que publiquemos sen o seu consentimento expreso. Por outra banda, etiquetar nunha foto a persoas que non aparecen nela está mal visto e considérase SPAM, polo que debemos evitalo.

en resumen Invitacións a eventos. Se xestionamos un even-

to local, debemos ter en conta que moitos dos contactos da nosa Rede poden residir nunha cidade distinta, polo que é probable que non vaian a acudir. Na medida do posible, debemos evitar invitar a persoas que sabemos que non asistirán.

Aplicacións e xogos. Moitas Redes Sociais contan con aplicacións de ocio e xogos que amenizan aos usuarios. Nembargantes, non todos os nosos contactos serán afeccionados a elas, polo que debemos evitar o envío de invitacións ás mesmas a quen sabemos que non lle interesará. Respecto ao Muro axeno. As nosas aplicacións, publicacións ou actualizacións deben realizarse sempre no noso Muro. O Muro dos nosos contactos é deles, polo que salvo mensaxes e comentarios, debemos absternos de publicar contidos propios nos mesmos.

A Internet, como ferramenta de interacción entre persoas, require dunha serie de regras de comportamento que garantan a comunicación e o respecto dos usuarios. Dita ferramenta, xa que logo, precisa do coñecemento das súas normas de funcionamento. Ese coñecemento repercute nunha correcta integración no medio e nunha mellor aceptación por parte dos nosos interlocutores. Empregar e difundir as regras de etiqueta na Internet permítenos optimizar o resultado do que buscamos ao sumerxirnos na Rede, obter unha interacción con outras persoas e compartir o noso coñecemento e pensamento.

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 17


Obradoiros de prevencion en drogodependencia e sexualidade O Servizo Sociocomunitario do Concello de Naron ofreceche a posibilidade de participar en seminarios formativos sobre drogodependencias e sexualidade.

Ponte ao día, esta información non ten prezo.

A CONCELLERÍA DE MOCIDADE a través do Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón ofreceche a posibilidade de participar en seminarios formativos sobre drogodependencias e sexualidade.

Os obradoiro de saude comunitaria: sexualidade e prevencion.

O Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón ven traballando neste proxecto dende o ano 1992 mediante a organización de obradoiros de sexualidade nos centros educativos e coa comunidade en xeral: ANPAS, familias, asociacións de veciños, interesados/as, etc. O noso obxectivo e promover unha visión da sexualidade en termos

18 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

PARTICIPA! Os obradoiros de saúde comunitaria forman parte do programa de educación para a saúde do Concello de Narón, son sesións que poden solicitar os centros educativos do noso municipio e as asociación ou grupos interesados nas temáticas a tratar (neste caso sexualidade e prevención de drogodependencias).

de igualdade e corresponsabilidade entre homes e mulleres con especial atención á prevención da violencia de xénero, agresións e abusos sexuais. Tamén se presta unha especial atención ao recoñecemento e a aceptación da diversidade sexual; o desenvolvemento harmónico da sexualidade acorde coas características das persoas novas; a prevención das

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 19


enfermidades e infeccións de transmisión sexual e especialmente a prevención do VIH e a prevención de embarazos non desexados no marco dunha sexualidade responsable. Así, estes obradoiros de saúde comunitaria, mediante a utilización de distintas técnicas (de dinámica de grupos, buzón, xogo de roles, técnica do rumor, comunicación, e discusión dinamizada) traballarán a reflexión, debate e adestramento en técnicas de comunicación e información para aportar unha visión adaptada aos vosos intereses.

Os obradoiro de saude comunitaria: drogas e prevencion A través destes obradoiros abórdase o fenómeno das drogodependencias dende unha reflexión en relación aos coñecementos e actitudes previos que posuímos sobre o tema “droga”. Durante as sesións realizase un tratamento obxectivo da información e unha análise dos diferentes factores persoais e ambientais que están incidindo no consumo, procurando equiparnos cós recursos necesarios para ter unha actitude crítica e responsable ante o seu consumo. Trátanse de sesións moi prácticas e amenas que comezan cun debate entre os participantes onde se exmais informacion Para informarvos destes obradoiros podedes acudir ao servizo Sociocomunitario ou chamar ao 981337700 extensión 1103. Tamén encontraredes moita información na web de mocidade http://www.dameuntoke.es e para consultas concretas nos o dubidedes este é o noso correo electrónico omix@naron.es

poñen as ideas que cada un de nós ten sobre as drogas e a súa prevención. A través destas dinámicas de grupos facemos unha reflexión conxunta e contrastamos as diferentes ideas, establecemos grupos de debate e simulacións de situacións que se poden dar no noso día a día resultando unha experiencia moi enriquecedora tanto polos contidos que se imparten como polas actividades que se realizan.

20 Concellería de Mocidade. Concello de Narón


O descodificador Comezamos esta nova seccion falando co grafiteiro Anton G. Seoane a.k.a. ROKE (Vigo, 1986). Artista urbano – e desenador industrial vigues, afincado dende fai varios anos en Naron.

Arte ou vandalismo? Parece que a eterna pregunta está cada vez máis clara, ata o punto que a Tate Modern de Londres inagurou unha exposición sobre ‘Street Art’. Aínda que o grafiti, como o dadaísmo, naceu coma un movemento desvinculado da arte, sen querer moitos dos que o practican convértense en artistas e algúns pasaron de pintar na rúa a expoñer nos museos. Indistintamente das diferentes opinións, o grafiti leva máis de 20 anos sendo motivo de exposición.


ón un oco en Nar n te a n a b r u A arte Bos días Antón, explícanos que che di a palabra grafiteiro? Bos días. Para min un grafiteiro é un artista urbano que expresa a súa arte nas paredes das rúas. E esa arte, ten que estar composta de tipografías figurativas artísticas, deseñadas de maneira orixinal por esa persoa. O que se pinta nas paredes ten significado só para o autor, é un medio de expresión social ou de comunicación entre grafiteiros? Por qué separar os significados? Eu penso que as creación artísticas do grafiteiro, principalmente teñen un gran significado persoal, no que el, dunha maneira ou doutra, expresa as súas inquietudes. Estas creacións en forma de pintadas, pretenden ser un medio de expresión social, que as veces pretende reivindicar algo. Pero na maioría dos casos consiste soamente nunha manifestación do ego do artista, que escribe unha e outra vez o seu nome polas rúas. E non me estou referindo soamente a una firma na parede ou “tag”, senón a unha pintura mural ou grafiti que ocupa a parede enteira… E finalmente, esta combinación, supón unha comunicación entre grafiteiros, que ás veces se asemella a unha mensaxe codificada…

22 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

Cómo definirías o teu estilo? A“Skull is cool” Cando e porque comezaches a facer grafitis? Pois os meus inicios no mundo do aerosol remóntanse a finais dos 90. Exactamente no ano 1997, cando por influencia do meu veciño Ale97, varios anos maior ca min, comecei a facer graffitis nos meus cadernos da escola. Non foi ata o ano 2000 cando me decidín a pintar nas rúas, con tan só 12 anos…ai, cantos problemas lle din á miña nai… O motivo non sabería explicalo. Simplemente fascinábanme as revistas de grafiti que tiña Ale97, e que por aquel entonces era imposible mercar en Galicia. Unha vez coñecín esa forma de expresión, e probeina, foime imposible abandonala… Era fantástico!, Podías escribir o teu nome unha e outra vez onde ti quixeras!. Pouco a pouco esas firmas foron evolucionando, e cando me din de conta… estaba montando a miña primeira exposición. Ata o día de hoxe continuo realizando grafiti. Escribes só ou acompañado? Iso depende das ganas que teñan de pintar os meus amigos (risas).

Que escritores che gustan máis? Da miña terra, admiro a Pake, Aiser, Ale97, Pow, Moos, Nachei… Do panorama estatal sempre me gustaron moito os clásicos Zeta, Posk, Mast, Dems, El niño de las pinturas, San… A nivel europeo fascínanme Dran, Blu, Dare, o colectivo McLaim, os 123klan…e , por suposto, non me esquezo do panorama ianqui con personaxes coma Smash, Seen, Can2, Revok etc.

Que límites te pos á hora de escoller o lugar onde escribir? Os límites legais, por suposto. A día de hoxe cada vez é máis complicado pintar nas rúas sen autorización. Preferiblemente busco unha parede en mal estado, e falo co seu propietario para evitar problemas. O que busca un grafiteiro sempre que pode, e que ese sitio sexa moi visible, de modo que todo o mundo poda apreciar a súa obra. Outras persoas, que mediante o seu grafiti, soamente buscan facer vandalismo… prefiren sitios en alturas, ou de difícil acceso. Canto máis complicada sexa a fazaña para chegar a parede que queren pintar, máis valor terá o seu grafiti…

Como ves a situación do grafiti en Narón? e en Galicia? En Narón vexo un gran potencial a piques de explotar, que xa leva varios anos introducíndose neste mundo artístico tan transgresor.

Consideras que o grafiti é un fenómeno exclusivamente vinculado á escea do hip-hop? Non necesariamente. Aínda que non podemos esquecer as súas raíces, nas que si estaba fortemente vinculada, formando parte dunha soa cultura.

En Galicia xa vexo unha historia consolidada, que se remonta a principios dos anos 90. Penso que hai moi boa calidade, e que grazas ao paso dos anos, rapaces que xa non son tan rapaces, convertéronse en artistas, ilustradores, e deseñadores, que souberon aproveitar ao máximo o seu potencial e integralo na súa técnica de grafiti.

Algún consello para aqueles que queiran iniciarse neste mundo? Non fagades moito mal, rapaces (risas).

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 23


8

6

2

1

3

5

7

1As aulas de ensaio da casa da mocidade funcionarán durante todo o mes de xullo en horario de mañá?

2 A area de muller e a área de bibliotecas contan con páxina web propia cos seguintes enderezos http://www.igualdade. naron.es e http://biblioteca.naron.es... onde poderás informarte de todas as novidades existentes neses ámbitos?

3 Sabias que

o período de inscrición para escolas deportivas pavillón e actividades conveniadas ábrese o día 13 de setembro comezando as actividades o día 1 de outubro?

4 O rio Xuvia

forma parte da rede natura e é unha área natural protexida?

24 Concellería de Mocidade. Concello de Narón

7 O parque tematico

4 5 No mes de setembro abrirase o prazo de solicitude da escola de música moderna e as aulas de ensaio para o curso 2010-2011?

integral de desenvolvemento rural Aldea Nova está aberto de luns a sábado en horario continuado e está situado en Sedes (Narón)?

8 E sabias que 6 Podes seguir informandote

en Dameuntoke a través do Twitter, Facebook e Youtube?

a día de hoxe o concello de Narón conta cun total de 38.903 habitantes dos que 18.919 son homes e 19.984 son mulleres?

9 Neste mes de xullo

o concello instalou máis de 90 prazas de estacionamento de bicicletas ao longo de todas as parroquias de Narón coa finalidade de promover o uso do transporte limpo e saudable? (8 delas no exterior da casa da mocidade)

9

Concellería de Mocidade. Concello de Narón 25


oi M til ú

Este ano arredor de 300 mozos e mozas participamos no 8º encontro de mocidade… Técnicas de ligue

Xogos de patinaxe e probas de habilidade organizados pola “Asociación Okupas do Monopatín”

Exhibición de grafiti con máis de 16 artistas chegados de toda Galicia.

Concertos lanzadeira de grupos de ensaio

Encontro coa Asociación de Axuda ao Pobo Saharauí Talleres de camisetas

Exhibición de tiro con arco a cargo do Grupo Arco Narón

Obradoiros de xogos populares

Obradoiros de tatuaxes en henna

Actuación do grupo de baile moderno “Brio”

Torneo de Warhammer Actividades de tenis de mesa

Estas só son algunhas das actividades que se organizaron. Anímate!, na próxima edición non podes faltar. Se desexas coñecer o que se move en Narón séguenos no teu día a día. No portal portal web http://www.dameuntoke.es, así como nas comunidades que esta iniciativa ten en Facebook, Twitter ou Youtube, encontrarás a información que precisas.




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.