Itinerario ambiental "Polas ribeiras do Xuvia"

Page 1

XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

17:17

Página 1

Itinerario ambiental

Polas ribeiras do Xuvia Vén descubrir as xoias que agocha o río Xuvia


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

17:17

Página 2

Concellería de Medio Ambiente Servizo Sociocomunitario Municipal Fondo de Material e Recursos Didácticos. Serie:

Educación Ambiental e Didáctica do Patrimonio. Título:

Polas ribeiras do Xuvia. Coordenación

Francisco Brea e Xoán Fontaíña Elaboración de textos e deseño da publicación:

cem, s.coop. galega Deseño e coordinación do programa:

Alfonso Filgueira López. Fotografía:

Arquivo cem, s.coop.galega Arquivo Concello de Narón Ilustracións:

Suso Cubeiro e Rafael Salvadores Normalización lingüística:

Ramiro Combo Impresión:

XXXXXXXXXXXXXX Depósito Legal:

XXXXXXXXXXXXXXXXX Edita:

Concello de Narón Servizo Sociocomunitario Municipal Narón 2009 Esta publicación foi elaborada cunha axuda económica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento sostible.

Publicación concibida e elaborada con criterios de sustentabilidade e materiais reciclados e ecolóxicos.


14/10/09

17:17

Página 3

OS TERRITORIOS DO RÍO XUVIA

XubiaC:Maquetación 1


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

17:17

Página 4

¿Como usar esta guía? Esta pequena guía pretende que os visitantes deste Espazo Natural LIC Xuvia-Castro coñezan e gocen de todos aqueles aspectos naturais, culturais, paisaxísticos e patrimoniais relacionados con este lugar. O río Xuvia conforma unha ribeira fluvial moi rica e fermosa, adecuada para aprender en contacto directo co medio e, polo tanto, para concienciar da necesaria conservación deste espazo natural. Así que move as túas pernas e activa todos os teus sentidos para oír, ver, ulir, sentir e descubrir os segredos e xoias que garda o noso río Xuvia. Os itinerarios organízanse arredor de temas, centros de interese ou paradas relativos a aspectos do medio natural, etnográfico e cultural que, pola súa peculiaridade, valor ou singularidade, merecen ser destacados. Os percorridos discorren sempre polas beiras do Xuvia ou arredores, tendo en todo momento un mapa de referencia onde se indica axeitadamente a situación do recurso.

Itinerario ambiental

Polas ribeiras do Xuvia Vén descubrir as xoias que agocha o río

Xuvia

¿Como comportarnos mentres camiñamos? Para evitar crear impactos innecesarios, debes ter en conta algunhas das seguintes recomendacións: — Leva contigo o lixo que produzas durante a túa visita. Sería importante que fixeses unha recollida selectiva. — A auga é fonte de vida, por iso debes manter limpas as fontes e cursos de auga. Nós mesmos ou outros seres vivos poderiamos precisala máis adiante. — Ten coidado co lume. Un incendio causa graves prexuízos na natureza e mesmo podemos poñernos en perigo nós. — Lembra que os animais domésticos ceibos poden asustar outras persoas ou molestar os animais que teñen neste lugar un refuxio de tranquilidade. — Arrincando plantas e capturando animais o único que facemos é axudar a destruír o noso medio ambiente. É mellor tomar notas, facer debuxos e fotografías e gozar observando a natureza. — Se respectamos as persoas que traballan nos arredores, gañaremos uns amigos. Evitemos pisar a súa horta, estragar os valados ou molestar o gando. — Prepara e planifica o teu itinerario previamente, levando un mapa ou publicación da zona, calzado adecuado, auga para o camiño e comida, chuvasqueiro, teléfonos de emerxencia… — Aproveita estes momentos para gozar do contacto coa natureza. Esquece as présas, utiliza todos os sentidos, presta atención ás pequenas cousas e ven visitar este espazo en distintas épocas do ano. — Axúdanos a conservar todo este patrimonio que é teu e de todos. Respecta os dereitos do río.


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

17:17

Página 5

¿Como escoller o itinerario adecuado ás túas capacidades? Deberás escoller o itinerario que se axuste máis ás túas capacidades físicas, ten en conta que é mellor comezar polos paseos pequenos e posteriormente ir aumentando a distancia e dificultade progresivamente. Os catro percorridos propostos van de menor a maior dificultade e en todos ofrécese a posibilidade de utilizar o tren FEVE –transporte público– para a ida ou a volta nas distintas estacións. Tramo marrón 1 Inicio - Fin Ponte Xuvia ou dos Andrade → Presa do Rei e volta polo mesmo sitio ou collendo o tren FEVE desde a Estación ou apeadeiro de Ferrerías. Consulta o plano. Distancia: 2,2 Km. Percorrido lineal de ida e volta. Collendo á volta o FEVE serían 1,4 Km. Duración: 1 hora de ida. Completo unhas 1,5 horas. Dificultade: baixa, non accesible para público con mobilidade reducida e discapacitados. Tramo verde 2 Inicio - Fin Ponte Xuvia ou dos Andrade → Muíño de Gradaille e Ponte de Cerdeiras Volta polo mesmo sitio ou collendo o tren FEVE desde a Estación ou apeadeiro de Pedroso ou tamén Sedes. Consulta o plano. Este itinerario inclúe o tramo marrón. Distancia: 7,2 Km. Percorrido lineal de ida e volta. Collendo á volta o FEVE serían 3,6 Km. Duración: 1,5 horas de ida. Completo unhas 2,5 horas. Dificultade: baixa, non accesible para público con mobilidade reducida e discapacitados agás en determinadas partes que se especifican no esquema. Tramo azul 3 Inicio - Fin Ponte Xuvia ou dos Andrade → Muíño do Chao de Pedroso Volta polo mesmo sitio ou collendo o tren FEVE desde a Estación ou apeadeiro de Pedroso. Consulta o plano. Este itinerario inclúe os tramos marrón e verde. Distancia: 10 Km. Percorrido lineal de ida e volta. Collendo á volta o FEVE serían 5 Km. Duración: 2 horas de ida. Completo unhas 3 horas. Dificultade: media-baixa, non accesible para público con mobilidade reducida e discapacitados agás en determinadas partes que se especifican no esquema. Tramo vermello 4 Inicio - Fin Ponte Xuvia ou dos Andrade → Muíño de Perfecto Pódese acurtar a volta collendo o tren FEVE desde a Estación ou apeadeiro de San Sadurniño. Consulta o plano. Este itinerario inclúe os tramos marrón, verde e azul. Distancia: 18 Km. Percorrido lineal de ida e volta. Collendo á volta o FEVE serían 9 Km. Duración: 4 horas de ida. Completo unhas 6 horas e media. Dificultade: media, non accesible para público con mobilidade reducida e discapacitados agás na área do Pedroso.


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

17:17

Página 6

ITINERARIOS A Pereiruga de Arriba

Os Barreiros

Placente

O Pereiro Rego dos Prados

Samil

Rego das Salgueiras

AC-112

Cantarrana A Pedreira

O Coto A Pereiruga

Ermida de San Vicenzo

A Gándara

A Pereiruga de Abaixo

Monte da Pereiruga

Apeadeiro de Sedes

Monte Eirado

(Matadeiro)

A Revolta A Rocha K.11

A Corredoira

Sobreira

O Cote

Fonte do Carballo

K.12

(Castro)

K.4 AC-112

Os

K.13

Muíño de Ricardo

O Carballo Apeadeiro K.14

Muíño de Grandal Muíño das Penas CP-5404

Prados

Pedroso

Muíño de Vizoso

Os Bicás K.10

Vilallonte

Rego de Prados ou Rego Vello

AG-64

A Gándara

Pena dos Gatos

Monte de Vilallonte Apeadeiro das Ferrerías

A Fraga

Monte de

A Revolta

Pena Branca

A Costeira Presa do Rei

Antiga piscifactoria

O Pico

As Ferrerías

Os Bidueiros

K.9

Monte do Rei

A Verruga

Río Grande de Xubia

Os Barracós

K.8

Apeadeiro de Piñeiros-Narón

Xubia

O Castro

O Rego

A Espiñeira

Bazón

San Cremenzo

Regato da F

Río Bello

Painzás

Área Recre Muíño do C A Fábrica de Xubia Muíño de Xubia

O Vilar

Monte do Castro (Miradoiro)

Trasmonte Muíño de Gradaílle As Barreiras

Muíño de Entrerios o Río Pequeno O

A Retorta

Río Castro A Gaiba

A Ponte de Xubia

Ponte Medieva

Inicio itinerario O Castiñeiro

As Telleiras

RÍA DE FERROL

Itinerario 1 Itinerario 2 Itinerario 3 Itinerario 4 Acceso ao FEVE

Monte de Ancos

O Regueiro

As Cerdeiras

Pielas


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

17:17

Página 7

O Pico

reiruga de Arriba

Capela de Santiago

Silvalonga Orxás

reiruga

Apeadeiro de San Sadurniño

ereiruga de Abaixo

A Penela

Monte de Mugardos

Os Carballiños

Moimentos

K.16

Berenxas

Gunduriz

A Vacariza

Agra de Arriba Muíño de Varela Agra de Abaixo

Piñeiros

K.15

O Cotelo

112

A Croa (Castro)

Monte Eirado

a

Muíño do Muíño doAceiteiro Aceiteiro

K.17

Rupiallo

Os Loureiros

Capela de San Cristovo

Capela Nosa Señora de Belén

Apeadeiro de Pedroso K.14

Río Aceiteiro

A Portela

Pedroso O Castro da Ermida

Gándara

San Sadurniño

Final itinerario

O Río do Couto

Muíño de Perfecto Ermida da Virxe da O

CP-7601

K.10 C-642

O Casal Cornide

A Revolta

As Congostras

O Outeiro A Ponte da Marquesa

ira Regato da Fontenova

ío Bello

Os Feá

Bidueiros A Casanova

O Castro

Bidueda

eira

Área Recreativa Muíño do Chao de Pedroso O Chao Muíño de Entrerios ou Río Pequeno O Carballo Furado

Río Castro

O Penso A Braña

(Polígono Industrial) (Factoría Madeireira)

Montes da Marquesa C-642

Doso

iba

as

O Bustelo

Ponte Medieval

Liñares

Montes da Penamoura

Pielas A Penamoura

Vista Alegre A Bidueda 0

100 200 300 400 500 m

1,0 km

K.15 AG-64

Punto inicio/fin Área recreativa Muíño


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

Comezamos o nosa andaina na ponte dos Andrade ou ponte Xuvia, pola beira dereita do río, segundo baixa, no espazo do paseo marítimo na desembocadura do Xuvia. Tamén se pode comezar nos puntos referidos anteriormente, río arriba, collendo o tren FEVE.

1. As ribeiras do río Xuvia forman parte dun espazo natural moi valioso Este espazo natural, chamado LIC (lugar de interese comunitario) Xuvia-Castro, incorporouse á Rede Natura 2000 no ano 2001, e ten unha extensión dunhas 2.000 ha. A dita rede é un conxunto de espazos naturais a nivel europeo que pretende protexer e conservar os lugares con valores naturais especialmente importantes. Este espazo comprende o tramo medio e baixo do Xuvia e o seu afluente Castro e subafluente Cando, así como a serra de Forgoselo. Os seus principais valores están relacionados coa boa conservación do bosque de ribeira, mantendo nos seus territorios especies moi importantes. O río Xuvia nace nos montes de Tafornelos, a uns 480 m de altitude, no concello das Somozas. No seu camiño ata a desembocadura

8

Polas ribeiras do Xuvia

17:17

Página 8

na ría percorre 31 km sinuosos, nos que se incorpora, á altura do concello de Narón, o río Castro, o máis importante dos seus afluentes. O caudal medio do Xuvia é forte: 3,4 m3/seg, que proveñen das choivas invernais; no verán prodúcese unha redución deste, sobre todo de agosto a setembro. Este caudal correspóndese cun clima oceánico ou húmido, cunha media de chuvia de 1.388 mm. A súa cunca hidrográfica ten unha extensión de 182 km2. Nesta andaina imos descubrir, polo tanto, os valores máis importantes da ribeira fluvial, tanto a nivel natural (a vida nas augas neste ecosistema de ribeira) como a nivel sociocultural (aproveitamentos tradicionais ou actuais, arquitectura popular, tradicións, lendas...), froito da convivencia durante moitos séculos entre as actividades humanas e a natureza. Toda esta fonte de riqueza e diversidade precisa tamén afondar na importancia da conservación destes espazos como garante da boa saúde do medio natural e social e da nosa propia calidade de vida. ¿Coñeces algún outro espazo natural en Galicia?


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

2. Desde a antigüidade os humanos transformamos os recursos do río Xuvia que contribuíron ao desenvolvemento económico

As pontes: construcións para as comunicacións Desde tempos antigos as pontes construíronse para salvar obstáculos do territorio, comunicar e posibilitar o intercambio de mercadorías e as relacións sociais, e fóronse perfeccionando co tempo. A ponte dos Andrade, tamén chamada ponte Xuvia, posibilita a comunicación entre os concellos de Narón e Neda e en xeral comunicou a comarca de Ferrolterra

17:17

Página 9

coa meseta ou con Madrid a través da estrada de Castela. Esta ponte mandouna construír Fernán Pérez de Andrade arredor do ano 1370, formando parte dunha calzada marítima con pontes que levan os símbolos da familia: o oso e o porco (ponte de Pontedeume). A calzada comunicaba as súas posesións e cobraban pontádego para pasar. En determinadas épocas funcionou tamén un servizo de barcazas. A súa construción orixinal foi con tres arcos de pedra a través das contribucións de xente condenada a traballos forzados. Ao longo da historia a ponte sufriu caídas e remodelacións; a última foi despois da guerra civil, que a converte nunha ponte de dous arcos con cantaría de perpiaño.

Ponte dos Andrade

A forza das augas do Xuvia crea desenvolvemento económico A carón desta ponte podemos observar o muíño de Xuvia, que tivo unha grande importancia como motor industrial. En 1858 era o principal muíño do país en capacidade de pro-

dución na súa clase; recibía o trigo en barcos vidos do Báltico, de América e de Santander. Pero non acabou aí a súa contribución á economía da zona, e anos máis tarde este muíño fa-

Polas ribeiras do Xuvia

9


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

riñeiro chegou a mover unha fábrica de papel, unha de tecidos e unha de laminados de cobre. A posterior perda da súa importancia económica non lle restou nin un ápice da súa beleza ao conxunto arquitectónico co río. ¿Sabedes por que motivos perdeu importancia ou deixou de funcionar? En fronte do muíño, na beira de Neda, vense os restos da antiga Fábrica de Xuvia, como se coñece popularmente esta factoría que come-

17:17

Página 10

zou sendo Fábrica Nacional e Cobraría de Xuvia, en 1790, para abastecemento de materiais de cobre aos estaleiros de Ferrol. Converteuse en Real Fábrica de Moeda ou Ceca en 1811, emitindo moeda en nome do rei lexítimo, Fernando VII. En 1812 cuñáronse as primeiras moedas, concretamente moedas de 8 marabedís, e deixou a súa actividade en 1868. O terreo vendeuse en poxa en 1873 e converteuse en fábrica téxtil, elaborando teas de liño de gran calidade. Na actualidade segue a fabricar tecidos a empresa Galicia Textil, S.A., elaborando fiados e tecidos de algodón 100%.

Mulleres traballando na Real fábrica de moeda

3. Un magnolio centenario e paseo de magnolios do Xuvia Antes de introducirnos no camiño do río e de cruzar a estrada de Castela, poderemos ver unha grande árbore monumental, un magnolio ao que se lle calculan máis de 300 anos, o único desta idade que se conserva en Galicia. Posiblemente o

10

Polas ribeiras do Xuvia

plantase algún mariñeiro local ou un emigrante que puido traer esta árbore como algo exótico, xa que é orixinario de América do Norte. Xunto a el, xa no camiño do río, destaca un paseo de magnolios, estes si, algo máis novos.


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

17:17

Página 11

Flor de magnolio e magnolio centenario

Na Idade Media recorríase á infusión das follas e das flores de magnolio para aliviar molestias dixestivas e para curar a gota. A súa madeira pódese utilizar para ebanistaría. 4. Consumimos demasiada auga. Aforra auga e axudarás a conservar os nosos ríos As fontes e os mananciais foron desde a antigüidade subministradores de auga para todas as operacións diarias, especialmente ata mediados do século XIX, cando empezaron a chegar as traídas de auga para as casas. Ata ese momento era labor das mulleres carrexar nas sellas, sobre as súas cabezas, a auga necesaria para a casa. Desde aquela ata hoxe a cantidade de auga que consumimos diariamente medrou moito, ata alcanzar unha media na área de Fe-

rrol de 200 litros persoa/día. Este consumo resulta moi elevado e orixina cantidades importantes de auga residual que temos a obriga moral e legal de depurar e devolver limpa á na-

Polas ribeiras do Xuvia

11


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

tureza. Na nosa andaina polas beiras do Xuvia atoparemos varias fontes nas que, coa debidas precaucións, poderemos saborear a fresca auga da terra. Tamén teremos a oportunidade de observar varias instalacións (balsa de decantación, pequenas depuradoras…) que tratan a auga. ¿Sabes de onde vén a auga que utilizas na túa casa e se, unha vez usada, vai a unha depuradora? Pensa nalgunhas medidas ou estratexias para aforrar auga. 5. O bosque de ribeira coida e conserva a riqueza do río Xuvia Os bosques de ribeira semellan gardar o río como un tesouro. Forman un estreito corredor verde que se estende ao longo do seu leito. Desde os séculos pasados ata a actualidade, como consecuencia dos aproveitamentos humanos, este bosque caducifolio viu recortada a súa extensión. Transformáronse as zonas baixas dos vales e as máis próximas ao río, moi fértiles polas periódicas enchentes do río, en

12

Polas ribeiras do Xuvia

17:17

Página 12

campos de cultivo, prados de regadío moi produtivos de herba para pastar o gando e aldeas con boa dispoñibilidade de auga. Este bosque cumpre un papel fundamental para axudar a conservar os nosos ríos, prestándonos unha serie de servizos esenciais para a supervivencia e calidade de vida dos humanos: Por un lado, as súas raíces fixan as marxes e, desta forma, evitan a erosión que provocarían as chuvias torrenciais. Tamén filtran determinadas augas contaminantes. Axudan a regular a temperatura das augas do río, manténdoa case constante, especialmente no verán. Os bosques de ribeira serven de refuxio e despensa de alimentos para unha gran diversidade de animais. Actúan como corredores de vida ao facilitaren a dispersión das especies e comunicaren os distintos lugares do territorio, diversificando a paisaxe. ¿Que ocorrería se se cortase o bosque de ribeira?


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

6. As árbores que viven ás beiras do río Cando nos introducimos neste bosque do río, podemos apreciar as súas dúas características principais: lugar sombrío e con moita humidade. No río, as árbores están adaptadas á presenza case permanente de auga nas súas raíces. Este bosque de ribeira está formado por distintas árbores de folla caduca e autóctonas.

Os ameneiros debuxan as beiras do río O ameneiro é unha das árbores da beira dos ríos que máis altura pode alcanzar, achegándose en ocasións aos 25 metros. Estas árbores conforman o aspecto xeral deste bosque e precisan que as súas raíces estean encharcadas, por iso se encontran tan próximos á beira do río. A madeira do ameneiro empregouse para facer pontes, pezas de muíños, etc., pois resiste moi ben a humidade e non podrece facilmente. Os ameneiros teñen, ademais, outra curiosidade: as súas raíces están asociadas a uns fungos que lles permiten fixar o nitróxeno da atmosfera e, deste xeito, enriquecen enormemente o solo sobre o que viven. Fíxate nas follas do ameneiro, tócaas… Son pegañentas. ¿Sabes que as follas do ameneiro se poden empregar para coidar os pés despois dunha longa camiñada?

Ameneiro

17:17

Página 13

O salgueiro pode vivir na auga Outra árbore común é o salgueiro, unha especie que soporta perfectamente as grandes crecidas do río. Fíxate nas súas follas. Teñen unha cor cinsenta escura moi característica. Coas súas flexibles polas fanse cestos. É unha árbore que florece moi cedo. A partir do mes de febreiro e antes de que abrochen as follas aparecen as flores. O feito de que as flores saian tan cedo convérteno nunha árbore moi visitada polas abellas e por outros insectos, que ao tempo que encontran alimento facilitan a polinización dos salgueiros. Salgueiro

No río hai moita diversidade de árbores Outra das árbores que vive cerca do río é a abeleira, unha árbore xeralmente baixa co tronco moi dividido desde a base. Os seus froitos comestibles fixeron que acompañase a humanidade desde a antigüidade. As súas pólas dan unhas excelentes varas para camiñar. Compara a súa folla coa do ameneiro. ¿En que se diferencian? O freixo é outra árbore que vive case sempre próxima aos cursos de auga. Coa madeira do freixo facíanse os mangos dos apeiros de labranza ou os eixes dos carros. As súas sementes están rodeadas dunhas as membranosas. ¿Que medio pensas que utilizan para dispersaren as súas sementes? Polas ribeiras do Xuvia

13


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

No noso percorrido tamén podemos atopar chopos, pradairos, carballos, castiñeiros, bidueiros… Freixo Abeleira

17:17

Página 14

na construción. Ao longo das beiras do Xuvia existen varias plantacións moi próximas ao río que poden causar danos diversos pola súa elevada absorción de auga e pola ocupación dun espazo que debe ser das árbores autóctonas que acollen e conservan a vida. Tamén poderemos observar plantacións de piñeiros, acacias… A xestión destas especies debe estar planificada, tendo en conta a conservación dos nosos bosques e fragas autóctonas. 8. Os fentos, unhas plantas moi antigas sen flores

7. As plantacións de árbores estranxeiras poden estragar os nosos ríos Ao longo de todo o río Xuvia e da súa cunca hidrográfica poderemos atopar árbores de fóra de Galicia, introducidas como cultivos forestais para a produción de madeira ou como ornamentais e que agora se estenderon moito nas comunidades naturais galegas. Os eucaliptos, orixinarios de Australia, cultívanse para fabricar pasta de papel e a súa madeira tamén se utiliza

Os fentos estaban na Terra hai 500 millóns de anos e formaron extensos bosques. Unha das súas características principais é a de se reproduciren por esporas. A súa diversidade no mundo é enorme e ao longo do río teremos a oportunidade de ver o fento real ou dentabrún, que ten as súas esporas no cumio da planta, unha estratexia de adaptación que lle permite protexer as esporas das enchentes do río. Acompañan esta especie ao longo do río outras como o fento macho ou común, o blecho ou fento fero e os fentos protexidos de grande porte Culcita macrocarpa ou Woodwardia radicans, que son especies singulares, sobreviventes dun clima subtropical.

Fento real

14

Polas ribeiras do Xuvia


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

17:17

Página 15

9. A presa do Rei, un aproveitamento histórico

O reo e o salmón, nadadores de fondo e especies migradoras en perigo

Seguimos o noso camiñar e atopámonos coa presa do Rei, que foi construída arredor de 1795 coa finalidade de darlle forza e mover a maquinaria da Real Fábrica de Xuvia. O seu nome vén da súa creación nos tempos en que reinaba o rei Afonso XIII. Hoxe en día segue a subministrarlle auga á actual fabrica de produtos téxtiles. Nesta parte do río a paisaxe amósanos a fervenza da auga que cae da presa e, máis adiante, as augas tranquilas onde os grandes ameneiros se deitan sobre o río como querendo usar a lámina de auga de espello. Nesta beira podemos ver unhas plataformas metálicas polas que flúe a auga, trátase dunha escala de peixes construída para que poidan seguir o seu camiño río arriba; este dispositivo reduce o principal problema ambiental que poden causar os encoros nos ríos: o “efecto barreira”, e así poder manter as poboacións de peixes río arriba, evitando a súa desaparición.

No Couto de Pesca do río Xuvia, o reo ou troita mariña é a especie máis pescada e apreciada gastronomicamente. O reo, especie moi próxima á troita, ten un ciclo de vida moi semellante ao salmón, e comparte espazo no Xuvia con poboacións máis pequenas. Nacen no río, pasan aquí algún tempo e despois migran cara ao mar. Uns anos despois volven remontar, na etapa fértil, os nosos ríos ata o lugar de desova nun despregamento de forza e adaptación ao medio impresionantes. O reo, por exemplo, pon uns 1.500 ovos por quilo de peso e volve ao ano seguinte, xa que non morre despois da freza. A conservación do reo e do salmón ten unha elevada importancia, pois son especies cualificadas como vulnerables e as súas poboacións están en retroceso. No Xuvia véñense pescando nos últimos anos arredor dun centenar de reos, e os pescadores reclaman que se respecte o caudal mínimo ecolóxico na escala e que se mePresa do Rei e a escala de peixes

Polas ribeiras do Xuvia

15


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

llore a calidade das augas mediante a depuración e saneamento da ría de Ferrol. No couto de San Sadurniño realízase pesca sen morte, modalidade de pesca que introduce un pensamento máis conservacionista e sustentable neste deporte. A estes peixes acompáñanos no Xuvia a boga, a anguía –especie vulnerable– e a troita común. ¿Ocórrenseche algunhas medidas para a protección destas especies?

Reo

10. ¿Por que se encaixa o río? ¿Que idades ten o chan que pisamos? O relevo na cunca hidrográfica do Xuvia ten unha longa historia de millóns de anos que segue a evolucionar na actualidade. O río leva unha dirección xeral de leste a oeste e vai cambiando en función do relevo, dos materiais con que se atopa e da capacidade de erosión das súas augas. Cando encontra rochas duras, como o granito, encáixase e, cando discorre por materiais menos duros, como as lousas, xistos e sedimentos, o val ensánchase. Desde o seu nacemento, as augas do río flúen por terreos con xistos e lousas de hai 440 millóns de anos. Despois, en territorios de Moeche, San Sadurniño e Narón, na parroquia de Pedroso, pasa por sedimentos da era cuaternaria de hai 2,5 millóns de anos. No último tramo discorre desde a Retorta ata a antiga piscifactoría por xistos e lousas e, logo, por rochas graníticas. Á altura da

16

Polas ribeiras do Xuvia

17:17

Página 16

desembocadura do río Prados, o Xuvia dá unha volta para sortear o obstáculo do monte Ancos, con 262 m de natureza granítica moi dura, e encáixase para precipitarse ao seu encontro co mar. 11. As plantas adaptadas e asociadas á auga Se paramos e observamos con detemento, poderemos comprobar que no bosque de ribeira existen moitas plantas: a herba salgueira, o pé de lobo, o amarelle, a herba pulgueira, os senecios, a menta de lobo, o bonito lirio amarelo ou a propia menta de auga. Podes achegarte a unha e ulila. ¿A que che reAmenta de auga corda? A menta acuática ten as mesmas propiedades que o poexo, que se emprega como dixestivo tónico. No río tamén viven plantas que desenvolven distintas estratexias para evitar ser arrastradas pola corrente e, asemade, completar o seu ciclo vital. Algunhas plantas viven enraizadas no fondo do leito e somerxidas totalmente, como a alga Chara fragilis, que forma unhas grandes masas de cor verde. Outras teñen as follas e flores por enriba da auga, como as oucas. Estas masas de plantas son un excelente refuxio e lugar de alimentación para a fauna do río. Lirio

Ouca


nta de auga

XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

12. As pegadas descóbrennos os segredos dos bosques de ribeira No noso camiñar pola natureza existen algúns animais moi esquivos que nos será moi difícil velos e que poderemos descubrir polas súas pegadas ou outros sinais que vaian deixando no medio. Atoparemos algún cartel do TECOR Societario Narón, que se corresponde con terreos cinexeticamente ordenados, onde se pode practicar a caza.

O xabaril, ten o sentido do olfacto moi desenvolvido Este mamífero, que pode chegar a pesar 100 kg, é moi común hoxe en día en Galicia como consecuencia do abandono do campo e a desaparición na zona de depredadores naturais como o lobo. Á parte da pegada do seu pezuño na lama, podemos atopar outros rastros ou sinais moi característicos do seu comportamento, como as fozaduras no chan que fai en busca de todo tipo de alimentos, raíces, tubérculos, insectos, vermes, etc., que localiza perfectamente co seu fino olfacto. Tamén poderemos ver os seus bañadeiros de lama ou os seus excrementos. Ás veces causa estragos nos cultivos onde entra para alimentarse de millo, patacas… É un animal de especial relevancia para a caza. Acompañando o xabaril está outro mamífero como o raposo. ¿Sabes por que se bañan na lama? Pegadas de xabaril

17:17

Página 17

O corzo, agachado entre o bosque Con aproximadamente 70 cm de altura, gústalle andar a partir da noitiña ou no amencer polos bosques, consumindo follas de arbustos, herba, pequenos froitos… Ao posuír un estómago moi pequeno, ten que comer a intervalos e logo descansar. Os machos son territoriais, e os seus cornos, de ata 23 cm de longo, cáenlle sobre novembro e vólvenlle medrar arredor de febreiro. Aparéanse en torno a agosto, permanecendo o embrión no útero sen desenvolverse e, a partir de xaneiro, comezan a xestación ata finais de maio. Este fenómeno proporciónalles un grande éxito reprodutor e maiores posibilidades de supervivencia para as dúas ou tres que crías que teñen. Os corzos emiten un son chamado “ladrido”, semellante ao dos cans, polo cal poden ser recoñecidos. As súas pegadas son duns 5 cm en forma de corazón invertido.

3. Pequenas árbores e grandes propiedades A vexetación que se atopa baixo as árbores do bosque de ribeira está adaptada á sombra; este sotobosque non supera os 5 m de altura.

O estripeiro dálle cor ao río Este arbusto de folla caduca, tamén chamado espiño albar, non adoita superar os 4 m de altura. Tradicionalmente veuse utilizando como patrón para os enxertos de árbores froiteiras como as pereiras e maceiras. A partir do mes de maio florece, tinguindo a ribeira de fermosas cores brancas. Os froitos vermellos per-

Polas ribeiras do Xuvia

17


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

manecen na árbore unha boa parte do outono, ofrecéndolles alimento a moitos animais. A súa madeira, moi dura e densa, é boa para facer carbón vexetal. As flores constitúen un excelente tónico para o corazón, mellorando as arritmias; tamén son sedantes e regulan a presión sanguínea. Algunhas especies que acompañan o estripeiro no sotobosque son o bieiteiro, o sanguiño, a hedra, a silveira, o chuchamel, o loureiro real e tamén sebes de buxo.

Estripeiro

14. Os cogomelos non son nin vexetais nin animais A partir da época de primavera e outono, coas choivas, poderemos ver moitos cogomelos. Tradicionalmente en Galicia o aproveitamento destas especies ten asociada unha desconfianza, seguramente producida por casos de envelenamento e polo descoñecemento das especies comestibles. Os cogomelos pertencen ao reino dos fungos, xa que non son nin vexetais nin animais, e teñen que fabricar o seu alimento para vivir a partir da materia orgánica en descomposición, sendo uns auténticos recicladores. Outros conseguen o alimento asociándose con outros seres vivos ou parasitándoos.

A amanita muscaria, é tóxica

18

Polas ribeiras do Xuvia

17:17

Página 18

A diversidade de cogomelos en Galicia é moi importante e, dado que existen moitos velenosos, debemos ter coidado á hora de collelos para comer, asesorándonos sempre con expertos no tema, recollendo exclusivamente os que coñecemos ben e cortando o seu pé cunha navalla para que ao ano seguinte poida volver a saír. O aproveitamento dos cogomelos pode representar no futuro, ordenado e ben planificado, un sector económico moi importante.

As lesmas poden alimentarse de cogomelos Estes moluscos sen cuncha son moi abondosos en Galicia. Viven en lugares húmidos, agáchanse baixo as pedras ou as follas do chan e teñen hábitos nocturnos. A súa comida está constituída por cogomelos e por outra vexetación que desgastan coas súas potentes rádulas. ¿Sabías que en Galicia o moco de babosa se usaba para eliminar as verrugas e que tamén é un bo antiséptico?

Lesma negra

Os liques cooperan para sobrevivir Como algúns cogomelos que se asocian con outros seres vivos, os liques son o resultado dunha simbiose entre unha alga e un fungo. A alga achega a súa capacidade para producir clorofila e o fungo dálle protección e sales minerais. A barba de vello desenvólvese en lugares con aire de boa calidade, indicándonos desta maneira a presenza ou non de contaminación.


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

17:17

Página 19

16. O merlo rieiro precisa o río limpo e ben conservado

Barba de vello

Desta especie extráese actualmente unha substancia de aplicación medicinal antibiótica e bactericida moi eficaz; antigamente servía para tinguir.

Nestes tramos do río, se imos atentos e en silencio, poderemos ver o merlo rieiro e outras aves que comparten este ecosistema. O merlo mergúllase no río e, coa axuda das súas ás móvese, pero faino camiñando polo fondo do leito agarrándose coas súas fortes uñas ás pedras, en busca dos invertebrados (larvas de efémeras, libélulas...) que constitúen o seu alimento.

15. Un delito ecolóxico no Xuvia que acabou coa piscifactoría No lugar que ocupaban antigamente os muíños e presa de Fabián, instalouse en 1973 a piscifactoría de troita do Xuvia. Nos anos oitenta chegou a producir arredor de 300 toneladas de peixe anuais. No ano 1986 unha vertedura contaminante ao río da conserveira El Cisne, hoxe desaparecida, situada en San Sadurniño, provocou unha catástrofe ecolóxica que obrigou a abandonar a actividade das instalacións. Na actualidade a piscifactoría está abandonada e colonizada de novo pola natureza. Estes feitos fannos reflexionar sobre a necesidade de coidar os nosos ríos e de obrigar as industrias a cumprir a normativa ambiental.

Troita

¿Que sanción cres que pode ter contaminar un río, afectando a toda a vida e aproveitamentos que se desenvolven nel?

Merlo rieiro

O babeiro branco nun pequeno corpo repoludo de cor achocolatada faino inconfundible.

A boa calidade das augas dun río é fundamental para contar coa presenza do merlo, pois trátase dunha ave moi sensible á picapeixe contaminación dos leitos. Poderemos ver outras aves facilmente, como as lavandeiras branca e real, que camiñan pola beira do río ou polas pedras do seu leito en busca de pequenos insectos dos que se alimenta; a garza, inmóbil, coas súas patas metidas na auga para arpoar algún peixe; o lavanco real, unha especie de pato cuxos machos teñen a cabeza verde e vistosas cores para atraeren as femias; o picapeixe, lanzándose en picado para pescar pequenos peixes; tamén voan os ferreiriños e ferreiros bacachis e abelleiro e, pola noite, o morcego. lavandeira

Polas ribeiras do Xuvia

19


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

Pesqueira

17. Nas aldeas, o medio reflicte os usos agrogandeiros Antes de chegarmos á aldea de Retorta, podemos cruzar a ponte de orixe medieval sobre o Xuvia e ver o muíño de Gradaílle. A súa construción con planta baixa e primeiro andar, as tres moas e a presa en roda que abastece de auga o muíño dannos unha idea da importancia que tivo no pasado para a zona. Uns metros máis abaixo da ponte, cando as augas van baixas, pódense ver os restos dunha antiga pesqueira medieval, documentada no Mosteiro de San Salvador de Pedroso. Nestes pequenos diques de pedra ou guiadoiros deixaban unhas aperturas estreitas ou caneiros onde os pescadores colocaban as nasas para atrapar a troitas, reos, anguías e salmóns.

17:17

Página 20

Achegándonos xa aos lugares de Retorta, Cerdeiras e Doso, atopámonos cos campos de cultivo preto do río, conformados por campos de pasto para o gando, hortas, árbores froiteiras... Os labores agrarios e gandeiros sobreviven realizados pola poboación máis vella, que segue a manter vínculos coa terra para o consumo propio. Nos últimos 20 anos os usos agrarios sufriron grandes transformacións que conducen ao abandono de terras ou á súa transformación en cultivos forestais con piñeiro ou eucalipto.

A arquitectura popular, funcionalidade e materiais da zona Os lugares organizan as súas casas a carón da estrada ou dos camiños, con campos de cultivo e hortas, arbores froiteiras e o río ao arredor. As vivendas tradicionais teñen unha planta rectangular xeralmente con dous andares: unha planta térrea na que se dispoñen cociña con forno e cortes para o gando, e o primeiro andar, comunicado por escaleira interior, que conta con diversos cuartos e unha sala. O alpendre ou alboio para gardar os apeiros de labranza normalmente vai acaroado á casa. Fíxate con que materiais están feitas as casas tradicionais, os hórreos e os seus teitos ¿Por que?

20

Polas ribeiras do Xuvia


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

O miñato, un cazador incansable desde os aires Nesta zona de cultivos e campas, mesturados coa vexetación de ribeira e monte con plantacións forestais, podemos ver o miñato, unha ave de rapina moi común en Galicia, de tamaño medio; ten unha envergadura duns 135 cm. Normalmente vese voar planeando en círculos utilizando as correntes de aire quente ascendentes ou pousado nos postes. Posúe unhas grandes gadoupas que son axeitadas para cazar pequenos mamíferos, pequenas aves, insectos, réptiles…, cumprindo unha función moi importante no ecosistema. Outras aves de rapina que se poden ver pola zona son o azor e o gabián, sobre todo nas partes máis próximas ao bosque. 18. Á area medioambiental e recreativa de Pedroso, un lugar para gozar do patrimonio

17:17

Página 21

Neste punto da desembocadura do río Castro, atopámonos co muíño de Entrerríos, restaurado polo Concello de Narón. A intervención creou unha área medioambiental da que forman parte tamén o muíño do Chao ou da Muiñeira, un cámping e unha área recreativa. Esta área habilita e pon en valor o espazo para que a sociedade poida gozar do medio natural e social próximo ao río, poñendo á disposición da xente unha serie de servizos necesarios para pasar un día de campo: merendeiro con churrasqueiros e mesas, aparcadoiro, cámping, parque de xogos infantís...

Os muíños, motores socioeconómicos e culturais Desde moi antigo o home aprendeu a aproveitar a forza da auga no seu beneficio. Un dos aproveitamentos máis comúns en Galicia foi o muíño de regato, pola abundancia de auga. As mans artesáns elaboraron as pezas de pedra, ferro e madeira e encaixáronas con precisión no muíño. Augas arriba unha presa deriva a auga do río. A través dunha canle chega ao cubo,

Neste lugar, o río Castro únese ao Xuvia, sumando así as augas da serra de Forgoselo, que tamén forma parte do Espazo Natural ou LIC Xuvia-Castro. Ao longo do seu percorrido, ademais do Castro, o afluente máis importante, verten as súas augas numerosos regatos, arredor de 30, abastecedores continuos de auga que fan aumentar o caudal do Xuvia. A cunca hidrográfica convértese así nunha grande árbore ramificada na que o Xuvia é un poderoso tronco. Os pequenos ríos e regatos que alimentan o Xuvia teñen unha grande importancia ecolóxica porque son refuxio dos alevíns de peixe ata que van para o río grande ou ao mar.

Polas ribeiras do Xuvia

21


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

17:17

Página 22

onde baixa con forza e fai mover o rodicio, o cal, á súa vez, move unha pedra, a capa. O movemento da capa sobre a outra pedra que é fixa, o pé, tritura o gran, converténdoo en fariña, utilizada para dar de comer aos animais ou para elaborar o pan, alimento básico en Galicia.

so propietario. Normalmente eran máis grandes e servían tamén como vivenda do muiñeiro e da súa familia. O muiñeiro cobraba unha parte da fariña, a maquía, que era proporcional á cantidade moída. Estes muíños podían ter máis dunha moa e así moían mellor outras variedades de gran (trigo, centeo, millo...).

¿De quen eran os muíños?

Os muíños reviven, amosándonos os costumes e as tradicións da nosa cultura

A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Despois estaban os muíños de maquía, como é este muíño de Chao ou da Muiñeira, como indica o seu nome. Estes pertencían a un

Asociado aos muíños, ao seu mundo e á súa paisaxe, desenvolveuse un rico e variado conxunto de manifestacións culturais e etnográficas que temos a obriga de conservar. No muíño

QUENLLA TREMIÑADO

CANLE

MOEGA CARRACA

As pezas do muíño, un mecanismo sinxelo que funciona con enerxía limpa, a forza da auga.

BURRO CAPA OU MOA BEO PÉ

INFERNO BUXA PECHADOIRO

22

Polas ribeiras do Xuvia

RODICIO

MESA


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

non só se moía. Tamén era un lugar de encontro; aquí naceron cantigas, contos, bailes, refráns e lendas, e nel encontraron consello aqueles que o buscaban. Ademais, era o lugar onde se traían e levaban as noticias. Os muíños tamén están relacionados a outros labores, como a malla, a amasadura e cocedura do pan no forno… No muíño fan cantigas, no muíño fan concellos, no muíño fanse amores e contan contos os vellos... Despois da área do Pedroso, seguimos a camiñar a carón do río Xuvia, pasando por debaixo da ponte da autovía AG-64. Na seguinte pequena ponte que atopamos podemos seguir varios trazados para chegar ao final no muíño de Perfecto. Como a beira dereita do río adoita estar moi inundada, cruzamos a ponte e andamos pola beira esquerda acompañando unha granxa ou explotación gandeira ata chegar á seguinte ponte, onde veremos o muíño de Perfecto derruído. Unha segunda opción será seguir a pista asfaltada que sae da ponte en dirección norte cara á Capela da O e logo seguir a dirección do curso do río ata chegar ao final. 19. A lontra precisa augas limpas para vivir A lontra é un animal esquivo, e o máis probable é que só vexamos as evidencias da súa existencia ou ben nas súas pegadas ou ben nos seus excrementos. Precisa augas limpas e ecosistemas ben conservados para poder vivir. En Galicia aínda conserva poboacións estables. Está perfectamente adaptada á vida no río. O corpo en forma de fuso, as pequenas orellas para re-

17:17

Página 23

ducir a resistencia á auga, as patas traseiras palmeadas e a súa cola aplanada como un temón son algunhas das adaptacións deste mamífero. Teñen fama de ser moi rebuldeiras; xogan entre individuos da mesma especie para fortaleceren os vencellos entre os membros da familia. Para adestraren, poden xogar con pedras, escorregando polos tobogáns... Caza peixes á noitiña, sorprendéndoos ou eliminando os individuos vellos ou enfermos, pero tamén se alimenta de ras, sapos, toupas, cangrexos, ratas de auga. Pode chegar a vivir ata 15 anos. Se imos en silencio e a sorte nos permite ver este mamífero acuático, unha perfecta máquina de nadar, mergullar e pescar, entón seguro que non o esqueceremos na vida.

Pode chegar a nadar a unha velocidade de 11 km/hora, cando un nadador olímpico só chega a uns 7 km/h, e aguantar debaixo da auga ata 4 minutos.

20. Os bosques inundados, zonas húmidas con moita riqueza Na parroquia de Doso, ás augas do Xuvia aínda se lles permite desbordarse por unha chaira que se inunda periodicamente cando chove con intensidade, sobre todo nos meses de inverno. Esta zona húmida do Chao está formada maioritariamente por zonas boscosas, pero asociadas a elas tamén podemos ver gándaras, brañas ou veigas que historicamente eran zonas de pasto e que hoxe son transformadas en prados de sega ou para cultivo de especies forraxeiras para o gando, xa que son zonas de

Polas ribeiras do Xuvia

23


XubiaC:Maquetación 1

Xunca de algodón

14/10/09

alta produtividade durante todo o ano. Tamén estes bosques aluviais ou de inundación foron obxecto dunha intensa explotación co fin de proverse de madeira para a construción ou leña. Estes espazos posúen unha grande variedade de hábitats intermedios entre os ambientes terrestre e acuático, e representan, polo tanto, un importante papel na conservación da biodiversidade e no desenvolvemento económico. Sustentan unha importante flora adaptada ás condicións de enchoupamento do solo. No estrato herbáceo abundan o xunco, as espadanas, o amarelle ou a xunca de algodón, que destaca pola súa brancura algodonosa, unha planta cada vez máis rara e escasa nas nosas turbeiras que debemos protexer. As árbores que predominan nestes bosques son especies como o ameneiro, o salgueiro, o freixo e o bidueiro.

24

Polas ribeiras do Xuvia

17:17

Página 24

Os anfibios, unha vida entre a auga e a terra Nestes medios enchoupados viven tamén os anfibios, un grupo de animais intimamente ligados ao medio acuático. Os máis comúns, as ras, sapos e pintafontes, pasan unha parte importante da súa vida neste medio, ben na súa fase larvaria ou nalgúns momentos da súa fase adulta. Tanto uns como outros cando son adultos aliméntanse de insectos, cumprindo un importante papel na natureza. Son moi sensibles aos procesos de contaminación dos ríos. Cando chega o inverno, agáchanse e pasan esta estación hibernando.

Un pequeno anfibio galego que vive nos bosques dos ríos O mundo da píntega encóntrase preto dos ríos que discorren entre os bosques, nas proximidades da auga; curiosamente, este anfibio é totalmente terrestre e xamais se introduce na auga, xa que afogaría. A píntega común ten actividade exclusivamente nocturna. Aliméntase de miñocas, insectos, arañas e lesmas. É a máis


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

17:17

Página 25

abundante das nosas píntegas. Precisa unha alta humidade no ambiente, polo que é común velas ao anoitecer despois dun chuvasco. Atribúenselle un Píntega fato de falsos poderes, como o de apagar o lume, relacionado co animal mitolóxico que sobrevive ao lume; outras crenzas din que se a tocas podes perder o membro que contactou con ela ou provocar doenzas graves ou a morte. Sen dúbida estas, lendas derivan das súas cores atraentes, pero a píntega é un anfibio totalmente inofensivo e a súa secreción velenosa só pode causar proído en contacto coas mucosas.

Moi preto da capela está o castro da Ermida. Os castros son tradicionalmente lugares onde permaneceron as lendas, tesouros gardados polo noso pobo que se foron transmitindo de xeito oral de xeración en xeración. Sobre o castro de Eiravedra, situado en Sedes, conta unha lenda que unha parella quería casar pero o pai dela non llo permitía, polo que a ameazou con encantala e levala á croa do castro. Ao saír unha galiña cos seus poliños dando voltas arredor do castro, a moza quedou convertida nunha grande e fea cobra. Para desencantala, o noivo deberíalle dar un bico e, aínda que lle custaba facelo, por fin decidiuse. Entón a serpe converteuse nunha fermosa muller espida.

As lendas e tradicións, transmitidas de boca a boca

Os seres “encantados” das nosas augas

Moi preto do río Xuvia á altura de Doso, podémonos desviar por unha pista asfaltada cara á esquerda para atoparnos coa capela ou ermida da Virxe da O, lugar de culto que cada segundo domingo do mes de maio se converte en punto de reunión de centos de devotos que levan candeas e exvotos para lle ofrecer á Virxe da O. Durante a procesión, a imaxe é trasladada á Fonte das Areas, xa que en tempos de seca se lle rogaba para pedir que chovese. Esta tradición, posiblemente con orixe en ritos pagáns, foi cristianizada e deste xeito consérvase na actualidade.

A historia e a mitoloxía de Galicia está chea de mitos e crenzas referidas ás zonas húmidas, cunha orixe en moitos casos incerta. Sobre o pai dos ríos galegos, o Miño, están vivas na tradición oral unha gran variedade de xenios acuáticos, como os encantos, os homes-peixe, as lavandeiras, as feiticeiras, a moura troita, os xacios (seres de corpo humano e vida anfibia) ou as anas e aureanas, entes femininos da fertilidade que aparecen encantados nas fontes, pozos e ríos de todo o país, e quen os queira desencantar ten que lles entregar un bolo de pan ou un queixo de varios cornechos. ¿Sabes algunha lenda? cóntalla a alguén

Polas ribeiras do Xuvia

25


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

21. Animais pequenos pero moi importantes para o ecosistema A diversidade de invertebrados acuáticos que viven no río é enorme, constituíndo unha parte moi importante da cadea alimentaria e a base de alimentación e supervivencia dos animais maiores do río. Todos estes animais adáptanse á auga en movemento. Uns dos máis comúns nos ríos posiblemente sexan os zapateiros, que viven sobre a superficie da auga. O segredo dos zapateiros para non se afundiren é que son moi lixeiros, teñen o extremo das súas patas como unha coitela de patín de xeo e o corpo recuberto duns peliños aceitosos. Outra das estratexias para se adaptaren a este medio é posuír un corpo aplanado; isto permítelles a algunhas larvas de efémeras ou ás pla-

26

Polas ribeiras do Xuvia

17:17

Página 26

narias vivir baixo as pedras ou ben manterse sobre elas. Algúns animais constrúen pequenos estoxos nos que viven evitando ser arrastrados polas augas. É o caso das larvas dos tricópteros. As samesugas teñen dúas potentes ventosas que evitan que sexan arrastradas pola corrente. Pero a lista segue con moluscos como o Ancyclus, un pequeno caracol que vive sobre as pedras alimentándose de algas; insectos como os gaiteiros e libélulas, que tinguen o ceo de vistosas cores cando son adultos; pequenos crustáceos que se alimentan de restos orgánicos; escaravellos acuáticos como o ditisco, un eficaz predador; ou o barqueiro, que detecta as vibracións de calquera animal na superficie para despois comelo. Conviven con todos estes animais acuáticos outros insectos como vacalouras, arañas, abellas e bolboretas de bonitas cores.


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

¿Que sucedería se a auga estivese algo contaminada e non existisen algúns destes animais? 22. O lagarto das silvas é quen de nadar A maioría dos réptiles conquistaron a terra hai uns millóns de anos, pero aínda quedan algunhas especies asociadas á auga. Para manter a súa temperatura corporal, teñen que buscar a calor, por iso podemos velos moitas veces nas pedras tomando o sol. Un dos animais máis curiosos que habita na beira dos ríos e que non lle ten medo á auga é o lagarto das silvas, un precioso lagarto, especialmente os machos cando están en celo; nesta época locen unha cor verde-amarelada case esmeralda, salpicada de ocelos escuros, e a súa garganta está tinxida de azul, facéndoo inconfundible. Este lagarto ten entre os seus curiosos costumes o de nadar, algo que fai con bastante eficacia. Ademais, en caso de perigo, incluso se pode mergullar para agacharse no fondo do leito entre a lama e agardar alí uns segundos. Outros réptiles presentes no río Xuvia son a cobra sapeira, a lagarta galega e o escáncer.

As especies exóticas ameazan o equilibrio ecolóxico Unha das especies vistas no Xuvia é o sapoconcho riscado. Esta especie non é autóctona, senón que é orixinaria do mediterráneo e norte de África. Seguramente escapou de terreos, xardíns ou casas onde manteñen poboacións en catividade. Outras introducións de especies de fóra, como o sapoconcho de Florida, o cangrexo

17:17

Página 27

e o visón americanos ou a troita arco iris, causan unha grave ameaza para as especies de Galicia e poñen en perigo as súas poboacións, xa que compiten polos mesmos recursos no río, afectando finalmente ao funcionamento ecolóxico do ecosistema fluvial. No caso de que te queiras desfacer dun destes animais exóticos que poidas ter na casa, debes chamar ao Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe máis próximo para que o recollan e así evitarás crear un dano na natureza, ás veces moi difícil de solucionar. 23. Os problemas dos ríos son orixinados por nós Ao longo deste tramo final do noso itinerario atoparémonos con algúns dos problemas ambientais dos ríos que se describen a continuación. A densa rede fluvial do noso país posúe un notable interese natural, sendo unha das máis valiosas de Europa. A vida da auga é unha manifestación de alegría expresada polos sons que emite e pola explosión de diversidade; cando morre convértese nun dos espectáculos máis tristes e silandeiros. Todos temos visto algunha vez unha chea de peixes mortos no río. Durante as últimas décadas os cursos fluviais sufriron innumerables agresións: contaminación por verteduras de augas residuais que provocan unha deterioración da calidade da auga, invasión das ribeiras dos ríos pola agricultura e gandaría que causan contaminación por fertilizantes e fitosanitarios e plantacións forestais que ameazan a vexetación de ribeira, destrución de bosques autóctonos de ribeira por corta e urbanizacións, construción de grandes encoros e minicentrais que alteran o réxime hidrolóxico e impiden o paso ás especies migra-

Polas ribeiras do Xuvia

27


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

torias, pesca abusiva, canalizacións, introdución de especies exóticas que desprazan e ameazan as galegas, explotación de áridos, vertedoiros ilegais, usos recreativos con alto impacto como os quads ou todoterreos ou actividades masivas, falta de delimitación do dominio público hidráulico relacionado coa ocupación de leitos e ribeiras sen respectar as servidumes, deslindes e camiños, escasa sensibilización ambiental da sociedade, non xestionar a cunca hidrográfica como unha unidade dun recurso indivisible... Polo visto, quédanos moito que aprender na xestión do noso patrimonio, natural e sociocultural. Esperamos que no futuro, co fomento da nova cultura da auga e do desenvolvemento sustentable, poidamos conseguir a conservación efectiva de toda a extraordinaria riqueza que nos ofrecen os ríos.

28

Polas ribeiras do Xuvia

17:17

Página 28

O río Xuvia mantén un bo estado de conservación A cunca do río Xuvia mantense nun estado bastante favorable, aínda que está sometido, como todas as ribeiras fluviais, a numerosas ameazas que, mal xestionadas, poñerían en perigo a súa riqueza. A presenza de industrias téxtiles, fábricas de ferro e aceiro, fábricas madeireiras, matadoiros, explotacións agropecuarias, forestais, os usos residenciais e as zonas recreativas que se distribúen ao longo da ribeira fluvial supoñen presións sobre o medio con verteduras ocasionais ao río e ao aire que, de non se desenvolveren desde un punto de vista de aproveitamento positivo dos recursos naturais, poderían alterar gravemente o equilibrio dos ecosistemas de ribeira e, polo tanto, afectar tamén á nosa saúde.


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

As conclusións que se tiran de estudos realizados sobre a calidade de auga do Xuvia son boas. A calidade de auga mantén niveis adecuados, con certas matizacións, referentes a que existen algúns puntos conflitivos nos que certas verteduras incorporan unha cor gris á auga que non inflúen na súa calidade fisicoquímica. 24. A conservación dos nosos ríos depende de ti, de todos nós Ata aquí chegou o noso itinerario; podémoslle botar unha última ollada ao río e reflexionar sobre algúns aspectos que abordamos durante deste percorrido.

17:17

Página 29

Puidemos ver a diversidade de vida que alberga o río, a importancia que este ten na súa conservación e algúns dos aproveitamentos tradicionais e outros máis actuais. De especial relevancia é protexer todos os ríos da cunca hidrográfica para que así o Xuvia manteña boa saúde. A conservación dos nosos ríos é algo que depende tamén de nós, dos nosos comportamentos na vida diaria. Dando un pequeno paso, facendo un uso racional da auga, xa estamos avanzando na conservación deste importante recurso.

Polas ribeiras do Xuvia

29


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

17:17

Página 30

Neste punto chegamos ao muíño de Perfecto, hoxe xa derruído, no lugar de Portela, no concello de San Sadurniño, final do noso itinerario xeral a pé. Desde aquí podemos volver a carón do río ata o inicio na ponte dos Andrade ou coller o tren FEVE no apeadeiro de San Sadurniño en Silvalonga.

30

Polas ribeiras do Xuvia


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

17:17

Página 31

Aquí dá comezo unha nova e apaixonante andaina para ti, para que coñezas, entendas e colabores na conservación do río. Animámoste a seguir observando e camiñando para descubrir máis cousas do río e da natureza, utilizando todos os sentidos.

Agardamos que o itinerario fose do teu agrado e que gozases desta visita polas beiras do Xuvia.

Anota o que descubriches cos teus

sentidos:

.......... Ollos: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ............................

..........................

............................

.......... Boca: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ............................

Orella: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

..........................

............................

............................

............................

Mans: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

..

........

............................

............................

............................

Nariz: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

..

..

.......

............................

............................

............................

..

.......

............................

Polas ribeiras do Xuvia

..

31


XubiaC:Maquetación 1

14/10/09

17:17

Página 32

O río Da outra banda, Señor, vexo este verde e terra de ben dar e un regato con vimbios de ouro vello e un pombal de mensaxeiras e un anxo que esfolla as espigas do millo cabo dun hórreo de cen pés. Sei que nunca cruzarei ese río que para min murmura o laio dun adeus. Ficarei nas ruínas do muíño coa foula branqueando a xanela dos ollos. Eis esa soberbia que chamarei destino. Pero eu fun dos teus, Señor. Quizais aínda gardes recordo daquel outro que brincaba as roseiras tras o sino da campá e creu ter escrito par ti o poema do pan. Pai Noso, pois, que estás nos ceos, en memoria daquel que eu fun, dille ao río Grande que toque outra vez ese blues. O exército do bosque MANUEL RIVAS


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.