NORMAS PARA TRABALLOS ESCRITOS E PRESENTACIÓNS

Page 1

ALGÚNS CONSELLOS PARA O TRABALLO ESCRITO 1-. PLANIFICAR: OBTER E ORDENAR A INFORMACIÓN Despois de ler unha o dúas fontes de información sobre o tema temos xa unha idea do que queremos contar. Despois da lectura debes anotar aqueles asuntos que vas a tratar no teu traballo, que consideres máis importantes ou interesantes e elaborar un primeiro guión do traballo, cos grandes apartados nos que vas organizar o teu traballo. Podemos presentar estes asuntos en forma de preguntas Agora que xa temos unha idea dos asuntos que imos tratar no traballo, do que queremos contar, debemos volver sobre as nosas fontes, ou buscar outras novas, e anotar de xeito ordenado a información que consideremos importante. Pero ollo, non redactamos directamente o traballo. Tomar notas non significa copiar fragmentos de texto aquí e alá para logo xuntalos e presentar algo que se pareza ao que lemos. 2-. ESQUEMA Antes de redactar faremos un esquema ou borrador máis detallado. Non ten por que ser igual que o primeiro guión, pois despois de recompilar a información podemos decidir incluír novos apartados, eliminar outros, etc. Nel debemos indicar os diferentes apartados, subapartados, as imaxes coas que o imos ilustralos, as citas, etc. Este esquema é para uso persoal, non é o índice (aínda que o índice ó final será unha simplificación deste esquema). Un bo esquema é fundamental para organizar ben os contidos e aseguraranos que non nos queda nada sen expoñer. Ó facer o esquema podemos darnos conta de que nos falta información nun para un determinado apartado ou é posible que teñamos demasiada para outro. 3-. ESTRUTURA DO TRABALLO: 3.1 PORTADA A portada pode ser sinxela: nome do centro escolar, título do traballo, nome da disciplina, identificación do alumno/a –nome, curso e número– e data. Pode tamén conter deseños, gravados ou fotografías alusivas ó seu contido 3. 2. ÍNDICE Numeración de todos os títulos e subtítulos que utilizaras ó longo do traballo. Debes indicar a páxina correspondente a cada un de acordo coa paxinación xeral do traballo, que se inicia no índice coa páxina 1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
NORMAS PARA TRABALLOS ESCRITOS E PRESENTACIÓNS by Santiago Dans - Issuu