Revista Curso 2018 - 2019

Page 1

25

Revista curso 2018-2019 Especial Centenario


Celebrar o centenario do noso colexio e os 60 anos de presenza somasca na bisbarra pode ter significados diferentes: nostalxia, lembranzas, reencontro ou fortalecemento do sentido de pertenza. Hoxe podemos afirmar que o noso pasado e o noso presente énchennos de orgullo e empúxannos a seguir construíndo a vida ó estilo educativo somasco, que se basea nunha visión integral da educación. Somascos e Caldas, Caldas e Somascos uniron as súas existencias durante estes últimos 60 anos e ímolo celebrar. Invítoche, como familia somasca que eres, a celebrar estas efemérides como reencontro e motivación para seguir co ideal primeiro de S. Xerome Emiliani: Facer dos nosos rapaces “Bos cristiáns e bos cidadáns”. P. Chema

1


Sumario: páx. 3 páx. 4 páx. 4 páx. 5 páx. 6 páx. 7 páx. 8 páx. 9 páx. 11 páx. 12 páx. 13 páx. 14 páx. 15

ACTIVIDADES DO CENTENARIO: Inauguración Oficial do Curso Inauguración do Horto ecolóxico P. Federico Inauguración Parque Infantil P. Lorenzo Eula Magosto do Centenario Festival de Nadal do Centenario Plantación de árbores da paz do Centenario S. Xerome Emiliani. 60 anos en Caldas de Reis Entroido do Centenario Peregrinación ós lugares de S. Xerome Centenario Solidario – Carreira e Mercadiño Semana de Europa Olimpíada Somasca Día dos antigos alumnos

páx. 16 páx. 17 páx. 19 páx. 20 páx. 21 páx. 22 páx. 23 páx. 24

TRABALLO POR PROXECTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL CAMIÑO DE SANTIAGO EN PRIMARIA FESTA DOS MAIOS MOVILIDADES PRACTICUM DEPO 2018 EN CF INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN IRLANDA DEPORTE SAÍDAS E VISITAS EXCURSIÓNS

2


Actividades do Centenario Inauguración Oficial do Curso do Centenario: Santa María Nai dos Orfos

Dende este curso contamos cun novo mural elaborado por José Antonio Búa adicado ó Camiño de Santiago. Unha auténtica obra de arte que decora as paredes do patio. Para a súa inauguración contamos coa presenza do Obispo Auxiliar de Santiago de Compostela, Don Jesús Fernández González, que tamén nos acompañou na Misa de inicio de curso celebrada na igrexa parroquial de Santo Tomás de Caldas de Reis.

3


Actividades do Centenario Inauguración do Horto ecolóxico: P. Federico Un dos obxectivos do CPR Plurilingüe San Fermín - PP. Somascos é o de poñer en valor a terra entre os máis cativos e cativas, como o fixo o Padre Federico Fausone mentres que estivo entre nós, por iso inauguramos o horto ecolóxico no seu nome. Queremos que as vindeiras xeracións establezan lazos afectivos coa súa contorna natural e valoren a terra como fonte de vida e desenvolvemento, aprendendo a non degradala e a respectala deseñando actividades que sirvan para educar no medio, sobre o medio e para o medio. Neste espazo as nenas e os nenos participantes poden divertirse ao tempo que se sensibilizan e se educan nos valores do medio rural e natural a través dunha serie de actividades que se desenvolven ao longo de todo o ano.

Inauguración Parque Infantil P. Lorenzo Eula O Padre Provincial José Luis Montes Fernández, inaugurou o Parque Infantil P. Lorenzo Eula, nun acto cheo de ledicia, cor e oración. Os nenos necesitan moita liberdade para pescudar, probar, errar e corrixir… para apreciar os infinitos recursos das mans, da vista, do ouvido, das formas, dos sons e das cores. Os nenos e nenas precisan xogar e divertirse. ¡Que San Xerome Emiliani os coide cada día!

4


Actividades do Centenario Magosto do centenario

O magosto é unha festa tradicional moi arraigada na cultura popular galega. Non quixemos que pasara esta data sen asar unhas castañas para repartir entre os nosos alumnos. Como podedes ver, contamos cun equipo de auténticos profesionais para realizar este traballo. Ademais de comer castañas asadas e cocidas, os nenos tamén participaron en xogos tradicionais.

5


Actividades do Centenario Festival de Nadal do Centenario

Un Nadal no que celebramos 100 anos do Colexio San Fermín e 60 anos de presenza dos Padres Somascos en Caldas de Reis. O noso FESTIVAL foi unha homenaxe a todo o alumnado e exalumnado do Colexio San Fermín nestes 100 anos de historia. Cun gran sorriso miramos ó ceo e recordamos a tod@s que se adiantaron pero seguen sendo parte do noso Centro. Grazas ó noso ALUMNADO, ao ANPA do C.P.R San Fermín, á nosa COMUNIDADE EDUCATIVA, ós PP. SOMASCOS por vivir todos xuntos en familia uns momentos inolvidables como estes.

6


Actividades do Centenario Día da non violencia e da paz: Plantación das árbores da paz do centenario

O CPR SAN FERMÍN CON E PARA A PAZ!!!

QUEN PRANTA UNHA ÁRBORE, PRANTA UNHA ESPERANZA!!!

7


Actividades do Centenario Semana Somasca: S. Xerome Emiliani. 60 anos en Caldas de Reis E chegou o día de celebrar a nosa gran festa, o día de San Xerome Emiliani, Pai dos orfos e Fundador dos Padres Somascos. Un home que abrazou a carreira das armas, que máis tarde deixou, consagrándose ó servizo dos pobres, despois de distribuír entre eles os seus bens. Fundou a Orde dos Clérigos Regulares de Somasca, coa misión de socorrer ós nenos orfos e pobres. Morreu en Somasca no ano 1537. Esta xornada festiva comezou coa celebración da Eucaristía en honra a San Xerome Emiliani. Ó seu remate, os alumnos puideron participar en xogos moi divertidos como a búsqueda do tesouro, a "gincana", fútbol, ciclomarcha, etc. Para o profesorado organizouse unha xornada formativa sobre aprendizaxe cooperativa. Quixemos rematar esta festa cunha comida de confraternización en Casa Marcial en Amil, onde a súa propietaria quixo facer un recoñecemento ós PP. Somascos polo seu labor na educación.

8


Actividades do Centenario Entroido do Centenario. Concurso ESO e Ciclos

9


Actividades do Centenario Entroido do Centenario. Desfile Infantil e Primaria

10


Actividades do Centenario Peregrinación ós lugares de S. Xerome Entre as actividades previstas para a celebración dos 100 anos do noso colexio, a Comunidade Relixiosa e Educativa programou unha visita ós lugares significativos e que lembran momentos da vida e obra de San Xerome Emiliani, fundador da Congregación dos Somascos. Nesta peregrinación participou o profesorado, pais, nais, PAS e exalumnos. O día 2 de marzo partían rumbo a Milán, para logo visitar Treviso, Venecia, Somasca, Como e voltar de regreso a Caldas de Reis o día 5 de marzo.

Milán

Venecia

Como Somasca

11


Actividades do Centenario Centenario Solidario – Carreira e Mercadiño solidario

O día 2 de maio celebramos a Carreira Solidaria proMozambique coa participación de todo o alumnado do Centro: Ed. Infantil, Ed. Primaria, ESO e Ciclos Formativos. Cada alumno aportou patrocinadores para doar unha cantidade de diñeiro por cada volta ó circuíto da Carballeira do Xardín de Caldas de Reis. En marzo o ciclón Idai arrasaba o Lar São Jerónimo en Beira, Mozambique, provocando danos importantes nas instalacións. Os fondos recaudados nesta Carreira Solidaria e no Mercadiño foron integramente destinados para axudar a reconstruílo.

12


Actividades do Centenario Semana de Europa Festival The secret to success is to see any job as an opportunity to grow and have fun, rather than see it as something that is a boring or useless chore.Thank for your great work!!! El secreto del éxito es ver cualquier trabajo como una oportunidad para crecer y divertirse, en lugar de verlo como una tarea aburrida o inútil. Gracias por vuestro gran trabajo!!!

Teatro en Inglés: Moving On Today we have received the theater company "Moving On" one more year and as always we have had a great time. Until next year, guys! Hoy hemos recibido a la compañía de teatro "Moving On" un año más y como siempre lo hemos pasado genial. ¡¡¡Hasta el año que viene chicos!!!

13


Actividades do Centenario Olimpíada Somasca En maio recibiamos a visita dos alumnos do Colexio PP. Somascos de A Guarda, para celebrar as Olimpíadas do Centenario. Os nenos participaron e competiron en multitude de deportes. Os que optaron polo atletismo puideron escoller entre salto lateral, salto horizontal, lanzamento de vórtex, lanzamento de balón medicinal (2kg/3kg), relevos con obstáculos e velocidade. Tamén fixemos deportes colectivos como fútbol sala, fútbol 8 e baloncesto. Por último, xogos tradicionais como o paño ou o “brilé”. Unha xornada festiva de convivencia e deporte que foi todo un éxito.

14


Actividades do Centenario Día dos antigos alumnos/as Neste día quixemos conmemorar o centenario do Colexio San Fermín e os 60 anos de presenza Somasca, celebrando unha eucaristía na Capela de Colexio e un xantar de confraternización para antigos alumnos e alumnas.

15


Traballo por proxectos en Educación Infantil Os nosos pequenos de 3 anos somerxéronse no mundo da cultura India. Mediante o método de aprendizaxe por proxectos aprenderon dunha maneira moi didáctica algunhas das curiosidades deste pobo.

Neste proxecto os nenos de 4 anos ensínannos algo desta cidade, as súas casas pintorescas, os seus muíños, os seus artistas (Van Gogh)…

Os “médicos” de 5 anos tiveron que operar de urxencia a un enfermo que xa estaba nas últimas e atender os pacientes na consulta. Seguro que a vocación da medicina espertou nalgún deles.

16


Camiño de Santiago en Primaria Etapas entre León e Astorga, por Alejandro Campos de 6º de Primaria Día I, 06 de Decembro de 2018 - Caldas → León. O primeiro día comeza ás 7:00 da mañá, estaba realmente cansado, non era unha hora habitual para min, pero quizais a adrenalina axudara un pouco. Unhas horas despois xa estou no tren rumbo a León. ¡É a miña primeira viaxe neste medio de transporte, estaba moi ilusionado! Levounos varias horas chegar a León, e aínda que o día estivera terminando deunos tempo a deixar as cousas no noso albergue e a facer turismo: vimos a Catedral, as Murallas de León,… Día II, 07 de Decembro de 2018 - León → San Martín del Camino. Hoxe tamén espertamos un pouco antes, sobre as oito da mañá. Almorzamos unhas torradas e leite no albergue e comezamos o noso traxecto. Resumidamente, só debo remarcar a aridez e as llanuras desta provincia, ¡era realmente un deserto! Tardamos sobre oito horas en chegar a San Martín del Camino, e a viaxe foi dura, ¡menos mal que as nosas mestras (Elisa e Loli) se nos quedamos atrás, facían todo o posible para axudar! O albergue, que era precioso, deunos acubillo o resto do día, non saímos de alí.

Día III, 08 de Decembro de 2018 - San Martín del Camino → Astorga. O último día da viaxe empezara, e non foi menos duro que o anterior. Todos almorzamos moito, algúns leite con torradas e galletas, outros con pasteliños, pero todos tomamos algo. O traxecto de hoxe foi igual de chan que sempre, aínda que quizais máis atractivo, xa que nos encontramos con pequenos pobos e construcións distantes a algúns deles. Este é o noso último albergue, ¡e para celebralo ceamos hamburguesas! Ademais tamén o pasamos xenial facendo competicións de videoxogos. Día IV, 09 de Decembro de 2018 - Astorga → Caldas. Este último día tiñamos planeado facer turismo por Astorga, e foi o que fixemos. Vimos o Museo do Chocolate (que é tan marabilloso como soa) e o Palacio de Gaudí, neste último divertinme moito mirando os cadros e pezas de arquitectura. Non tivemos tempo para nada máis, xa que a viaxe de volta a Caldas é de varias horas, así que fómonos correndo a coller o tren. Esperámolo durante bastante tempo, debido a que chegaba tarde. Xa dentro do tren puidemos analizar todo o que vivimos: as novas experiencias, os momentos divertidos... En resumo, o Camiño de Santiago non é un reto físico, senón mental. E si se fai en grupo pódovos asegurar que a convivencia con eles é diferente. É unha experiencia imposible de esquecer.

17


Camiño de Santiago en Primaria Etapas entre O Cebreiro e Sarria, por Íker Núñez de 6º de Primaria Día I, 12 de abril, Vega de Valcarce – O Cebreiro. Esta etapa do camiño foi dura. Deixáronnos en Vega De Valcarce, e comezamos a andar sobre un pobo pequeno e despois chegamos a un bosque grande. Aquí comezaron as costas arriba que foron duras e costosas. Paramos media hora para comer e esperamos polos compañeiros que se quedaron atrás. Seguimos andando e nos encontramos cunhas vistas preciosas, por algunhas zonas había neve, xa quedaba menos para chegar ó albergue. Unha vez que chegamos ó albergue xogamos unha media hora coa neve e despois pasamos coas credenciais para que as selaran. Despois de deixar as maletas no albergue fomos cear a un bar e logo fómonos a durmir sobre as once. En total fixemos 12 km.

Día II, 13 de abril, O Cebreiro – Triacastela. Levantámonos sobre as oito e saímos a andar. Empecei ben, ó principio foi case todo estrada e despois foi un pouco de bosque e un pouco de estrada. Paramos a comer nun bar onde se podían pedir bocadillos e outras cousas e despois continuamos andando. Fomos pasando por un pobo pequeno onde había vacas e outros tipos de animais. Pasamos por montañas, baixamos a un pobo e por fin chegamos ó albergue. Despois de ducharme fomos cear a un bar e fomos durmir sobre as once e media. Nesta etapa fixemos 22 km.

Día III, 14 de abril, Triacastela – Samos – Sarria. Levantámonos sobre as oito para empezar a andar. Visitamos o Mosteiro de Samos, moi bonito, moi grande e con Monxes. Continuamos andando e paramos a comer, pero non había comida para todos e fomos a outro bar. Cando levaba 34 km encima costoume moito seguir, pero continuei andando, algúns compañeiros xa subiron no autobús. Cando viñamos de volta para Caldas, algúns se mareaban e tivemos que parar. Nesta etapa fixemos 28 km

18


Festa dos Maios

Festa dos Maios 2019 Antigamente, con esta festa os galegos celebraban a chegada da primavera e o remate do inverno. Deste xeito, propiciaban a obtención de boas colleitas. Hoxe en día, os maios son a última manifestación folclórica que se festexa en Galicia para despedir o inverno. Son figuras típicas, entre as que domina a forma cónica e piramidal, fabricadas con armaduras de varas ou canas, recubertas con elementos naturais como musgo, paus ou flores silvestres. Tamén se crean pezas máis artísticas con forma de monumentos, hórreos, barcos, etc. Arredor delas cántanse coplas, cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade. Na Praza das Palmeiras de Caldas de Reis, convócase un Concurso de Maios e Coplas no que participaron os nosos alumnos de 4º E.S.O. xunto con outros grupos e colectivos sociais e culturais.

19


Movilidades Practicum Depo 2018 Dende o curso 2017-18, o CPR Plurilingüe San Fermín – PP. Somascos forma parte dun Consorcio da Deputación de Pontevedra que participa no proxecto Practicum Depo, dirixido a alumnos de ciclos formativos, para realizar prácticas en empresas e institucións estranxeiras. Na actualidade temos dous alumnos con bolsas de mobilidade en Portugal. Trátanse de Fabiola Padín Castiñeiras do ciclo medio de Actividades comerciais, e Jonathan Padilla Santacruz do ciclo medio de Xestión Administrativa. Fabiola, leva 6 meses traballando na tenda Trendylovers do Centro Comercial Campo Pequeno en Lisboa; Jonathan, catro meses na empresa One Clinics Oeiras/Cefireco no municipio de Oeiras. Despois de todo este tempo cóntannos a súa experiencia:  ¿Recomendarías esta experiencia? Fabiola: Si que a recomendaría xa que é una experiencia única chea de aprendizaxe e serve para cumprir metas na túa vida. Jonathan: Si, sen dúbida algunha, porque aprendes novas cousas.  ¿Como foron as primeiras semanas? Fabiola: Foron un pouco estrañas debido ás circunstancias nas que estiven os primeiros días. Jonathan: Ó principio foi un pouco raro xa que non se coñece o lugar, lugar de traballo, o transporte, etc.  ¿Costouche adaptarte? Fabiola: A verdade que non me costou moito adaptarme ó sitio nin á cultura, pero si que tiven un pequeno problema no primeiro sitio onde vivía, pero despois, unha vez que me mudei, todo foi mellor. Jonathan: Non, é una cidade tranquila e está todo ben organizado, o transporte, os supermercados, as tendas, parques etc.  ¿Botas de menos a familia, amigos, etc. estando lonxe? Fabiola: Si, xa que aínda que fixen novos amigos e estou contenta no meu traballo, nunca se deixa de botar de menos a familia. Jonathan: Si, pero coñeces xente nova de todos os países, amigos novos que tamén están de Erasmus e isto axuda na estancia noutro país.

 ¿Foi unha barreira para ti o idioma? Fabiola: Ó principio costoume un pouco pero nunca foi unha barreira, xa que é parecido ó galego e aprendín rápido e tamén ensinei ós meus compañeiros de traballo o meu idioma. Jonathan: Non, xa que é un pouco parecido ó galego e tamén ó estar no traballo continuamente escoitado falar, se che fai máis fácil.  ¿Melloraches nalgún aspecto dende que empezaches ata o de agora? Fabiola: No aspecto laboral aprendín moitas cousas que antes non sabía, como por exemplo a facer un inventario. Ó ser tendas pequenas o contacto cos meus xefes é moi cercano e podes ver o que implica ter unha empresa e aprender diso. Respecto ó persoal, aprendín a madurar e a ser máis independente. Jonathan: Si, aprendes moito no traballo pero tamén aprendes a resolver novas situacións e novas experiencias que se poden adquirir estando noutro país.  De todo o aprendido no ciclo, ¿que é o que máis podes aplicar? Fabiola: As estratexias de contacto co cliente, a xestión económica, a xestión do stock da tenda... Jonathan: Os programas informáticos, a contabilidade, a organización, etc.

 ¿Cal sería o teu obxectivo nun futuro a longo prazo? Fabiola: Teño dous en mente, o primeiro sería montar unha empresa. Se iso non fose posible, ser representante dunha firma. Jonathan:  ¿Que consello darías a alguén que se vaia a traballar a outro país? Fabiola: Desfrutar ó máximo e non pensar nos meses que ten que estar fóra. Jonathan: Que sexa atrevido nas novas situacións, e que aínda que ó principio sexa raro, co paso do tempo será incrible.  ¿Estás contenta/o neste traballo? Fabiola: Si, o malo é que hai momentos ou épocas nos que hai menos xente na tenda e faise máis aburrido. Jonathan: Si, bo horario e os fins de semana podo coñecer esta cidade.  ¿Sénteste valorada/o no teu traballo? ¿Trátante como unha/un máis ou teñen algunha diferencia de trato contigo polo feito de ser de fóra? Fabiola: Síntome valorada polos meus xefes e compañeiros. Pola maioría de clientes tamén, pero si é verdade que algún ten feito comentarios de españois sen saber que eu o era. Jonathan: Si, xa que hai moito traballo. O trato é perfecto son todos moi amables e trátanme como un máis.

20


Inmersión lingüística Irlanda Day 1. Finally, here we are in Ireland. In our first day we walked around Ennis and the truth that we loved it. We hope to make the most of the week !!! Por fin, aquí estamos en Irlanda. En nuestro primer día fuimos a caminar alrededor de Ennis y la verdad que nos encantó. Esperamos poder sacar el máximo partido de la semana!!!

Day 2. Our second day in The Emerald Island: The Cliffs of Moher are amazing. It has been so windy that we almost flew!! Nuestro segundo día en La Isla Esmeralda: Los acantilados de Moher son increíbles. Ha sido tan ventoso que casi volamos!!

Day 3. Our third day in Ireland was in Galway and we fell in love with it. We went to the beach, to the University, to the Cathedral (with a wonderful concert included) and, of course, we went shopping! We hope to see you again, Galway!!! Nuestro tercer día fue en Galway. Fuimos a la playa, a la Universidad, a la Catedral (con un fantástico concierto incluído) y, por supuesto, fuimos de compras!!! Esperamos verte pronto, Galway!!!

Day 4. In our fourth day in Ennis we played Hurling and Gaelic Football, and we enjoyed it a lot. It was very interesting to know new sports and practise them. Meeting new cultures is so exciting that we are looking forward coming back next year!!! En nuestro cuarto día en Ennis jugamos al Hurling y al fútbol gaélico, y disfrutamos mucho. Fue muy interesante conocer nuevos deportes y practicarlos. Conocer nuevas culturas es tan emocionante que estamos deseando volver el próximo año !!!

Day 5. On Tuesday we went bowling and we play funny videogames at the arcade. It isn't only studying!!! El martes fuimos a la bolera y a la sala de juegos. No va a ser solo estudiar.

Day 6. Wednesday was so funny!!! We danced Irish music and a video is worth a thousand words. El miércoles fue muy divertido!!! Bailamos música irlandesa y un vídeo vale más que mil palabras. The week is over, it's a pity because we've had a great time, although, of course, we've also had classes. Now we are ready and with charged batteries for the end of the course!!! La semana ha terminado, es una pena☹️ porque hemos pasado genial aunque, por supuesto, también hemos tenido clases. Ahora estamos preparados y con las pilas muy cargadas para el final de curso!!!

21


Deporte Visita do AD Cortegada de Vilagarcía de Arousa Un ano máis os integrantes do equipo de baloncesto Cortegada de Vilagarcía de Arousa visitáronnos para dar a coñecer este deporte de equipo. Damos a grazas pola súa cercanía co noso alumnado e a súa colaboración co noso colexio

Xogos Galegos Deportivos (XOGADE)

Dentro do programa do Servizo de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia, XOGADE (Xogos Galegos Deportivos), participamos na zona escolar, co CPI. Progreso de Catoira, nos deportes de fútbol-sala, baloncesto e balonmán.

22


Saídas e visitas Moi orgullosos do traballo realizado polo noso alumnado de 6º de Educación Primaria en colaboración co alumnado do Centro Ocupacional O

Saiar. Moitas grazas por tanto e tan bo. Xornada de visitas en Santiago dos alumnos de ciclos formativos:

Actividades Comerciais - O Corte Inglés Xestión Administrativa Parlamento de Galicia

INELA: Centro de Supercomputación de Galicia Visitas realizadas polos alumnos de INELA os días 12 e 13 de marzo á empresa STAC de Padrón e á Instalación

fotovoltaica de Portas.

Moitas grazas á Clínica Umia de Caldas de Reis por recibir o noso alumnado de 5 anos para continuar o proxecto médico que temos no centro. O noso alumnado aprendeu dunha maneira moi divertida e moitas máis cousas sobre o corpo humano.

23


Saídas e visitas

EDUGAL Recinto Ferial Pontevedra Alumnos de 4º E.S.O. e Ciclos Formativos no salón da oferta de educación e formación de Galicia.

Excursións Infantil Acuario de O Grove

24


Excursiรณns

Primaria Illa de Cortegada

25


Excursións ESO Illas Cíes

4º ESO Grecia

26


CPR Plurilingüe San Fermín Rúa Fermín Mosquera, 2 36650 Caldas de Reis Pontevedra Telf. fixo: 986540075 Telf. móbil: 620280178 Fax: 986540418 Email: csanfermin@planalfa.es Web: http://www.csanfermincaldas.es/

Blog: http://sanfermincf.blogspot.com Páx. Web: www.csanfermincaldas.es

27


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.