Happy Valentine´s Day

Page 1

Ceip de Chans Bembrive, Vigo Título: Happy Valentine´s Day Autor: Raquel Manrique and Edward Lewandowski Centro: CEIP de Chans Bembrive, Vigo (Pontevedra) Web do Centro: http://centros.edu.xunta.es/ceipdechans.bembrive/ Xustificación: Este proxecto foi deseñado para achegar ao alumnado de 6º á celebración da tradicional festa de S. Valentín, “patrón dos namorados”, que tan boa acollida ten nos países de fala anglosaxona. . A celebración deste día é o momento ideal para traballar co alumnado contidos transversais do currículo e desenvolver, asemade das súas capacidades cognitivas e intelectuais, os afectos e as relacións interpersoais. Tamen podemos aproveitar esta festa para rexeitar o “espectáculo comercial” no que se está convertindo na nosa sociedade e apostar por unha celebración moito máis persoal que contemple a manifestación de afectos e agadecemento por aquelas persoas coas que convivimos a cotío na casa e/o una escola. Deste xeito, a celebración do día de S.. Valentín convértese nunha excusa perfecta para expresar afecto e agradecemento aos compañeiros/as. Coñecer as costumes doutros países repercute moi positivamente na valoración da propia cultura e afianza o respecto e aceptación de ideas e costumes distintas ao tempo que se fomenta a tolerancia e o respecto cara outras culturas e xeitos de pensar. Nivel e área: 6º de primaria.Plástica (Art) Idioma: Inglés Temporalización aproximada: 3-4 sesións Recursos TIC utilizado: Video-proxector Ordenador Páxinas webs Blogue: “Art in Chans· Aplicacións informáticas Competencias básicas que se traballan: Competencia en comunicación lingüística oral e escrita Competencia social Competencia cultural Competencia artística

Curso 2011/12


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.