Page 1

Elvira Ribeiro

Welcome to Sing Sing

BARBANTESA


SIBERIA, MON AMOUR1

1

Publicado na revista “Grial” nº186, xullo de 2010


Para Carina, o rescate


Ekaterimburgo Aquí a cinco mil setecentos sesenta e un quilómetros da chuvia, camiñar sobre o Iset xeado pode ser un xeito inxenuo de tripar a dureza que apurra esta distancia desapiadada Prospekt Lenina poder ser máis cincenta que o Vigo máis inhóspito e a metalurxia cinguirse ao pé dos Urais co mesmo sixilo que antano as tribos de ugores Aquí poden construírse saudades dun lugar nomeado Casa Ipatiev un lugar onde sobre o sangue corrompido se erga un templo de cúpulas douradas Velaquí a porta da taiga e do desterro.

15


Eu era un nómade dacabalo dun reno e a taiga era a fraga inabarcábel da nosa tribo agonizante a fraga das carballas centenarias era este bosque fechado de coníferas e o xeo que aboia na codia negra do Amur viñan sendo os restos de ramaxe que o Ulla ofrece cando a enchente reborda nas brañas de Laíño Era unha nómade eu unha indíxena nanai aínda non ameazada unha rena altiva e resistente a ser domesticada unha rena apareándose urrando no bosque que estrema co río do dragón negro parindo ergueita quecendo coa placenta a chaira siberiana

16


Uelen No extremo oriente neste anaco escolleito pola tundra elixo abrir a pel da morsa sobre a neve envolverme na capa que deron os seus intestinos dita ukkenchin tallar os seus cairos puídos polas ondas comer da súa carne sentir o seu recendo coarse mesto entre as guedellas, á beira do mar de Bering no mar dos Chukchis na praia dos seixos escollo como cómpre ser falante de Chukoto como cómpre a quen se randea no bordo da extinción ser falante de Chukoto a lingua dos cazadores de renos orgullosa lingua do pobo verdadeiro escollo ser falante de Chukoto

17


O rescate I Todo o que o exilio abeiraba canda si, as cúpulas douradas ergueitas sobre o sangue, o cincento da distancia, a metalurxia, o desterro, a súa enchente a rebordar en cada río xeado en que me vin, a chaira, a taiga, a morsa sobre a neve, unha friaxe baikal nos intestinos, a urxencia con que acurrala o exterminio, todo ese arrandearse entre o frío e un frío aínda máis intenso, a extinción en que aboia a nosa tribo, a insistente hemorraxia de luz ou de palabras e un frío aínda máis intenso que o da tundra … avista nesta hora a fenda da fuxida o rescate

18

Welcome to Sing Sing (mostra)  

Páxinas de mostra do libro de Elvira Ribeiro 'Welcome to Sing Sing' (Barbantesa, 2017), dispoñible aquí: http://www.barbantesa.com/libros/we...

Welcome to Sing Sing (mostra)  

Páxinas de mostra do libro de Elvira Ribeiro 'Welcome to Sing Sing' (Barbantesa, 2017), dispoñible aquí: http://www.barbantesa.com/libros/we...

Advertisement