O pequeno Virgil (mostra)

Page 1

O pequeno Virgil Ole Lund Kirkegaard Este li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c r e ☐m uno ☐ mango no ☐ atopou

bro



O pequeno Virgil

N

un galiñeiro dunha vila pequena vivía un neno chamado o pequeno Virgil. O galiñeiro era do panadeiro, pero o pequeno Virgil tiña permiso para vivir alí polo menos ata o día que se derrubase. O panadeiro era un tipo agradable que pasaba todo o día cocendo pan, pasteis e tortas de mazá, a pesar de que a xente da vila case nunca lle mercaba nada. A xente da vila compraba como moito dúas ou tres barras de pan por día. Todos os pasteis, as tortas de mazá e os bolos de pasas comíaos o propio panadeiro. No galiñeiro vivía un galo. Tiña unha soa pata. Polo tanto, sempre estaba apoiado no galiñeiro para non caer. Era o galo quen espertaba ó pequeno Virgil cada mañá. Era quen de cantar tan forte que se podía sentir todo o camiño ata o lago. E isto resultaba imprescindible nun galo que debía espertar un neno coma o pequeno Virgil. Nesa pequena vila tamén había, naturalmente, outros nenos ademais do pequeno Virgil. Estaba Oskar, que vivía

7


nunha casa de madeira moi vella. Oskar vivía nesta casa coa súa nai e co seu irmán pequeno. A nai de Oskar era moi grande, se cadra a máis grande da vila. Lavaba roupa para outras persoas, e por iso o seu xardín sempre estaba cheo de roupa tendida. Nas cordas e nas pólas das árbores había colgadas moreas de camisas, calzóns, medias e camisetas de algodón. A nai de Oskar case nunca dicía nada. Nunca lle dicía a Oskar que tiña que facer os deberes. Só unha vez a nai de Oskar dixo unha chea de cousas de vez. Foi cando Oskar e o pequeno Virgil estiveron a lanzarse barro no xardín e deixaron a roupa embarrada. Noutra casa vivía Carl Emil. Na casa de Carl Emil había céspede e catorce tulipáns dispostos nunha longa ringleira. Tiña un aspecto moi bonito. Carl Emil era o neno que máis comía da vila. Comía moitísimo, pola mañá, ó mediodía e pola noite. Non só ameixas, peras, codias de pan de centeo e bocadillos de manteiga, senón auténticos pratos de comida. Ás veces comía moitísimos paus de regalicia. Carl Emil era moi rico. Tiña un patinete, unha espada de madeira e un bastón azul que usaba cando ía dar unha volta co pequeno Virgil. No camiño do lago vivía o enorme e negro ferreiro. Tiña unha gran barba negra e fumaba todo o día unha gran pipa

8


negra ó tempo que golpeaba o ferro negro, facendo que as faíscas lle chegasen á altura das orellas. Sempre tiña o lume prendido na forxa. Moreas de chamas avermelladas e amarelas. As sombras das chamas danzaban todo o día, arriba e abaixo, polas paredes da forxa. O ferreiro era o home que máis berraba ó falar de toda a vila. Na escola vivía o mestre de pelo roxo. Ás súas clases ían o pequeno Virgil, Oskar, Carl Emil e todos os demais nenos todos os días, agás cando o mestre collía vacacións. Pero non as collía case nunca. Na escola os nenos tiñan que ler, escribir e facer contas, pero ás veces, cando o mestre daba a volta, aproveitaban para mirar pola ventá. Entón podían ver a casa da señora Madsen, que vivía nunha torre cun catavento en forma de galo no tellado. O catavento era vermello e verde, e cando había vento parecía coma se estivese vivo. O mestre de pelo roxo dicía que cando se estaba na escola non se podía mirar pola ventá. Tamén dicía que se non estaban quietos nas súas cadeiras, quedarían con el despois da clase, a escribir nun caderno negro. Oskar era o neno que máis escribía no caderno negro de toda a clase. O tendeiro vivía nunha casa con musgo e herba no tellado. Na súa tenda podíase mercar case calquera cousa, mesmo paus de regalicia. No xardín o tendeiro tiña piñeiros dos que dan piñóns. Sempre andaba dun lado para outro a comer piñóns.

9


Pasaba case todo o día sentado a carón da ventá, tocando o violín e comendo piñóns. –Encantaríame probar uns piñóns –díxolle o pequeno Virgil ó tendeiro–. Teñen pinta de estar moi bos. –Non están mal –respondeu o tendeiro. E entón tocou un pouco o violín. –É moi difícil conseguir probar uns piñóns deses? –preguntou o pequeno Virgil.

10


–Si –dixo o tendeiro–. Dende logo. Non hai moita xente que plante piñeiros. –Pero hai algúns que o fan –dixo o pequeno Virgil, e mirou para o xardín do tendeiro. –Si, algúns si –dixo o tendeiro–. Pero non moitos. –Debe de ser agradable comelos –dixo o pequeno Virgil–. De que cor son os piñóns eses? –É un segredo –dixo o tendeiro. –Se cadra son vermellos –dixo o pequeno Virgil. –Se cadra si –dixo o tendeiro–. Nunca se sabe. Pero fan medrar o nariz. Se un non é tendeiro e non ten unha casa con musgo e herba no tellado, pode que o nariz lle medre varios metros. –Menos mal que mo dixeches, tendeiro –dixo o pequeno Virgil–. Imaxina se os chego a comer. –Si –dixo o tendeiro–. Terías o nariz tan longo coma o mango dunha vasoira. –Foi unha sorte que mo dixeses. Grazas. Agora marcho para a casa, e alégrome de que non comese os piñóns eses. E entón o pequeno Virgil marchou para a casa, onde o agardaba o galo dunha soa pata, apoiado no galiñeiro. –Non vaias nunca coller piñóns ó xardín do tendeiro –díxolle o pequeno Virgil ó galo dunha soa pata–. Nunca. Iso faría que o teu peteiro parecese o mango dunha vasoira.

11


–Cooc –dixo o galo–. Cooc. Pero o pequeno Virgil soñaba con que algún día se convertería en tendeiro e tería unha casa con musgo e herba no tellado. Porque devecía por probar os piñóns.

12


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.