Page 1

Cantar de Valtario


Prólogo Pai Omnipotente38, amador da máis alta virtude, Fillo e de parello título que ambos Espírito Creador, Trindade de persoas, un só Deus verdadeiro. Ti que vives e reinas sobre todas as cousas eternamente, protexe agora e sempre o teu eminente bispo Ercambaldo, que brilla facendo honor ao seu ilustre nome. Que creza nos seus adentros pleno de azo divino, e sexa para moitas persoas remedio verdadeiro por sempre. Santo prelado de Deus, acepta agora o regalo do teu servo, que decidiu dedicarcho despois de largo coidado, o teu frade débil, cativo e pecador Xeraldo, sincero de corazón e fiel alumno teu. Nas miñas oracións pido sempre ao Señor omnitronante, Deus Pai que goberna ceo e terra dende o alto, que se faga realidade o que imploro coa miña voz. Non rexeites, servo de Deus supremo, as verbas deste libriño; non canta os dons do Creador, entoa a xesta dun heroe chamado Valtario, curtido en moitas batallas. É máis un divertimento ca unha loa ao Noso Señor, pero a súa lectura fará máis curtas as vagarosas horas do día. Que sexas feliz por moitos anos, santo bispo, e que teñas sempre no teu corazón o teu querido irmán [Xeraldo.

38 Inicia o Prologus de Xeraldo, a dedicatoria ao bispo Ercambaldo, que non todos os manuscritos conteñen (Vid. a nosa Introdución). 29

5

10

15

20


Anónimo

Os hunos e Atila A terceira parte do mundo, irmáns, chámase Europa39, dividida en nacións distintas segundo o seu nome, lingua e costumes, e tamén separada polas crenzas e o culto. Entre elas consta que se atopa a nación de Panonia40, que case sempre adoitamos chamar hunos41. Este pobo afouto que sobresaíu pola súa bravura e polas armas, avasalou non só as rexións do seu arredor, incluso estendeu o seu dominio deica as orelas das praias do [Océano42, concedendo pactos aos submisos e abatendo os rebeldes. Disque máis de mil anos durou o seu xugo43. Houbo un tempo no que o rei Atila44 ocupou o trono;

39 Antiga división do mundo en tres partes. Heródoto, por exemplo, fala de Europa, África e Libia (Hist. II, 16, 1). 40 Panonia: antiga provincia romana, os límites da cal abarcaban boa parte dos actuais estados de Hungría, Austria, Eslovenia, Croacia e Bosnia. 41 No poema chámanse indistintamente hunos ou ávaros. Tras o final do imperio dos hunos e de Atila, os ávaros, tamén tribos de orixe turco-mongol, ocuparon parte do territorio destes e foron derrotados por Carlomagno arredor do 795. Outra rama de orixe posiblemente tamén altaica, os maxiares, saquearon o mosteiro de Sankt Gallen o 1 de maio do 926. 42 Probablemente o Mar Báltico. 43 Trátase dunha hipérbole épica. Os hunos aparecen en Europa no século iv e a disolución do seu imperio prodúcese coa morte de Atila no ano 453. Non obstante, se xuntamos as invasións de todos eses pobos de orixe oriental esteparia, si que a súa presenza na Europa central abarcaría varios séculos. Literariamente esta descrición do orbis terrarum ten moito valor, porque Atila é o artífice desta pax terrena, semellante a Octavio Augusto coa súa pax romana. 44 A orixe do nome Atila parece ser a palabra gótica atta (pai) co sufixo diminutivo -la: “paiciño”. Se atendemos á posible orixe turco-altaica, atta (patriarca dun clan) e -il (terra), significaría “terra paterna”. Outra interpretación podería ser a partir da raíz turca at (cabalo) e dil (lingua, idioma): “lingua de cabalo”. No Waldere aparece como Aetlan, e no alto alemán medio como Etzel. 30

5

10


Cantar de Valtario

estaba degoirado por renovar para si os triunfos dos seus [devanceiros. Puxo en marcha o seu exército e ordenou atacar os francos45. Os francos. O nobre Haganón O seu rei Xibicón46 gobernaba no alto solio, feliz pola prole que lle nacera había pouco, da que logo [contarei, pois tivo un varón ao que chamou Guntario. A Fama Voadora47 petaba nos oídos do medorento rei, anunciando que un exército inimigo, superior en número [ás estrelas do ceo e ás areas do río, estaba a cruzar o Danubio. O rei non confiaba nas armas nin na fortaleza do seu pobo e convocou consello para preguntarlles que cumpría facer. Todos estiveron de acordo en que debían pregar un pacto [aos hunos, e, se acaso se aviñan a razóns, estreitar destra con destra, entregar reféns e satisfacer o tributo esixido; isto sería mellor que perder de vez a vida, o reino e, ao mesmo tempo, os fillos e as mulleres. Vivía naquel tempo entre os francos un nobre guerreiro [chamado Haganón,

45 Historicamente a quen atacou foi os burgundios e o seu rei Gundicario no 437. Na batalla de Autun (534) o reino de Burgundia pasou ao reino franco ao ser conquistado polos merovinxios. Pertenceu ao Imperio carolinxio, e despois do Tratado de Verdun (843) correspondeulle este territorio a Lotario I. 46 O primeiro rei dos burgundios chamábase Xibicón, morto no 407 e considerado pai de Gundicario. 47 Fama volans, a Fama Voadora, é unha imaxe virxiliana. Voando, a Fama é a primeira en anunciar a Evandro a morte en combate do seu fillo Palante: “et iam Fama volans, tanti praenuntia luctus” (En. XI, 139). 31

15

20

25


Anónimo

de egrexia estirpe, descendente da liñaxe troiana48. Como Guntario aínda non chegara á idade de poder levar vida de neno sen nai, en lugar del decidiron enviar a Haganón ante Atila cun enorme [tesouro. Sen demora levaron os embaixadores o mozo e mais o tributo, chegaron onda os hunos, suplicáronlles a paz e asinaron un [acordo.

30

Os burgundios. A doncela Hildegunda Nese tempo Burgundia49 destacaba polos seus poderosos [reinados 50 e agora seica ocupaba o trono Heririco . Tiña una filla soa chamada Hildegunda51, que sobresaía pola súa nobreza e pola coroa52 da fermosura. Como única herdeira correspondíalle ocupar o trono do seu [pai 48 Prosapia de Haganón, nobre de estirpe troiana. A referencia é aos troianos, teucros ou dárdanos, ou se cadra, aos mesmos romanos, que de acordo coa tradición deran continuidade á liñaxe troiana. No Cantar dos Nibelungos é Hagen von Tronje. 49 O Reino de Burgundia expándese dende o val do Ródano, ocupando parte de Francia, Italia e Suíza. O seu rei Gundicario cruzou o limes do Rin en 406 e estableceu o seu reino arredor de Worms, Espira (ambas as cidades pertencentes hoxe a Renania Palatinado) e Estrasburgo (rexión histórica da Alsacia, hoxe pertencente a Francia) co beneplácito do emperador Honorio. Xunto ao xeneral romano Aecio loitou contra Atila. 50 Houbo un rei franco chamado Chararico que podería ser o nome xermánico de Heririco. Consta outro Chararico no reino suevo de Galicia, o pai de Teodomiro. No poema hai unha confusión entre francos e burgundios e os seus monarcas. 51 Hildegunda ou Hiltgunt é un nome descoñecido na saga de Valtario. Ou é invención do autor ou ten relación con Hildico, a terceira esposa de Atila. O nome Hilde foi común na época merovinxia entre francos e burgundios. 52 O termo corona en latín é un motivo épico co significado de grande nobreza e recoñecemento. 32

35


Cantar de Valtario

e gozar de todas as súas posesións, de darse o caso. Despois de asinar a paz cos francos, os ávaros detivéronse nos confíns do territorio destes. Porén, Atila torceu as súas céleres rendas dereito a Burgundia e o resto dos nobres hunos non tardou en seguir os seus pasos. As cumpridas filas de destacamentos avanzaban parellas en [número, 53 xemía a terra abatanada pola marcha dos cabalos, e o ceo cheo de medo retumbaba ao son dos escudos. Un bosque rutilante de ferro escintilaba polos campos todos, non distinto de cando o fermoso sol da mañá fere o mar e mantén o seu fulgor nos confíns máis afastados do mundo. O batallón xa cruzara os profundos leitos do Saona e do [Ródano54 e esparexeuse enteiro para darse á rapina. Por aquel tempo foi que Heririco tiña a corte en Chalon55. De súpeto unha sentinela alzando a vista comezou a vociferar: “Que é esa nube de po mesto que xorde ao lonxe? Unha forza inimiga achégase! Pechade xa todas as portas!”. O propio monarca sabía xa daquela o que fixeran os francos, de modo que reuniu axiña todos os seus baróns e faloulles así: “Se un pobo tan bravo ao que non podemos asemellar se rende ante os hunos, con que valor pensades que os combateremos e defenderemos a nosa amada patria? É mellor facer un pacto con eles e pagarlles un tributo. Non dubido en entregar a miña única filla en prenda polo ben do reino. Que vaian axiña só os que han asinar a paz!” Partiron os embaixadores completamente desarmados 53 No Waltharius son frecuentes as personificacións dos elementos naturais. Aquí a terra xeme, o ceo ten medo e o sol fere. 54 A xeografía é errónea, porque para ir dende Worms a Chalon non hai que cruzar o Ródano. 55 A actual Chalon sur Saône, na rexión francesa da Borgoña, a antiga Cabillonum. 33

40

45

50

55

60


Anónimo

e fixéronlles saber aos inimigos os mandatos do rei. Suplicáronlles que deixasen de arrasar. O caudillo Atila, como adoitaba facer56, acolleunos con indulxencia e dixo: “Desexo máis un tratado de paz que levar a guerra ao pobo. Os hunos prefiren reinar en paz, pero combaten coas armas os que consideran rebeldes, aínda de mal grado. Que veña onda nós o rei, que tenda a súa man dereita, e [terá a miña”. Partiu o rei Heririco levando innúmeros tesouros, pechou o pacto e deixoulles a filla aos hunos como refén. Marchou cara ao exilio a xema máis preciosa para os seus [pais. Logo de fixadas as condicións da alianza e concertado o tributo, moveu Atila as súas tropas cara a Occidente.

65

70

75

Os aquitanos. O heroe Valtario Por aqueles días ocupaba o trono dos aquitanos o rei Alfere57, do que contan que tivera descendencia masculina, un rapaz de nome Valtario, na flor da xuventude. Os reis Heririco e Alfere fixeran entre eles o xuramento de unir en matrimonio os seus fillos tan pronto como lles chegase o tempo de casaren. Cando Alfere soubo que esoutros pobos foran sometidos, o seu corazón empezou a tremelar de pavor, 56 Historicamente os hunos, ademais de avasalar, incendiar, masacrar e darse á rapina, adoitaban facer pactos pacíficos co obxectivo de recadar tributos. Mais ca un imperio foron unha confederación de tribos bastante desunidas. 57 Alfere de Aquitania é tamén o pai de Valtario no Waldere. Aquitania é a rexión occidental da actual Francia que linda co País Vasco, en francés Guyenne. Formaba parte do reino visigodo de Tolosa, conquistado polos francos no ano 507. Na época merovinxia adoita nomearse como Ducado de Aquitania. O fillo de Carlomagno, Luís o Piadoso, foi coroado rei de Aquitania no 781, e, á morte do emperador, correspondeulle este territorio e tamén todo o reino franco. Tras a división do imperio de Luís, a Aquitania foi para Pipino I. 34

80


Cantar de Valtario

pois xa non quedaba esperanza de se defenderen coa forza [das armas. “Por que nos demoramos”, dixo, “se non podemos [presentar batalla? 58 Burgundia e Franconia dannos exemplo, así que non nos reprocharán que fagamos o mesmo ca eles. Enviarei embaixadores e ordenareilles fixar o acordo. Entregarei o meu benquerido fillo como refén e pagarei xa agora aos hunos o tributo que faga falta.” Pero, por que me estendo tanto no conto? Así foi: dito e feito. Entón os ávaros retornaron á súa patria co corazón ledo, cargados ao final con moitos tesouros e reféns, entre os que [se atopaban Haganón, a nena Hildegunda e tamén Valtario.

85

90

95

Na corte de Atila Atila entrou en Panonia e foi recibido na capital do reino59. Amosou gran magnanimidade cos rapaces desterrados e decretou que fosen criados coma verdadeiros fillos seus. Mandou que a raíña Ospirin60 se ocupase do coidado da [rapaza, pero dispuxo que os dous mozos estivesen sempre baixo a [súa mirada, 58 Franconia é o reino dos francos, non a actual Francia. A expansión do que será o grandísimo imperio de Carlomagno comezou nos territorios ao leste do Rin correspondentes a Renania Westfalia e Renania Palatinado máis ou menos, e chegou a estenderse polos actuais países de Bélxica, Francia, Países Baixos e a rexión bávara da Franconia. 59 Segundo Xordanes (c. 34), Atila vivía no val do río Tisza, Tibissus ou Tibiscus nas fontes antigas, afluente do Danubio. 60 Ospirin é un nome único na saga, e na historia non consta que fose esposa de Atila. Se atendemos ás orixes turco-mongois dos hunos, atopamos na lingua turca o sufixo -in con significado posesivo. Así Ospir-in, sería “a túa Ospir”. O nome Ospir atópase hoxe en Suramérica debido á emigración de turcos otománs antes de 1918. 35

100


Anónimo

instruíunos nas artes e sobre todo naqueles exercicios que tan necesarios son para tempos de guerra. Medraban ambos os dous en idade e en enxeño, ata que xa chegaban a superar en vigor calquera guerreiro [huno e en intelixencia os homes máis sabios. Entón o rei Atila nomeounos comandantes do exército, non sen mérito, porque cando tocou facer a guerra, brillaron os dous en eminentes vitorias; por iso era que o rei os amaba tanto. Coa axuda de Deus todopoderoso, tamén a doncela cativa gañou o favor da raíña e fixo crecer o seu cariño cos seus modais refinados e coa dedicación ás súas obrigas. Acabou confiándoselle a garda de todo o tesouro real e pouco lle faltou para que reinase ela en persoa, pois facía e desfacía como lle petaba.

105

110

115

A fuga de Haganón. Os consellos da raíña Ospirin Entrementres faleceu o rei Xibicón e sucedeuno no trono Guntario61, quen rompeu de inmediato o tratado de paz [cos hunos e negouse a satisfacer o tributo debido. Asemade o desterrado Haganón coñeceu isto, argallou unha fuxida nocturna e chegou decontado onda o [seu señor. Porén, Valtario seguía á fronte dos hunos nas batallas, e onde queira que ía, acompañábao sempre o éxito. A raíña Ospirin, esposa de Atila, cando soubo da fuga de [Haganón, 61 No Cantar dos Nibelungos, Gunter é rei de Burgundia e o seu castelo está en Worms. Hagen é un nobre da súa corte. 36

120


Cantar de Valtario

suxeriu ao seu marido o seguinte: “Pídovos que a vosa [sagacidade vos manteña atento, maxestade, e que teñades conta de que o voso imperio non vaia caer da columna na que se [ergue, ou sexa, que o voso amado Valtario non marche, pois nel reside a gran forza da vosa autoridade. Temo que Valtario quizais fuxa imitando a Haganón. Por tanto, considerade agora o meu consello e axiña que veña, dicídelle estas palabras: “Pasaches moitos traballos ao noso servizo, e tes que saber que gozas do noso grande afecto moi por diante de todos os nosos amigos. Quero facercho ver con feitos máis ca con palabras: escolle unha esposa62 de entre as familias nobres de Panonia e que non che preocupe máis a túa escaseza, porque eu aumentarei dabondo os teus bens con terras e casas para que ninguén que che dea a filla en matrimonio se [avergoñe despois”. “Se facedes así, poderedes retelo”. As palabras da raíña apraceron a Atila e empezou a amañar [o plan.

125

130

135

140

Atila e Valtario Preséntase Valtario e o rei exprésalle esas cousas. Aconséllalle que tome esposa; pero Valtario, que xa tiña pensado o que ía facer despois, sae ao paso das suxestións de Atila con estas palabras: “Amosades gran benevolencia ao ter en conta 62 A estratexia moi intelixente da raíña Ospirin é casar a Valtario cunha nobre huna para vencellalo máis fortemente á corte de Atila. 37

145


Anónimo

a miña condición de humilde servo, pero nunca merecín a vosa preocupación polas miñas inquedanzas. Rógovos que aceptedes as palabras do voso fiel vasalo: se tomase esposa como manda o meu señor, vencellaríame aos coidados e ao amor da miña muller por [riba de todo e distraeríame moito do servizo ao meu rei. Tería a obriga de construír casas e encargarme dos cultivos [do campo, e isto demora que me presente ante os ollos do meu señor e que dedique a miña única ansia a servir ao reino dos hunos. Pois a quen teña gozado este pracer familiar, as obrigas fánselle menos levadías. Nada hai máis grato para min que permanecer sempre fiel no servizo ao meu soberano; por esta razón prégovos que me permitades levar a miña vida sen vencello conxugal. Se tarde ou no medio da noite me mandades chamar, irei onde ordenedes, seguro e preparado. Nas batallas ningunha preocupación me levará a claudicar, non me reterán fillos nin muller, e non me farán recuar. Mi padre, o mellor de todos, prégovos pola vosa vida e polo pobo ata o de agora invicto dos hunos que non me forcedes máis a tomar os fachos nupciais63”. O rei Atila, vencido polas súplicas de Valtario, renuncia de [todo a convencelo. Confía en que non o abandonará nunca e que non fuxirá.

150

155

160

165

Valtario á fronte dos exércitos hunos Namentres, chega aos oídos do monarca unha nova moi certa 63 Dende a Antigüidade as noivas, tras a celebración do matrimonio, eran acompañadas á nova casa por unha comitiva que portaba fachos, símbolo do lume do fogar. 38

170


Cantar de Valtario

acerca dun pobo sometido había pouco, disposto a enfrontarse e a presentar deseguida batalla aos hunos. O mando das operacións élle logo encomendado a Valtario. Axiña pasa revista a todas as tropas en formación e conforta os corazóns dos seus guerreiros animándoos a lembrar sempre os triunfos pretéritos, prometéndolles que co valor adoitado prostrarían eses déspotas e imporían o terror nas terras estranxeiras. Sen delonga ponse en marcha Valtario e ségueo todo o exército. Así que estuda o lugar da batalla, dispón as tropas espalladas polo campo aberto e polos cultivos. Ambos os exércitos están xa en formación a tiro de venabre cando se levanta un clamor polos aires que se confunde coa horrísona chamada das trompetas, e deseguida voa unha nube de lanzas de banda a banda. Os dardos de freixo e cerdeira confúndense nun mesmo [choque, brillantes como raios vibran as puntas das setas. Coma a neve acumulada que cando sopra o Bóreas64 [se esparexe, non doutro xeito lanzan as agullas mortais. Por último, esgotados os dardos de ambos os dous bandos, todas as mans veñen ás espadas. Empuñan os gladios fulminantes e volven alzar os escudos65, chocan as filas e finalmente comezan o combate corpo a corpo. Crébanse os peitos duns cabalos contra os outros e cae a terra unha parte dos homes polo envite dos escudos. Así a todo Valtario pelexa con furia no medio das filas dos seus, sega coas armas canto lle sae ao paso e avanza ata o límite. 64 Bóreas, o vento do norte. Na iconografía clásica represéntase coma un vello desgreñado envolto nunha túnica de nubes, violento, devorador, e con tendencia ao rapto de doncelas. 65 Por un momento, mentres disparaban as frechas, tiñan os escudos ao lombo. Empuñadas de novo as espadas, volven presentar os escudos para a loita. 39

175

180

185

190

195


Anónimo

Cando os inimigos contemplan o masacre que estaba causando, temen coma se visen a Morte en persoa66. Por todas as partes, esbandallando a dereita e a esquerda, vai o heroe Valtario e deseguida os fai fuxir a todos cos escudos ao lombo e as rendas soltas. Entón o nobre pobo de Panonia álzase máis fero imitando o seu caudillo e con máis vigor recrúa a matanza. Abátense contra os que lles fan fronte e esmagan os que foxen, ata que os azares da guerra lles dan un triunfo pleno na batalla. Daquela os hunos abalánzanse sobre os caídos e espólianos [a todos. Ao remate, Valtario chama a súa hoste co corno cóncavo. É o primeiro en atar a fronte coa grilanda festiva, cinguindo as súas tempas co loureiro vitorioso ante o seu pobo. Tras del van os portaestandartes, os que segue a mocidade toda.

200

205

210

Valtario e Hildegunda Regresan enfeitados coas coroas triunfais e ao chegar á patria cada un volve á súa casa. En cambio, Valtario diríxese axiña ao palacio real. Velaí os serventes palatinos que baixan correndo dende a [cidadela ledos de velo, e sostéñenlle a brida do cabalo ao egrexio cabaleiro ata que desmonta da alta sela. Pregúntanlle se as cousas ao final remataron ben. El contesta con dúas palabras, entra no palacio, pois está derreado, e diríxese ao apousento do rei. Alí atopa a Hildegunda, que estaba sentada soa. Abrázaa, bícaa docemente e dille: 66 A personificación da Morte é común a moitas culturas. Aquí preséntase en forma do guerreiro Valtario. 40

215

220


Cantar de Valtario

“Tráeme aquí axiña algo de beber, que estou exhausto”. Ela enche decontado un precioso cáliz con viño puro67 e ofrécello ao heroe, quen o toma persignándose. Aperta68 suavemente a man da doncela, pero ela non se move. Calada, atende ao rostro do seu señor. Valtario bebe e devólvelle o vaso baleiro. Ambos saben que se fixaran os seus esponsais. Fálalle á súa amada con estas palabras: “Nós os dous padecemos o exilio dende hai moito tempo, e non descoñecemos o que talvez os nosos pais acordaron entre eles sobre o noso futuro. Canto tempo máis imos calar a boca e refrear estes [sentimentos?”. A doncela, pensando que o seu prometido falaba con retranca, cala un pouco, pero logo respóndelle así: “Por que coa lingua disimulas o que no fondo da túa alma [condenas, e tentas convencerme cos teus beizos do que rexeitas co teu [corazón, 69 coma se fose una vergonza casar cunha moza coma min?”. O sensato heroe replícalle con estas palabras: “Nada máis lonxe da miña intención o que dis, enténdeme [ben! Que saibas que eu non dixen nada finxido e tes que crer que non houbo nada de escuridade nin de [falsidade! 67 Sen mesturalo con auga nin con especias ou mel. 68 Coller a man da prometida era un xesto de invitación amorosa, pero Hildegunda non se move do sitio. 69 Hildegunda debe de coñecer os plans da raíña de casar a Valtario cunha nobre huna. É posible que o heroe, para non espertar sospeitas na corte, non lle declarase nunca o amor á doncela e non lle falase das súas intencións de fugarse. Por iso Hildegunda sospeita que vai ser rexeitada. O bico que lle dá é aínda “de etiqueta”, pero tamén unha invitación. Valtario xa gañou reputación e confianza en si mesmo dabondo para pedirlle matrimonio (Bornholdt, C. 2005). 41

225

230

235

240


Anónimo

Aquí non hai ninguén máis ca nós os dous. Se soubese que estás disposta a escoitarme e que prometes manter a túa lealdade en todos os plans que [fixen, gustaríame revelarche todos os segredos do meu corazón”. Ao final a doncela cae de xeonllos ante o heroe e di: “Onde queira que me chames, meu señor, seguireite con [afección e non antepoñerei nada ao que queiras ordenarme”. Ao que responde Valtario: “Anóxame o noso desterro e a miúdo recordo a terra que abandonei. Por tanto, desexo apurar unha fuxida secreta. Quizais xa o podía ter feito hai moitos días, pero tiña pena de deixar soa a miña Hildegunda”. A mociña contéstalle estas palabras co corazón na man: “O voso devezo é o meu, e estas son as miñas únicas ansias. Ordene o meu señor, que eu por amor a el estou disposta a afrontar calquera cousa boa ou mala”.

245

250

255

Plans de fuga Á fin Valtario fálalle á doncela ao oído: “Atila fíxote de certo custodia do tesouro real, así que grava ben na memoria estas miñas palabras: en primeiro lugar tes que roubar o helmo do rei e a coiraza [de malla tripla70, refírome á loriga que leva a marca dos artesáns. Colle logo dous cofres medianos, éncheos só con brazaletes hunos71 ata que non poidas levantar un á altura do peito. 70 Vid. infra vv. 965-966. 71 Os brazaletes hunos xogan en todo o poema un papel moi importante, son o tesouro. 42

260

265

Cantar de Valtario (mostra)  

Páxinas de mostra da obra 'Cantar de Valtario', traducida do latín por Maite Jiménez Pérez e publicada na Colección Vétera de Rinoceronte Ed...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you