'Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California' (mostra)

Page 1

Érica Esmorís Jacobo F. S.

Ulises e as cronoamigas

Surfistas en California (aventura nos 50)


Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises lises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises U lises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ul Ulises Ulises Ulises ises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises U Ulises

Ulises

Ulises

Ulises

Ulises


Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises lises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises

Ulises

Ulises

Ulises

Ulises

Ulises

U

Ulises

Chámome Ulises.

Si, seino, Ulises é nome de rapaz. A min encántame o meu nome: Ulises foi un grande heroe e, ademais, ninguén que eu coñeza se chama Ulises. O único inconveniente é que sempre, despois de presentarme, teño que dar unha explicación.

A ti tamén cha darei.

Gústame estar sempre conectada cos meus amigos. Tamén a fotografía. Os meus pais prometeran regalarme unha cámara réflex se aprobaba todo pero, polo momento, teño que conformarme coa do móbil porque SUSPENDÍN HISTORIA!

7


Ulises

INFORMACIÓN Estuda no IES Atlas do Mundo Uniuse ó grupo De maior quero ser deseñadora gráfica FOTOS

8


GÚSTAME Estar cos meus amigos O verán A praia A fotografía O deseño gráfico Os flamengos As lentes de sol A pizza

TAMÉN ME GUSTA O surf O longboard (skate) Os concertos As series de intriga NON ME GUSTA A historia! Axudar ó meu pai na tenda de antigüidades

Últimas publicacións Ulises

21 de xuño

Nooooon, Caraempanada suspendeume historia! O primeiro suspenso da miña vida. Adeus verán! Adeus vida!

Max Aposto a que o teu pai te encerra para sempre s! na tenda. Ánimo Ulises! 9


Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises U

lises Ulises Ulises Ulises Ulises

Ulises Ulises Ulises

Ulises

Malacostumara os meus pais a que os meus estudos non fosen motivo de preocupación e era tarde para arrepentirme! Que supoñería un suspenso máis nas notas dun estudante pésimo? Nada! Pero eu sempre fora a sen gunda da clase (Max é un auténtico chapón )e non sabía como ían reaccionar ante o meu primeiro cate. Así que ideei un GRAN PLAN DE RECUPERACIÓN: establecín uns horarios estritos e unhas metas semanais. O meu ambicioso programa asegurábame un dez en historia contemporánea no exame de despois do verán. Basicamente, o plan consistía en estudar pola mañá e ir á praia cos meus amigos pola tarde.. Antes de rematar a cea, aínda á mesa, saquei as notas e paseillas a miña nai. Contiven a respiración e iniciei a conta atrás:

tres…

dous… 10

un!


s Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises

Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Ulises Pero en vez de berrar, miña nai felicitoume polas boas notas. Estaba claro que non se fixara naquela gran mancha no meu expediente. Respirei. Miña nai pasoulle as notas ó meu pai e este tamén me felicitou. O suspenso parecía volverse invisible! Pero Iris esixiu ser a seguinte e empezou a ler en voz alta. –Matemáticas: sobresaliente, lingua e literatura: sobresaliente, historia contemporánea: suspenso! Mamá, papá, Ulises suspendeu historia contemporánea! A miña irmá pequena sorriu con infinita satisfacción.

Creo que che debía unha explicación. Pois chegou o momento de que saibas por que me chamo Ulises:

11


O meu avó e a miña avoa maternos, mestres pizzeiros.

A miña avoa paterna,

gran lectora e maior rosmona.

A miña nai,

crítica gastronómica.

O meu tío, videoartista.

O meu pai, anticuario.

Eu,

Iris, irmá pequena

antiga boa estudante.

e futura amazona.

12


O meu pai restaura e vende antigüidades e o que máis lle gusta no mundo é a Antiga Grecia. Sábeo todo! Dende mozo estuda un libro chamado A Odisea. Como pode levar toda unha vida estudar un libro?! Eu intentei lelo e non pasei das primeiras páxinas. E iso que era unha versión para nenos! Non sei se te decataches… a historia abúrreme moito! Creo que si. A Odisea é a aventura do heroe Ulises na súa volta á casa. Dez anos tarda en volver! Sen dúbida, o heroe máis lento de toda a historia. O meu pai chegou a obsesionarse tanto con Ulises que: 1) De lúa de mel, levou a miña nai a refacer o mesmo traxecto que Ulises percorrera para volver á casa, iso si, moitos anos despois e en tan só un par de semanas.

Vaia volta, así non me estraña que lle levase dez anos! 13


2) Decidiu chamarlle ó seu primeiro fillo Ulises. Claro que o seu primeiro fillo foi unha preciosa nena! E, ademais, unha preciosa nena que acababa de suspender historia.

–Castigada de por vida! –berrou meu pai. Xamais vira ó meu pai perder a calma. Non podía entender que eu, A SÚA FILLA, suspendese historia. Podía suspender o resto que, mentres aprobase historia, o meu pai se seguiría sentindo 14


orgulloso de min. De nada serviu que lle explicase que Caraempanada, a profesora, me tiña xenreira. Tampouco o meu gran plan de recuperación. Mandoume ó meu cuarto a estudar. Pero se acaban de empezar as vacacións de verán! Subín ó meu cuarto e desafogueime con Max por olaapp.

Olaapp

20:08

Max

online

Acábolles de entregar as notas

20:03 20:03

Meu pai está moi enfadado

20:04

Xa non só quedo sen cámara, tamén sen

20:04

Xa será menos 20:05 Agora mesmo tería que estar estudando 20:06 hahahahaha 20:06 Na túa primeira tarde de vacacións? 15

20:07

Que esaxerado!

20:07

20:07


Max tiña razón, que esaxeración! De filla e estudante modélica a case criminal. Mentres, os meus pais debatían sobre que facer comigo. O meu pai propoñía que me encerrase todo o verán na tenda de antigüidades con el: axudaríao a desempoar e clasificar os artigos e, como non hai distraccións, NIN COBERTURA!, concentraríame e estudaría. Horror! Odio a tenda de antigüidades! Todo por culpa de Caraempanada! A miña nai suxeriu buscar un profesor particular que viñese á casa todas as mañás. Polas tardes iría á tenda ou á praia. E engadiu: –Non podemos castigala sen verán. É unha boa rapaza, e fíxate nas súas notas! Son excelentes. Menos mal! Un pouco de sentido común na miña familia! E de pronto, miña nai encontrou a solución perfecta e na que os dous estiveron completamente de acordo: o extraordinario campamento de historia contemporánea para rapazas ofertado na web do Colexio Internacional Burato de Verme.

16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.