Tarzán de goma Ole Lund Kirkegaard Este li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c r e ☐m uno ☐ mango no ☐ atopou
bro
Capítulo 1
E
ste libro trata dun neno ó que chamaban Tarzán de goma. Pero ese non era o seu verdadeiro nome. O seu verdadeiro nome era Ivan Olsen. Tiña este aspecto:
7
Como podes ver, Ivan Olsen non é moi alto. É máis ben pequeno e delgado, e quizais non moi guapo. Non tiña músculos moi grandes e non podía baterlle a ninguén. Por iso a Ivan Olsen lle batían todos os días. Parece moi divertido iso de que lle batesen a Ivan Olsen. Pero non o era. Polo menos non para Ivan Olsen.
Aquí podes ver como lle batían a Ivan Olsen
8
テ《 veces metテュanlle auga no pantalテウn e outras veces encerrテ。bano nos retretes da escola. Para Ivan Olsen non era moi divertido.
9
Os nenos maiores eran os peores. –Ben, Ivanciño –dicían, tirándolle do pelo e das orellas–. Ben, podemos ver os teus músculos hoxe? –Deixádeme en paz! –berraba Ivan Olsen tratando de baterlles ós nenos maiores coa carteira–. Non teño músculos, sabédelo moi ben. –Veña, Ivanciño –dicían os nenos maiores rindo–. Déixanos ver os teus músculos de todos os xeitos. E entón levantábanlle as mangas a Ivan e miraban os seus brazos delgados e brancos. –Vaites! –dicían despois de mirarlle un intre os brazos–. Tes razón, Ivan. Os teus músculos non son máis grandes ca a caca dun paxaro. E entón botábanse a rir de novo e metíanlle auga no pantalón –só para divertirse– nun dos retretes da escola, onde o mestre non podía velos. Aquí están meténdolle auga no pantalón a Ivan Olsen nun dos retretes da escola.
10
Os nenos maiores –que tiñan moita forza cando eran varios– levantaron a Ivan e puxéronlle o traseiro debaixo da billa da auga fría, de modo que a auga correse por dentro do pantalón ata as botas de goma. Deste xeito o pantalón e as botas de goma de Ivan Olsen enchoupáronse por completo. O peor era que lle metesen auga no pantalón no inverno, porque cando Ivan Olsen saía da escola a auga do pantalón conxelábase. O pantalón poñíase teso e duro coma o cartón, e Ivan tiña que andar balanceándose coma un ganso.
11
–Ha, ha, ha –berraban os nenos maiores coas súas voces profundas e oxidadas–. Ha, ha. Vistes? Ivan Olsen mexou no pantalón. –Calade a boca! –berroulles Ivan. Pero os nenos maiores non calaron a boca. O que fixeron foi rir aínda máis forte, e parecía que tivesen papel de lixa na garganta. Aquí están os nenos maiores rindo.
12
–Ivan! –berráronlle–. Es un porquiño. Que cres que dirá a túa nai agora? A nai de Ivan Olsen non dixo moito. Cando Ivan chegaba a casa co pantalón mollado, ela simplemente sacudía a cabeza e colgaba o pantalón nunha corda no cuarto de baño. Para a nai de Ivan Olsen o da auga no pantalón era unha auténtica porcallada. –Xa me estou fartando de todas estas bromas coa auga –murmurou, mentres colgaba o pantalón da corda–. Si, xa me estou fartando… A nai de Ivan Olsen non falaba moito, pero o seu pai, o señor Olsen, si. De súpeto empezou a berrar coma un tolo. –Como? –berrou–. Volvéronche meter auga no pantalón? –Si… –dixo Ivan. –Pero, que é isto? –berrou o seu pai batendo na mesa co puño e facendo saltar a cunca de café–. Tes que aprender a defenderte, rapaz. Tes que aprender a ser un home. Na páxina seguinte está o pai de Ivan Olsen –o señor Olsen– batendo na mesa co puño.
13
–Que é ser un home? –preguntou Ivan. –Un home –berrou o seu pai–, un home é o que lles pode ós demais! –Eu non –dixo Ivan–. Eu non lle podo a ninguén. –Non! –berrou o seu pai–. Ti non podes facer nada, es un pobre monicreque. –Si… –dixo Ivan Olsen–. Creo que tes razón. –Bah! –berrou o seu pai levantándose pesadamente da cadeira–. Que faría eu para merecer un fillo tan monicreque? –Non o sei –dixo Ivan Olsen. E así Ivan Olsen ía aprendendo unha chea de cousas.
14
Na escola aprendía como lle metían auga no pantalón e lle batían, e na casa aprendía co seu pai que un neno ten que ser un home e baterlles ós demais. Se non, sería un monicreque. Entenderás que non sempre era fácil ser Ivan Olsen.
15