Sushi Books_O misterio do lixo mutante_mostra

Page 1

3 Descifrando xeroglíficos Fiz meteuse no colector de plásticos e no medio de todo aquel revoltallo atopou unha botella que tiña gravados uns estraños signos. Estaba tan nervioso que ata lle pareceu que se lle estaba a formar outra bóla de pelos na gorxa. Saíu e mostroulles o achado ós seus colegas. –Mirade o que atopei! Ensinoulles aquela mensaxe indescifrable e os tres puxéronse a estudar os signos. Carlocho e Nébedo estaban abraiados. Felisa non tanto.


–Que poderá ser? –preguntábanse mentres se miraban cos ollos estartelados. –Boh, iso coñéceo canto can e gato hai –dixo Felisa mentres axustaba as lentes. –Vale, e que? Non pensas dicilo? –retouna Fiz. –Pois está claro: son xeroglíficos. Así escribían no Antigo Exipto hai miles de anos. –Xeroglíficos? Que son os xeroglíficos? –preguntou Carlocho. –Existían hai miles de anos? –dixo Nébedo. Felisa explicoulles en que consistían os xeroglíficos.

Os xeroglíficos son un sistema de escritura inventado e empregado polos antigos exipcios. Así se comunicaban. Para deseñar esta escritura, os exipcios inspiráronse no seu ambiente: obxectos da vida cotiá, animais, plantas, partes do corpo… Os xeroglíficos descifráronse grazas ó descubrimento da pedra Rosetta en 1799. Esta pedra ten o mesmo texto escrito en tres idiomas diferentes: xeroglíficos arriba, demótico no medio e grego abaixo. 18



–Si, pero que di a mensaxe? Temos que descifrala entre todos. Puxéronse a cambiar os signos por letras do noso alfabeto. Tras un bo anaco, desvelaron o enigma. E quedaron abraiados.

Descifra

a

ti

mensaxe da botella

empregando a da

clave

páxina 19.

20



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.