Page 1


Esta historia comeza hai cen anos, unha noite de tormenta tropical. No máis profundo da xungla africana nace unha cría de gorila. Nin a lúa nin as estrelas brillan esa noite. Por iso o máis ancián da manda vaticina que a recén nacida vai sufrir moitas desgrazas no futuro.

-7-


Os primeiros anos da súa vida, a cativa de gorila é feliz. Empoleirada ás costas da súa nai, observa o que a rodea con curiosidade, e deixa que os días se enchan dos estraños cheiros e ruídos da xungla. Polas noites dorme segura na cálida escuridade. Nada sabe aínda de perigos e tristezas.

Pero entón, unha mañá todo cambia. O vaticinio cúmprese e a cría de gorila sofre a súa primeira gran desgraza.

-8-


A manda de gorilas é atacada por soldados belgas nunha cazaría furtiva. A pequena cría é capturada e enviada nun mercante de vapor á cidade de Léopoldville para ser vendida.

-9-


Un comerciante de marfil turco chamado Alí Kazdim visita ás veces o mercado de Léopoldville. Cando Alí ve a cría de gorila, pensa que podería ser un divertido –e barato– agasallo de compromiso para a súa futura esposa, a bela Fátima. Regatea habilmente e obtén o mono por 50 francos.

- 10 -


Para evitar as altas comisións de Aduanas, Alí Kazdim decide levar a cría a Europa de contrabando nun vapor de pasaxeiros. Sóbea a bordo envolta coma un bebé, dentro dun carriño. Segundo o pasaporte falso, é a filla orfa dunha parella de misioneiros irlandeses que desapareceron na xungla. O seu nome é Sally Jones.

- 11 -


Xa de volta en Istambul, Alí Kazdim apresúrase a ir á casa da bela Fátima para entregarlle o seu agasallo de compromiso. Fátima está moi emocionada. Que lle trouxo Alí da súa viaxe? Serán diamantes surafricanos? Ou quizais un xoieiro de marfil cheo de valiosas xoias da Costa de Ouro...?

- 12 -

Profile for Rinoceronte Editora

A lenda de Sally Jones (mostra)  

Primeiras páxinas do libro 'A lenda de Sally Jones', de Jakob Wegelius (Sushi Books, 2016), dispoñible en http://sushibooks.es/tenda.php?op=...

A lenda de Sally Jones (mostra)  

Primeiras páxinas do libro 'A lenda de Sally Jones', de Jakob Wegelius (Sushi Books, 2016), dispoñible en http://sushibooks.es/tenda.php?op=...

Advertisement