Page 1

Jorge Arrimar Eduardo Bettencourt Pinto

Poemas de África lonxe Tradución de Penélope Pedreira

BARBANTESA


Jorge Arrimar


EU SON SOSPEITOSO Eu son sospeitoso… A miña cor traizóame. É clara como as velas que un día atravesaron os océanos sen fin para escravizar… … a pel escura feita noite de temporal… Os músculos desfacéndose no líquido azucrado da cobiza ao rodar dos enxeños. A liberdade esmagada ao prezo do algodón… As mañás de lucro no peito dos poderosos tinguindo o ocaso de dor… Si! Eu son sospeitoso… O instrumento escorrendo dos planos arquitectados na penumbra… A miña pel é da cor das velas dos negreiros… Sobre ela pesa a culpa de séculos da escravitude… Mais… a historia condéname polo que non fixen. Eu nacín dunha semente

7


espallada ao acaso na sabana… Eu nacín da terra onde as caravanas de escravos que nunca vin nin entendín trazaron estraños carreiros que se cruzan e se perpetúan na memoria do tempo… Si! Son un sospeitoso apuntado á multitude do mundo (oh, ironía!) de onde partiran os navíos negreiros para traer no seu vulto inmundo a besta-humana… E unha mañá as conciencias acordaron pesadas… Tiñan necesidade dunha limpeza… dun sacrificio ao deus da tranquilidade… Os lamentos subindo das matas violentadas no escuro doutros tempos delineaban sombras

8


difíciles de soportar… Era necesario atopar o chibo expiatorio de séculos de inxustiza… Era necesario axitar ben alto o novo espantallo aos ollos do mundo… … Eu nacera na terra onde as caravanas de escravos trazaran estraños carreiros… e a miña pel era branca branca coma as velas dos negreiros…

9


AQUELA NOITE EN SILVES

Ao Rui Amador, ao Carlos Moinheiro, ao Hayes, para que nunca esquezan aquel KANKULA MUNDIMBA

Das pupilas negras abertas á imaxe agreste daquel castelo resaltaban chispas de revolta… Tan só as súas ameas aguzadas penetrando no noso peito comprimido de tristeza… E o vento invadía as nosas ventas abertas á pregunta constantemente formulada: –Que fago aquí? Das súas murallas núas a fría realidade abrazándonos ao sabor dunha brisa xeada xamais sentida… E nós fuxiamos dese frío que nos mataba danzando loucamente as danzas tribais aprendidas hai xeracións…

11


Os nosos corpos pálidos tinxíanse coas cores da noite, suaban estrelas en cada movemento ao fluxo máxico das anharas envoltas no relento perfumadas co cheiro das primeiras chuvias… E o noso choro de esperanza era sorbido no lonxincuo bater dos tambores dimensionando a vida ao clamor hipnótico das forestas vivas… Aquela noite en Silves non foi unha noite de Silves…! Foi unha noite arrincada á tristeza dun chan sen calor, conseguida coa fuga a un símbolo de pedra fría, fecundada en ardentías de abraio nunha fogueira de saudade ao ritmo febril vertixinoso de corpos suados no frenesí de kankulas dimbas ou kuhelas mwilas… E nós viamos

12


de ollos resgados en delirio as grandes mandas espallándose na sabana nun ritual de cor e movemento… Ah! Para lonxe, frío castelo dunha paisaxe morta…! Leva contigo para sempre aquilo que representas e deixa connosco a alegría de pertencermos a outro Mundo onde o Ceo ten raíces profundas… Silves, Agosto de 1979

Anhara: Planicie de vexetación rastreira frecuentemente alagada polas augas das chuvias e dos ríos. Kankula: Danza tradicional na que os danzantes levantan os brazos en arco, suxerindo os cornos dos bois, ao tempo que baten cos pés na terra. Dimba: Tribo do suroeste angolano. Kuhela: Danza guerreira (literalmente: ‘brandir a lanza’). Mwila: Grupo étnico-lingüístico do Planalto da Huíla, no suroeste de Angola.

13


Profile for Rinoceronte Editora

Poemas de África lonxe (mostra)  

Primeiras páxinas do libro de Jorge Arrimar e Eduardo Bettencourt Pinto, publicado por Barbantesa.

Poemas de África lonxe (mostra)  

Primeiras páxinas do libro de Jorge Arrimar e Eduardo Bettencourt Pinto, publicado por Barbantesa.

Advertisement