'Per e o pequeno Mads' (mostra)

Page 1

Per e o pequeno Mads Ole Lund Kirkegaard Este li onllo a ☐ regalár no ☐ gañou uno o c r e ☐m uno ☐ mango no ☐ atopou

bro



Capítulo 1 No que coñecemos un canón que non fai ruído

E

ra a mediados da época da colleita, e case todos os habitantes de Vinneby andaban polos campos, baixo un sol amarelo e poeirento, axudando a colleitar. Aqueles atarefados labregos de Vinneby esforzábanse tanto que tiñan grandes manchas de suor nas súas camisas. Pero Vinneby non estaba completamente deserto. O tendeiro quedou na súa tenda para vender cervexa e augardente a todos os que traballaban na colleita, mentres que o cogombro amargo do pintor estaba subido á súa escada, encalando a casa do vello Mikkel Paelg. Aquel día tamén había dous nenos en Vinneby. Estaban comendo unha morea de zumarentas ameixas e de peras verdes, porque non había ninguén que os vixiase. E cando finalmente quedaron fartos, decidiron fabricar un canón. –Como poden fabricar un canón uns nenos? –preguntou o pequeno Mads.

7


–É moi fácil –dixo Per–. Farémolo cun barril vello. –Ah, claro! –dixo o pequeno Mads, e seguiu a Per ata a parte de atrás do alpendre de Mikkel Paelg, onde o pintor non podía ver o que facían. –Primeiro collemos este barril –dixo Per, sacando un vello barril de manteiga de entre unha morea de trastes. O pequeno Mads asentiu coa cabeza. –E agora –dixo Per– poñemos esta táboa encima do canón. O pequeno Mads volveu asentir. –E xa está listo –dixo Per. –Que? –exclamou o pequeno Mads–. Xa está listo? –Si –dixo Per–. Agora vai buscar un melón á horta de Mikkel Paelg, mentres eu subo ó tellado do alpendre. Apura, pequeno Mads. E o pequeno Mads apurou todo o que puido, aínda que non entendía nada de nada. Cando regresou ó cabo dun anaco cun pequeno melón verde, Per xa estaba no tellado do alpendre. –Agora que fago? –preguntou o pequeno Mads. –Pon o melón nun extremo da táboa –dixo Per–. Vas ver algo bo. O pequeno Mads fixo o que dicía Per e logo agachouse detrás dun arbusto. Unha vez alí tapou os oídos, porque

8


oíra que os canóns ó dispararse producían unha tremenda explosión. Pero este canón non produciu ningunha explosión. Soamente fixo “tump” cando Per saltou sobre o outro extremo da táboa, e o pequeno Mads viu como o melón saía disparado polo aire e desaparecía detrás do tellado do alpendre. –Ah! –exclamou–. Xa o entendo. É un canón que non fai ruído! Nese mesmo momento os nenos oíron un agudo berro proveniente do patio de Mikkel Paelg.

9


–Escoita! –dixo Per–. Démoslle a algo. Os nenos rodearon sixilosos o alpendre e miraron cara ó patio. Alí estaba o pintor. Estaba tendido a carón da súa escada, completamente cuberto de cal. O cal saíalle da boca facendo burbullas mentres berraba e maldicía. –Si –murmurou o pequeno Mads–. Démoslle a algo. É un canón moi bo, aínda que non faga ruído. –Oe, Mads –dixo Per–. Non cres que deberiamos escondernos un pouco? –Si, poderiamos facelo –dixo o pequeno Mads–. Estes pintores poden ser perigosos cando se anoxan. E os dous artilleiros gabearon a unha grande ameixeira, a esperar a que o pintor acougase.

10


Capítulo 2 No que sabemos máis do canón que non fai ruído

C

ando finalmente o pintor acougou, Per e o pequeno Mads baixaron da ameixeira e volveron onda o seu canón. –Oe… Per –dixo o pequeno Mads–. Probámolo outra vez? –Si, por que non? –dixo Per–. Podemos movelo un pouco, para non lle volver dar ó pintor. –Pero esta vez vou buscar un melón ben grande –dixo Mads, e desapareceu na horta de Mikkel Paelg. Elixiu o melón máis grande que atopou, e era realmente grande, case tan grande coma o propio Mads. –Estás listo? –berrou Per, que subira ó tellado do alpendre. –Case –dixo o pequeno Mads, mentres se esforzaba e pelexaba co enorme melón para que se sostivese na táboa. –Vou saltar! –berrou Per. –Non, agarda un pouco –dixo o pequeno Mads–. Teño que baixar da táboa, home. Pero o pequeno Mads non tivo tempo de baixar da táboa.

11


Per aterrou no outro extremo da táboa cun tremendo “tump!” xordo, e mentres o melón quedaba tranquilamente tombado na herba, o pequeno Mads desapareceu polo aire. –Vaia! –dixo Per mirando a todas as partes–. A onde iría parar? Rodeou correndo o alpendre de Mikkel Paelg, co corazón a piques de saírlle pola boca, porque un cativo coma Mads podía mancarse moito se caía no camiño. Pero o pequeno Mads non se mancou nada, porque polo camiño viña Mikkel Paelg en persoa cun enorme carro de herba seca, e na parte de arriba estaba Mads, rindo coma un tolo. –Hurra! –berrou–. Vaia salto! Mikkel Paelg parou o carro, sorprendido, e saltou ó camiño. –Que? –berrou, mirando o pequeno Mads cos ollos estartelados–. De onde saíches? –Do aire –dixo Mads sinalando o ceo. –Como? –berrou Mikkel Paelg repenando o bigote–. Parece cousa de bruxas. O pintor, que oíra todo aquel ruído, chegou correndo coa súa escada debaixo do brazo. –Ah! –exclamou e sorriu malignamente ó ver o pequeno Mads–. Velaquí un deses falcatrueiros que abundan en Vinneby.

12


E apoiou a súa escada na carga de herba seca para ir por Mads. “Oh”, pensou Per. “Teño que facer algo, ou do contrario Mads vai levar unha malleira.” Entón Per botou a correr polo camiño mentres berraba con toda a forza dos seus pulmóns:

13


–Coidado! O touro soltouse! O pintor saltou oito chanzos da escada e el e Mikkel Paelg lanzáronse á herba seca coma ratos. E o pequeno Mads desapareceu. Pero aquel día non volveron usar o canón. No canto diso decidiron facer un zoolóxico.

14


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.