Page 1

Luís Valle

Para que eu beba

BARBANTESA


In memoriam Luis Valle Debasa


And felt His anguish tear For refuge in my brain So huge is God’s despair Malcolm Lowry  


Para que eu beba Estou chafando coa culler as follas no chan. Falando cos migallos polos que lean os gorrións e a pomba… A pomba, os gorrións e eu limamos coas pestanas os bordos do sol, pero só Deus traballa para que eu beba.

9


O medo ten a miĂąa mesma voz. Farto de tremer, fala comigo. Ă s veces fallan as palabras, pero sempre procura comprender o meu corpo.

10


Cancro Dende hai uns días neva nos ollos de Deus e eu procuro comprender, no máis íntimo de ti, esa pródiga conxura azul que de súpeto se expande, ese movemento informulado da sombra arredor do teu corpo.

11


Miro

dentro, temo o cora-

zón no intre exacto do puño e a chispa. Fráxil, a música muda a túa pel a ambos lados do espello, e hai corredores tan dentro que en min perden os nervios as estrelas. (…) Pai! Ouh, pai! Quero que o ceo chegue á orela, e abrazarme á acordanza dos teus ollos, e procurar nesa costa o teu corpo. E estreitalo até a calma, até o silencio da luz, até a matriz da pedra, até o suicidio das ondas.

12

Para que eu beba (mostra)  

Páxinas de mostra do libro de Luís Valle 'Para que eu beba' (Barbantesa, 2017), dispoñible aquí: http://www.barbantesa.com/libros/para-que-e...

Para que eu beba (mostra)  

Páxinas de mostra do libro de Luís Valle 'Para que eu beba' (Barbantesa, 2017), dispoñible aquí: http://www.barbantesa.com/libros/para-que-e...

Advertisement