Page 1

Calros Solla

Pan prรณs crocodilos

BARBANTESA


LIMIAR Teño a honra de (com)partir un panciño moído en Terra de Montes, regado polo Lérez, peneirado na Seca e enfornado en Cangas. Os que xa temos algúns aniños sabemos que o pan non se pode tirar e, cando nos cae, cómpre darlle un bico (costumes que nos remiten a tempos de fame). O lévedo, a primeira e a última cocedura Antes de meterlle unha chanchadiña a este pan/libro imos falar do seu creador, o Calros: Solla de Abelaíndo e Varela de Cavenca. Ademais diso, que non é pouco, o Calros veu sendo compañeiro de estudos no CUVI cando aínda eramos movemento estudantil, é dicir, segundo o noso voceiro “livre” Tótem/Tabú, “movemento que se produce cando un grupo de estudiantes bota a correr diante dos antidistúrbios nas proximidades dun presidente, conselleiro ou ministro dalgunha caste.” (“Diccionario” do Tótem/Tabú, nº 2, 1992). E abofé que corremos para ser Facultade! A masa do pan estaba vindo a lévedo daquela1 e o Calros (que asinaba como Carlos Manoel Solla Varela2) ía facendo poemiñas gañadores como aquel “Réquiem por un can de

1

O Calros tamén enfornaba e repartía “filloas aos lambeteiros e esterco aos lambóns” no nº 4 de Tótem/Tabú, o “voceiro livre” do 3º curso de Filoloxía (Hispánica). Reparen nas filloas que se repartían nese número 4 (1992): Unha manchea delas picando ao sal prá boa xente dos cursos de por abaixo, que aínda que novos e inexpertos, xa presumen de collóns e conas gherrilleiros/as.

5


palleiro (blues emocionado)” que aparecía no “númaro un” do Tótem/Tabú: ... Mais que can, fado, panxoliña... xoguete, farrapo de gaita. Meu can de ninguén meu can de ningures... catro teimas catro fridas catro fames catro fríos indíxenas... estigmas do teu ollar pasteurizado. Can, meu can... mancado soterrado no xabre afundido na maldita escolma dos recordos esquecidos. Cancro da penedía fror de outono

Entre esa “boa xente dos cursos de por abaixo” estaba outra das persoas que vai repartindo libros coma pan: o editor Moisés Barcia. 2

Alguén lle acrecentou nese número de Tótem/Tabú “celebérrimo poeta do Reino de Galiza”, cualificativos que parecen agoirar o seu poema-ousadía para o “Himno do Antigo Reino da Galiza”.

6


Meu can morto... ...do cansazo á choiva. A primeira cocedura deste facedor de palabras/pan que é o Calros Solla chamouse Xábregho, libro enfornado en Madrid en 1999 e que se anunciaba cunha barbantesa poñendo a mesa. O destino, que está cheo de labirintos de Mogor con camiños insospeitados, depáranos, ás veces, estas casualidades (?): a barbantesa que poñía á mesa no primeiro poemario do Calros, reza agora á fronte dunha colección noviña mentres reparte Pan prós crocodilos. A codia e o miolo É o momento de probar o pan/libro e saborear o de dentro. Que nos dá Calros Solla neste libro? A autopoética inicial vainos adiantar o sabor predominante en Pan prós crocodilos: manifesto poético do chafariz. eu digho o que me sae do picho porque, entre outras cousas, non tenho cano. non as penso, vaia; para min dicir é zurrichar e zarrapicar. Ou sexa, que o autor debeu zarrapicar auga de máis, ou sal, ou fariña ou... Quen sabe o que? E... sobre quen? Ás veces

7


zurricha sobre si mesmo e a súa escrita, por iso non estraña que tamén axuste contas coa súa matria: a Terra de Montes. non lhe debo nada a Cerdedo, (...) andei os sete andares,/abesulhei pola reghanha, escoitei mil e unha,/levei o rato ao burato e gardei pan para manhá (...). Cerdedo non me lhes debe nada,/pois cobreilho todo: a cara de ferreiro, o mirar por debaixo da cangalha, a mala hostia... Cerdedo é unha vaca morta. Quizais todo ten o seu lado bo e, queira que non, Calros Solla non pode deixar de alindar o seu ghando, “o foghete de sete estrelas” (a Touriña rexa, a Cuca leiteira, a Nova xovenca, a Pinta labregha, a Ghallarda fermosa, a Piñeira naiciña e a Oliva xogheta), en Cerdedo. aló na chaira de Rebordelo,/no alto, lindeira co velho caminho/de Santiagho, alí na campía, (...) pacendo quedo da herba azul/do ceo. Calros Solla, fillo, profesor e galego no mundo, botou auga de máis sobre todos aqueles crocodilos do noso tempo: os enterradores da memoria que seguen vivindo na escuridade da “Longa noite de Pedre”, os maltratadores, o capitalismo, os bífidos, a gripe P (provocada polos Poli-tics), os adaís da

8


democracia occidental... Todos eles dominadores nun mundo cheo de dominados e desherdados cos que o autor non aforra tenrura: neno de pel escura e dentinhos de alho,/sácache o [fusil catro cuartas de inocencia./criatura do ermo, ben che prestaría un colacausinho,/unha garatuxa de surtido-cuétara; prender o sono,/comer quente, tomar escola:/medrar rebezo, ceibo, espelido..., para botar ao lombo/un continente. meninho escravo,/se eu puider triparche o tétano da [alma...; mais só me apeei no inferno para tirar, oufano, [unhas fotos. Deus, que traspasa o pan/libro coma esas moscas que revoan sobre a dozura, non representa nada transcendente porque “tras milhóns de anos de evolución,/a Deus tamén se lhe sumiran as moas do xuízo”. Dicía o filósofo Slavoj Žižek que detrás de cada limpeza étnica hai un poeta3, a nós parécenos que detrás de cada idea xusta ou do ideal de xustiza tamén hai un poeta. Fronte á consideración hegeliana de que os intelectuais chegan tarde á historia, Pan prós crocodilos móstranos un escritor comprometido coa historia.

3

El País, 16/5/2010, p. 37.

9


A literatura non só salva a propia identidade como unha forma de liberación persoal, senón tamén as identidades alleas: Gaza, Guantánamo, Terra de Montes, Abu Ghraib, Antártida, inmigrantes, nenos e nenas da guerra, nenos e nenas vampirizados por calquera internauta, sen teito, sen papeis, sen traballo... Calros Solla recupera a voz e a memoria dos sen voz porque “a pobreza sempre se representará nun mapa mudo”. E coa recuperación da memoria decatámonos do seu –e noso– propio saber e dignidade. Poesía visionaria, panciño cunha mensaxe agochada para os que padecen a falta de liberdade. “Asemade in Galiza/é difícil defender unha trincheira/e esperar que o corazón/che pase a ITV”, por iso nos salvan as palabras finais: a sección titulada “Arroaz con chícharos”4. Son xogos de linguaxe que nos axudan, coma ós nenos, a tomar consciencia da personalidade en relación co mundo exterior, son unha exploración da realidade pola vía da indagación poética e polos camiños da proxección anímica. Que cada farangulla deste pan/libro nos preste. Ana Acuña

4

Outro círculo concéntrico iniciado en Terras raras (2001) e continuado en reGaliza e outras chuches (2008).

10


A todas as minhas pantasmas


Non podo ler, tenho as pupilas dilatadas. SAFO (de safar)


tras milhóns de anos de evolución, a Deus tamén lhe saíran poutas.

15


o que de min acadou a superficie e sabe a-mar eslavuxouse das sentinas dun naufraxio.

16


Poeta ou non, eu cantarei as cousas que na soleira de min mesmo agardan. X. Mª DÍAZ CASTRO

denantes, botárame a escribir e recunquei na torpeza de ler demasiado a Unmesmo. hogano, meu chión seteburatos, quen puidera soprar e upar o amanhecer (iso si que é muinhada). hai silencios que non se poden tanxer con palabras.

17


manifesto poĂŠtico do chafariz. eu digho o que me sae do picho porque, entre outras cousas, non tenho cano. non as penso, vaia; para min dicir ĂŠ zurrichar e zarrapicar.

18

Pan prós crocodilos (mostra)  

Primeiras páxinas do libro de Calros Solla 'Pan prós crocodilos', publicado por Barbantesa.

Pan prós crocodilos (mostra)  

Primeiras páxinas do libro de Calros Solla 'Pan prós crocodilos', publicado por Barbantesa.

Advertisement