Page 1

Cantar de Ruodlieb


I O cabaleiro Ruodlieb parte da patria Había unha vez un cabaleiro de ilustre prosapia chamado [Ruodlieb1, que adornaba coa súa conduta unha innata nobreza. Cóntase que tivera moitos señores2 ricos e moi a miúdo lles rendera servizo conforme aos desexos deles, aínda que non puido acadar ningún dos honores que cría [merecer. Calquera encargo que estes homes nobres lle encomendaron –xa fose levar a cabo unha vinganza3 ou algunha [conveniencia deles– non o demorou, cumpriuno con toda a ansia que puido. Moi a miúdo púxose á morte por eses mesmos señores na guerra, na caza, e en todo tipo de situacións. A desleal fortuna4 impediu que lle desen algunha satisfacción; sempre prometían e facían coma quen que cumprirían o [prometido. Mais cando non puido soportar as inimizades que granxeou 1 Ruodlieb é un antigo nome xermánico no que se descobren as raíces do antigo alto alemán hruod, ‘gloria’ ou ‘fama’, e lieb, ‘amante’ ou ‘fiel’. Así, Ruodlieb sería ‘amante da gloria ou ‘fiel á súa fama’. Sen dúbida trátase do nome dun guerreiro. No poema permanecerá anónimo ata o Fragmento V, 223. 2 Ruodlieb ten un compromiso de vasalaxe, un vínculo feudal. 3 Os deberes dos señores tamén incluirían non só vinganzas persoais, senón tamén expedicións de castigo. 4 Nil sibi fortuna prohibente dabant malefida. O tópico literario da Fortuna caprichosa e infiel, que cando nos enche de bens triviais, de súpeto pode afundirnos. Cfr. Boecio, Consolación da Filosofía, I metr. I, 17: Dum levibus male fida bonis fortuna faveret, paene caput tristis merserat hora meum: “Cando a desleal Fortuna me era propicia con bens triviais, por pouco unha triste hora me afundiu a cabeza”. 35

5

10


Cantar de Ruodlieb

por culpa deles, e xa non soubo que máis facer, convenceuse de que xa non podía vivir seguro en ningures. Daquela, despois de que arranxou todas as súas cousas e as [deixou ao coidado da súa nai, partiu por fin da súa terra camiño de reinos [estranxeiros.

15

Armas e bagaxes do cabaleiro Ruodlieb5 Ninguén o acompañaba, agás o seu escudeiro, que lle levaba un saco cargado con cousas variadas, e a quen dende neno lle aprendera a soportar por el duros [traballos. O rapaz levaba o atado no lado dereito e o escudo no [esquerdo, na man dereita a lanza, a alxaba baixo o escudo, e debaixo dela unha saqueta para vituallas ben xeitosa. Pola súa parte, o seu señor Ruodlieb vestía6 túnica e por riba [loriga, cubría a cabeza cun casco de rutilante aceiro e ía cinguido cunha espada engarzada en ouro ata a [empuñadura. Do seu pescozo da cor da neve penduraba a garra dun grifo7,

5 Descrición tópica do cabaleiro. Inevitablemente recórdanos moitísimo a descrición de Don Quixote que fai Cervantes no primeiro capítulo da novela. 6 Equipamento típico do guerreiro xermánico e tamén do cabaleiro: túnica de tea, cotte de maille e espada, cabalo e escudeiro. Como novidade Ruodlieb leva un canciño, que logo será protagonista dun episodio divertido (X, 66 ss). 7 Gripis ungula. O grifo é unha criatura mitolóxica con cabeza e torso de aguia e corpo, poutas e cola de león. Tradicionalmente representa a forza, o valor e a perfección, e na Idade Media cristiá a dobre natureza de Cristo, divina e humana. Dado que Ruodlieb sopra a garra de grifo para despedirse da súa casa, a referencia fainos pensar máis ben nun olifante ou corno de caza. O heroe xa é presentado coma cazador. 36

20

25


I

non a pouta enteira, só un pedazo de medio cóbado8 de [longo, que por detrás pola parte larga así coma por diante pola [parte estreita 9 estaba decorada con ouro purísimo e atada cunha correa [de pel de cervo, non branca coma a neve, senón transparente coma unha [xema. Cando a soprou para dar o último adeus á súa nai e a toda a súa casa, resoou mellor ca unha tuba. O seu cabalo erguíase negro coma un corvo, lavado coma [con xabón, e todo enteiro de lunares baixo esa negrura. Á esquerda do pescozo caía a crina recollida e ía enfeitado10 como lle pertencería ao máis nobre. Non se lle vía nada atado á sela, agás un odre de coiro cosido e untado con mástique11, para que soubese máis doce a bebida que se deitase nel, e tamén un almofadón pequeniño feito de púrpura. Cando o cabaleiro saltou ás ancas, o cabalo brincou máis alto, ledo de que o seu amo o montase con brío. 8 Entre 22 e 41 centímetros mide o cóbado-cúbito romano. O antigo cúbito alemán (Elle) mediría entre 54 e 83 (Vollmann, 1980). 9 <Ob>rizo mundo, cervino cinctaque loro. A expresión vén da Biblia: Pretiosior erit vir auro et homo mundo obrizo (“Farei máis precioso ca o ouro fino o home, e máis ca o ouro de Ofir o ser humano”, Isaías 13:12). O ouro purísimo que se nomea aquí é o ouro de Ofir, moi subido de quilates. Ofir é un lugar de localización incerta. Crese que podería ser un porto do Mar Vermello ou incluso da India, por tanto sinónimo de comercio de metais preciosos e xemas. Dende o grego obryzon e a través do latín tardío obryzum temos o cultismo obrizo. 10 Faleratus no orixinal latino. Orixinalmente a falera romana era un disco metálico para atar as correas do casco. Pasou tamén a decorar as coirazas e os cabalos como condecoracións ao valor militar. Un cabalo con faleras é un cabalo enfeitado, con adornos no arnés, e que pertence a un cabaleiro. 11 <Ex> corio sutum ni vas mastice perunctum. O mástique é a resina mastigable do lentisco (Pistacia lentiscus), de sabor amargo no primeiro momento, pero que logo se volve refrescante e con gusto a piñeiro ou cedro. Cfr. Plinio, NH, XIV 27, 135. 37

30

35

40


Cantar de Ruodlieb

Saltou tras del deseguida o seu can, moi lixeiro na carreira, sabuxo non o había mellor. Diante del calquera presa grande ou pequena non podía agocharse, que deseguida a atopaba. Último adeus á nai, adeuses aos criados, e coa cara bañada en bágoas deulles a todos beixos. Colleu as bridas, picou o cabalo coa espora e saíu ao galope polo campo aberto, voando coma unha [veloz andoriña, mentres a nai a través da cancela o comía cos olliños12. Todas as súas xentes subidas ao valado mirábano marchar ao lonxe, saloucaban e choraban entre [laios. Cando non o viron máis, redobraron os choros. Logo enxugaron as lágrimas que mollaban os seus rostros e axiña foron todos xuntos onda a señora para consolala. Ela finxía esperanza, pero contiña a súa profunda dor13 no [corazón e consolábaos a eles porque vía que o levaban mal. Entrementres unha preocupación non menor agoniaba o [fillo, e polo camiño ía sopesando no seu interior moitas cousas: que servir na casa non lle trouxera ben ningún, 12 Ast per cancellos post hunc pascebat ocellos. A metáfora atópase en Terencio: Restabat alius nil, nisi oculos pascere. (Formión, acto I, escena 2, 35) No bordel só se podía mirar o que o leno non quería vender; tamén a recolle Cicerón: homines maritimi Syracusis, qui saepe istius ducis nomen audissent, saepe timuissent, cum eius cruciatu atque supplicio pascere oculos animumque exsaturare vellent, potestas aspiciendi nemini facta est. (Verres, II, V 26, 65). A xente do mar de Siracusa desexaba a captura dun coñecido pirata, e por tanto apacentar os ollos e saciar a súa alma ante a visión do suplicio deste home que tanto dano lles fixera. 13 Que simulando spem premit altum corde dolo<rem,>. Cfr. Virxilio, En. I, 209: spem vultu simulat, premit altum corde dolorem. Quizais sexa este o único verso no poema herdanza directa de Virxilio, aínda que refeito coa rima leonina do Cantar. Na Eneida, Eneas tenta animar os seus compañeiros superviventes dunha tormenta mariña enviada por Xuno, e así tamén “finxe esperanza no seu rostro, afogando no seu corazón unha fonda dor.” 38

45

50

55

60


I

e que, debido ás moitas querelas14 que granxeara por todas [as partes, 15 tivo que exiliarse da doce patria . Dáballe voltas nos seus adentros a isto: se facía un servizo de [pouca catadura en algures, e se a súa vella sorte16 se volvía máis contraria, daquela todos lle ían ser tamén alí como medio irmáns17, e a cousa non melloraría, senón que iría a peor. Suspirando profundamente, choraba e pregáballe ao Señor [encarecidamente que non o abandonase nin o deixase perecer, senón que o socorrese para que fose capaz de superar as [tribulacións. Ruodlieb atopa o cazador dun rei estranxeiro Entraba o cabaleiro así aflixido nun reino estranxeiro18 14 Faida no orixinal latino. Do saxón fæhð, ou fehðe, tamén do xermánico Fehde, e Feide, ‘inimigo’, segundo Du Cange. A faida é unha inimizade entre clans ou tribos nas culturas xermánicas ancestrais, orixinada normalmente por un asasinato. Leva implícito o sentido de vinganza de índole familiar. 15 A patria dulci quod debuit exiliari. O sintagma dulcis patria é de frecuente aparición nos autores clásicos, por exemplo Cicerón ou Ovidio, e amosa a atracción sensible da terra, coma cando Odiseo fala ante o rei Alcínoo de Ítaca: “non hai nada máis doce ca a miña patria” (Od. IX, 27-28). Cfr. Waltharius, 60: patriam defendere dulcem. 16 Non tanto o status que tiña antes, senón a Fortuna que o asistiu nos seus servizos anteriores. 17 O tópico literario clásico da fortuna que é coma unha madrasta: iam nunc fortuna aut noverca narranda est. (Séneca, Controversia 9). Por tanto, tendo como madrasta a Fortuna, aqueles aos que tería que servir seríanlle medio irmáns. Ruodlieb pensa que ao romper estes vínculos de vasalaxe e marchar da casa quedará a mercé do azar coma un exiliado sen a protección feudal. A continuación vén a súplica ao Señor, tamén un lugar común na poesía épica. 18 Polo de agora é só un reino estranxeiro para Ruodlieb. Máis adiante (XIII, 42, 47) o lector saberá que se trata de África. 39

65

70


Cantar de Ruodlieb

cando de súpeto un cazador do rei se lle puxo á beira para [acompañalo, saudouno e foi saudado por el de volta. O exiliado Ruodlieb era de membros fortes e rostro viril, falaba con voz alta, serio na resposta. O nativo preguntoulle quen era, de onde viña e onde quería [ir19. Como non lle dicía nada e permanecía calado coma con [desprezo, o cazador arrepentiuse de preguntarlle esas cousas e pensou [para si o seguinte: “Se é un embaixador, o seu séquito é pequeno de máis; cando ven á corte, quen lle carga cos regalos? E coa espada? Creo que é un home de pouco poder ou de moita virtude.” Despois de estar calado un bo pedazo, por fin faloulle outra [vez: “Non te enfades se che pregunto máis cousas. Non quero atrancarte, senón serche útil se podo! Son cazador do rei, moi querido para el e fiel. El non adoita oír a ninguén con máis consideración que a [min. Se por unha grave querela20 deixaches a patria e queres nesta terra estranxeira tanto para ti coma para min prestar algún servizo e superar os teus preitos, daquela douche un consello útil que non debes desbotar. Porque se aprendiches ben a práctica da caza21, que feliz agoiro te fixo exiliado aquí!

19 Quem rogat indigena, quis et unde sit, ire velit quo. O interrogatorio necesario para saber quen é o descoñecido e cales son as súas intencións. Cfr. Waltharius, 587588: dic, homo, quisnam/sis aut unde venis? Quo pergere tendis? 20 Faida no orixinal latino. Vid. supra v. 63. 21 O cazador pode deducilo polo olifante que leva colgando e polo sabuxo que acompaña o cabaleiro. Vid. supra vv. 27 e 45. 40

75

80

85

90


I

O rei ama esta arte e quen é experto nela22. …………………………………………...........…… Quen ten, pode dar; quen non ten, dime, que vai dar? El darache, se non acotío, si a miúdo. Nunca estarás preocupado pola comida ou polo vestido23. Cando lle regalen fermosos e céleres cabalos, prestaránolos para que probemos o xeito deles na carreira: cal é rápido, doado de montar e dócil nos xiros, e ese regalarallo o rei a quen máis o precise. Non gastarás xamais nin un céntimo na comida, pois daráseche a esgalla sempre que a desexes. O rei pasará por alto os ricos convidados ao banquete e divertirase falando connosco. Achegaranos o mellor do que lle serven a el, facéndonos con isto un honor máis ca un pago. Se che comprace facer un pacto leal comigo, xuntemos as nosas destras24 dando fe do acordo, para que nada nos separe, bardante a amarga morte. Onde sexa que esteamos, que cada un leve os asuntos do outro coma propios, ou se cadra mellor.” Entón o exiliado Ruodlieb acabou fiándose del e díxolle: “Señor, demostraches boa intención comigo, e considero que o teu consello non debe ser desbotado, pois de feito ti intuíches cal é a miña situación. Por iso me comprace facer un pacto de lealdade entre [nosoutros.” 22 Os punteados marcan versos perdidos en todos os casos. 23 Tamén Deus proverá, nas palabras de Xesús, por iso non hai que estar preocupados da comida, da bebida ou do vestido: Mat. 6:31: Nolite ergo solliciti esse dicentes: “Quid manducabimus?”, aut: “Quid bibemus?”, aut: “Quo operiemur?” (Polo tanto non esteades preocupados dicindo: “que comeremos?”, ou: “que beberemos?”, ou “que imos vestir?). Tamén no Waltharius, 137-138, Atila promételle cousas semellantes ao cabaleiro para retelo. 24 Dando fidem nostras iungamus federe dextras. Estreitar as mans dereitas é un xesto de promesa e de fidelidade. Cfr. Waltharius 23: Et dextras, si forte darent, coniungere dextris. 41

94a 95

100

105

110

115


Cantar de Ruodlieb

Xuntando alí as destras convertéronse logo en camaradas25, …………………………………………...........…… bicándose acordaron ser amigos fieis e servirse lealmente un ao outro como vasalo a señor.

120

Ruodlieb servindo na corte do Rei Maior Mentres dispoñían entre eles as cousas de xeito, achegáronse á capital do reino, na que o rei impartía xustiza26 a calquera que viñese a ela. Entraron no castelo, aloxaron27 escudeiros e cabalos nas cortes, e xuntos buliron ao palacio para ver o rei. Cando o monarca viu o cazador, díxolle: “Dinos de onde vés e que novas traes! Cando ías polo bosque, rastrexaches o oso ou o xabaril, que tanto nos gusta perseguir?” O cazador respondeulle non coma a un señor, senón coma a [un amigo: “Non rastrexei a ningún deles, senón a quen pode domar [os dous, encontreino e tróuxencho comigo: velaí este mozo que é digno de servirte, 25 Dando sibi dextras ibi fiunt moxque sodales. Sodales, compañeiros de armas, cos vínculos que establece o costume xermánico, tamén implícitos no séquito real ou Gefolge. Cfr. Waltharius, 926: Is furit, ut caesos mundet vindicta sodales. Para a Gefolge, vid. a Introdución do Waltharius. 26 Schmidt (2000) atopa similitudes entre este episodio e o do primeiro libro da Eneida de Virxilio (vv. 314-507), onde Venus, nai de Eneas, acompaña o seu fillo á presenza da raíña Dido de Cartago, que naquel momento impartía xustiza: iura dabat legesque viris (En. I., 507). Por tanto, unha posible interpretación deste verso sería que o rei desta terra tamén impartía xustiza na capital do reino á xente que viña alí. 27 Tamén o cazador ten, igual que o noso heroe, un escudeiro ao seu servizo persoal. Se este can é efectivamente o regalo que trae Ruodlieb, xa se dixo que non había can mellor ca el (vid. supra v. 45). A cadea dourada é unha boa pista da altura do noso heroe, que é exiliado, pero nobre. 42

125

130


Ia

moi experto na arte da caza e moi venturoso, segundo creo e segundo me pareceu mentres estiven na súa [compaña. Cando consideres oportuno, ti mesmo poderás comprobalo. El tráeche os seus regalos, poucos, pero non desprezables, e desexa que o acollas como vasalo teu.” Ruodlieb tiña collido coa man esquerda o sabuxo de dúas cores que levaba una cadea dourada atada ao pescozo.28

135

140

Ia Ruodlieb cazador de paxaros29 E os paspallases ……………….. atráeos cunha rede fina cando se meten na neve. A miúdo adoita ligar as cintas á tobeira con palla para que o que pasa por alí ………….30 ••• Aos paspallases capturados outra vez rífalles severamente: “Seica vos quitei unha prenda? Por que regresastes aquí?” Con voz sutil moito lamentaron eles volver.31

28 Segue unha lagoa duns 10 ou 20 versos. 29 Malia a reconstrución parcial deste fragmento por Vollmann (1991) o seu sentido segue a ser ambiguo. Segundo Encuentra (2002) parece probable que Ruod­ lieb é quen de imitar os sons dos poliños das aves para atraelas e cazalas, porque as deixou marchar e volveron. Nas súas habilidades como cazador tamén imitará os sons das presas de caza (cfr. II, 44). 30 Segue unha lagoa de aproximadamente 30 versos 31 Segue unha lagoa duns 15 ou 20 versos. 43

5

Cantar de Ruodlieb (mostra)  

Páxinas de mostra do libro 'Cantar de Ruodlieb', traducido ao galego por Maite Jiménez Pérez e publicado por Rinoceronte Editora en 2017. O...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you