O rei Cuu (mostra)

Page 1

KING COO by Adam Stower



Para o meu irmán, Matt, que aínda gabea ás árbores.



CapĂ­tulo Un

E

ra a hora de almorzar, e Ben Pole estaba comendo un enorme bol de cornflakes. O seu pai estaba ocupado len-

do o xornal, e farfallaba algo coa boca chea de torrada e marmelada. 7



Pero Ben estaba sumido nos seus pensamentos. Tiña cousas das que preocuparse. Ben, en realidade só unha. Monty Grabbe. Monty era un dos peores abusóns do colexio, e Ben era un obxectivo fácil. Era tan pequeno e delgado que tiña que inclinarse cara adiante mesmo coa brisa máis lixeira para non caer. Pero non era parvo. Sabía que a clave para sobrevivir estaba simplemente en non cruzarse con Monty. Así que Ben facía todo o posible para moverse polo colexio sen que o visen, ocultándose nas sombras e correndo do banco á papeleira, e desta ó aparcadoiro das bicis como un ninja. E ata agora funcionara. As vacacións de verán estaban á volta da esquina. Case o lograra. De súpeto, o pai de Ben sobresaltouse na súa cadeira.

9



–Outro máis! –dixo, sostendo o xornal e sinalando a portada cun dedo pegañento–. Ha! Que che parece isto, fillo? É un misterio, dende logo. Se cadra son os EXTRATERRESTRES! –dixo, dándolle outra enorme mordedela á torrada e facendo que lle caese unha chuvia de migallas sobre a barriga. –SEMPRE cres que son os extraterrestres, querido –dixo a señora Pole poñendo os ollos en branco mentres lle limpaba a chaqueta de punto ó seu marido cun pano húmido. –Pois, sexa o que sexa, a xente está empezando a preocuparse –dixo o señor Pole–. O alcalde vaise ver nun bo apuro se non o arranxa axiña! –Pff! Estalle ben –dixo a señora Pole, limpándolle a Ben a cara manchada de leite–. Ese alcalde Grabbe é un delincuente! Non me estraña que o seu fillo Monty sexa un abusón. É un auténtico horror, verdade, Ben?

11



Ben xogaba cos seus cornflakes e asentiu debilmente. Monty Grabbe era un deses abusóns que verdadeiramente gozan abusando dos demais. Nada facía máis feliz a Monty que encerrar algún coitado nun armario, ou roubarlle a algún pequecho o diñeiro do xantar e deixalo tirado nun recuncho do patio dobrado sobre si mesmo coa dor. –Vaites! –dixo o señor Pole, mostrándolle a Ben o xornal–. Aquí di que o alcalde ofrece unha recompensa de UN PORRILLÓN DE LIBRAS a quen resolva o misterio! E xa contratou un exterminador profesional, un tipo de aspecto macabro chamado Ted Dedleigh. Olla!

13


–Eses extraterrestres van ter motivos para preocuparse, eh, papá? –dixo Ben, aínda que en realidade non estaba escoitando. Pensaba máis ben en Monty, e en que ía chegar tarde ó colexio. Así que rematou os cornflakes a fume de carozo, colleu a mochila e saíu pola porta mentres se despedía da súa nai e do seu pai cun aceno.


Capítulo Dous

F

altaban tres días para que acabase o trimestre, e Ben notaba que no colexio reinaba un ambiente festivo. Co-

mezara a conta atrás para as vacacións de verán e, conforme ía pasando o día, os alumnos alborotaban cada vez máis coa emoción. De modo que, cando soou o timbre que marcaba a hora de volver para a casa, saíron das aulas coma un enxame de abellas e inundaron o corredor. Ben fixo todo o posible por quedar atrás e escapulirse coma de costume, pero en canto pisou o corredor, a marea de nenos que corrían cara á porta levantouno e arrastrouno. Cando a multitude diminuíu e Ben volveu tocar o chan, comprobou con horror que acabara no medio do patio. Correu para poñerse a salvo, pero era demasiado tarde. 15


–Pillámoste! Catro mans enormes e repoludas levantaron a Ben do chan. Fíxoselle un nó no estómago, e o corazón latexáballe de tal xeito que parecía unha ra nunha lata de galletas. Ben debateuse furiosamente, pero era inútil. As enormes mans dos esbirros persoais de Monty, os xemelgos Bertie e Gertie Plank, tíñano agarrado dos brazos. Eran descomunalmente grandes e brutos, e tiñan tanto cerebro coma unha pataca. Tommy Plum, tamén coñecido como Tom o Longo, que medía a metade de ancho pero o dobre de alto, alzábase tras eles.



–Vaia, vaia, pero se é Benny Pole –dixo Monty, achegándoselle, e afundiulle un groso dedo nas costelas–. Ola, Benny. Ben sorriu debilmente e esforzouse por mostrarse tranquilo e simpático. –Ah, ola, Monty –dixo, intentando que a súa voz non soase demasiado aguda nin trémula–. Que bo día vai, verdade? –Deixa que lle dea unha malleira, Monty –gruñiu Bertie. –Podo machucalo? –resollou Gertie. –Tranquilos –dixo Monty–. Non hai por que mancalo, se se porta ben e nos entrega todo o seu diñeiro. Vaste portar ben, verdade, Benny? –engadiu mentres estendía unha man pequena que cheiraba un pouco a salchichas. –Eh… é que non… –empezou Ben, pero Monty limitouse a suspirar con impaciencia e fixo un xesto coa cabeza ós xemelgos. Nun abrir e pechar de ollos, Bertie e Gertie puxeron a Ben boca abaixo e agarrárono polos tornecelos.

18


Entón, con potentes sacudidas, os xemelgos acanearon a Ben arriba e abaixo coma se fose un enorme bote de kétchup. Todo o que tiña Ben nos petos caeu ó chan: un lapis gastado, unha goma de mascar vella envolta nun billete de autobús, dous cromos, un pano vergoñentamente cheo de mocos, un chaveiro de dinosauro, peluxes, unha peza de Lego, tres castañas e un puñado de tofes envoltos nun brillante papel dourado.


–Vaia, caramelos! –dixo Monty, agachándose a coller os tofes–. É mellor que nada. De acordo, rapaces, é todo voso –engadiu, e deu uns pasos cara atrás para gozar do espectáculo. Ben tragou saliva. –A hora da malleira! –gruñiu Bertie entusiasmado. Volveron poñer a Ben boca arriba e agarrárono con forza. Gertie sorriu e deu uns pasos atrás para coller impulso. Monty observaba con maléfica alegría como ela facía xirar o seu puño no aire e aceleraba cara a Ben. Monty non apartou os ollos da acción nin por un momento, nin sequera mentres desenvolvía un dos tofes de Ben e o lanzaba ó aire cun floreo para atrapalo coa súa boca pequena e mordelo con forza.

20


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.