O marabilloso soño dun gran niño de necios (mostra)

Page 1

O marabilloso soĂąo dun gran niĂąo de necios



Benquerido e aplicado lector: O título deste diminuto libro non ten que espantar a ninguén, pois a miúdo algo que ten unha vaíña mala, ten dentro unha coitela boa. Todos os necios pasarán aquí pola carda, aínda que non se cita ningunha persoa polo seu nome ou posto, e de todo isto tirarase unha lección moral. Unha persoa cun razoamento maduro non debe tampouco mirar isto con desprezo porque se cite varias veces a Sagrada Escritura, pois precisamente esta e os libros dos pais da igrexa son empregados en todo momento para sacar da cabeza as necidades dos fillos daquel Adán imprudente. Así pois, estas poucas follas non son só para pasar o tempo, senón que ante todo son para mirarse nun espello e ver se alguén se atopa entre estes necios ou non. Consólame polo tanto saber que este pequeno agasallo de aninovo3 non vai ser rexeitado completamente. Índice dos necios Un necio paduán Un necio namorado Un necio avaro Un necio irado Un necio bébedo Un necio lacazán Un necio mentireiro Un necio medroso 3  Tamén no título aparece esta indicación: „Für ein Neu-Jahrs-Schanckung offeriret“. Probabelmente Abraham querería agasallar este libro con motivo do aninovo a un círculo determinado de persoas amigas. 23


Abraham A Sancta Clara

Un necio arrogante Un necio brután Un necio celoso Un necio loábel Eu, Gaudentius Hilarion4, nobre señor do Val da Alegría, tiven hai uns meses un soño moi estraño: soñei que viaxaba por distintos países nos que vía moitísimas cousas memorábeis. Un destes países ao que chegaba era Francia, en concreto á cidade de Narbona5, onde hai tempo Xulio César tivo a súa lexión e a súa hoste de soldados. Estaba paseando nesta cidade polo xardín dun distinguido cabaleiro cando me decatei de que nun carballo grande había un niño de paxaros de tamaño considerable. Escoitei fortes chíos, pero non puiden saber nin fun quen de deducir de que paxaros se trataba, así que, prendido pola curiosidade, collín unha escada e subín a mirar. O que atopei alí foi algo abraiante: non era un niño de paxaros, senón de necios, e dentro del había doce; así que, en contra do esperado, tiven que sacar de alí unha boa ducia de necios. O primeiro era

4  Trátase aquí dun aptónimo ou nome cun significado relacionado coa persoa que o leva. Gaudentius procede do latín gaudere, e significa ‘o feliz’ ou ‘o alegre’. Hilarion deriva do latín hilaritas, que é un termo formado a partir do grego iλάρος, igualmente co significado de ‘alegre’ ou ‘divertido’. 5  Narbona é unha cidade do sur de Francia, na rexión de Occitania. Abraham a Sancta Clara probabelmente escolle o nome desta cidade para facer un xogo de palabras entre Narbona e a palabra alemá Narr ‘necio’ e a latina bonus ‘bo’. 24


Un necio paduán Certamente, aquelas persoas que pensan ben as cousas e as abordan de xeito prolixo non deben ser chamados necios, pero aqueles que teñen unha mente baldía ou débil e un cerebro comesto polos vermes e podre, aqueles que fan mal e pecan, si deben ser considerados grandes necios, pois segundo as Sagradas Escrituras: qui cogitat mala facere, stultus vocabitur6. Sobre o que san Xerome, pai da igrexa, tamén escribiu: Ne putares stultum aestimandum fuisse eum, quem hebetem, tardum ingenio videres, palam ostendit, quia ille stultus sit vocandus, qui vel cogitatione peccati suggestioni consentit, tametsi acer ingenio videtur existere7. Este mundo actual e tolo adoita polo xeral chamar necias a estas persoas tan simples: certamente o ser humano ten que agradecer sempre ao Deus bondadoso que lle dese un bo entendemento, así como David nunca agradecerá dabondo a Deus, o noso Señor, porque lle deu a fortaleza de vencer leóns e osos, porque lle cambiou o caxato de pastor polo cetro e a pucha de labrego pola coroa. Agradecido por esa intelixencia, foille concedida a xenerosidade divina: Benedicam Dominum, qui tribuit mihi intellectum8. Sen dúbida en todas as partes hai xente razoábel e sensata, pero 6  “Quen pensa facer mal será considerado necio” (Proverbios 24,8). 7  “Para que non se pense que debe ser considerado insensato aquel que a un lle parece torpe e lento de mente, [Salomón] explica abertamente que debe ser considerado un necio aquel que aínda que semelle ser moi perspicaz, cede ao atractivo do pecado, aínda que só sexa de pensamento.” Véxase o proverbio 24. 8  “Bendicirei o Señor que me outorgou a intelixencia” (Salmos 16 (15), 7). 25


Abraham A Sancta Clara

tamén acontece que ás veces en vez dun Catón9 atopamos un Papón10. Bastante paduán era aquel labrego en Francia. Unha vez un rei de Francia, estando de caza, perdeuse da súa xente. Cando atopou de novo o camiño e regresaba cabalgando só cara a París, cruzouse cun labrego que tamén se dirixía á cidade. O rei, para pasar o tempo, iniciou unha conversa co labrego, quen, entre outras cousas, contou que lle gustaría moito atoparse co rei para ver que aspecto tiña e que roupas levaba. O rei contestoulle que o acompañase, que el tamén se dirixía a ver o rei, e que ese mesmo día o vería. –Pero, como podo saber quen é o rei? –preguntou o labrego. –Sabes unha cousa? –dixo o rei–, cando cheguemos á cidade e esteamos ante el, mira atentamente, e quen, de entre toda a xente, deixe o sombreiro na cabeza, ese será o rei, pois o resto quedará coa cabeza descuberta. E falando isto, chegaron ás portas da cidade. Mirade! Todos os serventes do rei estábano agardando e recibírono coas cabezas espidas. O labrego, no entanto, coa súa insensatez, deixou coma o rei o sombreiro posto. O rei dirixiuse a el e preguntoulle: –Sabes agora quen é o rei? O labrego contestou: –Aínda non o sei moi ben, pero sen dúbida un de nós os dous ten que selo. 9  Cremos que Abraham emprega aquí este nome para referirse a Catón o Vello, político, escritor e militar romano coñecido polo alcume de “o sabio”, entre outros. No entanto, tamén podería estar facendo alusión aos dísticos de Catón. Este é o nome anteposto a un pequeno volume de sentenzas morais en verso, moi popular na Idade Media, de autor descoñecido. O seu título é Dionysii Catonis disticha de moribus ad filium (Dísticos de Dionisio Catón para o seu fillo sobre os costumes). O libro traduciuse á maioría das linguas vernáculas europeas. O termo “catón” empregábase tamén nas nosas escolas para denominar o método que servía para ensinar as primeiras letras e a ler. 10  No orixinal o autor escolle a palabra italiana matto co significado de ‘tolo’ ou ‘necio’. 26


O marabilloso soño dun gran niño de necios

O rei riu a cachón pola simpleza do campesiño11. Pouco despois pasou unha carruaxe con varias damas e o campesiño quedou apampado mirando para elas. Finalmente preguntoulle ao cocheiro de que animais se trataba. O cocheiro díxolle que eran galiñas calcutas12, ao que o campesiño respondeu: –Por todos os diaños, pero se levan o rabo na cabeza!13 –Por suposto –contestou o cocheiro–. Hai anos levaban o rabo por atrás, arrastrándoo, pero como así a xente pensaba que eran varredoras, a nobre madame Fontanges14 conseguiu que Xúpiter lles deixara medrar o rabo na cabeza. –Isto si que é novo –contestou o labrego–. No meu esterco non escaravellan tales galiñas de Malcute15. Que necio máis paduán!

11  Así se conta na vida de Henrique IV de Francia e III de Navarra (1553-1610), coñecido como Henrique o Grande ou o Bo Rei por intentar sempre mellorar as condicións de vida dos seus súbditos. 12  Trátase dunha antiga raza de galiñas e galos que proceden da India. Chamáronlle así porque os primeiros exemplares importados proviñan do porto de Calcuta, na India. 13  O autor fai aquí unha burla do peiteado e da moda da corte francesa, así como das amantes reais. 14  A duquesa de Fontanges, Maria Angélique de Scorailles (1661-1681) foi amante do rei Luís XIV, o Rei Sol, que no texto aparece como Xúpiter, o deus supremo do ceo e a treboada. 15  O autor fai un xogo de palabras con calecutische ‘de Calcuta’ e malecutische para indicar o cute malo das damas. 27



Un necio namorado O amor é un ladrón. Tamén Xudas16 foi un ladrón ao roubar diñeiro. Raquel17 foi unha ladra porque roubou os ídolos do seu pai. Tamén Acán18 foi un ladrón porque na conquista da cidade de Xericó roubou entre outras cousas un manto babilónico. Pero un ladrón moito máis grande é o amor, pois este róuballe á xente a razón e convértea en necios amantes, amentes19. Amnón, un dos fillos do rei David, namorouse de tal xeito da súa irmá Tamar que enfermou e encamou20. Non quería nin comer nin beber. O rostro ensumíuselle tanto que semellaba unha gaita desinchada; só suspiraba día e noite coma a porta dunha casa sen engraxar. Estaba tan inflamado polo amor que non podería pasar sen perigo e dano ao carón dun tellado de palla; pois con acerto dixo o poeta: 16  “Entón foi un dos Doce, chamado Xudas Iscariote, onda os sumos sacerdotes e díxolles: ‘Canto me dades se volo entrego?’ Eles acordaron darlle trinta moedas de prata. E desde entón andaba buscando o momento axeitado para llelo entregar” (Mateo 26,14-16). 17  “Raquel collera os amuletos, puxéraos na albarda do camelo e sentárase enriba. Así, Labán remexeu a tenda toda, mais non atopou cousa” (Xénese 31,34). 18  “Respondeu Acán a Xosué: ‘De certo, pequei contra o Señor, Deus de Israel, e fixen isto e mais isto: vin nos despoxos un bo manto de Xinar, douscentos siclos de prata e mais un lingote de ouro de cincuenta siclos de peso. Cobiceinos e collinos. Están agachados en terra, no medio da miña tenda, cos cartos por debaixo’” (Xosué 7,20-21). 19  Así no texto orixinal. O autor refírese a eses necios amantes ou namorados que perden a cordura. Na comedia Andria de Terencio aparece tamén a frase “amantes, amentes”, literalmente podería traducirse como ‘amantes sen mente’ ou ‘amantes dementes’. 20  Samuel 2,13. 29


Abraham A Sancta Clara

­­­­­­Baco21 e a muller a moitos tolean Segundo relata o Evanxeo22, certo día foron invitados con moita amabilidade tres persoas a comer, pero ningunha delas apareceu. A primeira dixo que acababa de mercar un casarío e que tiña que ir velo, polo que pedía ser escusada. A segunda dixo que tratara a merca de cinco bois e que tiña que ir probalos, que rogaba se desculpase a súa ausencia. A terceira dixo que acababa de casar e que non podía ir, pero non desculpou a súa ausencia. Por que? Por iso, porque creo que era un necio ao que o amor lle roubara o entendemento. Un mozo, ao escoitar que a súa arrogante moza se negaba a casar con el porque non había moito tempo que rompera un pé e que, malia xa estar curado, coxeaba moito, foi tan ousado que, por propia vontade, acudiu a un curandeiro mellor e deixou que lle rompese o outro pé, e arranxouno de tal xeito que xa despois nunca máis coxeou. Ai, que necio! Outro de boa familia23 escribiulle á súa amada unha carta e, para que non fose baleira, senón que levase tamén un agasallo, cortou un dedo da man e enviouno pechado na mesma carta, como proba do seu verdadeiro e puro amor. Ai, que necio! Outro, á saúde da súa amada, non só bebeu un vaso de viño ata a última pinga, senón que roeu e triturou cos dentes o vaso e enguliuno coma se fose o mellor azucre, pero as tripas esgazaron e tivo que deixar o amor e a vida para sempre. Ai, que necio! 21  Baco é metonimia por viño. 22  Lucas 14,16-20. 23  O trobador Ulrich von Lichtenstein (1198-ca.1276) conta no seu libro Frauendienst, xunto con outras historias grotescas, como cortou un dedo que rompera nun torneo e que tiña entumecido, e llo entregou á súa dama como proba do seu amor. 30


O marabilloso soño dun gran niño de necios

Outro roubou unha luva da súa amada, cortouna en anacos pequenos, deixouna cocer e comeuna no canto dos callos, afirmando que nunca na súa vida unha comida lle soubera tanto. Ai, que necio! O mesmo Salomón recoñeceu ser o necio máis grande por mor do amor a aquelas mulleres estranxeiras, as moabitas, as amonitas, as edomitas e as sidonitas: stultissimus fui virorum, et sapientia non fuit mecum24. De tal forma tamén estaba feito Dulcitio, un administrador do emperador Diocleciano. Estaba fundido co mesmo molde e coroado cun gran chapeu de necio, tal como conta Baronius25. Ágape, Quionia e Irene26 prometeron e sacrificaron a súa virxindade por Deus. Dulcitio namorouse delas con tal desmesura que baixo o veo da noite irrompeu con violencia na casa onde as mozas estaban orando recollidas. Entrou moi presto na cociña e alí foi cegado por Deus, de tal xeito que pensou que a cazola e as potas eran as virxes. Correu onda elas, rodeounas, bicounas e abrazounas coma se entre os seus brazos tivese o ansiado tesouro. Non sabía que estaba na cociña, pensaba que estaba no cuarto, que estaba con Quionia e non coa tixola27, e non podía parar de aloumiñala e bicala, así que ao final parecía un demo negro cuberto de feluxe. Namentres, as virxes seguían rezando ata que abriu o día e a aurora do amencer iluminou a terra. Tamén o limpo 24  “Fun o máis necio dos homes; e a sabedoría non me acompañou” (Proverbios 30,2). 25  Caesar Baronius, teólogo, historiador e cardeal da Igrexa católica (1538-1607), autor das Annales ecclesiastici a Christo nato ad annum 1198. Conta este suceso na entrada do ano 749. 26  As santas Ágape, Quionia e Irene foron levadas ante Dulcitio e condenadas a morte por actuaren en contra dos edictos divinos dos emperadores e profesaren a relixión dos cristiáns. Vid. https://en.wikipedia.org/wiki/Agape,_Chionia,_and_Irene [Consultada o 07/07/2019]. 27  En alemán o autor fai un xogo de palabras con Anne e Pfanne ‘tixola’. 31


Abraham A Sancta Clara

(scilicet!28) Dulcitio regresou á casa, e no camiño todos o tomaban por un necio; e non soamente iso, senón que o limparon con paus ata que finalmente pediu consello ao espello, quen lle amosou a verdade sen ditirambos: que o seu amor perturbado o convertera nun necio ante Deus e o mundo. Ai, Deus, cantas carautas negras hai que sacar, xa que estes portentos acontecen moi a miúdo.

28  Scilicet! co significado de ‘evidentemente!’ ou ‘sen dúbida!’ é empregado aquí de forma irónica. 32


Millions discover their favorite reads on issuu every month.

Give your content the digital home it deserves. Get it to any device in seconds.