Page 1

Cartas das Heroínas22

22  Entendemos que Ovidio emprega o termo heroína co seu significado contemporáneo: persoa que realiza ou realizou fazañas. Porén, na Antigüidade clásica, un heros ou unha herois era o fillo dunha deidade e un mortal. Como exemplos, recordemos que Hércules é fillo de Xúpiter e Alcmena, e Helena é filla de Xúpiter e Leda


Epístola XV23 de Safo a Faón A poeta Safo rógalle ao seu namorado Faón que non a abandone e, con este obxectivo, lémbralle os momentos felices que viviron xuntos e que ela desexa volver vivir. “E logo, cando viches a letra dunha man ansiosa, tardaron os teus ollos en saber que era miña? Ou, se non leses que eu, Safo, son a autora, non saberías onde nace esta cousiña? Ao mellor desexas saber por que, aínda que me axeito máis [á lírica, 24 coloco os meus versos alternos un despois do outro . Teño que chorar o meu amor, e a elexía é o poema dos [choróns: ás bágoas xamais lles acae a lira. Tal como unha leira preñada de trigo arde se o ruín Euro25 lles sopra ás ascuas, así mesmiño eu queimo.

23  Propoñemos comezar o noso traballo pola epístola que a tradición manuscrita referencia como XV. Dende a Antigüidade, a autoría desta epístola suscitou controversias, aínda que na actualidade se acapta a súa canonicidade ovidiana. Recolocámola aquí por razóns temáticas, xa que Safo, a única heroína histórica da correspondencia, é sometida a un proceso de mitoloxización inverso ao que experimentan as restantes heroínas, que constantemente son presentadas como personaxes reais. 24  Referencia ao dístico elexíaco, no que se expresa fundamentalmente o amor na poesía grecolatina. O dístico elexíaco está integrado por dous versos dactílicos: un hexámetro –enriba– e mais un pentámetro –debaixo–. Porén, Safo deu nome á estrofa na que amosa a súa poesía. A estrofa sáfica agrupa tres versos hendecasílabos e remata cun pentasílabo. Estes catro versos son de condición lírica, é dicir, susceptíbeis de ser interpretados musicalmente. Tal feito caracteriza o xénero lírico na poesía grecolatina, representada en Grecia sobre todo por Safo e Alceo, e en Roma por Catulo e Horacio. 25  Personificación do vento do leste, tal e como se coñecía na Grecia antiga. 29

5

10


Ovidio

Vive lonxe Faón, nas terras do Tifeo Etna26, e prende en min un lume tan bravo como o do Etna. Non me veñen cancións para que as poida arrolar en cordas temperadas; xorden cando non hai penas. Non son xa do meu agrado nin as mozas de Pirra, nin as de [Metimna, 27 nin as outras rapazas lesbias . Anactoria é cativeira; Cidro branca, mais cativiña; nin Atis nin moitas coas que folguei (si, e non me pesa) che me gustan coma antes; de min, que antes pertencín a outras, só ti es agora o amo. Ti posúes fermosura, ti estás no tempo de cortexar. Ai, fermosura maligna para os meus ollos! Se portases a lira e mais o arco, serías cuspidiño a Apolo28; poñámosche cornos na cabeza: serías igual que Baco…! Febo namorou a Dafne29, a de Cnoso30 namorou Baco, aínda que nin unha nin a outra dominaban os ritmos líricos. E ves? A min si que me inspiran as pegásides31 os versos [máis sensíbeis, e xa polo mundo enteiro se me agarima co título de

26  Volcán da costa leste de Sicilia, activo na actualidade. 27  Safo era natural de Mitilene, en Lesbia, onde se relacionaba coas mozas amantes da cultura e da poesía, e que se declaraban seguidoras de Safo. 28  Apolo, ou Febo, era a divindade de calquera concepto relacionado coa beleza. 29  Dafne, fermosa rapaza perseguida por Febo Apolo, sorteou o acoso do deus sendo convertida en loureiro por Xúpiter. 30  Ariadna, filla de Minos, rei de Creta, axudou a Teseo a matar o Minotauro, seu medio irmán, xa que o monstro era froito das relación extramaritais de Pasífae, esposa de Minos e nai de Ariadna e Fedra, cun touro branco de extraordinaria beleza. Como recompensa, Teseo deulle promesa de matrimonio, pero, ao marcharen de Creta en barco, Teseo abandonou a moza nunha illa deserta, na que apareceu Baco. Este, marabillado ante a fermosura da rapaza, casou con ela. 31  As musas, deidades das artes, tamén son coñecidas como pegásides, porque dunha couce do cabalo Pegaso brotou o manancial Hipocrene (‘fonte do cabalo’). Este manancial foi consagrado ás musas. 30

15

20

25


Cartas das Heroínas

[poeta… … E apaño tanta fama como Alceo32, veciño e compañeiro [de oficio, aínda que teña máis eco a súa voz… Natura foi cruel comigo e negoume a beleza, pero eu compenso esta chata co meu talento. Son pequechiña, mais a miña fama chega a calquera [curruncho; o meu nome é o que dá a miña altura. Non teño a pel branca, pero tamén a cefea33 Andrómeda, [negra, 34 da cor do seu país, camelou a Perseo . E cantas veces non emparellan as pombas brancas coas pintas, e o paxaro verde monta a negra rula? Só quen se poida considerar digna de ti en razón da súa [fermosura ha ser túa? Pois ningunha ha ser túa… Ca! Ao leres os meus versos ata me tiñas por fermosa; mesmo xurabas que era mellor que só falase. Eu cantaba, ben me lembro –nada esquecen os namorados–, mentres ti me dabas bicos roubados. Iso moito che gustaba, todo en min agasallabas, principalmente cando faciamos o amor. Entón, arelabas máis que nunca a miña desinhibición, os meus acompasados movementos, as miñas palabras [apaixonadas, 32  Alceo, natural de Mitilene igual que Safo, proviña dunha familia aristocrática e, coma ela, cultivou o xénero lírico. Tanto Safo coma Alceo compoñen os seus versos en dialecto eolio. 33  Filla de Cefeo, neto de Poseidón –deus grego dos mares a quen os romanos impuxeron o nome de Neptuno–. Cefeo reinaba sobre o pobo dos cefenos, situado posiblemente preto da actual Etiopía. Cefea, pois, indica a filla de Cefeo. 34  Heroe, xa que seus pais eran Xúpiter e mais a mortal Dánae. Levou a cabo numerosas fazañas, nas que se viron involucrados diversos personaxes mitolóxicos. 31

30

35

40

45


Ovidio

e a grandiosa delicia do teu corpo canso despois de alcanzar ambos os dous o pracer. Agora vas cun novo tesouro: as mozas de Sicilia. Teño eu algo que ver con Lesbos? Eu tamén quero ser de [Sicilia! E vós, mulleres, matronas nisíades35, botade fóra do voso país o meu romeiro, e que non vos convenzan as fochas da súa lingua de mel: divos o que antonte me dixera a min. E ti tamén, Ericina36, deusa moradora dos montes de Sicilia, mira –túa son– por quen te enxalza. Quizais Fortuna persegue implacábel o camiño ensinado e persevera amargamente no seu obxectivo? Fixera eu seis aniños cando os ósos de meu pai, no mellor [da vida, beberon as miñas bágoas. O meu irmán toleou de amor por unha puta, que o arruinou, e perdeu os cartos e mais a honra. Feito un indixente, percorre con axilidade as ondas do mar [mallándoas co seu remo, e así procura moi malamente o pan que tan malamente [perdeu; tamén me odia, porque, de boa fe, proporcioneille moitos [e moi bos consellos: isto é o que me trouxo a min a miña sinceridade e a miña [lingua de nai. Por se aínda faltase algo para me deixar de torturar, a miña filliña éncheme de preocupacións. Ti, Faón, es o derradeiro motivo de queixa. Non sopra o vento a favor do barco da miña vida. 35  Ou ‘de Sicilia’, pois a illa estivera poboada polos megarenses, vasalos do rei Niso. 36  Ericina é un dos alcumes de Venus, deusa da feminidade, o amor e a paixón, e alude ao monte Erice, situado en Sicilia, quizais, o lugar máis importante de culto á deusa. 32

50

55

60

65

70


Cartas das Heroínas

Mira: cóbreme o pescozo un cabelo mal peiteado, e non levo nos dedos ningún brillante anel, visto roupas baratas, non prendo as guedellas con broches [de ouro, nin o meu pelo recende aos aromas árabes. Para quen me vou preparar? A quen vou tratar de gustar? O único que merece que eu me amañe atópase lonxe. O meu corazón é tenro, diana de voandeiros dardos, e sempre algo provoca que sexa eu a que ame. Ou tal quixeron as irmás37 cando eu nacín, ao non fiaren a dureza para o meu xeito de ser, ou as miñas afeccións casaron cos meus costumes, e Talía38, a mestra das artes, outorgoume un talante namoradizo. Que ten de raro que me roube o corazón a peluxe dun rapaz nesa idade na que, feito un home, xa é quen de facer o amor? Eu tiña medo, Aurora, de que mo raptases para suplir a [Céfalo39, e din que o farías se non te detivese un anterior secuestro. Se o que o ve todo, Febe40, descubrise a Faón, lograría que a Faón o obrigasen a durmir sen acordar. E Venus, no seu carro de bronce, tiraría del ata os ceos, pero dáse de conta de que Faón tamén lle pode agradar ao [seu amado Marte41. 37  As parcas romanas eran as divindades do nacemento. Co paso do tempo identificáronse coas moiras gregas, que decidían o destino das persoas a golpe de fuso, fiando as vicisitudes da vida de cada un. 38  Talía é a musa da poesía – e mesmo da comedia –, de carácter lixeiro e escasamente comprometido. 39  Céfalo, descendente de Deucalión, foi obxecto dun rapto por parte da Aurora, quen se namorou do rapaz e xerou del a Faetón. Pouco despois, Faetón erixiuse en condutor do carro do Sol. 40  Una das titánides, fillas de Urano e Xea. As titánides casaron cos titáns, os seus irmáns, e procrearon diversas divindades. 41  Alusión ao romance que mantiveron Venus e Marte –deus da guerra– e que simboliza o tópico literario da militia amoris. 33

75

80

85

90


Ovidio

Ai, aínda non home, tampouco meniño, a etapa máis [proveitosa! Ai, fama e gloria inmensas da túa xeración! Ven acó e volve ao meu berce, meu ben. Non che pido que me adores: déixame adorarte. Estou escribindo e teño os ollos asolagados das bágoas que [me nacen; mira cantos borróns hai nestas liñas. Pois, se tan certo estabas de te ir de aquí, fóraste coa cabeza [máis alta e, polo menos, dixérasme: “Adeus, rapaza de Lesbos!”. Non levas a lembranza das derradeiras bágoas, dos [derradeiros bicos; así, eu non puiden imaxinar o que tanta dor me ía causar. Nada me queda teu, a non ser a túa falsidade, nin ti conservas unha prenda da túa amiga que che faga [acordarte dela. Non che dei –nin daría– consello ningún; nada máis que non me esqueceses. Xúroche polas nove deusas42, madriñas da miña arte, e polo amor que che profeso, o cal nunca se afasta de min, que cando oín: “Disque se che vai a ledicia”, non fun quen nin de desabafar en bágoas, nin sequera de [falar: as bágoas non me viñan aos ollos nin as as palabras aos [beizos, e amosaba o corpo xeado por un frío que non o arriaba. Unha vez que a dor se manifestou, perdín a vergoña e, a berros, turraba dos pelos e batía nos peitos, coma se fose unha nai virtuosa que izase ao alto dunha pira o cadáver do seu fillo. O meu irmán Caraxo séntese ledo e fachendoso coa miña 42  As musas. 34

95

100

105

110

115


Cartas das Heroínas

[tristura, déixase ver e, crendo que eu debo avergoñarme do motivo da miña [amargura, di: “Que ten esa? Polo menos a súa filla está viva”. Non xungue a castidade co amor. A xente vía como eu rachaba a miña túnica para ensinar os seos43. Ti es o meu coidado, Faón. Os meus soños, máis fermosos ca a máis fermosa das mañás, condúcenme a ti, e atópote neles aínda que esteas ausente, mais os gozos que trae o sono non che me duran moito: ás veces, paréceme sentir o peso dos teus brazos no pescozo, ás veces creo ver os meus rodeando o teu. Evoco44 os bicos con lingua, íntimos e longos, que adoitabas dar e recibir. Eu comezo a desfogar, pronuncio palabras en todo semellantes ás verídicas, e a miña boca esperta cos meus [sentidos. Dáme pudor contar o que a continuación ocorre: en fin, todo se fai, todo agrada, e humedézome. Cando Titán45 resplandece e con el o mundo enteiro, laio porque tan cedo fuxisen os meus soños. Vou na procura do monte e das covas como se as covas e o [monte, testemuñas dunhas ilusións só miñas, me trouxesen alivio. Tola, tal que unha irracional Ericto46 me empurrase, 43  Costume que adoptaban as mulleres na Antigüidade para manifestar a súa dor. 44  Dá comezo un fragmento de alto contido erótico, que culmina cinco versos despois coa que algúns estudosos antigos califican de spurca, sed vera lectio (‘lectura subida de ton, pero auténtica’). A intensidade poética desta parte da misiva é innegábel. 45  Titán, epíteto do Sol, xa que os titáns emparellan con conceptos primordiais da natureza. 46  Ericto, bruxa de orixe tesálica, recibe tamén o nome de Erictón, baixo o que figura na Farsalia de Lucano desempeñando o papel de ser particularmente repugnante e ne35

120

125

130

135

140


Ovidio

alí acudo cos cabelos bañándome o pescozo. Os meus ollos recoñecen as grutas das que colga a esponxante [materia, aínda que entón se me antollasen de migdonio mármore47. Atopo a sombriza follaxe que tantas veces nos brindou un [leito e nos protexeu coa súa espesura. Mais non atopo o dono da follaxe, o meu señor; a paisaxe en si mesma nada vale, el é o adorno desa paisaxe. Identifiquei o céspede esmagado que me era familiar: a herba aínda debuxaba as curvas dos nosos corpos. Deitada, palpei o chan onde estiveras: a herba, hai nada tan saborosa, empapouse das miñas bágoas. Ata as follas das árbores caeron, e seica as súas ramas choran e non pía doce a súa queixa paxaro ningún. Só a ave máis triste, a ave de Dáulide48, a que se vingou [desapiadadamente no seu home, canta a Itis o ismario49. A ave entoa o seu canto a Itis, Safo ao amor que a [abandonou; e nada máis, pois no medio da noite o universo permanece [en silencio. gativo. Lembremos que a Farsalia (I d. C.) supón unha innovación dentro da épica latina, pois Lucano mestura material máxico, fantástico e irracional coa realidade histórica. 47  O mármore de Migdonia, territorio grego próximo á actual Tesalónica, era particularmente famoso na Antigüidade. 48  Alusión ao mito de Procne e Filomela. O rei de Tracia Tereo, casado con Procne, violou, cortoulle a lingua e encerrou a súa cuñada Filomela. Cando a súa muller tivo coñecimento do suceso, liberou a Filomela e vingouse desapiadadamente do seu home: tendeulle unha trampa e fíxolle comer as talladas do fillo de ambos os dous, Itis, o que previamente despezara. Tereo, louco de dor, tentou asasinar as irmás, pero Xúpiter salvounas convertendoas en paxaros que se laian da desgraza que a lascivia de Tereo carrexou. 49  Xentilicio que alude á orixe tracia –a Tracia é un territorio que hoxe se identifica coa rexión balcánica onde se atopan Grecia, Bulgaria e parte de Turquía; entre os pobos antigos era sinónimo de salvaxismo e crueldade– do proxenitor de Itis, Tereo, xa que Ísmaro era un lugar icónico deste territorio, presidido polo monte homónimo. 36

145

150

155


Cartas das Heroínas

Hai unha fervenza sagrada, límpida e máis transparente ca un río cristalino; disque vive nela unha divindade. Cóbrea un loto de auga que, só cos seus ramallos, conforma un monte e, de brando céspede, verdea o chan. Acabada, pousara eu nela os pés, cando apareceu diante dos meus ollos unha náiade50 que con seguridade, falou: “Xa que nun amor non [correspondido 51 ardes, vai na procura da nación ambracia . Febo fita dende as alturas o espazoso mar que recibe o nome de mar de Accio e de Léucade52. Deucalión, nas brasas do amor por Pirra53, guindouse del, e meteuse nas augas sen ferida. O amor xirou de súpeto e fuxiu da alma do suicida, que recobrou a paz. Deucalión sandou da queimadura. O lugar presenta esta propiedade. Apura a acudir á rocha [do Leúcade e non teñas medo de saltar dela”. Despois destes consellos, calou e foise. Sinto frío, érgome, 50  Divindade menor, vencellada coa auga e, en sentido laxo, coa natureza. 51  Ambracia era unha poboación grega pertencente a Corinto e que na actualidade recibe o nome de Arta. 52  Accio é un cabo próximo ao golfo de Ambracia e dá nome ao famoso combate marítimo onde Marco Antonio venceu a Agrippa no 31 a.C. Léucade atópase relativamente cerca de Accio e mais de Ambracia. 53  Deucalión e Pirra encarnan na literatura grecolatina o mesmo papel que Adán e Eva na relixión cristiá: son os primeiros pais da especie dos humanos. Conta a lenda que, despois dun diluvio no que pereceron moitas persoas e bestas, Deucalión acercouse ao consultar o oráculo de Delfos para ver de que xeito se podería volver poboar o territorio. A resposta do oráculo foi enigmática: díxoselle que botasen os ósos de súa nai ao chan por riba da cabeza. Pirra interpretou que a súa nai era Xea, divindade que simboliza a Terra, e guindou unha pedra ao chan por riba da cabeza; así naceu unha muller. Deucalión imitouna, e naceu un varón. Repetiron esta acción tantas veces como foi preciso ata xerar un grupo de parellas que se reproduciu e tivo descendencia. Podemos comprobar, ademais, que as semellanzas deste mito coa Biblia non se limitan a Adán e Eva, senón que inclúen a Noé, o patriarca que salvou de se afogaren no diluvio as parellas de bestas e feras. 37

160

165

170


Ovidio

e non conteño as bágoas que me inchan as pálpebras. Irei, ninfa, na procura do con que me indicaches; Fuxe, medo, e triunfa, tolo amor! Pasase o que pasase, mellor será que isto. Valédeme, brisas, que eu non peso moito. E ti tamén, Amor feminino, acólleme nas ás cando caia para, se eu morro, non lle botaren as culpas ao mar de [Léucade. Deseguido, a Febo ofrendarei a miña lira, común atributo, con dous versos alternos gravados: “Eu, a poeta Safo, ofrendeiche, Febo, a miña lira; Eu ben sei como tocala, ti ben sabes como tocala”. Porén, por que me mandas ás costas de Accio? Para me [faceres desgraciada? Faón, ti mesmo podes volver e deixar de fuxir… Ti pódesme dar máis saúde que as ondas de Léucade; eu considerareite Febo, merécelo pola túa beleza. Ou, máis salvaxe que os penedos dos mares todos, serás quen de, se morro, cargar coa culpa da miña morte? Pola contra, tanto mellor podería o meu corpo cadrar co teu e non precipitalo dende as pedras. Faón, tales son as calidades que adoitabas enxalzar e que sempre che parecían talentosas. Oxalá tivese agora facilidade de palabra; a dor embouba as [miñas ideas e as desgrazas paralizan o meu enxeño. Non me ampara a miña proverbial disposición á hora de [compoñer versos, o plectro enmudece a causa da pena, a causa da pena cala [a lira. 54 Lesbias mariñas, cuadrilla casada ou casadeira, lesbias, nomes afamados pola eolia lira, 54  Mozas orixinarias de Lesbia, localidade grega. 38

175

180

185

190

195

200


Cartas das Heroínas

lesbias que, por vos amar, me chaman indecente, deixade de obedecer a miña cítara. Faón roubou todo o que onte era do voso agrado. Ai, desgraciada, case lle chamo “o meu Faón”… Lograde que volva, e tamén volverá a inspiración á vosa [poeta; el fortalece o meu talento, el aniquílao. Consigo eu algo cos meus rogos? Treme o seu corazón feroz, ou non se inmuta e as miñas palabras vanse, en balde, cos [Céfiros? Eu querería que eles que levan as miñas palabras, virasen [as túas velas. Se tevises sentido, preguiceiro, seríache mellor. E, se has volver –e xa se aprestan exvotos para o teu retorno–, por que rachas a miña alma coa túa demora? Que parta o teu navío, pois Venus, froito do mar, [préstallelo aos namorados. Os ventos han ser favorábeis; ti limítate a soltar amarras. O propio Cupido55, sentado na popa, fará de temoneiro, e, coa súas mans de neno, pregará e despregará o velame. Mais, se te aleda afastarte da pelasga56 Safo (aínda que non atoparás excusa para fuxir de min), que lle comunique a túa decisión unha carta cruel a esta [desgraciada, quen cumprirá co seu do mar de Leúcade.”

55  Cupido é fillo de Venus e, consonte a súa nai, vela polas veleidades do amor. A mitoloxía represéntao como un rapaciño roxo e gordiño, e con ás nas costas, trazos que a iconoloxía cristiá adoptou con posterioridade para identificar os anxos. 56  De Pelasga ou, por extensión, de calquera outro lugar do Peloponeso. 39

205

210

215

220


Profile for Rinoceronte Editora

Cartas das Heroínas (mostra)  

Primeiras páxinas de 'Cartas das Heroínas', de Ovidio, traducido ao galego por Mª Margarita Fernández Gómez e publicado por Rinoceronte na c...

Cartas das Heroínas (mostra)  

Primeiras páxinas de 'Cartas das Heroínas', de Ovidio, traducido ao galego por Mª Margarita Fernández Gómez e publicado por Rinoceronte na c...

Advertisement